Mulleres Boiro Marzo 2012

30
Nº 1 Marzo 2012

description

Revista mensual

Transcript of Mulleres Boiro Marzo 2012

Nº 1 Marzo 2012

Nº 1 Marzo 2012

Intelixentes, intuitivas, con

conciencia social. Así son as mulleres

que impulsaron a creación deste

primeiro número da revista Mulleres

Boiro.

Esta experiencia piloto, á que nos

botamos sen rede de seguridade,

quere dar saída ás historias que moitas

veces quedan agochadas no silencio

da rutina dos medios. Un silencio que

nos debería suscitar certa vergoña ás

mulleres xornalistas, posto que nós

somos maioría, tanto nas aulas

universitarias como nas redaccións.

Desde Mulleres Boiro animamos a

compartir as vosas realidades

connosco. Calquera persoa que veña

coa determinación de contar unha

historia interesante e humana, grande

ou pequena, ten aquí un altofalante.

Porque o xornalismo está nas rúas, nas

vidas da xente. Pode que non sexa un

xornalismo moi profesionalizado, pero é

un xornalismo verídico e verdadeiro.

Traballamos coa única e marabillosa

intención de informar, de muller a

muller. ◘

Redacción Mulleres Boiro /

Boiro

Durante o fin de semana do

10 e 11 de marzo, tiveron

lugar en Boiro unhas

xornadas para conmemorar o

Día Internacional da Muller

Traballadora. O auditorio da

Cachada foi, eses dous días,

escenario de múltiples

charlas, actos sociais,

homenaxes, e mesmo un

espazo para a emoción e o

recoñecemento ao duro labor

exercido polas mulleres.

Todo este maremágnum de

actividades estivo conducido

pola presentadora Beatriz

Pérez, traballadora da

entidade Uniemprende da

Universidade de Santiago de

Compostela (USC).

Sábado 10 de marzo

O sábado comezou coa

lectura da „Carta dunha nai‟

escrita por C. de Santos, un

texto que reflicte á perfección

as sensacións e

pensamentos de tantas nais

de familia: dispoñibilidade

absoluta as 24 horas do día,

imposibilidade de delegar, ou

mesmo culpabilidade por

dedicarse tempo a unha

mesma. A charla e posterior

rolda de preguntas, a cargo

da psicóloga Cristina León,

xerou un interesante debate

entre as asistentes.

A situación laboral da muller

tamén foi obxecto de debate

o primeiro día das xornadas,

na charla „Habilidades para o

acceso ao mercado laboral‟.

A psicóloga e emprendedora

Paula Tubío proporcionou

ferramentas moi útiles para

unha busca satisfactoria de

emprego.

Domingo 11 de marzo

O día 11 comezou coa

proxección dunha reportaxe

audiovisual titulada „Boiro,

traballo en feminino‟. No

vídeo mostrábanse unha

serie de fotografías que

reflectían a evolución do

traballo das mulleres, desde

mediados do século XX ata a

actualidade.

A homenaxe dedicada ás

mulleres que compoñen a

directiva de Cáritas

Parroquial de Boiro, foi unha

das partes máis emotivas da

tarde. As sentidas palabras

da súa presidenta, Elena

Fabeiro, e a intervención do

alcalde de Boiro, Juan José

Dieste, conseguiron arrincar

en máis dunha ocasión os

aplausos da audiencia.

O último acto, sen dúbida o

que máis público reuniu, foi

protagonizado por nenos de

entre os dez e os once anos.

Os dez finalistas do certame

„A muller máis importante da

miña vida‟ leron historias nas

que as súas propias nais,

avoas e bisavoas, entre

outras, eran as

protagonistas.

Desde Mulleres Boiro

ofrecémosche un amplo

repaso a todo o acontecido

nunhas xornadas nas que a

muller, en tódalas súas

facetas (nai, traballadora,

emprendedora, ama de

casa), veu recoñecido o seu

labor.◘

A presentadora das xornadas, Beatriz Pérez Paula Tubío impartiu a charla ‘Habilidades para o acceso

ao mercado laboral’

Elena Fabeiro, presidenta de Cáritas Parroquial Boiro, e o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, protagonizaron

algúns dos momentos máis emotivos da tarde do domingo 11 de marzo.

Durante os relatos dos nenos houbo unha gran afluencia de público Os máis pequenos puideron divertirse na

ludoteca instalada na Cachada

Varias concelleiras tamén asistiron ás xornadas Cristina León, durante a presentación da charla ‘Carta dunha nai’

Mónica Núñez / Boiro

Rotunda e profunda. Así se

pode definir a „Carta dunha

nai‟, lida pola condutora das

xornadas Mulleres Boiro,

Beatriz Pérez. No coñecido

texto, unha muller sinala que

sacar adiante un fogar non é

tarefa para unha soa persoa.

Por esta razón, decide

marchar por uns días, para

que o seu marido e os seus

fillos aprendan a compartir,

pero tamén para que ela

mesma “aprenda a delegar”.

Tra-la lectura da carta, a

psicóloga Cristina León

impartiu unha charla

baseada neste texto. Moi

interesante, moi útil. Por iso,

foi unha pena que non se

implicara máis xente. León

recomendou a todas as

mulleres a lectura desta

carta, non só pólo

interesante que poida ser,

senón polo que cada muller

poida sentir ante a súa

lectura.

O medo á culpabilidade

Malia que o concepto de

abandono que suxire a carta

resulta radical, é necesario ir

ao fondo da cuestión: a

desigualdade no fogar. Hoxe

por hoxe, o inxusto reparto

das tarefas da casa pódese

remediar coa axuda da

familia. Os fillos deben

axudar na casa, ao igual que

os pais, para traballar en prol

dunha maior independencia

para todos. Si, para todos,

porque tal e como sinalou

Cristina León, non só está en

xogo a independencia da

muller. Os demais membros

da familia deben deixar de

depender da ama de casa,

para poder ser máis libres.

Tamén sinalou que todos

deben axudar, xa que o da

ama de casa é un traballo

moi pouco recoñecido, sen

dereito a cotizacións nin a

baixa por accidente ou

enfermidade.

Ademais, a maior parte das

mulleres traballan tamén fóra

da casa. Isto non as exime

do traballo no fogar: nada

máis chegar teñen que

facerse cargo tanto da casa

como dos nenos. Non hai

momento de descanso, a

xornada da muller abarca as

24 horas do día. “Incluso

cando a muller se deita, está

pensando que facer de

comer ao día seguinte”,

menciona a psicóloga

Cristina León.

A muller ten dereito a ser

máis valorada, porque aínda

sigue existindo moita

desigualdade. Tamén temos

dereito a non sentirnos

culpables por ir tomar un

café, ou por buscar un pouco

de tempo para nós mesmas.

Somos moito máis fortes do

que en realidade pensamos

e temos que facernos oír.

“Que as amas de casa

estean máis recoñecidas no

futuro xerará unha maior

igualdade”, sinalou a

conferenciante. ◘

Unha charla baseada na ‘Carta dunha nai’, escrita por C. de Santos, fai reflexionar sobre o

papel da muller no pasado e os retos de futuro. A psicóloga Cristina León realizou a súa

ponencia o sábado 10 de marzo, primeiro día das xornadas Mulleres Boiro.

Unha charla baseada na ‘Carta dunha nai’, escrita por C. de Santos, fai reflexionar sobre o

papel da muller no pasado e os retos de futuro. A psicóloga Cristina León realizou a súa

ponencia o sábado 10 de marzo, primeiro día das xornadas Mulleres Boiro.

Proxección da „Carta dunha nai‟ escrita por C. de Santos / Fotografía:

Sara Outeiral

“As mulleres

temos dereitos a

non sentirnos

culpables por

dedicarnos tempo

a nós mesmas”,

sinala Cristina

Leon.

Mónica Núñez / Boiro

Como facer entender aos

fillos e ao home que

necesitas axuda?

Pois falando con eles. Teñen

que darse conta de que ser

ama de casa tamén é un

traballo. Un traballo

constante ademais. As

mulleres, pola súa parte,

teñen que entender que máis

vale que che queiran polo

que es e non polo que fas.

E cando non queren

entenderche?

Hai que deixar de facer

cousas. Por exemplo, se

algún membro da familia

necesita que lle pases o ferro

a unha camisa, non o fagas.

