Mulleres que fixeron Historia - edu.xunta.es · da sua época o gusto pola violencia, a crueldade,...

13
MULLERES QUE FIXERON HISTORIA SAFO DE LESBOS (612 A.C.- 552 A.C.) HYPATÍA DE ALEXANDRÍA HILDEGARD VON BINGEN. (1098-1179) SOR JUANA INÉS DA CRUZ. (1651-1695) MARIA DE ZAYAS OLIMPIA DE GOUGES (1748-1793 ) MARY WOLLSTONECRAFT (1759-1797) MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY (1797-1851 ) FANNY MENDELSSOHN HENSEL (1805-1847) ADA BYRON CLARA SCHUMANN (1819-1896) LEIPZIG, ALEMANIA ROSA LUXEMBURG (1871-1919) CONCEPCIÓN ARENAL (1820-1893) MARIE CURIE. 1867 – 1934 MARIA GOEPPERT-MAYER (1906-1972), MAY SHELDON (1.858 - 1.892) PETRA KELLY DAWN FRASER MARTINA NAVRATILOVA MENCHÚ, RIGOBERTA (1959- ), CHUS LAGO FRIDA KAHLO. (1907-1954) Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 1

Transcript of Mulleres que fixeron Historia - edu.xunta.es · da sua época o gusto pola violencia, a crueldade,...

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA

SAFO DE LESBOS (612 A.C.- 552 A.C.)HYPATÍA DE ALEXANDRÍAHILDEGARD VON BINGEN. (1098-1179)SOR JUANA INÉS DA CRUZ. (1651-1695)MARIA DE ZAYASOLIMPIA DE GOUGES (1748-1793) MARY WOLLSTONECRAFT (1759-1797) MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY (1797-1851) FANNY MENDELSSOHN HENSEL (1805-1847)ADA BYRONCLARA SCHUMANN (1819-1896) LEIPZIG, ALEMANIA ROSA LUXEMBURG (1871-1919) CONCEPCIÓN ARENAL (1820-1893) MARIE CURIE. 1867 – 1934 MARIA GOEPPERT-MAYER (1906-1972), MAY SHELDON (1.858 - 1.892) PETRA KELLYDAWN FRASERMARTINA NAVRATILOVAMENCHÚ, RIGOBERTA (1959- ), CHUS LAGOFRIDA KAHLO. (1907-1954)

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 1

SAFO DE LESBOS (612 A.C.- 552 A.C.)

Safo e a sua familia pertencían á máis alta aristocracia eolia, o seu pai chamábase Escamandrónimo, a nai de Safo chamábase Cleis. Safo, muller de espírito indomable, amante da cultura e sobre todo da liberdade, non tarda en enfrentarse, xunto a outros concidadáns, ó tirano que goberna Lesbos: Pitaco de Mitilene. Pitaco, tiña desposeído á aldea dos seus dereitos civís, e non duvidaba en desterrar ós seus oponentes. A Safo enviaa a Sicilia, que entón pertencia á Magna Grecia. En cidades como Atenas imperaba unha cultura eminentemente sexista. Non é de estrañar, pois, que pasado o tempo e na gloriosa época de Pericles, cando Atenas atinxe o seu máximo esplendor, os cómicos atenienses, transmitindo os sentimentos da sua aldea, tildasen a Safo de meretriz e cortesana, entre outros desafortunados calificativos. Safo, que tiña unha maneira distinta de entender a vida á das atenienses, fundou na sua illa natal unha academia para mulleres xóvenes, consagrada á deusa Afrodita, a quen dedicou emotivos poemas. Afrodita, que era unha das divindades da mitoloxia grega, pasou a formar parte da mitoloxía romana co nome de Venus.

Desenvolveu unha intensa actividade poética pero, por desgracia, grande parte da sua obra perdeuse non moito despois da morte da poetisa. Platón considerouna a "décima musa" e, tendo en conta a importancia que se daba na Grecia clásica ás musas (consideradas divindades), mais que louvar á poetisa e á sua obra, semella que Platón a venera. A inmortal obra de Safo, realizada hai uns 2500 anos, sufriu o paso do tempo, as malas traducións, o plaxio e a censura. Non obstante, a cultura occidental, que se basea en grande medida na grega, debe moito mais do que puidese imaxinar a Safo e á sua maneira de crear poesía. HYPATÍA DE ALEXANDRÍA Matemática, Astrónoma e filósofa (Alexandría 370?-415)

É a primeira muller de ciencia que ten a súa vida ben documentada. Aínda que a maioría dos seus escritos se perderon, existen numerosas referencias a eles. Como non houbo adiantos significativos en matemáticas, astronomía nin en física en ningunha parte do mundo occidental durante os mil anos seguintes, chegou a simbolizar o fin da ciencia antiga.

