N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do...

12
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 A crise, as políticas de austeridade e as refor- mas laborais impostas non só levaron por diante o emprego, tamén as condi- cións laborais dignas, e dei- xaron formas de precarie- dade que van máis alá da temporalidade: son pobreza, desigualdade e exclusión social. Por esta razón, CCOO inicia unha campaña de de- nuncia da precariedade la- boral en Galicia. / PÁX. 9

Transcript of N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do...

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 70 - xuño de 2016

Acrise, as políticas deausteridade e as refor-mas laborais impostas

non só levaron por diante oemprego, tamén as condi-cións laborais dignas, e dei-xaron formas de precarie-

dade que van máis alá datemporalidade: son pobreza,desigualdade e exclusiónsocial. Por esta razón, CCOOinicia unha campaña de de-nuncia da precariedade la-boral en Galicia. / PÁX. 9

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

GALICIA SINdICAL Número 70 - xuño de 2016

2

www.galicia.ccoo.es

EDITORIAL

Voto obreiro

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 70 - xuño de 2016

Desde hai tempo, CCOOvén dicindo que cómprecambiar o noso modelo

de crecemento, xa que a com-petencia a través dos custos sa-lariais xera emprego precario ede pouco valor engadido. A istosúmanse outros factores, co-mo a composición do noso te-cido produtivo, o deficiente in-vestimento en educación ou oreducido gasto en I+D+i, queafastan o noso país dos máisavanzados na materia.

España e Galicia non sairánda crise reproducindo o mesmomodelo caduco, senón apos-tando polo valor engadido quese xera coa incorporación demáis coñecemento, máis tecno-loxía e mellores procesos.

Para conseguir este obxec-tivo, cómpre apostar pola inno-vación, a competencia dixitalou o desenvolvemento de no-vas capacidades para novosempregos. O desenvolvementopersoal ao longo da vida é undereito e un obxectivo conec-tado cos cambios do contornoe as necesidades do mercadolaboral e produtivo, pois haique potenciar as competenciasque melloren a aprendizaxe e aadaptación ao cambio.

Pero tamén é importante sen-sibilizar sobre a necesidade e aimportancia deses cambios. Poriso, desde CCOO estamos im-pulsando un debate para ache-gar propostas e alternativas quexeren unha maior cooperaciónentre o mundo do traballo e aeducación.

Os obxectivos que nos pro-pomos consisten en desenvol-

ver accións que contribúan atomar conciencia da necesi-dade de potenciar a industriapara cambiar o modelo produ-tivo e a súa influencia no sis-tema educativo; promover ocoñecemento das condicións

Grupo de traballo do S. N. de CCOO,CCOO-Ensino e CCOO-Industria

económicas, sociais e do em-prego de calidade que podexerar o desenvolvemento in-dustrial e os cambios educati-vos necesarios para facelorealidade; e difundir a contribu-ción da I+D+i, as perspectivas

Dirixentes de CCOO na presentación deste novo plan de traballo

de evolución das novas tecnolo-xías e os cambios sociais, en re-lación coa formación profesionalen secundaria e nos estudos su-periores na universidade.

Para acadar estes obxectivos,o Sindicato Nacional de CCOOde Galicia, coa implicación dasdistintas federacións –especial-mente CCOO-Ensino e CCOO-In-dustria–, convocará xornadasde traballo, mesas redondas esesións de debate; tamén seporán en contacto con equiposdocentes, asociacións de estu-dantes, entidades públicas eprivadas, universidades e cen-tros de formación profesional.

Desde CCOO pensamos quemellorar o valor engadido daprodución do país, ademais debeneficiar a quen o leva a cabo,tamén posibilita xerar maior ri-queza na sociedade xa que ovalor engadido resultante contri-buirá a crear máis riqueza que, através da fiscalidade, permitirápór en marcha políticas clave enáreas como a atención á depen-dencia, a educación ou a saúde,entre outras.

Cómpre fomentar a competencia dixital | Foto: tic_magisterio (Flickr.com)

O reducido investimento en I+D+i afasta o noso paísdos máis avanzados nesta materia | Foto: makerbot (Flickr.com)

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

GALICIA SINdICAL Número 70 - xuño de 2016

4

www.galicia.ccoo.es

OComité de Dirección Con-federal de CCOO, reunidoen Madrid o 29 de xuño,

analizou o resultado das elec-cións xerais do pasado día 26,así como a situación xerada naUE a partir do referendo no queo Reino Unido decidía abando-nar a Unión Europea.