Así aprenderán non só a

valorar o traballo da casa,

senón a facelo por si

mesmos. Parece tamén que

teñen problemas á hora de

poñer a lavadora – e non é

máis que darlle a un botón e

a unha roda-, mentres que

para arranxar un vídeo ou un

coche non teñen tanto

problema.

Como facer que os fillos

cheguen a obedecer sen

que ameacen con

denunciarche?

Debemos ensinarlles desde

pequenos que o traballo que

facemos é duro e dicirlles

que teñen que axudar na

casa. Hai que negociar con

eles, porque non todo van a

ser xogos: tamén deben

colaborar. Se non somos

capaces de resolver o

problema, podemos buscar

axuda nun asistente social

ou nun psicólogo, que nos

orientarán sobre o que facer

en casos máis graves. Non

hai que ter medo ao que

dirán os demais, xa que o

que facemos é polo ben dos

nosos fillos e polo noso

propio benestar. En ocasións

hai que ser nai, non amiga.

Hai que recordar que non

debemos mimar demasiado

aos nenos. Temos que

axudalos a ser máis

independentes para que nun

futuro próximo haxa unha

maior igualdade social. ◘

Rolda de preguntas

Despois da charla ‘Carta dunha nai’, algunhas das asistentes resolveron as súas

dúbidas sobre igualdade e traballo no fogar coa axuda da psicóloga Cristina León

Cristina León Vilachán tratou de poñer en valor o traballo das amas de

casa durante a súa intervención nas Xornadas Mulleres Boiro /

Fotografía: Sara Outeiral

Durante a charla ‘Carta dunha nai’, a

psicóloga Cristina León Vilachán incluíu

na súa ponencia os artigos dun libro

titulado ‘Guía de la buena esposa’. Este

texto, que foi publicado aquí en España

no ano 1960, recibíano as mulleres que

facían o Servicio Social na Sección

Feminina. Por certo, a participación na

Sección Feminina era obrigatoria, salvo

Consellos da ‘Guía de la buena esposa’

1. Ten lista la cena

2. Luce hermosa

3. Sé dulce e interesante. Estas tres primeiras normas deben ser moi

criticadas, xa que a muller non é escrava do home. É unha persoa, un ser

humano con sentimentos.

4. Arregla tu casa. O traballo da casa ten que ser compartido entre toda a

familia, desde o máis vello ata o máis novo, xa que desta maneira

aprenderán a ser independentes. Non debe facelo só a muller.

5. Hazlo sentir en el paraíso. Para isto non teño palabras, e as que teño non

se poden dicir. No paraíso teríamos que sentirnos os dous membros da

parella, non un só.

6. Prepara a los niños. O que habería que facer é preparar aos nenos entre

os dous, compartir ese mesmo traballo.

que as mulleres estiveran casadas ou

tiveran papeis, é dicir, pasaporte.

Loli Gª Tarela / Boiro

A ‘Guía de la buena esposa’ era un

compendio de normas que toda muller

debía cumprir para ter feliz ao seu home. As

regras (sexistas, ao meu xuízo) que

promovía esta guía son as seguintes:

Ilustracións pertencentes ao libro „Guía de la buena esposa‟ que evidencian o tratamento discriminatorio da muller

Para as mulleres dos

tempos de agora este

libro é, como pouco,

indignante e humillante. A

muller ten dereito a

expresarse e a ser

escoitada, así como a

esixir os seus dereitos. Na

actualidade, coñecer

estas normas débenos

servir para reflexionar

sobre como vivían as

mulleres nun mundo de

homes.

Hoxe por hoxe, a muller

traballa fóra da casa e

tamén nela, polo que

compaxinar traballo e

familia necesita dunha

colaboración man a man

coa parella. Toda muller

necesita que se poña en

valor o seu traballo,

incluído o de ama de

casa. Malia que é tan duro

coma outro calquera, o

mundo e a propia familia,

teñen pouca ou nula

consideración cara o

traballo no fogar.

Pero o que deberíamos

preguntarnos é: Por que a

muller de hoxe aínda

segue a maioría destas

regras, aínda que non o

saiba? Tan pouco lle

importa á muller a súa

propia vida para chegar a

ser escrava dun home e

dunha familia que non a

valora? Aínda que pareza

mentira, en pleno século

XXI os dereitos da muller

–e en concreto da ama de

casa- distan moito de ser

equiparables aos do

home. VALÓRATE! ◘

7. Minimiza el ruído. Isto é o mesmo que crer que o benestar e o descanso

do home é máis importante que o da muller, algo que non se pode

concibir nin aprobar.

8. Procura verte feliz. Non sería máis importante que a parella se axudara

mutuamente para chegar a ser os dous felices?

9. Escucha (sus temas son más importantes que los tuyos). Todos temos

que escoitarnos e falar das nosas cousas. Os problemas da muller son

tan importantes coma os do home, non se pode permitir esta

discriminación.

10. Ponte en sus zapatos. O traballo da muller, aínda que se restrinxa ao

traballo do fogar (ser ama de casa é un traballo), é importante, é

cansado e tamén ten os seus problemas.

11. No te quejes y sé sumisa. Debemos discrepar tamén neste punto, xa

que a muller ten o mesmo dereito que o home a expresarse. Tamén ten

o mesmo dereito a manter unha conversa, unha relación e sobre todo,

a sentirse valorada e comprendida polas persoas que a rodean. Só así

as persoas poden manter unha relación íntima e satisfactoria. Ademais,

a submisión non é algo que debemos tolerar a día de hoxe.

12. EXTRA! Hazlo sentir a sus anchas. Non me cansarei de repetilo: todos

temos o mesmo dereito ao noso propio benestar.

Celia Herbón / Boiro

O panorama laboral cambiou

moito coa incorporación

masiva da muller ao mercado

de traballo. A perspectiva

actual é pouco favorable

para as mulleres, posto que

teñen que afrontar un

desemprego maior que o dos

homes. Para abrir novos

horizontes laborais para a

muller, resulta útil dispoñer

da colaboración de

profesionais do sector. Con

esta vontade ofreceuse,

durante a xornada Mulleres

Boiro celebrada o 10 de

marzo, a charla „Habilidades

para o acceso ao mercado

laboral‟. A ponencia e

posterior coloquio estiveron

ao cargo de Paula Tubío,

psicóloga e cofundadora de

Xarelo.

Durante a charla, Tubío

proporcionou ás boirenses

ferramentas útiles para a

busca de emprego, consellos

para afrontar nunha mesmo

un ranking de cales son as

características máis

demandadas polas

empresas. “Á hora de

contratar, as empresas teñen

en conta primeiro a

experiencia, en segundo as

actitudes que ten o

traballador (motivación e

ganas de traballar) e, por

último, os estudos”, sinalou a

conferenciante Paula Tubío

durante a súa ponencia.

“Actualmente, para

desempeñar un traballo

búscanse persoas

extremadamente

competentes”, destacou

Tubío. Entre estas

competencias, cabe

diferenciar entre as

habilidades técnicas e as

persoais. As competencias

técnicas son as propias de

cada traballo, é dicir, unha

serie de funcións específicas

que hai que saber desenrolar

con eficacia.

No caso das habilidades

persoais, revélannos

aspectos importantes sobre o

carácter persoal de cada

traballador. Búscanse

persoas con diversos

caracteres, segundo o posto

que se vaia ocupar, “pero

sobre todo tense en conta o

traballo en equipo, a

comunicación verbal e a non

verbal, a creatividade, o

autocontrol e a habilidade

para resolver conflitos”,

recoñeceu a psicóloga.

A clave é

autopromocionarse

A psicóloga Paula Tubío recomenda diversas técnicas útiles para atopar emprego na charla

‘Habilidades para o acceso ao mercado laboral’, celebrada o 10 de marzo

As empresas teñen cada vez máis en conta as competencias persoais, sinala Paula Tubío

Durante a súa charla, Tubío proporcionou á audiencia ferramentas útiles

para facilitar a busca de emprego / Fotografía: Sara Outeiral

Tubío recomendou, antes de

comezar a buscar emprego,

facer un listado dos puntos

fortes e débiles. “Segundo as

túas aptitudes, e tendo en

conta os teus puntos fortes e

débiles, deberás seleccionar

os traballos acondicionados

ao teu perfil‟, sinalou. En

base a isto, Paula Tubío

recomenda combinar a

busca pasiva de emprego

(ofertas en Internet, xornais,

axencias...) coa busca activa,

baseada na autocandidatura

do desempregado nas

empresas nas que desexa

traballar. En calquera caso,

esta busca debe ser

constante: “a mellor

recomendación que vos podo

facer é que nunca deixedes

de intentalo, incluso tendo xa

traballo seguide buscando,

porque nunca se sabe”,

remarcou Tubío.

