Música de concerto para 73 poemas en galego.

20

Transcript of Música de concerto para 73 poemas en galego.

Page 1: Música de concerto para 73 poemas en galego.
Page 2: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Música de concerto para 73 poemas en galego.

Filgueira e o Festival de la Canción Gallega de Pontevedra (1960-1967)

Xesús Ferro Ruibal

¿Era posible na Galicia dos anos sesenta saca-la lingua galega ás rúas urbanas nun contexto de elegancia e tenrura? ¿Era posible na Galicia dos anos sesenta dota-la poesía en lingua galega de música de alta calidade?

A resposta a esas preguntas é que entre 1960 e 1967 nin había moita demanda de tal traballo nin había suficientes conservatorios para tal empresa: o de Ourense nacera o 28.9.1958. Pero hai outro dato sintomático da debilidade da demanda de galego formalizado: en 1965 o Concilio Vaticano II admitiu as linguas modernas na liturxia e as misas deixaron de ser en latín para ser en catalán en Cataluña, en éuscaro no País Vasco, en castelán en Castela; pero en Galicia o galego tivo que agardar a 1969, porque a demanda de uso formal da lingua galega era moi baixa.

Mais Filgueira, sempre posibilista e sempre hábil para enrolar colaboradores, encontrou na alcaldía de Pontevedra e na colaboración do musicólogo Fernández-Cid a oportunidade de lles dar partituras de calidade a poemas en lingua galega. E aproveitouna. O Festival de la Canción Gallega conseguíu que algúns dos mellores músicos de España, Portugal e algún país americano puxesen melodía e contorno a setenta poemas en lingua galega. E conseguiu que isto en Pontevedra se convertese nun acto cultural de certa transcendencia. Houbera un precedente.

A iniciativa de Antonio Fernández-Cid nos anos 50

Antonio Fernández-Cid (Ourense 1916 – Bilbao 1995), foi durante case cincuenta anos o crítico de referencia na música clásica en España. Este musicólogo exerceu a súa información crítica case sempre no ABC e en TVE, agás entre 1960-1966 (a época do Festival de Pontevedra), que o fixo en Informaciones. A opinión de Fernández-Cid era esperada, atendida e, polo que parece, respectada.

En 1950 escolleu doce poemas en galego e ofreceullos, en función do carácter de cadaquén, a doce compositores de diferentes puntos de España. Cos que responderon e co patrocinio da Deputación de Ourense, estreáronse en 1951 en Ourense (15 de xuño) e despois en Madrid (22 de xuño) as Doce canciones gallegas

Page 3: Música de concerto para 73 poemas en galego.

interpretadas pola soprano Carmen Pérez Durías con Carmen Díez no piano. Os compositores eran Joaquín Rodrigo, Rodríguez Albert, Ataúlfo Argenta, Muñoz Molleda, García Leoz, Federico Mompou, Eduard Toldrà, Jesús Guridi, Xavier Montsalvatge, Palau, Asins Arbó e outros 1. Véxase o seguinte cadro:

Doce canciones gallegas (1951)

MÚSICO POETA POEMA Jesús Guridi Ramón Cabanillas Tódolos días Manuel Blancafort Ramón Cabanillas Ceíño da miña aldea Rafael Rodríguez Albert

Leiras Pulpeiro Levádeme

Manuel Palau José Ramón y Fdez-Oxea

Chove

José Muñoz Molleda Vicente Risco Morreu un mozo Xavier Montsalvatge Ramón Cabanillas Meus irmáns Miguel Asins Arbó M. Curros Enríquez O gueiteiro Federico Mompou Ramón Cabanillas Aureana do Sil Jesús García Leoz Rosalía de Castro O meu corasón che

mando Ataúlfo Argenta Ramón Cabanillas O rei riña unha filla Eduardo Toldrá Antón Noriega Varela As froliñas dos toxos Joaquín Rodrigo Rosalía de Castro ¡Un home, San Antonio!

Posteriormente Fernández-Cid foi máis audaz e en 1958 conseguiu outras Veintidós canciones sobre textos de poetas orensanos, que contén partituras de compositores consagrados como Arámbarri, Escudero, Esplá, Gombau, integra xente apartada (Remacha), unha muller (Matilde Salvador) e compositores novos como Bonet, Manuel Castillo, García Abril, Moreno Buendía ou Cristóbal Halffter.

Veintidós canciones gallegas (1958) 2

MÚSICO POETA POEMA Oscar Esplá Curros Enríquez O maio Antón García Abril Álvaro de las Casas Coita Jesús Arámbarri Eugenio Montes Río Alberto Blancafort Lamas Carvajal Frores e bágoas Fernando Remacha José Luís López Cid Nouturnio Vicente Asencio Celso Emilio Ferreiro O neno preguntaba Francisco Calés Eladio Rodríguez González Ribeirana José Moreno Bascuñana Manuel Núñez González Morriña Manuel Parada José Ramón y Fdez-Oxea Rianxeira Manuel Castillo Antonio Tovar Canzón prá Virxe que fiaba Antonio Iglesias Ramón Otero Pedrayo Ao lonxe Manuel Moreno Buendía Eduardo Blanco Amor A fuga Gerardo Gombau Florencio Delgado Gurriarán Cantiga da vendima Narciso Bonet Manuel Luís Acuña Cala, miña seda Roberto Plá Ángel Lázaro Teño que non teño Rafael Ferrer Pura Vázquez Lúa de vrau Victorino Echevarría Augusto Casas Cantigas ao aouvido Francisco Escudero Alberto García Ferreiro Eiquí José Moreno Gans Alfonso Alcaraz del Río Teño o corazón perdido

1 Deste disco hai unha reedición recente (Doce canciones gallegas. Santiago de Compostela: Andavira, 2014) que contén

ademais un CD coa nova interpretación da soprano Begoña Salgueiro e do pianista Brais González, con textos de Luis Costa, L. Bernárdez, Begoña Salgueiro e a participación de Menca Estevez.

2 As partituras editáronse en 1961: Ventidós canciones sobre textos de poetas orensanos dedicadas a Antonio Fernández-Cid de Temes. Orense: Ediciones Conservatorio de Música de Orense; 95 páxs. Parece que do total de 34 cancións houbo en 1962 unha segunda edición Canciones gallegas dedicadas a Antonio Fernández-Cid (Barcelona: Gramófono-Odeón) en dous discos (33 rpm; 30 cm) interpretados por María Teresa Tourné (soprano) e Carmen Díez Martín (piano). Non cheguei a ter nas mans esta edición.

Page 4: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Javier Alfonso Daniel Pato Movilla Ven á eira Cristóbal Halffter Vicente Risco Panxoliña

Matilde Salvador Celso Emilio Ferreiro Eu en ti

Este conxunto de 34 cancións de música culta con texto galego forma unha importante colección de lieders, non só pola infrecuente coaparición de grandes compositores senón tamén pola calidade das partituras. Graváronse daquela en disco (as primeiras con patrocinio da Deputación de Ourense e as segundas con patrocinio da Marquesa de Alta Gracia) e recentemente reactiváronse: no 2013 na Escuela Superior de Canto de Madrid (baixo a dirección do pianista e musicólogo Borja Mariño); e no 2014 a reedición xa citada na nota 1.

