MIRADOIRO DA RÍA - cntgaliza.orgcntgaliza.org/files/MiradoiroDaRia.pdf · ciosa e iluminada nave,...

52
MIRADOIRO DA RÍA CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ

Transcript of MIRADOIRO DA RÍA - cntgaliza.orgcntgaliza.org/files/MiradoiroDaRia.pdf · ciosa e iluminada nave,...

MIR

AD

OIR

OD

A R

ÍAC

AR

LO

S P

ER

EIR

A M

AR

TÍN

EZ

�Edita: Carlos Pereira Martínez

�Deseño e maquetación: nn

�Imprime: Tórculo

�A Coruña, decembro de 2001

�DL:

�Edición non venal. Agasallo do autor

Edición para a web: CNT - A Coruña, novembro 2009

MIRADOIRO DA RÍAArtigos en El Metropolitano e

El Entorno Metropolitano

1999-2001

CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ

Páx

ina

4

Dicíame este verán o ilustrado escritor Xosé Agrelo,referíndose a Anxo Senra, que quedara na memoria dosnoieses que este chegara a ser ¡alcalde da Coruña! A ad-miración que percibín nas súas palabras fíxome compren-der o que isto representaba nesa vila que coñecín da mando desaparecido amigo Ramón Blanco Rey –co quecompartín o amor ao teatro en Vilaboa, no grupo“Maiolongo”- e na cal, paradoxas da vida, sei agora queresidiron, en tempos baixomedievais, devanceiros meus.

As biografías de Anxo Senra Fernández e Manuel RomeroCastro gardan certas semellanzas. Nacidos en terras deNoia (1860 e 1943 respectivamente), cun século de dife-rencia apousentáronse nos territorios da Ría do Burgo.Senra, orfo aos nove anos, botarase aos camiños comoaprendiz de zapateiro. Recalará no Burgo xa mozo, ins-talando aquí o seu primeiro obradoiro independente. Ca-sará coa fermosa panadeira Xoana Eiroa Blanco, nacendotamén a parroquia a súa filla primoxénita María Con-suelo. Logo de instalar outro taller no Portádego, chegaráá Coruña. Gracias á súa vontade e perseveranza, ergueráa máis importante fábrica de calzado de España na súaépoca, preto da actual estación do ferrocarril, inaugura-da en 1923. “Calzados Senra”, na que traballaban pretode 300 operarios que producían 1000 pares de zapatosdiarios, foi unha industria modélica. Ademais da espa-ciosa e iluminada nave, Senra construiu vivendas paraos obreiros, comedores, escolas... O seu calzado vendíase

1

DOUS NOIESES NA RÍA DO BURGO:ANXO SENRA E MANUEL ROMERO

DO

US

NO

IESE

S N

A R

ÍA D

O B

UR

GO

:A

NX

O S

EN

RA

E M

AN

UE

L R

OM

ER

O

nos máis afamados establecementos de España, así comoen Arxentina ou Cuba. Republicano e demócrata, foiconcelleiro en 1899-1903 e 1º tenente de alcalde en 1922.O 14 de abril de 1931, coa problamación da República,ocuparía o cargo de gobernador civil interino, sendoelixido o 17 de abril, por aclamación, o primeiro alcaldeda II República na Coruña. Foi tamén vocal, e dende 1924vicepresidente 1º, da “Cámara de Comercio”, presidenteda sociedade “Seguros Mutuos de Incendios”, copropie-tario do “Atlantic Hotel” e destacado membro do “RotaryClub”. Non esqueceu, sen embargo, as súas humildesorixes, e a modestia, a honradez e a afabilidade caracte-rizaron a súa personalidade.

Manuel Romero quedou orfo tamén a idade moi temperá.Logo de tristes estadías en varios orfanatos, casa e emi-gra a Londres, onde traballará na hostelería. A afeccióná pintura levarao a deixalo todo, en plena madurez, paraestudiar arte. Farán primeiro estudios preuniversitariosen Artes, logo a licenciatura na “Kingston Polytechnic”(na que sería, co tempo, profesor) e posteriormente omáster en Belas Artes no prestixioso “Royal College ofArts”.

Fundará a “Blasón Gallery”, será director artístico da afa-mada “Bruton St. Gallery”, creador dos encontrosinternacionais “Fleur” de estudiantes universitarios deArtes, comisario de importantísimas exposicións en Lon-dres, medalla de ouro das embaixadas hispanoamerica-nas en Londres polo seu papel a prol da arte e da cultura.As súas exposicións individuais puideron admirarse enParís, Tokio, Chicago ou Londres. No cumio do seu éxitovense para A Coruña, onde reside, e instala o seu estudiono Temple, na beira da Ría do Burgo. En tan relevanteartista destacan, sen embargo, a súa humildade e agra-dable trato, cualidades pouco frecuentes no mundo devaidade da arte.

Senra, Romero, dúas extraordinarias traxectorias. Partindo

Páx

ina

6

MU

LL

ER

ES

DE

CU

LL

ER

ED

O:

AM

PAR

O L

ÓP

EZ

JEA

Nda escala máis baixa da sociedade, estes noieses acadaron,co seu esforzo, chegar ao máis alto nas súas respectivasprofesións. E os dous, por casualidades do destino,vencelláronse con esta Ría, algo que debemos celebrar.

[El Metropolitano, nº 10, outubro de 1999]

2

MULLERES DE CULLEREDO:AMPARO LÓPEZ JEAN

Hai algún tempo que decidín, como historiador, prestarlleunha especial atención ao período da Segunda Repúbli-ca. E tentar, na medida das miñas posibilidades, rescatarda desmemoria a homes e mulleres sepultados nos abis-mos de catro décadas de dictadura. A Segunda Repúbli-ca, a pesares dalgúns erros, representou un avance ex-traordinario en todos os ámbitos: ensino, cultura, dereitosdos traballadores, reforma agraria... Non sei se o sabenpero, por exemplo, foi na época republicana cando asmulleres, por primeira vez na historia de España,puideron exercer o seu voto. Foi o froito de decenios dereivindicación e loita das mulleres: unha destas, naturalde Culleredo, foi Rita Amparo López Jean.

Naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885. Erafilla de Adela Jean Toca, mestra nesa localidade, e do seusegundo marido, o exconcelleiro cullerdense SabinoMaría López. Debido á profesión da nai, logo se trasla-darían á Coruña.

Foron Amparo, e Isabel Martínez Morás, das primeirasmulleres que cursaron o bacharelato na Coruña. Estudiou

tamén canto e piano co músico coruñés José Baldomir,actuando en festivais benéficos. Fixo estudios de pinturaco profesor, e excelente pintor e gravador, Máximo Ra-mos, tendo como condiscípulo, entre outros, a Abelenda.

Estudiou para mestra, exercendo, coa súa nai, na escola daEstación, na Coruña.

Pertenceu á Irmandade da Fala coruñesa e militou no Parti-do Galeguista, no que ingresaría o 6 de maio de 1935,colaborando economicamente nas campañas. Foiprimeiro secretaria e, a partir de 1934, presidenta daAgrupación Republicana Femenina da Coruña, grupoque desenvolveu un importantísimo labor a prol damuller.

Casou co xornalista e político republicano César AlvajarDiéguez, co que tivo cinco fillos: Amparo, María Teresa,Ana María e Francisco Javier; o outro, Agustín, faleceu aidade moi temperá.

Acompañou ao seu home, César, a Soria, cando este ocupouo cargo de gobernador civil a principios de 1936, despoisdo triunfo da Fronte Popular. Durante a Guerra Civil foisecretaria xeral, en Barcelona, do Grupo de MulleresGaleguistas, e vocal do Comité Executivo do PartidoGaleguista, que presidía Ramón Suárez Picallo, colabo-rando nos comités de axuda aos soldados galegos na frontede batalla, e ocupándose de grupos de nenos, mesmo logode iniciar o seu exilio en Francia.

