CONCERTO - fundacionvicenterisco.com

2
Sábado, 3 de marzo, ás 21 horas na Fundación Vicente Risco CONCERTO • ENTRADA LIBRE ATÉ LÍMITE DE AFORO •

Transcript of CONCERTO - fundacionvicenterisco.com

Page 1: CONCERTO - fundacionvicenterisco.com

Sábado, 3 de marzo, ás 21 horasna Fundación Vicente Risco

C O N C E R T O

• ENTRADA LIBRE ATÉ LÍMITE DE AFORO •

Page 2: CONCERTO - fundacionvicenterisco.com

Ad Heyra Liti é un dúo formado por Erea Carbajales (violín) e Aser Rodríguez (guitar-ra) o seu estilo é neo folk con influencias de músicas islande-sas, australianas e celtas.

Ademais de cancións propias, fan versións de The Bothy Band, Luar na Lubre, Kan entre outros, tocan-do tamén estilos como o gypsy jazz e músicas tradicionais de centro Europa, sempre dándolles un carácter actual.

Xa tocaron por todo Galicia en diferentes salas, festivais e museos, como o Centro Cultura Marcos Valcár-cel ou o Museo Etnolóxico de Ribadavía no Día Internacional da Música. Ademais en 2017 fixeron tres concertos seguidos en Bacelona, na Sala Sinestesia e nos centros cívicos Can Verdaguer e Torre Llobeta.

Este proxecto ten a posibilidade de engadir a colaboración en forma de danza de Andrea Jiménez, natural de Barcelona, con estudios profesionais de flamenco e danza contemporánea. Con ela destapan e mestur-an as raíces norteñas e sureñas.

COLABORACIÓNAndrea Jiménez é bailarina profesional de danza española e flamenco. Graduase no Institut do Teatre de Barcelona en 2011, dende entón traballa en varias compañías de danza e proxectos a nivel nacional, establecendo colaboracións con artistas e músicos nacionais e internacionais.

Formou parte do Coro de Castañuelas de Barcelona durante cinco anos, levando a cabo o seu faceta como concertista.

Actualmente é artista freelance e docente en diferentes centros de danza, mentres intercala os seus estudos en coreografía no Conservatorio Superior de danza.

Erea Carbajales traballou como profesora de violín en varias academias de música de Ourense como “Bieito Blanco” ou “Kontrapun-to”. Nestes momentos estuda no Conservatorio Superior de Música de Vigo as especialidades de etnomusicoloxía, musicoloxía histórica e último ano de violín. Tamén colabora como violinista na Orquesta Clásica de Vigo e a Orquesta 430 de Vigo.

Erea ten unha investigación sobre a evolu-ción da música nos videoxogos que está presentando en diferentes conferencias e colabo-ra na páxina web sonoragamers.com onde analiza as bandas sonoras dos videoxogos. Ademáis ten un programa de radio, para a plataforma Ivox, chamado “Anónimo IV” no que trata temas de musicoloxía.

Aser Rodríguez traballa como profesor de guitarra en dúas academias de Ourense; “Kon-trapunto” e “La Casa da Música” de Fernando Calvo (Los Suaves). Con varias titulaciones e cursos en guitarra eléctrica, musicoterapia, grabación/producción e interculturalidade musi-cal, neste momento está terminando o grado profesional de guitarra clásica.

Aser fixo a banda sonora para o documental “Por amor al arte”, acaba de poñerlle música ás imaxes cedidas ao consorcio de turismo da Ribeira Sacra polo programa de Jesús Calleja de Cuatro TV e impartió recientemente en Ourense e A Coruña varios cursos de producción musicla. Ademais colabora na páxina web musical bandalismo.net con reportaxes de festivais como o Resurrection Fest.

FICHA ARTÍSTICA