Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con...

16

Transcript of Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con...

Page 1: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.
Page 2: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

6

11

12

14

15

15

5

10

11

13

14

15

15

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consejo de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

José Manuel Ulla

Juan Antonio Jiménez

Ana Novo

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Page 3: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

3 ARTIGO

Persoas usuarias do centro de recursos de Fingoi aprenderon a xogar a boccia e slalom, dúas actividades deportivas adaptadas a persoas con grande discapacidade física

As clases foron impartidas por un responsable da Federación

Catalá de Deportes de Persoas con Discapacidade Física que

estivo de visita no centro de COGAMI en Lugo

O pasado 15 de abril o responsable de promoción da Federació

Catalana d´Esports de persones amb Discapacitat Física

(FCEDF), Diego Lozano Carro, estivo de visita nas instalacións

do centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas

con Discapacidade (COGAMI) ten en Lugo (rúa da Luz, nº4,

polígono de Fingoi).

O paso polo centro foi para compartir experiencias sobre

deportes adaptados con 15 persoas usuarias da Aula

Ocupacional de Novas Tecnoloxías para persoas con grande

discapacidade e dous usuarios máis. Lozano ofreceu unha

xornada de deporte adaptado de boccia e slalom, dúas

actividades deportivas que son aptas para que poidan practicar

persoas con grande discapacidade física.

A primeira actividade que practicaron foi a boccia, que consiste en

lanzar seis bolas co fin de que queden o máis cerca posible dunha

bola branca. É posible utilizar un cano ou apoiarse nun asistente para

efectuar os lanzamentos.

A seguinte actividade deportiva foi o slalom, na que tiveron que

superar obstáculos nun circuíto delimitado con aros, participando

nunha cadeira de rodas, servindo tanto manual como a motor.

Aproveitando a visita ao centro do responsable da entidade FCEDF,

tamén puido facer un percorrido polas novas instalacións que acollen

servizos de formación e emprego, de información e asesoramento

sobre calquera cuestión relacionada coa discapacidade, ademais

conta cunha aula de educación de adultos e outra ocupacional de

novas tecnoloxías dirixida a persoas con grande discapacidade física,

formada por trinta usuarios e dende ela sae a publicación

mensualmente na que se publica a Moemia Virtual.

Actualmente, o centro de recursos de Fingoi que ten COGAMI está

pendente das autorizacións administrativas para iniciar nos

próximos meses o funcionamento dun centro de día para persoas

con discapacidadeAna Mª Varela

Page 4: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

4 ARTÍCULO

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Secretaría Xeral de Política Social e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

Mozos galegos viaxaron a Romanía para analizar o empregonas persoas con discapacidade

A viaxe, que duró 8 días, forma parte do proxecto europeo Xuventude en Acción, no que COGAMI participa a través do proxecto Include Us!

O pasado 7 abril, un grupo formado por catro mozos menores de 25 anos, acompañados por unha profesional da área de Proxectos de COGAMI, Catuxa Pereira, viaxaron cara Romanía para participar no proxecto Include Us! que está enmarcado dentro do programa europeo Xuventude en Acción.

A viaxe comprendeu a convivencia nun albergue xuvenil da rexión de Transilvania na que 40 mozas e mozos procedentes de Armenia, Croacia, España, Estonia, Hungría, Italia, Romanía e Ucraína reflexionaron durante 8 días sobre a situación das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión en relación á súa inserción laboral no marco da Comunidade Europea.

Dende COGAMI foron 4 mozos, dous deles procedentes da Federación de Xordos (FAXPEGA) e outros dous apuntados no Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, e que prepararon durante dous meses as súas intervencións sobre o emprego xuvenil en España.

Aproveitando que houbo representantes de diferentes países e, co fin de coñecer algo máis da cultura de cada un deles, cada grupo tivo que levar algúns exemplos de música, gastronomía e xogos populares dos seus países de orixe para compartir co resto. O grupo galego levou licor café, torta de Santiago, queixo e embutidos galegos ademais de vídeos con imaxes de Galicia.

Esta convivencia intercultural sirve para coñecer as distintas culturas dos países membro da Unión Europea dende o punto de vista da mocidade con discapacidade e/ou en risco de exclusión.

COGAMI inicia en Lugo un curso de condutorno que se van formar doce persoas con discapacidade

O curso impártese na autoescola Europa coa que COGAMI ten un convenio de colaboración.