Faleceu no exilio francés, en Montauban, o 12 de outubrode 1942, sendo soterrada, nun primeiro momento, moipreto da tumba de Manuel Azaña. Máis tarde, por ini-ciativa da súa filla Amparo, e polas xestións de Francis-co Javier, o seu fillo, os seus restos trasladáronse a París,para repousaren xunto cos de César Alvalar, no cemiterioparisino de Bagueu.

Os seus fillos sufrirían tamén a dureza do exilio: Amparo,

Páx

ina

8

falecida recentemente en Portugal, estivo casada co es-critor Arturo Cuadrado e foi colaboradora de CasaresQuiroga, formando parte dos Servicios Secretos de In-formación do Ministerio de Gobernación, exiliándoseprimeiro na Arxentina e residindo máis tarde en París enoutros lugares de Europa, como Suíza, onde traballouna representación de Nacións Unidas. Traductora,prologuista e dramaturga, escribiu, en colaboración conA. Caballero, obras como El balcón de los Lester ou Amaday tú.

María Teresa foi detida, con só 16 anos, acusada de pertencerao S.I.M. (Servicio de Investigación Militar) republica-no; reside na actualidade en Madrid.

Ana María sufriu tamén o exilio. Reside en Madrid. Publicouen Ediciós do Castro un libro de poemas, Vivencias.

Francisco Javier, logo de numerosas peripecias durante aGuerra Civil e na primeira posguerra, na que estivo pre-so, exiliouse en Francia, sendo delegado do Consello deGaliza en Europa e secretario do Ministerio de Informa-ción, Propaganda e Arquivos do goberno republicano noexilio; ao seu regreso, lago da morte do dictador Franco,sería elixido alcalde de Carral polo PSdeG-PSOE en 1983.Foi un destacado membro da masonería. Faleceu haipoucos anos.

[El Metropolitano, 11, novembro de 1999]

3

RAMÓN MASEDA REINANTE

Ramón Maseda Reinante naceu en Ribadeo o 29 de abril de1880. Casado con Esperanza García Iglesias, vivía en

RA

N M

ASE

DA

RE

INA

NT

E

Campo de Marte, 22, na Coruña.

Fora oficial de Oficinas Militares, estando, no tempo da IIRepública, retirado.

Ecoloxista do momento, foi directivo, ocupando o cargo debibliotecario, da sociedade excursionista «Los Amantesdel Campo», que percorría moitos lugares da provincia,visitando tanto monumentos como explotacións agríco-las, etc., léndose en moitas ocasións traballos de materiaagropecuaria da autoría de Rof Carballo e outros inves-tigadores. En varias ocasións «Los Amantes del Campo»,presididos polo coronel, veterano da guerra de Cuba,Manuel Insua, visitaron diversos lugares de Culleredo,entre eles a propia finca que Maseda posuía na Corveira(Rutis), dedicada á apicultura e ás árbores frutais. Nestaherdade construiría Ramón Maseda unha casa, na quepasaba as fins de semana e o período estival, mantendomoitos contactos coas forzas progresistas cullerdenses.

Foi tamén directivo provincial da «Liga de los Derechos delHombre», da cal formaban parte destacados persoeirosrepublicanos coruñeses; sería secretario, por exemplo, en1936, compartindo directiva con outras persoasvencelladas a Culleredo (César Alvajar Diéguez, de UniónRepublicana, o presidente, casado coa cullerdense Am-paro López Jean, Jesús Mejuto Vázquez, dirixente deUnión Republicana, que fora mestre en Celas e Sésamo,e Gumersindo Pereira Nouche, membro de IzquierdaRepublicana, o empresario do Teatro Rosalía e outros ci-nes, que tiña casa na Acea de Ama (na cal falecera, en1926, Alejandro Pérez Lugín).

En 1934 Maseda presidirá a histórica sociedade cultural«Antorcha Galaica del Librepensamiento». Volverá faceloen 1936, con Jesús Mejuto de secretario. Tamén foi sociode «Germinal», sociedade cultural de inspiración anar-quista.

Páx

ina

10

En 1935 foi elixido presidente da Agrupación Socialista daCoruña. Como tal, participaría na reorganización do par-tido, logo da represión posterior á Revolución de Asturiasde outubro de 1934. Como tal presidente, formou partedo Comité da Fronte Popular, participando como oradoren numerosos actos públicos, tanto na campaña daseleccións xerais de febreiro de 1936 como na do plebisci-to do Estatuto de Autonomía de Galiza de xuño desemesmo ano. Foi así mesmo un dos compromisarioselixidos, na provincia da Coruña, para a elección de Pre-sidente da República, logo da destitución de Niceto AlcaláZamora; elección na que resultaría designado ManuelAzaña.

Maseda foi un grande loitador social. Foi promotor do queresultou o Campo de Marte actual e un importante nú-cleo de vivendas populares ao seu arredor. Toda aquelazona, na que vivía o propio Maseda, estaba habitada porxentes de extracción popular. Impulsou tamén a coope-rativa «Ciudad Satélite», igualmente de vivendas paraobreiros, pero non se chegou a construír.

A sublevación fascista de xullo de 1936 colleuno pasando overán na Corveira. Como nos conta Luís Lamela, a poucode térense noticias da sublevación, un autobús da Em-presa Ferreño partiría das inmediacións da Casa do Pobode Vilaboa (instalada na rectoral), en dirección á Coru-ña. Viaxaban no vehículo cinco pasaxeiros; entre eles,Eladio Freire, dirixente comunista de Vilaboa e RamónMaseda Reinante. Horas máis tarde, regresaría o auto-bús, ao mesmo lugar, cos dous políticos mencionados,ademais de Joaquín Rey Blanco e José Muíños. Un veciñopróximo ao lugar, logo do triunfo da rebelión militar fran-quista, presentaríase ás novas autoridades militares de-nunciando que naquela noite, e naquela viaxe, os reseña-dos descargaran do vehículo diversos fusís e escopetas,que introduciran na sede sindical daquela localidade.Nada se chegaría a probar. Finalmente a denuncia, se-

Páxina 11

gundo as conclusións do xuíz instructor, foi consideradafalsa. Detrás de todo quizais se agachasen os intereses dodenunciante, o tristemente célebre falanxista ManuelGarcía Debén, contra o transportista e a súa empresa:

«Como el denunciante dice en su declaración que explotauna linea de automóviles en el mismo trayecto que los últimoscitados, su declaración hay que ponerla en entredicho, a pesardel buen efecto que produjo al Juzgado; pero sin un testigomás que avalara estas manifestaciones pareció al que suscribepoca prueba para acordar el procesamiento de los mismos».

Maseda formaría parte do Comité de Defensa da Repúbli-ca, co gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, JoséGarcía (Xuventudes Socialistas Unificadas), José More-no Torres, secretario da Confederación Rexional Galaicada C.N.T., Francisco Mazariegos Martínez (da U.X.T.coruñesa), Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da cidade emembro de Unión Republicana, Eladio Muíños Paz, daConfederación Nacional do Traballo (C.N.T.), JacintoMéndez Esporín, da Federación Anarquista Ibérica(F.A.I.), Manuel Fernández Fernández, do Partido Sin-dicalista, Nicolás Torres, do Partido Comunista, PlácidoRamón Castro, dirixente do Partido Galeguista, ManuelGuzmán García, de Izquierda Republicana e Luis Vidal,das xuventudes de I.R. Tentan primeiro controlar a si-tuación, pero acabarán sendo detidos polas forzas suble-vadas, logo do ataque ao edificio gobernativo, o 20 dexullo de 1936.

Maseda ingresa, despois de pasar polo Cuartel de Infante-ría de Atocha, na Prisión Provincial coruñesa en réximede incomunicado, que perduraría ata o 1 de agosto, noque pasou a disposición do Delegado de Orde Público, otenente coronel da Garda Civil Florentino González

Páx

ina

12

Vallés.

Foi fusilado o día 31 de agosto de 1936.

Recentemente, no Campo de Marte da Coruña colocouseunha placa conmemorativa.

