Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por...

24
Cerne emPresa Mercamelide pecha unha das edicións con maior afluencia de público P8 O xornal da Terra de melide Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta a gardería da Galiña azul abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal. Pais e nais participaron nunha xornada de portas abertas. P11 José ribagorda, nomeado embaixador do melindre O xornalista e gastrónomo convértese no primeiro co- mendador de 2015. Apelou no seu discurso a manter a esencia e autenticidade da repostería tradicional. P12 meliDe COmarCa Perde a vida un operario de Santiso mentres traballaba en San Román P16 enTrevisTa Karim Gamil Clínica Dental P23 Os independentes de Toques intégranse no Partido Popular Era un rumor que levaba tempo pla- neando sobre o panorama político de Toques e que finalmente se con- firma: o PP integra nas súas filas ao partido independente XCPT e esce- nifica así a reconciliación cos her- deiros políticos do exalcalde Jesús Ares, expulsado do partido en 2004. Poida que non sexa a única novi- dade de cara ás próximas eleccións municipais xa que Miguel Buján, al- calde polo PSOE entre 2007 e 2009, valora volver á area política. P14 A Deputación estudará o xeito de colaborar co museo para que non peche P13 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) O líder de XCPT pasará a ser cabeza de lista do PP nas eleccións municipais Jorge Calvo irá de número 2. Se ganan os comicios, alternarán na alcaldía

Transcript of Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por...

Page 1: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Cerne

emPresaMercamelidepecha unha dasedicións conmaior afluenciade público P8

O xornal da Terra de melideNº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta

a gardería da Galiña azulabrirá as portas en marzo

Falta por instalar o gas e planificar o traslado de partedos cativos dende a escola municipal. Pais e naisparticiparon nunha xornada de portas abertas. P11

José ribagorda, nomeadoembaixador do melindre

O xornalista e gastrónomo convértese no primeiro co-mendador de 2015. Apelou no seu discurso a mantera esencia e autenticidade da repostería tradicional. P12

meliDe

COmarCaPerde a vida un operario deSantiso mentrestraballaba enSan Román P16

enTrevisTa

Karim GamilClínicaDental P23

Os independentes de Toques intégranse no Partido Popular

Era un rumor que levaba tempo pla-neando sobre o panorama políticode Toques e que finalmente se con-firma: o PP integra nas súas filas aopartido independente XCPT e esce-nifica así a reconciliación cos her-deiros políticos do exalcalde JesúsAres, expulsado do partido en 2004.Poida que non sexa a única novi-dade de cara ás próximas elecciónsmunicipais xa que Miguel Buján, al-calde polo PSOE entre 2007 e 2009,valora volver á area política. P14

A Deputaciónestudará o xeitode colaborar comuseo para quenon peche P13

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarcaTfno: 981 50 61 88 - [email protected]

Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

O líder de XCPT pasará a ser cabeza de lista do PP nas eleccións municipaisJorge Calvo irá de número 2. Se ganan os comicios, alternarán na alcaldía

Page 2: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

2 Editorial Cerne 109. Febreiro 2015

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COOrDinaCiÓn e reDaCCiÓn: Iván G. Blanco

eDiCiÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)enDereZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]Óns: Vanessa Martínez, César C. Vega, Pepe Núñez

aGraDeCemenTOs: Pilar López, Adolfo Álvarez, Imprenta MeligrafimPresiÓn: Publicaciones Tameiga S.L.

DePÓsiTO leGal: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAL..................................2

-EMPRESA.....................................3

-MELIDE.......................................11

-COMARCA...................................14

-CuLTuRA E LECER....................19

-COLABORACIóNS......................22

-ENTREVISTA..............................23

ÍnDiCe

Editorial Tribuna de opinión

A propósito de Falciani Queremos galegoXunta Directiva de aseTem-CCa

Máis de 20.000 persoas saí-ron ás rúas de Compostela opasado 8 de febreiro para be-rrar “Queremos galego” e de-mandar da Xunta de Galiciaunha política lingüística dife-rente que mire polo idiomapropio en horas baixas.

Para quen quere ver políticaneste tipo de manifestaciónsou se empeña en relativizar unproblema que nos afecta comopobo, están os datos. Non ospublica ningún partido ninplataforma, senón os servizosestatísticos da Xunta. Din, porexemplo, que o 22% dos me-nores de 14 anos nacidosen Galicia son incapaces deexpresarse en galego. E paraquen queira negar ou cuestio-nar os datos, está a realidade.Non a da nosa comarca, que

é aínda un paraíso metidonunha burbulla, pero si a decalquera outra vila ou cidade.Tamén a de moitas escolas cocastelán como lingua maternanas que o galego xa se estudacoma se fose inglés. Así é quecada vez escoitaremos máisiso de “yo lo entiendo pero nolo sé hablar”. Con toda norma-lidade. Imaxinan que pase isoco castelán? Botaríamos asmans á cabeza. Aí está a desi-gualdade entre as dúas lin-guas. Por iso apoiar o galegonon é impoñelo, senón facili-tar a súa implantación nunhasociedade na que estivo tradi-cionalmente discriminado ena que permanece en inferio-ridade de condicións. Fagá-molo polas fillas dos nososfillos. Queiramos galego!

Xa hai tempo queoímos falar dela,pero non foi ataagora que empe-zamos a saber dosnomes que conténa coñecida comoLista Falciani, eserelatorio de clien-tes que acudironá filial suíza dobanco británicoHSBC para ago-char contas millo-narias e evadirimpostos. O docu-mento, filtrado en2008 por un exempregado do banco, HervéFalciani, recolle a identidadede 106.000 clientes con con-tas opacas. Procedían de 203países distintos e acumulabanun saldo total de 100.000millóns de dólares.

As cifras da fraude son ensi escandalosas, pero a ListaFalciani deixa tras de si unregueiro de reflexións igualde alarmantes. A primeiraatangue á entidade bancaria,o HSBC, que non só serviu deparapeto para a fraude, senónque axudou a numerososclientes a evadir impostos e aocultar riquezas asesorándoossobre como evitar as autori-dades fiscais en cada país.

Nun segundo chanzo estáa desidia do goberno español,que xa no propio ano 2008

tivo coñecemento dos 2.694cidadáns do país que figura-ban na lista e que agochabanirregularmente nesas contas1.800 millóns de euros. Ade-mais de negarse a revelar osnomes, fixo pouco ou nadapor actuar contra os paraísosfiscais que dan cobertura áfraude e tamén aloxamento,segundo datos dos técnicos deFacenda, ao 94% das socieda-des do IBEX 35. Sumamos aisto outro dato: o 70% da eva-sión fiscal é practicada polosgrandes conglomerados em-presariais.

Como contraposición aoque se debería facer, actuaronde está o problema, atopa-mos aquí unha lei de amnistíafiscal de recente factura quepermitiu regularizar contas de

xeito case gratuíto e sen custopenal ningún. De tanto enco-ller os ombreiros, xa nos em-peza a saír chepa, pero o quemáis amola o ánimo é vercomo algúns evasores ousaronincluso dar consellos sobre axestión económica do paísmentres outros se presentaroncomo modélicos defensoresdas cores patrias ao tempo quesumaban ceros ás súas contasopacas en Suíza.

E que queda despois detodo isto? Pois a sensación deque o rico ten o dereito naturala defraudar como algo innato,propio e acorde á súa condi-ción. A sensación da frustra-ción, a constatación de queformamos parte dun sistemaonde as minorías lla xoganconstantemente ás maiorías.

¡TENGO UNO!

Page 3: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Empresa 3Cerne 109. Febreiro 2015

O comercio de melide percibe os primeirossíntomas da recuperación económica

Os últimos datos publicadospolo Instituto Nacional deEstatística (INE) debuxan unpanorama pouco alentadorpara o sector do comercio enGalicia, que encadea seteanos sen alzas nas vendas. Abaixada dos prezos duranteo ano pasado e os fortes des-contos aplicados na campañade Nadal non foron suficien-tes para que a comunidadeseguise a estela do conxuntodo estado, onde a facturacióndo sector medrou no 2014un 0,9%, rexistrando así oprimeiro incremento dendeo inicio da crise.

Trasladando os datos ásrúas de Melide, onde o sectorservizos representa un dospiares da súa economía, oscomerciantes identifícansecon ese escenario de estancamento:“aquí no último ano non melloramosmoito pero tampouco fomos a peor”,di a propietaria de Marvi, unha tendade lencería do casco vello. A súa percep-ción vai en sintonía coa da maioría dosseus colegas da vila, para quen o sectortocou fondo en 2013 e a melloría tardamáis do desexado en chegar.

Brotes verdesA pesar do estado de atonía, comezana xurdir voces que falan dun clarocambio de tendencia e que certificanos primeiros síntomas da recupe-ración. É o caso de Esther Bouzo, pro-pietaria de La Cortina, para quen o2014 marcou un antes e un despois:“os dous anos anteriores foron horri-

bles, pero en 2014 notei melloría. Foibastante bo; oxalá que o 2015 sexacoma el”. Con todo, apunta, “non tennin punto de comparación cos anosfelices”. Para Mónica Segade, deM&M, 2014 tamén trouxo un repuntenas vendas, cun verán “moi bo” e unhacampaña de Nadal “mellor que a doano anterior”. Nunha liña semellante,Mary López, da tenda de electrodo-mésticos Electrosan, percibe un cam-bio de actitude no consumidor: “hai unpar de meses que se está movendo acousa, pero moi lentamente”, matiza.

as singularidades de melidePara algúns comerciantes da vila nocomportamento da demanda privadainflúen factores alleos á propia situa-

ción económica. “”Melide está a unpaso de Santiago, de Lugo e da Co-ruña”, di Alfredo López, responsabledunha tenda de deportes, “a economíapode mellorar, pero nós temos moitacompetencia das grandes superficiese iso é o que nos mata, moito máis cácrise”, asegura.