Segundo reflicte o Instituto

Galego de Estatística (IGE),

durante o ano 2011, na

provincia da Coruña, desde

os 65 anos en diante, hai

128.000 mulleres cursando

estudos. Desde os 30 aos 54

anos a cifra descende ata as

45.000 mulleres. Sumando

todos os sectores de idade,

somos un total de 511.100

de mulleres estudando. No

caso de titulacións

superiores, as mulleres

tamén somos maioría nas

universidades. Porén, temos

menos traballo, peores

condicións laborais e unha

menor remuneración que a

dun home. Nestes tempos de

crise resulta obvio ver que,

para poder abrirnos camiño

no mercado laboral,

necesítanse mulleres

emprendedoras, sen medo

ao futuro.◘

No marco da charla ‘Habilidades de

acceso ao mercado laboral’, a

psicóloga Paula Tubío fixo un amplo

repaso do que as persoas

desempregadas poden facer para

mellorar as súas expectativas.

Queremos facer unha achega das

ferramentas máis importantes que o

demandante de emprego debe ter en

conta, para afrontar a busca de

traballo.

Carmen Buceta / Boiro

Hoxe en día moitas empresas

desexan persoal traballador, non só

para a finalidade pola cal foron

contratados. Tamén se buscan

persoas con potencial para realizar

diversas tarefas. Neste senso, hai

que ter moi en conta as

competencias persoais do candidato

ao posto.

O que debemos facer antes de empezar a

buscar emprego

Anotar nunha axenda as nosas

planificacións en materia laboral:

entrevistas, reparto de currículos, etc.

Establecer un directorio de contactos e

empresas que nos poden proporcionar

traballo.

Buscar ofertas e portais de emprego en

Internet.

Localizar as ETTs da comarca.

Competencias máis valoradas polas

empresas

Entusiasmo e ganas de traballar

Capacidade de adaptación á filosofía

da empresa

Orientación ao cliente

Empatía, ou capacidade de entender as

necesidades dos demais

Flexibilidade

Traballo en equipo

Durante as entrevistas de traballo, moitos

candidatos cometen erros como non

informarse debidamente do posto ao que

pretenden acceder, utilizar mal a linguaxe

non verbal ou mesmo non levar unha

indumentaria adecuada. Por iso, faise tan

necesario que os candidatos afronten

unha entrevista coa maior seriedade

posible. ◘

Jessica Hermo / Boiro

A crise económica afectou dunha

maneira brutal á poboación española

durante estes últimos anos. Millóns de

persoas quedaron sen traballo. Dentro

deste amplo sector da cidadanía que

busca traballo e non o atopa, as mulleres

sofren a peor parte. O paro feminino é, a

día de hoxe, superior ao masculino.

Se antes había problemas para

encontrar traballo pola simple razón de

ser muller, agora hai moitas mais

escusas debido á crise. Gustaríame

saber se cando un home vai facer unha

entrevista de traballo, se lle pregunta se

ten pensado ter fillos ou se ten parella.

Por outra banda, ás mulleres estamos

consideradas menos capacitadas para

exercer calquera tipo de traballo, malia

que na actualidade hai moitas máis

licenciadas que licenciados, e con

mellores cualificacións. Ademais, se

unha muller ten a sorte de atopar

traballo, cobrar menos ca un home por

desempeñar exactamente a mesma

tarefa.

Ante todo isto cabe preguntarse: Por que

permitimos que se nos siga

discriminando? Hai, acaso, certo medo

cara ao progreso das mulleres?

Estatisticamente demostrouse que as

mulleres collen menos baixas que os

homes. Isto non se ten en conta á hora

de contratar? Sinceramente, sigo sen

comprender como é que se fala de

igualdade de sexos, se aínda non se

aplicou de todo na práctica. ◘

“As mulleres estamos

consideradas menos

capacitadas, malia que

hai máis licenciadas

que licenciados”

Decálogo ‘Como debemos afrontar a

entrevista’

1. É vital informarse sobre a empresa

á que queremos acceder:

ubicación, política de empresa....

2. Presentarnos con roupa e

apariencia correctas.

3. Presentarnos nada máis chegar e

non sentar ata que nos ofrezan

asento.

4. Sentar de maneira correcta e

cómoda.

5. Mostrar un sorriso natural e mirar de

fronte ao entrevistador.

6. Non mostrarse aburrido/a ou

impaciente. Debe evitarse facer

certos xestos, como mirar o reloxo.

7. Debemos utilizar un ton de voz

normal, falar con claridade e con

boa pronunciación.

8. Hai que incidir nos nosos puntos

fortes e contrarrestar os débiles.

9. Tamén debemos falar en positivo

da nosa vida laboral, afeccións e

metas.

10. Non podemos mencionar

problemas persoais, nin por

suposto, mentir.

Norma Pereiro - Manola Vidal

/ Boiro

Cen anos do Día da Muller

Traballadora

A situación da muller

traballadora no mundo nos

últimos cen anos. No 1911

produciuse a primeira

celebración do Día

Internacional da Muller

Traballadora. O 19 de marzo,

en Alemaña, Austria,

Dinamarca e Suiza asistiron

máis de 100.000 persoas

esixindo o dereito ao voto da

muller, o dereito a ocupar

cargos públicos e o dereito á

non discriminación laboral.

Unha semana despois da

celebración, máis de 140

traballadoras faleceron nun

tráxico incendio na fábrica de

camisas Triangle de Nova

York. O suceso tivo unha

grande repercusión na

lexislación laboral de

Estados Unidos, e nas

celebracións posteriores nas

que se fixo referencia ás

condicións laborais.

O primeiro Día Internacional

da Muller celebrado en

Rusia, tivo lugar por primeira

vez o último domingo de

febreiro de 1913. En 1914

conmemórase por primeira

vez de maneira oficial en

Alemaña, Suecia e Rusia o 8

de marzo. O 8 de marzo de

2011 conmemorouse o 100

aniversario desta

conmemoración en moitas

partes do mundo. O tema

oficial do Día da Muller 2011

son a igualdade de acceso á

educación, a capacitación, a

ciencia e a tecnoloxía, en

definitiva, un camiño cara o

traballo decente para a

muller.

A muller en Galicia e en Boiro

A vida da muller galega cambiou moito nestes derradeiros cen anos, no tocante á vida na casa pero tamén fóra dos muros do fogar. Por necesidade, pero tamén para atopar unha independencia económica, as mulleres incorporáronse de forma masiva ao mercado laboral, de forma que a día de hoxe o traballo da muller supón unha parte importante para a economía galega. Conserveiras

A finais do século XIX e na primeira metade do século XX abríronse moitas fábricas ao longo de Galicia. O máis destacable en Boiro foi a apertura dunha fábrica de conservas nos anos 50, que naceu coa idea de poder exportar o produto fóra de Galicia. Xa naqueles anos había unha gran evolución

na industria conserveira, pero non ten punto de comparación co que é hoxe. Antigamente facíanse moitas cousas a man, pero hoxe hai moitas máquinas que facilitan o traballo en cadea e adelantan a produción. No ano 2011 a conserva contratou a 904 mulleres, o 39% de tódolos contratos firmados polas mulleres de Boiro, segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE). Traballos do mar

O mar é unha fonte importante de recursos noutro sector: o das mariscadoras. Das 4.600 persoas que traballan no marisqueo en Galicia, 4.100 son mulleres. Os maiores ingresos veñen do berberecho e da ameixa. Outras profesións relacionadas co mar, que exercen un gran número de mulleres, son os traballos de redeira, bateeira e vendedoras da praza de abastos. Estes traballos foron retratados pola artista Mar Cuervo nunha reportaxe