O pasado 14 de abril, nas aulas da Autoescola Europa (Doctor Fleming, nº8, baixo) se iniciou un curso de Condutor D+CAP que organiza a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e na que se van formar 12 persoas con discapacidade, 11 homes e 1 muller, procedentes dos concellos de Lugo, Sarria, Monforte e Guitiriz.

O curso, que ten unha duración de 130 horas teóricas e 10 de prácticas en autobús, está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

De luns a venres, en horario de 16:30 a 22:30 horas, o alumnado terá que acudir a clases sobre condución racional no transporte de viaxeiros, regulamentación do transporte de viaxeiros e organización do mercado e seguridade do servizo de transporte de viaxeiros.

Todas as persoas que forman parte deste curso son usuarias do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI. Proceden doutras profesións e decidiron apuntarse ao curso porque o ven como unha oportunidade de novas posibilidades laborais.

Manuel Paz

Nieves Gayoso

Page 5: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

5 NOTICIEIRO

Pablo Cusí é un valenciano que aos catro anos lle diagnosticaron unha distrofia muscular de Duchenne, unha enfermidade hereditaria, que se manifesta só en homes, as mulleres son transmisoras. Afecta a un de cada 35.000 nenos nacidos (uns 20.000 casos novos cada ano). No caso concreto de Pablo teno paralizado todo o corpo menos a cabeza e un dedo.

A pesar do dito a súa mente é prodixiosa, o bacharelato con matrícula rematouno cun ano de adianto, tiña que ir a clases cunha persoa que o asistía; realizou catro anos de universidade, licenciándose en ADEcon premio extraordinario. Realizou un ciclo de económicas de dous anos en soamente un; entrou como bolseiro na firma Garrigues, un importante bufete de ámbito internacional.Ten dúas carreiras con premio extraordinario; na actualidade participa en catro empresas. Detesta que lle teñan compaixón, ten como lema o esforzo e o sacrificio.

O seu último reto é xogar ao póker, fai equipo co seu irmán Javier que é o encargado de executar as xogadas que o dita. Foron a sorpresa no último “Estrellas Póker Tour de Barcelona”. Este torneo disputouse en novembro batendo o récord de participantes en Europa (uns 1800 representantes de todo o mundo), conseguindo un meritorio sexto posto despois de permanecer 36 horas xogando. A súa filosofía vital é encarar e superar retos.

Pablo dispón de nacemento dunha mente e un espírito privilexiados, pero non se conforma con iso; sabe que os debe adestrar día a día. Cusí afirma traballar por obxectivos, por retos, que se pon, sempre se enfronta a obxectivos complicados pero realistas; despreza o conformismo e é militante da cultura do esforzo e da disciplina. Di ser dependente no físico pero non noutros aspectos, como o económico ou a toma de decisións, afirma ser o que é grazas á súa familia.

O xogador de póker especial

Antonio Fernández

Pablo Cusi

A xustiza non é cegaGrabiel Pérez, licenciado en Dereito, leva oito meses e medio esperando que se resolva a súa situación ante a posibilidade de poder exercer como xuíz, se aproba as oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

Gabriel, sacou un 7,9 de media na carreira de Dereito, e agora fai un máster. Nunca houbo un xuíz cego en España, e el quere estar seguro de poder exercer si aproba as oposicións.

En febreiro do 2013, unha vez obtida a licenciatura, falou cun profesor da súa confianza, este recomendoulle estudar xudicatura Gabiel acudiu á Audiencia Provincial de Valladolid na busca dun maxistrado para que exercese de preparador como fan o resto dos opositores. O maxistrado afirmou facelo con moito gusto pero recomendoulle consultar co Consello Xeral do Poder Xudicial para que lle asegurarán que no caso de aprobala oposición podería exercer con normalidade como xuíz. En España non existe normativa para a regulación destes casos. No que se refire o resto de Europa só existe normativa neste sentido no Reino Unido, Alemania e Holanda.

Ana C. Piñeiro

Page 6: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

6 NOTICIEIRO

Estímase que o sector da discapacidade supón unha cotano mercado tecnolóxico de 5,8 billóns de eurosNo mundo, o colectivo de persoas con discapacidade alcanza os 1.000 millóns de persoas, o que supón un

mercado potencial de 8 billóns de dólares (uns 5,8 billóns de euros) para o sector tecnolóxico. Estes datos

despréndense do estudo, "A accesibilidade no mundo crecente da telefonía móbil. Un potencial de mil

millóns de persoas", presentado por Telefónica.