Pola súa parte, o propietario doCentro Comercial Ares, Emilio Ares,considera que datos como o incrementodo 3,7% nas vendas en decembro a ni-vel galego son “unha falsa realidade”.Opina que “seguimos coxeando” e vati-cina que Melide tardará en subirse aocarro da recuperación: “a nivel nacionalhai cambios pero o noso comercio levaatraso. A crise chegou máis tarde eagora tamén tardará máis en marchar”.

Os comerciantes

opinan

As vendas do Mercamelide son un bo indicador sobre o comportamento da demanda privada

a crise atrasa a idade de xubilación emingua as pensións dos autónomos

A Federación de Autónomos de Ga-licia (FEAGA) denuncia que a criseeconómica está a ter consecuenciasespecialmente negativas para os tra-balladores por conta propia, moitosdos cales se ven na obriga de atrasara súa xubilación. Segundo datospublicados pola administración daSeguridade Social, o número deautónomos que se xubilaron o anopasado descendeu notablemente: seno 2013 foron 28.226, en 2014 a cifrareduciuse ata os 18.603, unha caídaque a federación galega do gremio

interpreta como a consecuencia directadunha crise “que obliga a muchos autó-nomos a seguir de alta a pesar de alcan-zar la edad de jubilación”.

FEAGA critica ademais a diferenza“evidente” entre a pensión media dosautónomos (616,41 €) e a dos traballa-dores do réxime xeral (974,72 €). Conrespecto a isto, e para evitar que a dis-tancia siga medrando, reclaman quese eliminen “las trabas que el sistemaimpone para el aumento de las basesde cotización a partir de los 47 años”.Sen iso “las diferencias seguirán au-

mentando”, apuntan dende Feaga,quen denuncia tamén que duranteo ano pasado as pensións mediasdos xubilados do réxime xeral au-mentaron en 15,07 € mentres queas dos autónomos xubilados só seincrementaron en 8,15 €.

Por outra banda Feaga anunciaque seguirá traballando para con-cienciar aos autónomos “sobre lanecesidad de realizar un esfuerzo decotización en función de sus ingre-sos”. Asegura que unha porcentaxe“superior al 80%” cotiza por basesmínimas e iso ao final tradúceseen pensións “sensiblemente inferio-res”. Outro dos cabalos de batallaserá conseguir que se recoñeza o de-reito á cotización a tempo parcial.

“Oxalá no 2015 me foratan ben coma no 2014.Foi un ano bastante bo,pero nada comparablecos anos felices nos que

se vendía tanto”

Esther Bouzo

La Cortina

“Falamos de cambios ede recuperación peroaquí aínda non se ven. A crise chegou máistarde e agora tamén

tardará máis en pasar”

Emilio Ares

Ctro. Comercial Ares

“Dende hai un par demeses parece que a

xente acode a mercarcon outra actitude.

Algo se está movendo,pero moi lentamente”

Mary López

Electrosan

Turismo Melide

Page 4: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

4 Publicidade Cerne 109. Febreiro 2015

Rodrigo Fernández PomboAgente de seguros exclusivo

Nº de Reg. Mediador.: COO2636154917KC/ Ronda de Pontevedra

Nº 113 Bajo - 15800 Melide

Tlf/ Fax: 981506495

Móvil: 678055942

[email protected]

- HOGAR- AUTOMÓVIL- EMBARCACIONES- COMERCIOS- OFICINAS- PYMES- CONSTRUCCIÓN- TRANSPORTES DE MERCANCÍAS- RESPONSABILIDAD CIVIL- ACCIDENTES- VIDA- SALUD / ENFERMEDAD- DECESOS / TELEASISTENCIA- AHORRO / INVERSIÓN / DEPÓSITOS / PENSIONES / RENTAS

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de

auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

CAFETERÍA - PIZZERÍA

Telf. 981 50 79 06

Avda de Lugo, 25MELIDE (A Coruña)

Rúa Principal, 6

Telf: 696 77 41 63

MELIDE

Page 5: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Empresa 5Cerne 109. Febreiro 2015

Todo comezo require un final.A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca)púxolle o broche de ouro ácampaña de Nadal coa tradi-cional entrega de premios. Foio pasado día 5 de febreiro erealizouse un ano máis en Pul-pería Ezequiel, que puxo de-sinteresadamente o seu local adisposición da patronal paracelebrar o acto e compartirunha velada de petiscos entrepremiados e comerciantes.

Con Manuel Vázquez, pre-sidente de Asetem, e ÁnxelesVázquez, alcaldesa de Melide,como anfitrións, fóronse en-tregando un tras outro os 16galardóns concedidos na 15ªedición da campaña Este Na-dal toca en Melide; unha cam-paña que se caracterizou polomoito que tardaron en apa-recer os clientes premiados.De feito, nalgún caso, non apa-receron. Así foi que o segundopremio, dotado con 1.000 eu-ros, quedou deserto ao non sepresentar nin o titular do nú-mero premiado (que entregouDistribuciones Ribeirao), nino do número que se extraeu enconcepto de reserva (entre-gado por Perfumería Lyss).

A piques estivo de pasaralgo semellante cos 2.000 eu-

ros do primeiro premio: nonhoubo noticias do cliente po-suidor do 27.320, entregadopor Cousas Novas, e o máximogalardón acabou caendo nasmans de Ana María Quintás,que tiña o número de reserva.

Isto fixo, ao mesmo tempo,que Librería Cousas entregaseun ano máis o primeiro pre-mio. E xa van tres case conse-cutivos: 2012, 2013 e agora2015. Ademais, esta librería,rexentada por Ramón Vidal,entregou na presente ediciónoutros catro premios, dous de200 euros e dous de 100 euros.Certo é que a sorte tamén haique tentala e que Librería Cou-sas repartiu entre os seus clien-tes 2.400 rifas (os 55 negociosparticipantes na campañaentregaron en total algo máisde 47.000). No ranking de bo-letos repartidos, Xoiería Rovalocupa o primeiro posto, con3.400 rifas repartidas. Nestecaso a sorte foi máis esquiva,pois esta tenda da rúa Alexan-dre Bóveda non deu premios.

a última campaña da criseOs clientes agraciados teránata o 23 de febreiro para gastaros seus premios. Deberán fa-celo no comercio de Melide,que recibirá deste xeito unha

pequena inxección de recursosnuns meses frouxos en canto avendas. Dende a patronal amó-

Foto de grupo de todos os clientes que resultaron premiados na campaña “Este Nadal toca en Melide” Calzados Broz e María Jesús Conde

asetem dá por rematadaa campaña de nadal coaentrega de 16 premios

Manuel Vázquez (presidente de Asetem), Ramón Vidal (Librería Cousas), Ana María Quintás (ganadora dos 2.000 €) e Ánxeles Vázquez (alcaldesa de Melide)

Algúns dos comerciantes que entregaron premios na derradeira campaña de Nadal

Librería Cousas deu finalmente o primeiro.O segundo quedou deserto

200 €

Comerciantes e premiados da campaña de Nadal

sanse “bastante satisfeitos” cotranscurso da campaña e, trasobservar algo máis de dina-

mismo nas tendas este Nadal,agardan que sexa “a últimacampaña da crise”.

Page 6: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

6 Empresa Cerne 109. Febreiro 2015

Librería Cousas e Margarita Iglesias Muebles Paula e José Luis Fociños Librería Cousas e Patricia Sánchez

Comerciantes e premiados da campaña de Nadal

Muebles Paula e Jesús Freire Oro Ley e Mercedes Morelle Manuel Piñeiro e Zapatería Tanuska

Bodegas Mejuto e representante de Sara Otero Arsenia García e Zapatería Tanuska Librería Cousas e Jesús Pumar

Froitas Olga e Chelo Abelairas Librería Cousas e Rosa Coego Rosa Corral e Imprenta Meligraf

200 € 200 € 200 €

200 € 200 € 200 €

100 € 100 € 100 €

100 € 100 € 100 €

Page 7: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Publicidade 7Cerne 109. Febreiro 2015

Page 8: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

8 Empresa Cerne 109. Febreiro 2015

a alta afluencia de público anima asvendas do mercamelide de invernoDise que nunca chove ao gustode todos, pero poucas son asvoces discordantes á hora deasegurar que a derradeiraedición do Mercamelide foiunha das mellores que se tencelebrado ata ao momento noque a vendas se refire e, espe-cialmente, en canto á afluen-cia de público.

Iso é o que constata a Aso-ciación de Empresarios Terrade Melide (Asetem-Cca) comoparte da organización e traster consultado a un bo númerodos negocios asociados que es-tiveron os pasados días 30 dexaneiro e 1 de febreiro no Pazode Congresos participando naXV edición da feira de saldos.“Eu vexo os corredores cheosde persoas”, apuntaba a ven-dedora dun stand dedicado ároupa para o fogar, “e moitasveñen de Arzúa, Lalín, Monte-rroso, Antas e mesmo Lugoe Santiago”. Na mesma liña,dende un expositor de modatéxtil coincidían en que “aafluencia de xente foi moitomaior que outros anos” edestacaban o feito de que axornada do sábado, tradicio-nalmente “máis parada”, re-xistrara unha alta asistencia.

O maior volume de visitan-tes traduciuse, en liñas xerais,nun incremento das vendas.“Bastante ben”, “non hai nin-gunha queixa” ou “mellor queo ano pasado” foron os comen-tarios máis repetidos, segundoa patronal melidense, entre osnegocios consultados. Non

obstante, algúns participantesconsideran que o balance po-dería ter sido mellor se a feirase celebrase noutra data: “estanon foi boa porque cadrou afinais de mes, foi preto da cam-paña de reis e coincidiu coasfeiras de Monterroso e Friol”.

Á marxe de público e ven-

das, o Mercamelide ten taménunha función de escaparateque os negocios valoran moipositivamente: “para nós éunha cita imprescindible, por-que é un xeito de darnos a co-ñecer, de que o cliente sitúea nosa tenda e de facer publi-cidade”, din nun stand de elec-

A xornada de tarde do domingo rexistrou o pico de afluencia

Manuel Rodríguez, de Melide, recibe un dos agasallos sorteados

Os Bolechas: debuxos que concienciansobre a importancia de mercar na vila

Foron a novidade da XV edición do Mercamelide e uns dos pro-

tagonistas: Os Bolechas, personaxes de animación creados polo

debuxante Pepe Carreiro, visitaron o Pazo de Congresos de man

da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística para ledicia das

ducias que cativos que acudiron a velos.