Con motivo da emisión da reportaxe ‘Boiro, traballo en feminino’, facemos un repaso ao Día Internacional da Muller Traballadora, pero tamén do emprego da muller en Galicia e en Boiro

A malla do centeo foi un dos aspectos tratados no vídeo „Boiro, traballo

en feminino‟ / Fotografia: Asociación Fotográfica Olláparo

titulada „Sirenas‟. Costureiras

Outro traballo exercido polas mulleres de maneira intensiva foi o de costureira. Moitas empezaban como aprendices desde rapazas, que acompañaban á costureira mestra. As antigas costureiras adoitaban cargar coas súas máquinas enriba da cabeza, ata que chegaron as máquinas de pé e as automáticas. Como aconteceu con tantas outras profesións, os avances industriais foron deixando atrás a costura de toda a vida. Oficios tradicionais

Os oficios tradicionais, como o traballo do agro ou a tradicional malla do centeo

evolucionaron moito nas últimas décadas. No tocante á labranza das terras, trátase este dun oficio que está a experimentar un retroceso. A malla do centeo ou mesmo as exposicións de apeiros tradicionais de labranza, están a poñer en valor os traballos tradicionais, desde o punto de vista da preservación da cultura tradicional galega. Asociacións de Boiro como O Faiado contribúen a que a nosa cultura non esmoreza. Amas de casa

As amas de casa son as grandes esquecidas do mundo laboral. Malia que é unha ocupación que ocupa as 24 horas do día, sen vacacións nin remuneración, dáse por feito que é un traballo que a muller debe

asumir de facto. Neste senso, Amas de Casa de Boiro é unha asociación que pretende proporcionar actividades e saída ás mulleres que traballan nos seus fogares. E que son tan traballadoras como as demais. Empresarias e empregadas

O sector servizos experimentou un gran crecemento na vila, tamén en canto ao número de contratos firmados, xa sexa en comercios polo miúdo ou en establecementos hostaleiros. O emprendemento é un camiño que escollen outras mulleres. Malia que poida resultar unha decisión arriscada nestes tempos, é nas crises onde se deben buscar as oportunidades. As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

As TIC son empregadas masivamente polas mulleres do século XXI. O dominio das ferramentas online, o procesamento de texto, imaxe e vídeo, ou mesmo a actualización das redes sociais son os principais retos de futuro. Xa non se trata este, polo tanto, dun labor de copista ou que requira só a utilización de ferramentas de ofimática. Pola contra, é un traballo que necesita dunha actualización e dunha reciclaxe continuos. Nun mundo globalizado, Internet é a principal vía de comunicación. As mulleres deben saber aproveitar as grandes autopistas da información para poder avanzar. ◘

O marisqueo é unha actividade econômica moi importante para as

mulleres de Boiro / Fotografia: Asociación Fotográfica Olláparo

Durante a homenaxe emitiuse un vídeo que mostra o traballo das mulleres que integran Cáritas Boiro

Dentro das xornadas

dedicadas á muller

traballadora, as persoas

que integran a directiva de

Cáritas Parroquial Boiro

viron recoñecido o seu

labor solidario. A

homenaxe completouse

coa emisión dunha

reportaxe audiovisual

titulada ‘Mulleres Boiro’,

que mostraba o traballo

diario da asociación.

Mª Dolores Fernández – María

Santos / Boiro

As mulleres son maioría en

Cáritas Parroquial Boiro. De

feito, das oito persoas que

integran a directiva, seis son

mulleres. A ampla presenza

feminina na asociación

parroquial fixo que o concello

de Boiro quixera honrar,

cunha emotiva homenaxe, o

traballo en prol da

solidariedade exercido por

estas persoas durante as

Xornadas Mulleres Boiro,

celebradas os días 10 e 11

de marzo no auditorio da

Cachada.

Capitaneados por Elena

Fabeiro, presidenta da

organización desde finais de

2011, os homes e mulleres

que conforman a directiva

visionaron unha reportaxe

que mostraba o traballo

diario de Cáritas. Tra-la

emisión, Fabeiro recibiu,

visiblemente emocionada, un

agasallo de mans do alcalde

de Boiro, Juan José Dieste.

Vídeo ‘Mulleres Boiro’

Durante a emisión da

reportaxe, duns dez minutos

de duración, os asistentes

puideron descubrir o traballo

e a cobertura solidaria que

proporcionan os membros de

Cáritas á cidadanía boirense.

No vídeo explícase, por

exemplo, que as mulleres

ocupan a tarde dos venres

enchendo caixas con

alimentos que ceden os

provedores, como patacas,

pasta, arroz ou conservas.

Os membros da directiva de Cáritas Boiro posan na rectoral onde ten sede a organización / Fotografia: Patricia Millán

No caso das conservas,

unha empresa local

encárgase de que Cáritas

Parroquial estea surtida todo

o ano. Tamén produtos para

a hixiene persoal, pañais,

alimentos infantís ou mesmo

xoguetes están presentes

nestes paquetes de axuda.

As caixas repártense os luns,

e cada familia recibe a súa

cota de axuda

correspondente cada quince

días.

Outro dos apartados da peza

audiovisual referiuse á roupa,

tanto a que donan os

particulares como a que

proporcionan as tendas de

Boiro, e que a costureira

Maribel se encarga de

remendar, cando é

necesario. Elena Fabeiro

recoñeceu no vídeo que a

gran xenerosidade da

cidadanía de Boiro provocou

que xa non dispoñan de

espazo para almacenar máis

roupa.

Como colofón, Fabeiro fixo

referencia novamente a esa

xenerosidade e á

colaboración co

párroco don Francisco,

falecido en 2010 e

responsable da revitalización

de Cáritas. Tamén quixo

mostrar o seu

agradecemento ao actual

cura párroco, don Rogelio.

As bágoas de Elena

Finalizado o vídeo, o alcalde,

Juan José Dieste, subiu ao

escenario para dedicar

unhas palabras ao traballo

que exerce Cáritas

Parroquial. O edil aproveitou

a ocasión para agradecer o

labor das mulleres de Boiro,

mencionando que todas elas

deben sen tratadas con

“cariño e respecto”.

Pero o momento máis

emotivo da tarde

protagonizouno, sen dúbida,

Elena Fabeiro. Tras recoller

unha placa honorífica de

mans do alcalde en nome da

asociación, Fabeiro e o edil

abrazáronse,

conmocionando a todo o

público presente na sala. A

presidenta de Cáritas non

puido reprimir as bágoas

nese momento, nin

tampouco ao comezar o seu

discurso de agradecemento.

A emoción invadiuna ao falar

do desaparecido don

Francisco, pero tamén no

momento de agradecer a

axuda do párroco don

Rogelio, presente no salón

de actos. Tampouco faltaron

palabras e recoñecemento

cara ao pobo de Boiro, que

aportan unha axuda, según

Fabeiro, inestimable. ◘

Elena Fabeiro é a presidenta de Cáritas Boiro desde finais de

2011 / Fotografia: Patrícia Millán Elena Fabeiro recibe unha placa conmemorativa de

mans do alcalde de Boiro, Juan José Dieste /

Fotografia: Sara Outeiral

O momento máis emotivo da velada foi o abrazo entre o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e Elena Fabeiro

As mulleres durante moito

tempo estiveron pouco

valoradas. Nembargante,

grazas a moitas mulleres

obtivéronse grandes

logros, malia que en

demasiadas ocasións, o

mérito nunca lles foi

recoñecido.

Celia Herbón / Boiro

Mulleres na antigüedade

Na antigüidade moitas

mulleres foron asasinadas e

perseguidas polas súas

crenzas e polo que

defendían.

Cleopatra naceu no ano 69

a.C. Foi a ultima raíña do

reino exipcio con tan só 18

anos. É coñecida pola súa

gran beleza pero os

derradeiros achádegos

históricos confirman que non

era unha muller demasiado

guapa. O que a facía

atractiva era a dozura coa

que trataba aos demais, o

ton de voz delicado e o don

de palabra que tiña. Todo o

que conseguiu foi grazas ás

súas habilidades políticas e á

facilidade para aprender

idiomas. Falaba grego,

exipcio, sirio, arameo, hebreo

e latín.

Hipatia de Alexandría

naceu no ano 355 en Exipto.