O PP mellora sensiblementeos seus resultados de decem-bro. Os datos amosan un nota-ble crecemento da abstención,que se sitúa en porcentaxes si-milares ás de 2011, cando seabstivo 31,06 %, cifra que min-guou ata o 26,8% o 20-D e au-mentou de novo ata un 30,16 %o 26-X. Isto, sen dúbida, reflicteo desencanto dunha parte doelectorado a partir da xestiónrealizada polas formacións po-líticas, especialmente de es-querdas, do resultado obtidoen decembro.

Hai unha parte da abstenciónnestas eleccións, como xa su-cedera nas anteriores, que éforzada polas condicións enque han votar os españois e es-pañolas residentes no estran-xeiro –o chamado voto rogado–,situación que CCOO leva tempoa denunciar. A solución, inevi-tablemente, require a reformada lei. Falamos de máis dunmillón de persoas, das que sóunhas poucas decenas demiles puideron exercer o seudereito ao voto.

Non estaría de máis que asformacións da esquerda reali-zasen unha análise adecuadado sucedido nas eleccións e dopapel que cada formación de-

sempeñou á hora de desperdi-ciar a ocasión que a cidadaníaoutorgara o 20-D para iniciar enEspaña un proceso de cambio.Un cambio máis necesario secabe, despois de seis longosanos de xestión neoliberal dacrise económica e nun país tru-fado de casos de corrupción queafectan especialmente ao PP.

Nas eleccións xerais participa-ron 1.189.364 persoas menosque en decembro pasado, fun-damentalmente votantes deesquerdas a teor dos resulta-dos dos principais partidos. O20-D, a suma dos votos dospartidos de esquerdas de ám-bito estatal superou os 11,64millóns e logrou 0,93 millónsmáis que a dereita (10,72).Porén, o 26-X, a dereita chegoua 11,1 millóns, superando en0,63 a suma das esquerdas,que se situou en 10,47. A coa-lición Unidos-Podemos perdeu1,06 millóns de votos respectoda suma dos votos de Pode-mos e Esquerda Unida obtidaen decembro, mais mantivo omesmo número de escanos(71) que a suma aritmética dosobtidos o 20-D, pero moi por

baixo das expectativas xeradasna campaña. O PSOE perdeualgo máis de cen mil votos ecinco escanos, situándose en85. Ningunha destas forma-cións pode sentirse satisfeita doresultado obtido.

O voto da dereita volveu con-centrarse en parte no PartidoPopular, que creceu case 0,7millóns de votos e 14 escanos,situándose con 137 asentos.C’s perdeu case catrocentosmil votos e oito escanos, fi-cando con 32. Estes resulta-dos amosan un desprazamentodos votantes cara á dereita,mentres que a maior parte daabstención se concentrou naesquerda.

O Congreso dos Deputadosreflicte unha composición quedificultará a conformacióndunha alternativa de Goberno.No entanto, para CCOO non éunha opción a repetición porterceira vez das eleccións.Cómpre formar un gobernocanto antes. Tamén é evidenteque as vinte propostas presen-tadas por CCOO e a UGT se-guen vixentes, porque res-ponden ás necesidades do

Comité de Dirección Confederalde CCOO

Intervención de Ignacio Fernández Toxo na reunióndo Comité de Dirección Confederal

país, aínda que a maioría delasnon está entre as prioridadesdo partido que resultou vence-dor destas eleccións.

España necesita un novo go-berno que impulse o crece-mento da economía e do em-prego de calidade e con derei-tos, que afronte unha loita con-tra a crecente pobreza quepadecen as traballadoras e ostraballadores españois e asdesigualdades xeradas polaxestión da crise. Un Gobernoque garanta a estabilidade fu-tura do sistema público de pen-sións e que inicie a recupera-ción dos servizos básicos á ci-dadanía; que repoña o papel danegociación colectiva e, conela, a recuperación dos empre-gos e dos salarios.

O novo Goberno ten taménpor diante o desafío de dar caboda corrupción e a crise políticaque vive o noso país desde haivarios anos. Así mesmo, o re-sultado destas eleccións ponde manifesto o imprescindibleque é a reforma da actual leielectoral.