Continuidade e innovación en Pontevedra

A Corporación Municipal que presidía Filgueira en Pontevedra (1959-1967) aprobou un ambicioso proxecto que aproveitaba a experiencia e a colaboración de Fernández-Cid, para incrementar aquel repertorio de música culta sobre texto en galego e, sobre todo, para facelo máis visible e dotalo, así, de maior impacto social. Filgueira sempre tivo moito interese en que as cousas non quedasen estibadas nos arquivos ou encerradas nos círculos eruditos: el quería que a cultura saíse na procura do destinatario e que fose tras dese receptor nun xeito que permitise que este comprendese o que se lle ofrecía. Filgueira, o erudito, era tamén un comunicador, como se di hoxe, e a fórmula que ideou era quíntuple:

- converter en concurso tanto a proposta de composición musical coma a propia interpretación con premios apetecibles;

- facer que as interpretacións fosen precedidas dunha conferencia que situasen música e texto no contexto que os fixera nacer: isto implica que se denominaban conferencia-concierto e a interpretación musical chamábase ilustración musical 3;

- facer soa-la música culta con texto galego na compaña de música culta doutros países, para que a semellanza e o contraste cos lieder deses países fixese comprender que era o que se estaba ofrecendo e cal era a calidade do que se ofrecía;

- situa-la música popular (cantada ou tocada) en niveis de esixencia técnica superior ó que se encontraba nese momento nos diferentes grupos folclóricos;

- realizar todo arredor da Festa do San Benitiño, que con procesión fluvial incluída estaba declarada de interese turístico, e na que se daban a coñece-los premiados e a convocatoria do Festival do ano seguinte.

Hai aínda outro obxectivo que dificilmente podía ocultarse: sacar á rúa naqueles anos e nun contexto elegante a lingua galega e a poesía en lingua galega. O resultado foi unha mobilización artística de carácter musical e lingüístico (e sociolingüístico) que, segundo din as crónicas, abarrotaba o aforo do teatro pontevedrés. Non era moito; pero, para os anos sesenta, tamén non era pouco.

O proxecto musical do alcalde Filgueira estivo activo entre 1960-1967, ano no que presentou a súa dimisión e presentouse ás eleccións a procurador en Cortes polo Tercio Familiar e alí traballou intensamente e con éxito para incorpora-lo galego ó ensino na Lei Villar Palasí de 1970.

Estrutura do Festival de la Canción Gallega de Pontevedra (1960-1967) 3 Con esta fórmula Filgueira fixo que os alumnos Cantores do Instituto de Pontevedra percorresen boa parte da

península ibérica, porque, sempre que vía posibilidades, ofrecía esta fórmula, cando o invitaban a dar unha das moitas conferencias que deu por España adiante.

Page 5: Música de concerto para 73 poemas en galego.

O Festival facía entre marzo e abril a convocatoria dos seguintes premios de composición e de interpretación.

Premio Contía en pesetas Materia

Com

pos

ició

n

Montes (Concello)

15.000 > 25. 000 (1962)

lied ou lieder para canto y piano en 1962 o premio subiu a 25.000 pts.). Inclúe a edición da partitura e cen exemplares.

Blanco Porto (Deputación)

15.000 > 25. 000 (1962)

canción ou serie de cancións para coro mixto a capella.

Sampedro Folgar

10.000 cancións pop. harmonizadas para canto con ou sen acompañamento.

Víctor Mercadillo

10.000 canción ligera para voz y orquestina este sobre letra gallega. o castellana.

Inte

rpre

taci

ón Juan M. Pintos 3.000 gaita ou gaitas con tambor nunca con

caixa): alborada, muiñeira e pasacorredoiras

Padre Luís 5.000 coros mixtos a catro voces. Obrigada a premiada no concurso de composición.

Manolo Quiroga 5.000 voz + orquestina. Obrigada a premiada no concurso de composición.

Só encontrei en 1962 modificación da contía dos premios Montes e Blanco Porto de composición e, polo tanto, ignoro se se modificou a contía dos restantes premios. Pero, detalle importante, as bases aseguraban que as partituras seleccionadas serían estreadas e publicadas.

Un detalle sociolingüístico: o público recibía co programa un elegante folleto titulado Letras para cantar en las conferencias-concierto e que lle permitía seguir con detalle e levar para a casa os poemas galegos que se cantaban. E as crónicas periodísticas testemuñan que os asistentes, por veces, acababan coreando os versos Mariñeiros do poema Coita de Álvaro de las Casas e música de Antón García Abril, que espontaneamente asumiran como emblema do Festival na primeira edición.

E outro detalle non menor: tódolos premios levan o nome dalgún galego ilustre e os mais deles, pontevedreses 4. Nisto está certamente a man de Filgueira que sempre insistía en que o coñecemento de canto patrimonio e canta valía herdamos dos que nos procederon é a mellor ferramenta para superar ese estéril derrotismo colectivo que adoita transformarse ou en complexo de inferioridade ou en inxenua agresividade contra todo o foráneo.

Vexamos, logo, o contido das oito edicións do Festival literario-musical de Pontevedra.

1960 Primer Festival de la Canción Gallega. Pontevedra

Conferencias-Concierto 6-12 julio

Presidente de la Comisión Víctor Cervera Mercadillo Barbeito 5

O pregón do Festival de la Canción Gallega (da autoría de Filgueira) está no Boletín del Ayuntamiento de Pontevedra. 1960, I; 45.

4 Hoxe é menos coñecido o cantante pontevedrés Víctor Mercadillo a quen mesmo ían escoita-los reis en Madrid en 1919. 5 Pódese ver na prensa da época Rodrigo A. de Santiago “La canción gallega y Filgueira Valverde” (La Voz de Galicia. 14.4.1960); e tamén un bo resumo da conferencia de Filgueira sobre música medieval (El Pueblo Gallego 9.7.1960).

Page 6: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Miér 6.julio

Conferencia 1 La canción popular: Antonio Fraguas Cantores del Instituto de Pontevedra.

Canto de alomear o pan (Padrón. Sampedro 463) Canto do pan (Finisterre. Alan Lomax) Mayo (Viveiro. Filgueira V.). Alalá. ‘Canteiros e carpinteiros’ (Ulla. Sampedro 15) Regueifa “A regueifa está na mesa” (Sampedro 15) Muiñeira coreada. ‘Non te quero por bonita’ (Samp. 32) Canto de pandeiro. ‘Barcala, barcalesiña’ (Ames. Samp. 42) Canto de berce. ‘O meniño chora moito’ (Moaña. Samp. 69) Arada. ‘Eu xunguín os meus boiciños’. (Marcón. Inzenga XI,25) Canto de arrieiro. ’Estreliña do luceiro’ (Tenorio. Samp 97) A Romeira. Romance. ‘Viñen eu de romería’ Lousame. Samp 272)

Jue 7 julio

Conferencia 2 La canción gallega medieval: José Filgueira Cantores del Instituto de Pontevedra. Soprano: Raimunda Lusquiños

Benedicamus Sancti Jacobi (A quodam Doctore galleciano editum) Conductus. Nostra phalanx C. Calixtinus. S. XII Cantus parvulorum Siglo XV Cantigas de amigo. M. Codax. Siglo XIII Cantigas de Santa María. Alfonso X el Sabio Alegría, alegría 3ª das festas Quen vai contra Santa María... CCXXXIII Da que Deus ... (Lugo) LXXVII Cosautes del Cancionero de Palacio (s. XV e XVI) Meu laranjedo Meus ollos van pol-o mare Miño amor Rosa y Viña. Cancionero de la Biblioteca Colombina. S. XV

Vier. 8 julio

Conferencia 3 La canción romántica y sus derivaciones: J.Mª Álvarez Blázquez Soprano: Ana María Bonaque Piano: Flora Lariño Vilas