Algúns dos países do cristianismo resurxiron as teorías sobre unha terra plana e un universo en forma de tabernáculo. Os violentos conflictos entre pagáns, xudeus e cristiáns foron azuzados por Teófilo, patriarca de Alexandría. Non era unha época propicia para ser científico nin filósofo. O pai de Hypatia, Theón, era un matemático e astrónomo que traballaba no Museo. Supervisou todos os ámbitos da formación da sua filla, educandoa nun ambiente de pensamento.

A maioría dos historiadores cría que superou o coñecemento do seu pai a unha idade moi temperá. Theón instruíu a Hypatía no coñecemento das diferentes relixións do mundo e aprendeulle a arte da oratoria, así como os principios do ensino, o que motivou que persoas de outras cidades viñesen a estudar con ela. Viaxou a Atenas e a Italia, impresionando a todos os que a coñeceron pola sua intelixencia e a sua beleza. Os estudiantes ían a Alexandría para asistir ás leccións de Hypatia sobre matemáticas, astronomía, filosofía e mecánica. A sua casa converteuse nun centro intelectual, onde se reunían os estudiosos para discutir cuestións científicas e filosóficas.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 2

A maioría dos seus escritos eran libros de texto para os seus estudiantes. Ningun permaneceu intacto, pero é posible que partes da sua obra estean incorporadas nos tratados existintes de Theón. O seu traballo máis importante de foi en álxebra. Escribiu un comentario sobre a Aritmética de Diofanto, en 13 libros. Tamén escribiu un tratado: Sobre a xeometria das cónicas de Apolonio, en oito libros. HILDEGARD VON BINGEN. (1098-1179) Hildegard naceu en Bemersheim (Alemania) no val do Rin, no seo dunha familia nobre alemana. Foi a menor de dez fillos, estando así, destinada á Igrexa. Desde moi nena, Hildegard sufriu visións que máis tarde a propia Igrexa confirmaría como inspiradas por Deus. Estes episodios, descritos como unha grande luz que a rodeaba, deixábana moi mal e mesmo a cegaban temporalmente. Os seus pais preocupados decidiron entregala totalmente ó convento benedictino Disibodenber, onde tivo unha profunda aprendizaxe en latin, grego, litúrxia, música, oración e ciencias naturais, e ademais unha disciplina asceta. Ós dezaoito anos, Hildegard toma os hábitos bendictinos. Dos nove libros que escribiu, destacan Scivias -de corte místico-, Liber Vitae Meritorum -sobre ética- e, Operatione Dei -sobre teoloxia-. Outro dos seus libros, o Liber Simplicis Medicinae é importantísimo para a medicina, pois nel faise un achegamento á ciencia de curar desde a perspectiva olística, incluíndo coñecementos de botánica e de biloxía. Pero, Hildegard non só se dedicou a escribir, se non que ademais compuxo música e escribiu setenta e sete cancións e unha ópera Ordo Virtutum. SOR JUANA INÉS DA CRUZ. (1651-1695)

Poeta e humanista nacida en México. A sua poesía, inxeniosa, elocuente e expresiva, converteuna na personalidade máis destacada das letras virreinais do século XVII. Naceu na cidade de San Miguel de Nepantla, e foi autodidacta principalmente. Revelouse como nena prodixio aprendendo a ler á idade de tres anos. Durante a sua adolescencia foi dama de compaña na corte do vicerrei de Nova España, onde destacou pola sua beleza, enxeño, intelixencia e coñecementos. En 1667 abandoou a vida da Corte e entrou nun convento carmelita. Alá, Sor Juana Inés da Cruz estudiou teoloxía, literatura, historia, música e ciencia. Escribiu unha obra poética que lle valeu o alcume de Décima Musa. En 1693, abandoou os seus estudios e dedicouse case por completo á contemplación relixiosa. Os seus escritos, abranguen poemas líricos, alegóricos e dramas relixiosos e profanos, como, Inundación castálida (1689); Segundo volume das obras de sor Juana Inés da Cruz (1692) e

Fama e obras póstumas do fénix de México e décima musa (1700) e, dende entón reeditáronse sen cesar.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 3

MARIA DE ZAYAS Pertenceu á literatura do XVII. Estaba mais preto de Gómez Manrique que de Jorge e moi alonxada da via réxia que vai de Garcilaso a Quevedo. Sorprende a liberdade con que se comportan as suas personaxes femininas no xeito sexual. Nacida en Madrid, o 12 de setembro de 1590, dona María de Barasa, esposa lexítima de don Fernando de Zayas e Sotomayor, que servía como cabaleiro ó conde de Lemos. Deu a luz unha nena, tamén chamada María. Debeu ter esmerada educación na casa e horizontes abertos fora dela. Acompañou ós seus pais a Nápoles cando o Conde foi nomeado Vicerrei. No medio, viaxes e estancias, tal vez tivo algun matrimonio, en Zaragoza, Sevilla ou Granada, aínda que Madrid fose o porto da sua travesía literaria. Escribiu o impresionante libro titulado Novelas amorosas y exemplares o Decamerón Español. Como novelista é dunha frescura e novidade sen precedentes nin tampouco seguidores. Ten da sua época o gusto pola violencia, a crueldade, a máxia e os encantamentos. A moral nela non é moralexa se non escarmento. Nin tampouco aforra episodios picarescos cunha crudeza que non desmerece do Buscón quevedesco, nin fica atrás das bizanterías cervantinas noutros como, A forza do amor ou O prevenido enganado. Pero se cadra o que mais sorprende nela é a liberdade con que se comportan os personaxes femininos no xeito sexual e amatorio. Desde a que persegue a un home que ve polo balcón, ata a que garda un amante negro na corte ata o devorar sexualmente, "antes de infinitos adulterios". Está considerada a primeira novelista española. OLIMPIA DE GOUGES (1748-1793)