Nota: extracto da valoración realizadapolo Comité de Dirección Confederalda C. S. de CCOO o 29 de xuño. Textocompleto na web: http://tiny.cc/0w0lcy

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 70 - xuño de 2016

Os primeiros días da nosaviaxe aos campos de per-soas refuxiadas en Gre-

cia, na localidade de Polykastro,moi preto de Idomeni, coincidi-mos durante a cea cunha nai eo seu fillo, de Barcelona. Contá-bannos os seus motivos paraviaxaren aos campos que, comofomos confirmando co pasodos días, son comúns aos cen-tos de persoas voluntarias:a vergoña de seren europease a decisión de paliaren o aban-dono e a crueldade con que ospaíses da nosa contorna tratanesta traxedia humanitaria.

Comentaban que se achega-ran no campo de Eko a unha fa-milia siria –cargada de nenos–,á que intuían unha maior vulne-rabilidade. Preguntáronlles quenecesitaban con máis urxencia ea resposta deixounos moi con-movidos: «Grazas, non necesi-tamos nada, queremos unhavida. Tiñamos un supermercadoen Siria e viviamos ben, saímosde alí fuxindo da guerra e dosbombardeos e pensamos queteriamos unha oportunidade derefuxio en Europa, para vivirmosen paz e do noso traballo. Nuncapensamos que teriamos queestar así, nestas condicións. Desaber que nos converteriamosen persoas sen fogar e sen fu-turo quedariamos a morrer nonoso país. Grazas ás organiza-cións e persoas voluntarias,

pero vostedes non poden solu-cionalo». A desesperanza ante ofuturo é unha constante nas con-versas con quen fuxiu da guerra,do conflito, das bombas, da inse-guridade vital, de non saber quente vai matar.

Chegan ás costas gregasdesde Siria, Iraq, Curdistán ouAfganistán e son, a maioría, fami-lias que tiñan unha vida organi-zada nos seus países, un peque-no negocio, un traballo nunbanco, nunha escola de hostala-ría, nuns grandes almacéns oununha multinacional téxtil galega.

Deciden marchar cando unhabomba lles destrúe o fogar,cando pecha ou se derruba olugar de traballo, porque a fami-lia está ameazada, porque nonqueren loitar, porque outros osven como inimigos… Empren-

Mabel Pérez SimalSecretaria nacional de Mullere Cooperación de CCOO

den a viaxe cos pequechos quecase non saben camiñar, conbebés de colo, mesmo algún pornacer, coas poucas pertenzasque poden transportar cami-ñando e cos cartos que deronxuntado coa colaboración de to-da a familia. Comezan, daquela,unha viaxe que, de media, seprolonga dous meses.

Para cruzaren a fronteira turca,páganlles aos traficantes entre800 e 1500 euros por persoa, unpouco menos polos nenos enenas. Soben montañas e va-dean ríos sen seguridade nin-gunha. A policía turca dispáralles,pégalles, practica detencións...Case todas as familias estiveronde dez días a un mes en prisiónsturcas, en condicións terribles esen saberen por canto tempo,porque ninguén lles dá informa-

Preto de 60.000 persoas refuxiadas malviven en campos espallados por toda Grecia

sen que a UE faga absolutamente nada por resolver esta crise humanitaria

n A secretaria de Muller e Cooperación de CCOO de Galicia, Mabel Pérez Simal, pasou varias semanas nun campo de persoasrefuxiadas de Grecia. A presente crónica, acompañada de fotografías de Xosé Abad, é unha síntese da experiencia vivida e do día adía dos milleiros de persoas refuxiadas e dos centos de cooperantes que alí traballan.

ción ata o día que alguén decideque poden marchar.

En mans dos traficantesContinúan a viaxe ata a costa

turca e, de novo, pagan aos trafi-cantes cantidades similares oumáis altas pola pasaxe nunhabalsa ateigada. As persoas quesobreviven –un número indeter-minado de cadáveres apareceaboiando cada día no Mediterrá-neo– ao medo, o frío, as ondas,a inseguridade e o terror, ao che-garen ás illas de Lesbos ou Quíosson atendidas polos voluntariose voluntarias. Manifestan oenorme agradecemento a todaselas, que os rescatan da auga,que os salvan, que lles traenmantas; un verdadeiro recibi-mento solidario. É nese mo-mento cando senten que a súa

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

GALICIA SINdICAL Número 70 - xuño de 2016

6

www.galicia.ccoo.es

vida xa non corre perigo. O Go-berno grego trasládaos en barcosa Atenas e desde alí distribúenospolos campos repartidos portoda Grecia; contamos 38, peroseguramente serán máis.