Foi unha filósofa e mestra

neoplatónica grega que

destacou no campo da

matemáticas e tamén na

astronomía. Reivindicou a

liberdade das mulleres

incluso sexualmente. Estivo

casada con Isidoro, outro

filósofo pero mantívose virxe.

Juana de Arco,nada no

1412, foi unha heroína militar

e santa francesa. Con só 17

anos encabezou o exército

real francés. Inda así morreu

queimada con tan só 19

anos, virxe e mártir.

Mulleres internacionais

Ada Lovelace naceu no

1815. Foi considerada a

primeira programadora para

á “máquina analítica” de

Charles Babbage. E

recordada principalmente por

ter escrito unha descrición da

antiga máquina analítica de

Babbage. Publicou no 1843

unha serie de notas sobre a

“máquina analítica”, inda que

nunca chegou a construírse.

Firmou o escrito tan só coas

iniciais por medo á censura

por ser muller.

Florence Nightingale naceu

no 1820 e foi unha célebre

enfermeira, escritora e

estadista británica. Está

considerada unha das

pioneiras na enfermería

moderna e creadora do

primeiro modelo conceptual

de enfermería. Foi a primeira

muller admitida na „Royal

Statistical Society‟ británica e

membro honorario da

„American Statistical

Associaton‟. En 1883 a

Raíña Victoria outorgoulle a

Real Cruz Vermella. No 1907

foi a primeira muller en

recibir a Orde de Mérito de

Reino Unido. En 1908

entregáronlle as chaves da

cidade de Londres.

Marie Curie naceu no 1867

e foi unha coñecida física e

química polaca. Pioneira no

campo da radioactividade, foi

a primeira persoa en recibir

dous premios Nobel e a

primeira muller en ser

profesora na Universidade de

París. Na primavera de 1934

quedou cega e faleceu en

xullo dese mesmo ano,

probablemente debido ás

radiacións ás que estivo

exposta nos seus traballos.

Hellen Keller naceu en

1880. Foi unha autora,

activista política e oradora

estadounidense sorda e

cega. No 1904 graduouse

“con honores” na

Universidade de Radcliffe

converténdose así na

primeira persoa sordocega

en obter un título

universitario. Tamén

promoveu a mellora da

calidade de vida das persoas

cegas. En 1964 foi

Cleopatra, Hipatia de

Alexandría e Juana de

Arco son algunhas das

mulleres célebres da

Antigüidade.

Baixorrelieve que mostra a

imaxe de Cleopatra VII

Marie Curie

galardoada coa Medalla

Presidencial da Liberdade. O

ano seguinte elixírona para o

Salón da Fama na Feira

Mundial de Nova York.

Mulleres españolas

Carmen de Burgos naceu

no 1867. Foi escritora,

periodista, tradutora,

pedagoga e activista dos

dereitos da muller española.

Considérase a primeira

muller xornalista profesional

en España. Casou aos 16

anos, en contra da vontade

de seu pai, co fillo do

gobernador de Almería. Por

problemas matrimoniais

abandonou o domicilio

conxugal. Despois do

divorcio decidiu estudar

maxisterio.

Clara Campoamor naceu no

1888 e foi unha política

defensora dos dereitos da

muller e principal impulsora

do sufraxio feminino en

España. Defendeu a

igualdade de dereitos da

muller e a liberdade política.

Tras o estalido da guerra civil

exiliouse, pero seguiu

escribindo e dando

conferencias.

Dolores Ibárruri, chamada a

Pasionaria, naceu en 1895 .

Destacou como dirixente

política na Segunda

República e durante a

Guerra Civil. Uniuse á loita

polos dereitos das mulleres,

para demostrar que as

mulleres, fosen da condición

que fosen, son seres libres

para elixir o seu destino.

Mulleres galegas

Concepción Arenal naceu

no 1820 e foi unha

importante escritora

vinculada ao movemento

feminista. Entrou na

facultade de Dereito vestindo

roupas de home, por mor de

que a educación universitaria

estaba vedada ás mulleres.

Escribiu en 1860 „La

beneficiencia, la filantropía y

la caridad‟, que presenta ao

concurso convocado pola

Academia de Ciencias

Morales y Políticas baixo o

nome do seu fillo Fernando,

de tan só 10 anos. Con este

escrito pasou a ser a

primeira muller en ser

premiada pola Academia. No

seu epitafio está escrito: ”A la

virtud, a una vida, a la

ciencia.” Pero a súa frase

máis célebre foi “odia el

delito y compadece al

delincuente”.

Rosalía De Castro naceu no

1837. Foi unha figura clave

no rexurdimento galego. A

figura de Rosalia foi

reivindicada como a

precursora do feminismo e

do traballo da muller na

cultura.

Emilia Pardo Bazan naceu

en 1851 e foi novelista,

ensaísta, xornalista e crítica.

O marido esixiulle que se

retractara dos seus escritos

publicamente e cesara a

escritura. En resposta, ela

decidiu divorciarse. Asistiu a

varios congresos nos que

denunciou a desigualdade

entre homes e mulleres. En

1906 chegou a ser a primeira

muller en presidir a Sección

de literatura do Ateneo de

Madrid e a primeira en

ocupar unha cátedra de

literatura neolatina na

Universidad Central de

Madrid.

Mulleres en Boiro

Bríxida Muñíz Suárez Unha

labrega do lugar de Triñáns

que, a partir de marzo de

1936, a raíz das eleccións da

Fronte Popular, formou parte

da corporación municipal de

Boiro, como única muller, en

representación do Partido.

Cando a sublevación, foi

paseada por todo Boiro, coa

cabeza rapada e as siglas

UHP pintadas na fronte,

embargáronlle as vacas e

estivo detida arredor dun

mes no concello. Bríxida foi

perseguida, maltratada e

vexada polas súas crenzas,

pero sobre todo pola súa

condición, ser muller. ◘

“Ningunha idea, ningún

valor, ningunha orde,

xustifica a norte dunha

persoa ; a vida é o valor que

dá sentido a tódolos valores

e, polo tanto, nin antes nin

agora nin nunca, en nome

de nada nin de ninguén se

pode privar da vida a

alguén.”

Rosalía de Castro

A Pasionaria

Loli Gª Tarela / Boiro

Durante o pasado 11 de

marzo, no auditorio da Casa

da Cultura da Cachada, unha

gran concorrencia expresaba

mediante os seus aplausos,

a emoción de cada relato

escrito polos nenos finalistas

do certame ‘A muller máis

importante da miña vida’.

Dez finalistas que foron

lendo, un por un, cadanseu

relato con orgullo e

nerviosismo. Historias sobre

queridas nais, avoas,

bisavoas, ou incluso unha

enfermeira que conseguiu

espertar a admiración da súa

pequena paciente. O

denominador común destes

relatos é que por moi mal

que estivera a situación,

estas mulleres

homenaxeadas estaban

sempre aí, para traballar,

para a casa, para os fillos,

para afrontar calquera

problema. Sempre estiveron

aí.

Os sete finalistas son Mª del

Pilar Dávila García, Jorge

Piñeiro Bermúdez, Lucas

Romero Brións, Sara

Romero Muñiz, Laura

Segade Fungueiriño, Javier

Varela Viturro e María Viturro

Gallardo. En canto aos

primeiros clasificados do

concurso, en terceiro lugar

quedou Jorge Saavedra

Fungueiriño e no segundo

posto, Uxía Rubio Blanco. A

gañadora do certame foi Lara

Segade Fernández, co seu

relato „A miña nai, unha

muller traballadora‟.

Os dez nenos recibiron

cadanseu lote de agasallos,

así como un diploma que

acredita a súa participación

no certame. Os tres

gañadores recibiron, a

maiores, un mp5.

As impresións dos nenos

Todos os nenos mostráronse

moi contentos e felices por

ter estar entre os dez relatos

finalistas do certame. A

moitos deles gustaríalles

chegar a ser como a persoa

na cal se inspiraron, tal e

como dixo o finalista Javier

Varela: “un pode inspirarse

nas persoas que fixeron algo

da súa vida”. Outros dos

rapaces quixeron destacar

algunha característica da

muller á que decidiron

homenaxear, como Sara,

que sinalou o traballadora

que é a súa avoa.