A súa presenza causou grande expectación e foron en parte os

reponsables da alta afluencia de público na xornada do domingo:

“veu moita xente preguntar a que hora viñan; os Bolechas e a

máquina das filloas son un éxito”, comentaba unha comerciante

ao fío da importancia de engadir actividades de ocio á feira de

saldos. Pero á marxe diso os Bolechas xogaron tamén un papel

importante na concienciación dos máis novos sobre a importan-

cia de mercar na vila. Foi a través dun concurso de debuxo que

puxo en marcha o Concello, no que participaron os escolares de

educación infantil dos tres colexios da vila e no que se repartiron

8 premios: libros, discos e cursos de inglés-galego.

SOCIOS CON INICIATIVA

Tralo éxito do taller-cursiñode degustación de sushi ce-lebrado recentemente, CasaAlongos continúa coa progra-mación de obradoiros paratodos os públicos no seu esta-blecemento do Camiño Vellode Santiago. O vindeiro, enfo-cado para nenos e nenas apartir de catro anos, levarápor título Aromas e saborese celebrarase o sábado 21 defebreiro de 11:30 a 13:00horas. Dirixido pola sumiller

Marina Cruces e cun custo de 5 euros, os ca-tivos participantes adestrarán a agudeza tantodo gusto como do olfacto. Xa para adultos, etamén baixo a dirección de Marina Cruces,está programado un obradoiro de viños, conadestramento dos sentidos e catas “a cegas”.

Obradoirosen Casa Alongos

Quen dixo crise cando hai ini-ciativa e ganas de traballar?un exemplo de que sempre ébo momento para emprenderconstitúeo Jorge Santiso, sociode Asetem e xerente da Cafe-tería Stop, na melidense rúade Santo Antón, que decidiudar un paso adiante na súatraxectoria profesional e am-pliar o negocio. Así foi querecentemente abriu as súasportas na veciña localidadede Arzúa “O furancho de San-

tiso”, un mesón e tapería de factura modernaque inclúe tamén unha das marcas de identi-dade da Cafetería Stop: os churros. A decora-ción, que recrea a estética dunha adegatradicional e o seu entorno, é un dos aspectosque máis chama a atención da clientela.

Cafetería Stop,novo local en Arzúa

trodomésticos. “De feito, nasemana posterior ao Merca-melide véndese moito”.

Dende Asetem danse porcumpridos os obxectivos quepersegue o Mercamelide eatribúese parte do éxito destaedición “ao esforzo que se estáa facer dende o Concello por

completar a oferta comercialcunha parte lúdica”. Tamén,segundo apunta Manuel Váz-quez, presidente da patronal,“á agudeza dos comerciantes,que souberon entender o con-cepto do Mercamelide e foronconsolidando ano tras anoesta feira”.

Page 9: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Empresa 9Cerne 109. Febreiro 2015

Aínda non lle ves as vantaxes

Que servizos ofrece Asetem

?

?

sóciate!!A

● Asesoría xurídica, fiscal e laboral

Resolve gratuitamente todas as túas dúbidas de

man dos profesionais cualificados da Confederación

de Empresarios da Coruña, da Federación Galega

de Comercio e da Federación de Autónomos de

Galicia, organismos nos que estamos integrados.

● Convenios con garantías

Accede a vantaxes na contratación de servizos para

o teu negocio grazas aos convenios que asinamos

con entidades como Banco Sabadell, La Caixa, Efa

Piñeiral, Seguridade A-1, Radio Melide ou R.

● Información e tramitación de axudas

Achegamos de forma puntual información sobre

todas as subvencións e liñas de axuda ofertadas

dende os diferentes organismos. Se o precisas,

tramitámosche as solicitudes de xeito gratuíto.

Tamén informamos sobre os cambios lexislativos

de relevancia.

● Oferta formativa

En Asetem organizamos cursos formativos

pensando nas necesidades dos nosos asociados:

Escaparatismo, técnicas de venda, prevención de

riscos laborais, oratoria, habilidades directivas,

primeiros auxilios, redes sociais e internet...

● Organismo acreditado

Asetem é un organismo acreditado para a realiza-

ción de cursos oficiais de manipulador de alimentos,

benestar animal e transporte de animais vivos. Es-

tamos habilitados para intervir como árbitros ante

calquera conflito que se dirima no Instituto Galego

de Consumo.

● Feiras, eventos e campañas

Poñemos en marcha numerosas iniciativas ao longo

do ano co obxectivo de dinamizar o tecido produtivo

local e crear vida na comarca: Este Nadal toca

en Melide, Bono Asetem, Unha voltiña por Melide,

concurso de tapas de primavera e outono, En Melide

todo o día, Salón da Voda, Mercamelide, Feira de

maquinaria agrícola...

● Cesión gratuíta do local

As instalacións de Asetem están a disposición das

empresas asociadas sempre que o necesiten.

● Bolsa de traballo

Axudámosche a atopar o

empregado que necesitas.

● Un espazo de comunicación

A asociación de empresarios é a responsable do

Xornal Cerne, publicado mensualmente dende 2004

como unha ferramenta de difusión da actividade co-

mercial e de información plural para a veciñanza.

Na nosa páxina web tes outra canle de comuni-

cación e tamén un espazo para o teu negocio.

Page 10: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

10 Publicidade Cerne 109. Febreiro 2015

Page 11: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Melide 11Cerne 109. Febreiro 2015

Fixan para o mes de marzo a entradaen funcionamento da nova gardería

A escola infantil construídapola Fundación Amancio Or-tega en Melide, con 61 prazaspara cativos de cero a tres anose un orzamento de 1,4 millónsde euros, abrirá as súas portaso vindeiro mes de marzo: “me-jor en la primera quincena queen la segunda, y si no abre esporque surgió algún impre-visto con el que no contamos”.

Confirmouno Roberto Ro-dríguez, xerente do ConsorcioGalego de Benestar - a enti-dade dependente da Xuntaque xestionará o centro através da rede de garderías AGaliña Azul - na xornada deportas abertas que se organi-zou o pasado 4 de febreiropara que as nais e pais doscativos coñecesen por dentroas instalacións. A día de hoxea gardería está completamenterematada e equipada. Tan sóresta instalar o gas, facer unhaproba xeral das instalaciónse realizar unha reunión coasfamilias para planificar o tras-

lado dos cativos. Segundo unha enquisa rea-

lizada polo Concello entre ospais e nais dos 78 alumnosmatriculados na gardería mu-nicipal, un 75% dos menoresde ata dous anos irán para onovo centro, que ten entre undos seus atractivos o servizode comedor. Pola contra, amaioría dos que teñen entre 2

e 3 anos e para setembro xacomezan no colexio, remata-rán o curso na escola infantilmunicipal, que de momentocontinuará en funcionamentoaínda que cunha matrículamoi reducida. Cinco das súas8 traballadoras, contratadascomo persoal laboral, seránsubrogadas. As outras tres sonfuncionarias do Concello.

unha nai abandona a gardería tras visitar as instalacións

O PP frustra unha iniciativa do BnGpara recorrer as condicións de sogama

O que prometía ser unha feliztarde de lecer puido conver-terse nunha traxedia: novecazadores da comarca tiveronque ser atendidos polos servi-zos médicos de urxencias aoresultar intoxicados polo mo-nóxido de carbono procedentedun braseiro.

O suceso produciuse o pa-sado domingo 1 de febreirocando, despois dunha xornadade caza matutina, os partici-pantes na mesma decidironfacer unha grellada no baixodunha casa d´O Forte, na pa-rroquia melidense de Os Ánxe-les. Dado o frío intenso desedía, optaron por meter o bra-seiro dentro do baixo paraquentárense durante o xantar.Avanzada a tarde, e mentresxogaban unha partida de car-tas, comezaron a notar os pri-meiros síntomas de canseira

Unha grellada que puido acabar en traxedia

O grupo municipal do BNGconsidera que cómpre buscar“alternativas viables” ao actualmodelo de xestión de residuosamparado pola Xunta que, aoseu xuízo e “coa complicidadedo PP local”, está a prexudicara economía do Concello.

Os nacionalistas denuncianque a suba do 35% no canon deSogama aprobada “unilateral-mente” en 2014 está a supoñerpara as arcas municipais “uncusto de 49.000 euros a maio-res nestes dous anos”. A istosuman “a imposición sen nin-gún tipo de diálogo coas enti-dades locais” dunhas novascondicións de adhesión So-gama. Así o denunciou o vo-ceiro do BNG no último plenomunicipal, onde presentouunha moción solicitándolle aogoberno local que presentaseun recurso contencioso-admi-nistrativo contra esas novascondicións de adhesión co ob-xectivo de poñerlle freo ao queeles consideran “un atentadopara a economía local”.

A iniciativa recibiu o apoiodo PSOE, quen ve na suba apli-cada por Sogama “un serio pre-xuízo”, pero foi tombada polosvotos do PP. “A tarifa baixaráun 10% en 2015 e o canon quese paga en Galicia é o máisbaixo de toda España”, expli-cou a portavoz dos populares,Chus López. A isto engadiu que“a adhesión a Sogama é volun-taria” e cualificou de “irrespon-

sable” a decisión dalgúns Con-cellos de declararse insubmisosante a suba recente do canon.“Non pagar é poñer en riscoo sistema”, dixo, “se non paga-mos, Sogama non é viable eteríamos un problema”. Poroutra banda, e aludindo aoBNG, aclarou que “só un 3%dos concellos adheridos deixoude pagar as facturas e sontodos da mesma ideoloxía”.

Celta Prix é a concesionaria da recollida de lixo en Melide

e dor de cabeza, pero non foiata que un deles quixo erguersee non puido que se decatarondo que estaba acontecendo.