[El Metropolitano, nº 12, decembro de 1999]

4

JESÚS MEJUTO VÁZQUEZ, UN MESTRE

Naceu na Coruña en 1888. Era fillo do industrial de orixemelidense Roberto Meiuto Sánchez e de FranciscaVázquez Amado, natural de Betanzos. Compuñan o res-to da familia, que saibamos, os seus irmáns María, Anto-nio, José, Roberto, Manuel, Carlos e Obdulia.

Mestre de profesión, chegou a Culleredo en 1921, deixandoa praza que tiña en Carral para ocupar a de Celas; unano despois, instalaríase na escola do Casal, en Sésamo.

Na súa estadía nesta escola destacou polas súas calidadespedagóxicas, deseñando mobiliario para a escola, parti-cipando no Congreso Pedagóxico celebrado na Coruñaen 1926, sendo, en varias ocasións, presidente ou directi-vo da sociedade «Pro-Cultura» de Celas de Peiro, quecontribuíra a fundar, encargándose da Biblioteca Circu-lante de Sésamo e amosando as súas conviccións demo-cráticas cando se enfrontou, con outros mestres, ao ex-alcalde primorriverista, o médico Augusto Seijas Santiso,promotor da “Unión Patriótica”.

A comezos de 1931 pide a excedencia, abandonando Sésa-mo. Pouco despois, en 1932, é nomeado director do xornal

JESÚ

S M

EJU

TO

ZQ

UE

Z,

UN

ME

STR

E

«El Noroeste», neste momento órgano do «Partido Repu-blicano Radical-Socialista», no que militaba. Probable-mente polas súas relacións con Culleredo fúndase enxaneiro de 1932 a «Alianza de Labradores de Culleredo»,-relacionada co PRR-S-, na que participan, entre outros,estreitos colaboradores de Jesús, como Manuel FariñaCampelo ou o mestre de Celas Enrique Iglesias, e unhapropia sección local do Partido Radical Socialista, da quepouco sabemos.

En 1933 encontrámolo como mestre da escola do Asilo mu-nicipal da Coruña. Membro da «Agrupación a la TerceraRepública», realiza neste período un activo traballo napolítica local e provincial, sendo candidato independentea deputado nas eleccións de 1933, formando parte despoisdo «Partido Republicano Radical-Demócrata», un dos quedaría lugar ao nacemento de «Unión Republicana» (pre-sididos ambos os dous por Diego Martínez Barrio, presi-dente das Cortes, do Consello de Ministros, e da Repú-blica -xa no exilio, onde faleceu en 1962- os restos do calveñen de soterrarse en Sevilla o pasado día 16 de xaneiro),da que chegaría a ser un dos máximos dirixentes galegos.Nestas datas, 1935, colabora coa revista compostelá«S.E.R. Semanario Gallego de Izquierdas», que dirixía ogaleguista Ramón Suárez Picallo. Foi tamén directivoprovincial da «Liga de los Derechos del Hombre” (conoutros destacados republicanos coruñeses, como CésarAlvajar ou Ramón Maseda), da veterana sociedadecoruñesa “Antorcha Galaica del Librepensamiento» e dosindicato de mestres na “Asociación de Trabajadores dela Enseñanza” (ATE), afecto á FETE-UGT, da que taménera directivo o xa citado mestre de Celas Enrique Igle-sias.

Membro da masonería, adoptou como nome simbólico o deVoluntad. Foi secretario da loxa coruñesa «Pensamiento yAcción nº 11, á que pertencían destacados persoeiroscoruñeses como José Miñones, César Alvajar, Domingo

Páx

ina

14

Quiroga, José García Ramos, Arturo Taracido ou Salva-dor Etcheverría.

Iniciada a sublevación militar de xullo de 1936, Mejutodiríxese ao seu domicilio, sito na rúa coruñesa de SantoAndrés. Alí, a porteira avísao de que o foran buscar osfalanxistas, aconsellándolle que marchase, pero elmanifestoulle que tiña que subir para recoller uns papeis(pénsase que eran os que podían comprometer aoscompañeiros masóns). Acóchase posteriormente na casade Baldomir -casado cunha das súas irmás-, na zona daPasaxe-Fonteculler; tamén a este lugar se achegan osfalanxistas. Consigue esquivalos fuxindo cara A Corveira,na zona que se coñece popularmente como Monte deFerrín, lugar onde posuía unha residencia o seu cuñado,o monárquico Pedro Antonio Lage Lodos -home dunhairmá da muller de Mejuto-; casa atendida neses momen-tos por uns caseiros. Mentres, o seu fillo Fernando ama-ña a fuxida por mar, falando co capitán dun barco ao queentregan practicamente todo o diñeiro que tiñan. Algúninvestigador afirma que se lle concedeu pasaporte ensetembro de 1936.

Mejuto abandona Galiza e chega a Cuba, pero ao poucotempo regresa a Europa, instalándose en Francia. Coaocupación nazi do país veciño, e a instauración do réximecolaboracionista de Vichy, os republicanos españois foronconfinados en campos de concentración, en durísimascondicións. Mejuto, ante esta perspectiva, tomou a deci-sión de regresar; prefería, de morrer, facelo na súa terra enon en Francia. Atravesa a pé os Pirineos, no medio debombardeos, e chega a Girona. Desde alí puido poñerseen contacto coa familia, índoo buscar, nun camión depeixe, o seu xenro José Ibarrola -casado coa súa filla Am-paro, falecida o pasado ano, e propietario dun pazo enMontrove-. Sen contratempos salientables conseguenchegar á Coruña, e nesta cidade permanecerá Mejuto,acochado -como tantos outros “topos»- sete anos, sen que

Páxina 15

nin sequera os seus netos soubesen da súa presencia. Tanlongo período de clausura provocoulle problemas de cir-culación sanguínea, polo que houbo que amputarlle unhaperna.

[El Metropolitano, nº 13, febreiro de 2000]

5

DÚAS ENTIDADES RELACIONADAS CON CULLEREDO: A AGRUPACIÓN REPUBLICANA FEMENINA E A AGRU- PACIÓN A LA TERCERA REPÚBLICA

En artigos anteriores, falamos das figuras de Amparo LópezJeán, do seu home César Alvajar ou do mestre JesúsMejuto Vázquez. Ambos os tres xogarían unimportantísimo papel na vida social e política coruñesa.Como mostra, comentaremos brevemente a actividade dedúas Agrupacións que contribuíron a dinamizar durantea Segunda República.

A Agrupación «A la Tercera República» constituíuse na Co-ruña o 12 de agosto de 1932. A idea inicial era crear unFrente Unico Republicano, pero a repulsa á sublevacióndo xeneral Sanjurjo, o 10 de agosto de 1932, provocou oseu urxente nacemento co novo nome. O comité organi-zador agrupaba a membros como Jesús Mejuto -directorde «El Noroeste»-, Julio Suárez Ferrín -concelleiro doPRR-S-, César Alvajar -presidente do Casino Republica-no e dirixente do PRR-, José García Fernández -concelleiro do mesmo partido-, José María Eirís, José BúaCarou, Eduardo Paredes, Alfredo Suárez Ferrín, Gonza-

AS

EN

TID

AD

ES

RE

LA

CIO

NA

DA

S C

ON

CU

LL

ER

ED

O

lo Acosta Pan, Luís Pérez e José Arias, todos do PRR-Sou do PRR.

A Agrupación caracterizábase polo seu radicalismo políti-co, defensa da democracia, laicismo e desexo de neutra-lizar politicamente o Exército. Preséntanse o 24 de agos-to de 1932: «A Agrupación -dicían- vén ser un estímulopara os gobernos na súa obra política e social de avance,ó fin de substituír a revolución que nunca existiu cunhaacción cidadá constante e enérxica que convirta a II Re-pública, tímida e feble, na III República asistida polopobo e amada por el». Partidarios da acción directa, viñande aprobar un plano de vixilancia e alarma paradefenderen as institucións republicanas -idea sustenta-da en España polo PRR-S-.