Os cativos quixeron mandar

unha mensaxe aos nenos da

súa mesma idade. Queren

que outros rapaces se

atrevan a escribir e a

participar en concursos,

posto que “todo é empezar” e

se é necesario “poden pedir

axuda”, tal e como quixo

destacar o finalista Jorge

Piñeiro. Sinalan tamén que

escribir “é moi fácil e

divertido”, e que os relatos

“saen sós”. A algúns deles

gústalle, sobre todo, poder

recibir premios polos seus

traballos.

A finalista Mª del Pilar, unha

nena de ascendencia

arxentina, destacou cun

emotivo relato sobre a súa

enfermeira. A rapaza quixo

mostrar a súa felicidade “por

ter chegado a onde cheguei”,

Todos os finalistas

animaron a cativos da

súa mesma idade a

escribir e a participar

en certames coma

este.

Rapaces de entre 10 e 11 anos homenaxearon ás súas nais durante as xornadas Mulleres Boiro. Unhas 150 persoas asistiron ao certame de relatos curtos.

A primeira

clasificada foi Lara

Segade, co relato

titulado „A miña nai,

unha muller

traballadora‟.

ao igual que tamén fixeron a

finalista María Viturro e a

segunda clasificada, Uxía

Rubio. Enfrontarse a un gran

público non é doado, pero

isto non impediu que o

terceiro clasificado, Jorge

Saavedra, deixara a timidez

a un lado e lera a súa

historia. Lucas Romero e

Laura Segade, pola súa

parte, recoñeceron que se

divertiron durante o certame

e que este tipo de concursos

“vale a pena”.O orgullo dos

pais destes nenos era máis

que evidente. Moitos

quixeron expresar a „Mulleres

Boiro‟ a súa satisfacción

porque os nenos puideran

perder o medo escénico e

enfrontarse ao público.

O alcalde de Boiro, Juan

José Dieste, pechou o

certame agradecendo aos

rapaces a súa participación.

“Espero que se traballe por

un mundo mellor, que

mellore tamén a vida das

mulleres”, sinalou o edil.

Dieste aproveitou esta

comparecencia para

agradecer á cidadanía de

Boiro a súa participación nas

xornadas. “Grazas á muller,

por facer que sexamos como

somos”, concluíu. ◘

Durante os dous días que duraron as xornadas Mulleres Boiro, o

coidado e a diversión dos nenos estiveron garantidos por catro

monitores / Fotografía: Patricia Millán

Presentación do certame de Relatos Curtos durante as Xornadas Mulleres Boiro

Ludoteca para os

máis pequenos

Para promover a asistencia

de nais e pais a estas

xornadas, habilitáronse

varias aulas na Casa da

Cultura da Cachada para

entreter aos pequenos da

casa. Alí, os nenos puideron

demostrar durante os dous

días de xornadas a

creatividade e o amor de nai

que levan dentro. Baixo a

supervisión de catro

monitores, nenos de distintas

idades realizaron actividades

lúdicas, pero tamén

educativas e de

concienciación social, como

o mural da fotografía. ◘

1ª clasificada: Lara Segade Fernández

Ola a todos e todas. Teño 10

anos e cando me

propuxeron facer un traballo

sobre a muller traballadora,

lembreime da miña nai. A

verdade é que teño como

exemplo á miña nai. Non sei

que sería na nosa casa sen

ela. Teño unha nai que é

fontaneira, cociñeira,

planchadora, economista

sen estudos.

Din que estamos nun país en

crise, pero sei que se a xente

que está a gobernar fora

como a miña nai, seríamos

un dos países máis ricos do

mundo, porque a parte de

ser todo iso, pasa a metade

da súa vida nunha

conserveira para facer de

dez euros vinte. Non me

digades como o fai, pero

faino.

A miña nai sempre pon de

exemplo á súa avoa, que vén

sendo a miña bisavoa.

Cóntame que era unha

muller moi traballadora e

todo o que sabe aprendeuno

dela. Dime que sempre lle

estaba berrando para que

aprendera a levar unha vida,

e soubera aguantar do

diñeiro.

Teño por seguro que si vivira

estaría moi orgullosa dela,

por iso creo que os valores

dunha muller apréndense a

través dunha familia

humilde e traballadora.

Non sei por que existe ese

día da muller traballadora,

pois polo simple feito de

selo, xa é un orgullo e

alégrome moitísimo de

haber nacido así, pois hai

países que polo mero feito

de nacer muller, significa

pobreza e morte.

Son a máis pequena, sendo

tres mulleres na casa e un

home que é meu pai, ao cal

sempre lle escoito dícir que

está perdido con tres

mulleres. Pero sei que por

dentro está máis contento

que ninguén por ter a sorte

de estar tan ben

acompañado.

Hai un refrán que di que a

muller cásase tres veces, a

primeira co seu marido, a

segunda cos fillos e a

terceira sendo máis maior co

marido outra vez. Decídeme

cantas veces se casa o

home!

Demos un gran salto dende

o século pasado ata este,

quedando aínda moitos

países por recoñecer o

traballo e a dignidade das

mulleres. Agardo que cando

sexa máis grande se

respecten todos e todas por

igual.

Por último quero recalcar

que por favor non acabo de

entender como pode haber

xente que maltrate á persoa

que da a vida a outro ser.

Síntome moi orgullosa da

xente que loita pola

igualdade da muller.

Permitídeme que esta

redacción da muller

traballadora lla dedique a

todas as nais do mundo.◘

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

“Agardo que cando

sexa máis grande se

respecten todos e

todas por igual”

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

Finalista: Mª del Pilar Dávila García

Chámome Pilar.

Persoalmente, aprecio moito

aos meus familiares e seres

queridos. Pero hai unha

persoa moi especial na miña

vida, que me axudou

moitísimo. Chámase Chus, e

é a miña educadora para a

diabetes.

Fai máis ou menos dous

anos, diagnosticáronme esa

enfermidade. Toda a miña

vida cambiou, pero Chus foi

a marabillosa persoa que me

axudou a saír adiante con

este pequeno problema.

Cando eu estaba no hospital

pesaba vintesete quilos!

Nunca quería comer nada,

entón ela gastaba o seu

tempo libre en ocuparse de

min, e procuraba que

comera de todo, porque eu

non estaba acostumada a

comer ese tipo de cousas.

Por exemplo: peixe, brócoli,

chícharos…

Tampouco estaba

acostumada a que me

pincharan, e doíame. Ela

consolábame dicindo que

non pasaba nada e que só

era un momentiño, e que

cando estivese máis

regulada non tiña que

inxectarme tantas veces ao

día. Pero despois xa me fun

acostumando e non doía,

todo grazas a ela.

O hospital onde ela traballa

está bastante lonxe do meu

pobo. Ao principio ía alí

continuamente, a causa das

dúbidas. Iso atrasábame

bastante co tema do colexio,

pero tranquilamente

púidenme ir acostumando.

Foron pasando os días e

cada vez ía menos por alí,

pero eu nunca me esquecía

dela. Era case imposible non

recordala nun momento

coma ese, no que dun día

para outro tiña que

inxectarme insulina, non

consumir azucre e pesar

case todos os alimentos. E

claro, ela axudárame a

aprender a facer todas esas

cousas, que no momento

eran moi difíciles para min.

Ao cabo dun tempo, fun

aprendendo moito. Ela e

máis o endocrino estaban os

dous moi orgullosos de min,

tanto coma eu deles.

Ás veces Chus estaba alí

desde as sete da mañá, todo

o tempo axudando aos

nenos e nenas coma min ou

con algo similar ao meu.

Sempre, aínda que estivese

cansadísima: ela atendíanos

cun gran sorriso na cara e

unha amabilidade

insuperable.

Parecíame incrible, eu no

seu lugar estaría tirando

todo polo aire, pero ela é

tan especial que ten un don

para que non lle suceda, e

esa é unha das moitísimas

cousas polas que confío

plena e cegamente nela.

Nunha época, de improviso,

tiven que facer unha viaxe a

Arxentina, a visitar aos meus

familiares. Por sorte, Chus

doume todas as indicacións

para poderme ir tranquila e

segura. Cando xa estaba alí,

grazas ao que ela me

ensinara, estiven

perfectamente. O que máis

me custou foi a diferenza

horaria, pero tamén alí Chus

me axudou, molestándose

en facerme unha táboa cos

horarios e comidas. Foime

xenial!

Outro día tiven unha

gastroenterite severa. Como

a educación de diabetes alí

era distinta á miña, tívena

que chamar por teléfono, e

ela moi amablemente

atendeume e indicoume

todo. Seguindo ao pé da

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

“Chus sempre nos atende cun gran sorriso na cara e unha amabilidade insuperable”

“Chus foi a marabillosa persoa que me axudou a saír adiante con este pequeno problema (a diabetes)”

letra os seus consellos logrei

curarme.

Sempre que necesito algo e

por algunha razón non o

consigo na farmacia, ela

sempre está disposta a

darmo sen ningún problema.

Desde o meu punto de vista,

creo que sempre está

preparada para calquera

cousa que lle pida calquera

dos seus pacientes, todo

menos caramelos e

chucharías.

Chus foi a persoa que me

apoiaba en tempos de

tristeza, enfado e tamén de

felicidade. Sempre se

encontraba ao meu lado.

Estou, estiven e estarei

sempre tan agradecida e

orgullosa dela.

Cando eu ía á súa consulta e

necesitaba algo, ela sempre

estaba e está alí para darmo,

non lle importa o máis

mínimo o que lle custe,

porque sabe que é para

facerlle algo bo ao próximo,

e así é ela, e nunca

cambiará.

Á miña nai tamén lle axudou

moitísimo. Recordo que

cando fun a ver ao meu

pediatra e me

diagnosticaron a

enfermidade, ela choraba.

Chus tamén a axudou a

aprender a controlarme e

coidarme. Todo o que a

miña nai sabe agora,

ensinoullo esa persoiña tan

especial, e asegúrovos que

non é pouco.

Meu pai, a causa do seu

traballo, non vai moi a

miúdo por alí, e as poucas

veces que foi, ela deu todo

para que meu pai cada día

puidera saber un pouquiño

máis, e así poder estar

comigo moito máis

tranquilamente.

En cambio, eu cada día sigo

aprendendo un montón. Ao

mellor acontece dentro de

vinte anos, pero estou

segura de que algún día

encontrarán unha cura para

a diabetes.

Ata ese momento, Chus

seguirá ao meu lado. ◘

“Estou segura de que algún día encontrarán unha cura para a diabetes”

En posteriores números de ‘Mulleres Boiro’ publicaremos os restantes relatos finalistas do certame ‘A muller máis importante da miña vida’

O pasado martes 20 de marzo recibimos na

redacción de Mulleres Boiro, a visita da

psicóloga Cristina León. Licenciada en

Psicoloxía e cun Máster en Avaliación e

Intervención en Xerontoloxía e Xeriatría, a

súa traxectoria profesional abarca o

maltrato a mulleres, cuestións de

igualdade, a drogodependencia e o botellón

en adolescentes. Pero no que máis destaca

é en temas relacionados cos máis maiores,

como a axuda a familias con membros que

padecen Alzheimer, o tratamento de

persoas dependentes e a creación de

obradoiros da memoria.

Mónica Núñez – Jessica Hermo / Boiro

Igualdade e maltrato

MULLERES BOIRO: Como se pode chegar a

decatar unha muller de que está sendo

maltratada psicoloxicamente?

CRISTINA LEÓN: No primeiro insulto. Tampouco

se pode permitir que se inicie un círculo vicioso

no que un insulta e o outro responde. O maltrato

psicolóxico adoita doer máis que o físico. Tamén

se ven situacións de desigualdade: el pode saír

e ti non, el pode moverse libremente e ti vas

detrás, ti non te podes vestir como queres... Saír

dunha situación así é moi duro.

MB: Que tipo de axudas teñen hoxe en día as

mulleres maltratadas?

CL: Estamos nun país de homes, con leis feitas

por homes. A Lei de Violencia de Xénero di que

hai que axudar, insertalas no mercado laboral,

axuda psicolóxica.... A realidade é ben distinta,

porque é moi difícil insertar a unha muller de 40

anos que nunca traballou porque non a

deixaron. A propia muller síntese que non vale

para o traballo que vai desempeñar. É moi difícil

para unha muller maltratada decatarse de que

depende de si mesma. É difícil plantexarse que

non tes cartos, que tes que buscar traballo, que

non tes onde vivir... Se a túa familia non che

axuda, a solución rápida é coller a maleta e

marchar. O que leva nesa maleta é sufrimento,

non ver aos fillos... Por iso, decide non marchar.

Moitas veces xulgamos ás persoas porque non

denuncian. É unha decisión moi difícil, sobre

todo se hai nenos pequenos. Non digo que non

haxa que denunciar, digo que é difícil.

Debémoslles ás mulleres maltratadas axuda xa

por historia.

MB: As diferencias tamén se dan en algo tan

esencial como os salarios de home e

muller...

CL: O problema non está na diferencia de soldo

de avogados ou políticos. O problema está en

postos inferiores, e recibe o nome de violencia

estrutural. Non é normal que unha persoa

traballe nunha fábrica de carretillera e se lle

contrate de auxiliar de fábrica, cobrando menos

que un carretillero home. No Estado non hai

diferencias, porque está a Lei detrás.

MB: Que podemos facer para que a

sociedade do mañá avance cara unha

igualdade plena?

CL: As mulleres temos un recurso que non

aproveitamos de todo: nós educamos máis que

os homes. Poderíamos utilizar esa ferramenta

A psicóloga Cristina León, nun momento da súa intervención

/ Fotografía: Patricia Millán

para educar en igualdade aos nosos fillos,

ensinarlles que non só as nenas teñen que

axudar nas tarefas da casa. Se te decatas, o día

de mañá quen che van a coidar son os teus

fillos e o teu marido. Se só tes fillos varóns,

edúcaos para que o día de mañá sexan eles os

que che coiden, non as túas noras. Porque pode

que as queiras moito, pero o cariño dun estraño

non é igual que o cariño dos fillos. Hai que

ensinar tamén aos maridos que che teñen que

coidar o día de mañá se o necesitas. Cantas de

nós podemos levantar a man convencidas de

que o noso marido nos coidará o día de mañá

se temos Alzheimer e non nos meterá nunha

residencia?

O tratamento do Alzheimer

MB: Como se pode detectar que unha persoa

ten Alzheimer?

CL: O enfermo busca obxectos en lugares

ilóxicos – por exemplo, busca as chaves no

conxelador –, non se viste cunha orde lóxica –

pon a roupa interior por riba dos pantalóns – ou

mesmo se perde na rúa ou dentro da súa propia

casa. Con estas pistas hai que acudir a un

especialista –un neurólogo– para que verifique

se se trata de Alzheimer ou doutro tipo de

demencia. Neste senso, resulta importante que

os médicos utilicen todo o tacto posible á hora

de comunicar ao paciente que padece esta

doenza. De todas formas, o diagnóstico de

Alzheimer non se pode corroborar ata que morre

o paciente e se lle realiza a autopsia. Non se

sabe a día de hoxe a causa real da

enfermidade. Tan só sabemos que hai unha

proteína no cerebro que comeza a multiplicarse

sen razón. Isto provoca que a diagnose sexa

máis complicada.

MB: Hai unha idade de risco para padecer

esta doenza?

CL: Existe un caso dun home de 33 anos de

Ourense, o máis novo en España en padecer

Alzheimer, pero trátase dun caso illado. Polo

xeral, dise que a enfermidade aparece a partires

dos 65 anos, pero é un estándar que xa está

quedando en desuso.

MB: Que consello lle daría a unha persoa que

acompaña a un enfermo de Alzheimer?

CL: A familia ten que ter paciencia e falar con

tranquilidade ao enfermo de Alzheimer, para

tratar de non asustalo, xa que a que se nos vén

enriba é importante. A tenrura e a confianza son

imprescindibles, xa que pode que os pacientes

non reteñan datos, pero si se decatan de que

esa persoa se preocupa por el ou ela. Esta

enfermidade provoca que os pacientes se poñan

nerviosos e berren, xa que adoitan pensar que a

súa familia lle agocha as cousas, ou mesmo que

llas rouban. Outro consello para os familiares é

botar man de todos os recursos posibles. Na

nosa área, dispoñemos de unidades en Ribeira

e en Santiago para tratar esta doenza.