Inmediatamente abrironportas e ventás para ventilar echamaron aos servizos deemerxencias, que os traslada-ron ao PAC de Melide. Alí, osmédicos de garda decidironderivar a tres ao hospital deSantiago. “Foi máis por pre-caución ca porque presentasenun cadro clínico de gravidade”,aseguran os bombeiros deArzúa, que tamén se presenta-ron no lugar. As mediciónsque realizaron deron unsvalores de monóxido de dúaspartes por millón. “Os valoresletais sitúanse nas 300 partespor millón”, explican, “perounha exposición prolongadaa pequena doses tamén podepoñer en risco a vida”.

Unha moción para recuperar“a honorabilidade” perdida

O Partido Popular de Melidepresentou no último plenomunicipal unha moción coobxectivo de “restablecer ahonorabilidade” dunha ve-ciña da vila que se sentiuagraviada polas informa-cións publicadas no últimoboletín do BNG.

Trátase, en concreto, dadirectora do obradoiro deemprego que se está a desen-volver no municipio, MaríaPilar Sánchez, que foi no seudía concelleira polo PP e quesentiu que os nacionalistascuestionaron a súa “profe-sionalidade, curriculum, ex-periencia e formación”, aovincular o seu nome con in-formacións sobre o enchu-fismo. Así o fixo constar nunescrito presentado no rexis-tro do Concello do que sefixo eco o PP solicitando dacorporación municipal “res-tablecer a súa honorabili-dade a través dun medio decomunicación público”.

O voceiro do BNG, XoséIgrexas, argumentou que “enningún momento cuestiona-mos a capacidade desta se-ñora para exercer comodirectora” e, tras ler integra-mente a información publi-cada no boletín, engadiu:“falamos só de enchufismo,que é unha práctica vosa moihabitual”. Acto seguido pediua disolución do PP “por co-rrupto”. Tal petición causouestupor nas bancadas popu-lares: “se falades de enchu-fismo, hai que demostralo”,replicou Ánxeles Vázquez, “ehai que diferenciar políticade persecución da xente”.

Pola súa banda ManoloPrado, do PSOE, posicio-nouse en contra da moción:“está totalmente fóra delugar”, dixo, “se cada vez quehai un problema cun veciñopresentades unha moción,apaga e vámonos. Se estapersoa se sentiu ofendida, aíestá o xulgado de Arzúa”.

Nove cazadores resultan intoxicados porinhalación de monóxido de carbono

Page 12: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

12 Melide Cerne 109. Febreiro 2015

Con paso firme?

FOTO-DenUnCia

As 9 fincas catalogadascomo masas comúns queresultaron do proceso deconcentración parcelarianas parroquias de Macedae Orois xa están en mansdo Concello de Melide. A ce-sión realizouse o pasado 27de xaneiro e supón o pasoprevio á entrega de títulosaos 436 propietarios defincas, acto que se realizaráeste mesmo ano e quepoñerá fin a un procesoiniciado en 1997 e que per-mitiu concentrar 1.087 hec-táreas de terreo. O Concelloprevé habilitar nas masascomúns cargadoiros de ma-deira, aparcamentos paramaquinaria pesada e vehí-culos, áreas de recreo epuntos de captación deauga para incendios e de re-collida de plásticos. Taménse usarán para a ampliacióndun cemiterio parroquial edun campo da festa.

melide recibe asmasas comúnsda parcelaria demaceda-Orois

José ribagorda defende o “acervo cultural” domelindre como primeiro embaixador de 2015

O xornalista e gastrónomo JoséRibagorda, popularmente co-ñecido polo seu traballo áfronte da edición fin de semanade Informativos Telecinco, foinomeado primeiro embaixadordo melindre de 2015.

No acto de proclamación,que se celebrou o pasado 27de xaneiro no salón de plenosdo Concello, Ribagorda rea-firmou o seu compromiso conesa gastronomía “llena de au-tenticidad y que emana delacervo cultural” coa que seidentifica a repostería meli-dense. “Las cosas no se man-tienen a lo largo de los siglospor casualidad”, dixo, “sus va-lores estarán siempre vigentesy no los puede ensombrecerla vanguardia”. Nese sentido,animou aos melindreiros davila presentes no acto a seguirpolo camiño da tradición, “uncamino eterno y con futuro”.

Pola súa banda a alcadesa,Ánxeles Vázquez, salientou acapacidade de Melide paramanter no tempo un produto“que é parte da nosa historia e

Santos López (concelleiro), Ánxeles Vázquez (alcaldesa) e o xornalista José Ribagorda

da nosa economía”. A rexe-dora tamén destacou o feito deque todos os melindreiros davila sexan xente nova, herdei-ros da tradición de varias xe-racións: “podemos sentirnosorgullosos, porque iso nonacontece en todos os pobos”.

O nomeamento do pri-

meiro embaixador, que se pro-duciu “de forma excepcional”catro meses antes da celebra-ción da Festa do Melindre,foi tamén unha xornada depromoción turística e gastro-nómica de Melide. Antigosembaixadores, reposteiros,hostaleiros e membros do go-

berno local visitaron a queixe-ría Terra de Melide e degusta-ron o vermú galego St. Petroninunha pulpería local. Polatarde, os doces tradicionaisforon os protagonistas xuntocos viños da D.O. Rías Baixasdunha cata a cargo da sumillerMercedes González.

melisa contribúe á inserción laboralde reclusos con talleres tecnolóxicos

A Asociación de usuarios deSoftware Libre da Terra deMelide (Melisa) pon en mar-cha un ano máis, e xa van tres,os obradoiros tecnolóxicos encentros penitenciarios galegos,unha iniciativa que se encadradentro dos programas de vo-luntariado dixital da Xuntade Galicia.

O primeiro dos talleres co-mezou xa o 27 de xaneiro nocárcere de Teixeiro e servirápara formar a 15 internos domódulo de respecto. Duranteo transcurso do mesmo, osparticipantes aprenderán amontar un ordenador persoal,a identificar as súas partes, adetectar as avarías máis co-múns e a realizar labores demantemento. Ao remate, debe-rán ser capaces de instalar econfigurar un sistema opera-tivo GNu/Linux co obxectivode que eses equipos formen

parte dunha nova aula de in-formática para o módulo derespecto ao que pertencen.Tanto os oito ordenadores quese empregan no obradoirocomo o resto de material infor-mático, foi doado por Melisa.

O ciclo de talleres terá con-

tinuidade ata o mes de outu-bro e desenvolverase en todosos centros penitenciarios deGalicia. Nas dúas ediciónsanteriores formouse a un totalde 83 internos, contribuíndoasí á súa inserción no mercadolaboral a través da tecnoloxía.

Melisa doou o material necesario para realizar os obradoiros

Page 13: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Melide 13Cerne 109. Febreiro 2015

avalancha de inscriciónspara a ximnasia de alcer

Foi abrir o prazo de inscrición e esgotarse nun só día todas asprazas dispoñibles no programa de ximnasia adaptada para per-soas con enfermidades crónicas que desenvolve Alcer en Melideco financiamento do Concello e da Deputación. Para dar cabidaaos 30 aspirantes que quedaban en lista de espera, o gobernolocal decidiu ampliar de dous a tres o número de grupos. Destexeito, dáse cobertura a 80 persoas. Como novidade, este cursoos usuarios terán unha sesión á semana na piscina climatizada.

Sesión de ximnasia do programa Bule con Alcer en Melide

O BnG critica que o PP se acorde“agora” do museo da Terra de melide

O presidente da Deputaciónda Coruña, Diego Calvo, visi-tará nos próximos días o Mu-seo da Terra de Melide paraestudar posibles fórmulas decolaboración que garantan aapertura do centro durantetodo o ano. O compromiso deCalvo responde á chamada daalcaldesa de Melide, ÁnxelesVázquez, que petou ás portasda Deputación reclamandoapoio institucional para que omuseo comarcal non teña quepechar tres meses ao ano porfalta de fondos, como sucedena actualidade.

Nin a anunciada visita nina reunión de Vázquez conCalvo é vista con bos ollos pologrupo municipal do BNG, queconsidera “penoso e vergon-zoso que o PP se acorde a unsmeses dunhas eleccións detemas que nunca apoiou”. Asío expresou o voceiro dos na-cionalistas, Xosé Igrexas, paraquen a alcaldesa toma agora ainiciativa na defensa do museo“por pura estratexia electoral”.Igrexas recorda ademais que

o BNG presentou iniciativas“tanto no pleno como no Par-lamento Galego” a prol do mu-seo “e o PP sempre se negou”.É por iso que, na súa opinión,“a alcaldesa está a facer un usototalmente partidista da De-putación a hora de vender pro-postas e proxectos a uns mesesdas eleccións”.

A día de hoxe a Deputaciónda Coruña é a única insti-tución que apoia economi-

camente ao Museo da Terrade Melide. No ano 2014 redu-ciu a súa achega de 30.000euros anuais a 20.000, o quemotivou que o museo pecharatres meses no inverno antea incapacidade de afrontaros gastos de persoal. Preci-samente o ano pasado, e a pe-sar de permanecer tempo-ralmente cerrado, bateu unrécord de afluencia con 11.672visitantes.

Sección do museo dedicada aos apeiros de labranza

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, pre-sentou no último pleno o informe económico-financeiro do derradeiro trimestre de 2014, noque se reflicte que os provedores do Concellocobran nunha media de 20 días dende a apro-bación das facturas pola Xunta de Goberno. Oinforme recolle ademais o estado actual da dé-beda viva do consistorio, que ascende a 723.624euros. Para a rexedora estes datos son a mostrade que “os esforzos de contención de gasto me-receron a pena”. Vázquez recorda que no actualmandato se fixo fronte a 2,5 millóns de débedabancaria e a 1 millón en facturas a provedores.

informe financeiroA residencia de maiores de Melide poderíaestar funcionando a pleno rendemento a finaisdo mes de marzo. Será cando se completeo proceso de adquisición e instalación dosmobles necesarios para equipar as 38 novasprazas que se habilitaron no centro. A enti-dade que o xestiona, o Consorcio Galego deBenestar, xa licitou o contrato para a comprado equipamento, por valor de 149.971 euros.As empresas interesadas terán ata o 18 defebreiro para presentar ofertas e a adxudi-cataria deberá cumprir o contrato antes do20 de marzo.