Miña terra, miña terra (R.Castro) (Marcial del Adalid) Dous amores (Salvador Golpe) (José Baldomir) A un batido (R. Castro) (José Baldomir) Un adiós a Mariquiña (C.Enríquez) José Castro Suárez (Chané) A nenita (M.Martínez González) Enrique Lens Vieira Doce sono (R. Castro) Juan Montes Capón Lonxe da terriña (Aureliano J. Pereira) Juan Montes Capón ¿Qué ten o mozo? (R. Castro) Prudencio Piñeiro Airiños de Pontevedra (J. Fernández Tafall Alfonso Lois Sancho Unha bágoa (...) José Iglesias Sánchez Fror nova (Lago González) José Torres Creo

Page 7: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Sáb. 9 julio

Conferencia 4: La canción gallega de concierto en la actualidad: Antonio Fernández Cid Soprano: Dolores Cava Piano: Carmen Díez

Todol’os días (Cabanillas) J. Guridi Ceíño da miña aldea (Cabanillas) M.Blancafort Levádeme (Leiras Pulpeiro) Rodríguez Albert Chove (Fernández Oxea) M.Palau Morreu un mozo (V. Risco) J. Muñoz Molleda Un home, san Antonio (R. Castro) Joaquín Rodrigo Meus irmáns (Cabanillas) Xavier Montsalvatge O gueiteiro (C. Enríquez) Asíns Arbó Aureana do Sil (Cabanillas) F. Mompou O meu corazón che mando (R. Castro) J. García Leoz As froliñas dos toxos (Noriega Varela) E. Toldrá A filla do Rey (Cabanillas) Ataúlfo Argenta

Dom 10 julio

Conferencia 5 La canción gallega de concierto en la actualidad: Antonio Fernández Cid Soprano: Dolores Cava Piano: 3 a Carmen Díez

O mayo (C. Enríquez) Oscar Esplá Ribeirana (Eladio R. González) F. Calés Frores e bágoas (Lamas Carvajal) A. Blancafort Coita (Álvaro das Casas) A. García Abril Nouturnio (J.L. López Cid) F. Remacha O neno preguntaba (Celso Emilio Ferreiro) V. Asencio Eu en ti (Celso Emilio Ferreiro) Matilde Salvador Río (Eugenio Montes) Jesús Arámbarri Morriña (Manuel Núñez González) José Moreno Bascuñana Rianxeira (Fernández Oxea) Manuel Parada Canzón para Virxe que fiaba (Antonio Tovar) Manuel Castillo

Lunes 11 julio

Conf. 6 La canción gallega de concierto en la actualidad: Antonio Fernández Cid Soprano: Dolores Cava Piano: 3 a Carmen Díez

Ao lonxe (R. Otero Pedrayo) Antonio Iglesias A fuga (E. Blanco Amor) Manuel Moreno Buendía Cantiga da vendima (Flor. Delgado Gurriarán) Gerardo Gombau Eiquí (Alberto García Ferreiro) Francisco Escudero Teño que non teño (Ángel Lázaro) Roberto Pla Lúa de vrau (Pura Vázquez) Rafael Ferrer Cantigas ao ouvido (Augusto Casas) Victorino Echevarría Cala, miña seda (Manuel Luís Acuña) Narciso Bonet Teño o corazón perdido (A. Alcaraz del Río) José Moreno Gans ¡Ven á eira! (Daniel Pato Movilla) Javier Alfonso Panxoliña (Vicente Risco) Cristóbal Halffter.

Page 8: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Martes 12 julio

Proclamación de premios en el Concurso de Composición. Premios: Montes, Blanco Porto, Sampedro Folgar, Víctor Mercadillo Bases: 26.2.1960 Interpretación de las canciones Premios: Perfecto Feijoo, Padre Luís, Manolo Quiroga Bases: 6.3.1960

Jurado del concurso: (Pr) S.A. el Infante D. José Eugenio de Baviera, de la R.A.B. Artes (Voc) Jesús Arámbarri ,Victoriano Echevarría, Antonio Iglesias, Antonio Jaunsarás (Secr) Antonio Odriozola PREMIO BLANCO PORTO DE LA E. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Tríptico gallego de Nadal “A capella” (Groria de tres. Dádeme as pôlas. Ourives da seda (Cipriano Torre Enciso) Música de Rodrigo A. de Santiago. Impreso a costa del Centro Gallego de Buenos Aires. Agosto MCMLX.

1962 III Festival de la Canción Gallega. Pontevedra

Conferencias-Concierto 10-14 julio

Unha elegante carpetiña contén os textos das 30 cancións desta edición.

Os compositores da música dedícanlla en homenaxe a Antonio Fernández Cid por su labor en la ilustración, defensa y defensa y difusión de las “cantigas” de Galicia. Conferenciante: Antonio Fernández Cid. Soprano: María Teresa Tourné Pianista: Carmen Díez Martín

Martes 10

Conferencia J. M. Álvarez Blázquez

I Mozart (5 arias: Bodas de Fígaro (3) Don Juan (2) II Soedades (Emilio A. Blázquez + Frederico de Freitas (I) Tecelana (Manuel Cuña Novás) Julio Gómez (I) Frores e bágoas (Lamas Carvajal) Alberto Blancafort O meu corazón che mando (Rosalía) Jesús Leoz ¡Un home, San Antonio! (Rosalía) Joaquín Rodrigo O mayo (Curros Enríquez) Oscar Esplá O gueiteiro (Curros Enríquez) Asíns Arbó.

Mérc.11 San Benitiño de Lérez Jueves

12 Conferencia: Cabanillas para cantar I. Millán González-Pardo

I Cinco lieder de Wolf II As edades da vida. (Álvarez Limeses) João de Freitas Branco Paisaxe en primaveira. (Ángel Sevillano) José Mª Franco Recordos. (Julio Camba) Rodrigo A. de Santiago Tódol’os días. (R. Cabanillas) Jesús Guridi Ceíño da miña aldea. (R. Cabanillas) Manuel Blancafort Meus irmáns. (R. Cabanillas)Xavier Montsalvatge Aureana do Sil. (R. Cabanillas) Federico Mompou A Filla do Rei. (R. Cabanillas) Ataúlto Argenta.

Page 9: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Viernes 13

Conferencia: Poesías de una generación orensana. B. Varela Jácome

I Cinco lieder de Strauss II Alalá de San Xoán. Xoán Bautista Andrade (Versión de Álvarez Limeses) + Joly Braga Santos Este vaise... (Rosalía) Manuel Valls Mariñeira. (Baldomero Isorna) Sabino Ruíz Jalón As froliñas dos toxos. (Noriega Varela) Eduardo Toldrá Morreu un mozo. (Vicente Risco) Muñoz Molleda Panxoliña. (Vicente Risco) Cristóbal Halffter Ao lonxe. (Otero Pedrayo) Antonio Iglesias Coita. Álvaro de las Casas) Antón García Abril

Sábado 14

Conferencia: Álvaro Cunqueiro

I Cinco Melodías de Debussy II Estrela (Emilio Álvarez Blázquez) Jorge Rosado Peixinho (I) Ría (Viñas Calvo) Manuel Angulo (I) Pontevedra (Luís Amado Carballo) Carmelo A. Bernaola. Eu en ti (Celso Emilio Ferreiro) Matilde Salvador O neno preguntaba (Celso Emilio Ferreiro) Vicente Asencio Río (Eugenio Montes) Jesús Arámbarri Canzón para a Virxe que fiaba (Antonio Tovar) Manuel Castillo Ven á eira (Daniel Pato Movilla) Javier Alfonso