Dos mil millóns de persoas, 360 millóns teñen discapacidade auditiva; 285 millóns visual; 194 millóns falta

de aprendizaxe e cognitivas; 13 millóns física e 148 millóns con outras discapacidades como, a depresión,

alcoholismo e distintos tipos de demencias.

A suma das catro primeiras categorías é de 852 millóns (o 12% da

poboación mundial), en ocasións a telefonía móbil estalles

restrinxido, a este colectivo, por falta de accesibilidade.

O británico Chris Lewis, autor do informe e analista do sector das

telecomunicacións, subliñou, que estes mil millóns teñen

necesidade de consumir tecnoloxía e aplicacións de última

xeración, polo tanto, é un bo mercado para este sector. Converter

ao colectivo de discapacidade en dixital incrementaría a inserción

laboral, rebaixaría as cargas ao estado e polo tanto supoñería o

crecemento da economía.

Segundo Lewis, as aplicacións xa existentes aínda que aínda non están adaptadas axeitadamente á era dixital, son unha boa

oportunidade para que as persoas con discapacidade amplíen a súa mobilidade. Por outra parte, a potencia dos smartphones, os

novos sistemas operativos, o desenvolvemento de aplicacións e a conectividade, fan que os servizos funcionen en tempo real a través

de Internet e poden achegar grande independencia aos usuarios.

Lewis analizou este estudo, baseándose en datos da Organización Mundial da Saúde, e ao mesmo tempo contou coa súa experiencia

como persoa con discapacidade visual. Para a situación destas persoas a maioría dos servizos ofertados non están dispoñibles, por

falta de sensibilidade ao tacto, desenvolvemento motora, capacidade cognitiva, audición ou visión, ao mesmo tempo indica que moitas

destas persoas ignoran as posibilidades que ofrecen as TIC.

O estudo dos dispositivos estándar beneficiaría ao 85% restante da poboación mundial. Canto máis accesibles sexan as aplicacións,

contido e páxinas web, será máis doada a súa utilización polo que sería necesario instaurar un deseño universal que poidan utilizar

todos, independentemente da idade e características físicas e intelectuais. José M Ulla

Page 7: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

7 NOTICIEIRO

Campañas de publicidade accesible para persoas con discapacidade

Para reclamar o dereito á información, o Comité Español de

Representantes de Persoas con Discapacidade piden as

compañías do Ibex que fagan accesibles as súas campañas

audivisuaís.

O CERMI solicita as empresas os seus criterios de accesibilidade

e recorda a accesibilidade universal para tódolos canais e a

eliminación de barreiras. Demanda as empresas máis importantes

do sector no noso país a inclusión dos subtítulos nosos canais de

televisión ó mesmo tempo os vídeos corporativos deben cumprir

esta condición.

Tratase de que as persoas con discapacidade benefíciense do dereito á información que está sendo vulnerado.

O CERMI sinala que un 10% da poboación mundial, maís as súas familias son un sector susceptible para calquera empresa como

grupo de interés, no referente a consumidores, accionistas, traballadores e proveedores

.

Exclúese a maís de 4 millóns de persoas non é unha política empresarial reponsable, sin incurrir en conductas discriminatorias.

Esta petición supón un pequeno esforzo que proporcionará un gran beneficio para moitas persoas.

Juan García

Manuel Paz

A discapacidade tense que incluír na axenda europea

O EDF(Foro Europeo de Persoas con Discapacidade), que representa a 80 millóns

de persoas ou o que é o mesmo ao 16% da poboación con discapacidade e as

súas familias, presentou un manifesto ante as próximas eleccións ao Parlamento

Europeo que celebrarán o próximo 25 de maio. No citado manifesto reclámase aos

partidos que a discapacidade forme parte dunha vez por todas da parte relevante da

axenda política europea.

O texto solicita ás autoridades as autoridades Europeas que involucren a este

colectivo nos procesos, toma de decisións e deseño, aprobación, aplicación e

avaliación das medidas políticas e lexislativas que supoñan tanto un impacto

indirecto como directo nas vidas destas persoas.