Compra de mobiliario

A Asociación Solidariedade Galega co PoboSaharauí pon en marcha un ano máis o pro-grama Vacacións en Paz, que permite traer aGalicia durante dous meses do verán a nenose nenas que viven en condicións extremas noscampamentos de refuxiados de Tindouf. Oprazo para solicitar a acollida dun cativo xaestá aberto e remata o día 15 de abril. En Me-lide son varias as familias que acollen a cativoscada verán. As que estean interesadas en fa-celo deben poñerse en contacto coa asociacióna través do número de teléfono 986 26 26 37.

acoller nenos saharauísA Concellería de Obras vén de realizar diferen-tes traballos en catro parroquias do municipiopara contrarrestar os prexuízos que a inverníalle causa á veciñanza. En concreto, no lugar doAgro (Furelos) canalizáronse as augas pluviaise conectáronse á rede municipal para evitarque decorran pola pista e por diante das casas.Co mesmo fin en Guillar (San Salvador) proce-deuse á limpeza de cunetas. Na Florida (Cam-pos) reparouse o firme dos accesos a fincase explotacións agrarias. En Teillor (Moldes)instalouse unha marquesiña para os cativos.

arranxos anti-inverno

Partidos na corda frouxapor falta de auga quente

A auga quente volveu fallar no campo de fútbol municipal paraindignación dos usuarios e enfado do PSOE, que carga as tintascontra o goberno local por “non preocuparse polos deportistas,polo mantemento das instalacións nin pola imaxe de Melide”.Os socialistas sinalan que o deficiente subministro de augaquente nos vestiarios comeza a ser “un problema habitual”e advirte que por tal motivo, e ante as queixas dos equiposvisitantes, xa estiveron a piques de suspenderse partidos decompetición programados .

Dende o executivo municipal sinalan que se actúa cada vezque se produce unha incidencia ou avaría e apuntan que os quen-tadores de auga quedan sen subministro sempre nas fins de se-mana e como consecuencia da manipulación do cadro eléctrico.

As reparacións feitas dende 2011 en adiante foron insuficientes

Page 14: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

14 Comarca Cerne 109. Febreiro 2015

Castro e Calvo concorrerán xuntosás municipais baixo as siglas do PP

Alternarán na alcaldía se ganan as eleccións e integrarán na candidatura aos rostros coñecidos dos seus partidos

VOLVERÁ MIGUEL BUJÁN POLO PSOE?O ex alcalde medita presentarse de novo

As eleccións municipais do vindeiro mes de maio poderían

supoñer en Toques a volta dunha cara coñecida: a do ex

alcalde socialista Miguel Buján, que asegura estar “refle-

xionando” sobre a posibilidade de regresar á area política.

De momento, nin o confirma nin o desmente: “non me

gusta xogar ao gato e ao rato. Cando o teña claro, direino”.

Non obstante, o que si recoñece é que a principios do

mes de febreiro mantivo unha reunión co secretario

provincial dos socia-

listas, Julio Sacristán,

e con responsables

comarcais do PSOE

na que o partido lle

pediu que se pre-

sentase como candi-

dato no municipio.

De aceptar, retoma-

ría a actividade polí-

tica que abandonou

en 2011 por motivos

de saúde, logo de ser rexedor en coalición co PP e co BNG

entre 2007 e 2009.

A posible volta de Miguel Buján parece non inquietar

aos populares de Toques, aínda que recoñecen que o

seu regreso lles poñería as cousas un pouco máis difíciles:

“rivais fortes son todos, pero non hai dúbida de que o PSOE

vai ser máis rival con Miguel ca sen el”, di o que será cabeza

de lista do PP, José Antonio Castro, “foi alcalde dous anos

e ten o seu electorado, pero nós presentámonos co traba-

llo feito nesta lexislatura e confiamos en ganar”.

José Antonio Castro (XCPT) Jorge Calvo (PP)

siempre decidimos”, afirmaJorge Calvo, descartando cal-quera inxerencia do aparatodo partido no salto de Castroá primeira liña. “En estos cua-tro años demostramos quetenemos una buena sintoníaen todas las cuestiones y uni-mos los grupos para obtenerun buen resultado electoral”,sinala.

Nunha liña semellante,o seu socio de goberno faifincapé na “boa sintonía” quecaracterizou o bipartito PP-XCPT: “nunca tivemos nin-gunha discrepancia”. Sobreas negociacións explica quehoubo “pequenas diferenzas”que se superaron “facilmente”ata chegar a un acordo. Nesepacto incluíron tamén a alter-nancia no poder, polo que, encaso de obteren a vitoria naseleccións, repartirán o tempode mandato: “si ganamos, laidea es que José Antonio seaalcalde los dos primeros añosy yo los dos últimos”, explicaJorge Calvo. Na práctica istosupón repetir a mesma fór-

mula da actual lexislatura, coadiferenza de que a acción degoberno se realizará baixo omesmo paraugas e que o par-tido terá no concello dous lí-deres con igual poder.

reconciliaciónA integración de José AntonioCastro no PP ten un signifi-cado engadido, pois supón amostra evidente da reconcilia-ción entre a dirección do par-tido e os herdeiros políticos deJesús Ares, alcalde de Toquesdurante 25 anos e fundador deXCPT trala súa expulsión doPP ao ser condenado por undelito de abusos sexuais.

Segundo Castro, as augasvolveron ao rego hai tempo:“reconciliación xa houbo haitres anos e medio”, aclara, “defeito, nós tiñamos a chave degoberno e podiamos pactar coBNG, pero fixémolo co PP por-que a ideoloxía é a mesma”.Cando se produciu a ruptura,engade, “había máis diferenzasno plano persoal ca no político.Agora xa está todo superado”.

A pouco máis de tres mesespara a celebración de elecciónsmunicipais comeza a defi-nirse o taboleiro político dacomarca. Os primeiros move-mentos están a producirse noconcello de Toques, onde JoséAntonio Castro, actual alcaldepolo partido independenteXuntos Cara ao Progreso deToques (XCPT), concorreráaos comicios de maio baixounhas siglas diferentes; as doPP. E farao ademais sendo ca-beza de lista. Como segundode a bordo figurará na súacandidatura Jorge Calvo, líderdos populares de Toques du-rante os últimos sete anos,actual tenente de alcalde, ealiado de Castro na coaliciónde goberno PP-XCPT que go-berna o municipio dende 2011.

O salto de José AntonioCastro ás filas do PP foi unrumor que planeou sobre oescenario da política munici-pal durante toda a lexislaturae que se confirmou o pasado1 de febreiro, día no que ospopulares celebraron unhaconvención para presentar aos93 candidatos da provincia.

BicefaliaLonxe dese escenario, a in-tegración de XCPT no PPfraguouse integramente enToques, segundo explican ospropios implicados: “nosotros

santiso inicia o asfaltado de17 pistas en sete parroquias

O Concello de Santiso estáacometendo nestes días a re-paración de 17 pistas do muni-cipio. Os traballos comezaronxa a finais do mes de xaneirocoas tarefas de limpeza e oacondicionamento tanto dofirme como das cunetas. Nonobstante, houbo que agardara que chegara o bo tempo paraasegurar unhas condicións detraballo óptimas e comezarcos labores de asfaltado pro-

piamente ditos.As actuacións estanse rea-

lizando en 7 das 17 parroquiasdo Concello. En concreto, trá-tase das de Beigondo, Belmil,Liñares, Niñodaguia, Ribadu-lla, Serantes e Visantoña. Oalcalde, Manuel Adán, aseguraque estes traballos formanparte dunha primeira fase deasfaltados que se completarános vindeiros meses con obrasde mellora nas pistas doutras

parroquias. Correrán a cargodo Plan DTC da Deputación.

O que se realizará de forma“inmediata” será a correcciónda coñecida como “curva deChorén”, localizada na estradaque comunica esta aldea coade Barazón. Hai xa dous anosque se realizaron algúns traba-llos nese punto kilométricoe agora completaranse paraeliminar os riscos dunha curva“moi estreita e moi pechadaque non reúne as condiciónsde seguridade”, explica Adán.As melloras consistirán “endarlle ancho e instalar un qui-tamedos”.

Limpeza de cunetas previa ao asflatado no lugar de Albín

Page 15: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Comarca 15Cerne 109. Febreiro 2015

Tenda: 981 505 723 Queixería: 981 510 702

Balada - Visantoña(SANTISO)[email protected]

www.ramoncabado.com Tlf: 981 50 51 37Avda. de Toques e Friol, 30 - MELIDE

Materiais de construción, cerámicas, sanitarios, accesorios

e complementos de baño, mobles de cociña e baño,

madeiras, calor con leña e pellets, fontanería, ferraxería

●Transporte a domicilio, asesoramento técnico

Deseño de espazos

Ronda da Coruña, 34 - MELIDE

Tlf: 981 50 50 13

Ultramarinos

ACEITEIRO

Levabamos moito tempo pa-decendo o frío e agardandopor ela. Despois de varios díasvendo como practicamentetoda España estaba cubertacun manto branco e cando xacase perderamos as esperan-zas, a neve chegou á comarcana mañá do 6 de febreiro. Epódese dicir que a nevada foiconsiderablemente intensa,sobre todo se a comparamoscoas caídas nos últimos anos.

Con todo, a neve non pro-vocou incidencias reseñablesen ningún concello da Terrade Melide. A máis destacablefoi a suspensión das clases entodos os centros de educaciónprimaria. Non así no Institutode Educación Secundaria de

Melide, onde si houbo activi-dade lectiva, aínda que cun nú-mero de alumnos reducido.

Nas zonas máis altas da co-marca o panorama foi algomáis complicado. Nos lugaresde Brañas, A Capela, Vilourizou San Xulián, dentro dotermo municipal de Toques,os veciños non puideron cir-cular polas pistas cos seusvehículos nas primeiras horasda mañá e moitos tiveron quebotar man dos tractores. EnSobrado rexistráronse proble-mas similares e o Concellotivo que botar sal nas pistas,que estaban esvaradías nontanto pola neve como polasfortes xeadas que caeron nosdías previos.