Pero os fins primixenios da Agrupación quedaron esluídospolo papel xogado polo asunto da capitalidade no borra-dor do Estatuto de Autonomía que se elabora en Santia-go no segundo semestre do ano. A posibilidade de que ACoruña perdese o protagonismo político fixo que o gru-po de «El Noroeste», en desacordo coa orientación docomité galego do seu partido, o Radical-Socialista, e osmembros do Partido Radical presentes na Agrupación, autilizasen para favorecer a política do Partido Radical,enfrontado coa ORGA. Artellouse unha campaña demobilización na Coruña, baseada en que Compostelapretendía disputar a capitalidade da futura Rexión Au-tónoma á Coruña, «a quen pertence por dereito propio,pola súa tradición liberal e democrática», afirmaban.Publicaron varios manifestos, nos cales salientaban os«vicios de procedemento» que aqueixaban á convocato-ria da asemblea rexional, criticando a ausencia de repre-sentación nela de varias corporacións e entidades públi-cas.

Conseguiron que o Concello coruñés se pronunciase a prolde que na asemblea de Concellos non se tratase a cues-tión da capitalidade. O representante do concello (o al-

Páxina 17

calde Iglesias Corral) traslada ese pronunciamento á co-misión redactora, producíndose logo a retirada da repre-sentación da Coruña, que estivo a piques de facer fraca-sar a asemblea. «A la Tercera República» continuou coasúa campaña «autonomista en contra do Estatuto», cadavez máis radicalizada contra o nacionalismo, conseguindoos votos desaprobatorios dos concellos da Coruña, Vigo,Lugo e Mondoñedo e o da Cámara de Comercio de Vigo.Os membros de «El Noroeste», e os concelleiros do PRR-S na Coruña foron desautorizados polo partido. O 3 desetembro de 1933 celebraron o seu derradeiro mitin, pro-testando outra volta contra o «Estatuto caciquil» e o de-creto de plebiscitación.

A «Agrupación Femenina Republicana» foi fundada na Co-ruña o 9 de abril de 1933, previa disolución, ese mesmodía, do subcomité coruñés da denominada “Liga Inter-nacional de Muieres Ibéricas e Hispano-Americanas yCruzada de Muieres Españolas”, que se creara o 7 de xullode 1932. Acollía a mulleres pertencentes tanto á burgue-sía ilustrada coruñesa, a maioría delas casadas con des-tacados republicanos da cidade (como Manuel Insua,Alfredo Somoza -presidente da Deputación Provincial-,Jesús Mejuto, Arturo Taracido, etc.), como obreiras. Pre-sidida inicialmente por Elvira Bao de Varela, era secre-taria Amparo López Jean, que sería a máxima dirixenteda organización a partir de 1934.

Nos seus estatutos, aparecen como finalidades da Agrupa-ción «contribuír por todo medio lícito ao triunfo da paz efraternidade humana, da xustiza social e da democracia,defender o réxime republicano, defender os dereitosfemininos dese momento e traballar polos nonrecoñecidos aínda, impulsar a cultura, especialmente afeminina, practicar a beneficencia e a asistencia social,procurar lecer ás asociadas, etc.». A Agrupación declaraque non estará afiliada a ningún partido político «peroactuará con tendencia francamente democrática, sen

Páx

ina

18

chegar xamais ao extremismo. As asociadas quedan encompleta liberdade para a súa actuación política parti-cular».

Con esta fin, organizan charlas e conferencias co obxectivode incentivar o papel da muller na sociedade; destacadofoi o pronunciado pola célebre pedagoga María BarbeitoCerviño, o 19 de maio de 1934, baixo o título La mujerantes, ahora y después, na que combatía as teoríasminusvaloradoras da intelixencia da muller, facendounha alegación a prol do papel que esta tiña que desen-volver, e reclamando os dereitos que aínda non tiña. Pro-nunciar esta conferencia será unha das acusacións que seIle fagan a esta mestra coruñesa no expediente de depu-ración que se lle abre, logo do triunfo da sublevación fas-cista, en 1937.

A Agrupación Femenina Republicana relacionaríase conoutras entidades políticas e sociais; por exemplo, parti-cipa no Comité Organizador de «La semana del niño» en1935, con mulleres do PCE, XXSS, IR, PG (a propiaAmparo López Jean) ou Fábrica de Tabacos.

[El Metropolitano, 14, marzo de 2000]

6

SEBASTIANA VITALES: UNHA MULLER LIBERTARIA.

Durante a Segunda República, os anarcosindicalistas galegosestableceron, con epicentro en San Pedro de Nós, unhaFederación Comarcal que englobaba aos sindicatos agra-

SEB

AST

IAN

A V

ITA

LE

S:U

NH

A M

UL

LE

R L

IBE

RT

AR

IA.

rios, de orientación cenetista, de Culleredo, Cambre,Oleiros e Carral, e que contaba, no ano 1932, con 1600afiliados, moitos deles mulleres.

Ademais de soster varias loitas –das que falaremos noutraocasión- en moitas ocasións dirixentes cenetistascoruñeses desprázanse aos territorios da Ría do Burgopara pronunciar diversas conferencias. Nas informaciónspublicadas na prensa anarquista sempre se destaca a par-ticipación das mulleres. Así, Xosé Villaverde, máximodirixente da CNT galega, fala en San Pedro de Nós, odomingo 29 de novembro de 1931, sobre “El caciquismoy la redención agraria”:

“O acto foi solemne. Homes e mulleres acudiron ansiosospara oír como os traballadores da cidade se achegan aos irmánsdo campo para estreitar os lazos de confraternidade”. Noutromitin da Comarcal de San Pedro de Nos, celebrado o 19de marzo de 1933, falaron Hermida, Méndez, Sendón eMoreno:

“Os camaradas que dirixiron a palabra ao numeroso pú-blico, no que se distinguían infindas irmanciñas obreiras..”.

No local do Centro de Estudios Sociales “Luz y Vida” deElviña (A Coruña), celébrase unha conferencia sobre cul-tura libertaria, no que interveñen os dirixentes do Sindi-cato de Petróleos da Coruña Ernesto Santiso (que vivíaen Vilaboa, onde era presidente do Ateneo de Rutis) e E.Blanco:

“Ás oito da tarde o local estaba ateigado de homes e mulleresdesexosos de oír a voz dos seus irmáns do povo, que represen-taban á Confederación Rexional Galaica” .

As mulleres libertarias vencelladas á Federación Anarquis-ta Ibérica (F.A.I.) acabarán por crearen, en Galiza, a de-nominada Vanguardia Femenina (ou tamén Vanguardia

Libertaria). Temos referencia dunha xuntanza celebra-da o 19 de setembro de 1934 na Coruña, en Federico Ta-

Páx

ina

20

pia, 79; a secretaria do grupo prega a todas as compañeirasque sexan puntuais.

Desplegarán gran actividade nos anos 1935-1936, destacan-do a figura de Sebastiana Vitales.

Sebastiana Vitales formárase en Estados Unidos, regresan-do á Coruña en 1933. Neste ano xa publica en “Solidari-dad Obrera” un artigo de apoio aos obreiros da Cons-trucción da Coruña, que sostiñan unha longuísima folga-duraría varios meses- a prol da xornada de seis horas.

A finais de 1935 vén a Galiza a célebre dirixente anarquistaFederica Montseny (que habería de ser, durante a Gue-rra Civil, a primeira muller ministro (en concreto deSanidade) da Historia de España. Federica, que publica-rá en Barcelona, en “La Revista Blanca”, unha crónicadesta viaxe, fai algúns comentarios eloxiosos sobreSebastiana Vitales.

No primeiro semestre de 1936 vemos a Sebastiana partici-pando en varios actos; entre eles, podemos salientar a súaintervención nun mitin de significación libertaria, con-tra a guerra e a pena de morte, celebrado en Sada o 12 dexaneiro, compartindo estrado con Xosé Moreno, ManuelAmil e Xaime Baella. Días despois, o 24 de xaneiro, con-vidada polo Centro de Estudios Sociales «Luz y Vida» deElviña, participará nun mitin, contra a pena de morte ea guerra, no Salón-Baile do Birloque, acto no que asímesmo interveñen Luís G. Rey e Antonio Prenas.