O Foro Europeo de Persoa con Discapacidade, solicita aos candidatos ao Parlamento Europeo un compromiso firme co fin de

impulsar os cambios necesarios para asegurar que os cidadáns europeos con discapacidade poidan gozar plenamente dos seus

dereitos civís, políticos, económicos e culturais.

Page 8: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

8 NOTICIEIRO

Luis A. García

Todos os concellos deben ter un 5% de taxis accesibles no 2017

Nova axencia de viaxes: Norte sen Barreiras

Naceu unha nova axencia de viaxes Norte Sin Barreras na que se

combina o Turismo accesible e o Turismo Inclusivo, coa finalidade de

que as persoas con mobilidade reducida poidan exercer o seu dereito a

viaxar.

O proxecto desta axencia de Viaxes Sin Barreras

(www.nortesinbarreras.com), está dirixido polos seus creadores dous

mozos emprendedores Igor Iradier e Fernando de Barón, que cren que o

dereito de viaxar ha de ser un dereito universal, é dicir, corresponderá a

todas as persoas e estas han de poder gozar dos lugares que vaian

coñecer.

Esta axencia ten como prioridade ofrecer viaxes adaptadas a persoas

con discapacidade co fin de que vivan experiencias e anécdotas que os

fagan únicos e diferentes xa que, non só é necesario que se poida visitar

unha cidade senón que é necesario descubrila e gozar dela.

As Rutas de Norte sen Barreiras, apóianse no lema "Slow Travel” (viaxar

sen présa) e están pensadas para que os amantes das viaxes poidan

gozar de rutas polo norte de España nas que se empaparán das

costumes, tradicións e xentes auténticas, e nas que non será un acicate

calquera tipo de limitación na mobilidade.Nieves Gayoso

A vixente normativa sinala que no

2017 todo os municipios con

devandito servizo terán que

garantir un 5% do total do parque

para taxis accesibles, é dicir

vehículos que poidan transportar a

persoas de mobilidade reducida,

incluída as que utilizan cadeiras de

rodas.

As corporacións locais, deben velar polo cumprimento da normativa sinalada anteriormente, intensificando as súas actuacións para

conseguir un transporte accesible, reservando e otorgando as licenzas de taxis accesibles, de nova creación ou reconvertindo

tradicionais, necesarias para cumprir coa devandita normativa en 2017 ou antes.

Os CERMIS autonómicos velarán polo cumprimento en devandito prazo dos concellos obrigados, esixindo que se tomen os

mecanismos necesarios para que dita normativa sexa real, efectiva e conforme a legalidade.

Antes do 2017 todas as las

localidades que dispoñan de

servizo de taxi deben contar na

súa frota cun 5% de vehículos

accesibles recordou o CERMI

(Comité Español de

Representantes de Persoas con

Discapacidade) a través da FEMP

(Federación Española de

Municipios e Provincias).

Page 9: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

9 NOTICIEIRO

José Alfonso García Escribano, director de Technosite, compañía do grupo de empresas

da ONCE e a súa Fundación especializada en tecnoloxías accesibles, e o director de la

Caixa, Benjamí Puigdevall, presentaron recentemente xunto co coordinador desta

iniciativa, Manuel Ortega, o proxecto APSIS4all.

O proxecto europeo, APSI4all, naceu co obxectivo de superar as barreiras que por falta

de accesibilidade se encontran tanto o colectivo de persoas maiores, con discapacidade

ou simplemente persoas pouco familiarizadas coas novas tecnoloxías e as dificultades

que a estes se lles presentan á hora de enfrontarse con dispositivos de uso público como

son os caixeiros automáticos.

Esta nova solución, está dispoñible xa en preto de 1.300 caixeiros automáticos de la

Caixa, nos que se ofrecen diferentes formas de interacción adaptadas a distintos perfís,

como un avatar que se expresa en lingua de signos, ou un lector de pantalla que le as

diferentes operativas mostradas, opcións que poden ser de especial utilidade para

persoas con Discapacidade auditiva e persoas con discapacidade visual.

Accesibilidade nos caixeiros automáticos

Ramón Veiga

Anna Vives, deseñadora tipográfica con síndrome de Down

e traballadora de Fundación Itinerarium publicou o seu

primeiro libro “Si crees en mí, te sorprenderé” (Planeta).

Para este libro contou coa colaboración de Francesc

Miralles e na presentación deste acompañouna Vicente del

Bosque.