1963 IV Festival de la Canción Gallega. Pontevedra

Conferencias-Concierto 7-13 julio

Domingo 7

Concerto da Polifónica Melodías medievales (Martín Códax, CSM, Benedicamus sancti Iacobi (C.Calixtinus, a quodam doctore galleciano editum) Canciones del Renacimiento Luís de Milán, Juan del Encina (2), D. Pisador, Juan Vázquez (todas en castelán). Melodías populares Cantigas de Pontevedra (P (Luís Mª Fernández 1876-1960) Romance do Conde d’Arcos (A (Iglesias Vilarelle) Romance de Doña Alda (P (Luís Mª Fernández) Foliada de Salnés (P. José Miguélez. O. de M.) 1891-1944 Si vas a San Benitiño (A. Blanco Porto)

Luns 8 La Canción Clásica Italiana (Monteverdi,

Caccini, Paisiello, Giordano, Vivaldi, Scarlatti, Pergolessi, Carissimi) La Canción de Cuna [Intervención de Elena Quiroga] Brahms, Leoz, Iglesias Vilarelle (O neno ten soniño) La Canción Gallega (as tres sen indicación de autor)

[s.i.a.] A Cibdá de Santiago (Esther Gª Prieto O enterro da moza Esther Gª Prieto Canzón de berce Esther Gª Prieto

Page 10: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Martes 9 El lied romántico alemán (Schubert, Schumann,

Brahms, Wolff) Canciones de infancia y juventud [Intervención de Pura Vázquez] (Mozart, Moussorgsky, Toldrá) La canción Gallega [sen indicación de autor] Hai que traballar (Victorino Echevarría) O camiño do monte (Victorino Echevarría) Panxoliña (Victorino Echevarría)

Miércoles 10

La moderna melodía francesa (Franck, Fauré, Debussy, Ravel) Canciones de amor [Intervención de María Elvira Lacaci] (Strauss, Schubert, Toldrá) La canción Gallega [s.i.a.] Tres canciones de autores portugueses. Dedicadas a Fernández Cid. Canción (Claudio Carneyro) Nena, neniña (Víctor Macedo Pintos) Pontevedra (Rui Coelho)

Jueves 11 La Canción contemporánea española (Mompou,

Zamacois, Toldrá, Halffter (Ernesto + Cristóbal), Leoz, Turina Canciones de muerte [Intervención de Luz Pozo Garza] (Schubert, Schumann, Poulenc) La canción Gallega [Na romaría de San Benitiño] Un adiós a Mariquiña (Chané) Meus amores (Baldomir Lonxe da terriña (Montes Mariñeiros (García Abril

Viernes 12

Recital de lírica medieval gallega nas ruínas de S.D. Cantigas de Amigo (Martín Códax, Meendiño, Nuno Fernándes Torneol, Airas Nunes, Pay Gomes Chariño, Bernal de Bonaval,Pero Meogo) Cantigas de Amor (Pay Gomes Chariño, Bernal de Bonaval, Joan de Lobeyra) Cantigas de burlas (Pero da Ponte, Martín Soares, Afonso X) Cancionero Marial (S. Fernando, Afonso X) Cosautes del Cancionero de Palacio (Miño amor; Meus ollos van polo mare, Meu naranjedo)

Sábado 13

Canto Gregoriano en Poio Fiesta de la Danza Gallega (11 noite: T. Principal) (13 bailes) Coros y Danzas de la S.F. (de Marín, Pontesampaio, Baiona, Vigo, Aldán).

Page 11: Música de concerto para 73 poemas en galego.

1964 V Festival de la Canción Gallega. Pontevedra

Conferencias-Concierto Patrocinado por el Ministerio de Información y Turismo Concurso de canto, muiñeiras y gaiteiros. Recital de Lírica del Medievo 6. Fiesta de Coros y Danzas. Conferencias –Concierto. Estreno de Canciones Callegas

Domingo 12

Romería de San Benitiño de Lérez. Concurso de Ejecución: canto, gaita, muiñeiras Coro ‘La Artística’ de Pontevedra (Foliada de Combarro, Margaritiña, Coita, Foliada de Lérez) Concurso de canto (As mozas de Vilanova, Cantar de arrieiro, Canto de berce, Alalá). 5 participantes. Concurso de muiñeiras (6 grupos participantes) Coro Cantigas e Agarimos (6 pezas galegas).

Viernes 17 11 da noite Ruínas de S.D.

Recital de Lírica medieval G-P 1 Ondas do mar de Vigo (Cantores) 11 Cantigas s. XIII [11 autores] (recita Novoneyra) 2 Cantigas de Santa María (Cantores) 10 Cantigas s. XIII [8 autores] (recita Novoneyra) 1 Cantiga s. XV (Macías) (recita Novoneyra) Meu naranxedo [Cosaute. Cancionero de Palacio] (Cantores).

Martes 21 8 da tarde Paraninfo do Instituto

Conferencia: Cantos de Romería. R. Otero Pedrayo Presenta I. Millán González-Pardo

La canción popular Gallega. 1ª Conferencia-concierto Cantigas: Miña Virxen da Peneda (P.Luís Fernández) Nosa Señora da Guía (P.Luís Fernández) Nosa Señora da Barca (Sampedro 228) Carballeira de San Xusto (P.Luís Fernández) A Palmeira (Sampedro 272)

Miér 22 8 da tarde Paraninfo do Instituto

Conferencia: Cantos de Romería. José Filgueira Valverde

La canción popular Gallega. 2ª Conferencia-concierto Cantares: Canto de alumear o pan (Sampedro 463) Esta primeira é das Mayas (Afonso X) Mayo de Viveiro (Sampedro 128) Mayo de Ourense (Sampedro 129) Santa Cruz de Mayo. Pontevedra (Sampedro 131) Barco de Mayo. Pontevedra (Sampedro) Mayo de Pontevedra (Sampedro 127) Carballeira de San Xusto (P.Luís Fernández)

6 Entre a documentación deste ano figura un telegrama co que Uxío Novoneyra se dirixe ó alcalde Filgueira aceptando a

invitación a recitar neste Festival: HÓNRAME INVITACIÓN IRE FECHA SEÑALADA (NOVONEYRA).

Page 12: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Jueves 23 8 da tarde Paraninfo do Instituto

Conferencia: Panxoliñas de Nadal José Mª Álvarez Blázquez

La canción popular Gallega. Ilustraciónss: La Santa Casa (Sampedro 250) Vaya de fuesta en fiesta (Sampedro 266) Vinde, vinde, rapaciños (Sampedro 268) Señores que viven... (Melide 4) A noitiña de nadale (Melide 3) San Xosé e mais María (P. Luís Fernández) Tonadas gallegas para orquesta, soprano y coro (Maestro Pacheco 1784-1865) Gaitero: Alejo Aboal Dirige la orquesta Maestro Delgado Coro: Cantores de los Institutos

Lunes 27 Teatro Principal 11 noche

Conferencia: Antonio Fernández-Cid

I Sesión de Música Vocal de concierto Sopranos Carmen Pérez Durías e Herminia Losanz Duos clásicos (Gluck, Haendel // Mozart (Cosí fan tutte) Mozart (Bodas de Figaro)

Martes 28 Teatro Principal 11 noche

Conferencia: Antonio Fernández-Cid

II Sesión de Música Vocal de concierto Sopranos Carmen Pérez Durías e Herminia Losanz Duos románticos (Mendelssohn (4), Schumann (3)// Brahms (7)

Miérc. 29 Conferencia:

La canción gallega contemporánea Antonio Fernández-Cid. Soprano: Carmen Pérez Durías. Piano: Carmen Díez Martín

III Sesión de Música Vocal de concierto In memoriam (falecidos e cantados en anteriores) Tódol’os días (Cabanillas) Guridi As froliñas d’os toxos (Noriega) Toldrá O meu corazón che mando (Rosalía) Leoz Río (Eugenio Montes) Arámbarri A filla do rei (Cabanillas) Argenta Estreno mundial de ocho canciones gallegas (destinadas a Fernández-Cid Villancico (Anónimo s. XVI) J. Carol Cantar da lavandeira (Baldomero Isorna) Luís Mª Millet Sin niño (Rosalía) Isidro Máiztegui Tal com’as nubes (Rosalía) Ramón Barce Bailando a muiñeira (Pura Vázquez) José Buenagua As Pontes (Pura Vázquez) José Buenagua Cantiga prá festa de Lérez (Filgueira Valverde) José Buenagua Duos románticos (Mendelssohn (4), Schumann (3)// Brahms (7)

Jueves 30 T. Principal 7:30 tarde

Dirección: Paul Zurfluh Piano: Eric Bordes

Concierto coral Les Petits Chanteurs de Saint-Laurent de Paris. 1ª parte (Palestrina, Van Berchen, Févin, Bouzignac (2), Prieto (3), C. Franck) 2ª parte (O di Lasso, Passereau, Pagot, Langlais, Villars, Knipper, Périssas, Noyon).