Unha intensa nevadadeixa na comarca máispostais ca incidencias

Suspendéronse as clases por precauciónnos centros educativos de primaria

Vistas da vila de Melide dende O Castelo

Panorámica dende San Cidre (Toques) Cantón de San Roque (Melide)

Mauro Noguerol

Page 16: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

16 Comarca Cerne 109. Febreiro 2015

����������������������� ���������� �������� ����������������������������������������������� ���������������� �����������������������������������������������������������������������

������������������ ���������������!! �������� �� ����"" ������##$$������������%&'%���

���� ������ ����##�� ������ ���������������������������������������� ������������ ������ �������������� �� ���� !����� ���"�������� �� ����

��������� ������������ ������ ���#������ !����� ���$������

�������������������������� ������ ����%������� �� ���� !����� ������������ �� ����

&'�� ������� ��� ����� ���� ����� ������������������������(�)�

������������ ����������*������������������������

������������ ����������+�����������������������,�����-����������������

�������������� ������������.'/.0*1'�+��+213*4.�1��

+�����5��������������������������������������� ������������ ���-������ ����� ����� ��������� ��������� ��� ��-�� ��� ���������� �������������

TEMPO DE MASCARADAS

SOBRADO, domingo 15

TOQUES, sábado 14

VISANTOÑA, sábado 14

- A partir das 12:30, na Praza do Concello, actuaciónda Charanga QUE PASA!

- Ás 17:00, concurso de disfraces na Praza do Concellocon 800 € en premios e xogos para nen@s.

- Tapas típicas de Entroido durante todo o día nos establecementos hostaleiros!!

- De seguido, concurso e sorteo de agasallos nos bares da vila por xentileza da Asoc. de comerciantes.

- A partir das 16:30,no Edificio Multiusos de Souto, FESTA DE ENTROIDO

- Obradoiros temáticos, doces típicos e concurso dedisfraces ás 17:00 horas. (Os participantes poderáninscribirse no momento da chegada).

PONTE ARCEDIAGO, martes 17

Falece un veciño de santiso mentrestraballaba no cemiterio de san románA traxedia tocou de preto aoconcello de Santiso. un veciñodo municipio, Juan Carlos Va-rela Oro, de 44 anos, faleceu opasado 9 de febreiro por causadun accidente laboral mentrestraballaba no cemiterio daparroquia de San Román.

O suceso produciuse poucodespois das 10 da mañá, candoo operario manipulaba unhamáquina retroexcavadora depequenas dimensións e rea-lizaba os traballos de acondi-cionamento previos ás obrasque se ían acometer no campo-santo. Por causas descoñeci-das, o traballador sacou partedo corpo fóra da pala e xustonese momento a máquina des-nivelouse, quedando o opera-rio atrapado entre a excava-dora e un muro do cemiterio.

No lugar do accidente es-taba o camioneiro que momen-

tos antes descargara a má-quina no lugar. Nada puidofacer por evitar a traxedia,pois cando se decatou dosucedido, Juan Carlos xa es-taba sen vida. Foi necesariaa presenza dos bombeiros

ADOPCIÓN DE CANSABANDONADOS

Axúdalles a atopar o fogar que merecen

KOVACadela cruce de mastín.Arredor de 2 anos deidade e 40 kg de peso.

Cor branca-beige. Recollida no lugar de Penacova, nos Ánxeles

(Melide)

BRUNOCan de augas mestizo.

Macho de ano e medio e 0 kg de peso. Pelo largo

de cor gris. Algo medorentopero moi cariñoso e dócil.

INÉSPastora mestiza. Arredor

dun ano de idade e 20 kgde peso. Moi obediente,dócil, cariñosa e nobre.

Visita a páxina de Facebook

“CANS PERDIDOS EN MELIDE”

para obter máisinformación

Tlf. de contacto:639 97 10 05

- A partir das 18:00, no pavillón polideportivo, concurso de disfraces con agasallos e premios para nenos e adultos

ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN “O NOSO LAR”

- Ás 17:00, desfile dende o local social ata o Pazo deVilar de Ferreiros, onde se entregarán premios aosmellores disfraces.

- E para rematar... Cea de Entroido no Pazo de Vilarde Ferreiros, con DJ e chocolate con churros.

(previa inscrición)

O Concello de Toques apro-bou no derradeiro plenomunicipal, cos votos a favordo equipo de goberno(XCPT e PP) e en contra doBNG, os orzamentos para2015, que ascenden a958.122 euros. No capítulode gastos, os bens correntese servizos absorberán amaior partida, 409.171 eu-ros, seguidos do persoal, con316.350. A investimentosreais destinaranse 185.500euros. No capítulo de ingre-sos, o 70% dos fondos pro-ceden de transferencias doEstado, da Xunta e da De-putación. O presuposto foiaprobado en escasos 20 mi-nutos, coa ausencia de tresdos nove concelleiros e sendebate entre os partidos.

Toques aprobaos orzamentos

A pala que manexaba Juan Carlos, no lugar do accidente

de Arzúa para poder resca-tar o cadáver, tarefa para aque precisaron dunha má-quina hidráulica.

Juan Carlos Varela Oroestaba casado e tiña un fi-llo de 18 anos.

Bombeiros de Arzúa

Page 17: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Publicidade 17Cerne 109. Febreiro 2015

APERTURA

EN ARZÚA

Estrada de Lugo, nº 9

TLF.:699 818 139

Un novo establecemento acaba deabrir as súas portas en Arzúa:

O Furancho de Santiso

Mesón, tapería e churrería, ofreceunha completa gama de servizospara todo tipo de clientes. Cunhaorixinal decoración e un ambiente

acolledor, convértese na mellor daseleccións para o noso tempo de ocio.

Page 18: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

18 Publicidade Cerne 109. Febreiro 2015

ERUOM

Polígono Industrial do Tambre

Vía Galileo,9

1589O SANTIAGO DE COMPOSTELA

www.eruom.com

D.O. Ca. Rioja

AllendeMugaObaloArneguiAzpilicuetaRioja BordónRamón BilbaoMarqués de TeránMarqués de Riscal

D.O. Ribera del DueroTarsus PradoReyCruz de AlbaCondado de OrizaDominio de AtautaPago de los Capellanes

D.O. RuedaNaiaMonteblanco

D.O. RibeiroViña Costeira

Tel. 981 519 999

Fax. 981 519 191

[email protected]

XAN GARCÍA MONTERO, comercialMóvil:678 543 240

D.O. Vinos de Madrid

Tagonius

D.O. SomontanoPirineos

D.O. BierzoDominio de Tares

Vinos del mundoArgentina, Australia,Chile

D.O. NavarraCastillo de JavierPalacio de la Vega

D.O. BierzoDominio de Tares

D.O. ToroFariña

V.T. Castilla y LeónDominio DosTaresViñas del Cénit

V.T. Castilla

Mano a Mano & VentaLa OssaPago del Vicario

D.O. Rías Baixas

NoraLuscoVeigadaresTerra D´OuroViña SobreiraMar de FradesSeñorío de Sobral

D.O. ValdeorrasGalgueira

D.O. Ribeira SacraPincelo & 1985

ChampagnePerrier Jouët

Aceite ArteOlivaAgua Solán de Cabras

viñosAPERTURA

● REPARACIÓN DE CALZADO

● DUPLICADO DE CHAVES

● AFIADOS

● CARCASAS (CHAVES COCHE)

● TARXETAS RECEPTORAS Ampla gama en

mandos a distancia

para parkings e portas

automáticas

Tlf: 981 815 [email protected]

Rúa do Convento, 24 - MELIDE

Page 19: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Cultura e lecer 19Cerne 109. Febreiro 2015

Un espello no que mirarse: o galegono medievo como exemplo de presente

monumentos medievais tira-das nos catro concellos e tex-tos explicativos da mesmaépoca. O resultado son 500

calendarios con seis imaxescada un e 365 días para sensi-bilizar sobre o uso da lingua,“a maior creación culturalde Galicia”. Así a definiu osecretario xeral de PolíticaLingüística, Valentín García,na presentación do calendarioque se realizou a finais de xa-neiro no Concello de Toquese á que asistiron tamén osrexedores da comarca.

García destacou a antigüi-

Páxinas do almanaque dedicadas a San Antolín de Toques e ao Pazo de Vilar de Ferreiros

Os notarios da antiga Terrade Abeancos (hoxe Terra deMelide) escribiron na IdadeMedia os seus documentosen galego, igual que fixeron osrelixiosos en Vilar de Donas.Figura o idioma nos escritos daadministración civil e tamén notestamento do século XV queasinou Gonçalo Oçores, señorde Pambre. Falábao a fidalguíae falábano os labregos.

Dunha punta a outra dascomarcas de Melide e da ulloao galego gozou na época medie-val dunha saúde esplendorosae dun uso totalmente norma-lizado. Agora, o Servizo deNormalización Lingüística dosconcellos agrupados de Melide,Palas de Rei, Toques e Santisoquere rescatar ese pasado cul-tural para traelo como referen-cia ao presente e empregalocomo exemplo do que debe sero uso da lingua propia.

O xeito de facelo foi a travésda palabra escrita e da imaxe,condensadas as dúas nun al-manaque con fotografías de

Distribúen 500 almanaques confotos e textos daépoca medievalpara sensibilizar

sobre a lingua

dade do galego e fixo fincapéna súa proxección de futuro:“actualmente ocupa o posto 26en presenza en internet de6.000 linguas que ten censa-das a uNESCO”. Ao fío, con-cluíu dicindo que “podemosser unha gran potencia sesabemos aproveitar todo iso”.