Anna a terceira dun parto de trixemelgos (só ela naceu coa

síndrome), narra a súa historia de superación dende as

dificultades no colexio hasta alcanzar, entre un dos seus

éxitos, o podio de Moto GP en compañía de Jorge

Lorenzo, lograr un terceiro premio ao 'Catalán del Año' ou

deseñar unha tipografía co seu nome que luciron nas súas

camisetas Messi e Iniesta (o seu futbolista preferido).

Vicente del Bosque destacou os valores de Anna como o

do esforzo, a ilusión, o traballo en equipo, a amizade, ao

mesmo tempo dixo sentirse identificado co seu libro e

emocionado co seu tremendo amor e humanismo.

O editor da editorial, David Figueras relata que "Si crees en

mi, te sorprenderé" trata de sonos de limitacións de

problemas, de solucións, capacidades traballo en equipo,

de integración, de que ninguén é máis que ninguén e de

que propoñéndoo todo é posible. A ONCE publicará unha

versión en audio para as persoas con discapacidade

visual.

Primeiro libro de Anna Vives, deseñadora con síndrome de Down

José Manuel Ulla

José L. Vázquez

Page 10: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

10 NOTICIEIRO

José Manuel Ulla

Unha das primeiras causas da orixe de discapacidades adquiridas, son os accidentes de

tráfico. Por este motivo a Confederación Española de Representantes de Persoas con

Discapacidade (CERMI), realizou unha petición para formar parte do Consello Superior de

Tráfico, Seguridade Vial e Mobilidade Sostible, dado o interese das persoas con

discapacidade e as súas familias na prevención da sinestralidade e atención ás vítimas

dos accidentes de circulación. Así o recolle a lei 6/2014, do sete de abril.

A presidencia do Consello corresponde ao Ministro do Interior e nel están representados a

Administración do Estado, as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla, as

administracións locais, así como as fundacións, as asociacións de vítimas, o sector social

da discapacidade, as asociacións de prevención de accidentes de tráfico e de fomento da

seguridade vial e os centros de investigación e organizacións profesionais, económicas e

sociais, máis representativas directamente relacionadas co tráfico, a seguridade vial e a

mobilidade sostible.

No texto desta reforma recóllese que o Consello Superior de Tráfico, Seguridade Vial e

Mobilidade Sostible é un órgano de consulta e participación co fin de impulsar e mellorar a

seguridade vial e promover a concertación destas con administracións públicas e

entidades que desenvolven actividades relacionadas coa seguridade vial, sen prexuízo

das competencias dos órganos das Comunidades Autónomas que teñan transferidas

competencias executivas en materia de seguridade vial.Carlos Vázquez

Presenza do sector da discapacidade no Consello Superior de Tráfico

A sanidade móbil ten un gran potencial, xa que

proporcionará aos cidadáns os medios necesarios

para xestionar a súa propia saúde, mellorará a

calidade da asistencia sanitaria e axudará aos

profesionais da saúde. Así pois, a busca de solucións

de sanidade móbil pode contribuír ao

desenvolvemento duns sistemas sanitarios

modernos, eficientes e sostibles, impulsando unha

sanidade centrada en previr en vez de curar.

As vinte aplicacións gratuítas máis populares de

deporte, mantemento físico e saúde rexistran xa 231

millóns de descargas a nivel mundial. No 2017

estímase que 3.400 millóns de persoas terán un

teléfono intelixente, utilizando en polo menos a

metade destes dispositivos aplicacións sanitarias. Se

se despregase todo o potencial da sanidade móbil,

poderíanse recortar os gastos sanitarios da UE de

aquí a 2017 en 99.000 millóns de euros.

Francisco Gullón

Asistencia médica a través de móbilesA saúde móbil abrangue a práctica médica e sanitaria pública apoiada por dispositivos móbiles, como son os teléfonos intelixentes, as

tabletas e outros dispositivos inalámbricos, tamén se inclúen as aplicacións de benestar e estilo de vida conectada a produtos

sanitarios e sensores.

Page 11: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

11 DEPORTES

O seu nome é Kevin Grow e converteuse nun icono, todo grazas a un vídeo no que sae anotando catro triplos, o que lle permitiu "fichar" polos Sixers e converterse así no primeiro NBA con síndrome de Down. E agora son os Globertrotters os que requiren os seus servizos.