O 18 de abril fala en Mera (Oleiros) nun mitin convocadopolo “Sindicato de Pescadores y Profesiones Varias” dalocalidade, compartindo estrado con Xoán Hermida,Bregua e Campos. Da intervención de Sebastiana pode-mos reseñar:

“Chamou ás mulleres, na súa comprensión de nais, a de-fender aos seus fillos, explicándolles que o capitalismo fomen-ta o paro obreiro, para despois mandalos asasinar nlos campos

Páxina 21

de batalla. Explicóuselles o que ten feito a relixión paramantelas reducidas á máis cruel das escravitudes; exhortounasa que non sexan o contén posto ás ansias liberatrices dos seuscompañeiros, irmáns e fillos”.

O domingo 26 de abril de 1936 fala nun mitin en San Pedrode Nós, con Santiso e Baella. Os oradores “…analizaronos problemas de organización, sinalando ás mulleres o camiñodo deber, dicíndolles que polo ben dos seus fillos, non deben seratranco no camiño das loitas dos seus propios compañeiros..”.

Intervén tamén no acto celebrado na praza de touroscoruñesa o 1º de maio de 1936, organizado por «Brazo yCerebro» (revista anarquista coruñesa), no que disertanXosé González, Antonio Fernández (das XuventudesLibertarias), Alexandre Hernández, Xoán Expósito,Fournaroski e Sebastiana Vitales.

Expósito di, entre outras cousas, que “..España é unha femiacastiza que, ou a facemos parir os anarquistas, ou aborta. Oembarazo que lle impide moverse con liberdade non pode pro-longarse por máis tempo. Salvándoa salvaremos as ideas. Nonesperemos a que o contacto da podredume estatal lacere o corpovirxe dunha humanidade que se ergue refulxinte de gloriabarrendo do orbe da terra todo canto dificulta o nosodesenvolvemento social e humano..”.

Fournaroski, de “Brazo y Cerebro”, “…enxalzou o valor dasmulleres coruñesas que loitan afanosamente a carón dos seuscompañeiros por unha sociedade onde non teñamos que agardara que o guarda nos dea abrigo cando teñamos frío ou pan candonos acucie a fame….Termina facendo un chamamento aostraballadores da Coruña, especialmente ás mulleres, sobre anecesidade de ir pensando no porvir coa alteza de miras coaque o fixeron os mártires de Chicago..”.

Pola súa parte, Sebastiana Vitales fala en nome da CNT,“…saudando efusivamente ao auditorio que a aplaude repeti-das veces durante o seu discurso.

Páx

ina

22

Comeza a súa peroración dicindo que os tempos presentesson de actuación e que ningunha muller debe negar oseu concurso á obra de rexeneración social que preocupaá xeneralidade do proletariado mundial. Referíndose aoCongreso da CNT que se celebra actualmente, opina quedel sairán os acordos que conducirán á realización dosnosos ideais, plasmándoos en feitos revolucionarios.

Con frases de sinceridade, manifiesta non “comprender”como é posible que mentres hai tantos nenos sen pan,abrigo nin colexio, hai tantas samesugas chuchando doorzamento nacional o sangue dos traballadores converti-da en delicioso manxar, co que se agasallan mutuamenteburgueses e políticos de toda clase.

En Francia –di- máis de cen mil mulleres proletarias prac-tican o aborto por carecer dos recursos necesarios paraatender as necesidades da súa prole, dos cales morrenunha porcentaxe que se eleva a máis da cuarta parte,mentres as señoras da aristocracia, que utilizan os auxi-lios dos médicos e o tecnicismo da ciencia, o practicansen exposición algunha, tan so para evitaren as moles-tias que orixina o embarazo. E isto, ademais de ser unhacalamidade social que prexdica notablemente a nosa exis-tencia é unha vergonza para a clase capitalista, baldónignominioso dun réxime que se eslúe entre a fogueira dasúa propia maldade.

Visiblemente acongoxada pola aflicción ao lembrar aosmártires de Chicago, citou o parágrafo da carta da nai deLingg [unha das víctimas deste luctuoso suceso] na quelle dicía: “Querido Lingg: Despois da túa morte estarei tanorgullosa de ti, como o estiven durante a túa vida. Declaroque se eu fose home tería feito o mesmo que ti”. E esta outrada súa tía: “Pase o que pase, anque sexa o peor, non te amosesfeble perante eses miserables”.

Terminou o seu discurso esta compañeira cunha afervoadaalocución ás nais coruñesas, convidándoas a imitaren o xesto

Páxina 23

heroico da nai e tía de Lingg..”.

Pronunciará Sebastiana outra conferencia no Centro de Es-tudios Sociales «Liberación», radicado no Peruleiro, 48.

As mulleres libertarias da Coruña colaborarán tamén narecadación de fondos para os veciños de Bendilló (Lugo),que querían vivir en comunismo libertario e precisabanun tractor: recadan estas mulleres, na rúa, 103,25 pts,aparecendo Sebastiana Vitales aportando unha peseta.

[El Metropolitano, 15, abril de 2000]

7

GUMERSINDO PEREIRA NOUCHEE O CINE NAS MARIÑAS

Gumersindo Pereira Nouche, destacado empresario cinema-tográfico de Galiza dos anos 20 e 30, debeu nacer pretode Santiago arredor de 1893, e morreu na Coruña o 25 deabril de 1939, aos 46 anos. Residía, na Coruña, na rúaGarcía Hernández (actual San Andrés), 94-32. Estivo ca-sado con María Luisa Ruíz Carreras, nacendo do matri-monio tres fillos: Gumersindo (que falecería poucodespois do pai), Esther (que casaría co médico Pardavila)e Berta. Posuía unha residencia de verán na Acea de Ama(na cal falecería Alejandrp Pérez Lugín en 1926), na ac-tual Praza Europa. Colaborou en ocasións coa parroquiado Burgo. Foi un dos maiores empresarios de espectácu-los da Coruña, tanto nos aspectos teatrais como cinema-tográficos. A súa empresa, Empresa Pereira, levaba, nacidade coruñesa, o «Teatro Rosalía de Castro», o «SalónDoré», o «Ideal Cinema» (na Gaiteira), o «Salón Victo-ria» e o «Cine Monelos». En Ordes, o «Salón Troche» (ondeG

UM

ER

SIN

DO

PE

RE

IRA

NO

UC

HE

E O

CIN

E N

AS

MA

RIÑ

AS

tamén se realizaban funcións teatrais); o «Cine Capitol»en Santa Cruz (Oleiros) e, no Burgo (Culleredo), o «CineRialto». Xestionou tamén un importante establecementohosteleiro na cidade, o «Gran Café-Bar Central», sito narúa Castelar, 23 que se anunciaba, en 1930, na revista«Coruña Automovilística», órgano do Centro de Protec-ción de Chauffeurs (chóferes).

Home de talante liberal, pertenceu a entidades como a “LigaEspañola de los Derechos del Hombre”, da que era di-rectivo provincial en 1936, sendo socio do “Casino Re-publicano”, do Centro de Estudios Sociales «Germinal»(de orientación anarquista), e directivo, nalgunha oca-sión, das “Irmandades da Fala” da Coruña, vencelladasao nacionalismo, apoiando, por exemplo, a escola, enlingua galega, que esta entidade promocionaba.Politicamente, estivo afiliado a “Izquierda Republicana”,o partido de Casares Quiroga e Manuel Azaña. Taménocupou cargos noutras entidades culturais, benéficas ouprofesionais como a “Asociación Ibero-Americana”, for-mando parte da Xunta Rectora da “Cocina Económica”(1933), da “Asociación de Empresarios de Espectáculosdo Noroeste” e da “Asociación de Empresarios de Espec-táculos de España”.

Cedía gratuitamente os seus locais para actos públicos dossindicatos e sesións benéficas, como a organizada pola“Confederación Nacional del Trabajo” (C.N.T.), durantea República, para recaudar fondos para a Casa Sindicalcoruñesa, o que Ile agradecerían publicamente os sindi-catos da cidade.