Tradición oralTamén en colaboración coaSecretaría Xeral de PolíticaLingüística, o Concello de Me-lide poñerá en marcha outrainiciativa que terá como baseo patrimonio cultural. Consis-tirá na recompilación de can-tares tradicionais, folcloreoral, ditos e refráns popularesa través do alumnado dostres colexios da vila. Trátasedun traballo interxeracionalque implicará tanto a cativoscomo a avós e no que as fami-lias “terán un rol prioritario”.Ao remate da recompilación,e co apoio da Deputación daCoruña, editarase un mono-gráfico divulgativo.

melide celebra o 7 de marzo a iv edición da Festa single

Non hai mellor carta de presenta-ción: “bo ambiente, moitas risas,moita marcha e coma sempre: moi-tos agasallos sorpresa”. E todo iso enMelide. Así reza o cartel promocionalda IV Festa Single, que volve un anomáis á vila para convertela no puntode encontro de solteir@s, separad@se divorciad@s de toda Galicia.

“É unha moi boa ocasión paracoñecer xente”, asegura Manuel Váz-quez “Sierra”, que comezou a organi-

A cea na Pulpería Ezequiel sempre depara regalos e sorpresas para os asistentes

zar o evento no ano 2012 e viu comofoi medrando ata chegar a reunir amáis de 100 persoas. Non se agardamenos nesta edición, que se celebraráo sábado 7 de marzo na Pulpería Eze-quiel. A cea, que ten un custo de 20euros, dará comezo ás 21:00 horas. Aspersoas interesadas en asistir podenanotarse a través da páxina de Stilo-single Galicia ou ben chamando aosnúmeros de teléfono 600 51 91 31 e610 52 34 51.

Cambios na concentración moteira

Unhas boas risas cun día de cineOs usuarios do CentroOcupacional de Melide en-gaden ás súas actividadesas visitas periódicas ás salasde cine. Na última ocasióndesprazáronse ata Santiagopara ver na gran pantalla acomedia “Dios mío, ¿peroqué te hemos hecho”, quearrincou as risas de máis deun. Esta actividade, xuntocon outras como a cociñaou a informática, pretendeaxudarlle aos usuarios do

centro a desenvolver a súa autonomía persoal eacadar un maior grado de independencia.

A concentración moteiraorganizada polo club MillíRiders chegará a Melide opróximo 4 de xullo e faraocon algunhas novidades. Aprimeira delas, a propiadata, que se atrasa un parde semanas con respecto aedicións anteriores para ce-lebrarse en pleno verán. Osactos concentraranse nunsó día e terán ademais unnovo escenario principal: oCantón de San Roque. O

motivo do cambio de ubicación responde á in-tención de atraer máis público ao centro da vila.

O secretario xeral de política lingüística, Valentín García, cos alcaldes de Toques e Melide na presentación do calendario

Page 20: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

20 Cultura e lecer Cerne 109. Febreiro 2015

a vespa lambretta amosa en melidecatro décadas de imaxes e recordos

desta cita anual.Destaca tamén o carácter

céntrico da vila, “un lugar có-modo” ao que se poden ache-gar con facilidade moteirosprocedentes “de todos los

puntos de Galicia, Asturias,Zamora, León y Portugal”.

mil imaxes, mil historiasA concentración Invernoves-pas chegou este ano a Melidecargada de actividades. unhadas máis destacadas foi a expo-sición que aínda se pode verna Casa da Cultura con imaxeshistóricas de Vespas doadas

Desfile de Vespas polas rúas de Melide

Non hai moitas iconas coas quese poidan identificar avós, paise netos. Desas que sobrevivenao paso do tempo, que atrave-san décadas, salpican xera-cións e contan a historia dunpobo. Se algunha aínda queda,a Vespa Lambretta está sendúbida entre elas.

Coas alforxas cargadas deanécdotas, de vivencias enfamilia, de primeiros amores ede arroutadas de xuventude,máis de cen exemplares destasmotos míticas déronse cita enMelide os días 24 e 25 dexaneiro para participar no VIIInvernovespas, a concentra-ción de amantes das Vespasque xa fixo da vila a súa capital.E non é por casualidade: “tene-mos la infraestructura necesa-ria, los domingos está todoabierto, los sábados podemosaprovechar la noche y la hoste-lería es abundante”, di Faus-tino Senín, máis coñecido por“Fas”, melidense e presidenteAsociación Golfos Ártabros quese encarga da organización un grupo de mozos de Cambre cunha Vespa nos anos 60

A vila acolleu o VII Invernovespas,que chegou cunhamostra fotográficae a presentacióndun documental

voluntariamente polos seuspropietarios. Trátase dunhapequena mostra de 30 imaxesque resumen un traballo moitomáis amplo; o que leva facendodende 2009 Pablo Osorio, unvigués que xa conseguiu re-compilar para a memoria his-tórica máis de 1.000 imaxes daVespa Lambreta en Galicia,dende a década dos anos 50 ataa dos 80. Todas elas están re-collidas na web miabuelote-niaunaigual.es, unha ventáaberta ao pasado “con tesorosgráficos que evocan momentosirrepetibles y entrañables”.

Inspirado nesa exposición,e baixo o título “Meu avó tiñaunha igual”, Estudio Faíno estáa elaborar un documentaldende finais de 2014 con viven-cias narradas en primeira per-soa por algúns dos prota-gonistas da historia da Vespaen Galicia, como a primeiramuller scooterista, que agoraten 86 anos. Tamén Melidetivo o privilexio de coñecer unadianto dese traballo.

A Casa da Cultura de Melidecomeza o ano con moi bohumor. Tanto é así que nasúa programación para oinicio de 2015 inclúe unciclo de comedia con catromonólogos en directo, unpor mes. Rite ti, nome co sebautizou o espectáculo, re-úne a cómicos coñecidos nopanorama nacional. O pri-meiro en pasar polos esce-narios melidenses foi AlbertBoira e o seguinte será o hu-morista andaluz Toni Ro-dríguez, que nos visitará o 7de marzo ás 22:30 horas.El daralle o relevo a douscómicos galegos: JavierVeiga, que estará na Casa daCultura o 4 de abril, e Ma-nuel Lago, que actuará o 2de maio. As entradas podenadquirirse por anticipadoen www.mercaticket.comou en Muxica Tenda Xoven.

rite ti!, o ciclode humor da

Casa da Cultura

Pasarelas para a canle das mazairas e o río de vilamor

Non só coidan dos ríos, senón que tamén se preocupan porfacilitar o deporte da pesca na comarca. É por iso que a Asocia-ción de Troiteiros “Río Furelos” construirá ao longo do 2015dúas pasarelas: unha para vadear a canle do muíño das Mazairase outra para facer o propio no río de Vilamor. Ámbalas dúasterán 7 metros de longo. Esta actuación forma parte doconxunto de actividades que a directiva de “Río Furelos”programou para o presente ano e que presentou a finais de xa-neiro no transcurso da XII asemblea ordinaria. No encontro, aoque asistiu algo máis do 70% dos 382 membros cos que contaa asociación, tamén quedou fixada a data para a celebracióndo X Campionato de Pesca Terra de Melide. Será o 11 de abril.As xornadas de limpeza do río Furelos faranse o 29 de agostoe o 5 e 12 de setembro.

A directiva de “Río Furelos” presentando a programación de 2015

novo récord de Patricialópez na esgrima galega

A tiradora Patricia López, alumna da Escuela Ayude de Melide,segue apuntando alto no mundo da esgrima tras conseguir unhameta nunca antes alcanzada a nivel galego nesta disciplina:conseguir no mesmo día unha medalla de prata en categoríaabsoluta e unha de ouro en categoría cadete. A fazaña logrounaa última fin de semana no ranking celebrado en Compostela,un éxito que os seus adestradores interpretan como o anticipo“dun futuro prometedor”. Tampouco foi mal a cousa para osloitadores de Escuela Ayude no torneo autonómico celebradorecentemente en Pontevedra. Volveron para a casa con 5medallas de ouro (Lía Mellid, Víctor Buján, Guillermo López,Cora Ayude, Laura Ramos), dúas de prata (Lucas López,Iker López) e unha de bronce (Sabela Cabado).

Equipo de Escula Ayude no torneo autonómico de Pontevedra

Turismo Melide

Page 21: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Publicidade 21Cerne 109. Febreiro 2015

C/ Avda. de América, 3 MELIDEAvda. América, 3 MELIDE

• Produtor de toda clase de flores

• Preparamos:

Ramos de noiva, coroas, ramos,

palmas, centros, etc..

• Estamos ao seu servizo en:

R/ Amador Rodríguez, 7

Tfnos: 981 50 61 64 / 981 50 59 86

666 49 38 49 / 666 49 38 50MELIDE

Por San Valentín, merca en Melide

Page 22: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

22 Colaboracións Cerne 109. Febreiro 2015

Non vale furar

Vanessa Martínez Iglesias, xornalista

O máis repoludo ou o máispatoso do recreo era sempre oque tiña que apandar con serporteiro. Algunhas veces eraincluso un que estaba por alíe ao que non lle gustaba o fút-bol, pero para igualar o nú-mero de participantes logo

se lle dicía: “ponte ti aí!”. E oporteiro asumía o seu papel,con ganas ou sen elas, perodeixando sempre unha cou-siña clara: “non vale furar!”.

Eran normas implícitasque non precisaban máisexplicación e todos asumían

entendéndoa como razoable.Non era necesario firmar nin-gunha aprobación previa legalpor maioría de ¾, nin expo-ñelo quince días por se alguéntiña algo que obxectar. Cousasrazoadas para as que o razoa-mento humano debería ser

suficiente.Co tempo e o paso dos

anos, o partido vólvese xogartodos os días: hai uns capitánsque deciden as normas doxogo, que é o sistema no quevivimos, sen facer moito casoaos que queren xogar ao briléou intercambiar cromos. Aquíxógase e namais. Calquera quequeira xogar a outro xogo quenon sexa este será un friki, unextremista, un radical (inclusoradikal!), un antisistema e,se me apuras, un candidato adenunciado por apoloxía doterrorismo. Logo están os queenchen o campo, correndodun lado para outro, gastandotoda a enerxía do bocadillopara que, despois, ao final,sempre lle haxa que pasar obalón ao de sempre para quemarque o gol.

E na portería estamos osdemais: as pezas necesariaspara que o partido poida terlugar, pero que non importana ninguén nin para nada.Salvo para unha cousa: paradicir que é nosa a culpa do gol;para dicir que a situación quesufrimos é culpa da xente que,coma o porteiro que o é por-que o puxeron alí, ten queescoitar, inda por riba “é quecon este porteiro!”.

O único consolo nestepartido sería, polo menos,berrar ben claro: “non se valefurar!”, e que, coma no patiodo colexio, se respectase sen

máis. Pero alguén nos conven-ceu xa de que se nos furan épolo noso ben, é para nunfuturo poder estar mellor, éporque antes vivimos moitopor riba das nosas posibilida-des e agora temos que enten-der que é normal que vallan ospunteirolos, e que incluso nosfarán máis fortes.

E así é como se van levan-tando vallas con cuchillas senque pase nada; como se vaiprivatizando a sanidade senque pase nada; como se im-planta unha cadea perpetuabaixo criterios sempre subxec-tivos, sen que pase nada; comose esnaquizan os dereitos la-borais e se rebenta a cultura,como os nosos propios compa-ñeiros de equipo -os membrosda “defensa”- van quedandosen casa porque a necesitamáis un banco ou unha caixade aforros, e non pasa nada; eé así como aquelo que recollíaa Constitución deste país de“dereito a un traballo e dereitoa unha vivenda” se convertenun texto ilusorio ao nivel doAlicia no país das marabillas.

E sen visos de que os queestamos de porteiros poidamosnalgún momento ser os querepartamos o xogo no mediodo campo, nin trazas de quedecidamos deixar a portería emontarnos aparte o noso par-tido paralelo, estaría ben quepolo menos esixísemos quese cumprise o “non vale furar”.

REFLEXIÓNS CON HUMOR

Pepe Núñez

Retrincos sobre o krausismoCésar C. Vega, filólogo

Karl Christian Friedrich Krause cuñou estacorrente filosófica a principios do século XIXco obxecto de recuperar e complementa–lopensamento kantiano. Postulaba a unidadeentre espírito e natureza, orientada por Deus;a configuración social das institucións e dasasociacións humanas, especialmente a familiae a nación, fronte a aquelas limitadoras daliberdade —Igrexa e Estado—, e a obtención daharmonía persoal e social mediante a moral,o dereito, o Estado, a relixión e a ciencia.

En torno a 1860, Julián Sanz del Río adap-touna e introduciuna en España. Asentadanun substrato previo, representado nosescritores Antonio Xavier Pérez e José ÁlvarezGuerra, triunfou grazas á conversión nun mo-vemento de renovación espiritual. Incidiu nonsó na teoría estética e na crítica literaria, senóntamén na pauta referencial e a reflexión lite-raria efectuada polos escritores Juan Valerae José María de Pereda.

un dos representantes galegos foi JuanSieiro González (San Tomé de Maside, Ou-rense, 1835–Ourense, 1893). Licenciouse enTeoloxía (Toledo) e Filosofía e Letras (univer-sidad Central de Madrid). Exerceu a docenciade Grego e Filosofía no Instituto Provincialde Pontevedra e despois a cátedra de Lóxica eÉtica en Ourense. Nesta última cidade desem-peñou os cargos de edil e deputado provincial,

mais non se involucrou nas leas partidistasnin se adicou plenamente ós devanditoscometidos. Procuraba a reforma da sociedadeviolenta e a mudanza da historia de Galiciamediante o compromiso cultural e o pensa-mento da clase política.

Desenvolveu dous cometidos, a direcciónda publicación El Eco del Liceo e a dinami-zación do Recreo de Artesanos. Co paso dotempo, Sieiro e outros intelectuais ourensánspropiciaron a fusión das dúas entidades men-cionadas. Durante a estadía madrileña articu-lou o krausismo coas achegas do liberalismo,o cristianismo racional e a rexeneración moral.

Para a cadeira de Ourense debullou pautase guías prácticas nos ensaios Psicología yLógica (1872), Principios de Psicología,Lógica y Ética (1882) e Sociología (1888).Malia non efectuar claramente unha praxepolítica, as ideas sociais e políticas encardi-nábanse no republicanismo e nas formas degoberno federalistas. A diferenza de GeorgWilhelm Friedrich Hegel, que dilúe as parti-cularidades históricas na esencia eterna da hu-manidade, o masidao posicionábase a favor dadiversidade cultural, o que conlevaría lograruns mesmos ideais para toda a humanidade.Neste sentido, auguraba a desaparición dalingua galega a causa da carencia de literatura,a invasión do castelán e os defectos de uso.

Page 23: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

Entrevista 23Cerne 109. Febreiro 2015

KARIM GAMIL QuINTELA, “CLíNICA DENTAL KARIM GAMIL”

“É recomendable que os cativos vexan comoalgo natural o hábito de acudir ao dentista”Recoñece que algunhas cousas non cambiaron moito co paso do tempo

e que a maioría dos pacientes seguen acudindo ao dentista só cando

aparece a dor. Pero a clínica que Karim Gamil puxo en marcha hai algo

máis dun ano na melidense Ronda de Pontevedra é un espazo afastado de

calquera mal sentimento: polo trato próximo, pola atención personalizada

e polo empeño deste xove profesional en explicar ata o último detalle de

calquera dos tratamentos que ofrece no campo da cirurxía, da orto- don-

cia, da endodoncia, dos implantes, da estética ou da odontopediatría.

Karim Gamil Quintela na clínica da rolda de Pontevedra que abriu hai algo máis dun ano

“Para nós é moiimportante que o paciente saibaen cada momento

o que se lle vaifacer e por que”

“un sorriso conpersonalidadepode ser igualde perfecto cósque vemos nos

anuncios”

-Como especialista naatención a nenos, cal éo momento axeitado paracomezar a ir ao dentista?-Karim Gamil (K.G.):Canto antes, mellor. É reco-mendable que os cativos vaiancollendo o hábito de acudir aodentista e que o vexan comoalgo natural. Os 5 ou 6 anosson idades importantes, por-que empezan a saír os dentesdefinitivos, pero xa se debende traer antes á consulta parabotarlles un ollo. Trátase máisben de que se familiaricen codentista, de xogar un poucono sillón e de conseguir queabran a boca e saiban que nonpasa nada. Hai que evitar quecollan medos innecesarios.

-no caso das ortodon-cias, a que idade se re-comenda empezar costratamentos?-K.G.: Hai diferentes casos;depende de se é un problemaque está só nos dentes ouse vén do óso de base, doqueixelo, do maxilar... nestesúltimos supostos a idade éimportante. As nenas debencomezar a tratarse con 8 ou 9anos e os nenos, que teñen undesenvolvemento máis tardío,con 10 ou 11. Actuar a unhaidade temperá permite queos tratamentos sexan máissinxelos e máis curtos. Haiproblemas que incluso se tra-tan se necesidade de aparatosde ortodoncia, actuando sobreos dentes de leite.

-no caso dos adultos, haiunha idade límite?-K.G.: Non, o límite está nasganas que teña a persoa depoñer un corrector. Temosalgúns pacientes que comeza-ron con 60 anos. O trata-mento no caso dos nenos estáenfocado a corrixir unha malaoclusión e a conseguir unhaestética correcta, mentres

que no caso dos adultos rea-lízase normalmente a raízdoutros problemas e vai com-binado con máis tratamentos,pero a idade nunca é un hán-dicap para iso.

-Xa son lexión os quebuscan o sorriso perfecto.Como o definiría? -K.G.: En realidade nonexiste. Iso é algo moi persoal:un sorriso con característicaspropias e con personalidadepode ser igual de perfecto cacalquera dos que vemosnun anuncio publicitario. Osorriso perfecto é aquel coque a persoa está contenta. Ámarxe diso, si que é certo quehai pacientes que veñen bus-cando eses sorrisos que vemosna televisión. Inténtase con-seguir o mellor resultado.

-Outra das obsesións son

os dentes brancos. Haimodas na odontoloxía? -K.G.: Si, por suposto. Defeito en relación con iso xa seestá a falar da brancorexia,unha patoloxía que fai quexente que xa ten un tonbranco siga demandandotratamentos branqueadores.Os profesionais temos queaprender a dicirlles que xanon lles vai facer nada e apli-car un pouco de psicoloxía.

-É un tratamento queofrecen moito as franqui-cias. Que opina deste tipode clínicas? -K.G.: Terían que estar moitomáis reguladas. Hai moitapublicidade enganosa nesecampo. Os anuncios de trata-mentos tan baratos teñenpouco de certo e cando entraspola porta xa empezan a su-mar. Eu nunca podería ofrecer

os mesmos prezos porque sóo material que emprego paraun tratamento xa é mais caroque a suma total do que elesofrecen. Algo falla. Antes depoñerse en mans dunha fran-quicia sempre recomendo quese pida unha segunda opinión.

-Como pode o pacientesaber que está en mansdun bo profesional? -K.G.: É complicado. Loxica-mente ao dentista hai quepedirlle tres ou catro cousas:que teña a carreira, que esteacolexiado e que ofreza unhascertas garantías. Fóra diso, haixente que está moi afeita afalar e a enganar, pero pensoque calquera profesionaldunha clínica privada quereo mellor para si e, aínda quesexa só por iso, non te vaienganar. Fundamentalmentetrátase de depositar confianza

no dentista. Nese sentido,para nós é moi importantedar explicacións detalladas; opaciente debe saber en todomomento o que se lle vai facere por que.

-Que servizos ofrece nasúa clínica? -K.G.: De todo un pouco,intentamos ofrecer un servizointegral: cirurxía, ortodoncia,endodoncia, radiografía dixi-tal, próteses, implantes, trata-mentos de estética, odon-topediatría... se hai algo quese nos escapa, procuramos de-rivalo a expertos que temosde man. Pero é raro, no día adía cubrimos todo.

Clínica Karim Gamil

Rda. Pontevedra, 32

Tlf: 981 50 62 44

Page 24: Nº 109. Febreiro 2015. Distribución gratuíta Os ... · abrirá as portas en marzo Falta por instalar o gas e planificar o traslado de parte dos cativos dende a escola municipal.

CERNE Cerne 109. Febreiro 2015