Kevin naceu hai 18 anos con Síndrome de Down e pasou de ser un estudante de instituto en Bensalem, unha pequena localidade de Pennsylvania, a converterse en toda unha estrela do deporte mundial. A súa paixón sempre foi o baloncesto e a súa vida ía cambiar en apenas un mes. Un amor que lle levou a ser o adestrador axudante no instituto da súa cidade, aínda que nunca xogaba os partidos. O pasado 8 de febreiro o adestrador do equipo, John Mullin, decidía agradecer os seus servizos e regaloulle a oportunidade de saltar á cancha. O resultado, 14 puntos en apenas dous minutos e medio con catro triplos de cinco intentos. A xesta quedou gravada nun vídeo que deu a volta ao mundo e converteuno nun novo ídolo.

En 24 horas converteuse nun fenómeno que pasou do banco dun pequeno instituto á NBA, grazas aos Philadelphia 76ers, que renderon o seu particular homenaxe á nova estrela estatal, Kevin Grow, cuxo nome se situou á altura dos de Lebron James ou Kobe Bryant.

Os Sixers cumpriron con toda a normativa e mesmo fixeron que Grow asinase un contrato de dous días para formalizar a súa fichaxe. Dúas xornadas nas que tivo a oportunidade de adestrar co equipo e sentirse parte dun partido NBA no choque que enfrontou á franquicia de Philly cos Cavaliers. Kevin baixou ao vestiario, ocupou a súa taquilla, enfundouse a súa camiseta co número 33, saíu á cancha, fixo a roda de quecemento co equipo e foi presentado como un máis dos Sixers. Parecía que o seu sono se fixera realidade e que agora tocaba espertar. Nada máis lonxe da realidade xa que cinco días despois foron os Harlem Globetrotters os que pecharon a súa fichaxe.

O primeiro NBA con síndrome de Down, chámase Kevin Grow, e ficha polos Globertrotters

Miguel Regueiro

No que se refire á final masculina o conxunto español enfrontouse a Suíza, un duro rival, o cal se impuxo nos seus respectivos encontros previos con bastante comodidade. Os números dous de cada equipo disputaron o primeiro individual, Roberto Chamizo, que nun partido con certos altibaixos tivo en todo momento oportunidades de dar a volta ao marcador, posto que durante todo o partido o suízo, Raphael Gremion, foi por diante. Os xogos foron caendo do lado do xogador suízo, debido a que Roberto Chamizo cometeu máis erros que o seu rival en momentos claves, e malia a igualdade no xogo o resultado final e a vitoria se decantaron do lado do suízo por 7-5/6-4.

O segundo individual Daniel Caverzachi enfrontábase ao veterano Pellegrina, neste encontro Caverzani mostrou o seu bo nivel de xogo e impúxose por un dobre 6-3, desbordando o seu rival cun xogo agresivo e con moi poucos erros.

A Selección Española Mapfre en cadeira de rodas, chegaba ao dobres definitivo, onde a parella composta polo n.º-1 español Daniel Caverzaschi e Alvaro Illobre impoñíanse por 6-3/6-0 á parella suíza nun gran partido, onde apenas tiveron fisuras e, en todo momento, marcaron o ritmo do partido.

Este resultado permite a España acceder de novo ao grupo mundial que se celebrará en Holanda no mes de maio.

A selección española feminina asegurouse a permanencia no Grupo Mundial tras rematar en sétima posición, pero viuse obrigada a renunciar á súa praza este ano. Si estará o equipo júnior que rematou Subcampión do Mundo en 2013 cos galegos Martín De La Puente Riobó e Félix García Pérez.

España disputará o mundial de tenis encadeira de rodas

José M. Ramil

Page 12: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

12 CARTELEIRA

Argumento: Grace Kelly é unha grande estrela de cine cunha brillante carreira cando se casa co

Príncipe Rainiero de Mónaco en 1956.

Seis anos máis tarde, mentres o seu matrimonio está a pasar por serias dificultades, Alfred Hitchcock ofrécelle a oportunidade de volver a Hollywood para facer o papel de Marnie na súa próxima película.

Ao mesmo tempo Francia ameaza con anexionarse Mónaco. Grace, desolada, vese obrigada a elixir entre a chama creativa que aínda arde dentro dela e o seu papel como Su Alteza Serenísima, a Princesa de Mónaco.