Page 13: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Viernes 31 T. Malvar 11 noche

Festival de Coros y Danzas de la S. Femenina

1: Seis bailes dos grupos de Marín, Vilagarcía, Vigo, Cangas e Marín

2 Cinco bailes dos grupos de Marín, Vigo e Cangas.

1965 VI Festival de la Canción Gallega. Pontevedra 7

Conferencias-Concierto 10,12,13 julio

Palacio de la Diputación 8 tarde

Sábado 10

Conferenciante: Antonio Fernández Cid Soprano: Dolores Pérez Piano: Carmen Díez Martín Arias y canciones clásicas italianas I Peri, Monteverdi (2), Cavalli , Vivaldi (2) II Bellini (3) Donizetti (3)

Lunes 12

Arias y canciones clásicas italianas I Scarlatti (2), Sarti, Paisiello, Pergolessi (3) II Cherubini (2), Rossini (4)

Martes 13

La canción Gallega I A mi esposa -Balada gallega (J. Calvo Sotelo) Manuel López Varela Dos cantos gallegos (Rosalía de Castro) Roberto Caamaño A xusticia pol-a man Vamos bebendo Catro poemas galegos (Lorenzo Varela) Julián Bautista María Pita María Balteira A Ruy Xordo O Touro II A dona que eu amo (Bernal de Bonaval) A. Iglesias Vilarelle Cuatro canciones gallegas (Antón García Abril) Cando vos oyo tocar (Rosalía de Castro) Todo é silencio (Rosalía de Castro) Has de cantar, meniña gaiteira (Rosalía de Castro) Coita: Mariñeiros (Álvaro de las Casas) Canción da queimada (Baldomero Isorna) Manuel Parada

1966 VII Festival de la Canción Gallega.

SOPRANO: Dolores Pérez PIANISTA: Miguel Zanetti

12 de julio Jornada de estrenos

Palacio de la Diputación. Salón Noble CONFERENCIANTE Antonio Fernández Cid

7 Este ano o FCG queda incluído en el programa de Festivales de España que teñen outrop tipo de actos pero mantén a súa personalidade

Page 14: Música de concerto para 73 poemas en galego.

12 julio 8 de la tarde

Temas da fonte agachada (Fermín Bouza Brey) Frederico de Freitas Temas en corazón (Fermín Bouza Brey) Frederico de Freitas Amiga (José Mª Álvarez Blázquez) Frederico de Freitas Muiñeira (Luís Amado Carballo) Frederico de Freitas Canta, paxariño, canta (Faustino Rey Romero) Frederico de Freitas Cantiga do vento (Mª del Carmen Kruckemberg) Frederico de Freitas As sete ondas (Ramón Vidal) Frederico de Freitas Da noite ó día (Ramón Cabanillas) Frederico de Freitas Soledade (Emilio Álvarez Blázquez) Frederico de Freitas Cantiga da tecedeira (Ramón Cabanillas) Frederico de Freitas Cantiga (Álvaro de las Casas) (María Teresa Prieto) Canzón da noite do afiador (Augusto Casas) 8 María Teresa Prieto Instante (Ernesto Guerra da Cal) (José María Evangelista) Desespero (Ernesto Guerra da Cal) (Vicente Asencio) Cantiga antiga (Ernesto Guerra da Cal) (Matilde Salvador) En el camino (Valle Inclán) María del Carmen Santiago de Meras

1967 VIII Festival de la Canción Gallega.

SOPRANO: Dolores Cava PIANISTA: Ana María Gorostiaga

Palacio de la Diputación. Salón Noble 12

julio 8 de la tarde

Conferencia: Antonio Fernández- Cid

As froliñas dos toxos (Noriega Varela) Eduardo Toldrá Mariñeira (Baldomero Isorna) Sabino Ruiz Jalón Costureira (Baldomero Isorna) Sabino Ruiz Jalón Nosa Señora da Barca (García Lorca) Antonio Iglesias Vilarelle Cantigas gallegas (Valle Inclán) Juan Pich Santasusana Cantigas de vellas (Valle Inclán) Juan Pich Santasusana RONSEL GALEGO (Ben-Cho-Sey) Mariñeira (Ben-Cho-Sey) Manuel Parada Mulleres á eira! (Ben-Cho-Sey) Manuel Parada Canto de berce (Ben-Cho-Sey) Manuel Parada O amor (Ben-Cho-Sey) Manuel Parada O enterro da moza (Ben-Cho-Sey) Manuel Parada Festa (Ben-Cho-Sey) Manuel Parada

Nota do Programa: Todas las canciones están dedicadas por sus autores a Fernández Cid. Se brindan todas como estreno absoluto, a excepción de “Mariñeira” de Ruiz Jalón, que precede a su nueva obra; de “Nosa Señora da Barca”, homenaje a Iglesias Vilarelle, figura tan representativa en Pontevedra, y de “As froliñas dos toxos” de Toldrá, en conmemoración por el quinto aniversario de su muerte.

Observacións verbo das diferentes edicións do Festival

A primeira edición do Festival de Pontevedra, como se ve, foi a interpretación do conxunto de partituras que conseguira reunir Antonio Fernández-Cid e, polo tanto, unha nova presentación do contido dos dous discos (1951 e 1958): as novidades, son unha diferente soprano (en Pontevedra, Dolores Cava), as conferencias previas, e sobre todo os tres primeiros días (música galega popular, medieval e “romántica”). E, naturalmente, o público e o ambiente de festival. Só un poema aparece co título cambiado: A filla do Rey (Cabanillas) Ataúlfo Argenta (Sábado 9.7) no disco aparecía como O rei tiña unha filla.

A colaboración de Fernández-Cid parece moi importante neste festival. Non só debeu de colaborar con Filgueira coa súa rede de contactos: a presenza como conferenciante en tódalas edicións do Festival, e o feito de que algúns autores especifiquen que lle dedican a el as súas partituras, revelan que non é un colaborador ocasional. Ademais Fernández-Cid tamén lle dá certa presenza na prensa de Madrid e Barcelona coa súas crónicas, sempre eloxiosas.

8 Aínda que o programa di Augusto de las Casas, probablemente se refire a Augusto Mª Casas.

Page 15: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Tamén é moi significativo pola data que o Centro Gallego de Buenos Aires en 1960 colabore neste Festival. Neste caso na preceptiva edición dunha obra premiada o Tríptico gallego de Nadal “A capella” Groria de tres. Dádeme as pôlas. Ourives da seda do que é autor Cipriano Torre Enciso con partitura do vasco Rodrigo A. de Santiago faise consta-lo seguinte: Impreso a costa del Centro Gallego de Buenos Aires. Agosto MCMLX.