Nacida en 1745, filla dun carnicero e una lavandeira, casou cun ancián rico. Tras quedar viuda, quedou con cartos suficientes para mantenerse a si mesma en Paris desde 1788, vivindo dos precarios ingresos que obtivo como escritora.

Pobremente educada, a súa gramática, ortografía e caligrafía deixaban moito que desexar e os seus escritos tendían a ser demasiado ampulosos. Pese ós seus sostidos esforzos, non conseguiu ser unha autora de éxito.

Ridiculizada polo seu franco e obstinado feminismo, os seus temperáns intentos de organizar ás mulleres, o seu manifesto rupturista polos dereitos femininos e despreciada como traidora á

revolución por oponerse á pena de morte contra o rey Luis XVI e a súa familia, convertiuse nun obxectivo do Terror xacobino.

Prolífica escritora política, manifestouse claramente contra a represión xacobina e contra Robespierre e Marat. Acusada de ser unha realista reaccionaria foi guillotinada en 1793.

Gouges reclamou un trato igualitario da muller con respecto ó home en todos os aspectos da vida, públicos e privados: o dereito de voto, de exercer cargos públicos, de falar en público sobre asuntos políticos, de igualdade de honores públicos, de dereito á propiedade privada, de participar no exército e na educación e, incluso, de igual poder na familia e na igrexa.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 4

MARY WOLLSTONECRAFT (1759-1797)

Escritora e feminista inglesa nacida probablemente en Londres. En 1780 marchou da casa para ganar a vida dirixindo coas suas irmás unha escola durante dous anos e máis tarde traballou como institutriz en Irlanda. O moderado éxito da súa primeira novela, A novela de María (1788), levouna a estabelecerse en Londres, onde traballou como profesora e traductora. Foi membro dun grupo de intelectuais formado polo poeta e artista inglés William Blake, o filósofo político angloamericano Thomas Paine, o químico inglés Joseph Priestley e o pintor e escritor anglosuizo Henry Fuseli. Na sua obra mais famosa, Vindicación dos direitos da muller (1792), afirmou que o ideal do matrimonio mora na afinidade intelectual, e abogou pola igualdade educativa e de oportunidades para ambos sexos. Durante a Revolución Francesa acudiu a París, onde se namorou do escritor e aventureiro estadounidense Gilbert Imlay. En 1794

naceu a sua filla, e durante certo tempo viviron en Inglaterra, ata que Imlay a abandonou e ela intentou suicidarse. En 1797 casou co filósofo político William Godwin. Morreu aquel mesmo ano ó pouco tempo de nacer a sua filla Mary. Wollstonecraft tamén escribiu Relatos orixinais da vida real (1791) e Vindicación dos dereitos do home (1793). A sua correspondencia, Memorias da autora dos dereitos da muller (1798), foi publicada por William Godwin. MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY (1797-1851) Novelista inglesa, filla do filósofo británico William Godwin e da escritora e feminista Mary Wollstonecraft. Naceu en Londres e recibiu unha educación privada. En 1818 Mary publicou a primeira e máis importante das suas obras, a novela, Frankenstein ou o moderno Prometeo. Esta obra, un logro máis que notable para unha autora de só 20 anos, convertiuse de inmediato nun éxito de crítica e público. A historia de Frankenstein, estudiante do oculto e da súa criatura subhumana creada a partir de cadaveres humanos, foi levada ao teatro e ao cine en varias ocasións. Ningunha das suas obras posteriores acadou a popularidade ou a excelencia desta primeira, pese a que escribiu outras catro novelas, varios libros de viaxes, relatos e poemas. A súa novela, O último home (1826), considerado o mellor da sua producción, narra a futura destrucción da raza humana por unha terrible praga. Lodore (1835) é unha autobiografía novelada. Trala morte do seu esposo, en 1822, Mary dedicouse a difundir a obra do poeta. Publicou así os seus Poemas póstumos (1824) e editou as suas Obras poéticas (1839) con valiosas e detalladas notas.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 5

FANNY MENDELSSOHN HENSEL (1805-1847)