Estas persoas inician a fuxidado horror convencidas de que ospaíses da Unión Europea, coa súaparte de responsabilidade na tra-xedia humanitaria en que se con-verteu a vida na súa terra, asacollerán e lles darán unha opor-tunidade. Non queren caridade,non piden que os manteñan; defeito, consideran humillantes ascondicións de vida nos campos ea maioría procura manter a dig-nidade cando vai ao almacénbuscar calzado, roupa ou comidapara os seus fillos.

Nos campos de refuxiados deGrecia viven arredor de 60.000persoas, centos de miles xa enTurquía, Xordania ou Líbano.Campos informais, instaladosen calquera lugar de uso pú-blico ou privado, e campos go-

Kawa e a súa familia levan meses vivindo nunca tenda sobre pedras,soportando altas temperaturas polo día e frío pola noite

Algúns refuxiados xa cultivan pequenas hortas para supriren as carencias de alimentación

bernamentais situados en te-rreos ou edificios públicos. Atendencia dos militares e poli-cía que os xestionan é ir trasla-dando aos campos oficiais atodas as persoas que están nosinformais, como os de EPO, BPe Hara, preto de Polykastro.

Nestes tres asentamentos tra-ballan varias organizacións non

gobernamentais e centos de per-soas voluntarias que deciden virpor diversos motivos; pero todascomparten a indignación pola si-tuación e a necesidade de mos-traren a súa solidariedade, asúa comprensión e canto poi-dan achegar co seu traballo e es-casos recursos. Miran pola saúdee a comida, atenden os bebés;

dan clases de inglés e fan rir a ca-tivada un intre cada día. As inicia-tivas das distintas organizaciónspóñense en marcha e o ambientede colaboración entre o volunta-riado é fundamental para facermoito co pouco que hai.

Os campos gobernamentaisdiríxeos e custódiaos o exército,que ademais toma as decisións,

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 70 - xuño de 2016

como no campo de Katsikas. Asúa autoridade e constante pre-senza non nos impide entrar esaír aos voluntarios, nin tam-pouco ás mulleres que pasean átardiña cos nenos, ou ás familiasque se achegan á localidade parasaíren un intre dese espazo áridode cor branca, pedras brancas nochan e tendas brancas. Co sol noseu cénit, son poucas as persoasque camiñan por esa explanadasen unha sombra.

Impresiona moito ao chegar acantidade de nenos e nenas noscampos, calcúlase que sumanentre o corenta e o cincuenta porcento das persoas refuxiadas.En Katsikas, de case mil per-soas, as voluntarias fixeron uncenso de 95 bebés de menos dedous anos, e son centos os pe-quenos de todas as idades quecorren, xogan e brincan. Os seussorrisos e a súa actitude abertae espontánea son un espazo derelax que se agradece no medioda tristeza.

O exército toma as decisiónsno campo. Manda pechar a co-ciña porque, disque, non cum-pre as normas de seguridade, eobrígaos a comer do que repar-

ten os militares. Acaso observano cumprimento de normas sani-tarias para mellorar as condi-cións desas persoas que du-rante meses malviven en tendasde campaña, con váteres quími-cos e poucas duchas, no medioda nada? Por que non aplicantamén as normas para paliar asituación de miles de familiasque dormen en colchóns nochan rodeados de moscas, a demaiores e pequenos con doen-zas cardíacas, hepáticas, enfer-midades infantís raras, con-xuntivites, feridas ou infecciónspola metralla?

Durante días, voluntarias e vo-luntarios limpan a fondo a co-ciña: neveiras, fogóns, andeis,desaugadoiros; tentan que se re-abra porque é imprescindiblepara garantir unha alimentaciónbásica.

E esta é a actitude. O exércitoobriga a desmontar o que contanto esforzo instalaron a vés-pera os bombeiros de Aire; omédico militar non se relacionacos de Médicos sen Fronteiras eMédicos do Mundo, tampoucocon algunha médica voluntariaexperta que procura paliar tanta

necesidade cun enorme esforzopersoal.