Ficha Técnica

Director: Director: Olivier Daham

Reparto: Nicole Kidman, Parker Posey, Milo Ventimiglia, Tim Roth, Paz Vega, Derek Jacobi, Frank Langella, Nicholas Farrell, Roger Ashton-Griffiths, Jeanne Balibar, André Penvern

Argumento: Maléfica é unha bela moza cun corazón puro e unhas asombrosas ás negras. Crece nun ámbito idílico, un apracible reino no bosque, ata que un día un exército de invasores humanos ameaza a harmonía do país.

Maléfica eríxese na temible protectora do seu reino, pero ao final é obxecto dunha desapiadada traizón que endurecerá o seu corazón ata o converter en pedra.

Ficha TécnicaDirector: Robert Stromberg

Reparto: Angelina Jolie, Sharlto Copley, Elle Fanning, Sam Riley, Imelda Staunton, Miranda Richardson, Juno Temple, Lesley Manville

Luis Fernández

Alejandro Carballeira

AO FILO DO MAÑÁ

MALÉFICA

GRACE DE MÓNACO

A historia desenvólvese nun futuro próximo no que unha raza alienígena tipo colmea, chamada Mimics, chegou á Terra realizando continuas agresións, reducindo a escombros grandes cidades e deixando millóns de vítimas humanas ao seu paso. Ningún exército do mundo pode facer fronte á velocidade, brutalidade ou clarividencia dos militarizados combatentes Mimic ou dos seus telepáticos comandantes. Pero agora os exércitos do mundo uniron as súas forzas para realizar unha ofensiva de longo alcance contra as hordas alienígenas, sen que haxa unha segunda oportunidade.

O Tenente Coronel Bill Cage é un oficial que nunca viu un día de combate cando é degradado sen cerimonia ningunha e despois asignado, sen adestramento e sen un bo equipamento, ao que equivale a pouco máis que unha misión suicida. Cage morre nuns minutos, conseguindo levarse un Alpha con el. Pero, de xeito incrible, esperta ao comezo do mesmo día e vese obrigado a combater e morrer de novo... unha e outra vez. O contacto físico directo co alienígena fíxoo entrar nun bucle temporal, condenándoo a vivir o mesmo e brutal combate unha e outra vez. Pero cada vez Cage faise máis forte, intelixente e capacitado. Mentres Cage e Rita loitan contra os alienígenas, cada unha das batallas repetidas convértese nunha oportunidade para encontrar a clave para aniquilar os alienígenas e salvar a Terra.

Ficha TécnicaDirector: Doug Liman

Reparto: Tom Cruise, Emily Blunt, Bill Paxton, Charlotte Riley, Kick Gurry, Masayoshi Haneda

Arturo Fojón

Page 13: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

13 CARTELEIRA

Argumento: Despois de que Albert se bote atrás nun duelo de pistolas, a súa veleidosa

noiva déixao por outro.

Non tarda en aparecer unha muller a cabalo, tan bela como misteriosa, que lle axudará a encontrar o valor.

Cando empezan a namorarse, chega o marido, un coñecido foraxido, decidido a vingarse. O ovellero non terá máis remedio que poñer a proba a súa recén encontrada coraxe.

Argumento: Sol e Dani quedaron para a súa primeira cita. Pero a súa conversación non é a

habitual.

Meses atrás, os sonos de Sol, unha fermosa e sensible rapaza de vinte e un anos, quebráronse traxicamente, aínda que descubriu que o amor era para ela unha necesidade e emprendeu a busca dunha alma xemelga con quen compartir todo o tempo que fora posible.

Non obstante, Dani esconde un segredo que pode esnaquizar as ilusións de Sol. Poderán un puñado de bicos cambiar as súas vidas para sempre?.

Ficha Técnica

Director: Director: David Menkes

Reparto: Ana De Armas, Martiño Rivas, Marina Salas, Megan Montaner, Joel Bosqued, Jan Cornet, Andrea Duro, Mario Pardo, Alejandra Onieva

Ficha TécnicaDirector: Seth Macfarlane

Reparto: Set Macfarlene, Charlize Theron, Amanda Seyfried, Liam Neeson, Giovanni Ribisi

Argumento: Forzado a abandonar o seu rancho e a súa terra, Red Bovie decide coller o

coche e viaxar ata México en busca de aventura e diversión xunto ao seu neto Gally, ao que acaba de coñecer. Gally é un vinteañeiro perdido e zorregado polo presente que se escapou de Nova York en busca das súas raíces.