O Festival e a Romaría do San Benitiño de Lérez

O alcalde Filgueira tiña unha idea global das cousas: se o Festival traballaba un nivel musical elevado, el fixo que o Festival cadrase sempre coa máis coñecida romaría do concello, a do San Benitiño de Lérez (11 de xullo). E entrou nela querendo ennobrecela. Era nela onde se proclamaban os premiados e tamén a convocatoria do ano seguinte: iso implicaba unha certa influencia mesmo nos pontevedreses que non asistían ó Festival. Antonio Fernández-Cid descríbeo así nunha crónica en La Vanguardia (17.7.1965; p. 6)

El tradicional cantar del “San Benitiño de Lérez” se actualiza todos los onces de julio en la Romería que celebra la festividad del santo “milagreiro”. Si se tratase de una romería más, no valdría la pena de resaltar su condición. No es así. Para que no lo sea se aúnan, de una parte, las consignas oficiales que prohiben la motorización, el altavoz, el transistor y el micrófono, las orquestinas con voluntad de exotismo, cuanto no sea, en otras palabras, melodía “enxebre”, canción coral típica, música nacida en el pueblo, representativa de sus propios sentimientos; la obra base, claro, la brindan los millares y millares de asistentes con el respeto que guardan para estas consignas. Pueden así gustarse “muiñeiras”, pandeiradas, alalás, canciones de amor, de vendimia, de jolgorio tipicamente regionales. Y bailes que lo son. Y actuaciones de coros improvisados y de grupos de “gaiteiros” tales como el infantil “Os de Marín” que hacen verdaderas maravillas. El río Lérez, tan bello, se ve surcado por multitud de embarcaciones, que se deslizan suave, amorosamente. Sus márgenes se atestan de una clientela popular, familiar, en la que se hermanan todas las clases sociales de Pontevedra. Y queda explicada la gran lección del buen gusto, el orden y la armonía musical.

Teño oído testemuños do impresionante que era o ritual da xente subindo a Lérez en barcos, por veces engalanados, cos seus xantares; e daquela romaría musicalmente enxebre. Filgueira compuxo un poema Cantiga prá festa de Lérez ó que lle puxo música José Buenagua. Sermos máis nós é posible; é máis elegante; é satisfactorio.

Pontevedra conxuntaba unha verdadeira romaría musical de carácter popular pero sen deturpacións cunhas sesións vocais de música culta que só se encontraban nos concertos de Orquestras Filarmónicas y culturales. Esta é parte da orixinalidade.

Gratuidade dos concertos

Na mesma citada crónica Fernández-Cid salienta a gratuidade dos concertos como un dos acertos do Festival

Luego, en los conciertos que el Ayuntamiento sabe organizar para todos, las puertas abiertas en regimen de gratuidad, se desarrollan ciclos vocales de todos los tiempos. [...] Porque lo significativo y fundamental no es sino que año tras año se estrenan canciones gallegas contemporáneas, escritas por compositores de España de otros orígenes, que se han visto captados por el embrujo de nuestra lengua y que, a través de ella, se han inmerso en sus peculiaridades de paisaje, tipismo, costumbres y acentos. Canciones de concierto que sólo otra región española, Cataluña, puede brindar. Músicas dignas, de ambición, al margen de cualquier finalidad, de sensacionalismo, popularidad y, excusado afirmarlo, triunfo comercial.

Page 16: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Consecuencia desta gratuidade é que as crónicas xornalísticas da época testemuñan que o público abarrotaba o aforo dos lugares nos que se desenvolvía cada acto do Festival

Nivel musical do Festival de Pontevedra

Se reparamos en que o Festival de Benidorm naceu en 1959 e que o gañou a canción Un telegrama interpretada por Monna Bell e Juanito Segarra, e, no 1960, a canción Comunicando interpretada por Elvira Quintillá e Arturo Millán, entenderemos mellor, por contraste, cal era a aposta do Festival que en 1960 organizaba a Corporación Municipal de Pontevedra que presidía Filgueira.

Na paisaxe musical de España en 1960 o Festival de Pontevedra nacía cun dobre distintivo indisimulado: a lingua galega e, esta lingua, vinculada ás formas cultas da tradición e da composición musical. Este Festival ponse intencionadamente á marxe do carácter multitudinario e mercantilista deses outros festivais. Algúns poden considerar que esta opción é limitante pero a historia demostra que é a que ten garantías de perdurabilidade. A opción do alcalde Filgueira en 1960 é a mesma que, dez anos máis tarde, defenderá nas Cortes Españolas pedindo a inclusión do galego como lingua vehicular do ensino (Lei Villar Palasí de 1970). Este Filgueira, con vestimenta de alcalde, é, polo tanto, o mesmo restaurador - innovador que en 1923 contribuía á creación do Seminario de Estudos Galegos. Quero botar man, outra vez, da crónica de Fernández-Cid en La Vanguardia cando di que esta opción era a gran lección que o Concello de Pontevedra estaba dando a toda España:

El Festival de Pontevedra es como el antídoto de los que con uso y abuso flagrantes, vemos anunciado un día si y otro también. A la canción moderna, con vocalistas y “vocalistos” que parecen mudos de nacimiento si se apartan del micrófono, si se produce un corte de corriente, a la melodía frívola, con ritmos exóticos, letras de circunstancias, jurados, papeletas de votación y grandes, apasionadas reacciones, se le opone, simplemente una canción de concierto intemporal, con menos fuerza directa inmediata pero de cierto con más futuro en la historia de la música. Y esa es la gran lección de Pontevedra, fiel a su propia tradición: centrarse en ella, vivir sin prisas, buscar el arte por el arte. ¿Cabe un más bello propósito? Y, deliberadamente, no se analizan obras ni se dan nombres concretos apostillados.

Filgueira e Fernández-Cid

Este sumario repaso ó que foi o Festival de la Cancion Gallega de Pontevedra e a constante aparición de Fernández-Cid pode da-la impresión de que este Festival foi unha actividade realizada só por Fernández-Cid co patrocinio do alcalde Filgueira. E certamente a participación de Fernández-Cid é esencial e decisiva. El considerábao idea propia:

El proyecto había nacido en la idea personal [de quen escribe] y cobrado vida en Orense, con el patrocinio de Vicente Muñoz Calero, entonces gobernador, y para festejar, luego, la inauguración del Conservatorio dirigido por Antonio Iglesias. (Blanco y Negro 30.7.1966; páx. 99). La idea es de quien firma y en haberla tenido y en lograr su realización cifra el mayor de los orgullos y el más acusado motivo de júbilo de su vida profesional (ABC 16.7.1968).

Eses dous parágrafos están escritos un trala penúltima edición do Festival (1966); o outro no primeiro cabodano (1968) lembrando con morriña os anos anteriores.

Nos dous casos reserva unha parte de mérito a Filgueira. Desde 1960 es Pontevedra, por impulsos tan vehementes como sensibles, tan de verdad entusiastas como eficaces, de José Filgueira Valverde, alcalde de la ciudad, quien permite una subsistencia que alcanza ya varios años y de la que son exponente una serie de páginas, muchas de las [cuales] ya lograron

Page 17: Música de concerto para 73 poemas en galego.

la popularidad y difusión no sólo en España. El punto de partida, las treinta y cuatro canciones que se estrenaron en la ciudad de las Burgas, no ya se duplica, se ve triplicado (Blanco y Negro 30.7.1966; páx. 99). Pontevedra, la “boa vila”, se lo concedió [espaldarazo] en siete años inolvidables, a cerca de treinta sesiones que forjan la historia de su Festival. Las animó, con su contagiosa voluntad de servicio a las causas artísticas y culturales, José Filgueira Valverde, mientras rigió los destinos de la Corporación Municipal. Mientras fue alcalde, si, no faltó el patrocinio, el estímulo de este empeño de voz con más fuerza de penetración en los espíritus que de oropel exterior, con más verdad que pintoresquismo: yo diría que muy en consonancia con ese Museo encantador que él mismo dirige y alienta (ABC 16.7.1968).