Cantas persoas de todas asidades padecen doenzas cardía-cas tras a experiencia da viaxe in-fernal, o medo, a angustia, asmalas condicións de vida. Non seaplica un control de enfermida-des e faltan ferramentas para aatención, como un desfibrilador.Hai uns días morreu unha mullerdun infarto; o Goberno gregoproporcionou un sitio para sote-rrala e entre as persoas volunta-rias pagaron o enterramento.

É intolerable! Non poden se-guir aí, non se pode vivir durantemeses nesas condicións, custo-diados, sen que ninguén tramiteos seus papeis, sen saída. Haiquen ten familiares en Alemaña,en Holanda ou noutros países equeren vivir con eles. Cómpre re-agrupar as familias fuxidas deSiria cos parentes que marcha-ron antes. Outras persoas nontiñan lazos en Europa, polo quetanto lles ten un país coma outro,pero queren marchar xa docampo, comezar a vivir, esquecero horror da guerra e da viaxe;queren traballar e gañar a vida coseu esforzo, dignamente.

Campo non gobernamental ‘Hotel Hara’, en Grecia

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

GALICIA SINdICAL Número 70 - xuño de 2016

8

www.galicia.ccoo.es

Falamos con moitas persoasque queren volver a Siria –a Da-masco, a Alepo, a Palmira–, re-cuperar os seus fogares, osfamiliares, os seus veciños e ve-ciñas, os seus parques e as súasvidas. Ese é o seu soño. O seusoño é a súa casa e o seu país.«Un día espertei e todos os meussoños desapareceran», lamén-tase chorando un home maior.

Un grupo de nenos e nenasbailan animados polos seusmaiores. Sumámonos á súa festasen coñecermos o motivo da ale-gría ata que nos contan que oDaesh foi derrotado na súa loca-lidade e ven a posibilidade real deregresar á casa. Hai quen xa pre-para a viaxe de volta pola actitudedunha Europa hostil.

A Europa que viviu a segundaguerra mundial, que padeceu adestrución das cidades e viucomo se truncaban millóns devidas en Francia, en Holanda, enPolonia ou Alemaña; a que viviuo éxodo de milleiros de persoasa outros continentes fuxindo daguerra e da miseria. Esa mesmaEuropa, que logo se reconstruíue puido vivir en paz, é a que negaos papeis e o asilo humanitario a

quen escapa agora da destrución.Unha bomba francesa destruíu acasa e o traballo de Ahmed,tamén o era a que estoupou naescola de Sma; unha bomba rusaou israelí destruíu todas as espe-ranzas e alegrías de moitas fami-lias, que se lamentan: «o coitelooccidental pónnolo o Daesh nonoso pescozo».

Deixan atrás o terror das bom-bas, pero pechámoslles as fron-teiras, negámoslles os papeis; aUE asina un acordo económicocon Turquía para que free comosexa –con malos tratos, mesmoa tiros– a entrada das persoas re-fuxiadas en territorio europeo,sen garantías humanitarias.

Como escribiu o xornalista Ig-nacio Escolar, «nese acordo in-decente asinado con Turquía nonsó subcontratamos o traballosucio a cambio de 6000 millónsde euros. Tamén pagamos coanosa decencia como sociedade,comprando o Goberno dun paísao que non consideramos dema-siado respectuoso cos dereitoshumanos como para formarparte da nosa Europa, pero si osuficiente como para que sexa onoso matón na fronteira».

Urxente: papeis e vías de trán-sito aos países de acollida. Solu-cións para estas familias quequeren unha vida e un traballo, emanteñen a dignidade mesmonun campo de refuxio.

Urxente: unha autoridade glo-bal –a ONU actual non serve–que estableza uns parámetroshumanitarios nos que as persoasprimen sobre os capitais.

Urxente, urxente, urxente: aspersoas traballadoras debemosentender que o noso futuro écomún, que os nosos inimigosnon son as persoas inmigrantes,refuxiadas, as vítimas dun mo-delo de ordenación mundial parao que o control dun oleoduto émáis importante que os milleirosde persoas que cada día morrenpola súa avaricia. Esa avaricia,esa concentración de poder e dediñeiro é o inimigo común detodo o mundo, en todos os paí-ses e en todas as circunstancias.