Avó e neto, dous perfectos descoñecidos, comezan unha viaxe polos seus respectivos sonos (os cumprimentos, os esquecidos, os aínda desexados) cunha febril parada na noite mexicana onde coñecen a Patty, unha stripper que encontra neles a esperanza dunha vida mellor. Na súa viaxe cruzaranse personaxes escuros que fará que as súas vidas tomen un novo rumbo.

Unha aventura a golpe de estrada e tequila. Unha historia sobre a virtude de sobrevivir e o dereito de cada persoa a elixir o seu propio fin,

UHNA NOITE NO VELLO MÉXICO

MIL MANEIRAS DE MORDER O PO

POR UN PUÑADO DE BICOS

Fran Solana

Luis Fernández

Ficha TécnicaDirector: Emilio Aragón

Reparto: Robert Duvall, Jeremy Irvine, Angie Cepeda, Luis Tosar, Joaquín Cosio, Javier Gutierréz

Alejandro Carballeira

Page 14: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

14 RINCÓN LITERARIO

Fai dúas semanas finou o primeiro presidente da democracia

Adolfo Suárez. Teño as miñas discrepencias sobre esa idea

extendida de que toda a Transición se fixo de arriba a

abaixo, ya que creo que houbo moito mar de fondo sen que

os de arriba non tomarían as iniciativas que tomaron.

Os derradeiros anos do franquismo foron contestatarios,

empezando polo 68 español e galego que nos deixou

auténticos feitos históricos como o recital de Raimon en

Madrid ou en Compostela, ou a expulsión dun decano na

Facultade de Ciencias. Con todo, creo que Suárez foi a

mellor opción para dar paso á democracia e así o verificou o

propio pobo nas primeiras eleccións.

Por outra parte, considero que quen se foi é para sempre

unha figura emblemática da política española e mesmo da

política universal porque foi capaz de sentarse coa súa

propia antítese para facer un país a medida de todos. Non

sei se o obxectivo fica conseguido, probablemente estea

aínda engaiolado entre Penélopes que veñen e van pero o

feito de ter guiado esta empresa con intregidade e man

tentida converte a Suárez nun político histórico que

constituye un auténtico exemplo para un tempo eivado en

políticos de altura moral.

A figura de Suárez ensínanos que todos podemos cambiar, non como o camaleón que describía Vicente Araguas, senón de verdade,

crendo de corazón que a democracia é o mellor dos sistemas políticos. Suaréz sempre creu no que facía e soubo devolverlle ao pobo

a liberdade surcando un mar de polos opostos preparados para a contenda. A man de Suárez soubo construir pouco a pouco a

reconciliación dando paso a unha democracia que callou definitivamente coa victoria socialista.

Suárez ensinounos a facer un país falando e contrapoñendo as visións máis opostas ata chegar a un punto de encontro.

Curiosamente, isto é o que hoxe en día son incapaces de facer os políticos en activo, se cadra máis preocupado por manter o seu

estatus. O diálogo é fundamental en tempos adversos e é o único que nos pode levar a porto seguro. Tamén nos demostrou o

presidente Suárez que en política non existen os imprescindibles; por iso, o seu último exemplo foi retirarse mantendo íntegros os

seus valores morais.

Hoxe, máis que nunca, bótanse de memos homes e mulleres como Suárez en política. Nun momento que non existe a máis mínima

empatía do poder co pobo. Suárez tívoa e acabou por devolverlle o tesouro máis prezado: a liberdade, unha liberdade que hoxe temos

que defender dos políticos que nos desgobernan. Quizais non aprenderon do seu antecesor cal é o poder imprescindible para un bo

político: o poder do diálogo.

Adolfo Suárez: O poder do diálogo

Iago SantallaEx-usuario Aula de NN.TT. COGAMI CRD- Fingoi ( Lugo)

Page 15: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

15 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

Se ti non estas

comigo, sinto que

o meu corazón se

encontra valeiro e

perdido no

labirinto do amor.

Ese labirinto non

podo resolvelo sen

a súa axuda, porque

seguirei namorado dela

ata que a

morte nos separe.

Enrique Sanmartín

O Labirinto do amor

Page 16: Moemia galego 136- D - COGAMI abril galego 136.pdf · oposicións. El é unha persoa con discapacidade visual. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aplazou tomar unha decisión.

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE