Nº 329 XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 Coordina: Xose Ramón Pena · 2010-04-28 · Exipto e boliñas...

8
A obra de Mariano Fortuny y Madrazo (Granada 1871- Venecia 1949), un dos artistas máis importantes do século XX, vén ser o suxeito dunha exposición monográfica que se leva a cabo nestas datas no Museo do Traxe de Madrid. Con motivo de tal mostra, cómpre lembrarmos algúns dos fitos deste artista total que, como o tamén xenial Richard Wagner, procurou a invención dunha obra de arte inten- gral. Mariano Fortuny foi pintor, escenógrafo, deseña- dor de tecidos, creador de roupas... E do mesmo xeito que Wagner tentaba integrar texto, escena, música e xesto nunha gran creación musical, For- tuny buscou, da súa parte, interralacionar todos campos da plástica para construír un monumental universo estético do que hoxe nos chega un ampla herdanza que abrangue o deseño de lámpadas, a manufactura de tecidos ou fulares como o “Knossos.”Todas elas, pezas orixinais de museo que poden, asemade, ser mercadas, por mor da nature- za de creacións de reprodución industrial que as distingue. Nado en Granada,de familia de artistas,Mariano Fortuny trasladouse axiña a París en compañía da súa, viúva, e logo a Venecia, cidade onde habería de instalar o seu fogar para o resto da vida. A casa ve- neciana do noso artista encerra,pois, todo o encan- to equilibrado entre orientalismo, medievalismo e tecnoloxía, propio dun poliédrico creador. Visionario destacado, Fortuny tivo a boa idea de incorporar á súa época os estudos antropolóxicos e mais o rescate de vellos modos de fiado e produ- ción industrial. Os supostos xeitos de produción téxtil de exipcios, gregos e romanos, así como o fia- do de brocados e sedas grosas de tempos tardome- dievais e barrocos, foron estudados e reinventados por este artista multidisciplinar, para abrir unha pá- xina axial da historia do vestido e as artes. As súas investigacións no campo do vestido acadaron o lo- gro dun traballo que puido vestir unha época den- de a distancia conceptual. É dicir; cando Mariano Fortuny creaba as súas saias plisadas de aires medi- terráneos e vestidos con forma evocadora dun sari, o que a maioría dos seus contemporáneos modis- tos estaban a facer eran variacións sobre a faixa e as crinolinas! Así que os seus vestidos conforma- ban obras singulares contra a moda imperante. Da- quela, o seu vestido “Delfos”, unha creación sinxela e fermosa –feita con forma tubular, escote barco, mangas curtas, de seda plisada como no antigo Exipto e boliñas de vidro nos remates– converteu- se nunha das imaxes máis potentes da época. Po- pularizado pola mecenas Peggy Guggenheim, en- trou dende o inicio na calidade de obra de arte. Aínda neses mesmos anos de mudanza do sé- culo XIX ao XX, os patróns simplificados que crea- ba Madeleine Vionnet, inspirados no cubismo, ti- ñan formas arcaicas e básicas.Vestidos con forma de cadrados contrapostos e tecidos lixeiros, corta- dos ao biés, eran referenciais do traballo da modis- ta. Eran modas que evocaban o o clasicismo pola súa simplicidade formal. Nesa liña, Mariano For- tuny, traballando dende a distancia do artista, creou o pano con decoracións grecolatinas, chamado “Knossos”, que tamén constitúe un fito na forma de deco- rar o corpo alleo, máis dentro do estilo que da moda. Co pano “Knossos”, colocado como un sari ou como unha ca- piña, acádase o obxectivo da moda de ver e ser visto, sen tropezar nas mareas das tempadas, sendo un exemplo de estilo atemporal baixo a dialéctica da propia moda.Noutro campo de traballo, os deseños neomedievais, retrogóticos, postbarrocos, que Fortuny fixo para tecidos, son un perfec- to exemplo dun anacronismo de perfecta beleza na crea- ción absoluta de elementos para decoración de interiores. Agora estas e outras brillantes invencións de Mariano Fortuny poden verse na exposición que lle dedica o Mu- seo do Traxe, en Madrid. Unha visita iluminada baixo a fu- turista lámpada con forma de paraugas sobre trípode, cha- mado “Pallucco”, tamén firmado polo propio Fortuny, o exótico artista cosmopolita español. Coordina: Xose Ramón Pena Nº 329 XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 A fiadeira do investigador Mariano Fortuny, cosmopolita ROMÁN PADÍN OTERO EXPOSICIÓN: GILBERTO ZORIA NO CGAC / PÁX. III ENTREVISTA CO ARTISTA ISAAC CORDAL / PÁX. V TEATRO: A DOR DE SARAH KANE / PÁX. VIII A obra de Mariano Fortuny y Madrazo (Granada 1871- Venecia 1949), un dos artistas máis importantes do século XX, vén ser o suxeito dunha exposición monográfica que se leva a cabo nestas datas no Museo do Traxe de Madrid. Con motivo de tal mostra, cómpre lembrarmos algúns dos fitos deste artista total que, como o tamén xenial Richard Wagner, procurou a invención dunha obra de arte inten- gral. Mariano Fortuny foi pintor, escenógrafo, deseña- dor de tecidos, creador de roupas... E do mesmo xeito que Wagner tentaba integrar texto, escena, música e xesto nunha gran creación musical, For- tuny buscou, da súa parte, interralacionar todos campos da plástica para construír un monumental universo estético do que hoxe nos chega un ampla herdanza que abrangue o deseño de lámpadas, a manufactura de tecidos ou fulares como o “Knossos.”Todas elas, pezas orixinais de museo que poden, asemade, ser mercadas, por mor da nature- za de creacións de reprodución industrial que as distingue. Nado en Granada,de familia de artistas,Mariano Fortuny trasladouse axiña a París en compañía da súa, viúva, e logo a Venecia, cidade onde habería de instalar o seu fogar para o resto da vida. A casa ve- neciana do noso artista encerra,pois, todo o encan- to equilibrado entre orientalismo, medievalismo e tecnoloxía, propio dun poliédrico creador. Visionario destacado, Fortuny tivo a boa idea de incorporar á súa época os estudos antropolóxicos e mais o rescate de vellos modos de fiado e produ- ción industrial. Os supostos xeitos de produción téxtil de exipcios, gregos e romanos, así como o fia- do de brocados e sedas grosas de tempos tardome- dievais e barrocos, foron estudados e reinventados por este artista multidisciplinar, para abrir unha pá- xina axial da historia do vestido e as artes. As súas investigacións no campo do vestido acadaron o lo- gro dun traballo que puido vestir unha época den- de a distancia conceptual. É dicir; cando Mariano Fortuny creaba as súas saias plisadas de aires medi- terráneos e vestidos con forma evocadora dun sari, o que a maioría dos seus contemporáneos modis- tos estaban a facer eran variacións sobre a faixa e as crinolinas! Así que os seus vestidos conforma- ban obras singulares contra a moda imperante. Da- quela, o seu vestido “Delfos”, unha creación sinxela e fermosa –feita con forma tubular, escote barco, mangas curtas, de seda plisada como no antigo Exipto e boliñas de vidro nos remates– converteu- se nunha das imaxes máis potentes da época. Po- pularizado pola mecenas Peggy Guggenheim, en- trou dende o inicio na calidade de obra de arte. Aínda neses mesmos anos de mudanza do sé- culo XIX ao XX, os patróns simplificados que crea- ba Madeleine Vionnet, inspirados no cubismo, ti- ñan formas arcaicas e básicas.Vestidos con forma de cadrados contrapostos e tecidos lixeiros, corta- dos ao biés, eran referenciais do traballo da modis- ta. Eran modas que evocaban o o clasicismo pola súa simplicidade formal. Nesa liña, Mariano For- tuny, traballando dende a distancia do artista, creou o pano con decoracións grecolatinas, chamado “Knossos”, que tamén constitúe un fito na forma de deco- rar o corpo alleo, máis dentro do estilo que da moda. Co pano “Knossos”, colocado como un sari ou como unha ca- piña, acádase o obxectivo da moda de ver e ser visto, sen tropezar nas mareas das tempadas, sendo un exemplo de estilo atemporal baixo a dialéctica da propia moda.Noutro campo de traballo, os deseños neomedievais, retrogóticos, postbarrocos, que Fortuny fixo para tecidos, son un perfec- to exemplo dun anacronismo de perfecta beleza na crea- ción absoluta de elementos para decoración de interiores. Agora estas e outras brillantes invencións de Mariano Fortuny poden verse na exposición que lle dedica o Mu- seo do Traxe, en Madrid. Unha visita iluminada baixo a fu- turista lámpada con forma de paraugas sobre trípode, cha- mado “Pallucco”, tamén firmado polo propio Fortuny, o exótico artista cosmopolita español. Coordina: Xose Ramón Pena Nº 329 XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 A fiadeira do investigador Mariano Fortuny, cosmopolita ROMÁN PADÍN OTERO EXPOSICIÓN: GILBERTO ZORIA NO CGAC / PÁX. III ENTREVISTA CO ARTISTA ISAAC CORDAL / PÁX. V TEATRO: A DOR DE SARAH KANE / PÁX. VIII

Transcript of Nº 329 XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 Coordina: Xose Ramón Pena · 2010-04-28 · Exipto e boliñas...