Pianista alemana, compositora de Lieder e música de compartimento. Irmá de Felix Mendelssohn. Fanny viviu no seo dunha das familias xudías máis prósperas en Hamburgo. Recibiu o temperán adestramento musical da sua nai, e como o seu irmán máis xoven estudiou composición con C. F. Zelter, introduciuna á música de J. S. Bach. Cunha idade ceda, os seus agasallos musicais eran evidentes, e a sua familia animouna fortemente. As suas realizacións eran limitadas, sen embargo, por actitudes que prevalecían contra as mulleres que asumen papeis profesionais en música. O seu irmán servía de apoio dos seus esforzos creativos, e el a miúdo pediulle consello sobre materias musicais. As actividades musicais de Fanny centráronse ó redor do salón da familia, onde a música foi presentada sobre unha base semanal. O lar dos Mendelssohn era un dos principais

estabelecementos culturais de Berlín, e Fanny compuxo a maioria abrumadora da sua música para estes funcionamentos de domingo. Traballos: ·Música instrumental de conxunto, incluíndo 1 insinuación orquestral (1830), 1 quarteto da secuencia (1834), e 1 trio de piano (1846). ·Música de piano (sobre 125 traballos): sonatas, prelúdios, e fugas, cancións sen as palabras, bagatelas, e pedazos do carácter, incluindo Das Jahr ( ano 1841); música de órgano. ·Música coral, incluindo 4 cantatas, Der Bibel (Oratorio despois de cadros a partir da Biblia (1831). Lieder (sobre 250), incluído Schwanenlied ( canción, 1846) e Bergeslust ( desexo vivo da montaña, 1847) ADA BYRON

Augusta Ada Byron naceu o 10 de decembro de 1815 en Inglaterra. Foi filla do famoso poeta inglés Lord Byron e de Ana Isabel Milbanke. Os seus pais separáronse cando ela tiña so un ano de idade, e foi a súa nai a que quedou ó seu cargo. Foi educada en ambientes eruditos e dende moi pequena tivo excelentes profesores de matemáticas astronomía literatura e música. Foi sempre unha nena moi enfermiza e aos 14 anos quedou paralítica das pernas o cal fixo dela unha nena que en lugar de xogar, dedicase longas horas ó estudio e a lectura. Ós 17 anos coñeceu ó científico inglés Charles Babbage e ficou tan impresionada que decidiu convertirse en matemática e científica. Estudiou moitas áreas da ciencia, pero, influída probablemente por Babbage, decidiu profundizar nas matemáticas. Para 1843, Ada era xa unha matemática recoñecida no medio aínda que seguia asinando os seus artigos coas suas iniciais por medo a que polo feito de ser escritos por unha muller fosen rexeitados nas distintas revistas e academias ós que os mandaba. Ós 29 anos Ada Byron enfermou gravemente e para sempre. Despois de moitos anos de sufremento morreu aos 36 anos o

23 de novembro de 1852. Como Ada sempre pedira, o seu corpo foi enterrado xunto ao do seu pai a quen nunca coñeceu.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 6

CLARA SCHUMANN (1819-1896) LEIPZIG, ALEMANIA De solteira Clara Wieck pianista e compositora alemana. Naceu en Leipzig. Estudiou co seu pai, Friedrich Wieck. Pianista dende os oito anos, era xa coñecida en Europa cando en 1840 contraxo matrimonio co compositor Robert Schumann a pesar das obxecións do seu pai. Deu a coñecer moitas composicións para piano de Schumann, incluído o seu Concerto para piano e orquestra en la menor, opus 54 (1845). Despois da morte de Schumann, convertiuse nunha das mellores pianistas da sua época e realizou xiras constantes para poder manter á sua familia. Axudou a promover a música do seu amigo de toda a vida, Johannes Brahms. Editou as obras completas de Schumann e dende 1872 ata 1892 foi profesora no Conservatorio de Frankfurt. ROSA LUXEMBURG (1871-1919)

Política alemana que desempeñou un importante papel no movemento socialista revolucionário dos primeiros anos do século XX. Naceu na localidade polaca de Zamosc (perteneciente a Rusia nesa época) o 5 de marzo de 1871 no seo dunha familia xudía e estudiou en Varsovia, onde comezou a frecuentar asociacións políticas. Abandonou Polonia en 1889 para evitar ser prendida polas suas actividades e instalouse en Suíza. Estudiou ciencias naturais e economía política na Universidade de Zurich, onde escribiu a sua tese doctoral titulada O desenvolvimento industrial de Polonia (1898). En 1898 emigrou a Alemaña e obtivo a nacionalidade dese país ó