Protesta do persoal da Televisión de Galicia polo silencio informativo sobre o escándalo da filtración

das gravacións do ministro do Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz

SEN COMENTARIOS

Ante a falta de perspectivas nos campos, moitas familias refuxiadas prefirenarriscarse a cruzaren sen papeis a fronteira con Macedonia

Campo de persoas refuxiadas de Katsikas, Grecia. Un campo cheo de pedrasé o único lugar de xogo

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

9

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 70 - xuño de 2016

9

Acrise, as políticas de auste-ridade e as reformas labo-rais impostas non só

levaron por diante o emprego,tamén as condicións laboraisdignas, e deixáronnos formas deprecariedade que van máis alá datemporalidade sen causa estrutu-ral no noso mercado laboral.

Máis desemprego e de máisduración, indecente abuso dacontratación temporal, incre-mento da xornada parcial non vo-luntaria, baixos salarios edesvalorización salarial, horas ex-traordinarias non pagadas ouemprego irregular son as novascaras da precariedade.

Nesta situación atópanse ascase 140000 persoas que traba-llan a tempo parcial en Galicia e,en especial, as 87 500 que o fanporque non atoparon un traballoa tempo completo –que era o quedesexaban–, as 174048 ás quese lles fixo un contrato temporalentre xaneiro e marzo –un 31 %cunha duración inferior a unhasemana–, as 227900 desempre-gadas –das que un 41,6 % levanmáis de dous anos nesta situa-ción– ou os milleiros que, enconxunto, suman 180700 horasextras semanais que despois nonlles pagan.

Pero a precariedade laboral émáis que unhas determinadascondicións contractuais; soncondicións laborais precarias consalarios indignos. O soldo medioen Galicia, en 2014, sitúase nonivel de 2008 polo efecto da des-valorización salarial e, o que épeor, máis de 300000 persoas–o 31% das asalariadas– perci-ben unhas retribucións polo seu

traballo inferiores ao salario mí-nimo interprofesional (SMI).

A precariedade ten tamén te-rribles consecuencias na segu-ridade no traballo, xa que candose cobren determinados postossen a formación esixida en pre-

Maica Bouza SeoaneSecretaria nacional de Empregode CCOO

das que tiñan contrato temporal.Traballo precario é igual, polo

tanto, a vida precaria. Antes dacrise, ter un emprego era case in-compatible cunha situación depobreza: unha persoa con em-prego non era pobre e, en xeral,a pobreza estaba localizada engrupos sociais sen acceso aomercado de traballo. Hoxe en díaemerxeu o fenómeno da pobrezalaboral, porque ter un contrato detraballo e un salario xa non ga-rante ter unhas condición de vidadignas: as percepcións salariaisnon abondan para cubrir as ne-cesidades básicas dunha persoa.

Precariedade é desemprego,ou sexa: pobreza, desigualdade eexclusión social. É unha eiva edebémola combater. Esa é arazón pola que CCOO desenvolveunha campaña contra a precarie-dade so o lema «o traballo preca-rio é vida precaria; loitamos portraballos decentes». Queremosdenunciar as situacións de pre-cariedade ao tempo que faremospropostas para reducila. Coacampaña achegamos propostaspara mellorar a calidade do em-prego e, en paralelo, seguiremostraballando para restituír o marcode relacións laborais anterior áreforma laboral –no relativo adespedimentos, flexibilización daxornada, contratos formativos ougarantías na descentralizaciónprodutiva–, recuperar a causali-dade na contratación e limitar asbonificacións, esixir o reforza-mento dos servizos públicos deemprego e introducir medidasque, a través da negociación co-lectiva, reduzan a temporalidade.

A precariedade laboral é igual a pobreza, desigualdade e exclusión social

n CCOO impulsa unha campaña para denunciar a precariedade laboral

vención de riscos laborais,existe maior risco de padecerenfermidades ou accidentes: decada 100 persoas asalariadascon contrato indefinido, 2,4 su-friron un accidente, cifra que seeleva a 4,5 de cada 100 no caso

1. Favorecer que os traballadores e traballadoras denuncien situa-cións de irregularidade no emprego de maneira anónima a travésdunha caixa de correo electrónico: [email protected] denuncias serán atendidas e redirixidas á Inspección de Traba-llo. Cando haxa un certo número, faranse públicos os nomes dasempresas.2. Realizaremos un mapa de empresas nas que exista precarie-dade inxustificada ou situacións de irregularidade no emprego, edesenvolveremos plans de actuación específicos.3. Faremos actos públicos e asembleas para concienciar sobre oproblema da precariedade e os seus efectos; tamén xornadas for-mativas para reforzar os coñecementos sobre os dereitos de in-formación da representación legal dos traballadores e traballadoras–artigo 64 do Estatuto dos Traballadores, a necesidade de esixir ascopias básicas dos contratos, a Inspección de Traballo, etc.

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

GALICIA SINdICAL Número 63 - setembro de 2015

10

www.galicia.ccoo.es

O persoal do 061 rexeita tantoo traslado da central operativadesde Santiago de Compostela áEstrada como a fusión deste ser-vizo con outros de carácter nonsanitario. A representación sindi-cal de CCOO lamenta a falta deinformación ao respecto e a «di-

lapidación de diñeiro público»que causará a operación e a de-terioración da atención.

O pasado 1 de xuño, a plata-forma Non ao Traslado á Estradamantivo unha reunión co conse-lleiro da Presidencia, AlfonsoRueda, e co titular de Sanidade,

Jesús Vázquez Almuíña. Os re-presentantes dos traballadores etraballadoras preguntaron expli-citamente sobre a fusión do 112e do 061, posibilidade «negadacon rotundidade» polos conse-lleiros, asegura CCOO. Porén,dúas semanas despois, o persoal

n CCOO asegura que a fusión de servizos acabaría co 061 tal como está concibido na actualidade

A Federación do Ensino de Co-misións Obreiras de Galicia(CCOO-Ensino) denuncia a «im-provisación» da Consellaría deCultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria e «a falta de res-pecto» da Administración educa-tiva ao profesorado. O sindicatocritica que se publicase «tarde»(só doce días antes de rematar ocurso) a orde de avaliación daeducación primaria e, «aínda porriba», que o sistema XADE (aaplicación informática para a xes-tión de datos) non permita intro-

ducir as avaliacións por compe-tencias a que obrigan tanto a de-vandita Orde como a LOMCE.

A Federación do Ensino de Co-misións Obreiras de Galicia(CCOO-Ensino) denuncia a «im-provisación» da Consellaría deCultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria e «a falta de res-pecto» da Administración educa-tiva ao profesorado. O sindicatocritica que se publicase «tarde»(só doce días antes de rematar ocurso) a orde de avaliación daeducación primaria e, «aínda por

A xunta de persoal do 061 continúa rexeitando o traslado deste servizo á Estrada

do 061 tivo coñecemento dunhanota de prensa da Consellaría daPresidencia na que se afirmabaque o servizo 112 integraría osector da seguridade (091, 062,090); o sector sanitario (061); ossectores asistencial, contraincen-dios e salvamento (080); am-biental (085); protección civil esalvamento marítimo.

Para CCOO, a devandita fusióndeterioraría a asistencia sanitaria,amais de supor o desmantela-mento do 061 tal como está con-cibido. «Este sistema permite oacceso as 24 horas do día á po-boación galega a un contacto di-recto co persoal sanitario pararesolver calquera tipo de consultasobre a súa enfermidade, medi-cación ou probas médicas», in-sisten desde o sindicato.

Dispendio de diñeiroDesde CCOO critican que a

Consellaría se vanglorie do no-vo edificio que acollerá os ser-vizos na Estrada, no que seinvestiron «millóns de cartospúblicos», e tamén da creacióndunha «nova plataforma tecno-lóxica», malia que o 061 contacunha de seu, elaborada poloseu propio persoal «e que é re-ferencia no sector».

riba», que o sistema XADE (aaplicación informática para a xes-tión de datos) non permita intro-

ducir as avaliacións por compe-tencias a que obrigan tanto a de-vandita Orde como a LOMCE.

Pantalla de inicio do sistema de xestión XADE

Page 11: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

11

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 63 - setembro de 2015

Comisións Obreiras (CCOO)critica a «falta de planifica-ción» da Consellaría de Sani-dade, que xustifica o peche decamas e servizos hospitalariosnos meses de verán, xusta-mente, por supostos proble-mas de planificación. Desde osindicato lémbranlles tanto aoconselleiro, Jesús Vázquez,

como ao director xeral deAsistencia Sanitaria, JorgeAboal, que eles son os «res-ponsables» da situación e íns-tanos a corrixila.

Vázquez e Aboal interviñe-ron este mes de xuño na Co-misión de Sanidade doParlamento de Galicia, ondedefenderon as medidas adop-

tadas ata agora. O secretarioxeral de CCOO-Sanidade,Ángel Cameselle, repróchallesque non aproveiten os mesesdo verán para reducir as lista-xes de espera.

Segundo o sindicalista, es-tase a facer «o contrario doque dita a lóxica», que seríamanter ou incrementar os re-cursos para reducir as lista-xes, aproveitando que naépoca estival hai menor inci-dencia de enfermidades respi-ratorias e as urxencias nonestán tan colapsadas.

Falta de planificaciónCCOO coida un exemplo de

«falta de planificación» autori-zar que o persoal de determi-nadas especialidades colla asvacacións de xeito simultáneo,deixando así os servizos senefectivos. Neste sentido, Ca-meselle ve «sorprendente»que os xestores da sanidadepública poñan énfase nas ca-rencias de cirurxiáns e aneste-

sistas no verán, «malia quenalgunha área sanitaria os xe-rentes permitiron que fosen devacacións en agosto todos osque así o quixesen».

Listaxes de contrataciónCameselle culpa a Vázquez e

Aboal de non abordaren dexeito correcto a situación, porexemplo, propondo o gozodas vacacións en máis me-ses, tal como se fai co persoalnon facultativo, ou cubrindoas baixas mediante listaxes decontratación, «que aínda nonestán esgotadas, porque haimilleiros de traballadoras etraballadores anotados nelas eagardando que os chamen».

En opinión do sindicalista,quen paga o custo da «malaplanificación» da Consellaría edo Sergas é a cidadanía. Poresa razón, Cameselle insta aVázquez e Aboal a abordaren asituación «pensando nos doen-tes, non en cadraren outro tipode contas».

n Milleiros de traballadores agardan nas listas de substitución do Sergas, que opta por pechar camas

A candidatura presentadapola Federación de Servi-zos de CCOO logrou amaioría absoluta nas elec-cións ao comité provincialde Tragsatec (Grupo Trag-sa) na Coruña.

A estas eleccións esta-ban chamadas a participar279 persoas que, de ma-neira maioritaria, outorga-ron a súa confianza aComisións Obreiras. Nas elec-

cións de hai catro anos ga-ñara a CSIF, que obtiña seismembros dos trece quecompoñen o comité; CCOOsituábase no segundo lugarcon cinco e a UGT comple-taba a relación con dous.

Agora cambiaron as tor-nas, tras lograr Comisiónssete delegados e delega-das –maioría absoluta– porcinco do sindicato CSIF esó un da UGT.

CCOO critica os recortes e as privatizacións no Servizo Galego de Saúde

CCOO gañou as elecciónssindicais parciais nas ofici-nas de ENCE Pontevedra,convocadas pola ampliacióndo cadro de persoal e, polotanto, do comité, que se in-crementou de cinco a novemembros.

Grazas a esta vitoria, CCOOacada a maioría absoluta noGrupo Ence en Pontevedracon doce delegados e dele-gadas (52% do total).

Como hai catro anos, CCOOgañou as eleccións na oficinaprincipal de Abanca en San-tiago de Compostela.

Comisións conseguiu dousrepresentantes no comité deempresa, fronte a dous deASCA e un da UGT, que entrano comité á custa da CSICA.Ademais, CCOO foi o sindicatomáis votado nuns comicios enque participou a totalidade dopersoal.

Page 12: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 70 - xuño de 2016 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acrise, as políticas de austeridade e as refor - mas laborais impostas

Número 70 - xuño de 2016

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

MEMORIA OBREIRA

Xan María Castro PazPresidente da Fundación 10 de Marzo

Vista parcial da sala en que transcorreu o acto, no que se deron cita 200 persoas

A F10M editou e distribuiu no acto un libro conmemorativo do 25.º aniversario

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Áurea Vázquez, Xan M.ª Castro,Sánchez Aguión, Fernández Toxo, vista parcial do público e Martiño Noriega