MB: Recomendaríalle ao familiar que coida

dun enfermo que acuda a un psicólogo?

CL: Si, xa que na actualidade hai asociacións

como AGADEA (Santiago de Compostela) que

pode responder tódalas cuestións que

preocupan á familia do paciente, como a

posibilidade de contar con axuda de persoal a

domicilio para facer as tarefas do fogar,

asistencia a un centro de día ou internamento

nunha residencia nos casos máis avanzados. O

equipo, ademais, conta sempre cun traballador

social que aporta apoio psicolóxico. A

intervención psicolóxica resulta especialmente

importante no caso das mulleres, porque son

elas as que levan o peso de coidar, as 24 horas

do día, dos pacientes de Alzheimer ou con outro

tipo de dependencia.

MB: Enténdese que as mulleres son as que

sempre, ou case sempre, coidan aos pais ou

sogros dependentes...

CL: Asúmese moito que a muller ten que coidar

dos pais, pero tamén dos sogros. Hai que

marcar límites desde o principio. Levo desde os

18 anos traballando con persoas maiores, e só

vin a dous coidadores homes. Edúcase ás

mulleres para que coiden da casa e aos homes

para que fagan mundo. É algo que se ensina

desde pequenos. A chave máxica é construír un

mundo máis igual, desde cero. Traballo nun

centro de día, e somos nove mulleres. En Boiro

non hai ningún home. Na miña categoría

(xerocultores) conto catro homes. Se nas

categorías profesionais non hai, imaxínate na

casa.

Drogodependencia en adolescentes

MB: A que idade se lles pode ensinar aos

nenos que a droga e o botellón son

prexudiciais para a súa saúde?

CL: Desde os cero anos. A mellor maneira é

darlles exemplo xa desde o berce e non

predispoñelos a ningún tipo de adicción, aínda

que tamén é certo que resulta imposible levar

unha vida totalmente perfecta. Os rapaces son

como esponxas, e se, por exemplo, vén que nós

fumamos, ou que bebemos cando acudimos a

unha voda, pensarán que non terán ningún

problema por facelo. Por iso, hai que darlles as

ferramentas necesarias para que saiban dicir

que non, ou para que saiban parar, así como

explicarlles as consecuencias derivadas de

consumir certas sustancias. Tamén debemos

subirlles a autoestima aos rapaces para que se

atrevan a interactuar socialmente sen ter que

utilizar ningunha sustancia que facilite a súa

socialización. É importante que os pais se

impliquen na súa educación neste senso.

MB: Entón o problema está máis ben en

saber poñer límites…

CL: Efectivamente. Os adolescentes tiñan que

ter vivido xa desde a súa infancia baixo unhas

normas que poidan seguir neste momento

crucial nas súas vidas. Non vale dicir un día si e

tres que non. Non podemos romper as normas

impostas, porque os nenos aprenden por

asociación. Por outra banda, non chegamos a

ensinarlles aos nenos que teñen que resolver os

seus problemas por si mesmos, xa que a nai

non pode estar en todo momento presente para

solucionarllos. Moitas veces os rapaces

„tontean‟ coas drogas e o alcol porque asumen

que os pais van a estar sempre aí para eles,

aínda que non tomen o camiño correcto. Hai

demasiadas liberdades, e os rapaces teñen que

aprender a respectar, se queren tamén ser

respectados.

MB: Cales serían as súas principais

recomendacións para evitar que os rapaces

caian nunha dependencia?

CL: Penso que os colexios deberían ter unha

hora semanal para falar de drogas e botellón,

así como das consecuencias que conlevan o

seu consumo. Protexer aos nenos é difícil, xa

que adoitamos sobrecargalos desde moi

pequenos con luces e cores. E non só me refiro

ás videoconsolas ou á television ou o

ordenador. Mesmo situacións como ir a tomar

un café a un bar provocan que as máquinas

comecartos acaben por chamar demasiado a

atención dos nenos. ◘

As asistentes ao obradoiro da revista dixital Mulleres Boiro prestan atención a Cristina León / Fotografía:

Patricia Millán

A vida das mulleres sempre estivo ligada ao machismo e ao que debería ser a ollos doutra xente que non fora do seu entorno. Este sexismo podía ser exercido ben por ter un pai demasiado posesivo, un irmán controlador ou unha nai á que lle importara demasiado o que dirán... sobre todo en aldeas de poucos habitantes, nas que todos os veciños se coñecen.

Inés España / Boiro

Tras realizar varias

entrevistas a mulleres cunha

media de entre 75 e 90 anos,

observamos que a maior

parte delas casaron por

imposición, con maridos que

elas non querían. Moitas

foron obrigadas a deixar aos

seus mozos porque non tiñan

patrimonio ou herdanza,

mentres que outras foron

rexeitadas por quedar

preñadas fóra do matrimonio.

Nunha das entrevistas

realizadas, a muller que máis

me chamou a atención foi a

de A.F.R., unha muller de 95

anos que casou moi

xovenciña (contaba tan só 17

anos) e tivo nove fillos (sete

mulleres e dous homes).

Pasou toda a vida

traballando a terra e levando

cestos repletas de froitas,

que cargaba na cabeza, para

poder vender nas vilas dos

arredores.

Por exemplo, durante a

tempada das cereixas,

camiñaba ata A Pobra do

Caramiñal, Ribeira ou

mesmo ata Vilagarcía,

mentres o home tan só se

ocupaba de administrar os

cartos e dirixir o traballo.

Esta muller sinala que, malia

os sacrificios e o traballo

duro, conseguiu “sacar aos

fillos adiante e facer deles

xente de proveito”.

O sexismo dentro da casa

Cando as súas fillas tiveron a

idade de traballar, debían

entregarlle tódolos cartos ao

pai, ata que casaran,

momento no que a súa

economía pasaba a

depender do marido. Isto

provocaba unha situación de

dependencia económica das

fillas cara ao home da casa,

ao que debían pedirlle cartos

e permiso, mesmo para

mercar un par de zapatos.

Dependendo do humor con

que as rapazas atoparan ao

pai, recibirían os cartos ou

non. Pola contra, os varóns

da familia non estaban na

obriga de entregar o seu

salario na casa, podendo

dispoñer del á súa vontade e

sen dar explicacións dos

seus gastos. ◘

Ao igual que a leiteira da fotografia, as mulleres do rural adoitaban cargar toda

clase de alimentos para vender enriba da cabeza / Fotografia: Arguivo

Asociación Fotográfica Olláparo

No noso próximo número de Mulleres Boiro coñeceremos a historia de R.C., unha muller diagnosticada de Alzheimer hai tres anos. Coñeceremos de preto as súas lembranzas de xuventude e como vive a evolución da súa enfermidade.

Zoleida Herrera / Boiro

A continuación aprenderás como facer unha torta fría tres leites, denominada así porque os tres

ingredientes principais son leite condensado, leite evaporado e crema de leite.

Ingredientes

3 cuncas de fariña de millo

6 ovos

2 cuncas de azucre

1 bote pequeno de leite condensado

1 bote pequeno de leite evaporado

1 bote pequeno de crema de leite ou nata

Preparación

1. Bater as claras de ovo a punto de neve.

2. Engadir as xemas.

3. Engadir o azucre e, por último, a fariña de forma

envolvente.

4. Meter no forno durante 25 minutos, a 250º.

5. Sacar e deixar arrefriar.

6. Cun batedor, mesturar o leite condensado, o leite

evaporado e a crema de leite (ou nata).

Espolvorear con canela ao gusto e levar á neveira.

Hoxe en día todos -homes e mulleres- deberíamos aprender a elaborar receitas prácticas

e rápidas, que nos axuden a aforrar e, por que non?, a ter unha fonte de ingresos extra,

que nunca está de máis. Os nenos tamén poden colaborar na súa elaboración, porque a

cociña tamén pode ser un lugar divertido.

Nesta revista podedes seguir, paso a paso, a elaboración de receitas económicas para sorprender a familiares e amigos.

Os nenos tamén poden colaborar na elaboración desta

receita, por exemplo, mesturando as tres clases de

leite, ou decorando con canela e uns moldes

divertidos.

Concello de Boiro

Plaza de Galicia s/n

15930 Boiro (A Coruña)

www.boiro.org