Quero chama-la atención sobre un detalle menor pero significativo: Filgueira non incluíu nada específico sobre este Festival nos 616 artigos dos seus nove volumes do Adral. Máis aínda, nas dúas caixas do seu arquivo persoal dedicadas ó Festival, non hai copia dos artigos anteriores.

Por outra banda, na bibliografía preparada por María Jesús Fortes só conseguín localizar estas catro referencias:

1960 “Festival de la Canción Gallega. Pregón”. Boletín del Ayuntamiento de Pontevedra. 1960, I, p. 45. (Bibliografía 525).

1960 La Canción Gallega Medieval. Primeiro Festival da Canción Galega. Pontevedra. Teatro Principal (Caixa 326). (Bibliografía 2414).

1964 Os cantares de Maios. V Festival da Canción Galega. Paraninfo do Instituto, 22.7.1964 (Caixa 411). (Bibliografía 2481).

1964 El Maestro Pacheco. Programa de la Canción Gallega. Concello de Pontevedra. (Bibliografía 551).

Supoño que é no Arquivo do Concello de Pontevedra onde debe de estar toda a documentación oficial deste Festival pero eu non tiven tempo de consultala.

É obvio que a participación de Fernández-Cid no Festival é decisiva, se, como di no citado artigo de Blanco y Negro en 1966, tralo remate da penúltima edición:

Son sesenta y tres los autores de las obras interpretadas, que salvo en el caso de siete u ocho, se han compuesto estos años últimos: cincuenta y seis españoles, de ellos sólo dos gallegos, cuatro portugueses y tres argentinos. El número global de canciones alcanza la cifra de noventa y ocho 9. El de las dedicadas a mi persona, por otros tantos autores, el de cincuenta y seis. (Blanco y Negro 30.7.1966; páx. 99).

¿Como repartiron o traballo? A salvo do que poida aparecer no arquivo municipal de Pontevedra, eu supoño que Fernández-Cid debeu de leva-la relación de impulso persoal coa maior parte dos compositores e pronunciou, polo menos, sete conferencias.

Pero a min resúltame inverosímil que non ande a man de Filgueira en moitos detalles da infraestrutura do Festival, máis alá do Pregón inicial (1960) e das conferencias pronunciadas en 1960 (La canción gallega medieval) e en 1964 (Cantos de romería). Tivo que anda-la man del na participación dos Cantores do Instituto; na actuación da soprano pontevedresa Raimunda Lusquiños; na intervención como conferenciantes de Otero Pedrayo, Antonio Fraguas, Xosé María Álvarez Blázquez; en traer para recitar Uxío Novoneyra (dende Madrid), Luz Pozo Garza (dende Ribadeo) ou Pura Vázquez (dende Ourense); en que o público asistente tivese sempre nunha elegante edición os textos dos poemas que se cantaban e que así puidesen entra-los poemas en moitas casas; e tamén na fórmula de conferencia con ilustración musical, que Filgueira viña

9 Se a esas lles sumámo-las nove novas que se estrearon na derradeira edición do ano seguinte (1967), sumarían 107. E

descontando as 34 utilizadas dos dous discos previos ó Festival, teriamos que a anada do Festival de Pontevedra é de 73 poemas galegos con música.

Page 18: Música de concerto para 73 poemas en galego.

usando dende había case vinte anos por toda España cos Cantores del Instituto 10; e, naturalmente, no esforzo de incardina-lo Festival na vida social de Pontevedra, con atención especial á transformación da Romaría do San Benitiño de Lérez nunha festa con carácter e de interese turístico. Todas esas cousas levan o estilo del. Supoño tamén que tería moito que ver na inclusión dun poema de García Lorca entre os textos musicados 11 e era bo poder asistir ó diálogo entre os dous verbo deste tema.

Dende logo, sendo grande a cultura musical de Fernández-Cid, a do alcalde Filgueira, certamente extraescolar, non era menor e viña de lonxe: probablemente naceu na súa asistencia xa dende os trece anos á tertulia de Losada Diéguez e Iglesias Vilarelle, na que se escoitaban (coa calidade da época) os Cinco Rusos (Balákirev, Cuí, Músorgski, Rimski-Kórsakov e Borodín), aqueles compositores de San Petersburgo que romperon coa tradición de facer música de estilo occidental e empezaron a compoñer música culta sobre temas tradicionais rusos. Na mesma tertulia de Losada Diéguez, na que tamén estaban Castelao e Sánchez Cantón, disque naceu a Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra (fundada en 1925) que dirixiu Blanco Porto e Filgueira presentou o primeiro concerto. Non é un dato carente de significación.

Filgueira, que tamén coñeceu a tertulia de Perfecto Feijoo (na que naceron os Coros Tradicionais Galegos, un pouco seguindo o estilo dos novos Coros Rusos), foi membro activo dende os 17 anos da tertulia de Casto Sampedro e sería Filgueira quen, trala guerra civil, acabase poñendo orde nas innumerables fichas de D. Casto e de Said Armesto e compoñendo o que hoxe coñecemos como Cancioneiro de Casto Sampedro 12. Foi el o principal valedor na Fundación Barrié para a edición dos Cancioneiros de Bal y Gay e do de Schubarth-Santamarina.

Filgueira tiña o hábito de escoitar música tódolos días ó remata-la tertulia familiar despois do xantar e antes de inicia-lo seu traballo vespertino.

Filgueira foi, como director do Instituto, o impulsor do Coro Cantores del Instituto (e trala división en Masculino e Feminino de los Institutos) que percorreu varios países e que algúns anos participou neste Festival. Filgueira, un dos nosos primeiros medievalistas, que fixo a tese sobre unha das Cantigas de Afonso X, sabía moi ben do que falaba. Lembremos ademais que, cando se creou en 1958 Música en Compostela preocúpase con Sánchez Cantón de que nese Curso se institúa unha sesión denominada Concierto a la luz de los candelabros, na que os alumnos becados asistentes a ese curso (máis de cen de vinte nacionalidades actualmente) ofrecen ó público de Pontevedra un programa musical como parte do traballo que fixeron nas aulas de Compostela. Estes concertos seguen vivos.

Que Filgueira foi decisivo na existencia deste festival vese na proba irrefutable de que, cando dimitiu como alcalde, despois do Festival de 1967, o Festival morreu. Filgueira, polo tanto, non era un simple patrocinador do Festival de Pontevedra senón, con toda probabilidade, o impulsor decisivo. Así o expresaba xa en 1960 o compositor vasco Rodrigo Alfredo de Santiago (1907-1985). Iso si, coma sempre, Filgueira dábase maña para escolle-los colaboradores máis eficaces e, neste caso, o mellor e máis eficaz era Antonio Fernández-Cid de Temes.

Reciprocamente, Antonio Fernández-Cid de Temes merece unha anotación tamén significativa: ademais de musicólogo, disque era militar con graduación de teniente- 10 De Filgueira debeu de ser tamén a idea de incluír no Festival a intervención dun Coro semellante ó do seu Instituto:

Les Petits Chanteurs de Saint-Laurent de Paris (30.7.1964) 11 Hai unha curiosa coincidencia: ese “Nosa Señora da Barca” dos Seis poemas galegos de Lorca, tamén foi o título dun

dos seis Poemas de mar in modo antico de Filgueira de 1941. 12 Cancionero musical de Galicia. Colección de la Sociedad Arqueológica de Pontevedra reunida por Don Casto

Sampedro y Folgar. Reconstitución, introducción y notas bibliográficas por José Filgueira Valverde. Madrid: Diputaciones de las cuatro provincias del Antiguo Reino de Galicia, Museo de Pontevedra. 1942; 2 vols. Tivo en 1982 reed. facsímil (La Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa); e nova edición no 2007 (Cancionero musical de Galicia reunido por Casto Sampedro y Folgar; estudios críticos de Luís Costa, Xavier Groba, José Carlos Valle y Carlos Villanueva; coordinación Carlos Villanueva. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de l a Maza).

Page 19: Música de concerto para 73 poemas en galego.

coronel. Este militar, que busca compositores que en plena ditadura poñan música a textos poéticos galegos, lembra algún outro militar que cultivou o galego durante o franquismo, como o comandante Vicente Llópiz Mendez (1896-1965) que entregou en 1954 un monumental Refranero Gallego (aínda inédito) e que en 1936 estaba publicando en Madrid un Diccionario Castellano-Gallego; e, sobre todo, lembra o xeneral Juan Beceiro Amado (1903-1990) que traduciu ó galego o Quixote, a Odisea, o Lazarillo e o Hamlet, traducións manuscritas inéditas que hoxe están depositadas no arquivo da Real Academia Galega por decisión doseu fillo. Dúas cousas máis: sendo Fernández-Cid un militar, podería ter algunha importancia o feito de que participe en Pontevedra Ernesto Halffter que vivía en Portugal, no que algúns teñen considerado un medio exilio. E iso está na liña da inclusión do poema de García Lorca: sería interesante coñecer como Fernández-Cid e Filgueira chegaron a esta decisión pero, en calquera caso, o adolescente da tertulia de Losada Diéguez mantivo o espírito daquela tertulia toda a vida.

Final (¿temporal?) do Festival de Pontevedra

Cando en 1967 Filgueira renunciou a seguir sendo alcalde, o Festival morreu. Filgueira, que sempre asumía persoalmente os erros de xestión e descargaba nos colaboradores todos o mérito dos acertos, debeu de pensar moitas veces en que o Festival morría porque el non dera convencido os seus compañeiros de Corporación da necesidade daquel Festival. É dicir, traballaba en relativa soidade: esa é a verdade.

Pero mirando o mesmo asunto polo revés, percíbese claramente que a aposta de Filgueira podía ser minoritaria nos anos sesenta pero era inequivocamente galeguizadora. ¿Que fallara? ¿Era a lingua galega unha pexa ou eran as formas cultas da tradición e da composición musical?

Non parece que o problema fose a lingua: de feito antes dun ano, en marzo de 1968, nacerían no mundo universitario compostelán Voces ceibes: un formato musical extremadamente minimalista que, vehiculando textos nesa mesma lingua, convertíaos en asunto multitudinario da mocidade universitaria. Certo que son parcialmente outros textos e que é outra a función que os universitarios do 68 lles atribúen. Parecía, logo, que o problema non era a lingua senón o xénero musical. Pero é tamén certo que unha lingua que ten dificultades para vehicular con éxito niveis formalizados de linguaxe musical, ten un problema.

Tampouco parece que o problema se clarifique polo éxito comercial dos festivais da canción chamada ligera que dispoñen (dispoñían, xa daquela) de moitos medios, de moita propaganda e eran escenario de grandes e soterradas batallas comerciais. Se ben se mira, o obxectivo do Festival de Pontevedra era outro: crear un repertorio de cancións galegas de concerto, como teñen tódalas grandes linguas do mundo europeo. ¿Procedemento? Artistas case todos foráneos déronno-la súa visión de Galicia partindo de versos galegos ricos de inspiración e sentimento. A súa única remuneración era a estrea e, eventualmente, un modesto premio en metálico. Na presentación ó público a fórmula era esta: un conferenciante, unha soprano e unha pianista.

¿Valoración? Como se ve nos cadros anteriores, as diferentes edicións tiveron un formato definido pero o desenvolvemento foi irregular, seguramente por mor da desigualdade dos recursos de que o Concello puido dispoñer en cada caso. Pero os números finais do Festival de Pontevedra son relevantes: case trinta sesións; e setenta e tres novas cancións compostas polos mellores músicos de España, Portugal e algún País americano. Da participación non española destaca a portuguesa con sete compositores e 18 partituras, das que 11 son da autoría de Frederico de Freitas (1 en 1962 sobre poema de Emilio Álvarez; e 10, en 1966, sobre poemas de Bouza Brey (2) Ramón Cabanillas (2), Emilio Álvarez Blázquez, José Mª Álvarez Blázquez, Luís Amado Carballo, Mª del Carmen Kruckemberg, Faustino Rey Romero e Ramón Vidal).

Page 20: Música de concerto para 73 poemas en galego.

Este é un patrimonio novo. E ese patrimonio cultural novo debémosllo ó efémero pero fructífero Festival de la Canción Gallega de Pontevedra.

Ese patrimonio cultural novo espera recuperación, difusión e continuidade. Téñense feito traballos parciais pero está case todo por facer, porque moitas partituras aínda esperan a primeira gravación. Pero este é mal moi noso, porque, máis alá deste Festival, non sabemos onde xacen moitas partituras importantes (por exemplo, as de Baldomir ou as de Chané) e, sobre todo, porque boa parte da sociedade galega ignora que algo tan transcendente como a aparición da polifonía está ligada á catedral de Compostela, ou que Melchor López (1759-1822), mestre de capela desa mesma catedral, é un magnífico indicador de que o nivel das nosas catedrais era comparable ós mellores de Europa. Margarita Viso, a estudosa de Marcial Del Adalid, dío doutro xeito plástico: A xente coñece a Rosalía, pero a Marcial del Adalid, que sería o seu equivalente na música, non. E, como xa dicían os sabios da Idade media, ninguén ama o que non sabe que existe.

Pero, cando un hoxe repasa a nómina de compositores galegos de música culta sobre texto galego, cando sabemos que xa hai unha Asociación Galega de Compositores, ou que no mundo da interpretación hai tamén unha Federación Galega de Bandas de nivel internacional, non se pode dicir que o efímero Festival de Pontevedra fose un fracaso. Aínda que moitos só coñezan hoxe músicos galegos vivos e coñecidos fóra de Galicia e fóra de España como Joam Trillo, Roxelio Groba, Juan Durán, López Calo, Margarita Viso, Carlos Villanueva, Laura Alonso ou Maximino Zumalave (por citar algúns ámbitos diferentes), aínda que moitos nunca escoitasen unha sinfónica galega, Galicia ten hoxe un vizoso movemento musical. E, se fixésemos un repaso da produción de música culta con texto galego composta con posterioridade a 1967, veriamos que o Festival de Pontevedra non foi un impulso inútil. Foi ventureiro e exemplar, maiormente porque hoxe os compositores xa non viven das catedrais nin do teatro lírico pero seguen compoñendo e seguen tendo público.

Os galegos seguimos pecando, en moitos sectores, de falta de visibilidade. Filgueira Valverde tíñao claro. E o certo é que, cando nos facemos visibles con xeito, o mundo acóllenos ben.

O labor que fixo o Concello de Pontevedra nos anos sesenta foi farturento. ¿Non debía recuperalo hoxe a FEGAMP, en honor á memoria do alcalde Filgueira?