nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as...

32
febreiro 2020 nº 194 EXEMPLAR GRATUÍTO Convocadas as eleccións galegas Feijoo adiantou os comicios ao 5 de abril. Pax. 22 riotorto. A popular Feira do Ferro será o 19 de abril. Pax. 20 meira. A Deputación inviste nas redes de saneamento. Pax. 19 guiriz. Autorizada a construción da residencia na Casa da Boca. Pax. 8 castro de rei. Rozas terá un simulador de tráfico aéreo. Pax. 12 muras. Volven as axudas da luz para os veciños. Pax. 21 as pontes. Instalan un Punto de Atención Móbil sanitario. Pax. 6 cospeito. Unha oficina técnica sobre o PXOM aten- de aos veciños. Pax. 15 Abadín volve ser capital do grelo O 22 volve a feira de exalta- ción de Gontán. Pax. 17 Nova edición do certame de Riotorto Concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz. Pax. 20 O Concello de Vilalba presen- tou no que vai de ano tres grandes proxectos que impli- carán cambios importantes na fisionomía da localidade. O primeiro que se presentou é a reforma da contorna do Auditorio Municipal Carmen Estévez, que se converterá nunha zona axardinada con bancos e unha pérgola pro- hibindo o aparcamento na zona. Tamén se anunciou a construción dun edificio para albergar o novo cuartel da Garda Civil e finalmente, pre- sentaron o proxecto para a zona do parque acuáco que consiste na construción de tres piscinas nunha ladeira integradas na paisaxe. Pax. 3 O Concello de Vilalba presenta tres grandes proxectos para a localidade A Chaira gozará co Entroido O enterro da sardiña, os desfiles cheos de cor e humor ou os bailes son os movos para desfrutar das diferentes festas esta época na comarca Preto de 90 mozos presenta- ron solicitude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputa- ción impulsa para crear empre- go xuvenil e fixar poboación. A instución provincial comezou xa o proceso de revisión das solicitudes formuladas para verificar que cumpran os re- quisitos esixidos. A mediados de febreiro está previsto que a Xunta de Goberno aprobe as lis- taxes definivas. Pax. 26 Fixéronse 90 solicitudes ao plan Prende! da Deputación Os bailes e os desfiles de Entroido estarán presentes nestas datas nas localidades chairegas. Os grupos e ca- rrozas rivalizan ao son das comparsas e charangas, e as peñas preparan as súas ves- mentas e coreograas á espe- ra do gran desfile. Así, os con- cellos en comezar antes esta diverda festa serán Cospei- to, Abadín e Friol, aos que se- guen o resto dos municipios e parroquias. Para o martes tan só quedarán Pol, Guiriz, Muras e Vilalba. E Begonte, o día 29, será o derradeiro Concello chairego en rematar a festa. Os organizadores aín- da están a ulmar os detalles dos seus programas.

Transcript of nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as...

Page 1: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020 nº 194EXEMPLAR GRATUÍTO

Convocadas as eleccións galegas

Feijoo adiantou os comicios ao 5 de abril. Pax. 22

riotorto. A popular Feira do Ferro será o 19 de abril. Pax. 20

meira. A Deputación inviste nas redes de saneamento. Pax. 19

guiti riz. Autorizada a construción da residencia na Casa da Boti ca. Pax. 8

castro de rei. Rozas terá un simulador de tráfi co aéreo. Pax. 12

muras. Volven as axudas da luz para os veciños. Pax. 21

as pontes. Instalan un Punto de Atención Móbil sanitario. Pax. 6

cospeito. Unha ofi cina técnica sobre o PXOM aten-de aos veciños. Pax. 15

Abadín volve ser capital do grelo

O 22 volve a feira de exalta-ción de Gontán. Pax. 17

Nova edición do certame de Riotorto

Concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz. Pax. 20

O Concello de Vilalba presen-tou no que vai de ano tres grandes proxectos que impli-carán cambios importantes na fi sionomía da localidade. O primeiro que se presentou é a reforma da contorna do Auditorio Municipal Carmen Estévez, que se converterá nunha zona axardinada con bancos e unha pérgola pro-hibindo o aparcamento na zona. Tamén se anunciou a construción dun edifi cio para albergar o novo cuartel da Garda Civil e fi nalmente, pre-sentaron o proxecto para a zona do parque acuáti co que consiste na construción de tres piscinas nunha ladeira integradas na paisaxe. Pax. 3

O Concello de Vilalbapresenta tres grandes proxectos para a localidade

A Chaira gozará co EntroidoO enterro da sardiña, os desfi les cheos de cor e humor ou os bailes son os moti vos para desfrutar das diferentes festas esta época na comarca

Preto de 90 mozos presenta-ron solicitude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputa-ción impulsa para crear empre-go xuvenil e fi xar poboación. A insti tución provincial comezou

xa o proceso de revisión das solicitudes formuladas para verifi car que cumpran os re-quisitos esixidos. A mediados de febreiro está previsto que a Xunta de Goberno aprobe as lis-taxes defi niti vas. Pax. 26

Fixéronse 90 solicitudes ao plan Prende! da Deputación

Os bailes e os desfi les de Entroido estarán presentes nestas datas nas localidades chairegas. Os grupos e ca-rrozas rivalizan ao son das comparsas e charangas, e as peñas preparan as súas vesti -mentas e coreografí as á espe-ra do gran desfi le. Así, os con-cellos en comezar antes esta diverti da festa serán Cospei-to, Abadín e Friol, aos que se-guen o resto dos municipios e parroquias. Para o martes tan só quedarán Pol, Guiti riz, Muras e Vilalba. E Begonte, o día 29, será o derradeiro Concello chairego en rematar a festa. Os organizadores aín-da están a ulti mar os detalles dos seus programas.

Page 2: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade2 febreiro 2020

NOVAS vilalba

O Concello de Vilalba vesti rase de cor e festa para celebrar a festa do Entroido os días 25 e 26. Os veciños poderán desfrutar cos actos progra-mados para a ocasión, que comeza-rán ás 17 horas desde a estación de autobuses co desfi le, que percorrerá as principais rúas da vila e estará amenizado polas charangas.Haberá 5.180 euros en premios para os disfraces individuais, por parellas e en comparsa das categorías infan-tí s e adulto. Ademais contarán con premios especiais ao disfraz máis orixinal e ao máis simpáti co.Tamén haberá un premio a reparti r entre todas as comparsas que par-ti cipen e non leven ningún premio con un máximo de 100 euros por comparsa. En caso de que as condi-cións climatolóxicas sexan adversas, os actos do martes celebraranse no pavillón de deportes.Paralelamente, o Concello prepa-ra un obradoiro de Entroido para o martes 18 de febreiro que terá lu-gar na biblioteca pública de 17.30 a 19.00 horas e para parti cipar é nece-sario anotarse antes do 14 de febrei-ro ou chamando ao 982 512 232.Neste obradoiro faranse manualida-de e contacontos para o desfrute dos nenos de 4 a 10 anos.

GASTRONÓMICO. Vilalba estrena este mes a I Edición do Entroido Gas-tronómico, unha iniciati va do Con-

cello na que bares, restaurantes e establecementos hotaleiros con ser-vizo de cociña uníronse para ofercer unha proposta conxunta de menús degustación, pratos especiais a in-cluír en carta e cocidos por encargo, cunha ruta de tapas e pinchos.21 establecementos de vila e pa-rroquias, reparti dos segundo a mo-dalidade de parti cipación escollida, darán (todos os venres, sábados e domingos do 7 ao 22 de febreiro) o mellor de si, a fi n de sorprender a clientela e visitantes, ao tempo que poñen en valor os pratos tí picos des-tas datas.Así mesmo, o Concello delimitou nas perti nentes bases a posibilidade de inclusión de produtos tales como o Queixo de San Simón, o mel da Serra da Carba ou Roscón de Vilalba.Ademais, e co fi n de involucrar a aqueles establecementos que non dispoñen de cociña, esta I Edición do Entroido Gastronómico inclúe tamén unha oferta de combinados deseñados para a ocasión.Os parti cipantes divídense en va-rios grupos. Na categoría de menús degustación e/ou pratos especiais a incluír en carta fi guran Casa do Rouco, Restaurante Montero, Res-taurante Lembranzas, Restaurante O Naseiro, Pizzería Americans e Xol-dra. En cocidos por encargo están Mesón do Campo, Parador, Hotel Terra Chá, Restaurante A Madalena,

Restaurante Lanzós e Bar Cascudo.Dentro da rutas das tapas están Xol-dra, A Casa do Lobo, Lembranzas, O Porrón, Mesón do Cambo, Albo-rada, Stama, Oasis, O Porrás e Luar. Na categoría de combinados de en-troido están 80/20 Cocktail Lounge e Topaz.Os menús, cocidos por encargo así coma a oferta de combinados adecúanse aos habituais de cociña e barra de cada un dos establece-mentos parti cipantes. No tocante ás tapas e pinchos especiais, o ho-rario é de 13.00-15.00 e de 20.00-23.00 horas.

SANCOVADE. A parroquia vilalbesa de Sancovade organiza unha festa de Entroido para o sábado 22 de fe-breiro que contará co seu tradicional concurso de disfraces. Así, a celebra-ción comezará ás 13 horas no campo de fútbol coa sesión vermú que es-tará amenizada polo dúo Pedriñas, para despois ter un xantar popular.Pola tarde será o concurso de dis-fraces, que dará comezo a parti r das 17.30 horas, e reparti rá 500 euros en premios e con agasallos para os máis cati vos e os máis lonxevos.O precio do xantar é de 25 euros para os que non sexan socios e 15 para os restantes. A organización lembra que xa están a venda os ti quets para parti cipar no xantar e poderanse ad-quirir ata o día 18.

Vilalba inicia o Entroido con oferta degustación e remátao con festa

O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, visitou as novas instala-cións de Entrepinares en Vilalba. O conselleiro puido coñecer a nova factoría, de 20.000 metros cadra-dos, que permiti rá duplicar o po-tencial de produción da compañía. Dentro da nova instalación intro-dúcense tecnoloxías que só están presentes nas fábricas máis van-gardistas no sector queixeiro. A nova factoría é modular e ten unha capacidade inicial de pro-dución de 15.000 toneladas/ano centrádose na elaboración de

queixo de pasta prensada en ba-rras e bloques. Adicionalmente o produto lonchearase e envasarase na mesma instalación.Por outra banda, o soro que se recolle é de alta calidade. A súa proximidade coa torre de soro permite procesalo mantendo in-tactas todas as súas propiedades e ofrecendo un produto de gran valor engadido. No últi mo ano incorporou a 46 traballadores en Vilalba para a de-fi nición, organización e posta en marcha da nova factoría e para o reforzo da torre de soro.

Entrepinares presenta as súas novas instalacións

Visita á fábrica de Entrepinares por parte do conselleiro

O cartel do Entroido e a presentación do gastronómico cos parti cipantes neste

Premio Agustí n Fernández Paz. O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acolleu o 1 de febreiro o acto de entrega do III Premio Agustí n Fer-nández Paz de narrati va infanti l e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Insti tuto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, que este ano foi para a obra ti tulada Plan de Rescate, presentada baixo este mesmo seudónimo e que correspondeu a Antí a Yáñez Rodríguez.

Page 3: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 3

O Concello deseñou un proxecto para facer unha reforma da contorna do Auditorio Carmen Estévez, que se convertiría nunha zona axardinada. A actuación contempla a zona limita-da pola instersección das rúas Pita da Veiga, Porta de Cima e As Pedreiras.O proxecto encargado polo actual goberno local recolle a instalación de bancos e dunha pérgola no tramo inicial da rúa das Pedreiras, entre o cruce coa rúa Pita da Veiga e as esca-leiras de acceso á praza de Santa Ma-ría. Esa zona, ademais, pasará a ter unha menor presenza de tráfico, xa que se prevé prohibir o aparcamen-to e darlle unha aparencia e unha utilidade máis ben propias dunha praza, na que tamén se poderían celebrar actividades. Entre as obras previstas figura tamén a renovación do pavimento, que será de formigón e de granito, e a ampliación das bei-rarrúas. O proxecto propón demoler un dos inmobles en ruíñas que son titularidade da Zunta para habilitar unha zona axardinada e prolongar as beirarrúas ata Porta de Cima.O orzamento da actuación é de 166.000 euros. Tamén se espera, dixo, o edil, a autorización de Patri-monio para a obra. O obxectivo é levala a cabo de forma complemen-taria á rehabilitación de dous antigas vivendas que está a realizar o Igvs.A obra completaríase coa renovación do alumeado público e das redes de abastecemento e saneamento.

CUARTEL. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou a construción dun novo edificio para albergar o novo cuartel da Garda Ci-vil en Vilalba, no que o Goberno in-vestirá 2,8 millóns de euros.O delegado do Goberno reuniuse coa alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro

acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Nesta reunión avaliaron a dispoñi-bilidade do Concello para ceder o terreo necesario para a construción

deste novo equipamento de forma que se concrete canto antes.O novo cuartel da Garda Civil en Vilalba substituirá ao actual edifi-cio, que data dos anos 60 do século

pasado. A nova infraestrutura dis-poñerá de instalacións modernas e adecuadas para albergar servizos de Seprona, Tráfico, o Posto de Vilalba e Intervención de armas e Explosivos. Actualmente alberga un persoal de 44 gardas civís.

PARQUE ACUÁTICO. A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Economía, Facenda, Urbanismo e Infraestruturas, Luis Fernández, presentaron o proxecto de remode-lación da zona que ocupa agora mes-mo o parque acuático. A proposta rompe coas instalacións existente e ofrece outra alternativa que se fun-damenta na construción de tres pis-cinas con vasos diferentes.Deste xeito, desapacen os xogos para ofrecer un concepto lúdico onde a interacción coa auga sexa a través de xogos vinculados ao uso dos vasos, a chorros e ás zonas de praia.A proposta xérase dende a sección topográfica do emprazamento coa creación dun plano que conteña o programa de vasos e elementos lú-dicos e sexa accesible dende a mes-ma ladeira, ao mesmo tempo que xenere un plano onde se sitúen os vestiarios, aseos, espazo de servizos, almacenaxe, etc. A intención é que esta peza non obstaculice as vistas nin sexa disonante coa paisaxe. Na zona recreativa construiranse tres vasos de agua, o máis profundo de 1,6 metros de fondo, outro de 1,10 e un de 0,60 orientado ao públi-co máis infantil. Complementaranse estos cun filtro perimetral de tipo pediluvio e unha zona de chorros de auga ao lado do vaso infantil. A zona arbolada utilizarase como límite na-tural do proxecto e área de descanso con zonas de sol e sombra como lu-gar de solarium.

Vilalba cambiará a súa fisionomíaO goberno presentou tres proxectos que implican cambios na vila, como a mellora da contorna do auditorio, a remodelación do parque acuático ou a construción dun novo cuartel da Garda Civil

De arriba a abaixo, os proxectos da contorna do auditorio e da Madalena e a alcaldesa entregando un pin ao delegado do Goberno

A alcaldesa Elba Veleiro e o con-celleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, acompañaron aos presidente e secretario do Clube Can de Palleiro, Juan Car-los Puente e Xosé Manuel Vales, na inauguración da exposición de fotografía Clube Can de Palleiro. Raza autóctona galega, celebrada na Casa da Cultura de VilalbaA mostra, coa que este ente aso-ciativo pretende dar a coñecer a raza así coma o traballo e activi-dades desenvolvidas dende a súa fundación no ano 2002, é con-cibida polo Concello de Vilalba coma unha primeira colaboración, que se inserta no marco da súa decidida aposta polo turismo de congresos e que, tal e como reco-ñeceu o edil de Turismo e Comer-cio, Modesto Renda, agardan “se traduza en que Vilalba poida ser a anfitrioa dunha asemblea xeral de socios, a anual, que rondaría os 400 visitantes ao Concello”A exposición poderá visitarse ata o 17 de febreiro.

Abre na casa da cultura unha mostra sobre o can de palleiro

O luns 10 de febreiro saíron á ven-da as primeiras entradas para a XIII edición do FIV de Vilalba, co que arranca o tempada de festivais en Galicia.As entradas, co cartel aínda sen anunciar, esgotáronse nas dúas primeiras quendas e o mércores 12 púxose á venda o terceiro cupo.Un ano máis, a web do festival co-lapsouse durante a venda debido ao elevado número de visitantes, aínda que tamén a xente demanda noticias sobre o cartel deste ano que a organización di que se dará a coñecer nos próximos días.

Xa comezou a venda de entradas do FIV

Page 4: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade4 febreiro 2020

Sete-Pontes. Abanca comprometeuse a achegar ás necesidades de cré-dito do tecido empresarial do polígono Sete-Pontes de Vilalba dez millóns de euros en fi nanciamento. Esta liña de crédito pode duplicarse se as em-presas da área industrial o precisan. O colecti vo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou corfi rming segundo as súas necesidades

Alumnos de todas as xeracións da escola de Corbelle están citados o próximo 19 de marzo a unha xun-tanza de confraternidade, que con-tará como acto central cun xantar no campo da festa da parroquia.O xantar estará servido por bar Rochela e consisti rá en empanada de liscos e zorza, paella, churras-co mixto, postre, viños, refrescos, café e chupito. Ten todo un prezo de 23 euros para adultos e de 12 para nenos de 7 a 11 anos. Os máis pequenos comerán de balde.O obxecti vo desta xuntanza é lem-brar os tempos pasados e os com-pañeiros de xogos desta escola.A xornada, que se desenvolverá nunha carpa climati zada no cam-po da festa, estará amenizada polo dúo Suso.O prazo para anotarse é ata o 10 de marzo a través dos teléfonos da organización: 655 313 096 e 636 697 929.Ese mesmo día pola mañá haberá un percorrido de coches, motos e tractores históricos dende o mes-mo Corbelle pasando por Samaru-go e San Simón, onde farán unha degustación de queixo antes de volver ao punto de orixe.Os vehículos estarán expostos du-rante toda a tarde no mesmo lugar da xuntanza.

Convocan a todos os ex alumnos da escola de Corbelle a unha xuntanza

A asociación de veciños de Corbe-lle, en Vilalba, presentou por rexis-tro dous escritos para informar ao Concello e á Diputación provincial do mal estado no que se atopan varias vías que da parroquia, con-cretamente as estradas de Aldixe e de Bouzas, así como as pistas de Viladóniga e Campelos.Os veciños lembran que si alguén ten algunha avaría no seu vehículo a causa do mal estado destas vías poderá denunciar este feito ante o organismo que corresponda.

Veciños de Corbelle solicitan o amaño de varias estradas

A biblioteca municipal de Vilalba su-mouse á iniciati va O reto lector, que ten como obxecti vo fomentar a lec-tura entre toda a veciñanza e lograr que gocen da literatura.As persoas que se queran unir a esta iniciati va deberán de ler 12 libros do catálogo de fondos bibliográfi cos municipais.Co obxecti vo de facilitar a elección dos tí tulos, establecéronse varias categorías temáti cas que permiti rán aos lectores e lectoras organizar as súas lecturas e o seu calendario da forma que lles resulte máis cómoda,

sendo recomendable a lectura dun libro ao mes.Entre as categorías fi gura un libro que se adaptara ao cine, outro escri-to por unha muller, un sobre arte, un libro en galego, un de banda desea-da, unha biografí a, un libro ambien-tado en Galicia, relatos cortos, un li-bro premiado, unha historia baseada en feitos reais e un clásico literario.Os lectores e lectoras que logren completar o reto recibirán un pre-mio, que consisti rá no sorteo entre os parti cipantes dunha cesta de li-bros por valor de 100 euros.

O Concello de Vilalba súmase ao reto lector 2020

O Parti do Popular conti núa solicitan-do información ao Goberno local do que vai pasar co FIV, que se vai cele-brar en dous meses “e do que aínda non temos nin un grupo” malia que xa comezou a venda.O voceiro popular Agustí n Baamon-de explicou o proceso ascendente deste festi val, que supón para Vilal-ba converti rse nun desti no cultural a últi ma fi n de semana de abril tanto polo propio festi val como polas ac-ti vidades paralelas que se celebran.De feito, como lembra o PP as últi -mas tres edicións o FIV esti veron no-minadas aos Iberian Festi val Awards, competi ndo con festi vais de todo o territorio español e portugués.

CARPAS. Por outra banda, o PP in-teresouse polos atrasos no abono das axudas concedidas ás parroquias para as súas festas patronais. O Con-cello asegurou que si houbo un re-traso pero que xa están todas abona-das e se queda alguna se fará nestes días. Baamonde aclarou que “temos que presentar unha moción para axi-licen un pago que ti ña que estar feito desde o primeiro momento”.Ademais, neste orde de cousas pe-diu ao equipo de goberno que acla-re “de maneira defi niti va a posición

de renuncia voluntaria para o abono das axudas para a contratación das carpas, de ser afi rmati va a renuncia instamos ao actual equipo de gober-no a reconsiderar a súa posición e manter o pago das axudas”.O equipo de Goberno contestou que coa nova lei de contratos, o sistema que se uti lizaba non era correcto e ti ñan que cambialo ao que o vocei-ro popular asegurou que “si hai que cambialo porque non vale pois per-fecto, pero non deixar este problema sen resolver”, dixo.

CAPÓN. Unha moción para incenti -var a feira do campón foi rexeitada polo equipo de Goberno. Para os populares é importante que os pro-dutores podan vivir desto polo que propoñía a creación dunha comisión de estudio, con todos os sectores im-plicados, como criadores, veterina-rios, técnicos da Administración para que todos aporten algunha axuda. O obxeti vo desa plataforma sería buscar unha solución para dar unha saída ao capón.

PLUSVALÍA. O Parti do Popular vol-veu recuperar a moción presenta-da en setembro para a redución da plusvalía e un 50% e que reti rara nal-

quel intre porque o equipo de gober-no comprometérase a estudialo an-tes de tomar unha decisión. Debido ao retraso, o PP volveu poñer sobre a mesa a mesma moción. A alcaldesa recoñeceu que no ti veran tempo de mirar esta cuesti ón pero que o farán de inmediato para poder traer ao próximo pleno unha proposta.

PXOM. No apartado de preguntas, o PP preguntou cando ten previsto o equipo de Goberno convocar a comisión de urbanismo para o des-envolvemento do PXOM. Baamonde califi cou o Plan xeral como “unha das urxencias máis importantes de Vilal-ba”. Asegurou que “deixamos con-tratado o inicio o proceso antes de marchar e aínda non se fi xo nada”.A alcadesa pola súa banda asegurou que teñen previsto contratar a comi-sión de seguemento en breve.