A obra de Mariano Fortuny y Madrazo (Granada 1871-Venecia 1949), un dos artistas máis importantes do século XX, vén ser o suxeito dunha exposición monográfica que se leva a cabo nestas datas no Museo do Traxe de Madrid. Con motivo de tal mostra, cómpre lembrarmos algúns dos fitos deste artista total que, como o tamén xenial Richard Wagner, procurou a invención dunha obra de arte inten-gral.

Mariano Fortuny foi pintor, escenógrafo, deseña-dor de tecidos, creador de roupas... E do mesmo xeito que Wagner tentaba integrar texto, escena, música e xesto nunha gran creación musical, For-tuny buscou, da súa parte, interralacionar todos campos da plástica para construír un monumental universo estético do que hoxe nos chega un ampla herdanza que abrangue o deseño de lámpadas, a manufactura de tecidos ou fulares como o “Knossos.” Todas elas, pezas orixinais de museo que poden, asemade, ser mercadas, por mor da nature-za de creacións de reprodución industrial que as distingue.

Nado en Granada, de familia de artistas, Mariano Fortuny trasladouse axiña a París en compañía da súa, viúva, e logo a Venecia, cidade onde habería de instalar o seu fogar para o resto da vida. A casa ve-neciana do noso artista encerra, pois, todo o encan-to equilibrado entre orientalismo, medievalismo e tecnoloxía, propio dun poliédrico creador.

Visionario destacado, Fortuny tivo a boa idea de incorporar á súa época os estudos antropolóxicos e mais o rescate de vellos modos de fiado e produ-ción industrial. Os supostos xeitos de produción téxtil de exipcios, gregos e romanos, así como o fia-do de brocados e sedas grosas de tempos tardome-dievais e barrocos, foron estudados e reinventados por este artista multidisciplinar, para abrir unha pá-xina axial da historia do vestido e as artes. As súas investigacións no campo do vestido acadaron o lo-gro dun traballo que puido vestir unha época den-de a distancia conceptual. É dicir; cando Mariano Fortuny creaba as súas saias plisadas de aires medi-terráneos e vestidos con forma evocadora dun sari, o que a maioría dos seus contemporáneos modis-tos estaban a facer eran variacións sobre a faixa e as crinolinas! Así que os seus vestidos conforma-ban obras singulares contra a moda imperante. Da-quela, o seu vestido “Delfos”, unha creación sinxela e fermosa –feita con forma tubular, escote barco, mangas curtas, de seda plisada como no antigo Exipto e boliñas de vidro nos remates– converteu-se nunha das imaxes máis potentes da época. Po-pularizado pola mecenas Peggy Guggenheim, en-trou dende o inicio na calidade de obra de arte.

Aínda neses mesmos anos de mudanza do sé-culo XIX ao XX, os patróns simplificados que crea-ba Madeleine Vionnet, inspirados no cubismo, ti-ñan formas arcaicas e básicas. Vestidos con forma de cadrados contrapostos e tecidos lixeiros, corta-dos ao biés, eran referenciais do traballo da modis-ta. Eran modas que evocaban o o clasicismo pola súa simplicidade formal. Nesa liña, Mariano For-tuny, traballando dende a distancia do artista, creou o pano con decoracións grecolatinas, chamado

“Knossos”, que tamén constitúe un fito na forma de deco-rar o corpo alleo, máis dentro do estilo que da moda. Co pano “Knossos”, colocado como un sari ou como unha ca-piña, acádase o obxectivo da moda de ver e ser visto, sen tropezar nas mareas das tempadas, sendo un exemplo de estilo atemporal baixo a dialéctica da propia moda. Noutro campo de traballo, os deseños neomedievais, retrogóticos, postbarrocos, que Fortuny fixo para tecidos, son un perfec-

to exemplo dun anacronismo de perfecta beleza na crea-ción absoluta de elementos para decoración de interiores.

Agora estas e outras brillantes invencións de Mariano Fortuny poden verse na exposición que lle dedica o Mu-seo do Traxe, en Madrid. Unha visita iluminada baixo a fu-turista lámpada con forma de paraugas sobre trípode, cha-mado “Pallucco”, tamén firmado polo propio Fortuny, o exótico artista cosmopolita español.

Coordina: Xose Ramón PenaNº 329 ■ XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010

A fiadeira do investigador Mariano Fortuny, cosmopolita

ROMÁN PADÍN OTERO

EXPOSICIÓN: GILBERTO ZORIA NO CGAC / PÁX. III

ENTREVISTA CO ARTISTA ISAAC CORDAL / PÁX. V

TEATRO: A DOR DE SARAH KANE / PÁX. VIII

A Biblioteca Nacional, con motivo da presiden-cia española da Unión Eu-ropea, inaugurou o 14 de abril, na sala Hipóstila da súa sede, a exposición Eu-ropa en Papel que perma-necerá aberta deica o 2 de xuño. O proxecto realízase en colaboración coa So-ciedade Estatal de Con-memoracións Culturais e ten como fio condutor a historia do tecido político europeo, profundizando nas claves do pensamento que sementaron a nosa realidade política. Para achegarnos a esta visuali-zación, organizáronse as pezas mais sobresaíntes que custodia dita institu-ción e que son na súa tota-lidade tesouros de extraor-dinario valor cultural e be-leza estética. A mostra está composta dun centenar de obxectos, entre debu-xos, manuscritos, mapas, estampas, libros, gravados, fotografías e arquivos so-noros: un magnífico moti-vador para introducirse na conciencia da nosa identi-dade cultural. Os argu-mentos da articulación dos contidos buscan a identidade do pensamen-to europeo salientando as-pectos como o proceso de xestación das liberdades individuais que afianza-ron os cambios políticos e a emerxencia das demo-cracias, o pensamento in-dagador laico e racional da nosa cultura que deu orixe ao desenvolvemento da ciencia e os valores so-ciais, éticos e políticos.

No principio do perco-rrido, percibimos a inde-pendencia de Europa de Oriente, baixo a luz da di-ferenciadora mitoloxía grega, primeiro, e, logo, do poderío romano e o seu legado en dereito, lingua e artes. Do esplendor impie-ral á Europa medieval ro-mánica e gótica, para ob-servar a orde política e so-cial do feudalismo, sem-pre amenazado pola rivali-dade do poder temporal dos reis e o espiritual do papado, camiñando cara á secularización da cultura urbana que marca o tem-po da expansión econó-mica, territorial…. Coas necesidades expansionis-tas chega a comunicación entre todos os continen-tes, que leva a unha verda-deira consciencia da his-toria mundial. A conquista da independencia do pen-samento racional, co Re-nacemento, é a clave da nosa cultura que permite o desenvolvemento das ciencias experimentais: un motor que comenza no século XV e que xa non se deterá. Da Europa de Carlos V a esoutra de Napoleón, pasamos a to-

mar contacto coa acelera-ción dos cambios e os fun-damentos que inspiraron o pensamento moderno alimentados. A exposición adica esforzos para descri-bir os cambios aconteci-dos coa segunda revolu-ción industrial, situándo-nos na loita pla Europa igualitaria, o sindicalismo, o sufraxio para as mulle-res, o socialismo e os xer-molos do anarquismo. A salientábel tendencia creativa no pensamiento científico achega ao es-pectador ao encontró co-as mentes únicas de Dar-win e Einstein. En fin, na última etapa do percorri-do tomamos contacto co sufrimento das guerras que son un espello onde ver as consecuencias das ambicións expansionistas inxustificadas do poder. A dor tamén deixou a posi-bilidade dun pensamento de unidade, de reconstru-ción política e económi-ca, de superación de fron-teiras e finalmente da Unión Europea.

Non hai cansazo para os ollos nesta viaxe que camiña dende o clasiscis-mo á Europa medieval, do renacemento ao Barroco, do Romantismo á Con-temporaneidade, porque a beleza das pezas expostas conforma un estímulo vi-talizador que se enrique-ce con cada ollada. Da elegancia formal das co-res brillantes nas miniatu-ras medievais –un bo exemplo co Beato de Lié-bana– chegamos á obser-vación minuciosa, científi-ca e soberbia dos homes renacentistas, espírito ben retratado no Tratado de Es-tática e Mecánica de Leo-nardo da Vinci, aos incu-nábeis como o Catholicon de Johannes Balbus, á liña virtuosa do lapis de Ve-lázquez, á escuridade da alma humana descuberta pola ollada realista e críti-ca de Francisco de Goya. Pero tamén soa a música neste percorrido e atopa-mos así partituras como a do concerto para piano e orquestra de Beethoven feita para o arquiduque de Austria en 1811.

O século XX está pre-sente con pezas como a primera edición do Ulises de James Joyce e os grava-dos de Picasso. A visión certeria da fotografía que evolúe para captar os es-tragos das guerras intro-dúcenos na nosa época e o desenvolvemento tecno-loxico aporta unha cons-ciencia do pasado necesa-ria para non esquecer o longo camiño de tantos homes por conquistar o mellor do que hoxe te-mos.

Europa en papel Tesouros da Biblioteca Nacional

MARCELA SANTORUN

Cartel da exposición “Europa en papel” (Biblioteca Nacional, Madrid).

O patrimonio da Biblioteca Na-cional de España é sorprendente polo número, a calidade e mais a importancia histórica: 30.000 ma-nuscritos; 3.000 incunábeis; 500.000 impresos anteriores a 1831; 6 millons de mono-grafías modernas; 500.000 partituras impresas e ma-nuscritas e outros tantos documentos sonoros, para alén de 80.000 audiovi-suais. A colección de grava-dos e debuxos orixinais é soberbia e entre os 640.000 exemplares pódense admiran pe-zas únicas como as de Goya, Gre-co, Velázquez, Murillo e numerosos nomes relevantes das vangardas. A colección cartográfica posúe 134.000 mapas dos que unha boa parte son antigos. A célebre colec-

ción Cervantes ten 26 edicions do Quixote do século XVII .

Como centro depositario do material bibliográfico e documen-tal español, a biblioteca atesoura todos as publicacións en todo ti-

po de soporte feitas en España; a súa base de datos é a cabeceira do sistema bibliotecario rexistran-do todo o movemento editorial do territorio. Biblioteca Nacional ten, ademais, un importante labor non só de conservación, senón ta-

mén de comunicación e difusión dos fondos a través da organiza-ción anual de exposicións, edi-cións permanentes de material consultivo e investigador e o mantmento do seu museo. O com-

promiso constante de inves-tigación da cultura hispana materialízase a través de proxectos anuais con pro-xección fóra das nosas fron-teiras. Ofrece, en fin, a biblio-teca servizos de consulta, préstamos individuais e ins-titucionais e de reprodución

para atender as necesidades dos usuarios a todos os niveis. A insti-tución conta con dúas sedes en Madrid: o histórico edificio que comparte co museo Arqueolóxico Nacional e mais a nova sede en Alcalá de Henares.

Un patrimonio excepcional

Non hai cansazo

para os ollos ao

longo desta viaxe

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 ARTE/SOCIEDADEII

A mostra Gilberto Zorio que se pode contemplar nas salas do CGAC en Santiago de Compostela, até o 27 de xuño supón o primeiro proxecto da programación do novo di-rector do CGAC Miguel von Hafe Pérez.

A exposición presenta un completo percorrido polas obras realizadas polo artista italiano Gilberto Zorio (An-dorno Micca, Biella, 1944) desde os anos 60 deica á ac-tualidade. Realizada polo Mu-seo d’Arte Moderna de Bolo-ña e mais o CGAC e comisa-riada por Gianfranco Mara-niello, a mostra permite un achegamento a unha figura central na arte da segunda metade de século XX, que quizais como poucos encar-nou –e encarna–, en especial durante os anos 60 e 70, a her-danza e revisión do espírito das vangardas históricas, sen-do un dos máis salientábeis representantes da chamada arte povera.

Pero a mostra no pretende ser unha simple amálgama de pezas máis ou menos rele-vantes con vontade antolóxi-ca, senón que foi desenvolvi-da seguindo unha liña argu-mental que pretende demos-trar a importancia e varieda-de de combinacións e diálogos que as pezas do ar-tista poden suxerir, sen que a cronoloxía sexa un factor que determine os diálogos nin a montaxe, unha montaxe que se fai establecendo vasos co-municantes coa arquitectura do edificio de Álvaro Siza Vieira e que ten como cerne a peza Torre Stella Santiago, núcleo irradiador do proxec-to. A montaxe, pois, incide nunha das características do discurso sobre arte da con-

temporaneidade: a súa ruptu-ra coa linealidade que, como noutros aspectos do pensa-mento, caracterizou a Historia da Arte como produto da vi-sión histórica que de vello marcou a cultura occidental, lémbrese que xa para León

Battista Alberti, nos inicios do Renacemento, a historia era o tema e o problema da arte. Unha visión que non comeza a ser relegada até ben entra-do o século XX.

O resultado, ben atractivo, conformase como un auténti-

co espello da ollada do artis-ta e da súa evolución, enten-dida esta nun xeito aberto a lecturas e suxestións.

En Gilberto Zorio salienta, sobre todo, o seu uso do obxecto, con pezas que fan parte da súa mitoloxía per-

soal –e da arte do século XX– como as “canoas”. Son obxec-tos transformados radical-mente canto á súa utiliza-ción, pasando –paradoxal-mente– a unha preeminencia exacerbada a medida que a posición do artista se tornaba

máis conceptual, porque, se a obra se volve aberta canto a posibilidades de manipula-ción formal, o obxecto devén en protagonista desta mani-pulación e en fonte de infini-tas lecturas, nas que a descon-textualización, a ironía ou o humor mesmo, permiten un mundo totalmente ilimitado de lecturas, desde os obxec-tos que deitan unha forte in-tensidade afectiva, xogando este unhas veces o papel de vehículo para unha comuni-cación explícita, contunden-te, e outras, transmitindo sen-sación con sutileza, ambigüi-dade ou humor.

O que si mantén sempre Gilberto Zorio nas súa pro-postas é unha vontade de in-tervención social, construída desde alicerces filosóficos e políticos e que destaca pola súa capacidade de elaborar un discurso conceptual que conecta con correntes que desde os sesenta cuestiona-ban os cimentos da socieda-de occidental. A indiscutíbel forza das súas propostas e so-bre todo a versatilidade dos seus presupostos permitiu que o artista italiano conse-guise un espazo de destaque no universo da arte de finais do século XX.

Hai nas súas obras unha intensa carga poética e ao tempo unha crítica da cultu-ra, que ten moito de contra-cultural; ao tempo, outro dos valores que transmiten as obras de Zorio é que a arte pode contribuír a ollar doutro xeito a realidade, a reforzar, a partir de obxectos comúns, os significantes que alimen-tan a orde simbólica, e así axudar a conseguir que a no-sa percepción sexa máis libre e rica.

Forma povera Gilberto Zorio no CGAC

CARLOS L. BERNÁRDEZ

Varios momentos da mostra “Gilberto Zorio” (CGAC, S antiago de Compostela), aberta até o 27 de xuño.

No conxunto da mostra asisti-mos á posta en cuestión, á radicali-dade do discurso, unha radicalida-de que non está exenta de diálogo coa tradición artística. Claramente as escollas obxectuais xor-den polas súas posibilidades expresivas, pola ambigüida-de que ofrecen os temas ao seren reinterpretados e polo carácter de reflexiva provo-cación que estimulan.

A exposición abrangue os prin-cipais temas de interese do artista: a natureza; o obxecto; a alteración e a distorsión como motivo de re-flexión conceptual e formal; a liga-

zón co medio arquitectónico; ou a cultura do cotián, cunha marcada variedade formal. As diferentes pe-zas son captadas e postas en co-mún desde a emoción, desde un ti-

po de elementalidade que deita cada unha das pezas e que permi-te que abroche a súa potencial poeticidade. Hai en moitas delas unha aparencia de inutilidade, de obxecto atopado, de recreación lú-

dica, que é o que carga de sentido poético o conxunto da exposición.

Coido que foi Foucault o que di-cía que non sabía moi ben o que era a liberdade, pero que percibía

perfectamente o que non o era. Aplicado ao traballo de Gilberto Zorio, podiamos afir-mar que, lonxe de calquera preconcepto, o que o artista nos ofrecen desde a súa olla-

da-outra é un exercicio de indaga-ción aberto sobre unha das princi-pais fontes da liberdade que é o re-coñecemento do noso máis abso-luto dereito á utopía, á arte e á vi-da.

Arte e Utopía

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 ARTE III

O obxecto, a alteración e a distorsión: motivos de reflexión conceptual e formal en Zorio.

Os obxectos

deveñen en fontes

de infinitas

lecturas

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 LIBROS IV

O anteollo de ámbar é o derradeiro volume da trilo-xía do autor inglés Philp Pullman, A materia escura, e que comezara con A Aurora boreal e seguira con O coite-lo sutil, da que podemos go-zar en galego nunha fermo-sa e acertada tradución de Fernando Moreiras. Falamos dunha boa saga en moitos sentidos, desas que obrigan a pensar e coas que cómpre agasallar á mocidade xa que estamos diante dunha obra pen-sada para o pú-blico xuvenil; unha saga ava-lada, ademais, polo público mundial e cuxo autor, xunto ao ilustrador Ryoji Arai, recibiu o premio Memo-rial Astrid L i n d g r e n (2005). E é que Pullman domi-na con mestría o equilibrio en-tre a fantasía e o que nos po-de ser máis próximo e real: así, en A aurora boreal todo acontece nun mundo seme-llante ao actual; “Ox-ford” é o primeiro capítulo e nel, Lyra, unha rapaza de once anos e que vive no Jor-dan College, vai ser a prota-

gonista da historia. Descu-briremos, entre outros per-sonaxes e obxectos, os dai-mon: seres creados polo au-tor e que nos van marabillar.

Asemade descubrimos tamén o

“po” ou “materia escura”, que provocará que a igrexa secuestre nenos para expe-rimentar con eles, e aínda o “aletiómetro”, instrumento da verdade que posúen Lyra e a igrexa. En O coitelo sutil todo vai acontecer en

tres mundos dis-tintos: o de Lyra, o noso e outro novo, on-de está Ci-ttàgazze e no que habita Will, o amigo co que preten-derá aprender sobre o “po” e que leva un coi-telo que pode abrir fiestras pa-ra nos levar dun mundo a outro. En O anteollo de ámbar, chega-mos, en fin, ao re-mata dunha sa-ga que leva a Lyra e a Will a

candanseu mun-do, despois do resca-

te de Lyra por Will da cova onde estaba présa,

coa axuda de humanos di-minutos, o Cabaleiro Tialys e

mais a Dama Salmakia, logo de loitaren na compaña dos seus daimons, ou do oso Io-rek Byrnison.

Trátase, entón, dun uni-verso literario fascinante que evoca outros libros clá-sicos e outros tempos, e no que sobresaen as persona-xes femininas como seres intelixentes e cultos: Serafi-na Pekkala, Mary Malone ou a Dama Hannah, que será a que se fará cargo da educa-ción científica de Lyra. Mais un universo, igualmente, que descende á realidade máis terríbel cando, con agudeza e sen máis palabras que as precisas, Pullman narra a violación que sofre Will en mans do cura, Semyon Bori-sovich. A igrexa condenou ao autor; mais, por favor, merquen e regalen Vdes. es-te libro; gañariamos aman-tes da lectura e contribuiria-mos a espertar na mocida-de o sentido crítico contra a irracionalidade e o fanatis-mo relixioso. Merquen e re-galen un libro que aposta pola aprendizaxe e pola ciencia, pola República dos Ceos. E é que cando o Rei-no dos Ceos desaparece, non se pode vivir “coma se iso importase máis ca a vida neste mundo, porque onde estamos é sempre o lugar máis importante”. PULLMAN, Philip, O anteollo de ámbar (trad. Fernando Moeriras), Faktoria K, Vigo, 2009, PVP. 20 €

Materia escura Bo libro de bos libros

MARGA ROMERO

Pártese nesta obra da premisa de que o surrealista non só é aquel que practica a escrita automática, se-nón o que participa nas actividades dun grupo surrealista: quen leva unha forma de vida, a ética de amor, liberdade e poe-sía, ata as últimas con-secuencias. Ata vivir no soño da utopía su-rrealista. Aínda que es-to tamén comprenda, como defendía André Breton, e reivindica Xe-sús González Gómez, o dereito a se contradi-cir.

Avisado queda o lector dende as pri-meiras páxinas de que o volume nin aspira, nin podería aspirar, a ser definitivo nin ex-haustivo, toda vez que é un dicionario sui ge-neris. A información que aporta sobre o movemento surrealis-ta e os seus seguidores resulta amena, cunha

r e d a c c i ó n

p e r s o a l que consegue ser áxil sen renunciar ao rigor no tratamen-to.

Comezamos por si-tuarnos no tempo cun-ha análise da traxecto-ria do surrealismo de 1919 ata 2001, ano da morte de Eugenio Fer-nández Granell. Aínda que puidese existir o temor de perdermos baixo unha morea de datos e referencias, o resultado deste ensaio é pintar un fresco his-tórico latexante, como pode sentirse tras ler as entradas sobre Louis Aragon, Apolli-naire, Antonin Artaud,

Georges Bataille, An-dré Breton, Luis Bu-ñuel, René Char, Salva-dor Dalí, De Chirico, o movemento Dada, Paul Delvaux, Max Ernst, Frida Kahlo, Joan Miró, Paul Nash, Mimi Parent, Benjamin Pé-ret, Valentine Penrose, Man Ray, Ernesto Sam-paio... Ata a entrada di-cionario, onde se nos lembra que un diccio-nario surrealista pode ser un acto de rebe-lión contra os diciona-rios. Cítanse, como non, o Dicionario abre-viado do Surrealismo, de André Bréton e Paul Éluard, e o Petite dictionnaire de Le Su-rréalisme de José Pie-rre.

A entrada “crítica”, na que se resposta a pregunta de se existe unha crítica surrealis-ta, non pode pasarse por alto, máxime sa-bendo que o autor desta obra exerceu du-rante anos, cunha re-percusión nunca igua-lada, a crítica literaria nas páxinas do sema-

nario A Nosa Terra. Como mostra de que o sentido críti-co, e a honesti-dade persoal e intelectual de XGG permane-cen, lemos is-to: “desde hai xa moitos anos asistimos ao afundimen-to perpetuo da chamada críti-ca literaria, por suposto, tamén da crítica de arte”.

Galiza ten protagonismo

en varias entra-das, dado que se es-

tuda o surrealismo de noso e o seu sobran-ceiro seguidor, Euge-nio Fernández Gra-nell. Moi curioso resul-ta ler, ao falar de Éluard, como XGG afir-ma que o franciscanis-mo do poeta francés foi intuído por Álvaro Cunqueiro no artigo “Buenos días tristeza” nos anos 60. Velaí o en-gado dunha obra aberta, dun apaixoado achegamento ao su-rrealismo. GÓNZALEZ GÓMEZ, X., Dicionario de Surrealismo e Surrealistas, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 2010, PVP. 28 €

Xosé Lois García, para alén do seu estimable tra-ballo como poeta, ten ga-ñado merecidamente a so-na de ensaísta e investiga-dor serio e rigoroso. Xusto por iso, a aparición dun novo volume seu é sempre garantía de contribución de interese certo.

O que escribo vese con-firmado en Uxío Novo-neyra. Revisitado, xenuína achega ao particular cos-mos creativo e vital do au-tor do Courel.

Cómpre salientar, amais, que García non ofrece un contributo so-bre a biobibliografía do poeta homena-xeado nestas Letras Galegas que supo-ña na súa traxecto-ria unha primeira a p r o x i m a c i ó n . Lonxe diso, este pensador lugués vén interesándose dende hai anos pola escritura e circuns-tancia do autor de Tempo de elexía, ao que chegou a tratar moi amigablemente, e a quen dedicou con anterioridade estudos, poño por caso, sobre o seu marxismo e naciona-lismo.

Uxío Novoneyra. Revisitado afástase da ensaística ao uso que adoito atopamos en datas próximas ao grande feirón do 17 de Maio. García brin-

da, nun libro de máis de trescentas páxinas, trinta ensaios breves

que xiran ao redor doutras tantas cuestións vencella-das co poeta e que abalan

entre a análise textual, o anecdotario persoal e mesmo a conside-ración sociopolítica e ideolóxica en sen-tido amplo.

Así, nesta obra García revoa sobre os máis variados te-mas: o orientalismo da poética novo-neyrana, o seu labor como gravador, a súa habelencia co-mo recitador, as pre-senzas do mundo medieval e compos-telán nos seus ver-sos, a pegada coure-lá e madrileña nes-tes, as súas viven-cias catalás, as pre-ferencias lectoras e amizades gremiais, o papel do idioma en relación coa pa-tria, o insubornable nacionalismo, o te-lurismo e o selo elexíaco dunha non pequena parte

das súas composi-

cións ou a súa escrita de xorne amatorio, entre moi-tos outros asuntos.

O resultado é un mosai-co no que é doado ir re-compoñendo, tesela a te-sela, o perfil dun Novo-neyra en íntima conexión cunha paisaxe (no seu ca-so, nomeadamente, a da montaña lucense), unha lingua (o galego, idioma inequívoco de instalación, con moi puntuais incur-sións na veciñanza caste-lá) e unha Terra (que so-ñaba “librada” pola forza do amor, endexamais “inutle”) que ecoaron en versos nos que o persoal e o colectivo irmandaron como en ben poucos.

O libro enriquécese, a maiores, con numerosas fotografías do autor e a súa obra que, nalgúns ca-sos, revelan materiais gráfi-cos inéditos e que teñen un valor indubidable para reconstruír o pasar vital e autorial do persoeiro.

Uxío Novoneyra. Revisi-tado é un roteiro ensaísti-co idóneo para se achegar á figura do poeta do Cou-rel. Un libro de lectura agradecida pola súa flui-dez, que foxe deliberada-mente dos academicis-mos estériles para fran-quearnos o paso do coñe-cemento directo do alen-tar dun autor que marcou época. GARCÍA, Xosé Lois, Uxío Novoneyra. Revisitado, Ed. Xerais, Vigo, 2010, PVP. 17 €

Lectura agradecida Revisitando a Novoneyra

ARMANDO REQUEIXO

Dentro da utopía

Dicionario sui generis LAURA CAVEIRO

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 ENTREVISTA V

–En –En –En –En Cement eclipses,Cement eclipses,Cement eclipses,Cement eclipses, converte Vde. a fi- converte Vde. a fi- converte Vde. a fi- converte Vde. a fi-gura humana en parte do mobiliario urba-gura humana en parte do mobiliario urba-gura humana en parte do mobiliario urba-gura humana en parte do mobiliario urba-no, a través desas pequenas esculturas de no, a través desas pequenas esculturas de no, a través desas pequenas esculturas de no, a través desas pequenas esculturas de cemento que disemina pola cidade. Por cemento que disemina pola cidade. Por cemento que disemina pola cidade. Por cemento que disemina pola cidade. Por que elixiu este material? que elixiu este material? que elixiu este material? que elixiu este material?

–O uso do cemento é, desafortunada-mente, una das pegadas que delata ao ho-me fronte á natureza. Na arquitectura popu-lar galega converteuse nun dos elementos clave, contribuíndo a esa experimentación arquitectónica inusual que é o feismo. A Lei de Costas, que implicaba que non se podía construír a certa distancia do mar, deixaba unha pequena opción se había un paseo marítimo. E así, toda pequena poboación construía un paseo marítimo para, a conti-nuación, reconstruír a primeira liña de edifi-cios fronte ao mar. Vímonos inmersos nun bucle sen fin que remite á construción e destrución de todo o que nos rodea. Baixo esta tendencia á cementización, a nosa rela-ción coa natureza tende a converterse en “iso” que vemos difusamente dunha cidade a outra. Son consciente de que o uso do ce-mento como material para a realización deste proxecto non deixa de ser unha pro-posta contraditoria, pero consciente, coa que pretendo reflexionar sobre o que Ra-fael Argullol describe como a tensión mo-derna entre o home desnaturalizado e a na-tureza deshumanizada.

–Colocou as súas figuras en Barcelona, –Colocou as súas figuras en Barcelona, –Colocou as súas figuras en Barcelona, –Colocou as súas figuras en Barcelona, Berlín, Vigo, Bruxelas, Londres... Hai algun-Berlín, Vigo, Bruxelas, Londres... Hai algun-Berlín, Vigo, Bruxelas, Londres... Hai algun-Berlín, Vigo, Bruxelas, Londres... Hai algun-ha razón en particular para elixir estas cida-ha razón en particular para elixir estas cida-ha razón en particular para elixir estas cida-ha razón en particular para elixir estas cida-des? des? des? des?

–Non, simplemente coincide que son po-las que tiven a oportunidade de levar Ce-ment eclipses. A miña intención sería poder realizar o proxecto no maior número de lu-gares posibles. Doutra banda, creo que cada mobiliario urbano é moi distinto dun país a outro. A rúa é a pel colectiva da masa social que a habita, e cada lugar ten un aspecto di-ferente.

–A elección do lugar onde colocalas é –A elección do lugar onde colocalas é –A elección do lugar onde colocalas é –A elección do lugar onde colocalas é espontánea ou meditada? espontánea ou meditada? espontánea ou meditada? espontánea ou meditada?

–Hai un pouco de todo. Algunhas veces poño as miñas esculturas na mochila e, ao

camiñar, atópo-me con situa-cións que fun-cionan e que nunca podería ter plantexado. Noutras oca-sións atopo un lugar que me gusta e fago un-ha serie específi-

ca para situala alí. –Son instalacións efémeras, ao alcance –Son instalacións efémeras, ao alcance –Son instalacións efémeras, ao alcance –Son instalacións efémeras, ao alcance

de calquera cidadán. Non lle gustaría saber de calquera cidadán. Non lle gustaría saber de calquera cidadán. Non lle gustaría saber de calquera cidadán. Non lle gustaría saber onde van parar os seus “diminutos”? onde van parar os seus “diminutos”? onde van parar os seus “diminutos”? onde van parar os seus “diminutos”?

–Segundo o lugar, duran máis ou menos tempo, moitas delas menos de 24 horas. En Londres puxen moitas esculturas nas mar-quesiñas dos autobuses para que, dende o segundo piso, as viran os pasaxeiros, pero cando limpan non sei que fan con elas. Gústame pensar que algún dos emprega-dos da limpeza ten unha pequena colec-ción dos meus traballos

–As pequenas esculturas mimetízanse –As pequenas esculturas mimetízanse –As pequenas esculturas mimetízanse –As pequenas esculturas mimetízanse coa cidade. Con todo, hai unha aura de per-coa cidade. Con todo, hai unha aura de per-coa cidade. Con todo, hai unha aura de per-coa cidade. Con todo, hai unha aura de per-plexidade en todas elas, como un “que fago plexidade en todas elas, como un “que fago plexidade en todas elas, como un “que fago plexidade en todas elas, como un “que fago eu aquí?”. Pensa que é un sentimento co-eu aquí?”. Pensa que é un sentimento co-eu aquí?”. Pensa que é un sentimento co-eu aquí?”. Pensa que é un sentimento co-mún entre os habitantes das urbes? mún entre os habitantes das urbes? mún entre os habitantes das urbes? mún entre os habitantes das urbes?

–Cement eclipses ten un transfondo poé-tico, no que as figuras de pequenas dimen-sións se converten nunha especie de sobre-vivinte, nun resto arqueolóxico que reflicte situacións cotiás nas que o ser humano está perplexo do que creou ao seu arredor. As pequenas esculturas contemplan a derruba e mais a reconstrución de todo o que nos rodea.

–Para deixar constancia de –Para deixar constancia de –Para deixar constancia de –Para deixar constancia de Cement Cement Cement Cement eclipses,eclipses,eclipses,eclipses, fotografa Vde. as instalacións que, fotografa Vde. as instalacións que, fotografa Vde. as instalacións que, fotografa Vde. as instalacións que, nalgunhas ocasións, mesmo parecen a ta-nalgunhas ocasións, mesmo parecen a ta-nalgunhas ocasións, mesmo parecen a ta-nalgunhas ocasións, mesmo parecen a ta-maño natural. É algo premeditado? maño natural. É algo premeditado? maño natural. É algo premeditado? maño natural. É algo premeditado?

–Traballar a pequena escala permíteche gran liberdade de movemento. Podes levar 20 pezas nunha bolsa e ir dar unha volta po-lo barrio con elas. En xeral, utilizo unha es-cala non maior de 25 cm, e a miña idea é que a cidade se convirta nunha especie de

decorado das esculturas. Con esa medida e a profundidade de campo, nalgunhas foto-grafías creo que logrei que haxa un equili-brio entre a escultura e a súa contorna.

–Leva con este proxecto desde 2006. Vai –Leva con este proxecto desde 2006. Vai –Leva con este proxecto desde 2006. Vai –Leva con este proxecto desde 2006. Vai continualo durante uns cantos anos máis? continualo durante uns cantos anos máis? continualo durante uns cantos anos máis? continualo durante uns cantos anos máis?

–Vou. A finais deste ano publicarei un li-bro cunha editorial británica, e teño que

realizar unha serie máis ampla de fotogra-fías para completar contidos. Gustaríame realizar instalacións urbanas máis comple-xas e no maior número de lugares posíbeis.

–Iniciou a súa formación na Escola de –Iniciou a súa formación na Escola de –Iniciou a súa formación na Escola de –Iniciou a súa formación na Escola de Canteiros de Poio. Actualmente estuda un Canteiros de Poio. Actualmente estuda un Canteiros de Poio. Actualmente estuda un Canteiros de Poio. Actualmente estuda un máster en Arte Dixital na University of The máster en Arte Dixital na University of The máster en Arte Dixital na University of The máster en Arte Dixital na University of The Arts de Londres. De mestre canteiro a artista Arts de Londres. De mestre canteiro a artista Arts de Londres. De mestre canteiro a artista Arts de Londres. De mestre canteiro a artista

dixital, movéndose dentro da creación mul-dixital, movéndose dentro da creación mul-dixital, movéndose dentro da creación mul-dixital, movéndose dentro da creación mul-timedia, a arte electrónica, a arte sonora... timedia, a arte electrónica, a arte sonora... timedia, a arte electrónica, a arte sonora... timedia, a arte electrónica, a arte sonora... Como integra ambas as facetas, o manual e Como integra ambas as facetas, o manual e Como integra ambas as facetas, o manual e Como integra ambas as facetas, o manual e o electrónico, o tradicional e o vangardista? o electrónico, o tradicional e o vangardista? o electrónico, o tradicional e o vangardista? o electrónico, o tradicional e o vangardista?

–Creo que foi unha evolución moi natu-ral e inconsciente. Recordo con especial agarimo o meu paso pola Escola de Cantei-ros, algo que, sen dúbida, marcou a miña tra-xectoria como creador, tanto polo ambiente docente e polos compañeiros como polos valores da profesión. Sempre me interesou o modo tradicional de facer as cousas e ten-tar aplicalo ás novas tecnoloxías. En moitas ocasións, a tecnoloxía convértese nun exce-so de espectáculo carente de contidos, e por iso hai moitas obras que non trascen-den máis aló da nosa fascinación polo seu funcionamento.

–Sempre estivo unido a colectivos artísti-–Sempre estivo unido a colectivos artísti-–Sempre estivo unido a colectivos artísti-–Sempre estivo unido a colectivos artísti-cos, como LUDD 34560 ou Alg-a. É necesa-cos, como LUDD 34560 ou Alg-a. É necesa-cos, como LUDD 34560 ou Alg-a. É necesa-cos, como LUDD 34560 ou Alg-a. É necesa-ria a unión entre os artistas? ria a unión entre os artistas? ria a unión entre os artistas? ria a unión entre os artistas?

–Non sei se é necesario ou non, pero si creo que enriquece certos proxectos e ma-neiras de operar na armazón social. Resulta curioso que en case todos os eidos se traba-lla colectivamente, mentres que o artista mantén aínda esa aura solitaria ao seu re-dor. A miña experiencia colectiva é moi po-sitiva. Creo que Alg-a, máis que un colectivo, é unha forma de vida. Nós adoitamos dicir que desorganizamos, máis que organiza-mos. Os proxectos colectivos adoitan pasar por idas e vindas, crises naturais case sem-pre paralelas ás relacións interpersoais dos seus membros, pero das que se aprende moito e que se se pasan, afianzan o pro-xecto. A clave do seu funciona-mento é pór os proxectos por ri-ba das relacións persoais. Creo que o valor real dun colectivo é perdurar no tempo, que aquela ilusión inicial sexa reco-ñecíbel no futuro.

–A súa estancia en Londres cambiou o –A súa estancia en Londres cambiou o –A súa estancia en Londres cambiou o –A súa estancia en Londres cambiou o seu traballo e a súa forma de ver a arte? seu traballo e a súa forma de ver a arte? seu traballo e a súa forma de ver a arte? seu traballo e a súa forma de ver a arte?

–Londres é unha cidade moi interesante e cunha oferta cultural que debes obviar para que non te abafe. É moi competitiva para realizar exposicións, pero moi intere-sante para velas. E ten o seu encanto, xa que che dá a oportunidade de, se o desexas, aventurarte nesa competición, cousa que non ocorre noutros lugares. É unha cidade que consome arte e onde hai moitos artis-tas por metro cadrado. Iso a min, en certo modo, fíxome sentir un pouco diminuto, co-mo as miñas pezas, e desde esa perspectiva e a esa escala, tento traballar o máximo po-síbel.

–Actualmente está a traballar en instala-–Actualmente está a traballar en instala-–Actualmente está a traballar en instala-–Actualmente está a traballar en instala-cións con luz, onde a figura humana, os ros-cións con luz, onde a figura humana, os ros-cións con luz, onde a figura humana, os ros-cións con luz, onde a figura humana, os ros-tros, están moi presentes... tros, están moi presentes... tros, están moi presentes... tros, están moi presentes...

–Son instalacións realizadas con reixa metálica, nas que modelo formas que, ao pasar a luz a través delas, proxectan a súa ré-plica convertida en sombra en calquera su-perficie. O 6 de maio presento unha nova nun búnker da Segunda Guerra Mundial, un espazo en Dalston que ten o encanto de quedar detido no tempo.

–Tamén está a piques de sacar á luz un –Tamén está a piques de sacar á luz un –Tamén está a piques de sacar á luz un –Tamén está a piques de sacar á luz un novo traballo de Maina... novo traballo de Maina... novo traballo de Maina... novo traballo de Maina...

–Maina é un proxecto de audio sen pré-sas, e no que me refuxio cando teño tempo. O novo traballo chamarase “The deaf ser-ving in heavy artillery”, e editareino no netla-bel de alg-a (www.alg-label.com).

Se paramos o ritmo desquiciante co que acostumamos vivir

e observamos con detemento, quizais poidamos descubrir

alguna instalación de Cement eclipses. Obra de Isaac Cordal

–artista de vangarda á par que mestre canteiro–, as pequenas

figuras contemplan atónitas o bucle de derruba e

reconstrución no que se converteron as cidades occidentais

“Sempre me

interesou o modo

tradicional de facer

as cousas, e tentar

aplicalo ás novas

tecnoloxías”

NATALIA ÁLVAREZ

“A rúa é a pel colectiva da masa

social que a habita”

Isaac Cordal

Sobre estas liñas, Cordal colocando unha instalació n. Abaixo, “Recuerdos de la naturaleza”, “Expedición por el cambio climático” e “Businessman” FOTOS: ISAAC CORDAL

Foi no ano 2000 cando O bandido Casanova, unha novela de Hixinio Puentes, un autor ata entón desco-ñecido nos eidos da narra-tiva, se convertía na grande novidade da narrativa gale-ga de formato longo e con-sagraba unha materia na-rrativa pouco frecuentada entre nós: a novela de aventuras esteada na histo-ria. O escritor consolidou nos anos seguintes a súa vocación pola materia e as tramas aventu-reiras, co reto non doado de inserir a fic-ción na reali-dade históri-ca, que H. Puentes supe-ra dun xeito envexable, en especial can-do o facho da aventura leva os seus prota-gonistas aos es-pazos do mar e das naves que o sucan, temas nos que é un experto investi-gador.

Desta volta, A do vinte e un, a última ache-ga do autor, apreixa un perío-do transcendental da historia española, os primeiros anos do sé-culo XIX, que serven como pano de fondo ás andan-

zas e aventuras do protago-nista e relator en primeira persoa, Xoán Pardiñas, un mozo galego da Costa da Morte, que vai reflectindo a

súa vida e é testemu-ña, desde o

s e u

oficio de ordenanza dos al-tos mandos da Armada, da defensa do Ferrol, do de-sastre da batalla que tivo lugar en Trafalgar o 21 de outubro de 1805, data da que tira o título a novela, dos sucesos da Corte que rematan coa destitución

de Godoy e a abdi-cación de Car-los IV, do troco de alianzas e da loita contra os franceses. O destino levarao finalmente a In-glaterra onde actúa como ho-me de confian-za do embaixa-dor español e en labores de espionaxe que lle permiten pescudar as ori-xes dos move-mentos inde-p e n d e n t i s t a s das colonias de América e mes-mo o xurdimen-to do nacionalis-mo irlandés. Mais todo isto,

como xa dixen, ac-túa como marco para

a recreación das andanzas do protagonista, nun relato de aventuras escrito co alento e o recendo dos clá-sicos do xénero.

O autor emprega a lin-gua dun xeito sinxelo, pero especialmente ricaz no uso do léxico mariñeiro. Describe perfectamente a sociedade de comezos do século XIX, en especial a da cidade de Cádiz, coa súa colonia de habitantes de todas as clases e profe-sións e a dun Londres dickensiano, que actúan como elementos corais dos acontecementos histó-ricos. H. Puentes mantén así mesmo con habilidade un bo ritmo narrativo, o di-namismo e a intriga pro-pias do subxénero aventu-reiro, aínda que o relato na-da perdería co adelgaza-mento dalgúns capítulos, como tal os das regueifas coas mozas gaditanas. E so-bre todo, neste relato unha vez máis metafórico, malia situar o protagonista en re-lación con acontecemen-tos e personaxes históri-cos, inxectar ficción na rea-lidade, co que todo queda sometido ás leis da ficción, o lector non atopará atran-cos para distinguir a fabu-lación da historia, á que a primeira ilustra grazas a súa acción embelecedora. PUENTES, Hixinio, A do vinte e un, Sotelo Blanco Ed., Santiago, 2010, PVP. 20 €

Alento clásico Aventura e Historia FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS

Todo aquel que fai viño na casa sabe que o seu é o mellor. Partindo desta constatación, o profesor Xavier Castro preséntanos o seu último traballo, A rosa do viño, que vén de publicar a Editorial Galaxia. A obra constitúe un enorme acúmulo de saberes, crenzas, modos de facer e costumes que conforman a nosa cultura popu-lar do viño, unido a unha interesante análise dos mesmos co obxectivo de comprendernos a nós mesmos a través da comprensión dos elementos materiais e inmateriais postos en xogo neste ám-bito. Funcións e usos sociais do viño; recipentes e xeitos de beber; consideración do viño nas dis-tintas etapas da vida; identidade enolóxica; viño e gastronomía; etc., son algún dos temas que abarca o estudo, magnificamente ilustrados a través das opinións directas de informantes anó-nimos, as continuas referencias históricas, a aná-lise lingüística de ditos cotiás, o refraneiro popu-lar e as fontes que proporcionan os clásicos da nosa literatura.

Desde a cunca de barro á copa de cristal; des-de a bebida comunitaria no fogar ou na taberna ata a individualidade moderna; desde a permisi-bilidade da bebida na infancia e na vellez ata as prohibicións actuais; desde a taberna como es-pazo de sociabilidade popular ata o café como espazo selecto;desde os aspectos da cata tradi-cional ata os matices da cata especializada...un conxunto de oposicións tratadas no libro e que dan conta das diferentes maneiras de entender o viño que coexisten no mundo de hoxe desde os gustos máis populares ós máis refinados.

Mención especial merecen algún dos nosos literatos máis ilustres, e na obra adquire un pa-pel destacado Álvaro Cunqueiro e as referencias

ao viño e os seus espazos na súa vida e nas súas obras. Sen esquecer ta-

mén a Suárez Picallo, Ál-varez Blázquez,

R a m ó n C a b a n i -llas, Valle- I n c l á n , Emilia Par-do Bazán ou o rece-tario de Pi-cadillo en-tre outros.

“B e b er aos pou-cos, gotiño a gotiño”; “beber un grolo”; “ ir de chiqui-tas”; “beber dun gula-po”, “beber a pote...” son algúns

dos xeitos cos que a nosa

lingua expresa o protocolo correcto

do bo beber; “viño chis-peiro”, “vermello”, “con bo-

rra”, “que pinta na cunha a rosa do viño...” son maneiras de caracterizar un viño de calidade; vi-ño para quentar o corpo, para matar as penas, para curar a morriña, para pechar un trato, para selar un casamento...algunhas das funcións do viño; o gusto polas cepas vellas e tradicionais, o viño espadeiro, a ascensión do Albariño e deca-dencia do Ribeiro, unha mostra do elemento identitario que cómpre ter presente . E como re-mate, a excelencia do país: o viño tostado, os seus usos e funcións. Toda unha consideración do mundo do viño como produto cultural e sim-bólico que fala de nós. CASTRO, Xavier, A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia, Ed. Galaxia, Vigo, 2010, PVP. 24, 50 €

Folga falar das trope-lías, inxustizas e dramas acontecidos durante a “Guerra Incivil” e posterior franquismo. En momentos nos que se reivindica a memoria colectiva de tempos tan duros semella que volvemos reencon-trarnos cunhas inquedan-zas poéticas tendentes ca-ra á recreación e lem-branza dos sucesos deses anos. Cando caen algúns textos deste tipo dá a sen-sación de que volvemos a unha especie de “revi-val” da poesía chama-da social-realista (habería que cha-marlle mellor po-lítica) dos anos 60 e 70. Expóñen-se homes, nomes, situacións e espa-zos gravados na memoria colecti-va, nuns casos e na memoria his-tórica que sen es-te pulo pola dig-nificación das ví-timas da guerra e o franquismo non sabemos se daría callado.

Non é casuali-dade que sexa Xesús Alonso Montero o encar-gado de prologar este libro. Sabida é a súa perseve-rancia investiga-dora na literatura dedicada a este período histórico,

polo que o autor tería a ben, case de xeito simbóli-co, contar coa axu-da do académi-co na pre-

sentación do poemario. Índomos ao que nos in-

teresa, Incivil é un poema-rio testemuñal por va-

rias razóns. A pri-meira é o trata-mento temáti-co. Ten interese o autor en que quede constan-cia do sucedi-do nese perío-do. Ten interese en reivindicar unha compen-sación poética para todos/as os que sufriron a ignonimia. A segunda razón pola que cre-mos que pode-ríamos denomi-nar este libriño como poesía testemuñal é a insistencia en presentar unha cantidade consi-derable de tex-tos doutros auto-

res nos que se tra-ta a desgraza chora-

da. Polo tanto, a inter-textualidade no

poemario adquire unha importancia inusitada; non se limita a facer un

par de citas que puidesen quedar acaídas e punto, senón que amosa unha grande erudición literaria sobre o que está poetizan-do apoiando a súa propia obra no feito anterior-mente por outros moitos autores galegos.

Agora ben, recoñecen-do certa habelencia poé-tica no autor, recoñecen-do unha serie de imaxes fermosas, impactantes e de gran sensibilidade, é de obrigado cumprimen-to, unha vez lido o poema-rio, facer a seguinte refle-xión: en moitas ocasións ao longo do texto, o exce-sivo ton notarial deriva nunha perda na evoca-ción, no sentimento poéti-co. Por momentos adquire un ton excesivamente de-notativo cando en poesía o que hai que procurar é o sentimento e máis en cuestións tan delicadas para moitos comos esta. Se cadra, o autor deixouse levar en exceso pola preo-cupación ou especial in-terese que lle provoca a inxustiza acometida neste tempo e estira demasiado o proceso creador nunha única dirección que ben podería quedar máis completa peneirando poemas que non achegan nada e que desmerecen un conxunto en si valioso. DOMÍNGUEZ ALBERTE, X.C., Incivil, Ed. Toxosoutos, Noia, 2010, PVP. 10 €

Ton denotativo Conxunto valioso

HÉITOR MERA

Vinum, Veritas

Saberes e costumes populares MARUXA GESTOSO ÁLVAREZ

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 LIBROS VI

Cama e conto consti-túe un texto tenro e deli-cado que expón unha realidade cotiá. Gonzalo Moure, convencido de que todo o vivimos na in-timidade da nosa mente, escribe un conto no que salientan as perspectivas adoitadas; primeiro a da nena, Malva, logo a da nai e superposta a elas, a do lector, mozo e adulto, como complemento do proceso comunicativo que supón o libro.

O que máis lle gusta a ra-paza prota-gonista da historia son as palabras “cama e conto” que cada noite pronuncia súa nai no m o m e n t o de ir durmir. Son pala-bras máxi-cas para Mal-va, como má-xicas son as verbas que, relacionadas entre si, tecen os relatos que son quen de transportar á nena a mundos fantásticos e marabillo-

sos, cheos de sensibilida-de nuns momentos, monstruosos noutros, pe-ro sempre evocadores

de realidades co-

tiás, unhas veces, e subli-mes, outras.

Cando a nena fai seis anos a situación cambia e o que antes era un gra-

to acompañamento nocturno d e v é n nunha de-sacougan-te soidade que some a Malva nunha per-sistente tris-teza ao ollar a indi-ferenza dos seus proxe-nitores, feito que a leva a poñer en práctica un estratéxico plan de ac-tuación no que se invir-ten os papeis, de modo que os adultos son tratados coma nenos e

a nena adoita a

posición dun adulto. Esta dislocación de

roles resulta certamente interesante e permite adoitar unha actitude crítica perante determi-nadas situacións. Ás ve-ces, situarse no lugar do outro ofrece a posibilida-de de ver reflectidos comportamnteos ou mesmo opinións que re-verberan imaxes sor-prendentes. A literatura, posta ao servizo da so-ciedade, convértese nes-te sentido nun bo instru-mento co que contan lectores e escritores para verquer sobre el refle-xións propias da vida co-tiá que axudan a medrar e camiñar.

As ilustracións de Lu-cía Serrano con trazos ben definidos, en cores pardas atenuadas e con expresións máis ca su-xestivas acompañan a un texto que dende o punto de vista temático resulta atractivo ao intro-ducir un elemento real e cercano ao lector, que dende a perspectiva lin-güística trata o lector con intelixencia e que no conxunto produce un volume con interesantes contidos educativos. MOURE, Gonzalo, Cama e conto (Ilustr. Lucía Serrano), Ed. Xerais, Vigo, 2010,PVP. 10 €

Tenro e delicado

Con contidos educativos MARÍA NAVARRO

Sopa de nada é unha fábula construída á ma-neira tradicional por Gonzalo García, Dara-buc, que pretende ache-gar aos lectores e ás lec-toras a importancia da xenerosidade, do feito de compartir. Faino cun rela-to escrito en verso de es-trutura repetitiva e acu-mulativa onde cada ani-mal representa e simboli-za comportamentos que debemos ou ben desbo-tar ou ben valorar.

Xan Rata habita o pa-lacio de Nonhainada, alí chegan un día dous ani-mais moi pobres, unha raposa e un gato, na procura dalgún ali-mento. A rata do-na do castelo engánaos, di-lles que non ten nada e eles ofrécen-se a facer so-pa de nada. A rata pre-tende rirse deles mais remata burla-da cando os outros dous, máis espeli-dos, come-zan pedirlle un a un ingre-dientes, que se van acu-

mulando para facer un delicioso guiso co que se deleitan a raposa e o ga-

to, mentres a rata remata lambendo as pedras nunha fermosa bandexa.

Isto é, un animal co-mo a rata é apreciado xa antes da lectura de ma-

neira negativa ou pexorativa,

por iso aquí Xan Rata será q u e n simbolice a avaricia, m e n t re s que a ra-posa e o gato son animais po-pularmente re coñ eci -dos pola súa intelixencia e a súa astu-cia, e así Ma-ría Raposa e

Xan Gato serán os encargados de darl-

le unha lección á rata avarenta. Todo un proce-so cargado de humoris-mo pois no intre en que

o lector advirte que os que ían ser ridiculizados mudan os papeis de ma-neira limpa e intelixente, advírtese un clímax mo-derado que se repite ca-da vez que se engade un novo ingrediente na so-pa de nada.

É unha lectura dialo-gada entre burladores e burlados rápida e amena que crea sorrisos cada vez que se pasa unha pá-xina, ao tempo que con-segue que quen le sinta antipatía por quen non comparte e solidarieda-de por quen o escarmen-ta.

A historia vén acom-pañada das ilustracións de Rashin Kheiriyeh, a ar-tista iraniana que dá for-ma plástica ao texto me-diante unha plástica conceptual que incide na idea de facer traballar a mente dos pequenos lectores. Do mesmo xeito que aprecian no texto a idea dos valores positi-vos e negativos, visualíza-na tamén no traballo plástico. Polo que atopa-mos no álbum dúas ma-neiras de ler a fábula, a li-teraria e a artística. DARABUC/KHEIRIYEH, Rashin, Sopa de nada, OQO Ed., Pontevedra, 2010, PVP. 12,50 €

Á maneira tradicional

Sabendo crear sorrisos PAULA FERNÁNDEZ

ANDEL DE NOVIDADES M. BLANCO RIVAS

Presenza galega en Cuba Xosé Neira Vilas

Edicións Xerais. 16 €

Entre 1961 e 1992, Xosé Neira Vilas viviu e traba-llou en Cuba, dedicando máis de vinte anos a estu-dar a presenza diversa da nosa colectivi-dade emigrante naquel fermoso país. Achegouse aos obreiros e artesáns das ci-dades; aos car-boeiros, aos campesiños e aos traballado-res do azucre;

aos mineiros do cobre e do manganeso; aos culti-vadores de café das mon-tañas orientais, e aos pes-cadores de esponxas de

Batabanó. Sou-no tamén das a s o c i a c i ó n s mutualistas, cul-turais e recreati-vas, e da incor-poración de moitos emi-grantes as loitas independentis-tas e sociais.

A lei das ánimas Carlos G. Reigosa

Editorial Galaxia. 16 €

O detective Nivardo Castro e o xornalista Car-los Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa. Un caso de ca-r a c t e r í s t i c a s moi especiais: uns crimes que, polas súas ca-rac ter í s t ica s , mobilizan de maneira simul-tanea as forzas públicas e as ánimas da San-

ta Compaña nunha at-mosfera de superstición que enche de verosimili-tude toda a trama. En A lei das ánimas, Carlos G. Rei-

gosa desenvol-ve unha initriga singular que in-corpora a tradi-ción popular á novela na liña de autores clási-cos como To-rrente Ballester e Álvaro Cun-queiro.

A pesca na Gallaecia romana Borja Antela Bernárdez Editorial Toxosoutos. 10 €

O mar é parte de Gali-cia. Ao longo do tempo, a explotación mariñeira foi unha constante definito-ria da realidade galega, in-cluso nos tem-pos máis remo-tos do pasado, cando Galicia non era senón Gallaecia. Coa chegada das le-xións romanas ao Noroeste da Península Ibéri-ca, o territorio

galaico entrou a formar parte do mundo clásico. Moitos foron os cambios provocados pola integra-ción da Gallaecia no orga-

nigrama políti-co de Roma, e moitas foron ta-mén as cousas que se mantive-ron igual. O mar e o seu idilio coa nosa terra foi unha desas cousas que non cambiaron.

Desfeita Camilo Gonsar

Editorial Galaxia. 17 €

Publicada por primeira vez no ano 1983, Desfeita iníciase cunha pescuda, a das causas dunha morte acontecida a raíz da su-blevación mili-tar de 1936. Mais, pouco a pouco, é a reali-dade do fran-quismo a que xorde e se aca-ba por impoñer. Trátase sobre todo do despro-pósito e mais o

absurdo dunha sociedade que se mente a si mesma, que se disfraza do que non é. Camilo Gonsar es-cribe unha novela que se

converte no mellor instru-mento para er-guer a tona da hipocrisía e pa-ra amosar e deixar ao des-cuberto a de-gradación dun-ha realidade ri-dícula e cruel.

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010LIBROS VII

A colección “Biblioteca ESAD” da Editorial Galaxia in-corpora un novo volume que contén toda a obra dramática da dramaturga británica Sarah Kane, infelizmente desaparecida en 1999, logo dunha vida chea de penas e tribulacións e de ter-se situado, contra mediados nos 90, no mesmo centro dun circo mediático que a condenou sen paliativos por atraverse a falar daquelas cousas que realmente importan, tanto que moitas ve-ces as tapamos, porque feden.

En xaneiro de 1995 estreába-se, en efecto, un espectáculo titu-lado Blasted [‘Derruba’] que contiña escenas verdadeira-mente duras, pero non menos duras das que a maioría das per-soas contemplaba na televisión mentres ceaba, moitas delas re-lacionadas cos múltiples feitos atroces que tiñan lugar nas te-rras na antiga Iugoslavia. Erraron os críticos e outros comentaris-tas na condena da mensaxeira porque, se as novas eran malas, non era ela a culpable de tanto desatino. Noutros lugares no pla-neta acontecen todos os días fei-tos horrendos, mais só reaccio-namos con violencia se eses fei-tos se recrean no escenario dun teatro. Así foi con Sarah Kane, que viviu aquela reacción furi-bunda da crítica como unha mostra da hipocrisía dunha so-ciedade enferma.

Pero por baixo desa crítica explícita a determinados acon-tecementos, como as matanzas de civís en Svrenica, hai nos seus textos outras críticas implícitas moito máis duras, en todos e ca-da un deles. Degoiro, Límpidos, Amor de Fedra ou Pel recrean mecanismos por medio dos que as persoas atentan contras as persoas nos niveis máis substan-tivos da conciencia, como aquel avó que abusa da súa neta na traseira dun coche ante a mira-da cómplice do pai. Tense dito que Sarah Kane propón unha sorte de dramática da dor e da barbarie, porque mostra como as relacións humanas asentadas en relacións de dominación e submisión só conducen á petri-ficación do outro, á súa anula-ción como persoa, como acon-tece en Derruba, como acontece en Pel. Mais esas relacións non se mostran a partir dunha visión binaria, senón por medio dunha mirada poliédrica, co que a complexidade do real estoura e ao final descubrimos que todas somos vítimas e todos somos verdugos.

Sarah Kane comezou a facer teatro no instituto e despois estu-dou na Universidade de Bristol, rematando os estudos en direc-ción de escena, para despois se-guir os de mestrado en drama-turxia. Coñecía moi ben o oficio, e iso é algo que se deixa ver en todos e cada un deses seis textos que nos legou, todos cunha ma-neira diferente de tratar a mate-ria dramática, o que dá conta dunha preocupación pola for-ma, como se a forma tamén fose unha maneira de contar, como se a forma finalmente fose a me-llor maneira de dicir. Velaí temos, Degoiro, ese texto magnífico e sorprendente que esixe lecturas demoradas para chegar a captar as múltiples formas de relacio-nar esas voces que falan, sen ou-tra identidade que a que as pala-bras permiten intuír. Pero, na fin,

todas e todos somos un pouco así, un balbordo de palabras, cheas de furia e ruído como dirá Macbeth. Textos que supoñen desafíos para a conciencia dos espectadores, retos para os crea-dores que queiran utilizalos na creación escénica, e ferramen-tas para tomarmos conciencia de cómo os xogos de poder re-gulan as nosas vidas, ata destruí-las.

Podo asegurarlles que ler a Sarah Kane acaba por ser unha

experiencia dolorosa, pero paga a pena, pois estamos ante unha das autoras que máis e mellor soubo reflectir esa zona escura que ninguén quer visitar pero que existe e na que os seres hu-manos se mutilan no sentido re-al e no sentido metafórico. De-rruba é un bo exemplo, cando mostra unhas relacións perver-sas e clandestinas entre un xor-nalista sensacionalista e unha mociña que ben podería ser, ou que quizais sexa, a súa filla. Terri-

ble…, ou non? Sarah Kane per-tence a unha xeración de dra-maturgas británicas que soube-ron reflectir toda unha corrente subterránea de dor e de impo-tencia que se viña acumulando de tempo atrás en moitas per-soas, e por iso se converteron en altofalantes da conciencia de tanta xente oprimida no plano máis cotiá da existencia. Por iso cómpre achegarse á súa escrita, para enfrontar a natureza verda-deira da nosa condición.

Persiste unha certa admiración po-lo creador atormentado, pola poética da derrota, polas imaxes de dor e des-trución. Mesmo hai quen se admira cando unha actriz, nun xesto inocuo, e premeditado como mediático, se fai un corte para que abrolle o sangue, para lograr admiración, aplauso e unha cer-ta sona de transgresión. Pero hai que sa-ber diferenciar entre ese espectáculo

da dor e a propia dor. Sarah Kane, co-mo antes Andrea Dunbar, levaban den-tro súa o peso dunha dor enorme, ante a que non caben nin xestos nin postu-ras. A dor é real, non é finxida, nin aprendida nun manual de psicoloxía.

A peza titulada Psicose 4:48 é unha confesión brutal dunha persoa que por medio de voces diferentes nos vai mostrando as capas da conciencia, esa conciencia que no momento de maior lucidez só pode agardar a morte, por-

que o peso da vida esmaga un eu roto e fragmentado, desposuído, vencido. Un longo monólogo de palabras e fra-ses alternadas e persoas consternadas que dá conta da inmensidade da des-graza que supón habitar unha mente atormentada, unha vida derrotada. Non hai poética da derrota en Sarah Kane, senón un desexo enorme de vi-vir, de aspirar a ser… feliz.

Psicose 4:48

A dor de Sarah Kane

Obra dramática completa MV GARCÍA

FARO DE VIGO XOVES, 29 DE ABRIL DE 2010 TEATROVIII