contraer matrimonio cun traballador alemán. Afiliouse ó Partido Socialdemócrata Alemán (SPD), a organización máis importante do socialismo internacional. Cando estalou a Revolución Rusa de 1905, Luxemburg trasladouse a Varsovia para participar na loita, pero foi detida. Trala sua liberación, impartiu clases de economía política na escola do SPD de Berlín (1907-1914) e escribiu unha obra titulada: A acumulación do capital (1913). Cando estalou a I Guerra Mundial, Karl Liebknecht e Luxemburg, opostos á decisión socialdemócrata de votar a favor dos créditos de guerra, formaron unha facción revolucionaria dentro do SPD coñecida como o grupo dos espartaquistas. Foi prendida pola sua radical oposición ó conflito bélico (na cadea escribiu a súa obra fundamental, A crise da socialdemocracia; cando foi posta en liberdade en novembro de 1918, colaborou na fundación do Partido Comunista Alemán (KPD), composto polos membros do seu anterior grupo. Oposta a actitudes violentas, criticou con dureza a dura represión que estabeleceron os bolcheviques. Pese a mostrar-se reacia, tomou parte no fallido erguemento espartaquista de xaneiro de 1919, no que Liebknecht e ela foron arrestados e executados (cando eran conducidos a cadea) polas tropas alemanas o dia 15 dese mesmo mes.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 7

CONCEPCIÓN ARENAL (1820-1893) Reformadora social e pensadora española nacida en Ferrol (A Coruña). A partir dunha formación autodidacta chegou a converterse nunha das mulleres españolas máis destacadas do século XIX. Ben coñecida polas súas tarefas en favor das reformas penitenciarias e de actividades de beneficencia, e moi cercana ao krausismo, Concepción Arenal colaborou con Fernando de Castro na fundación do Ateneo Artístico e Literario de Señoras en 1869. Pese ao seu pouco éxito, foi o precedente de iniciativas posteriores en favor da formación e a instrucción da muller como primeiro paso para lograr a igualdade de dereitos de ésta na sociedade. Como penalista, participaba na liña de pensamento de Pedro Dourado Monteiro, reformador do Dereito penal da época, que propuña unha orientación educativa e non represiva do sistema penitenciario, que reformase ao delincuente en lugar de castigalo. Foi autora de diversos libros, entre os que destacan Beneficencia, filantropía e caridade (1861), Estudos penitenciarios (1877) e A muller do porvenir (1884). Faleceu en Vigo en 1893. MARIE CURIE. 1867 – 1934

Marya Sklodowska ,naceu en Varsovia o 7 de Novembro de 1867. O seu pai, Ladislas Sklodowski era profesor de física e matemáticas no Liceo, ó igual que o avó de Marya. A sua nai, Bronislawa Boguska era mestra, pianista e cantante. Antes de que Marya cumplira os 11 anos Bronislawa morre de tuberculose. Desde moi temprana idade Marya demostrou unha excelente memoria e unha grande capacidade. Entre os seus intereses destacaba a paixón pola lectura, especialmente na historia natural e a física. En secundaria foi sempre a primeira alumna da sua clase, e destacou por influír nas suas compañeiras o entusiasmo polo traballo. Ó graduarse, ós 17 anos, recibiu unha medalla de ouro polo seu sobresaliente rendemento. Dous anos despois a sua irmá Bronislawa gradúase de médico en París e casa cun compañeiro de estudios co que establece un consultorio de medicina. Este cambio na situación económica da sua irmá permítelle a Marya viaxar a esa cidade

e garántelle comida e vivenda. Ós 21 anos trasladase a París e rexistrase na Sorbone. O apoio da sua irmá non se prolonga por moito tempo, pois ésta retorna a Polonia de forma definitiva para fundar un sanatorio. Mentres Marya vive nun diminuto cuarto alugado e afronta a sua difícil situación, dedica todo o seu esforzo a acabar os seus estudios no menor tempo posible. En 1893 obtén o grao de Licenciada en Física, e un ano máis tarde o de Licenciada en Matemáticas. Nesta época, mentres pensa en voltar a Polonia, consegue un traballo como asistente nun laboratorio, onde coñece a Pierre Curie, con quen se casa en 1895. O sea primeiro achádego foi que o uranio e o torio emiten o mesmo tipo de radiación. A súa seguinte observación foi que, diferentes compostos de uranio ou torio daban a mesma radiación, e a forza desta radiación non dependia do tipo de composto, só da cantidade de uranio ou torio. Isto levaa a pensar que a radiación era unha propiedade ligada ao interior do átomo mesmo. Ésta foi un descubrimento revolucionario para a Física. En 1903 Marie e Pierre Curie reciben o premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a radiación. A prensa interesouse amplamente na historia da parella, a cal non dispuxo nunca

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 8

dun laboratorio adecuado e traballou sempre baixo penosas condicións. A fama, lonxe de compracer a estes científicos, constituiulles un obstáculo que lles impedía o normal desenvolvemento das súas labores de investigación. Pierre Curie morre nun accidente en abril de 1906. Coa morte do seu esposo, Marie queda profundamente afectada, pero isto impulsaa a dedicarse ó seu traballo con maior énfase e entrega. A Sorborne oferecelle entón a cátedra de Física Xeral e Radioactividade que ata ese momento ocupara o seu esposo. Desta forma Marie Curie convértese na primeira muller admitida como profesora nesta universidade. Como directora do laboratorio respectivo á cátedra, Marie foi capaz de aislar o radio na sua forma pura, eliminando así as dúbidas que aínda mantiñan alguns científicos sobre a sua existencia. En 1911 recibe un segundo premio Nobel, nesta ocasión en Química. Isto constituíu unha enorme excepción, de feito, Marie foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel. Marie Curie morreu o 4 de xullo de 1934 de leucemia, óbviamente contraída debido á exposición á radioactividade. MARIA GOEPPERT-MAYER (1906-1972),

Física estadounidense de orixe alemán e premio Nobel, coñecida polos seus estudios sobre a estructura nuclear. Naceu en Katowice e estudiou na Universidade de Gotinga en Alemania. En 1931 casa co físico estadounidense Joseph E. Mayer, co que viaxou a Estados Unidos, onde obtivo a nacionalidade en 1933. Deu clases en diversas institucións antes de incorporarse na Universidade de California, San Diego, en 1960. En 1963 compartiu o Premio Nobel de Física e foi nominada pola Comisión Nobel polos seus traballos, realizados a finais da década de 1940, nos que demostrou que o núcleo atómico ten unha estrutura que contén sucesivas

capas de protóns e neutróns unidas por forzas complexas. MAY SHELDON (1.858 - 1.892) Tamén chamada a raíña branca do Kilimanjaro. Unha muller que destacou pola defensa do seu propio xénero nun mundo dominado polas actitudes masculinas. Henry Morton Stanley, amigo do seu pai, tivo unha grande influencia sobre ela á hora de optar por dedicarse á exploración e ás viaxes. Xa ós 17 anos (naceu en Estados Unidos no seo dunha das familias máis ricas e coñecidas dos antigos sudistas) decide dar unha volta ao mundo. Estudia xeografia, historia, medicina, xeoloxía e interésase polas obras dos grandes exploradores de África. Casa ós vintecinco anos, funda unha editorial, especialízase en literatura clásica pero, cansada dunha vida sen apenas sobresaltos, decide preparar a súa propia expedición. Cargada de luxos e regalos emprende a viaxe desde Boston a Mombasa. Unha vez alá todo son dificuldades. Non atopa porteadores que queiran acompañala, ten que abandonar a idea de crear unha expedición formada soamente por mulleres, o grupo finalmente escollido é presa das enfermidades, algúns morren, outros abandonan a expedición, ten que enfrontarse a eles... As reunións cos xefes das distintas tribos son espectaculares, acompañadas de fogos artificiais e dun gran protocolo. En 1.891 chega ó lago Chala, navega polas suas augas e decide dirixirse á rexión dos masai. Seis meses despois atópaos. Queda maravillada cos costumes desta aldea. A final da viaxe tamén estivo chea de perigos. A espiña dunha póla cravóuselle nun ollo e deixouna sen visión, estivo a punto de afogar nun ría, fractura o lombo... Aínda con todo, toma nota de tódolos seus descubrimentos, algo que lle permite máis tarde, ser nomeada membro da Real Sociedade Xeográfica. Unha vez finalizada a expedición publicou un libro no que deu conta da sua singular aventura e que titulou "De sultán en sultán, aventuras entre os masais e outras tribos do África do Este".

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 9

PETRA KELLY

Petra Kelly foi unha das figuras centrais no nacemento do partido político Os Verdes. Ela foi unha das activistas máis intelixentes e motor das iniciativas máis importantes Dos Verdes. Petra naceu en 1947 e pasou uns anos en Estados Unidos, onde estudoiu ciencia política ó tempo que era activista nos movementos pacifistas e de direitos civís. En 1971 volveu a Europa para cursar unha mestría en Amsterdam. Pouco despois, de volta en Alemania, organizou unha campaña contra a instalación de mísiles, para a cal reuníu máis de 5 millóns de sinaturas. Xunto co filósofo Bertrand Russell iniciou unha loita por unha Europa libre de armas nucleares. En 1980 converteuse na primeira muller á fronte dun partido político e representou ós Verdes no Parlamento. Despois entrou ao Parlamento Europeo, como a voz dos ecoloxistas.

Petra Kelly fixo do Parlamento unha plataforma para loitar polo desarme e a neutralidade. Ó inicio dos oitenta organizou un tribunal de guerra, en Nürenberg, para levar ao banquiño dos acusados a Estados Unidos, a URSS, Inglaterra, China e Francia pola sua producción masiva de armas. En 1983 organizou protestas antinucleares e polos dereitos humanos en Berlín e Moscú; en ambos lados foi arrestada. Nestas liñas escápanse moitas das cousas que a activista fixo; a sua biografía é impresionante. O que non se pode deixar de destacar é o grande impulso que deu á participación feminina na política, a todos niveis. Kelly e o xeneral Bastian morreron dun tiro na cabeza. A versión oficial é que o xeneral disparou á súa amada mentres durmía e despois suicidouse, pero hai moitas dúbidas e suspicacias. Os cadáveres foron atopados o 2 de outubro de 1992. DAWN FRASER Coñecida como: A serea australiana Lugar de nacimento: Australia Data de nacimento: 4 de setembro de 1937 Nacionalidade: australiana Dawn Fraser, unha das máis extraordinarias nadadoras de tódolos tempos, competiu 9 anos e bateu 27 marcas mundiais. Cando ingresou no hospital de Sydney, Australia, Dawn Fraser estaba ó borde da morte. Os bacilos de Koch consumían os seus pulmóns, pero os médicos e a sorprendente vontade da pequena lograrían acabar coa tuberculose. Entón, os galenos suxeríronlle a natación para acabar de recuperarse. A auga converteuse así no seu ambiente natural. Cada vez nadaba mellor e máis rápido. A partir de aí, competiu durante nove anos no primeiro nivel e bateu 27 récords mundiais. Conseguiu ademais 23 títulos australianos entre 1956 e 1964, ano en que acabou a sua carreira, tras prohibírselle participar en ningunha competición cando nas Olimpíadas de Tokio roubou unha bandeira do pazo Imperial, con dous compañeiros de equipo máis. O seu reinado viuse truncado cando a Federación Australiana de Natación suspendeuna dez anos, por intentar apoderarse da bandeira olímpica no pazo do Imperador xaponés. Iso, sen embargo, non lle impediu obter o título de "australiana do ano". Estabeleceu un récord mundial que ía durar 15 anos nos Xogos de Melbourne de 1956 e catro anos mais tarde en Roma convertiuse na primeira muller que obtivo un título olímpico en natación. Sete meses despois, tras un acidente automovilístico no que morreu a sua nai e ela ficou co pescozo enxesado, gañou neses Xogos o seu terceiro título dos 100 metros libres cun récord olímpico de 59,5 segundos.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 10

Dawn Fraser foi selecionada polo Comité Olímpico Internacional para portar a lapa olímpica na innauguración dos JJ.OO. de Sydney o 15 Setembro de 2000. Traxectoria deportiva: · 1964: · Medalla de Ouro 100 m. libres - JJ.OO. Tokyo, Xapón · Medalla de Prata relevos 4 x 100 m. libres - JJ.OO Tokyo, Xapón · 1960: · Medalla de Ouro 100 m. libres - JJ.OO. Roma, Italia · Medalla de Prata relevos 4 x 100 m. libres - JJ.OO. Roma, Italia · Medalla de Prata relevos 4 x 100 m. estilos - JJ.OO. Roma, Italia · 1956: · Medalla de Ouro 100 m. libres - JJ.OO. Melbourne, Australia. · Medalla de Prata 400 m. libres - JJ.OO. Melbourne, Australia. · Medalla de Ouro relevos 4 x 100 m. estilos - JJ.OO. Melbourne, Australia. MARTINA NAVRATILOVA

Naceu o 18 de outubro de 1956 en Praga, Checoslovaquia, e foi criada no suburbio de Revnice pola sua nai e o seu padrasto. O seu pai biolóxico tivérase suicidado cando ela era moi pequena. Tiña 8 anos cando participou no seu primeiro torneo, no que chegou ás semifinais. Ós 14 anos gañou o primeiro Torneo Nacional, e ós 16 anos de idade foi a primeira clasificada do seu país: Checoslovaquia. En 1973 chegou ós Cuartos de Final no Aberto de Francia, á terceira ronda en Wimbledon e perdeu na primeira ronda no Aberto de Estados Unidos. Aumentara de peso, e foi vencida pola súa eterna rival Chris Evert. Tivo un desempeño brillante nas canchas de tenis do mundo; o seu último torneo foi en Wimbledon e en novembro de 1994 retirouse, cando estaba no 8º lugar do ranking. Gañara 1438 partidos, perdera 212, e estivo case 9 meses como número un do

mundo. Obtivo 168 títulos en singles e 165 en dobles. Martina Navratilova ten no seu haber 54 Grand Slam; 7 títulos de dobles mixtos e gañou o torneo de Wimbledon en 9 ocasións. A súa participación en numerosísimos torneos permitiulle visitar moitos paises, pero foi no Aberto dos Estados Unidos en 1975, ós case 19 anos de idade cando desertou do seu país. Nese ano convértese en profesional. En 2000, Martina volta a Wimbledon en busca do seu 20º título, ós seus 43 anos. De logralo, igualaría a marca de Billie Jean King. Xogará a dobles coa sudafricana Mariaan De Swardt no fantástico complexo do Edificio Millennium con novas comodidades para xogadores e prensa que levou 7 anos de traballo e mais de 170 millóns de dolares de investimento. A mítica xogadora checo-estadounidense Martina Navratilova retorna a Wimbledon, onde logrou anteriormente o récord de nove títulos en singles, ademais de sete en dobles e tres en mixto.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 11

MENCHÚ, RIGOBERTA (1959- ), Líder indíxena guatemalteca, premio Nobel da Paz en 1992. Naceu en Chimel, pobo do municipio de Uspatán. Participou dende nena no traballo agrícola que realizaban os seus pais nos latifundios do sur. Foi testemuña do asasinato do seu irmán de 16 anos, víctima dos terratenentes que querían quitarlles as terras a tódalas familias indíxenas. O seu pai, Vicente Menchú, lanzouse a unha activa labor de concienciación dos seus veciños, o cal produciu un impacto en Rigoberta, que comezou así a elaborar o seu pensamento social. Arredor dos 20 anos de idade aprendeu español, xa que ata entón falaba o quiché e os dialectos desa familia lingüística. O 31 de xaneiro de 1980 o seu pai morre queimado na embaixada de España en Guatemala, onde se pechara xunto con 38 persoas, na sua maioría campesiños, para protestar pola situación indíxena, durante o asalto que realizou a policía. Pouco despois, Rigoberta perdeu tamén á sua nai, víctima dun secuestro, tortura e asasinato por parte de grupos paramilitares. Tras estas amargas experiencias, Rigoberta Menchú exilouse a México e dedicou a sua vida a reivindicar os dereitos das aldeas indíxenas e mestizas. En recoñecemento ó seu labor e á mensaxe cívica e de xustiza social que representa, foi distinguida en 1992 co Premio Nobel da Paz. En 1998, foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, xunto con outras seis mulleres, por encarnar simbólicamente "a causa da defensa e a dignificación da muller". CHUS LAGO

María Xesús Lago Rei, nacida en Vigo (Pontevedra) o 25 de decembro de 1964, converteuse o 26 de maio de 1999 na primeira muller española e terceira do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial. O prestixio desta escalada catapultouna cara novas empresas que merecen o respecto da comunidade alpinística e dos patrocinadores, entre eles Caixanova, que acompaña agora a Chus Lago no seu proxecto Leopardo das Neves: conquistar os cinco picos máis elevados da desaparecida Unión Soviética. Chus Lago descubriu a montaña da man do seu pai. Con 11 anos estreouse no Vixiador, un levou a outro e pronto viuse nos Pirineos, nos Andes, Kenia e o Himalaya, cordilleira que

descubriu con 22 anos, ós pés do Annapurna. Aí comezou unha auténtica obsesión polos grandes cumes. Dous anos despois de pisar o cume do Cho Oyu en 1997, o seu primeiro oitomil, Chus Lago retomou o seu proxecto do Everest axustándose a un guión terriblemente esixente: excalalo sen axuda de osíxeno artificial. Tras quedar ás portas do éxito en 1998, volveu á temporada seguinte convencida da viabilidade das suas intencións. Viaxar sen máscara camiño do cume máis elevado do planeta, desconectado do gas que move ó corpo, é algo así como lanzarse ó espacio sen combinación espacial. Simplemente, o 90% dos alpinistas nin se plantexan escalar o teito do mundo a golpe de pulmón.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 12

FRIDA KAHLO. (1907-1954) Pintora mexicana que realizou principalmente autorretratos, nos que utilizaba unha fantasía e un estilo inspirados na arte popular do seu país. Filla do fotógrafo xudeu-alemán Guillermo Kahlo. Frida naceu en Coyoacán, no sur de Cidade de México. Ós 16 anos, cando era estudiante na Escola Nacional Preparatoria desta cidade, resultou gravemente ferida nun accidente de camión e comezou a pintar durante a súa recuperación. Tres anos máis tarde levoulle a Diego Rivera algúns dos seus primeiros cadros para que os vise, e éste animouna a continuar pintando. En 1929 casaron. Os seus cadros representan fundamentalmente a súa experiencia persoal: os aspectos dolorosos da súa vida, que transcorreu en grande parte postrada nunha cama, son narrados a través dunha imaxinería gráfica. Expresa a desintegración do seu corpo e o terrible sufrimento que padeceu en obras como A coluna rota, na que aparece cun aparello ortopédico de metal e co corpo aberto mostrando unha coluna rota en lugar da coluna vertebral. A súa dor ante a imposibilidade de ter fillos plásmaa en Hospital Henry Ford, na que se ve a un bebé e varios obxectos, como un oso pélvico e unha máquina, diseminados ó redor dunha cama de hospital onde xace mentres sofre un aborto. Outras obras son: Unos cuantos piquetitos , Las dos Fridas e Sen esperanza . Expuxo en tres ocasións. Organizou as exposicións de Nova York de 1938 e de París de 1939 a través dos seus contactos co poeta e ensaísta surrealista francés André Breton. En abril de 1953 expuxo por primeira vez na galería de Arte Contemporáneo de Cidade de México. Un ano despois morreu.

Tomás Costal Criado. 4º ESO “C” 13