Na sublevación de xullo do 36 non chegaría a ser detido polasforzas militares, por considerárselle persoa de orden «den-tro de su ideología», pero foi vixiado porque, a xuízo dapolicía, podería (el e outros republicanos moderados) «talvez cooperar a la alteración del orden público».

No «Cine Rialto» do Burgo, especialmente, e no «Capitol»

Páxina 25

de Santa Cruz, proxectaríanse numerosas películas en-tre os anos 1933 e 1935. Pero desto falaremos nunha próxi-ma colaboración.

[El Metropolitano, 16, maio de 2000]

8

O CINE NAS MARIÑAS

Na pasada colaboración falamos da figura de GumersindoPereira, moi vencellado a Culleredo, que xestionou cinesno Burgo e Santa Cruz.

Pero os nosos pais e avós puideron pasar boas veladas delecer noutras salas. Así, no concello de Oleiros existironas seguintes: «San Pedro» (Nós), «Pardo» (Oleiros), «Be-llo» (Mera), «Capitol» (Santa Cruz), «Coliseo» (Nós) e«Pasaje» (Perillo). No concello de Culleredo, o «Rialto»(Burgo),»Rutis» (Rutis) e «Goya» (Portazgo). E en Cambreo «Trébol».

¿Que filmes vían estes mariñáns de outrora? Vexamos algúnstítulos, e protagonistas, no CINE RIALTO do Burgo, en-tre marzo de 1933 e febreiro de 1935:

De Laurel e Hardy, De bote en bote, El abuelo de la criatura,En cada puerto terror, Héroes de tachuela, Los calaveras ePolitiquerías. De Ramón Novarro, Canción de Oriente (conHelen Hayes), Juventud triunfante, Mata-Hari (con GretaGarbo) e Sevilla de mis amores (con Conchita Montenegro).De Mª Fernanda Ladrón de Guevara, Cheri-Bibi (conErnesto Vilches) e El proceso de Mary Dugan (con RafaelRivelles). Outros filmes foron: Acusado, Al este de Borneo,

O C

INE

NA

S M

AR

IÑA

S

Champ (Jackie Cooper e Wallace Berry), Como tú me de-seas (Greta Garbo), Congo (Lupe Vélez), Contrabando, Dosmujeres y un D. Juan, El caserón de las sombras (BorisKarloff), El dirigible, El favorito de la Guardia, El hachajusticiera, El pecado de Madelon Claudet, El predilecto de losdioses, El rey de los gitanos (José Mojica), En cada puerto unamor, Entre dos corazones; Fin de Fiesta (Trío Argentino),Hermana Blanca, Honduras infierno, I.F.L. no contesta, Laescuadrilla deshecha, La fiera del mar (John Barrymore),La llama eterna (Norma Shearer, Fredrid March e LeslieHoward), La mujer manda, La máscara de Fumanchú, Latragedia de Scapa Flow, La única ley, La urraca, Las callesde Nueva York (Buster Keaton), Las dos huérfanas, Los seismisteriosos, Letty Linton, Luces de la ciudad (CharlesChaplin), Años culpables (Lionel Barrymore), Me pertene-ces, Órdenes secretas, Orgullo de Raza (Dolores Costello),Oriente y Occidente, Por un solo desliz, Prosperidad (MarieDréssler e PolIy Moran), Rejas y votos, Reunión, Señalesde alarma, Sierra de Ronda, Su última pelea, Titanes del cie-lo, Trader-Horn, Una morena y una rubia, ¡Vivamos hoy!(Joan Crawford e Gary Cooper).

No CINE CAPITOL de Santa Cruz encontramos a seguintecarteleira entre finais de 1934 e comezos de 1935: Ben-Hur (Ramón Novarro), Cabalgata, Canción de Oriente,Compañeros, El abuelo de la criatura, El caballero de la no-che, El camino del infierno (Juan Torena e Mª Alba), Elgran desfile, El rey de los gitanos, El último varón sobre laTierra; Estrellados (Buster Keaton), Hermana Blanca, Hé-roes de tachuela, Honduras infierno, Letty Linton, Primave-ra en otoño (Catalina Bárcena e Antonio Moreno), Seishoras de vida, Sevilla de mis amores, Tarzán de los monos eVivamos hoy.

Como podemos comprobar, a oferta cinematogrófica era deinterese, e semellante ao que se ofertaba nos cines daCoruña; nalgún caso, mesmo antes que na cidade.

[El Metropolitano, nº 17, xuño de 2000]

Páxina 27

9

ISABEL SUEIRO, UNHA MULLER LIBRE

Calquera persoa que se dedique á investigación históricasabe que os arquivos parroquiais albergan nos seus li-bros unha fonte inesgotable de información. Mesmo li-bros aparentemente áridos como os de bautizados, casa-dos e defuntos proporcionan datos como o número defalecidos, sexos, mortalidade infantil, causas da morte,idades ou antecedentes xenealóxicos. Pode un saber -sir-va como anécdota-, que en Almeiras naceron unhastrillizas en 1762.

Precisamente nun dos libros parroquiais de Almeirasatopamos a partida de defunción que dá título a esta co-laboración.

En decembro de 1706 entérrase unha moza, Susana Sueiro,alcumada “bendala” -logo veremos que non era así-, “den-tro de la Ygl.a, en quarto grado de la puerta principal”;morrera dun accidente. ¿Quen eran os seus proxenitores?Segundo o párroco, eran “Ysabel Sueiro “bendabala”,mujer libre, vez.a de Santº del Burgo, su padre yncognito”.Pero o crego, quizais pensando que, no futuro, un histo-riador coma min poderíase interesar no asunto, engadiuen nota marxinal: “tengo not.a ser hixa de dº lopez deprabio”.

¿Quen era o tal Domingo? Nunha partida de defunción doano seguinte, 1707, -pouco sobreviviu á súa filla-infórmasenos que era licenciado e capelán da Marisqueirae que foi enterrado na capela maior da igrexa, nunha se-pultura de 4 ducados. Era, por tanto, un crego,pertencente a unha familia nos que estes abondaban:Antonio López de Pravio, licenciado e presbítero; San-

ISA

BE

L S

UE

IRO

,U

NH

A M

UL

LE

R L

IBR

E

tiago de Pravio, así mesmo licenciado e presbítero, eManuel López de Pravio. A todos atopámolos nos librosde Almeiras desde o último cuarto do século XVII aoprimeiro do XV. Esta capela da Marisqueira, da que es-casean as noticias, fora fundada na Colexiata de SantaMaría do Campo da Coruña por Xoán Alonso de Pravio,dotándoa con bens en Almeiras e outros lugares.

Pero volvamos á “Bendabala”. O seu alcume indica que eraunha muller arroutada. Ser cualificada como “mujer li-bre” significa que exercería a prostitución, pero non sa-bemos se antes ou despois de coñecer ao capelán, que,como vemos, non era moi consecuente co seu voto decastidade.

Pero o que máis nos agrada da noticia é precisamente que selle chame muller libre. Porque, verdadeiramente, IsabelSueiro érao, non coma a xeralidade das mulleres da épo-ca, que nin sequera son mencionadas nos padróns de ha-bitantes, agás que fosen solteiras ou viúvas vivindoindependentes. Mesmo a Igrexa, nos mandatos das visi-tas pastorais, encarecía aos pais que ningunha mozasolteira vivise en casa soa. Son, as mulleres, as grandessilenciadas da historia. Por iso, Isabel Sueiro,“vendavala”, quero reivindicar a túa memoria. Non meimporta como foses -fermosa ou pouco agraciada, alta oubaixa, intelixente ou ignorante-, nin que exerceses a pros-titución. Eras libre, unha das poucas mulleres libres datúa época. Non te atou o matrimonio nin a cela monástica-fin ao que estaban destinadas as mulleres, sen pedirllesxeralmente opinión-, e exerciches o teu libre albedrío. Tinon o soubeches pero, séculos despois, en 1936, un grupode mulleres anarquistas, de avanzadas ideas, defensorasda igualdade dos sexos, dos seus dereitos, do amor libre,fundaron un grupo que se denominou “Mujeres Libres”.E loitaron nas trincheiras contra o fascismo, coma tidebiches loitar, de seguro, contra os convencionalismos.

Por iso, Isabel, estou convencido de que se na túa época

Páxina 29

houbese moitas mulleres coma ti quizais a historia doteu sexo tivese sido outra.

[El Entorno Metropolitano, nº 18, xullo de 2000]

10

PEQUENA HOMENAXE A “MARTINETE”

Manuel Valentín Fernández Láuzara, coñecido co alcumede “Martinete”, naceu en Santa Uxía de Ribeira o 28 deoutubro de 1911. Persoa vencellada ás esquerdas, tivo quealistarse na Lexión por medo ás represalias, facendo nesteCorpo a Guerra Civil e chegando a sarxento.

Traballou na CROS ata a súa xubilación, e residía no Soutode Vilaboa, falecendo a mediados dos anos 80.

Posuía unha non despreciable formación, autodidacta,gostando moito dos temas de historia e literatura.

Grande afeccionado ao teatro, formou parte do grupo “Agru-pación Teatral dos Amigos”, da Coruña, cidade na calresidían case todos os seus membros. Con este grupoefectuou varias representacións, como actor ou director:

Rosiña, de Xesús San Luís Romero, o “zapateiro poeta”, querepresentarían no Teatro “Jofre” do Ferrol.

Non chores, Sabeliña, de Xosé Trapero Pardo, representadano Teatro “Rosalía Castro” da Coruña.

O Fidalgo, a famosa obra de Xesús San Luís Romero, querepresentarán na Praza da Quintana compostelá nos anos50. Houbo un importante escándalo no transcurso da re-

PE

QU

EN

A H

OM

EN

AX

E A

“MA

RT

INE

TE

presentación e, segundo Manolo, levaran presa a toda acompañía. Desta obra chegárame a facilitar unha foto-copia, que aínda conservo, probablemente de algunha dasprimeiras edicións.

A cabeza de Manolo nunca descansaba, sobre todo cando seachegaba o Entroido. Foron moi coñecidos e celebradosos seus apropósitos, representados no Salón,”Fina Sport”(o famoso “Carricho”) ou no tristemente desaparecido“Cine Rutis”, así como en diversos concellos das Mariñas.O cadro de declamación estaba formado por xente daparroquia, que Manolo xuntaba; un deles, Plácido, aíndase lembra de moitas das estrofas das obras.

Temos noticia dos seguintes apropósitos escritos por Mano-lo:

Vilaboa é cousa boa (Salón Fina Sport, Vilaboa,1952)

E picache, miñoca (Salón Fina Sport, Vilaboa,1953)

O cego de Boa Vista (Salón Fina Sport, Vilaboa,1954)

Plácido faloume da existencia de dous títulos máis:

Por Vilaboa adelante pasa un platillo volante e Cuando el hijode fulano es el hijo de mengano.

Ademais do mundo do teatro, participou tamén Manolo naactividade cultural de Vilaboa, sendo bibliotecario, envarias ocasións, do Centro Social, Cultural e Recreativode Rutis.

Lembro que cando un grupo de mozos e mozas de Vilaboa eA Coruña fundamos en 1976 o Grupo de Teatro“Maiolongo”, sempre se achegaba a nós para contarnosas súas experiencias, e darnos consellos, vivindo as nosasrepresentacións coma se fosen súas.

A súa morte impactárame moito. Estivera falando conmigono Burgo un día, e pedírame que lle pasase a máquina o

Páxina 31

novo texto que viña de escribir (sempre estaba pendentede todo, das tertulias das mulleres, das conversas de ta-berna: de aí quitaba moitos dos temas). Mesmo chegara,ilusionado, a comentarllo ao meu pai. Non lle deu tempo:lamentablemente, faleceu o día anterior ao que quedaraconmigo para entregarme o orixinal.

[El Entorno Metropolitano, nº 20, setembro de 2000]

11

RAMÓN BLANCO REY E O GRUPO DE TEATRO “MAIOLONGO”

En 1976, un grupo de rapaces e rapazas, residentes uns enVilaboa e outros na Coruña, aglutinados por un mozonoiés, Ramón Blanco Rey, formamos, con sede inicial noCentro Social, Cultural e Recreativo de Rutis –onde eldaba clases de guitarra- o Grupo de Teatro “Maiolongo”.Ramón, Pilar, Teresa, Ana, Avelino, Fernando e máis eucompuxemos o primeiro elenco fundador. En agosto de1976, logo de meses de ensaios e de aprendizaxe, de iramañando un pequeno equipo equipo técnico consisten-te nun par focos, algunha candilexa, un rudimentariocadro de luces e un vello casete, estreamos no Salón “FinaSport” de Vilaboa –o popular “Carricho”-, coa axuda dosamigos do Grupo de Teatro “Candea” de Noia, a nosaprimeira obra, Camiñar a cegas, da que era autor Ramón.Había anos que desaparecera a experiencia teatral enVilaboa, polo que a obra espertou moita expectación efoi un éxito de público; mesmo a representación saíu bas-tante ben.R

AM

ÓN

BL

AN

CO

RE

Y E

O G

RU

PO

DE

TE

AT

RO

“M

AIO

LO

NG

O”

Ao ano seguinte montamos outra obra, O día que o sol alumeupola noite, tamén da autoría de Ramón, da que só fixemosa estrea. Para esta obra incorporáronse outras persoas,como Ramón ou María, tamén noiesa, colaborando enocasións a miña irmá Isabel, Ana Pallares ou José Emi-lio.

Tempo despois, compromisos de Ramón levaron ao grupoa un impasse. En 1978 fixemos, no Centro Social deCulleredo, a derradeira posta en escea de Camiñar..., cungrupo de rapaces e rapazas novas de Vilaboa e Palavea.

Durante estes case tres anos, “Maiolongo” viaxou por diver-sos lugares da provincia, realizando representacións enNoia, Santiago –na aula magna de Fonseca- A Coruña –Escola de Maestría, Sociedade A Gaiteira, Igrexa dePedralonga-, Pontedeume e varias en Culleredo –Vilaboa,Tarrío, Universidade Laboral…-.

A vida foinos levando por outros derroteiros; sen embargo,“Maiolongo”, e Ramón, que falecería en 1987, con só 29anos de idade, non quedaron no esquecemento. Así, naHistoria do Teatro Galego, ou no Diccionario do TeatroGalego, que escribiron Manolo Lourenzo e Pancho Pilla-do, hai un lugar para o grupo e algúns dos seus membros.Tamén Pepe Agrelo, o director de “Candea”, grupo coque traballaría Ramón, dedicoulle o libro no que recolleas súas obras teatrais, incluíuno dentro dos fillos ilus-tres da parroquia de Santa Cristina de Barro -na quenacera Ramón-, no libro que escribiu sobre ela e fala deltamén na historia de “Candea”, editada o pasado ano enNoia co gallo do 25 aniversario da fundación dese grupo.Así mesmo, en recentes publicacións sobre a historia doteatro galego dos últimos anos tamén aparece o nosoamigo, englobado na chamada “Xeración de Abrente” –Festival teatral celebrado en Ribadavia-. Eu mesmo, queconsiderei a Ramón como un irmán, preparei unha in-troducción e notas sobre o grupo, e edición de Camiñar aCegas, que se publicou no nº 84, de abril de 1990, dos

Páxina 33

Cadernos da Escola Dramática Galega.

Tampouco o Concello de Culleredo se esqueceu destecullerdense de corazón e de adopción: Ramón figura napublicación Persoas Ilustres de Culleredo,I e a CorporaciónMunicipal dedicoulle unha pequena rúa na parroquia deRutis.