SAF. Por procedemento de urxencia, aprobouse a contratación do SAF,

que rematou o 31 o contrato. A li-citación se fi xo por segunda vez xa que a primeira foi anulada por unha queixa sindical. Nesta segunda licita-ción só se presentou unha empresa de Elche, que non poderán facerse cargo do servizo ata fi nais de mes.“O goberno informou de que a em-presa existente prorrogará o seu ser-vizo para non deixar desatendidos aos usuarios pero a dúbida é como vai acabar isto porque non sabemos se a prórroga a fai coas condicións que ti ña e que tantos problemas de-ron ou coas novas”, puntualiza.

EMPRESARIOS. O PP afi rma que “os empresarios de Vilalba están total-mente desamparados polo Gober-no local”, pois os novos dirixentes do Concello aínda non recibiron aos membros da Asociación de Empre-sarios Polígono Sete Pontes, “a pe-sares de que estes rexistraron ata en dúas ocasións na sede electrónica a súa peti ción de recibimento”.

O PP asegura que o goberno local “parece que quere desbaratar o FIV”

Unha imaxe do FIV da pasada edición

Page 5: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 5

Folgueiras Inversiones é unha em-presa de Vilalba pertencente aos mesmos propietarios que a coñecida empresa Electricidad Moncho y San-tomé, falamos con Cosme Santomé sobre a promoción na céntrica rúa Foz número 6 de Vilalba.

É esta a vosa primeira iniciativa no mundo da promoción de vivendas?Pois non, é a terceira promoción que realizamos, e a verdade é que está tendo boa acollida. Xa levamos practicamente a metade dos pisos vendidos. É unha zona ten moitos servizos aos que se pode chegar sen utilizar o coche coma poden ser supermercados, tendas ou o centro de saúde.

Cal é a vosa data prevista de finali-zación da obra?Antes de finais de este ano 2020 es-tará toda a obra finalizada, e todos os compradores poderán estar vivin-do xa alí.

Cal é o número de vivendas do que vai constar o edificioO edificio ten catro alturas e cada

planta distribúese en tres pisos de máis de cen metros cadrados cada un e un apartamento de máis de 75. Os pisos inclúen todos dous baños e os apartamentos baño e aseo. En total falamos de 16 vivendas.

As vivendas levan ascensor, garaxe e rocho?Todas as vivendas teñen ascensor, de feito os rochos están situados na par-te alta do edificio, no baixo cuberta e chega ata alí o ascensor, dispoñen de ventás e tomas de luz, auga e desau-gue, cada piso conta tamén coa súa praza de garaxe, teñen un acceso moi bo, unha xenerosa amplitude, e se alguén o desexa pode comprar máis de unha, de feito algún moitos dos compradores xa escolleron dúas ou ata tres prazas.

En calidades, en que se diferenza de outras edificacións?Traballamos con materiais de primei-ras calidades, a fachada está acaba-da en cantería, leva ventás de PVC con un bo illamento, e tamén nos es-meramos moito no illamento tanto acústico coma térmico na obra.

Que tipo de tecnoloxías usa para ca-lefacción, auga quente, etc?A calefacción é de gas natural. No relativo a auga quente sanitaria rea-lizamos unha instalación de placas solares térmicas e estamos tamén instalando placas solares para xerar corrente. Nós, Electricidad Moncho e Santomé, encargámonos directa-mente da instalación de estas tecno-loxías.

Que se consegue con esa instala-ción?Pois algo moi básico, aforrar custes de mantemento aos propietarios das vivendas. Coa instalación das placas de xeración solar poderase consumir a enerxía producida no propio edificio, pero a enerxía non consumida poderá verterse á rede e cobrar por ela. A nosa intención é que os propietarios teñan unha cota de comunidade non superior aos 30 euros meus.

Cada vez usamos nas casas máis tecnoloxías, estará preparado o edi-ficio para soportar as novas necesi-dades tecnolóxicas?

Cumpre coa normativa do Fogar Dixital Galego, co cal permite insta-lar novos mecanismos de confort e seguridade, por exemplo, quedan preinstalacións feitas para adaptar motores as persianas, instalar detec-tores de fume e incluso poder cortar a auga con unha electro-válvula can-

do te vas da casa.

Contades con financiación?Traballamos con Caixa Rural, aque-las persoas que teñan interese en financiar a compra do seu inmoble terán condicións moi interesantes e favorables.

Arriba, plano dunha das vivendas de 3 habitacións e, abaixo, Cosme Santomé

“Instalamos placas solares para permitir aforrar aos propietarios”Folgueira Inversiones está a realizar unha promoción na rúa Foz de Vilalba

A

TENDAL

COCINA

RECIBIDOR

DISTRIBUIDOR

DORMITORIO 3DORMITORIO 1

DORMITORIO 2

BAÑO 1

BAÑO 2

SALÓN-COMEDOR

Page 6: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade6 febreiro 2020

Os grupos políti cos con representa-ción no Concello asinaron un acordo, de forma unánime, instando á mo-difi cación da Lei do Sector Eléctrico, no tocante á capacidade de acceso de evacuación dos nós da rede e da concesión de uso privati vo das aguas relacionadas cos peches das centrais térmicas de carbón.A corporación municipal entende, que é “necesario, obrigatorio, e urxente introducir aspectos correc-tores, desde o punto de vista de xusti za social e transición xusta, nos mecanismos de acceso ás redes e ás concesións de auga nos territorios afectados polos peches de centrais térmicas, de forma que os recursos actúen como vectores de crece-mento económico nos territorios afectados”.Por estos moti vos instan ao Gober-no de España a modifi car a disposi-ción adicional vixésima segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico e a disposición adicional décimo sexta do texto re-fundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto Lexislati vo 1/2001, do 20 de xullo, para que o outorga-

mento dos permisos de acceso e conexión se implanten, na súa to-talidade, nos municipios afectados polo peche e/ou nos concellos limí-trofes e ampliar o ti po de proxectos que poden acceder a estes nós de evacuación.Este acordo será remiti do a todos os concellos dos territorios limítrofes e aos concellos membros da Aso-ciación Nacional de Municipios por unha Transición Enerxéti ca Xusta.De xeito paralelo, a corporación municipal reiterou a urxencia en

canto á necesidade de que o gober-no do Estado e a Xunta de Galicia, comprometan o seu apoio técnico, administrati vo e económico ao Con-cello das Pontes para o desenvolve-mento urxente de solo industrial e a súa colaboración na captación, nun curto-medio prazo, de proxectos al-ternati vos creadores de emprego e de interese socioeconómico.Así mesmo instan ao goberno de Es-paña a creación, de forma urxente, da Mesa Local para unha transición enerxéti ca xusta para As Pontes.

O Pleno insta á modificación da lei do sector eléctrico

O Pleno das Pontes durante o seu pronunciamento

as pontes

O Concello das Pontes, na Pena da Revolta, puxo en funcionamento unha nova antena repeti dora para aumentar a cobertura da tecnoloxía 4G que permiti rá que os teléfonos móbiles poidan acadar unha maior velocidade de transmisión de datos.Esta tecnoloxía traballa nunha banda de radiofrecuencia que pode afectar á correcta recepción das canles da TDT na área comprendida entre O Bidueiro, A Morurela, Pedrafi ta e O Candedo, polo que algúns fogares do municipio poden resultar afectados e deixar de ver varias canles.Os veciños e veciñas que residan nas zonas de maior afectación, poden contactar co centro de atención a usuarios/as de Chega 800, a través do teléfono gratuíto 900 833 999, de luns a sábado, en horario de 09:00 horas a 22:00 horas, e o enderezo electrónico [email protected] para solventar os problemas e solicitar máis información.

Mellora a cobertura 4G cun novo repeti dor

O Sergas iniciou o operati vo para a instalación dun Punto de Atención Móbil para atender á poboación do municipio durante a execución das obras de mellora do interior do cen-tro de saúde.Este dispositi vo está composto por dous módulos, de 17 metros de lonxitude, similares aos “fi ngers” dos aeroportos, cunha superfi cie total de 110 metros cadrados e adaptados para as persoas con mo-bilidade reducida.Confi guraranse coma un centro de saúde para levar a cabo a mesma acti vidade asistencial que se des-envolve, na actualidade, no centro sanitario pontés. Neste punto de atención móbil traballarán os mes-mos profesionais que atenden aos doentes.A montaxe do PAM, que estará

situado á dereita da entrada prin-cipal do centro de saúde, come-zará o venres. Tras un período de adaptación dos profesionais sa-nitarios, comezarán as consultas nesta unidade. Os doentes debe-rán achegarse ata o mostrador ha-bitual do centro de saúde e alí lles indicarán a consulta na que serán atendidos.

PEDIATRA. Nunha carta remiti da á Consellería de Sanidade, os grupos políti cos con representación no Concello das Pontes, expecto o Par-ti do Popular, reclaman ao Sergas e á xerencia da área sanitaria de Ferrol a cobertura, de forma permante e estable, da praza de pediatría do centro de saúde do municipio, á maior brevidade posible.O pasado luns, 3 de febreiro resta-

bleceuse o servizo de pediatría no centro de saúde coa incorporación, de forma temporal, dun novo/a pe-diatra que dará cobertura á praza vacante por baixa médica.Unha solución inmediata, pero “que non resolve o problema na súa totalidade polo que urxe tra-ballar na “procura dunha solución que permita ás nenas e nenos menores de 14 anos da nosa vila ter acceso a unha atención sani-taria de calidade” indican na carta

remiti da ao ti tular de sanidade do goberno autonómico.Neste mesmo escrito apuntan que “o servizo de pediatría no noso municipio da cobertura sanitaria a preto de 1.100 nenos e nenas me-nores de 14 anos e debe prestarse con absolutas garantí as” e subliñan que “desde o Concello das Pontes non cesará o empeño para evitar a precarización e a perda de calidade dos servizos público sanitarios, ser-vizos básicos e esenciais”.

Instalan un Punto de Atención Móbil sanitario

Mapa representati vo de como quedará a zona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a través da Axen-cia Galega de Infraestruturas confi rmou que “liquidados os imprevistos sobrevindos”, xa es-tán a avanzar na execución dos traballos para a circunvalación das Pontes polo que cren que a obra debería estar rematada e posta en servizo este verán.Os traballos de construción co-mezaron hai un ano co obxecti -vo de mellorar a reordenación do sistema viario do municipio, ao aprobarse a adaptación da central térmica das Pontes. Malia os anuncios de Endesa, os traballos na vía conti núan divididos en dous tramos. O pri-meiro, que conecta a AC-101 e a nova glorieta de intersección coas rúas Areosa e o acceso á planta, está practi camente fi na-lizado.Con todo, para a súa apertura ao tráfi co será preciso comple-tar os traballos cun muro de consolidación, cun noiro. Neste

caso, se se cumpren as previ-sións, devandito tramo podería abrirse ao tráfi co entre marzo e abril.A fi nais do ano 2018, a Conse-llería de Infraestruturas e Mo-bilidade adxudicou á empresa Lancer Proxectos e Obras este proxecto por un importe de 2,9 millóns de euros. A nova circun-valación, que buscaban dividir a zona industrial da residen-cial, contará cun quilómetro de lonxitude.Ademais, o plan de reordena-ción tamén conta coa creación dunha rede de senllas de preto de tres quilómetros de lonxitu-de que servirá para atender as necesidades tanto dos viandan-tes como dos que fagan uso da bicicleta.Entre as novas zonas que se ha-bilitarán, destaca o acondicio-namento dun aparcadoiro nas inmediacións de rúa alcalde José Vilaboy Pajón, na contorna da co-ñecida como rotonda dos patos.

O primeiro tramo da circunvalación das Pontes abrirá na primavera

Page 7: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 7

O Concello vén de publicar as bases para parti cipar na cabalgata de En-troido, que se celebrará o martes 25 e que reparti rá máis de 4.650 euros en metálico ademais de lotes de li-bros entres os pequenos. O prazo de inscrición xa está aberto e pode fa-cerse ata o 24 de febreiro ao medio-día na sede electrónica ou mesmo no departamento de Cultura.Establécense, así mesmo, dúas mo-dalidades para os grupos, en función do número de integrantes. De tal xei-to que, os grupos de entre 3 e 9 per-soas optarán a premios de 350, 250, 150 e 100 euros mentres que, entre as agrupacións de 10 ou máis mem-bros reparti ranse catro premios 500, 400, 200 e 100 euros.Ademais, premiarase ás catro pri-meiras parellas adultas clasifi cadas con 175, 150, 100 e 75 euros, res-pecti vamente e, a nivel individual, os adultos que tomen a saída no desfi le poderán gañar 125, 100, 75 e 50 eu-ros se se sitúan entre os catro disfra-ces máis valorados polo xurado.Como en edicións anteriores, As Pontes tamén premiará aos parti -cipantes máis novos e, deste xeito, na categoría infanti l haberá sete premios, de 150 euros cada un, para

os grupos e outros tantos para as pa-rellas e os parti cipantes individuais, dotados con 75 euros e 50 euros, respecti vamente, cada un deles.Aos premiados nas categorías infan-tí s entregaráselles un vale trocable por libros, material, xogos educati -vos e didácti cos mentres que para os nenos e nenas menores de 8 anos, o premio será un conto.

GRELO. A súa maxestade, o grelo, de Cristóbal Aguiló Domínguez (Carta-xena) será o cartel anunciador da 40ª edición da Feira do Grelo das Pontes.O xurado elexiu por unanimidade entre as 56 obras presentadas a pro-

posta gañadora do concurso de car-taces desta cita gastromómica que terá lugar o 22 e 23 de febreiro.

A vila prepárase para celebrar o Entroido e a feira do grelo

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, investi u durante o ano 2019 un to-tal de 42.800 euros nas axudas de emerxencia social.Trátase dunhas achegas, de ca-rácter extraordinario, desti nadas a atender situacións puntuais de emerxencia que afectan a persoas e familias, en situacións sobrevidas de necesidade, permití ndolles fa-cer fronte aos gastos imprescinibles e tratar garanti r o seu benestar.Segundo a concelleira responsable da área, Tania Pardo, estas axudas permiti ron atender a 62 familias pontesas que, nun momento pun-

tual, non dispoñían dos recursos económicos precisos para afrontar necesidades básicas.“A través destas achegas, o Con-cello das Pontes, trata de paliar e evitar as consecuencias, sociais, psíquicas e mesmo fí sicas, que a carencia de recursos económicos pode provocar nas persoas benefi -ciarias” remarca a concelleira.Pardo anota que o 64,5% destas axudas esti veron desti nadas a dar cobertura a necesidades básicas de subsistencia tales como alimento ou gastos sanitarios e farmacéuti -cos non cubertos polos diferentes sistemas públicos.

Desti nados 42.800 euros ás axudas de emerxencia social

Unha imaxe do ano pasado e o cartaz

A biblioteca municipal Enrique Rive-ra Rouco pon en marcha, por cuarto ano consecuti vo, a iniciati va O reto lector para fomentar a lectura entre toda a veciñanza.As persoas que se queran unir a esta iniciati va deberán de ler, no caso do público infanti l 12 libros mentres que o público adulto, a parti r de 14 anos, terá que ler 14 sendo recomendable a lectura dun libro ao mes.

En cada grupo de idade establécen-se disti ntas categorías para escoller os libros mes a mes entre o catálogo dispoñible na biblioteca. Os lectores e lectoras que logren completar o reto recibirán un recoñecemento ao seu compromiso coa lectura.Durante o ano 2019 foron 98 ás persoas, con idades comprendidas entre os dous e os 70 anos, que par-ti ciparon neste reto.

Volve o reto lector

Page 8: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade8 febreiro 2020

guiti riz

O Concello de Guiti riz lanza unha campaña de reciclaxe co obxecti -vo de concienciar aos veciños e veciñas do municipio da impor-tancia de separar correctamente os residuos que producen diaria-mente.A través desta campaña, que se difundirá vía online nas redes sociais do Concello e tamén na páxina web municipal, explícase o que se debe depositar en cada contedor: amarelo (envases de plásti co, latas, briks, papel de aluminio, bolsas e envoltorios de plásti co), verde (restos de alimentos, materiais non recicla-bles), azul (papel e cartón) e no iglú verde (vidro).Ademais, tamén existen mini-

puntos limpos na Plaza de Santa María (Guiti riz), na rúa Pontevei-ga (Guiti riz) e na Avenida Esta-ción (Parga) para depositar pilas e baterías, CDS, bombillas ou pe-quenos aparatos eléctricos.Por outro lado, a través do proxecto Aceto colocáronse di-ferentes colectores de aceite en San Xoán de Lagostelle (Rúa do Conxello, Avenida de Lugo, Curro Vello, Rúa Río Forxá, colexio La-gostelle e Centro de Saúde), en Parga (Escola das Nenas), e en Vilares (Merendero).Para a recollida de enseres e vo-luminosos é necesario chamar ao Concello no 982370109 e a recollida efectuarase o 1º e o 3º mércores de cada mes.

Comeza unha campaña sobre bos hábitos de reciclaxe

AULA DA CALMA. Debido ao gran éxito da aula da calma para nenos, o concello de Guiti riz celebrará ta-mén outra para adolescentes que se manterá no tempo cunha sesión mensual entre febreiro e xuño.

CAMPIONATO DE FUTBOLÍN. O pub Flamingo de Parga acollerá o 15 de febreiro un campionato de futbolín para conseguir fondos para o Parga Festi val Rock. Este tor-neo está convocado pola comisión organizadora do festi val e dará co-mezo a parti r das 18.00 horas. Os interesados en incribirse poden facelo chamando ao teléfono 646 609 309 ou de forma presencial no mesmo pub. Haberá premios para as tres primeiras parellas cla-sifi cadas. 250 euros serán para o gañador e 150 e 100 para os dous seguintes. A inscrición ten un prezo de 30 euros por parella.

RADÓN. O Concello de Guiti riz realizou unha medición de radón en catorce edifi cios do concello: Casa Habanera, Telecentro, Casa do Concello, Casa Barxa, Punto de Atención á Infancia, Pavillón Muni-cipal, Piscina, Casa da Auga, Nave Senpa, CEIP Lagostelle, Insti tuto Díaz Castro, colexio de Parga, Cen-tro de Saúde de Guiti riz e Centro de Saúde de Parga. Os resultados obti dos en todos os inmobles si-túanse por debaixo do umbral es-pecifi cado na Guía IS-33 do Conse-llo de Seguridade Nacional.

CONCURSO. A Escola Municipal de Música do Concello de Guiti riz abriu o prazo para presentar as candidaturas á segunda edición do Concurso de Carteis Anunciador, que organiza conxuntamente coa Asociación Mubagui. Este certame está dirixido a nenos e nenas me-nores de 12 anos e, como requisito imprescindible, todos os traba-llos deberán versar sobre a Banda Municipal de Música de Guiti riz. O prazo para presentalos no propio colexio estará aberto ata o 3 de abril. Os traballos admiti dos serán expostos na Casa Habanera nunha exposición que terá lugar o 18 de abril.

VIAXE Á NEVE. O Concello de Gui-ti riz organiza unha viaxe á neve, á estación de esquí de Leitarie-gos, en León, que terá lugar do 15 ao 16 de febreiro. Nesta saída poden parti cipar tanto adultos como neno. O Concello de Guiti riz fi nancia por completo o autobús e proporciona ás persoas que se anoten unhas económicas tarifas de aluguer tanto do material que necesiten (forfait, esquís, roupa, casco...) como para o aloxamento e manutención.

EN BREVE

O Concello recibiu por fi n a necesa-ria autorización da Xunta para que a Deputación poda construír a re-sidencia de maiores no edifi cio da anti ga casa da Boti ca, situado fronte á casa consistorial. A Deputación xa ten adxudicados os traballos desde hai tempo por 1,2 millóns de euros pero era necesaria a autorización da Xunta para poder acometer os traba-llos, que está previsto que se inicien nas próximas semanas.A alcaldesa de Guiti riz amosouse hoxe sati sfeita xa que “a construción da residencia foi unha prioridade para o equipo de goberno desde o comezo do mandato que se de-morou máis do previsto por causas alleas a nós”.A residencia de Guiti riz contará con tres plantas e disporá de 26 habita-cións individuais para uso normal, que poden converterse en habita-cións dobres, e unha habitación, a

maiores, para uso de enfermería por residentes que precisen unha aten-ción sanitaria importante.A planta baixa do edifi cio existente reformarase para albergar a cociña e zonas de servizo anexas, o co-medor, o despacho de dirección, os aseos adaptados e unha sala de reunións, así como un distribuidor e unhas escaleiras que comunica-rán esta planta coas superiores. Na zona de nova construción situarase o acceso principal da residencia, a recepción, o monta-padiolas (que servirá tamén de ascensor), un pe-queno almacén de roupa, 5 dormi-torios para residentes, con cuarto de baño adaptado cada un deles, así como os vesti arios e aseos do persoal. Nesta parte do edifi cio si-tuarase outra escaleira que unirá esta planta coas altas.A primeira planta albergará na zona do edifi cio existente unha sala mul-

ti usos, un local para fi sioterapia, un ximnasio, un despacho médi-co, unha habitación de enfermería con baño incorporado adaptado, e dous aseos para uso para uso xeral adaptados. Na parte de nova cons-trución haberá 6 habitacións cada unha delas cun baño adaptado incorporado e un local para baño xeriátrico, así como unha pequena

zona de estar.Na segunda planta, na parte corres-pondente ao edifi cio existente, ha-berá 9 habitacións cada unha delas con baño adaptado incorporado, mentres que a parte de nova cons-trución albergará 6 habitacións con baño adaptado cada unha, así como un pequeno local para almacén e úti -les de limpeza.

Logran a autorización para construír a residencia de maiores na Casa da Boti ca

Unha imaxe da Casa da Boti ca, situada fronte ao Concello

O Pleno da corporación aprobou en sesión ordinaria, cos votos a favor de PSOE e BNG e en contra do PP, a adhesión do Concello de Guiti riz á Axencia de Protección da Legalidade Urbanísti ca (Aplu).A Aplu é un ente público depen-dente da Xunta que ten como obxecti vo mellorar a calidade da ordenación urbanísti ca galega e conta con persoal especializado para elo. Por iso, e dado o simbó-lico custo económico que suporá para o Concello, o goberno local de Guiti riz decidiu delegar as compe-tencias municipais en materia de disciplina urbanísti ca na Aplu, para lograr un mellor control desta área e unha mellor organización do per-soal municipal.As competencias de inspección, supervisión, sanción e restablece-mento da legalidade urbanísti ca que se atribuirán á Axencia teñen que ver con: solo rústi co ou non ur-banizable en calquera das súas ca-tegorías, solo urbanizable ou apto para urbanizar mentres non sexa aprobado o correspondente pla-neamento de desenvolvemento, e núcleos rurais delimitados no pla-neamento urbanísti co municipal.Nesta delegación de competencias non está incluída a reposición da

legalidade nin a potestade san-cionadora en relación coas obras completamente rematadas antes da publicación do convenio, que seguirá sendo do Concello.

ARI BURIZ E VILARES. O Pleno aprobou por unanimidade a pro-posta para a delimitación dun área de rehabilitación integral (ARI) nas parroquias de Os Vilares e O Buriz.Previamente levouse a cabo un traballo de documentación para identi fi car as vivendas e espazos públicos con máis necesidade e interese para a súa rehabilitación. Este proceso afectará a 7 núcleos entre Os Vilares (As Reixas, Drada, Vilariño dos Cregos e Casanova de Vilariño) e O Buriz (Venti sca, Forxa e Carelo).Unha vez aprobado o ARI pola Xun-ta de Galicia, os veciños poderán optar a unha serie de axudas para a rehabilitación das vivendas.As obras subvencionables poderán ser: reparación de fachadas e cuber-tas, mellora de salubridade, mellora de illamento, mellora de accesibili-dade, mellora enerxéti ca, cambio de ventás e eliminación de radón.Unha vez aprobado o Concello creará unha ofi cina técnica para axudar a tramitar as solicitudes.

O Pleno aproba o ARI para Os Vilares e O Buriz e a adhesión á Aplu

Últi ma sesión plenaria celebrada en Guiti riz

Page 9: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 9

O Concello elaborou un proxecto valorado en 40.000 euros para a re-forma e redistribución de diferen-tes estancias situadas no primeiro andar da casa consistorial, que actualmente non conta coa dispo-sición adecuada.Desde o comezo do novo mandato, o goberno local de Guiti riz detec-tou unha serie de necesidades, tan-to de ti po estrutural como laboral, na actual disposición do edifi cio do concello. Existen postos de traballo situados en zonas de circulación onde se fai difí cil realizar as tarefas propias da administración.Con este proxecto, tamén se pre-tende reubicar postos de traballo co criterio dunha maior efi ciencia

e un organigrama máis axeitado as necesidades actuais. Aportarase unha maior comodidade ós tra-balladores municipais, con maior transparencia e facilidade a hora de resolver as súas necesidades.As actuacións que se levarán a cabo comprenden a demolición dun ta-bique existente entre as ofi cinas e a zona de acceso-espera, substi tuín-doa por outra de vidro transparen-te; o peche dun posto de traballo, actualmente na zona de circula-ción, incorporándoo ao despacho anexo; a substi tución dunha divi-sión existente entre os despachos que se atopan detrás do ascensor, cunha porta de paso para facilitar a relación interna dos traballadores;

e a división do actual despacho de Alcaldía en dous, dado que na ac-tualidade posúe unhas dimensións excesivas para a súa función. Ta-mén é necesaria unha sala de xun-tas independente do mesmo des-pacho pero á súa vez relacionada.O proxecto inclúe a dotación de mobiliario para os despachos e es-tancias.Previamente ao inicio destes tra-ballos, o Concello xa levou a cabo unha serie de pequenas modifi ca-cións para mellorar a accesibilida-de na zona de atención ao público situada na planta baixa do edifi cio.O Grupo Municipal Populapropón a ampliación, en lugar da reforma, das dependencias municipais.

O Concello presenta o proxecto de reforma da casa consistorial

O Concello de Guiti riz está moi sati sfeito co éxito obti do trala im-plantación da aplicación de parti ci-pación cidadá e resolución de inci-dencias Línea Verde. Actualmente o 75% das incidencias recibidas foron xa solucionadas, o que demostra unha efi caz resposta por parte do Consistorio na resolución de avisos comunicados polos veciños.A ti poloxía máis frecuente é a que fai referencia a Lixos, seguido de Beira-rrúas e Calzadas, Parques e Xardíns, Iluminación, Animais Abandonados e Puntos de Auga/Depuradoras. Gra-zas á implicación directa dos veciños, o Consistorio puido levar a cabo áxi-les actuacións. Ademais, ti vo coñe-cemento de certas necesidades das que non ti ña constancia.Para poder uti lizar este novo servi-

zo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para comunicar unha incidencia, basta con picar so-bre o botón Nova Incidencia, selec-cionar a ti poloxía e achegar unha foto da incidencia e observación a sobre a mesma xunto ás coordena-das exactas nas que se sitúa.

Unha vez enviada, persoal do Con-cello recibe noti fi cación do dano comunicado. A parti r deste intre, inícianse os trámites para dar solu-ción á incidencia detectada. O cida-dán, á súa vez, recibe noti fi cación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.A través de Línea Verde, o usuario tamén pode expor calquera consul-ta ambiental. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.Ademais de comunicar unha inci-dencia ou expor unha consulta, o usuario tamén pode estar infor-mado da actualidade informati va e os eventos que se producen no municipio.

O 75% das incidencias denunciadas na Línea Verde foron solucionadas

O concello de Guiriti z contará coa súa festa de Entroido, que estará organizada pola asociación Xer-molos e que terá lugar o 25 de fe-breiro, martes festi vo na vila.A festa comezará ás 17.00 horas co desfi le de parti cipantes no concurso que será entre a Ponte Veiga e o Pavillón dos Deportes.Haberá un primeiro premio para a comparsa gañadora que será de cen euros e un lote de produtos tí picos. Así mesmo haberá reco-

ñecementos para disfraces indi-viduais e en parella de 20 euros máis agasallo no primeiro caso e só de agasallo para os que queden en segunda posición.O xurado tamén outorgará pre-mios ás comparsas pola súa orixia-lidade, traballo, humor e música, que percibirán 60 euros cada unha das catro. Tamén se establacen premios para os infantí s, cinco en-tre comparsas e individuais, que recibirán diferentes agasallos.

Xermolos organiza o concurso de disfraces de Guiti riz o 25

Unha imaxe do Entroido do ano pasado. Foto de Suso Pena

O Concello de Guiti riz convocou un concurso para seleccionar o cartel ofi cial da Festa da Torta de Millo do ano 2020, un evento que o goberno local decidiu cambiar de data e cele-brarase o sábado 30 de maio.A parti cipación está aberta a cantas persoas estean interesadas e o úni-co requisito é ser maior de idade. O prazo para presentar os traballos remata o 19 de febreiro. Poderá pre-sentarse só un cartel por parti cipan-te e deberá levar os seguintes textos: Festa da Torta de Millo, sábado 30 de maio 2020 e Guiti riz.

O deseño gañador será premiado cunha Cesta Larpeira e un cheque regalo por valor de 150 euros para consumir nos establecementos do Concello. A entrega do premio será o mesmo día da festa e o xurado es-tará composto por tres persoas rela-cionadas co mundo das artes e por un traballador municipal.Os interesados e as interesadas po-den consultar as bases na web mu-nicipal e, para calquera aclaración, poden chamar ao teléfono 982 370 109 ou enviar un correo electrónico a info@concellodeguiti riz.com.

A Feira da Torta do Millo busca cartel anunciador

Cogami. O Concello de Guiti riz manifestou o seu interés en colaborar coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para formar un grupo de traballo con mulleres con discapacidade do concello de Guiti riz e zonas limítrofes, co fi n de poder levar a cabo obradoiros de autocoidado e empoderamento. A través destes obradoiros de autocoi-dado e empoderamento dirixidos a mulleres con discapacidade, o que se pretende é fomentar e reforzar o autocoñecemento, a autoesti ma, as habilidades sociais e comunicati vas, igualdade e a autonomía persoal.

Page 10: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade10 febreiro 2020

friol

Arrinca en Friol o Plan Galicia Saudable

O Concello de Friol acolleu a fi rma do convenio que impulsa unha alian-za estratéxica para loitar contra a obesidade infanti l, a través do Plan Galicia Saudable, que promove es-ti los de vida acti va nos escolares ga-legos dos centros parti cipantes nos Proxectos de Vida Acti va – Rede de Centros Acti vos e Saudables a través da plataforma Dafi s, Datos de Acti -vidade Física Saudable. O convenio foi asinado pola conselleira de Edu-cación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo; o conselleiro de Sanidade, Jesús Váz-quez Almuiña, e o secretario para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.O Plan Galicia Saudable nace en

2012 para facer fronte a un dos gran-des desafí os da saúde pública de comezos do século XXI, o aumento das mortes, enfermidades e disca-pacidades provocadas polo seden-tarismo e a prácti ca insufi ciente de acti vidade fí sica. Dentro do seu am-plo abanico de ferramentas e plata-formas orientadas a esta fi n destaca Dafi s como un protocolo de valora-ción da condición fí sica relacionada coa saúde do alumnado. A Organi-zación Mundial da Saúde, a través da súa ofi cina europea, seleccionou o programa en 2018 como o mellor exemplo nacional de boas prácti cas para a promoción da acti vidade fí si-ca no ámbito escolar.

Supervisión das acti vidades do programa en Friol

A asociación Carballo Vivo organi-za para o día 22 de febreiro unha festa de Entroido que dará come-zo ás 16.30 horas coa concentra-ción de Entroidos no centro social de Carballo, para así, conti nuar co percorrido polas rúas. Pola noite, os asistentes poderán degustar unha cea con produtos de porco celta e sobremesas destas datas.A cea, que será no centro socio-cultural de Carballo, terá un prezo de 15 euros para os que non sexan socios e 7 para socios. Para apun-tarse haberá que falar con algún membro da asociación ou escribir a [email protected] antes do día 20.

DÍA DE ROSALÍA. A asociación Carballo Vivo de Friol organiza va-rias acti vidades para o día 29, para conmemorar o Día de Rosalía.As acti vidades serán no centro sociocultural de Carballo ás 17.00 horas, e entre todos os asitentes leranse poemas, textos, contos e canti gas; Xerardo Quinti á presen-tará O país do gran furado e Suso Rodríguez o número 75 da revista Nova escola galega.A xornada estará amenizada por música de Mahra e desgustaranse produtos de Tralo Agro.

Carballo Vivo organiza o Entroido e o Día de Rosalía

O Concello asegurará todos os contedores

O Equipo de Goberno de Friol, pre-sidido polo popular José A. Santos, habilitou unha parti da nos orza-mentos do ano 2020 para proceder a crear unhas bases de formigón co equipo de suxeición necesario para todos os contedores do municipio.Nos próximos días procederase cos trámites administrati vos nece-sarios para adxudicar este proxec-to, unhas obras que contan cun orzamento duns 50.000 euros e que na súa totalidade serán con cargo a fondos municipais.Dito proxecto consta da limpeza e o acondicionamento da zona para posteriormente proceder a fornecer formigón para crear a base e instalar o equipo de suxei-ción para asegurar os contedores.

Espérase actuar na totalidade dos 685 contedores que o Concello ten distribuídos polas 32 parro-quias do municipio.Segundo o alcalde José A. Santos, “son unhas obras moi demandadas polos veciños e que contribuirán a reorganizar as localizacións dos contedores, conseguir unha mellor imaxe como tamén conseguiremos unha maior seguridade dado que ao estar ancorados nos exteriores das vías non supoñerán risco algún para os usuarios das mesmas”.Desde o Concello esperan que as obras estean fi nalizadas no pri-meiro semestre do presente ano, dado que unha vez adxudicadas, a empresa dispoñerá duns tres me-ses para realizar estes traballos.

Hai uns días difundíase nalgún medio de co-municación unha nota redactada pola Aso-ciación para a defensa

do Patrimonio Cultural Galego, na que facía referencia as obras de mellora da estrada de Friol – Palas de Rei, segundo este comunicado, neste proxecto de mellora está contemplado unha tala de árbores existentes nos marxes da vía ac-tual afectados pola expropiación que se pretende pola Consellería, segundo estes asociados están no radio de acción elementos cultu-rais protexidos, árbores centena-rias, e tamén se desfará parte da Reserva da Biosfera.Unha vez que leo a noti cia, a miña incredulidade polas menti ras que estaba a ler ía multi plicándose, non daba crédito, e pregunteime, como é posible que dita Asociación non se asegure da veracidade da infor-mación do proxecto que se pretende

executar na zona? pero xa me deca-tei de seguido, porqué non interesa-ba contrastar a mesma.Nese instante entra en xogo o BNG facéndose eco da noti cia difundi-da polos compañeir@s e amig@s da dita Asociación e fan propias as mesmas reivindicacións, uns días despois, En Marea plaxia a nota dos anteriores. Dúas notas de prensa nas que se volvía a faltar a verdade acer-ca dos traballos que se pretenden na estrada LU-231.Señoras e señores do BNG e de En Marea, aquí tamén me refi ro ós/ás socios da Asociación anteriormente mencionada, seguro afi nes a ambos, si realmente lles interesara coñecer este proxecto, poderían comprobar in situ o novo trazado, si realmente coñeceran esta estrada e as súas peculiaridades e defi ciencias, verían que a mellora da mesma é necesa-ria, que non afectará a ningunha árbore centenaria, a ningunha varie-dade protexida, como tampouco a ningún elemento cultural cataloga-do e moito menos se vai danar ese 1% da superfi cie afectada que per-tence á Reserva da Biosfera, isto non

o digo eu, soamente teñen que ler o informe técnico minucioso e contun-dente que así o corrobora.Nacionalistas e non se sabe moi ben que, de Lugo e de Galicia, non quei-ran poñer atrancos a base de men-ti ras nas obras de mellora dunha estrada tan esencial como e a que une Begonte, Friol e Palas de Rei, rei-vindicada desde fai anos polos Con-cellos afectados, desde Friol, iniciado polo anterior goberno presidido por Antonio Muiña, e conti nuado polo goberno actual, moi demandada

polos veciñ@s e tamén por disti ntas asociacións de transporti stas.En defi niti va, unha vía importantí -sima para o impulso de tres munici-pios eminentemente rurais. Xa lles adianto que será unha realidade, moi ao seu pesar, conseguiremos evolucionar e non involucionar, como vostedes pretenden, opti mizando os costes de produción das explotacións da zona de infl uencia, como tamén os sectores empresariais cos que contamos.A pesares de todo, o BNG ten o des-

caro de dicir por onde pode (en Friol creo que non ten representación) que eles son férreos defensores e im-pulsores do rural galego, xa ninguén os cree. O que son é férreos defenso-res dos seus petos parti culares, véxa-se os seus compañeiros concelleiros de Lugo e os seus compañeiros da Deputación, foi chegar, e a primeira medida que tomaron como mem-bros do Goberno de ambas insti tu-cións foi asegurarse un bo soldo, por facer nada, todo o que tocan deterió-rano. Pouco ou nada que dicir de En Marea, dado que coas súas políti cas tan erráti cas conseguiron ser un par-ti do minoritario e residual de Galicia.Señores e señoras do BNG e colegas dos anteriores, cando falan de Friol empequenécense, pídolles que non ensucien o nome do meu municipio pronunciando a palabra que o identi -fi ca. Este Alcalde non lles vai permiti r que xoguen cos intereses dos meus veciñ@s, porque un só veciño/a des-te Concello está por encima de todo o BNG e de toda En Marea de Gali-cia, non uti licen Friol para facer po-líti ca de cloaca en Santi ago, seguro que lles irá mellor a ambos.

José Ángel Santos

OPINIÓN

En Marea e o BNG queren a involución para o rural

Unha imaxe dos contedores de Friol antes da súa suxeición

Page 11: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 11

outeiro de rei

O Concello de Outeiro de Rei poñerá en marcha un amplo abano de acti -vidades para o programa de Promo-ción da Muller 2020.Para este primeiro trimestre do ano teñen preparado un curso de cociña tradicional galega os venres de 16.30 a 18.30 desde o 6 de marzo ao 24 de abril ou un curso de Aquafi tness para os sábados pola mañá de 10.15 a 11.00 horas e ata fi nais de xuño.Dende o 9 de marzo a maio habe-rá clases de preparación para as competencias claves N2, na que se ofertan 15 prazas, e tamén do 12 de marzo ao 28 de maio os amantes das prantas poderán desfrutar dun curso

de xardinería e coidado da contorna.Xa no segundo trimestre, o domingo 10 de maio haberá unha excursión áfeira do Melindre en Melide con saída desde a praza do Concello.No terceiro e cuarto trimestre do ano, preparan un curso de informá-ti ca básica os martes e xoves desde mediados de setembro a fi nais de outubro, un de elaboración de xa-bóns e cosméti ca natural os martes desde o 15 de setembro ata o 5 de decembro, e un taller de cestaría con materiais reciclados os mércores de setembro a outubro.Tamén haberá días de conmemo-ración e celebración, así o día 8 de

marzo, Día Internacional da Muller, convocan a IV edición do Concurso de Fotografí a A Muller Traballadora, onde pretende visibilizar o traballo das mulleres no Concello. Este día in-augurarase a exposición na Casa da Cultura ás 16.30 horas.E o 28 de novembro, en conmemo-ración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, haberá un taller de defensa persoal no pavillón de deportes con 30 prazas.As prazas cubriranse por orde de solicitude e o prazo de inscrición das acti vidades previstas para o primeiro semestre do ano permanecerá aber-to ata o día 26 de febreiro.

O Concello prepara un amplo programa de Promoción da Muller

Un ano máis, con moti vo do En-troido 2020, o Concello de Outeiro de Rei organiza a XXII edición do concursos de disfraces. A cita terá lugar o día 23 de febreiro (domingo de Entroido) a parti r das 17.00 da tarde na praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo grupo D´NIKA .Xa están a diposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de ins-cripción e información do mesmo, na paxina wep do concello, o prazo para anotarse permanecerá aberto do 3 ao 20 de febreiro na casa da cultura de 10.00. a 14.30 ou ben o mesmo día de 17.00 a 17.45 horas.A cuantí a dos premios ascende a 2.080 euros. Premiarase ás tres mellores comparsas con 400, 300 e 200 euros. Os premios por parellas serán de 200 e 120 euros e en in-dividual 150 e 100 euros, o mesmo

que recibirán os dous mellores dis-fraces da categoría infanti l.Finalmente haberá un premio es-pecial para as dúas comparsas de Outeiro de Rei, que ascende a 150 e 100 euros e premios especiais do xurado de 60 e 50 euros.Os interesados en poder obter máis información poden facelo chaman-do ao número 982 39 34 08.

Outeiro de Rei contará co seu concurso de disfraces o domingo 23

OBRADOIRO. Outeiro de Rei orga-niza un obradoiro de cociña baixo o lema Somos Chef o sábado 22 de febreiro. A acti vidade será de 17 a 20 horas e ten un prezo de 7 euros por neno e desenvolverase no pavillón municipal. Nesta acti vidade pode-rase anotar calquer neno de entre 3 e 12 anos con ganas de aprender a cociñar da man de Héctor López, do Restaurante España e Remo Pillada, de Apetéceme. Para parti cipar é ne-cesario anotarse chamando ao 699 925 296.

MOTOS. O Concello de Outeiro de Rei acollerá o sábado 28 de mar-zo, a undécima edición das Xorna-das de Seguridade na Moto, orga-nizadas por Cruz Vermella e Garda Civil entre outros organismos. A sesión dará comezo ás 10.00 ho-ras e as ponencias versarán sobre Sistemas de Amoriguación, de MMRacing; Condución proacti va, de @PoluxCriville, A responsabili-dade legal vs moral, da cargo de Daniel Castelo. Tralo xantar, ha-berá simulacros de accidentes de tráfi co, e falarán sobre sistemas de seguridade acti va.

EN BREVE

A conselleira de Políti ca Social, Fabio-la García, anunciou, xunto ao alcalde de Outeiro, José Pardo Lombao, que a Xunta achegará 150.000 euros para construír un centro de día.Fabiola García avanzou que o con-venio entre o concello e o Goberno galego asinarase nas vindeiras sema-nas e que fará posible dar o primeiro paso para a posta en marcha deste recurso para os maiores de Outeiro de Rei. A construción e xesti ón pos-terior do centro será municipal.O Concello de Outeiro de Rei ten prevista a adquisición da anti ga casa

do cura e doutra edifi cación anexa a través doutro convenio. En virtude deste acordo, o municipio lucense terá acceso a unha achega de 80.000 euros –que poderá devolver en oito anualidades- a través do Fondo de Cooperación posto en marcha polo Insti tuto Galego da Vivenda.O obxecti vo municipal é acondicio-nar ambos inmobles para desti nalos a un centro de día que se prevé que poida acadar as 60 prazas. O proxec-to completo ascende a arredor dos 600.000 euros. A maiores o concello asume a compra do terreo e o futuro equipamento do centro.

A Xunta investi rá 150.000 euros nun centro de día

Visita á casa do cura, onde se quere facer o centro de día

BNG de Outeiro de Rei volveu alertar de novos problemas no subministro de auga nalgunhas zonas do termo municipal. Segundo indican cada vez que chove con intensidade, a auga da traída presenta unha cor escura e turbidez sendo os propios veciños os que levantan a queixa.O BNG asegura que mentres esta situación mantense no tempo, “o alcalde segue a tomar decisións po-líti cas onde se contemplan outras prioridades onde manter os cartos antes de abordar dunha vez por to-das o problema da auga en Outeiro”.Dende o BNG invitan a que se com-pare a calidade da auga de Outeiro coa dos concellos do carón, “onde

investi ndo menos cartos non hai nin-gún ti po de comparación”.

PLÁSTICOS. O BNG de Outeiro de Rei acusa ao Concello e ao seu alcal-de de incenti var a posta en marcha dos contedores marróns para meter o lixo orgánico mentres se nega a au-mentar a recollida de plásti cos para a súa reciclaxe.Engaden que “estes contedores para plásti cos son con diferenza os que máis necesitamos, pois moita da ve-ciñanza xa recicla nas súas hortas o lixo orgánico ou queima o papel nas caldeiras ou chemineas”. Quéixanse tamén de que a frecuencia da recolli-da dos plásti cos tampouco aumenta.

O BNG quéixase do mal estado da auga do suministro

Page 12: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade12 febreiro 2020

A directora xeral de Administra-ción Local, Marta Fernández-Tapias, visitou Castro de Rei para comprobar o resultado do proxecto de sinalización da ruta de bicicletas todoterreo (BTT) que une este concello co muni-cipio de Outeiro de Rei.O proxecto inclúe a colocación de frechas indicati vas de direc-ción para indicar o trazado e de paneis informati vos nos princi-pais núcleos de poboación e nos disti ntos accesos á ruta. Desta forma, as dúas enti dades locais dan a coñecer o seu patrimonio e os seus espazos naturais con esta actuación conxunta. Ade-

mais, aproveitouse a aplicación coa que xa conta o concello de Outeiro de Rei para incorporar o trazado e poder seguilo con GPS.Marta Fernández-Tapias indicou que os concellos de Castro de Rei e Outeiro de Rei son un bo exemplo das vantaxes da cola-boración entre enti dades locais para ser máis efi cientes, evitar duplicidades, comparti r servizos e opti mizar recursos.Ambos municipios xa teñen con-corrido de forma conxunta nou-tras convocatorias das axudas do Fondo de Compensación Am-biental, no seo da Mancomunida-de da Terra Chá á que pertencen.

A Xunta colabora na sinalización dunha ruta en bicicleta ata Outeiro

O Centro de Innovación Aerotrans-portada (CIAR) de Rozas contará cun simulador de xesti ón do tráfi co aéreo que supón un investi mento de cinco millóns de euros. A nova iniciati va no Polo Aeroespacial de Galicia, que se desenvolverá a tra-vés da colaboración do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), permiti rá que as pemes galegas poidan desenvolver nova tecnoloxía.Madrid acolleu a xornada de pre-sentación da Consulta Preliminar do Mercado sobre o reto tecnolóxico Entorno de simulación U-Space de Rozas, para dar a coñecer ás empre-sas o procedemento polo que se li-citará a nova infraestrutura, a través da compra pública precomercial.O concepto U-Space deséñase para dar solución aos novos paradigmas de transporte que xurdirán nas ci-dades nos próximos anos. As tecno-loxías e os prototi pos a desenvolver en torno ao novo simulador deberán contribuír a avanzar no desenvolve-

mento dun marco regulatorio euro-peo e global que facilite as opera-cións ruti narias de vehículos aéreos non tripulados a baixa altura.O conxunto de infraestruturas de si-mulación que se realizan permiti rán a Rozas operar como infraestrutura de soporte ao desenvolvemento en paralelo da tecnoloxía e a regulación, a fi n de ampliar o mercado de usos civís dos UAVs e acelerar a xeración de acti vidade económica e industrial deste sector.

Rozas terá un simulador de tráfi co aéreo

castro de rei

O Entroido en Castro de Rei contará como todos os anos con dúas festas infantí s previas que terán lugar o 23 e 24 de febreiro.Esta celebración, que está orientada a nenos ata os 14 anos, comezará o domingo 23 no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo da localidade de Castro de Rei. O luns a celebra-ción trasladarase á casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea. En ambos os dous casos, será entre as 16.00 e as 19.00 horas.Haberá concurso de disfraces nas tres categorías, individual, parella e grupo; bolsa de larpeiradas, globo-fl exia, maquillaxe infanti l e meren-da de Entroido con menús especiais para intolerancias alimentarias.

VAL DE FRANCOS. Un ano máis ha-berá o Entroido de Val de Francos, que se celebrará o 25 de febreiro, martes. A festa dará comezo ás 16.30 horas coa chegada do grupo de gaitas Os Valuros ao campo da festa e a súa actuación.O esperado acto ofi cial de sermón, sentencia e queima do entroido iniciarase ás 17.00 horas antes da actuación, ás 17.30, do grupo Bea-triz de Asturias. A conti nuación, terá lugar o sorteo de cestas e lotes de xamón, queixo e viño ademais

doutras moitas sorpresas que ten reservada como todos os anos a or-ganización.O grupo Beatriz volverá facer un pase musical ás 19.00 horas.A organización lembra que como todos os anos, haberá premios para os mellores disfraces aínda que non concurso e ao largo da tarde haberá degustación de ros-quillas e orellas.A festa está organizada por unha comisión formada por veciños de Ansemar, Balmonte e Goberno e colaboran o Concello de Castro e a Deputación Provincial.

RIBEIRAS DE LEA. Os veciños de Castro Ribeiras de Lea celebrarán o día 29 de febreiro a popular festa de Entroido.Durante esta xornada non faltará a animación musical, a ledicia e os disfraces. Así, ás 12 horas darán co-mezo os xogos tradicionais de Xo-tramu e a animación infanti l. Acto seguido, poderase desfrutar da se-sión vermú a cargo de Stereo Show, Dj Davi Expósito.Xa pola tarde, ás 16.30 horas come-zará o desfi le de Entroido e ás 21.00 horas será a cea na carpa, que terá un menú de empanada, xamón, ca-llos, pan e orellas de Entroido.Pola noite poderase desfrutar de novo da música de Stereo Show e despois será a entrega de premios dotados con máis de 6.000 euros en total.Os premios serán nas categorías de comparsas, parellas de adultos e in-fantí s, e individual adultos e infanti l. Ademais, haberá un premio espe-cial á mellor comparsa do Concello.Para parti cipar é necesario anotarse antes do 24 de febreiro chamando ao 687 730 688 ou 627 395 007.A inscrición ten un prezo de 5 euros por persoa e o xantar 12, aínda que a organización fai un desconto por apuntarse ás dúas acti vidades.

O Concello celebra o Entroido con acti vidades nas dúas vilas

A CIG denuncia o despedimento dunha traballadora na factoría Sada PA Castela Galicia S.A. de Cas-tro de Rei que califi ca de “represa-lia” pola súa parti cipación como candidata nas eleccións sindicais.Nun comunicado sinala que na fac-toría, o matadoiro de aves e coellos máis grande de Lugo, no que tra-ballan un total de 279 persoas, ce-lebráronse eleccións sindicais nas que resultou gañadora a central nacionalista, en cuxa candidatura fi guraba a traballadora.“A afectada foi despedida sen nin-gún ti po de xusti fi cación, o que alimenta as sospeitas de que cla-ramente é unha represalia”, ase-guran.

A CIG denuncia un despedimento na factoría Sada

Visita á ruta de bicicleta que une os dous concellos

Os Socialistas de Castro de Rei rexistraron unha moción coa que reclaman a elaboración dun plan de conservación das estradas depen-dentes do Concello. Denuncian que existen vías municipais que se ato-pan en mal estado de conservación, con numerosas fochancas, así como fi rme en mal estado. Concretamen-te reclaman o arranxo ou rexenera-ción das estradas de Ramil, Loenti a, Triabá, Bazar e Outeiro.Na moción remarcan que é nece-saria a revisión urxente nas seguin-tes vias municipais; na parroquia de Ramil que vai dende a Granda ata a parroquia de Torneiros (no concello de Pol), e nesta mesma parroquia a pista que vai dende A

Lamela ata a parroquia de Tornei-ros (concello de Pol): na parroquia de Loenti a a que vai dende Lama-curro a Baqueriza; e na parroquia de Triabá que vai dende O Barroso ata O Rego de Bouzas. Tamén din que hai que arranxar a pista que vai dende Riba de Miño ata O Cristo de Queizada, na parroquia de Outeiro, así como a que transcorre dende a igrexa de Bazar a Muimenta por Bardián. “Suxerimos que estas dúas últi mas vias sexan incluídas no Plan Único da Deputación para ser arranxadas con aglomerado en quente. E por últi mo na parroquia de Outeiro, a estrada que vai den-de A Ramalleira, Ponte dos Carros e Zalarote”.

Os socialistas demandan un plan de conservación de estradas

Page 13: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020 13publicidade

Page 14: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade14 febreiro 2020

xermade

O Entroido chegará a Xermade o luns 24 de febreiro coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os ac-tos darán comezo ás 21.30 horas no pavillón polideporti vo con actua-ción musical incluída.Haberá chocolate quente para to-dos os asistentes e farase un con-curso de disfraces ao que poderán presentarse tanto empadroados como non empadroados no Conce-llo. Así, para os veciños establécen-se tres premios para cada unha das tres categorías, grupos, parellas e individuais, que oscilarán entre os 200 e 100 euros, os 100 e o 50 e os 50 e os 20 euros por categoría. Para os non empadroados establécese un premio de 200 euros para o ga-ñador e de 150 para o segundo.Todos os que desexen sumarse a este concurso poden facelo ata o día 19 de febreiro. A inscrición pode facerse de xeito presencial no Con-

cello ou no correo electrónico [email protected] concurso de disfraces celebrarase o luns día 24 ás 21.30 horas no pavi-llón polideporti vo de Xermade. Ac-tuará La Hora Bruja e haberá desfi le e entrega de premios.

CABREIROS. A asociación de veci-ños de Cabreiros organiza para este sábado 15 a súa tradicional festa de Entroido.Haberá un xantar na Casa Escola de Cabreiros ás 14.30 horas cun menú composto de sopa de cocido, lacón, cacheira, botelo, chourizos, grelos, garavanzos, cachelos, sobremesas de orellas e rosquillas e café.Este xantar ten un prezo de 15 eu-ros para os socios e 20 para os que non o sexan. Para amenizar a xor-nada actuará José Anido e ademais contarán con tres grandes sorteos de produtos tí picos do Entroido.

O concurso de disfraces será o luns 24 no pavillón

Organizan un obradoiro sobre demencias o 5 de marzoO Concello acollerá o día 5 de marzo un obradoiro de iniciación sobre demencias e alzheimer or-ganizado por Afalu en colabora-ción co Concello de Xermade, a Escola Galega de Saúde e Acis.Esta sesión terá lugar entre as 16.00 e as 20.00 horas no salón de actos da biblioteca de Xermade e estará a cargo de Judith Galloso Lorenzo, psicóloga da asociación Afalu.A formación está dirixida princi-palmente a persoas usuarias, fa-milias, coidadores e cidadanía en xeral.Neste curso falarase do Alzheimer

e outras demencias, a súa defi -nición e clasifi cación, síntomas e condutas, evolución e tratamento, así como pautas non farmacolóxi-cas de intervención en síntomas psicolóxicos e de comportamento.Entre os obxecti vos do mesmo está mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, ci-dadáns en xeral, proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calida-de de vida no ámbito familiar e a fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

O PP asegura que algunhas luminarias non funcionan benO Parti do Popular de Xermade ad-virte que as luminarias do municipio non funcionan correctamente den-de hai máis dun mes e criti ca que o Concello siga sen ordenar a súa reparación ou substi tución. Deste xeito, no Pleno que celebrará a Cor-poración, os populares preguntarán ao equipo de goberno se están a comunicar á empresa responsable estas incidencias e que previsións manexan para paliar a defi ciencias no servizo.Nos proxectos de subministración e instalación de material eléctrico de

iluminación con tecnoloxía LED, a en-ti dade local sacou a concurso e adxu-dicación este servizo, “valorando con elo a mellor oferta económica sen ter apenas en conta outras circuns-tancias que tamén son imprescindi-bles para un correcto funcionamen-to, como é o caso da calidade dos materiais e o servizo posterior ao remate do proxecto”, explican.Aseguran que na actualidade existe un número elevado de puntos de luz en todo o municipio que deixaron de funcionar e con numerosos fallos ta-mén no funcionamento.

O Concello está a preparar o proxecto de recuperación do an-ti go cine Man e sala Agarimo, co obxecti vo de darlle unha funcio-nalidade municipal.Por está razón, o Concello pide a colaboración cidadá para ter toda a información posible do que fo-ron estos espazos, tan transcen-dentais e representati vos da his-toria de Rábade.Solicita por tanto que lles fagan chegar fotos, vídeos ou calquera outra información sobre os locais para poder facer unha recupera-ción acorde coa historia do local.

Búscase a colaboración cidadá para o proxecto de recuperación do Cine Man

rábade

O Concello de Rábade organiza como todos os anos dous actos para o Entroido, o primeiro deles será a festa infanti l o luns de 17:00 a 20:30h no Centro Sociocultural, onde haberá música, xogos e moita diversión, tamén contarán con me-renda para todos os asistentes.O martes 5 de marzo será a quenda do concurso e desfi le de disfraces na Prazuela a parti r das 17.00 ho-ras, aínda que as inscricións deben

facerse de 16.00 a 16.45 horas. Esta festa estará amenizada polo grupo Pekados.Ao remate do desfi le e grazas á cola-boración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade, haberá unha degustación de sobremesas tí picas do Entroido para todos os asisten-tes. Os premios en cada categoría serán, na modalidade adulto com-parsas, ó primeiro de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100.

Na modalidade adulto parella ou in-dividual, o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 50.Na modalidade infanti l comparsas o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 80, o terceiro de 60 e o cuarto premio estará valorado en 40 euros. Na modalidade infan-ti l parella ou individual, o primeiro premio será de 80 euros, o segundo de 50 e o terceiro de 30 euros.

O Entroido terá festa infanti l e un concurso de disfraces

Unha imaxe do interior do Cine Man no estado actual

Unha imaxe da festa do ano pasado, á esquerda, e o cartel anunciador deste ano, á dereita

Page 15: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 15

cospeito

O tecor Terra Chá, a Federación de Caza de Lugo e a Sociedad Galega de Cetraría, coa colaboración da Deputación de Lugo e dos conce-llos de Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza, organizarán un campio-nato de cetraría o día 15 de febrei-ro, que se desenvolverá en terreos de Arneiro, onde águias e falcóns amosarán as súas habilidades no voo dende as 9.30 ata as 17:.30 horas.Esta proba enmárcase nun proxec-to do Tecor co que pretende que o coto sexa un referente para a prác-ti ca de cetraría, que é un método de caza patrimonio cultural e inma-terial da humanidade. Así mesmo, a intención é dar a coñecer ao público a cetraría polo que a organización pon a disposi-

ción dous teléfonos para anotarse a ver o campionato, o 677 207 898 ou o 699 944 581.O Concello porá sillas para que o público que se achegue a Arneiro poda desfrutar cómodamente da proba e do espectáculo que ofrece-rán as aves e tamén haberá carpas para desfrutar da sesión aínda que non acompañe a meteoroloxía.

Arneiro acollerá unha nova proba de cetraría o día 15

A comisión organizadora da XXIX edi-ción da Festa da Filloa de Muimenta recibiu o convite da Asociación das Filloas da Pedra da Baña (A Coruña) para asisti r o sábado 15 de febreiro, pola tarde, á XVII edición da Festa da Filloa desta localidade, que se cele-brará esa fi n de semana.Ao longo do ano 2019 ti veron lugar varias xuntanzas entre as organiza-cións das diferentes festas da fi lloa que se celebran a Galicia. Asimesmo, tanto representantes das organiza-cións da Filloa de Lestedo como a de A Baña parti ciparon acti vamente na inauguración da últi ma Festa de Muimenta, celebrada, como sempre o primeiro de maio.O programa consisti rá nunha foliada fi lloeira con grupos de música tradi-cional e con degustación das fi lloas de Muimenta. Igualmente terá lugar un acto insti tucional e acudirán con carteis promocionais da Festa de Muimenta e con libros de receitas.

Directi vos da Festa da Filloa estarán na homónima da Baña

O 21 celebrarase a festa de EntroidoO Concello de Cospeito celebrará o día 21 de febreiro a popular festa de Entroido. Os actos programa-dos comprenden unha diverti da festa infanti l con animación musi-cal, karaoke e o popular desfi le de disfraces que serán no pavillón de deportes.Este desfi le infanti l dará comezo a parti r das 17.00 horas e estará do-taado con 365 euros en premios, re-parti dos nas categorías individual, parellas e comparsas.O de adultos será ás 23.00 horas e terá 1.150 euros en premios. Ade-mais, sortearase unha cesta de En-troido e contarán coa actuación do dúo Estrellas ás 22.00 horas para o baile de disfraces. Tamén haberá unha exposición de máscaras no Museo das aves, que se poderá vi-sitar os venres en horario de 11 a 14 e de 16 a 18 horas dende o 21 de

febreiro ata o 20 de marzo.

MUIMENTA. A Anpa A Granda de Muimenta organiza tamén unha festa de Entroido para o 25 de fe-breiro na praza principal. A xornada dará comezo ás 11 horas coa feira anti ga de Entroido, seguida da se-

sión vermú e a sesión de tarde ame-nizada por Carlos o acordeonista.Ás 16.45 os velocípedos de Fanto-ches Baj farán o desfrute dos pe-quenos, e despois chegará a Quei-ma do Entroido. A festa contará tamñen con pintacaras infanti l e Xacio volverá a Muimenta. Haberá con carpa e calefacción.Este mesmo grupo organiza un Co-cido de Entroido o día 25 na praza de Muimenta. O xantar será ás 14.00 horas e terá sopa de cocido, lacón, cachola, costela, falda, bute-lo, chourizo, rabo, patacas, garavan-zos, cimos, sobremesas de orellas e fi lloas, viño, auga e refrescos.O prezo para este xantar é de 21 eu-ros para adultos,10,50 para mozos de 6 a 10 anos e os cati vos de balde.Para parti cipar haberá que recoller os ti quets na mercería Teresa de Muimenta antes do 20 de febreiro.

A comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, conti núa coas súas reunións de traballo que xa co-menzaron o pasado mes de xullo e están encamiñadas á celebración dunha nova edición, que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de abril do 2020.Unha edición máis, Paula Francos Anllo volve ser a autora dos carteis

da Moexmu e do Concurso de Gan-do e cos seus cartaces quixo amosar que hai que levar o rural na pel, así como a transmisión do amor polo rural ás novas xeracións e hai que visibilizar que a diversidade no rural tamén ten cabida: por un lado as fa-milias monoparentais e polo outro, uti lizando a fi gura dunha persoa sen un xénero defi nido.

A Moexmu 2020 presenta os seus carteis, de Paula Francos

O BOE publicou a aprobación ini-cial do Pxom de Cospeito, polo que está aberto durante dous meses un prazo para información pública e a posibilidade de presentar ale-gacións.O documento pode consultarse xa na páxina web do Concello de Cos-peito no apartado de sede electró-nica, así como nas dependencias municipais en horario de ofi cina.O obxecto desta exposición pú-blica é que os veciños os consul-ten e presenten as alegacións que crean convintes. Ademais, o Concello puxo a disposición dos veciños unha asistencia técnica para entender o documento que funcionará neste tempo os xoves e venres.

Así os dous días pola mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas, estarán a disposición dos veciños na casa da cultura de Feira do Monte e os venres pola tarde, entre as 16.00 e as 19.30 horas, abrirán na de Mui-menta.Este servizo estará acti vo no que resta de febreiro o 13, 14, 20, 21, 27 e 28 mentres que en marzo quedan o 5, 6, 12, 13 e 20.O alcalde lembra que se suspen-de o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas de-terminacións supoñan a modifi -cación da ordenación urbanísti ca vixente.A suspensión terá unha duración máxima de dous anos.

Unha ofi cina técnica sobre o Pxom atende os xoves e os venres

Page 16: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade16 febreiro 2020

A asociación para a defensa do me-dio ambiente Terra Chá Sosti ble de-nuncia que se realizaron actuacións de curtas e rozas en grandes super-fi cies de hábitats prioritarios en dous humidais de Begonte sen control.Concretamente, refí rense a hu-midais da Lagoa de Fontefría e ás Lagoas do Chao, que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño e fi guran no Inventario dos Hu-midais de Galicia.Segundo explican, as Lagoas do Chao foron obxecto de rozas mecanizadas desde o 2014, “que provocaron a destrución de gran parte do arbora-do integrado dentro do hábitat prio-ritario, así como unha importante superfi cie de queirogais húmidos, hábitat tamén considerado como prioritario. A actuación non ti vo máis xusti fi cación que levar a cabo unha serie de actuacións para favorecer a acti vidade cinexéti ca no humidal, fi nanciadas con fondos europeos.

Estas actuacións supoñen un total incumprimento dos obxecti vos de conservación contemplados na nor-mati va europea, estatal e autonómi-ca, así como do plan da ZEC”.Sobre a Lagoa de Fontefría sen que se realizou no ano 2019 un desbro-ce mecanizado que afectou a unha gran extensión no hábitat, tanto dentro do límite da Rede Natura 2000, como fóra de este. “Nas orto-fotografí as aéreas do servidor a Xun-ta de Galicia apréciase que este ti po de actuación, considerada como non permiti da no Plan Director da Rede Natura 2000, dado o seu efecto ne-gati vo sobre o hábitat, realizouse en anos anteriores, afectando igual-mente a unha gran superfi cie do hu-midal”, subliñan.Detectaron tamén a presenza de numerosos cartuchos de escopeta con restos de chumbo, “polo que sa-bemos que se esta a producir caza, acti vidade prohibida nos humidais”.

A voceira socialista de Begonte, Su-sana Ferreiro, emprazou ao alcalde e ao seu equipo de Goberno a rea-lizar investi mentos e compras nos establecementos da localidade. Así o dixo trala celebración da sesión plenaria na que se aprobou un reco-ñecemento extraxudicial de crédito no que fi guran diversas facturas pola compra de gasóleo nun concello ve-ciño.Ferreiro remarcou que “si en Begon-te hai gasolineiras que pagan os seus impostos no Concello, e que ade-mais crea postos de traballo na vila,

sería convinte que o Concello non lle dera as costas facendo a compra do gasóleo noutro Concello”, sinalou.A voceira explicou ademais que nes-ta mesma sesión plenaria o Goberno do PP aprobou, coa abstención do grupo socialista, un recoñecemento extraxudicial de crédito que ascende a 438.873 euros, correspondentes a 329 facturas do 2019.“Coa aprobación deste montante económico queda patente a nefas-ta xesti ón do Goberno, que non é capaz de prever facturas do funcio-namento básico do Concello”, citou.

O PSOE solicita ao Concello que compre nas empresas locais

begonte

Terra Chá Sosti ble denuncia curtas e rozas nos humedais

O Concello de Begonte está a pre-parar un curso para todas aquelas persoas que desexen iniciarse ou ampliar coñecementos sobre infor-máti ca e novas tecnoloxías, cada vez máis presentes no día a día.Queda aberto o prazo de inscrición, que durará ata o venres día 14 de febreiro.O curso, dará comezo na segunda quincena de febreiro e prolongara-se ata o mes de maio en sesións se-manais. (Cumprindo un mínimo de 10 inscritos). Para máis información haberá que chamar ao teléfono do Concello de Begonte 982 39 61 43.

Curso de informáti ca e novas tecnoloxías no telecentro

Un ano máis, o Belén de Begonte pechou cun balance positi vo de visitantes, que se achegaron a vi-sitalo no Centro Sociocultural José Domínguez Guizán. Para pechar a edición número XLVIII celebrouse, como todo os anos, un acto para facer entrega dos galardóns aos ga-ñadores dos diferentes concursos.Este ano os premios de adultos fo-ron para Pepe Pol e Beatriz Valcárcel na categoría de xornalismo, o pri-meiro por Carta a los Reyes Magos y su respuesta e o a segunda por La historia real de un Belén viviente.Para os nenos celebrouse XLIV Cer-tame de Debuxo infanti l dividido en dúas categorías coa parti cipación de 167 pequenos. Así, os primeiros premios na cate-goría A foron para Carmen Iglesias Fernández, Pedro Granda Gómez e Gael Álvarez Río. Os segundos premios foron para Sergio García Barrera, Selena Teijeiro Vázquez, Iria Parga Piñeiro, Sofí a Gómez García e

Claudia Platero Andrade. Na categoría B os agasallados cos primeiro premios foron Edison Jem-piere Apaza Flores, Jimena Fernán-dez-Reinante Pérez e Irene Fernán-dez Martí nez.O segundos foron para Beatriz Sal-gueiro García, Zaira Vázquez Vallo, Emma Pérez Santon, Paula Osorio López e Antí a Maragoto Peña.Ademais, con antelación conce-

deron o premio de Arte a Adolfi na Mesa pola obra Amor Mortal con mención de honra para Eudardo Baamonde por Visibeis Invisibeis. O premio de poesía de adultos volveu recaer un ano máis en Xosé Otero Canto pola obra Xesús e a Crónica de Beria. Tamén concedeuse unha mención de honra ao poema Tiem-po de Navidad, der Juan Lorenzo Collado Gómez.

O Belén de Begonte remata coa gala de entrega de premios

Os premiados nos disti ntos certames, recollendo os galardóns

O Concello de Begonte presentou o IX Concurso de Disfraces e Compar-sas 2020, co obxecti vo de consolidar o Entroido como unha festa de tradi-ción popular.O sábado, 29 de febreiro de 2020, ás 17.00 horas celebrarase o desfi le de disfraces e comparsas no Pavillón Municipal de Baamonde. Posterior-mente, farase a entrega de premios e a tradicional festa infanti l para to-dos os nenos presentes con diferen-tes inchables e obradoiros. Ademáis, tamén contarán cun baile de Entroi-do para nenos e adultos amenizado por unha discoteca móbil.

O prazo de inscrición rematará o mércores, 26 de febreiro ás 14.00 horas. A incrición pode facerse nas ofi cinas municipais no Rexistro Xeral do Concello ou electrónicamente.Para este certame establécense uns premios valorados en 330 euros nas diferentes modalidades da catego-ría individual, e de 1.180 euros para comparsas. Ademais, haberá pre-mios especiais para as comparsas e disfraces pertencentes ó Concello de Begonte, sempre que non coincidan premiados no concurso xeral, valo-rados en 205 euros para individuais e 410 para comparsas.

O IX Concurso de Disfraces e Comparsas 2020 terá lugar o 29

Page 17: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 17

abadín

O día 22 de febreiro o concello de Abadín celebrará a XV edi-ción de Expogrelo, a coñecida feira de exaltación do grelo, que terá lugar no Recinto Ferial de Gontán, como é costume. As edicións celebradas ata agora serviron para comprobar que a tradicional fama deste culti vo atopa boa saída nos comprado-res. A feira mostrará a calidade e sabor do grelo que se produce nesta zona da Terra Chá e que conta con merecida fama.O programa dos actos seguirá a mesma liña que en edicións anteriores, ás 09.00 horas coa designación dos stands e a nu-meración das cestas. Ás 10.00 horas levarase a cabo a apertu-ra da feira, ás 12.00 horas dará inicio a animación musical e ás 12.30 horas os presentes pode-rán degustar este tí pico alimen-to da cociña galega na carpa que o Concello porá no recinto ferial

e que este ano ofrecerá cocido.Ás 13.00 horas terá lugar a re-cepción de autoridades. Os ac-tos fi nalizarán ás 14.00 horas co fallo do xurado e a entrega de premios.O Concello de Abadín decidiu apostar no ano 2006 por cele-brar unha feira anual dedica-da a este produto e ademais apoiar aos productores que hai

no municipio. A IXP Indicación Xeográfi ca Protexida de Grelos de Galicia naceu en outubro de 2009 para axudar á produción como á comercialización e á dis-tribución deste alimento tan ca-racterísti co de Galicia. É por iso que o día antes da celebración de Expogrelo os 20 productores censados no concello de Abadín, e baixo a IXP, recollen, seleccio-nan, pesan, empaquetan e eti -quetan manualmente cada unha das madas que ao día seguinte poñen á venda na feira, asegu-rando deste xeito a máxima fres-cura e calidade.Este ano existí a un certo temor de non ter cubertas as especta-ti vas da feira debido á escaseza de produto debido a un inverno complicado na meteoroloxía. Fi-nalmente, o alcalde, José María López Rancaño, confi rmou que haberá grelos bastantes para a feira.

Abadín converti rase un ano máis na capital do grelo o sábado 22

A parroquia de Vilarante en Abadín celebrará unha festa de Entroido o día 22.A festa incluirá unha degustación de cocido ás 15.00 horas e unha cea servidas polo catering Villapol por un prezo de 22 euros.A xornada estará amenizada por María Montero Music Big Bang, ademais de por xogos populares.As persoas interesadas en asisti r deberán anotarse antes do día 17.

Vilarante celebrará o Entroido o día 22

O Concello de Abadín iniciou os tra-ballos de eliminación da barreira ar-quitectónica que lle impedía saír da casa por sus propios medios a unha veciña con mobilidade reducida resi-dente no Coto, na parroquia de Abe-ledo. Os traballos, que ti veron unha duración de tres días, e leváronse a cabo xunto á casa da muller.PIlar fi xo a primeira protesta sobre a situación na que quedaba na súa casa fai seis anos, tempo no que es-ti vo nun ti ra e afrouxa co Concello e que orixiou varias discusións mesmo no Pleno do Concello.

O Concello elimina a barreira que impedía saír da casa soa a unha veciña

As obras realizadas ante a casa de PIlar

Veciños da parroquia de Monce-los, concretamente no lugar de Os Tarraxís denunciaron a existencia dun vertedoiro incontrolado.Está situado na pista que baixa pa-ralela á casa do Vigo, onde se ato-pa un contedor que xa fai algún tempo, que desapareceu e non o repuxeron. Trala súa desaparición, o lugar pasou a ser un vertedoiro.Como explican os veciños, a acu-

mulación de basuras sen con-trol supón un peligro tanto para a saúde como para o equilibrio medioambiental e consideran que a labor de concienciación social é clave para o desenvolvemento sosti ble e respetuoso co Medio Ambiente. Así, solicitan a reposición do con-tedor en dito lugar para evitar este comportamento.

Veciños denuncian un vertedoiro incontrolado en Tarraxís

Page 18: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade18 febreiro 2020

Pastoriza terá a súa festa de Entroido o domingo 23 de febreiro nas instala-cións da anti ga ladrilleira.A festa dará comezo ás 14.30 horas cunha comida popular para todos os veciños, á que seguirá, a parti r das 17.30 horas, unha festa amenizada polo dúo Caramelo. Por supusto é regulamentario acudir disfrazado xa que haberá premios para os disfra-ces infantí s.Pola noite conti nuará a festa cunha chocolatada con biscoito casero a parti r das 21.00 horas. Esta celebra-ción está organziada polos veciños.

COLEXIO. A Anpa do colexio O Sal-vador da Pastoriza celebrará a súa festa de entroido no salón de actos

da casa da cultura local o próximo 15 de febreiro, a parti r das 16.30 horas.Para tal ocasión haberá un espectá-culo completo con acróbatas, paia-sos, animais exóti cos e forzudos, no

máis puro esti lo do circo. Para acudir á festa recoméndase ir disfrazado. Será gratuíta para os membros da asociación e terá un custe de tres eu-ros para os non socios.

BRETOÑA. Bretoña organiza tamén unha festa de Entroido infanti l para o sábado 22 de febreiro.A festa será no teleclube da parro-quia a parti r das 16.00 horas, e con-tarán con xogos, música e agasallos para premiar os mellores disfraces.Rematada a acti vidades, haberá unha merenda para desgustar o tra-dicional biscoito con chocolate.Para parti cipar é necesario anotarse onde Daniel-Gestoría e ten un prezo de 5 euros por neno.

Festa e xantar para celebrar o Entroido en Pastoriza e Bretoña

a pastoriza

A Xunta de Galicia destinou nos últimos dous anos 188.000 euros ao Concello da Pastoriza a través da orde de achegas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais galegos.O delegado territorial da Ad-ministración autonómica en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado polo alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias comprobou o resultado das obras de renovación do firme nas infraestruturas viarias do polígono deste municipio, nas

que a Consellería de Econo-mía, Emprego e Industria in-vestiu 74.000 euros.Os traballos, executados polo Concello, consistiron no acon-dicionamento do pavimento mediante a extensión dunha nova capa de rodaxe con aglo-merado en quente. Balseiro explicou que na anterior con-vocatoria deste programa, a Xunta destinou 114.000 euros a mellorar a rede de sanea-mento do polígono, para se-parar a rede de pluviais e de fecais.

Investí ronse no polígono da Pastoriza 188.000 euros

A que nos seus inicios foi a escola unitaria da parroquia de Bretoña e vivenda de mestres e máis tarde funcionou como centro médico, está sumerxida nun proceso de rehabili-tación xa que a día de hoxe non cum-pre ningunha desas función estando en desuso nun considerable estado de deterioro, tanto a planta baixa como a planta alta donde se atopan as vivendas.Esta actuación conta cun orzamen-to de 75.522,53 euros. A reforma e reparación consisten na demolición da tabiquería existente, para poder facer un novo reparto das depen-dencias, renovación da instalación de fontanería, saneamento e electri-cidade, illamento de chans, alicata-dos e falsos teitos, pintura interior, e carpintería interior e exterior.A planta baixa desti narase a un cen-tro de servizos vinculados ao uso socio sanitario, para poder ofertalo a profesionais que queiran implantar-se no rural.A planta alta, ocupada por dúas vi-vendas que na actualidade atópanse valeiras, acondicionare en dúas fases por falta de orzamento. Para proceder á adxudicación tanto das dúas vivendas, como dos tres lo-cais da planta baixa, levarase a cabo unha ordenanza que regule a adxu-dicación e o uso das instalación. En todo caso abrirase un prazo de soli-

citude tanto para as vivendas como para os locales.

CIRCUÍTO. O Concello está a contruír no circuíto de velocidade local un bloque de aseos e a renovación da rede de abastecemento de auga.A necesidade de construír un blo-que de aseos vén dada porque na actualidade existen seis módulos sanitarios, prefabricados en madei-ra, dispersos pola zona de acceso ao circuíto, que se atopan totalmente deteriorados dado que a estrutura é de madeira, pero que a maiores incumpren a normati va en vigor en canto a obrigas sanitarias e de acce-sibilidade.Este novo módulo que susti tuirá aos existentes, estará dividido en aseos e vesti arios tanto feminino como mas-culino, así como unha zona de vesti a-rios e baños adaptados para persoas con problemas de movilidade. Todos eles estarán dotados con duchas, inodoros, lavabos, un cuarto de lim-peza e un cuarto para instalación.A mellora da rede de abastecemento de auga, consisti rá na susti tución de tubaxes de auga que discorren polo circuito, por outras novas adaptán-doas en canto a caudal, ás necesida-des do circuito. O orzamento desta actuación é de 61. 714,59 euros, corre a cargo de fondos do plan Único da Deputación.

Rehabilitan o anti go centro médico, vivendas en Bretoña e constrúe aseos no circuíto

Unha imaxe dunha das suxeicións instaladas nos contedores

O Concello da Pastoriza acollerá en febreiro varios cursos de memoria, ocio e tempo libre. Todos os luns tamén, a parti r do día 3, haberá ta-ller de memoria, ocio e tempo libre en San Cosme de Piñeiro, na Escola de San Cosme. O horario será de 15.30 a 17.00 horas.Finalmente, os mércores, entre as 16.00 e as 17.30 horas, habe-rá taller de ocio e tempo libre en Bretoña. O lugar de reunión será o teleclub.

En febreiro darán comezo tres talleres de memoria

Veciños de Bretoña celebrarán este sábado, 15 de febreiro, unha nova reunión para comen-zar a organizar a recuperación da festa celta do Lugnasad para este verán.A reunión terá lugar no teleclub de Bretoña a partir das 21.00 ho-ras e están convidados a partici-par todos os veciños e veciñas que lles interese recuperar esta fonda tradición.

Convocada unha nova reunión para organizar o Lugnasad

O Concello de Pastoriza vén de rematar estes días co proxecto de colocación de 50 suxeita contedo-res nas localidades de Bretoña, A Pastoriza e Reigosa, así como nou-tros lugares puntuais onde o vento pode causar poblemas.Trátase dun sistema exclusivo para A Pastoriza que deseñou a empre-sa de Guiti riz Grupo Dissolquim e que ten moitas vantaxes xa que son moi sinxelos de colocar ao tratarse dun únivo pé que vai ama-rrado ao chan e unha palanqueta para subir e baixar o sistema de amarre do contedor.Son moi cómodos tamén para os operarios de limpeza xa que o con-

tedor sóltase co pé deixándolles as dúas mans libres.Ademais, non desentona co medio rural, xa que só se ve unha chapa na que pode poñerse o anagrama do Concello, ademais esta chapa evita que a tapa do contedor se vaia para atrás e quede sempre verti cal. Otra das vantaxes fronte aos de abrazadera é que non fai ningún ti po de ruído ao mover os contedores. Xa o ano pasado fi xe-ron unha proba piloto con dez e os sistema gustou polo que instala-ron o resto. No últi mo mes rematou a segunda fase da limpeza de contedores de lixo en todo o termo municipal.

Instalan 50 suxeicións para contedores con deseño único

Page 19: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 19

meira

A localidade de Meira acollerá o luns 24 de febreiro o seu poular concurso de disfraces, que se desenvolverá a parti r das 22.00 horas no pavillón municipal ame-nizado por un grupo aínda sen determinar.A festa de entroido contará co popular concurso de disfraces que todos os anos atraen a cen-tos de persoas. Así, volverán re-parti rse máis de 1.300 euros en varios premios.Como en anos anteriores estable-cerase a categoría de comparsas, que reparti rán cinco premios en-tre 300 e 40 euros. Así mesmo, haberá disti ncións para as cinco mellores parellas que poderán re-cibir 120 euros no caso de quedar primeiras e 30 de seren últi mas.Finalmente, na categoría indivi-

duais fi gura o primeiro premio con 110 euros e un quinto con 30 euros, e o resto con canti dades intermedias.

CEIP AVELINO DÍAZ. A Anpa do Ceip Poeta Avelino Díaz de Meira prepara para o luns 24 de febrei-ro a súa festa de Entroido.A festa terá lugar no pavillón mu-nicipal de 16.30 a 19.30 horas e consisti rá nunha Festa de Entroi-do e co concurso de disfraces, do-tado con premios.Na velada haberá xogos infantí s e unha chocolatada con churros para todos os nenos ao rematar.Reparti ranse premios en metáli-co aos tres mellores disfraces cla-sifi cados nas disti ntas categorías parti cipantes, individual, parellas e grupos.

O tradicional concurso de disfraces será o 24 de febreiro

A Deputación inviste 114.000 euros nas redes de saneamentoA Deputación investi rá 114.000 eu-ros na mellora nas infraestruturas de saneamento e depuración de Meira. A Xunta de Goberno apro-bou a fi rma dun convenio de cola-boración entre a insti tución provin-cial, a Confederación Hidrográfi ca Miño-Sil e o Concello para fi nanciar diferentes actuacións de mellora de colectores e equipos da Edar.O Deputado de Promoción Econó-mica e Social, Pablo Rivera, explicou que a fi nalidade do convenio é co-laborar nunha actuación importan-te para Meira que contará cun in-vesti mento total de 570.000 euros. As actuacións consisti rán na re-habilitación e impermeabilización

dun total de 7 pozos de rexistro do colector interceptor executado no ano 2009, a construción dun novo colector interceptor xeral que subs-ti túa ao actual –da década dos 90-, e tamén se substi tuirán aqueles equipos da Edar que presenten un funcionamento máis defi ciente.A Deputación de Lugo fi nanciará as actuacións cunha contí a máxima de 114.000n euros, dos que 68.300 son a cargo do orzamento vixente e 45.700 irán a cargo da anualida-de 2021. A Confederación aportará un total de 427.500 euros a estas actuacións e o Concello de Meira sumará os 28.500 restantes para poder acometer as obras.

O Xulgado de Instrución núme-ro 3 de Lugo chamou a declarar, en calidade de investi gado, ao exalcalde de Meira, Ramiro Pé-rez, por un presunto delito leve de prevaricación administrati va. Esta citación enmárcase no pro-ceso aberto trala denuncia pre-sentada por un veciño, interesa-do en esclarecer que ocorreu coa fonte da praza Maior de Meira, danada nun accidente en 2014 e substi tuída por outra nova.A citación é para o 3 de marzo, ás 11.00 horas, cando Ramiro Pérez deba comparecer ante o xuíz para

ofrecer a súa versión do ocorrido da que se defende alegando que non se lucrou en nada.O denunciante, que defende o “valor senti mental” que para moi-tos veciños e para el mesmo ti ña este elemento case centenario, esti ma que o Concello ti vo unha “acti tude omisiva” ao “non pro-texer o patrimonio” e que existe “unha distracción dun ben dema-nial”, segundo recolle a denuncia, que este veciño xa rati fi cou ante o xuíz instrutor en setembro, cando foi citado a declarar.No escrito dirixido ao xulgado pre-

císase ademais que a estrutura “foi levada a unha leira parti cular que o denunciante aseguraba ter localizada na zona de Ferrolterra.Para esclarecer este e outros

asuntos, o xulgado requiriu in-formación á Garda Civil e ao Concello de Meira, desde onde confi rman que xa remiti ron toda a documentación pedida.

O anterior alcalde de Meira, investi gado por prevaricación

O Concello de Meira volverá cele-brar este ano a Ruta de Sendeiris-mo Miño-Eo, que terá lugar o do-mingo 10 de maio cun percorrido de 20 quilómetros de difi cultade media-alta.Aínda que non está convocada ofi cialmente espérase que se manteña a programación similar aos anos anteriores con saída dende o centro da vila a primei-ra hora da mañá ata o Pedregal, lugar onde comeza a ruta sinali-zada. Tras un almorzo a medio camiño haberá un xantar ao re-matar o mesmo.

A ruta de sendeirismo Miño-Eo será o 10 de maio

A fonte anti ga e a actual na céntrica praza de Meira

Page 20: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade20 febreiro 2020

riotorto

pol

A asociación Leña Verde organizada conxuntamente coa Asociación de Mulleres Rurais Olvido a festa do En-troido para o martes 25 de febreiro.A xornada terá acti vidades para pú-blico infanti l e adulto e comezará ás 16.30 horas coa apertura da inscri-ción para o desfi le de disfraces coas categorías individual e parellas.Xa ás 17.00 horas dará comezo o desfi le infanti l/xuvenil, que non terá carácter competi ti vo, polo que se entregarán obsequios a todas as per-soas parti cipantes. A conti nuación, haberá unha actuación a cargo de Teatro Marionetas Trécola.Para o desfrute do público adulto farase a ruta ao son dos cantos de taberna, que levaraos ata os bares e

tabernas de Mosteiro, Andión e Lua-ces co acompañamento dos grupos Leña Verde e Airiños da Freba, que darán pé a cantar, bailar e parti cipar da ledicia que sempre levan consigo. En cada parada os establecementos poñerán tapas con cada consumi-ción.Comezará o percorrido ás 18.30 ho-ras na Casa Pepe de Andión e sobre as 19.15 na Casa Cuadrado de Lua-ces. Logo conti nuarán polos estable-cementos de Mosteiro, desde o Ca-nadá, pasando polo Abuide, Agustí n e Saleta, cunha parada aproximada de 45 minutos en cada un deles.Sobre as 23.00 horas terán o fi n de festa no local social de Leña Verde, onde farán o tradicional convite.

Leña Verde prepara unha animada festa de Entroido

A asociación Roteiros de Pol con-ti nuará durante todo o ano cunha serie de rutas de sendeirismo por disti ntos lugares da xeografí a ga-lega que terán unha periodicidade mensual. Xa se celebraron dous e a seguinte será en marzo, o día 1, pola Fervenza da Toxa, en Silleda e o día 29 visitarán o Camiño Natural do Cantábrico, de Ribadeo a Rinlo. O calendario completarase con novas rutas por A Pontenova, Navia, Val-doviño, Castro Caldelas, Pol, Pantón e Ribas do Sil. Sen esquecer que un ano máis parti ciparán no Encontro Astur-Galaico de sendeirismo que será en Luarca e en maio acudirán á Devesa da Escrita, en Pedrafi ta.

Roteiros de Pol fará unha ruta por mes ata fi nal de ano

Día da Paz. Os usuarios do Centro de Atención a Maiores da Deputación celebraron o Día da Non Violencia e a Paz coa vi-sita do presidente da enti dade, José Tomé, e do alcalde, Lino Rodríguez. O presidente coñe-ceu aos usuarios, familiares e traballadores e parti cipou nas acti vidades preparadas por eles. Cada usuario escribiu unha frase relacionada coa paz nun papel e logo botárono nunha caixa do correo colocada nas instalacións de xeito simbólico.

Os concellos de Meira e Riotorto ve-ñen de convocar a cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberto a toda a poboación e co obxecti vo de loubar a fi gura deste representante da cultura na zona.O concurso dividirase en catro cate-gorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os demáis só de poesía.No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e te-máti ca libre, mais os poemas debe-rán estar escritos en galego, cunha

extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.O prazo de presentación é ata o 23 de abril e o lugar de recollida de tra-ballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de di-plomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o seguinte unha tablet e os adultos terán un premio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro. O fallo do xu-rado darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Convocado o IV concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz

O Riotorto C.F. organiza o tradicio-nal Entroido 2020 que será o luns 24 de febreiro a parti res das 23.00 horas no pavillón do colexio de Rio-torto. Contarán coa actuación do dúo musical Estrellas para ameni-zar a festa.Haberá premios para os mellores disfraces, así na categoría de gru-pos e charangas o premio será de 500 euros, para parellas será de 200 euros e o individual levará 100 eu-ros, unha contí a máis elevada que a do ano pasado. Aquelas persoas ou grupos que queiran parti cipar no desfi le deberán inscribirse e estar no pavillón antes da media noite. O xurado valorará a orixinalidade e a simpatí a dos parti cipantes.Paralelamente a esta festa, o Con-cello organiza tamén unha comida de Entroido o xoves 20 de febreiro.A xornada gastronómica dará co-mezo ás 14.30 horas e estará ame-nizada polo Dúo Estrellas.

O menú, que ten un prezo de 15 euros por persoa, inclúe sopa, coci-do, sobremesa e bebidas.A data límite para anotarse é o 17 de febreiro, e terán preferencia as persoas inscritas nas acti vidades dos centros veciñais. Para ano-tarse é necesario chamar ao 608 897 418.

No Entroido haberá festa, concurso e xantar

O BNG de Riotorto denuncia o dete-rioramento do fi rme de varias pistas empregadas a diario polos veciños para acceder aos seus terreos. A formación nacionalista sinala, en concreto, o estado en que se atopan algunhas vías da parroquia de Santa Marta, onde os traballos de corta e transporte de madeira deixaron in-transitables camiños de uso público, e criti ca “a deixadez do goberno do Parti do Popular que non esixe a súa reparación aos causantes dos des-perfectos”.“Cada vez que nos interesamos por esta cuesti ón nas sesións plenarias, o alcalde responde que as pistas mu-nicipais son arranxadas unha vez que se saca a madeira e cando o tempo o permite, pero á vista está que iso non é certo”, explican desde a for-mación nacionalista.Lembran que unha das primeiras decisións adoptadas polo goberno do Parti do Popular foi aprobar un convenio coa Asociación Provincial de Empresarios de Primeira Trans-formación da Madeira que incumpre

a ordenanza municipal vixente e que exime aos madeiristas de depositar unha fi anza ao inicio dos traballos. “O alcalde antepuxo os intereses da asociación de empresarios aos dos veciños e estas son as consecuen-cias”, conclúen os nacionalistas.O BNG tamén criti cou o autoritaris-mo do alcalde, Clemente Iglesias, que “emprega todo ti po de recur-sos para evitar render contas e dar explicacións ante as preguntas que formula a oposición”.

O BNG denuncia o estado “intransitable” de varias pistas

Estado dunha das pistas

O Concello e a organización anun-ciaron que este ano a Feira do Fe-rro de Riotorto terá lugar o domin-go 19 de abril.Co programa aínda sen desvelar xa se sabe que esta popular celebra-ción contará, coma sempre, con demostracións en vivo de ofi cios, música, xantar e moitas sorpresas.A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que chega este ano á súa edición número XIV, está organiza-da pola Asociación de Ferreiros en colaboración co Concello de Rio-torto e subvencionada pola Depu-tación Provincial e a Xunta.

A Feira do Ferro será o 19 de abril

Page 21: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 21

muras

Un ano máis, o Concello de Muras abriu o día 1 o prazo para que os veciños soliciten as axudas para o consumo eléctrico, postas en mar-cha como explicou o alcalde, Manuel Requeijo, co obxecti vo de “garan-ti r a calidade de vida e de benestar de todos os veciños do Concello de Muras, especialmente a sufi ciencia económica da terceira idade, xa que consti túe o sector maioritario da nosa poboación”.Así, en virtude destas axudas, o Concello manterá aberto durante todo o mes de febreiro o prazo para solicitar as subvencións municipais sobre consumo eléctrico. Todos os interesados en solicitar esta axuda terán que presentar as facturas co-rrespondentes a todo o ano pasado nas ofi cinas municipais, no Rexistro Xeral. Unha vez revisados e cotexa-dos todos os casos, o abono faise nun único pago.O importe individual das achegas concedidas ao abeiro desta convo-

catoria non superará os 600 euros por unidade familiar e concédese en función da renda per cápita anual de cada unha. Este ano aplicarase a suba aprobada en Pleno de cen eu-ros na máxima retribución.Poden optar cada un dos represen-tantes das unidades familiares que consten no censo do Concello. Para este procedemento tense en conta o padrón de habitantes e vivendas que conste no Rexistro do Concello o día da súa aprobación no Pleno da corporación municipal.Concédese unha soa axuda a cada representante da unidade familiar que o solicite e unha soa por vivenda habitual e por contador da luz desti -nado a esta función. No caso de edi-fi cios de vivendas, pódese conceder a axuda a cada unidade que forme parte del e que así conste no padrón. Non poderán optar aqueles que te-ñan débedas coa Administración lo-cal, agás que sexan abonadas antes do remate do prazo para presentar

as solicitudes. Os interados en solici-tar estas axudas poden facelo ata o día 28 de febreiro.

DESBROCE. O Concello de Muras abrirá durante o mes de febreiro o prazo para que os veciños que así o desexen soliciten o desbroce de ca-miños e o seu mantemento.Para esta acción é necesario facer unha instancia no propio Concello entre o 1 e o 28 deste mes.Do mesmo xeito, tamén abriu nas mesmas datas o prazo para realizar a recollida de plásti cos agrícolas de silo, que se realiza todos os venres. As persoas que o necesiten poden facer a súa solicitude tanto por vía presencial nas ofi cinas como cha-mando ao concello ao 982 50001.Finalmente, o Concello lembra que os veciños interesados na recollida de enseres para levar ao punto limpo poden facer a súa solicitude telefóni-ca ou presencial para esta acción, que se realiza tamén todo os venres.

Abre o prazo para solicitar as axudas da luz e o desbroce de vías

O Concello está a realizar xa as obras de instalación dun ascensor na casa consistorial, obra moi demandada polos veciños xa que carecía de ac-ceso para persoas con problemas de mobilidade.“Somos un dos poucos concellos que quedaban sen facer esta acción e xa ía sendo hora así que estamos moi sati sfeitos”, explicou o alcalde de Muras, Manuel Requeijo.As obras, que se prolongarán du-rante tres meses, xa deron comezo e ata o momento realizouse a aper-tura do oco onde irá o ascensor.As obras teñen un orzamento de 62.060 euros e están a ser executa-das por Construcciones Naray.

Tamén deron comezo varias obras de aglomerado de rúas incluídas no Plan Único e valoradas en 119.000 euros. Trátase de tres quilómetros na zona do Mourison e a mesma

distancia na estrada de As Pandas a Bustelo. Así mesmo, inclúese a me-llora de vías en Ceilán, un total de 400 metros, e a mesma distancia na estrada de Carelle a Barral.

Comeza a instalación do ascensor no concello e obras de asfaltado

O Anpa do Colexio Público de Mu-ras en colaboración co Concello, organizará o martes 25 de febreiro unha gran festa de Entroido que comezará ás 17.00 horas no local social e que se prolongará ata as 23.00 horas.Nesta celebración haberá xogos, concurso de karaoke infanti l e adul-tos, desfi le de disfraces e discoteca móvil a cargo de Puzzle Animación.Tamén haberá sorteo de agasallos durante a velada, que se completa-rá con detalles para todos os nenos disfrazados, para os mellores dis-fraces adultos e merenda e pinchos para todos os asistentes.

A festa do Entroido será o 25

Obras no interior da casa consistorial de Muras

Marcos López e Sete Vázquez, dous fotógrafos que pertencen á sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural descubriron no alto da Curuxeira un piar de luz, un raro fenómeno ópti co que moi pou-cas veces consegue inmortalizarse.Estes dous fotógrafos contan cunha dilatada carreira profesional e están especializados en fotografí a astronó-mica polo que este achado colleunos traballando neste lugar. De feito, o fenómeno, que se capta en moi pou-cas ocasións pola súa curta duración, mantí vose uns quince minutos.Para que teña lugar o fenómeno do

piar de luz teñen que darse unhas circunstancias determinadas. Ten que haber aire parti cularmente frío en altura, e o ceo debe ter unha transparencia determinada. Ade-mais, debe haber algo de contami-nación luminosa, ese factor que tan-tas veces é inimigo da observación do ceo nocturno. Neste caso, foi a luz das Pontes a que fi xo posible o feixe de luz.O fenómeno do piar de luz súmase así ao arquivo de imaxes nocturnas do ceo de Muras, un concello que aspira a obter a certi fi cación Starlight pola boa calidade dos seus ceos.

Dous fotógrafos descubren un piar de luz no alto da Curuxeira

O piar de luz. Foto de Marcos López Alonso

Page 22: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade22 febreiro 2020

TERRA CHÁ

O Ministerio de Fomento asinou co Ministerio de Economía, Industria e Competi ti vidade un Convenio FID para instrumentar o fi nanciamento da Compra Pública Innovadora que permita a experimentación con prototi pos de tecnoloxía innova-dora relati vos a sistemas de protec-ción anti néboa.Mediante a próxima licitación de CPI, na modalidade de Compra Publica Precomercial, abordara-se o deseño, implementación e experimentación con prototi pos de solucións innovadoras fron-te á néboa densa, nun tramo de proba anexo ao tramo da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. O obxecti vo é validar a súa futura

implantación sobre a estrada para minimizar os efectos adversos producidos sobre o tráfi co pola néboa densa.Na Consulta Preliminar do Merca-do recibíronse un total de 26 pro-postas de acordo ao procedemento establecido. As disti ntas solucións innovadoras identi fi cadas varían entre sistemas de detección e axu-da á condución ata sistemas de illamento, eliminación ou despraza-mento da néboa. Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederíase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas anti né-boa seleccionados para resolver a situación existente.

O Goberno licitará un sistema anti néboa para o Fiouco

A Consellería do Medio Rural ache-gou nos dous últi mos anos 9,7 mi-llóns de euros en axudas xesti onadas polos seis Grupos de Desenvolve-mento Rural (GDR) da provincia de Lugo. Con este investi mento apoia-ron 139 proxectos que permiti ron a consolidación de máis de 502 postos de traballo e a creación de 114 novos empregos no rural lucense.O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fi xo hoxe balance da acti vidade dos GDR nas dúas últi mas convocatorias (2018-2019 e 2019-2020), e lembrou que o pasado venres rematou o prazo de presentación de solicitudes para as iniciati vas a desenvolver no período 2020-2021. Esti vo acompañado po-los presidentes de cinco dos GDR: Vi-dal Martí nez Sierra (A Mariña), José Ángel Santos (Lugo), José Fernández (Vales e Montes Orientais), José Ma-nuel Arias (Ribeira Sacra), e Ramiro Moure (Miño-Ulla). Xunto co GDR da Terra Chá abarcan a totalidade do territorio da provincia.Balseiro destacou o papel das axu-das da Axencia Galega de Desenvol-

vemento Rural (Agader) e dos GDR -os xestores da medida Leader nos disti ntos territorios- porque “serven de osíxeno para o noso país, de pulo para os que apostan polo rural como un lugar de oportunidades”.“Son unha das mellores armas que temos para apoiar aos que apostan por investi r, innovar e cooperar, por traballar polo agro galego”, enga-diu. Neste senti do, explicou que os proxectos benefi ciados suman un investi mento de 20 millóns de euros. Poden ser iniciati vas empresariais

ou ben medidas sen ánimo de lucro impulsadas por administracións e outras enti dade. Entre os proxectos desenvolvidos fi -guran obras de recuperación e reha-bilitación do patrimonio, iniciati vas para a posta en marcha de novos recursos turísti cos, para a creación ou mellora de áreas recreati vas e sendeiros, ou proxectos empresa-riais que teñen que ver con eidos de especial interese na provincia, como o agrícola e forestal, os servizos so-ciais, ou a acción cultural e turísti ca.

Os seis GDR da provincia presentan o seu balance anual

Un momento da presentación do balance

O Concello de Mondoñedo puxo en marcha, baixo o tí tulo Coidamos o Coidador, un servizo de asesora-mento e apoio. Trátase dunha nova prestación que establecerá co fi n de ofrecer atención especializada ás persoas que precisan coidados. Este servizo atenderá tamén aos veciños de Abadín, Riotorto e Trabada.Os obxecti vos do programa son apoiar e orientar á familia/coidado-res tratando de reducir senti mentos de angusti a e irritabilidade; axudar á comprensión e aceptación das con-dutas do enfermo; facilitar a reso-lución de posibles problemas e/ou confl itos relacionados coa sintoma-toloxía; fomentar as relacións sociais e redes de apoio; e orientar en as-pectos legais e recursos dispoñibles, en relación ás difi cultades laborais e económicas que xorden de xeito paralelo.No marco desta iniciati va como acti -vidades máis inmediatas está o des-envolvemento de sesións formati vas periódicas para os familiares/coida-dores ou formacións de profesionais do SAF ademais da posta en marcha dun grupo de voluntariado.

Abadín e Riotorto teñen asesoramento ao coidador desde Mondoñedo

Unha imaxe do alto do Fiouco, entre Abadín e Mondoñedo

O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, e da Pastoriza, Primiti vo Iglesias, reuníronse co conselleiro do Medio Rural, José González para avaliar a mellora das comunicacións entre ambos municipios. En concre-to, neste encontro -no que tamén parti cipou o director xeral de Des-envolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois- analizouse o fi nanciamento por parte de Medio Rural do arranxo da estrada que comunica os núcleos de Bretoña e As Rodrigas por Luxilde, a solicitude dos dous rexedores. Esta vía ten unha lonxitude total de tres quilómetros e os traballos para a súa adecuación consisti rían na rexenera-ción do seu fi rme.

Na xuntanza tamén se abordaron outros temas de interese para o ru-ral deste concellos do oriente lugués. Así, tendo en conta o peso do lácteo en ambos municipios, o ti tular de Medio Rural explicoulles aos rexedo-res os traballos da Consellería para dinamizar o sector leiteiro a través dunha estratexia na que están invo-lucrados todos os seus axentes. Finalmente, o ti tular de Medio Rural adiantoulle ao rexedor de Riotorto que, este ano, se entregarán os tí -tulos da concentración parcelaria da zona de Órrea-Galegos, a cal com-prende unha superfi cie de máis de 1.200 hectáreas e benefi cia a case medio millar de veciños.

Arranxarán a estrada que comunica Riotorto e A Pastoriza

Os alcaldes de Riotorto (esquerda) e Pastoriza (dereita) co conselleiro

Xermade e Vilalba deixan de perten-cer á zona tampón para o control da praga denominada couza guatemal-teca da pataca. Ao pasar a ser zona libre, non deberán presentar decla-ración para a súa sementeira.Este cambio recóllese na resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimen-tarias, pola que modifi can as me-didas fi tosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimen-tarias, pola que se establecen as zo-nas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e o control con respec-to ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny, ou couza guate-malteca da pataca.Na mesma orde reti rábase a prohibi-ción de plantar pataca nos concellos de Abadín e Ourol e os infestados seguen a ser Alfoz, A Pontenova, A Pastoriza, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Vala-douro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove.

Xermade e Vilalba saen da zona de control da praga da couza da pataca

Os galegos foron convocados ás ur-nas unha vez máis para o 5 de abril, pero nesta ocasión para decidir o novo Goberno da Xunta de Galicia.Así, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comunicou que as eleccións adiantábanse a semana anterior á Semana Santa, coincidin-do unha vez máis coas vascas.O feito de que se adianten as elec-cións fai que non coincidan coas ca-talás e evitar o ruído e polémicas que se poderán xerar ao redor, ademais de que así permiti rá que a nova Xun-ta de Galicia poida ter os orzamentos para o 2021, ano importante polo Xacobeo.Por outra banda, o líder do Parti do Popular manifestou que se presenta-rá de novo como candidato por cuar-ta vez e que estas eleccións “non van ser doadas”. Tamén remataba a súa comparecencia coa súa frase “Gali-cia, Galicia, Galicia, e outra vez máis, Galicia” facendo alusión á cuarta lexislatura que podería acadar.Por outra banda, tan só se coñecen a dous candidatos máis, Gonzalo Caballero, do PSOE, e Ana Pontón, do BNG.

Feijoo adianta as eleccións galegas ao 5 de abril

Page 23: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020 23reportaxe

unha ollada polo rural

Germán Díaz, é un vallisoletano afi n-cado en Arneiro, que se trasladou por amor a súa parella e á música. Como di “Lugo é a capital senti men-tal da zanfona, coa que historica-mente ten unha vinculacion”.Este instrumento foi recuperado grazas a Antonio Fernández López, un dos mecenas máis descoñecido é importante de Galicia, que fi xo vir a Fausti no Santalices dende Madrid para crear un taller-escola de Ins-trumentos Galegos no que formar artesáns para que a tradición da zanfona non se perdese, tanto é así, que na comarca existen dúas esco-las de lutherias. Esta zanfona é moi parti cular na península ibérica aínda que por Europa ten diferentes fi sio-nomías e diferentes mati ces.Germán Díaz é un músico que desta-ca como zanfonista, sendo conside-rado como un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores de Europa e chamado por algúns “o Jimi Hendrix da zanfona”.Ao longo da súa traxectoria tocou en numerosos países de todo o mundo

e destaca pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co contrabaixista galego Baldo Martí -nez.Germán cursou estudos musicais na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universi-dade de Valladolid e posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martí n, Pascal Lefeuvre, Lau-rent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Cha-benat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin ou Valentí n Clas-trier entre outros.No ano 1996 gañou un concurso de canto tradicional que promovía a Xunta de Castela e León e deci-diu empregar os cartos do premio en comprar un instrumento que se axustaba ao seu orzamento, unha zanfona de segunda man que ven-día Carlos Beceiro, do grupo folk La Musgaña e que ademais virá en ocasión no museo do seu tí o Joa-quín Díaz.Así, comezou a súa formación da man do seu tí o e o cantautor bercia-

no Amancio Prada. Froito do seu la-bor de difusión da música tradicional recibiu en 1999 o premio Racimo de Oro da música.Ademais, Germán foi o único zan-fonista español que perteneceu á

Viellisti c Orchestra, unha orquestra de zanfonas francesa integrada por algúns dos mellores do mundo e que desapareceu no ano 2004.Tras isto, Germán formou un dúo xunto co director artí sti co da or-questra, Pascal Lefeuvre, ademais de cofundar o Symphonía Quartet, e o cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martí n, Marc Egea e Pas-cal Lefeuvre.

Tamén creou a súa propia discográ-fi ca, Producciones Efí meras, xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de novos zanfonistas, pero coa que in-tentan facer un proxecto cada ano. Así, o vindeiro será con Benxamín Otero.Representou a Castela e León no PopKomm de Berlín en 2005, ao ano seguinte foi escollido para re-presentar a España no 27º Festi val da Unión Europea de Radiodifusión celebrado en Finlandia, e en 2009 foi seleccionado pola Embaixada Es-pañola para representar ao país nas presti xiosas European Jazz Nights en Oslo. Ese mesmo ano recibiu o premio á mellor banda sonora no Festi val de Cortometrajes La Fila,

por Artí culo 349.Nos Premios Mestre Mateo 2018 levou o galardón á mellor musica orixinal pola banda sonora de Dohgs.No 2019 colaborou no quinto álbum de estudo da cantante galega Guadi Galego. En Nadal esti vo tocando en Muimenta os aguinaldos.Neste 2020 comezou viaxando a In-dia para parti cipar no Kerala Literary Festi val e tocando en Ares xunto con Benxamín Otero.Xa ten moitos proxectos na cabeza que haberá que desenvolver, como o de desfrutar dun ciclo de concer-tos que está a preparar na igrexa vella de Muimenta, ou o taller que imparti rá no castelo de Dreilützow en West Mecklenburg, Alemaña, en novembro.

O zanfonista que mudou Valladolid por ArneiroGermán Díaz está considerado un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores que hai en Europa

A zanfona está moi unida a Lugo, aínda que en Europa ten

diferentes mati ces e fi sionomías

Germán, nun curso intensivo en Gooik, Bélxica; no seu dúo de Lira Organizzata, corneta inglesa e tuba; e unha imaxe súa promocional

Concerto didácti co e cartaz de ‘Intemperie’, de Benito Zambrano de 2019, para o que gravou as zanfonas

Page 24: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade24 febreiro 2020

DEPORTES

O auditorio Carmen Estévez acolleu a IV Gala do Deporte Municipal de Vilalba, un even-to conducido polo xornalista Iván García Calaza e animado polo humorista Pepo Suevos e no que se recoñeceron os éxi-tos de 2019.O premio máis destacado foi o de mellor deportista, que recaeu na ximnasta Tania Ga-yoso.No resto de categorías foi pre-miado Fernando Pico, da espe-cialidade de taekwondo, como mellor deportista promesa e Uxía Rodríguez, do mesmo club, recibiuno á traxectoria deportiva. O representante do Jansu Senén Viveiro fíxose co de mellor deportista con disca-pacidade.Non faltaron tampouco os premios para a loita olímpi-ca, co título ao mellor ades-trador para Pablo Pintos, e o de mellor equipo para o seu conxunto júnior, campión ga-lego e subcampión de España en 2019.O premio á mellor entidade deportiva foi para a Escola de Movemento e para o Rácing Vi-lalbés, polo seu labor coa can-teira con 16 equipos en com-petición.Tamén tivo o seu recoñece-mento o Club de Pádel Vilalba polo seu traballo no III Torneo de San Ramón. O premio ao mellor labor comunicativo foi

para a xornalista Marta Man-cebo.Asímesmo, entregáronse os premios económicos que to-dos os ano dá o Concello e que este anos corresponderon a Uxía Rodríguez, Yobanni Gar-cía, Ramón Mosteiro, Oussama

Lahnin, Fernando Pico e Sara Basanta. Tmén houbo men-cións especiais que foron para Iván Sangiao, Belén Bouza, Marta Felpeto, Juan José Perei-ra (a título póstumo) e Vicente Celeiro, que tamén foi o padri-ño deste popular evento.

Vilalba rende homenaxe aos seus deporti stas na gala anual

Arriba, un grupo premiado e, abaixo, os que recibiron o premio económico

O goberno local de Guiti riz aprovei-tou a celebración da últi ma sesión plenaria para propoñerlle ao resto da corporación que o pavillón mu-nicipal leve o nome do ximnasta lo-cal Jonathan Carro, falecido recen-temente. Ademais, presentoulles un borrador para sentar as bases deste ti po de tributos nun futuro. O obxecti vo é aprobar un regulamen-

to consensuado no próximo pleno.Os membros do goberno local xa falaron do tema coa familia do xim-nasta e con este acto queren reco-ñecer a dedicación deste rapaz, que se formou nas escolas deporti vas.Desde a oposición, PP e BNG mos-tráronse dispostos a apoiar e cola-borar na elaboración deste regula-mento municipal.

Guiti riz proporá que o pavillón leve o nome de Jonathan Carro

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante do Club Ciclista Terra Chá, Miguel Ángel Esmorís, asinaron o convenio de co-laboración para sufragar os gastos da realización da V Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa.A insti tución provincial achega 3.000 euros para esta carreira que contribúe a dinamizar a comarca da Terra Chá. “Estamos ante unha ruta cicloturista xa consolidada, unha aposta por promover a eco-nomía local e potenciar o valor turísti co dos concellos de Mu-ras, Xermade e Vilalba, e tamén unha forma diferente de atraer

visitantes dun xeito máis acti vo, coñecendo o patrimonio natural e cultural da zona”, explicou o pre-sidente.O Club Ciclista Terra Chá xa tra-balla na organización dunha nova edición desta ruta, que se celebra, coincidindo coa Feira do Queixo de San Simón da Costa, o 28 de marzo de 2020 saíndo da praza da Consti tución ás 9.00 horas.As inscricións abriron xa está se-mana e poden facerse na web galiti ming.com ata o 24 de marzo.Poderán parti cipar nesta cita to-dos os que o desexen cun mínimo de 15 anos de idade.

Convocan unha nova edición da Ruta BTT do queixo San Simón

O deporti sta vilalbés José Cuba acadou o bronce no Grand Prix de Francia Henry Deglane que cele-brou a súa 46 edición en Niza. O vilalbés subiu ao podio tras vencer no seu grupo ante o belga Istapa-yev en primeira rolda e perdendo posteriormente no combate por ser primeiro de grupo ante o bieloruso Khramin. En semifi nais perdeu ante o tamén bieloruso Saidov, gañando fi nalmente a loita polo terceiro pos-to ante o exipcio Diaaldin.“Esta medalla danos un pequeno impulso moral de cara á preparación do próximo europeo de Roma que terá lugar a mediados de febreiro e no que se xogarán as seguintes dúas prazas para Tokio 2020”, dixo.Segundo explicou, a clasifi cación en Roma está moi difí cil pois estarán presentes algúns dos principais can-didatos para podio olímpico e que aínda non obti veron praza no pasa-do mundial de Nur Sultan.En marzo e abril terán lugar sendos torneos clasifi catorios onde se repar-

ti rán as derradeiras prazas olímpicas, e esta medalla acadada en Francia “fainos crer nas nosas posibilidades para estar nos Xogos”.Esta mesma semana retomaron os adestramentos coa vista posta na ca-pital nipona coa axuda do ucraniano Sergei Priadun.

JÚNIOR E ESCOLAR. Unha represen-tación vilalbesa parti cipou nos cam-pionatos galegos de Loitas Olímpicas das categorías júnior e escolar que se celebraron no pavillón vigués de Teis.Os principais resultados a destacar son os ouros de Oussama Lahnin na categoría júnior de menos de 79 kg e de Xiao Seoane en alevín en menos de 44 kg. En escolar tamén destaca o bronce de Kevin Cuba en menos de 63 kg, moi meritorio ten-do en conta que este deporti stas gañou dous enfrontamentos sendo aínda alevín.O triunfo de Oussama sírvelle como pasaxe directo para os próximos campionatos de España en abril.

Bronce para José Cuba e dous ouros para os júnior e escolares

A vilalbesa Julia Cabarcos vén de pro-clamarse campioa de España na súa terceira tempada profesional como culturista, unha disciplina na que xa despunta entre as mellores do mun-do. Esta vilalbesa, que iniciou a súa carreira fai catro anos de seguido converti use nunha das culturistas con máis nivel de Galicia e de Espa-ña, logrou alzarse con este tí tulo na súa terceira tempada profesional.A deporti sta vilalbesa ocupa a posi-ción décimo oitava no ránking mun-dial de fi sicoculturismo e como ela misma dí, “ti vo que traballar duro no ximnasio, pero tamén fóra del, ade-mais de asumir moitos sacrifi cios”.

Julia Cabarcos, campioa de España de culturismo

A vilalbesa Julia Cabarcos

Page 25: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020actualidade 25

Disputouse no pavillón deporti vo de Meira a oitava xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferen-cia Norleste e de novo a parti cipa-ción foi moi numerosa; desta volta foron 80 os palanadores que se achegaron para a disputa do tor-neo do lacón (57 homes, 16 donas e 7 infanti s).En individuais o triunfo foi para Noé que gañou sobradamente cun pleno de vintecinco puntos, segui-do de Xan Rodiño con vintetrés e para o terceiro estaban empata-dos, Charli, David Navallo e Reguei-ro con vintedous puntos, Charli foi o mais efecti vo nas carreiras de desempate e acadou o terceiro chanzo do podio.En donas, Paula non puido manter a súa regularidade e a musical bi-llardeira Geni que sen presa pero sen pausa, viña remontando nas derradeiras xornadas, deu o golpe de gracia e volta a estar primeira, que é o seu lugar natural tempada tras tempada. Segunda foi Lola Ei-ras (Billarda Verde) e terceira Vero (Chainzos-Cadaval).En infantí s foi Marcos (Troitas Bra-vas) o mais ati nado, seguido de Aroa (Billardeiros Musicais) e de

Mateu (Madia Leva).En equipos, ós Troitas Bravas saiu-lles a conta redonda xa que ós 25 puntos de Noé sumáronlle os 22 de David Navallo e de Regueiro e os 21 de Toño para facer un total de 90 puntos co que borran a ne-gati va actuación da anterior xorna-da en Castro, igualan a marca aca-dada polos Billardeiros Musicais na terceira xornada da tempada e aínda que seguen fóra apertan a clasifi cación para quedar a só dous puntos da terceira praza e a cin-co do primeiro posto. Segundo e terceiro foron Billardeiros Musicais e Carabullo, ámbos os dous con 79

puntos e a once dos campións.Antes da entrega de premios, Xan Rodiño, da conferencia Rías Baixas, quixo en nome de toda a LNB agasallar a un novo palanador en recoñecemento ao seu compro-miso co xogo da billarda: Ismael de Carabullos, que cumpriu a súa xornada número 100 en competi -ción ofi cial.Rematou a xornada ca entrega de premios na que houbo lacón para os tres primeiros clasifi cados, para a primeira dona Geni (que acadou tamén 22 puntos) e para o primei-ro equipo os Troitas Bravas de A Pontenova.

Os Troitas Bravas animan a oitava xornada de billarda

A representante do Club Atleti smo Friol Nerea Lage logrou facerse co Subcampionato Galego de Campo a Través na categoría sub 18, no torneo autonómico celebrado na localidade ourensá da Rúa de Val-deorras, o cal lle dá o billete direc-to ao Campionato de España que se disputará no mes de marzo en Pamplona. Tamén clasifi cáronse para dita proba a súa compañeira de equipo, Noelia Sánchez, que nesta mesma cita deporti va logra-ba a quinta posición.Por outra banda, a tamén atleta de Friol María Carballido lograba a victoria no Campeonato Galego de Clubs de pista cuberta celebrado en

Ourense e onde competí a co Atleti s-mo Femenino Celta, club do que é fi lial esta tempada o Atleti smo Friol.María lograba imporse nesta proba de máximo rango autonómico na distancia dos 800 metros lisos, onde conquería ademáis un rexistro de 2.20 minutos, marca mínima para o Campeonato de España sub 20 de pista cuberta que se disputará o vindeiro mes de marzo en Sabadell (Barcelona). Neste mesmo cam-peonato de clubs, Samuel Castedo lograba a cuarta posición no salto de altura cun mellor rexistro de 1.75 metros, mentras que Noelia Sánchez era sexta nos 1.500 metros lisos cun tempo de 5.03 minutos.

Nerea Lage, subcampioa de campo a través

Un momento da carreira na localidade de Rúa de ValdeorrasUn momento do proba disputada en Meira dentro do pavillón

Page 26: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

actualidade26 febreiro 2020

DEPUTACIÓN

O deputado de Promoción Eco-nómica e Social, Pablo Rivera, informou de que preto de 90 mozos e mozas presentaron soli-citude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputación impul-sa para crear emprego xuvenil e fi xar poboación.Unha vez rematado o prazo de inscrición, a insti tución provin-cial comezou xa o proceso de revisión das solicitudes formula-das para verifi car que cumpran os requisitos esixidos, logo do que unha comisión de valora-ciónfará a selección dos mozos e mozas benefi ciarias en dúas fases: a primeira de acordo aos datos da documentación apor-tada (anti güidade de inscrición no Sistema Nacional de Garantí a Xuvenil, idade e formación); e a segunda, en base a unha entre-vista persoal (acti tude, idoneida-

de e moti vación). A mediados de febreiro está previsto que a Xun-ta de Goberno aprobe as listaxes defi niti vas de persoas admiti das, excluídas e de reserva, que se publicarán no Boletí n Ofi cial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios da Deputación.As persoas admiti das recibirán en marzo a formación en secto-res estratéxicos da provincia, cun gran potencial de crecemento, como son os deenerxías renova-bles, xesti ón forestal, hostalería e turismo, e agricultura e gande-ría, ademais de en autoemprego. Co fi n de evitar desprazamentos e gastos, as clases levaranse a cabo no lugar onde se concentre a maioría dos benefi ciarios. Por cada xornada de formación de cinco horas, cada parti cipante re-cibirá 13,45 euros e a Deputación entregará tamén un diploma de asistencia ao fi nal deste período.

Fixéronse 90 solicitudes ao plan Prende!

O Pleno da Deputación de Lugo acordou esixir á Xunta de Galicia que garanta o futuro dos hospitais comarcais na provincia. Logo do pe-che do paridorio de Verín, levado a cabo polo Goberno autonómico, a insti tución provincial quere blindar os centros sanitarios de Burela e Monforte de Lemos para que non tomen un rumbo semellante. A mo-ción presentada polo PSdeG contou cos votos a favor do BNG.A Deputación sacou adiante un de-cálogo de medidas en defensa da sanidade pública. O PSdeG e o BNG votaron a favor de frear o deterioro que sofre o sistema sanitario galego provocado polos recortes do PP.Entre os acordos adoptados polo Pleno da Deputación de Lugo están

o de apoiar a manifestación convo-cada por SOS Sanidade Pública en Compostela; esixir o cese da polí-ti ca de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais das Áreas Sanitarias da provincia; revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade, ou reducir as listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospita-laria, probas diagnósti cas, cirurxía e procedementos terapéuti cos.O PSOE votou ademais en contra do que cualifi cou como “manipulación e oportunismo” do PP, que levou unha moción para instar ao Goberno de España a mellorar as infraestru-turas e servizos ferroviarios de Lugo.

O Pleno esixe á Xunta un futuro para os hospitais comarcais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o proxecto e a contratación dunha obra de mello-ra do fi rme da contorna da Granxa Experimental de Leite que a insti tu-ción está a construír na Granxa Ga-yoso Castro de acordo cun convenio asinado coa USC.Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, que explicou que estes traballos, cun orzamento de preto de 180.000 euros, “supoñen unha mellora do proxecto da Granxa Experimental”.O proxecto consiste no formigona-do de 5.000 m2 de superfi cie, que agora mesmo é de zahorra, “un pavimento que é permeable e ante

as copiosas choivas das últi mas se-manas percibimos que se asolaga con facilidade, unha situación que se ve deteriorada tanto polo trán-sito de vehículos pesados como de maquinaria agrícola. Temos que ter en conta, ademais, que a Granxa Ex-perimental vai acoller a estudantes e profesores e, nestas condicións, non é prácti co traballar”, apuntou.Ademais da pavimentación, estas obras tamén contemplan dotar as instalacións de evacuación da auga de choiva e de conducións de sa-neamento de pluviais. O proxecto ten un prazo previsto de execución de 8 semanas dende o inicio das ta-refas, sempre e cando as condicións

meteorolóxicas sexan favorables.Na Xunta de Goberno tamén se acordou o inicio do procedemento para a resolución do contrato coa empresa adxudicataria do servizo de limpeza dos disti ntos edifi cios e dependencias da Deputación, Tempo Facility Services SL. “Esta empresa presentou concurso de acredores e foille autorizado pola autoridade competente. Este é un moti vo de resolución de contrato, por iso é agora cando podemos ini-ciar o procedemento para exti nguir a relación contractual coa empresa, tal e como sempre dixemos publica-mente e ás propias traballadoras”, indicou García Porto.

Investi rán 180.000 euros na contorna da Granxa Experimental de Leite

Celebración do últi mo Pleno da Deputación, a últi ma semana de xaneiro

O presidente da Deputación, José Tomé, e a deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar Gar-cía Porto, manti veron unha intensa axenda de reunións e acti vidades ao longo das tres xornadas ás que asisti ron da Feira Internacional de Turismo (Fitur) con tres obxecti vos fundamentais: a promoción da pro-vincia a través da innovación dixital coa presentación de dúas novas apps móbiles, o establecemento de contactos con profesionais do sector para acadar maior visibilidade e a de-tección de tendencias dos viaxeiros e novas oportunidades.De feito, tal e como avanzou García Porto, a Deputación está xa estu-dando como mellorar a efi cacia da promoción turísti ca da provincia en Fitur 2021. “Foron tres xornadas moi positi vas de intenso traballo no escaparate de turismo máis impor-tante do mundo, en base ás que xa

estamos a preparar a promoción de cara ao ano que vén”, subliñou a De-putada.José Tomé e Pilar García Porto parti -ciparon nas presentacións insti tucio-nais da Semana Santa de Galicia e na da comunidade autónoma, ademais de conti nuar con reunións profesio-nais e contactos con outros parti ci-pantes.

Así mesmo, o presidente da Deputa-ción ti vo ocasión de saudar en Fitur ao Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen felicitou pola súa investi dura e co que manti vo un intercambio de opinións sobre a si-tuación e os retos fundamentais da provincia, no que quedou claro o compromiso do novo Executi vo cen-tral co seu impulso.

A Deputación amosa unha gran sati facción do seu paso por Fitur

O presidente da Deputación, departi ndo co presidente do Goberno

Page 27: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020 27sociedade

A Uned sénior visitou o Museo do Pobo Galego en Santiago Estampa da última ruta de Btteando por Guitiriz

Charla no centro de día de Abadín sobre alimentación saudable Alumnos do CPI Virxe do Monte de Cospeito visitaron o IES Lois Peña Novo co programa Atrévete

Premiados no concurso de postais de Nadal Escolares de Begonte e Baamonde celebraron o Día da Paz

O Tecor Terra Chá entregou a donación anual ao comedor social

Page 28: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

28 febreiro 2020 opinión

COLABORACIÓNS

Recoñece un servidor que ti ña en mente es-cribir un arti go moi diferente, mais a ac-tualidade manda e

neste caso, logo da publicación dunha nova nos xornais locais e que de inmediato foi espallada coma o lume polos diversos me-dios de comunicación, desde a prensa ata a radio e televisión, tanto aquí en Galicia como fóra, o tema ten que ser necesariamente outro. Neste caso, o asalto duns xubilados ás instalacións do bal-neario de Guiti riz, levando con-

sigo toallas, albornoces e outros obxectos que se atopaban dentro do edifi cio. Coruñeses eles e elas que andaban de excursión pola zona que serían posteriormente interceptados non moi lonxe pola Garda Civil, quen procedeu a re-quisarlles o material substraído.Os memes e as bromas sobre este suceso foron múlti ples e varia-das, suscitando a brincadeira e a risa de todos eles. Escoitouse dicir que os avoíños, ante a feble su-bida da súa pensión, era un furto como este unha opción para saír da precariedade; que tamén can-do parti cipaban nos programas de turismo e termalismo social do Imserso, levaban a cabo prácti -cas similares, incluso coa comida. E algunha que outra viñeta na

prensa, que plasmaba a imaxina-ción sen límites dos debuxantes. En fi n, que unha vez máis desde a Nosa Terra suscitamos a risa e o cachondeo de nosoutros mesmos e dos demáis.Aínda que, analizando o feito, se de algo carece é de graza. En primeiro lugar, tennos que caer a alma ós pés ver o que foi no seu día un hotel balneario pun-teiro, con campo de golf anexo, cuns servizos de primeiro nível, esmorecer e ser víti ma de actos vandálicos sen que existan reme-dios para elo. Agardemos que o máis axiña posible volva reabrir as súas portas, xere de novo va-rias ducias de postos de traballo e as súas habitacións volten estar ateigadas de clientes que veñen

recibir as famosas augas.En segundo termo, non poden producir simpatía as imaxes destes xubilados coruñeses en-trando nun edificio que, teña ou non teña dono, a eles e a elas non lles pertence, e decidan le-var consigo o que consideraron oportuno. Presuponse que os va-lores e principios humanos con-denan este tipo de actuacións, que din moi pouco –mellor dito, din abondo- de quen as realiza. É sorprendente que algunhas per-soas lles poda atraer levar para as súas casas un par de toallas, que a fin de contas teñen un cus-te mínimo e que non son súas. Sinceramente, resulta difícil ato-parlle xustificación.Despois queixámonos da corrup-

ción na políti ca, pero esquece-mos que quen a exerce forma parte desta sociedade na que vivimos. Non son homes e mu-lleres que chegan doutro mundo e tampouco son extraterrestres. Evidentemente, non é o mesmo roubar un albornoz que levar unha comisión millonaria, por su-posto que non. Mais cómpre non desculpar a fazaña dos maiores coruñeses en Guiti riz, porque se a relati vizamos e miramos para ou-tro lado estaremos demostrando que temos moitos défi cits como comunidade, importándonos moi pouco o ben común. E aí si que es-taría o verdadeiro problema.Non si, queridos lectores?.

Pablo Veiga

O asalto dos xubiladosCOA NOSA VOZ

Ramón Paz Borroto na-ceu no municipio cuba-no de Ciego de Ávila o 31 de agosto de 1924, coincidindo coa festa

de San Ramón. Coñecido no seu círculo máis ínti mo como ‘Chavi-to’, era fi llo de Isidro e de Sara, que foron grandes amigos do meu avó Mario Xosé. Sendo un meniño ti vo que afrontar a morte prematura do seu pai, unha circunstancia que deixou á familia nunha situación realmente complicada, e que re-mataría por obrigalo a abandonar os estudos cando estaba a piques de cursar o cuarto grao. Na xu-ventude destacou polo seu labor revolucionario e, xunto a outros compañeiros, dedicouse á axita-ción sindical, fundamentalmente nas provincias de Camagüey, Ha-bana e Santi ago de Cuba. Por ese moti vo foi considerado personaxe histórico do municipio de Morón. A difí cil situación socioeconómica do momento formou a súa con-ciencia de clase e converteuse nun acérrimo inimigo dos males que azoutaban á sociedade. Sendo moi novo trasladouse primeiro a Camagüey e posteriormente á Ha-bana, establecendo contacto cos revolucionarios que preparaban a “expedición de Cayo Confi tes”, un

movemento militar contra Rafael Leónidas Trujillo organizado den-de Cuba en 1947 coa fi nalidade de derrocar ao ditador dominicano. Deste xeito coñeceu a Fidel Castro Ruz e a Carlos Guti érrez Menoyo, que formaron parte daquela fra-casada aventura revolucionaria.Ramón Paz comezou a traballar no Central Santa Marta, dedicado a produción de caña de azucre, e despois pasou ás minas de Char-co Redondo, na rexión de Oriente, onde ti vo serias difi cultades cos donos do lugar debido ao seu ca-rácter rebelde. Pertenceu ao sin-dicato de mineiros e parti cipou acti vamente nas protestas contra os perigos aos que se expoñían os traballadores baixo terra, a falla de solidariedade e os baixos sala-rios, que apenas chegaban para subsisti r.Vencellouse ao Movemento 26 de Xullo, ás ordes de Frank Pais Gar-cía, descendente de emigrantes galegos de Marín. Dentro da orga-nización dedicouse á captación de persoas, de armas e tamén de fon-dos para o fi nanciamento da loita revolucionaria. Malia a escudarse nun anteface para realizar as súas accións, foi recoñecido por unha testemuña e caeu nas mans do coronel Alberto Chaviano, un ofi -cial do réxime de Bati sta coñecido pola súa especial dureza, quen o encadeou nunha cela ti po caixón e torturouno durante varios días, sen sacarlle información algunha.

Un dos seus familiares logrou que o liberasen e regresou con Frank Pais, que o desti nou a Sie-rra Maestra en agosto de 1957, cunha pistola como agasallo para a súa protección persoal. Unha vez instalado na comandancia do Exército Rebelde en La Plata, Fi-del Castro encargoulle o mando dunha escuadra. A súa primeira acción como guerrilleiro foi en Ve-guita, xunto ao capitán Lolo Sardi-nas, mais parti cipou axiña noutras accións: Altos de Pinos Quemados, Casa de Piedras, El Pozón, El Jigüe, Naranjal, Ocujal de Turquino, Oro de Guisa, Altos de la Caridad, Pal-ma Mocha, El Naranjo e Purialón. Unha mensaxe do comandante Che Guevara enviada ao tenente Hugo del Río dicía: “Lémbrate que Paz é o noso mellor capitán, un pouco duro ás veces, pero xusto e moi valente”.O 25 de xullo de 1958 foi ascendido a comandante en Sierra Maestra

e dous días máis tarde parti u cun-ha importante misión cara á zona onde se atopaba o tenente coronel Sánchez Mosquera, máximo res-ponsable das operacións contra os revolucionarios. Alí chegou no amencer do 28 de xullo, xusto no mesmo lugar onde o comandante Camilo Cienfuegos acamparía un mes despois. Ramón Paz e outros compañeiros durmiron naquel em-prazamento o seu derradeiro sono de liberdade, pois a mala sorte fi xo que caeran nunha emboscada preparada polas tropas de Bati s-ta, que ocupaban o mesmo fi rme onde se atopaba o comandante Eddy Suñol. Tras ordenar a reti ra-da aos seus homes, Ramón quedou para cubrilos. Viu caer a varios compañeiros, que se atopaban ao seu carón, e aos poucos minutos foi alcanzado polos disparos dun-ha metralladora, que o mataron ao instante na alborada do 29 de xullo de 1958. Por casualidades da

vida, ese mesmo día -unha ducia de anos despois- nacería eu a esta beira do Atlánti co.Despois dos ti roteos, os revolucio-narios comprobaron que os solda-dos bati sti anos sufriran numerosas baixas, e que entre os feridos esta-ba o propio Sánchez Mosquera, en estado grave. Ao solpor, os guerri-lleiros lograron rescatar o corpo de Ramón Paz Borroto. Comunicóuse-lle a Fidel Castro a súa morte e can-do o comandante en xefe chegou a El Salto, dispuxo a recollida de todos os seus documentos e per-tenzas; entregou a pistola de Paz ao tenente Luciano Paco Gullén e díxolle: “Gárdaa até que os rapari-gos sexan homes”, referíndose aos fi llos de Paz. Máis de trinta anos despois da morte do comandante Ramón Paz, o meu pai -a quen o avó Mario Xosé tamén chamaba agarimosamente ‘Chavito’- con-toume por riba este relato nunha tarde de outono en 1991, poucos días antes de emprender a miña primeira viaxe á illa caribeña como enviado especial de prensa. A clave para comezar esta pescuda sobre Ramón Paz Borroto era “Frente Oriental Frank Pais”, polo que ti ven que desprazarme a Santi ago de Cuba na procura de máis informa-ción. Unha vez alí, achegueime até o Cuartel Moncada, hoxe converti -do na “Ciudad Escolar 26 de Julio”, onde existe un espazo dedicado a museo sobre os feitos relacionados coa resistencia en Sierra Maestra.

Moncho Paz

Comandante Paz, alias ‘Chavito’A CASA DOS MARIOS

Moncho Paz no cuartel Moncada de Santi ago de Cuba en 1991

Page 29: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020 29opinión

María Isabel Vázquez Rodríguez, poeta galega en Euskadi

Foi o historiador vasco Eduardo Renobales quen me presentou a súa compañeira de traballo en Correos, a poeta ga-

lega María Isabel Vázquez, afi n-cada en Santurtzi, que despois de nacer en Palas de Rei emigrou con seus pais a Euskal Herria en 1965, cando aínda non cumprira os dous anos.Afi ncáronse en Sestao e na súa casa vivíase nun ambiente galego, pois no núcleo familiar falábase o noso idioma. Isto fi xo que a nena se dera conta de que seus pais fa-laban diferente dos veciños e dos pais da maioría dos seus compa-ñeiros do colexio. Sentí ase rara e sentí a rara tamén a súa familia, pero ela non dicía nada, ata que un día oíu recitar na escola as Canti gas de Alfonso X, O Sabio, e saíu do colexio a toda velocidade, chegou á casa e díxolle a súa nai: “¡Hay un rey muy listo que habla como nosotros!”Desde aquela deixou de senti rse rara para senti rse orgullosa dun idioma que falaba un rei moi listo. Empezou a darlle valor ao idioma e senti lo como algo natural; to-mou conciencia do que era ser ga-lega e da beleza da lingua na que sempre lle falaron seus pais e seus avós, procurando a parti r daquela

lelo e aprendelo.Vivía no País Vasco, onde ti ña as súas amigas e amigos, pero ato-pábase entre bloques de cemento, sen embargo, cando ía pasar as vacacións con seus pais a Galiza era outro mundo: ía polas chou-sas, vía animais e un mundo de liberdade; montar nun carro de vacas cheo de herba; ver esa rela-ción tan ínti ma entre os animais, que o home precisa deles e os animais dos homes. Viu que para os seus avós as vacas e os cochos eran os seus tesouros. Chamába-lle moito a atención os nomes das vacas, non porque todas ti veran nome de muller como dicía Feixoó, senón porque se repetí an en case todas as casas e case todos ti ñan unha Gallarda, unha Parrula, unha Roxa, unha Pomba ou unha Linda, polo que nun poema que está a fa-cer nomea a campá que levaba a Linda e que conserva na súa casa coma se fora unha reliquia. A parti r dos 17 anos empezou a ler a Rosalía, a Curros e outros, vellos e novos, así como estudar a gra-máti ca galega para poder escribi-lo. Namorouse de Galiza, das súas supersti cións e das lendas que lle contaban; dos espíritos, dos apa-recidos e da Santa Compaña. Pen-saba que todo aquelo era un gran mundo para a literatura. Despois licenciouse en Xeografí a e Historia pola Universidade do País Vasco e agora compaxina o seu traballo en Correos coa escritura e a inves-ti gación histórica e literaria, non

querendo ocultar o amor que sen-te pola nosa lingua, pensando que vascos e galegos temos moitas cousas en común e unha delas é a loita polas nosas linguas, linguas minorizadas que debemos coidar para non perder a nosa identi da-de.Con respecto ao mundo poéti co discrepa daqueles que tratan de enxebres aos que falan da natu-reza, do campo, porque pensa que hai unha dicotomía entre a modernidade e o enxebrismo, ou o costumismo que ela non ve mal, pois trata sobre a relación do home e a muller coa natureza, pero hoxe o que prima na nova poesía é o feminismo, que malia a estar de acordo con el, non quere desbotar ese costumismo porque forma parte de nós. Di que para valorar aos poetas non hai que ter en conta nin a idade nin o xé-nero. É unha namorada de Rosalía porque denuncia as inxusti zas so-ciais, por iso gusta dos estudos de

María Pilar García Negro, que nos seus ensaios sobre Follas novas danos outra idea de Rosalía non tan negra, porque pensa que hai que fuxir deses tópicos. Para ela a súa poesía parte da sinxeleza, porque quere que todos entendamos o que quere dicir e procura documentala introducin-do nos seus poemas citas dou-tros escritores, a modo de guiei-ro, para, ao mesmo tempo que a leemos a ela, levarnos a esoutros autores que van en consonancia co poema, e pensa que o aba-no da literatura galega non está completo si non se ten en conta a literatura que se fai na diáspora, porque o mero feito de estar fora crea unha serie de solape que dá frescura e aporta algo esencial á literatura galega.O primeiro premio literario que acadou foi o de poesía da Agru-pación de Hijos de Galicia de Ses-tao; despois o primeiro premio de poesía en galego no XV Certame

“Anduriña Voandeira”, convocado pola Irmandade de Centros Ga-legos en Euskadi; XIX Premio de Poesía en Galego Poeta Azul de Ferrol “Xosé María Pérez Parallé”; segundo premio no XL Certame Literario do Concello de Vilalba (Agosto, 2015), co libro Cinza de estrelas, editado por Alvarellos e presentado en Vilalba, e o segun-do premio no V Certame de Cartas de Amor de Leioa (Bizkaia), entre outros accésits e recoñecementos O de Isabel é un caso moi pareci-do ao do poeta obreiro, Manuel Rodríguez López, que emigrou a Barcelona aos seis anos de idade e do poeta galego e revolucionario cubano Manuel Álvarez Fuentes, fi llo dun emigrante que chegou de polisón nun barco á Habana escapando da guerra de Marrocos con so dezasete anos e dunha fi lla de galegos emigrados na illa an-ti llana: Un home que presume de ter dúas patrias e dúas bandeiras, que sen xamais pisar o chan gale-go nunca renegou do seu sangue arteixán e galego... un verdadeiro exemplo de patrioti smo e de senti -mento, como ben dixo o profesor Carlos Loureiro Rodríguez.Estes tres poetas non se parecen polo conti do ou composición das súas obras, senón por haber emi-grado sendo uns neniños ou nacer na emigración -como o cubano-, en que aprenderon o galego oín-dollelo a seus pais para facer a súa obra poéti ca na nosa lingua e polo seu exemplo de amor a Galiza.

Raul Río

FAÍSCAS QUE ESPALLA O VENTO

A elección sobre o ti po de alimentación que levará cada bebé é unha decisión com-plexa, polo que a

valoración dos pros e dos contras con sufi ciente información, resul-ta indispensable para tomar a op-ción máis adoitada e favorecer a tranquilidade principalmente ma-terna, tras unha elección ou outra. Nunha conversa sobre a lactación moi probablemente varios dos presentes, defendan sen lugar a dúbida que a lactancia materna ten máis benefi cios que a arti fi cial, é dicir a alimentación con biberón. Por suposto sería un comentario

moi acertado, pero realmente coñécense todas as vantaxes que dita alimentación ten para o bebé e para a nai?, que madres poden e non poden facer fronte a lactación materna tendo que optar pola ar-ti fi cial?A primeira premisa dos benefi cios da lactancia materna é que a OMS a defi ne como a forma ideal de aportar ós pequenos os nutrientes necesarios para un crecemento e desenvolvemento saudables, sen-do a forma máis efi caz de asegu-rar a saúde e supervivencia dos nenos. Ademais, dita organización fai fi ncapé en que todas as mulle-res poden amamantar, sempre e cando dispoñan de boa informa-ción e apoio da súa familia e do sistema de atención de saúde. A conti nuación pódese ver unha pequena mostra das vantaxes que este ti po de alimentación ten para bebé e a nai como evitar in-feccións e enfermidades no bebé,

así como mellora o seu desenvol-vemento psicomotor e intelectual.Evita défi cits nutricionais no pe-queno. Aforra cartos e evita per-der tempo no supermercado, reduce o risco de padecer obesi-dade, sobrepeso, colesterol, asma, diabetes de ti po II... na etapa ado-lescente e adulta. Mellora o víncu-lo nai-fi llo reduce as posibilidades de depresión postparto, favorece a perda de peso corporal da nai e axuda na redución do sangrado, reduce o risco de osteoporose e cancro de mama e ovario.Ademais da súa composición nutricional xeral, existe unha di-ferenza moi importante entre ambos ti pos de leite, posto que o leite de fórmula contén sempre os mesmos nutrientes mentres que o materno adáptase ás necesidades do bebé, regulando a liberación de anti corpos, encimas, ácidos graxos, hormonas... Por tanto, non conta coas mesmas caracte-

rísti cas o leite dun lactante san que dese mesmo lactante en mo-mentos de enfermidade. Os máximos benefi cios, alcánzan-se seguindo unha lactancia mater-na exclusiva durante os primeiros 6 meses de vida, a parti r de aquí, non se acaba a recomendación desta fonte de nutrientes, se non que pasa a ser complementada (nunca substi tuída) polo resto de alimentos. Este consumo de leite materna e aconsellable mante-lo ate polo menos os dous anos de vida; a parti r desta etapa, xa depende de ambos implicados o tempo que se queira ou non pro-longar. A lactación materna non presenta ningunha contra, pero si existen al-gúns mitos ó redor dela que poden facer que sexa unha prácti ca me-nos habitual do desexado, como por exemplo que afecta a forma dos peitos da nai, que acostuma mal o bebé, que hai que comer do-

bre para producir máis leite, que o leite aportado non é sufi ciente, que o leite é demasiado augado para cubrir as necesidades do pe-queno e un longo etcétera. Aínda que é unha porcentaxe ínfi ma, existen casos no que re-sulta inviable aportar este ti po de alimentación ós cati vos, pero que non se poda ofrecer o peito directamente a un bebé non que-re dicir que a alimentación teña que ser arti fi cial. Existe como op-ción reti rar ó leite cun saca-leites e ofrecelo igualmente ou incluso alimentar ó bebé con leite obti da dun banco de leite materna (existe un no Hospital Clínico Universita-rio de Santi ago).A decisión é complicada e debe quedar claro que calquera das dúas eleccións é perfectamente válida, así pois e tras haber ofre-cido a información adecuada a decisión fi nal da nai debe ser res-pectada por igual.

Marta P. FandiñoNutricionista enCentro Terapeúti co Mondo

A lactancia maternaNUTRICIÓN PASO A PASO

Page 30: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

30 febreiro 2020 cultura

TELÉFONOS DE INTERESE

Os arti gos de opinión publicados refl icten unicamente posturas persoais dos seus autores. O conti do dos arti gos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Centro de Saúde: 982 33 21 41

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Garda Civil: 982 52 00 17Centro de Saúde (cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Centros de Saúde (cita previa) 982 21 10 18Castro de Rei: 982 31 42 11Ribeiras de Lea: 982 31 11 14

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Centro de Saúde: 982 39 69 02

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 / 982 50 10 55

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Garda Civil: 982 39 00 05Centro de Saúde: 982 39 01 01

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Garda Civil: 982 37 00 01Centro de Saúde: 982 37 21 10Parga P.A.C: 982 37 05 00

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Centro de Saúde (cita previa): 982 51 03 11

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 35 69 27 Cita previa: 982 33 02 40

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 / 982 34 53 76

ABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Centro de Saúde: 982 50 81 22

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

Teléfonos: www.terrachaxa.com+

AS PONTESConcello: 981 45 31 16Policía Local: 981 45 31 91Garda Civil: 981 45 00 05Centro de Saúde (cita previa): 981 45 12 51

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

AXENDA DA TERRA CHÁ

OBRADOIRO TEATRAL IGUALDADEVenres ata marzoFriol

ENTROIDO GASTRONÓMICOAta o 22 de febreiroVilalba

CAMPIONATO DE FUTBOLÍN15 de febreiroParga, Guiti riz

ENTROIDO15 de febreiroColexio San Salvador da Pastoriza

ESPECTÁCULO SÓ, CIRCO-TEATRO15 de febreiroVilalba

CONCERTO DE JUAN ZELADA22 de febreiroVilalba

FEIRA DO GRELO22 e 23 de febreiroAs Pontes

ENTROIDO23 e 24 de febreiroCastro de Rei

XANTAR E ENTROIDO23 de febreiroA Pastoriza

EVENTOSENTROIDO23 e 24 de febreiroPavillón do colexio de Riotorto

ENTROIDO MEIRA24 de febreiroPavillón de Meira

ENTROIDO AVELINO DÍAZ-MEIRA24 de febreiroCeip Poeta Avelino Díaz de Meira

ENTROIDO RÁBADE24 e 25 de febreiroCentro sociocultural de Rábade

ENTROIDO XERMADE24 de febreiroPavillón de Xermade

ENTROIDO VAL DE FRANCOS25 de febreiroCastro de Rei

ENTROIDO MURAS25 de febreiroLocal social de Muras

ENTROIDO POL25 de febreiroMosteiro, Andión e Luaces

CONCERTO BANDA DA LOBA29 de febreiroVilalba

CAN DE PALLEIROAta o 17 de febreiroCasa da Cultura, Vilalba

EXPOSICIÓNS

Máis eventos en:www.terrachaxa.com

ALZHEIMER E DEMENCIAS5 de marzoXermade

NOVAS TECNOLOXÍASDe febreiro a maioTelecentro de Begonte

TALLER DE TECEDURÍADe febreiro a marzoÁrbol, Vilalba

CURSOS

DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZAta o 23 de abrilMeira e Riotorto

CARTEL TORTA DE MILLOAta o 19 de febreiroGuiti riz

CARTEL ESCOLA DE MÚSICAAta o 3 de abrilGuiti riz

CONCURSOSENTROIDO BEGONTE29 de febreiroPavillón Municipal de Baamonde

ENTROIDO CASTRO RIBEIRAS29 de febreiroCastro Ribeiras de Lea

DÍA DE ROSALÍA CARBALLO29 de febreiroCarballo, Friol

EL TESORO DE BARRACUDA7 de marzoVilalba

CONCERTO TANXUGUEIRAS13 de marzoVilalba

FESTIVAL MANS UNIDAS14 de marzoVilalba

CAMPIONATO DE TUTE14 de marzoCondes, Friol

XUNTANZA EX ALUMNOS19 de marzoCorbelle, Vilalba

XUNTANZA 45 ANIVERSARIO21 de marzoCastro de Rei

Page 31: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

febreiro 2020 31cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Manuel Martínez (Maradona)

Técnico de deportes de Guitiriz

un libro un disco

A prensa Calquera de Pimpinela

unha película unha personaxe histórica

Gladiatorde Ridley Scott

Jesucristo

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Barcelona A Coruña

unha comida unha bebida

Churrasco ou marisco Auga ou cervexa sen alcol

que ler?

que ver?

A aparición de Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da Gguerra Civil. O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos. Corenta anos despois do falece-mento do autor de Longa noite de pedra, este libro confirma que esa luz da súa poesía, leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo.

Birimbao. Poemas de mí para ti Celso Emilio Ferreiro e Francisco Xavier Ferreiro Loredo

que escoitar?

É o sexto álbum de estudo da cantante estadounidense Lana del Rey. Polydor e Interscope Records lanzárono ao mercado o 30 de agosto de 2019. Del Rey e Jack Antonoff produciron principalmente o álbum, con contribucións adicionais de Zach Dawes, Andrew Watt e o antigo colabo-rador de Del Rey, Rick Nowels. Musicalmente, Norman Fucking Rockwell componse de jams de psic-rock e baladas de piano e presenta referencias a varios artistas de rock clásico.

Norman Fucking RockwellLana del Rey

Sonic, o descarado ourizo azul baseado na famosa serie de videoxogos de Sega, vivirá aventuras e desventuras cando coñece ao seu amigo humano e policía, Tom Wachowski (James Marsden). Sonic e Tom unirán as súas forzas para tratar de deter os plans do malvado Dr. Robotnik (Jim Carrey), que tenta atrapar a Sonic co fin de empregar os seus inmensos poderes para dominar o mundo.

Sonic, a películaFantástico, comedia, aventuras, animación e videoxogo

Page 32: nº 194 febreiro 2020 A Chaira gozará co Entroido as pontes.terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TERRACHAXA... · 2020. 2. 14. · martes 18 de febreiro que terá lu-gar na

32 febreiro 2020 reportaxe

O Mosteiro de MeiraDESCUBRINDO O PATRIMONIO

No corazón de Santa María de Meira le-vántase este mosteiro homónimo, un dos re-ferentes máis signifi -

cati vos da Orde e a arte do Císter galego e peninsular. Desafortuna-damente pouco máis que a igrexa e parte do claustro novo queda en pé, máis, aínda así, podemos facernos unha idea da maxestosi-dade e importancia que ti vo des-de a súa orixe esta casa, fundada directamente dende Claraval, consti tuíndose coma un dos mais puros exemplos da arquitectura do Císter que atopamos no noso territorio e que nos permiti ría

comprender os ideais relixiosos que trouxeron os monxes france-ses dende a abadía nai.Segundo as táboas do Císter, a fundación do mosteiro de Meira ti vo lugar o día primeiro de xuño de 1143, emprazado nuns terreos doados polo rei Alfonso VII ós Condes de Sarria, os cales á súa

vez o cederon a esta Congrega-ción. Tras o seu asentamento o mosteiro percibiu gran canti dade de doazóns reais e fi dalgas, xeran-do así unha canti dade de ingresos que o fi xo medrar, tanto patrimo-nialmente como en termos de poder, o que tamén lle permiti ría sumarse ás sucesivas renovacións esti lísti cas e ampliacións propias da Idade Moderna. Non será ata o s. XIX cando o mosteiro come-zará o seu período de decadencia, marcado polas pillaxes da invasión francesa e polas desamorti zacións de Godoy e Mendizabal, reducin-do as sinais do seu esplendor. No século XX, tras o seu conti nuado

uso como canteira, só quedará en pé a igrexa e parte do claustro do século XV, este últi mo adquirindo a función de Casa Consistorial. En 1931 estes restos foron declara-dos Monumento Histórico-Artí sti -co, pertencente ó Tesouro Artí sti -co Nacional.A igrexa do mosteiro de Meira,

actualmente igrexa parroquial, é un dos modelos máis puros ex-portados dende Claraval e o “Plan Bernandín”. Posúe unha planta de cruz lati na con tres naves de nove tramos no brazo lonxitudi-nal e unha única nave de cinco tramos no transepto. A cabecei-ra está composta por 5 capelas, a maior de planta semicircular e dúas rectangulares por cada bra-zo. A nave central e a do transep-to están cubertas con bóveda de canón apuntada, mentres que as laterais fano a través de bóvedas de aresta. As columnas presentan capiteis de forma acampanada e escasa decoración segundo os

preceptos de austeridade, e as basas adoptan o modelo áti co. No interior da igrexa tamén se conserva unha notable mostra de retablos barrocos de afamado ar-quitectos e tallistas coma Fernan-do de Casas, Xerónimo de Castro ou Miguel de Romay, ademais do sarcófago de D. Pedro de Miranda

e a súa esposa e unhas impresio-nantes pinturas murais datadas entre 1623 e 1626, localizadas na xirola do templo.No exterior destaca a fachada principal presidida polo rosetón e a portada abucinada con arqui-voltas decoradas, así coma a porta de madeira orixinal do século XIII e o seu impresionante traballo de forxa. Os muros da igrexa, cons-truída mediante perpiaños e ca-chotería e cinguidos por robustos contrafortes, destacando en altu-ra a capela maior e o conxunto de canzorros que a decora (cabezas animais, vexetais, etc).En canto ás dependencias mo-

nacais, pouco sobreviviu do que foi a fábrica do s. XIII e das súas modifi cacións durante os sécu-los XVI e XVIII. Adosado á igrexa chegou a nós un tramo aboveda-do do claustro baixo primixenio que correspondería coa Porta dos Monxes, cuberto cunha bóveda de nervaduras tardogóti cas das

que tamén se poden apreciar os seus arranques no paramento externo sur da igrexa. Do mes-mo xeito manti véronse restos do claustro novo ou da Portería, un claustro edifi cado durante o sé-culo XV para acoller o Colexio de Filosofí a da Orde. Só se conserva unha unha crujía cunha estrutura de dous pisos, organizando o in-ferior mediante arcos de medio punto apeados sobre columnas de inspiración clásica, e o superior arquitrabado e ornamentado con casetóns rectangulares, susten-tado mediante columnas dóricas con zapatas. A fachada tamén se organiza en dous pisos, enmarca-

da por catro columnas adosadas que arroupan un gran portalón en arco de medio punto. A portada remata mediante un arquitrabe sobre o que se atopa un gran fron-tón que alberga o escudo da Con-gregación de Castela coroado por unha peineta co escudo de armas do Concello.

Pinturas do Mosteiro de Meira e a porta orixinal