[El Entorno Metropolitano, nº 21, outubro de 2000]

12

MORALISMO ECLESIALNO SÉCULO XVIII

Calquera que se achega aos libros parroquiais –xa o temoscomentado noutra ocasión- descubrirá noticias de todaíndole que amosan, ao comparalas co presente, cantoteñen cambiado os tempos. Na colaboración de hoxe imosfacer unha pequena cala no concepto de moralidade queno século XVIII aplicaba a Igrexa católica. Para os quenon o saiban, naquelas épocas –realmente xa moito an-tes- periódicamente, xeralmente unha vez ao ano,“visitadores” do arcebispado de Santiago percorrían asdiferentes parroquias. As súas funcións, ademais derevisaren os libros parroquiais, o estado da igrexa e osseus ornamentos ou ordenar a realización de necesariasobras de reparación, eran facer anotacións de ordedoutrinal e moral, que o párroco debería logo facercumpir aos seus fregueses. Pero semella que, en moitoscasos, ás ordes ou advertencias facíaselles caso omiso: sóasí se explica que, ao longo do tempo, en sucesivas visi-tas pastorais, se repetisen as mesmas admonicións. Parailustrármonos un pouco, a título de exemplo, veremosalgúns casos que fomos escolmando no libro 2º de fábri-

MO

RA

LIS

MO

EC

LE

SIA

LN

O S

ÉC

UL

O X

VII

I

ca da parroquia de Rutis, que comeza en 1656.

Así, na visita pastoral de 1742 ordena o visitador: “na igrexa[estarán] con silencio, modestia e devoción. Garden osdías festivos, sen traballar neles e oian misa enteiraafastados homes de mulleres”. “Non permita que esteancubertos na igrexa os que fan o doo de corpo presente ninque as prañideiras, con inmoderado pranto, perturbenos oficios divinos, máis ben exhorte ao contrario e, porcada vez, digo que os bote da igrexa como irreverentes atan sagrado lugar”. “Non permita que se fagan convitesen casa do defunto nos días de enterro e honras,mesturando co pranto cousas do desagrado de Deus. Equerendo distribuír algo por sufraxio, o fagan entre osmáis pobres e necesitados e por vía de esmola, recibíndoapor tal”. “Obrigue a que os casados vivan xuntos facendovida maridable e, aos que non están velados, a que den-tro de tres meses reciban as bendicións da Igrexa”. “Pro-hiba a concurrencia a muíños, fiadas e pandeiradas,impoñendo un ducado de multa, cada vez, aos muiñeirose persoas que o consentisen nas súas casas”.

Noutra visita pastoral, en 1765, manda o visitador que to-dos os eclesiásticos que concorresen ás funcións deenterros, e demais festividades, asistisen a elasenteiramente e coa decencia correspondente, vestidos consotana ou roupa talar, “cuello, alzacuello y pelliz”. Nin-gún eclesiástico debería entrar nas tabernas a comer, be-ber ou xogar nin con mulleres, nin con segrares nin aíndasós, agás que estivese de viaxe. Ningún eclesiástico debe-ría usar de exorcismos nin facer escritos ou “nominam”,sen expresa licencia do arcebispo ou do seu provisor.Tampouco ningún eclesiástico debería ir comer ásfuncións de voda ou enterros; no caso que o fixeran, pro-curarían estar con toda modestia e sobriedade, sen co-meter excesos nin alterar, de maneira que, polo seu altoestado, dese bo exemplo aos leigos. Cando os eclesiásti-cos se encontrasen nas igrexas nas funcións de enterros,

Páxina 35

ou outras, non deberían falar entre eles, nin botarse a rirnin contar contos, co que escandalizarían aos segrares. Opárroco explicaría a doutrina na igrexa ou no adro osdías de precepto; baixo ningún pretexto a preguntaríana súa casa, particularmente a mulleres, á fin de “obviaraccesos”. Procuraría o crego tamén que os seus freguesesoísen misa enteira todos os días de precepto, entrandotodos dentro da igrexa, onde estarían de xeollos con todadevoción e sen falaren, e con afastamento de homes emulleres: colocaríanse estas desde a porta principal ata omedio da igrexa, e os homes cara o altar maior, senarrimárense aos colaterais nin aos seus frontais. Nonpoderían ter na cabeza sombreiros, monteiras, nin paosnin outra cousa; para os que non cumprisen, había ascorrespondentes multas. As mulleres solteiras, nin as ca-sadas sen o consentimento dos seus esposos, non poderíanvivir soas.

Na visita pastoral de 1791 insístese que o cura non permitaque mozas solteiras ou viúvas xoves vivisen soas en casa,que celase para que os pais de familia non mandasen ássúas fillas solteiras aos muíños nin a sitios sospeitosos, eque velase sobre que os pais tivesen conta de recoller aosseus fillos e fillas ao anoitecer, por evitaren danos e es-cándalos.

[El Entorno Metropolitano, nº 22, novembro de 2001]

13

UN INFORME SECRETOSOBRE CULLEREDO DE 1935

O Goberno Civil da Coruña, por orde do Ministro de Go-

UN

IN

FO

RM

E S

EC

RE

TO

SOB

RE

CU

LL

ER

ED

O D

E 1

935

bernación de 11-6-1935, elabora informes de todo osconcellos da provincia. O obxectivo dos mesmos era pul-sar a opinión sobre as posibles alianzas do Goberno –nestes momentos estamos no denominado Bienio Negro,cun goberno formado polos radicais de Lerroux (que sonos que encargan o informe) e os cedistas de Gil Robles-de cara a futuras confrontacións electorais.

Do cuestionario existente sobre Culleredo podemos salientaro seguinte:

Respecto dos partidos políticos, influían no concello elemen-tos de esquerda republicana, CEDA e algo os agrarios.

As persoas máis significadas eran:

En Almeiras, José Lantes.

No Burgo, Domingo de La Iglesia, Augusto Seijas Santiso eManuel Martínez Cachopo.

En Rutis, Ramón Naya Mateos, Eusebio Naya Mateos, Ma-nuel Sobrino, Luis Seoane, Jorge Bemúdez de Castro eJuan Veira.

En Culleredo, Manuel Gafias e Ramón Pena.

En Sésamo, Manuel Castreijo.

En Celas, Juan Hermida.

En Castelo, Juan Sanluz.

(Destes homes dise que non tiñan un carácter moi definido,aínda que eran de tendencia dereitista e actuaban coneficacia).

O alcalde, Electo Carballo Matos, do que se afirma que émembro representativo do Partido Nacional Republica-no, é cualificado como solvente, pero de escasa influen-cia.

Páxina 37

As persoas non afiliadas a partidos tiñan respecto ás creenzas,aspirando a que se realizasen obras que desen traballo, eque se protexese á gandeiría.

O voto feminino era apreciable: inclinábase á dereita ouaos partidos obreiristas segundo o cónxuxe.

As organizacións políticas existentes eran a CEDA, agra-rios e Unión Republicana.

A Xunta Municipal do Censo tiña unha constitución políti-ca Nacional Republicana, e seguía as indicacións do al-calde.

O número de votos que tiñan os partidos no concello, nestemomento, eran os seguintes: Nacional Republicanos, o35%; Agrarios, 10%; CEDA, 20% e Partido Radical Re-publicano, 15%.

Grupos considerables de electores serían sensibles a medi-das que puidesen remediar o paro obreiro. Non era detemer o soborno no sufraxio.

Era posíbel a alianza do Partido Radical con calquera dosoutros partidos existentes.

O Concello estaba administrado deficientemente, aínda quese cobraba o reparto veciñal, e algunha vez este utilizábasecomo arma política.

Electo Carballo Matos, alcalde, é calificado como Republi-cano independente. De Unión Nacional Republicana eranJosé Prego Gómez, Isaac Rumbo Díaz e José FerreiroSexto; do Partido Radical, Manuel Candamio Fenández,Nicolás Uzal Campos, Manuel Carballo Matos e AndrésZás García.

Rumbo Díaz e Uzal Campos son calificados comoneglixentes.

O secretario, Ernesto Lareo, fora nomeado por concurso, non

Páx

ina

38

constaba que tivese antecedentes penais por delictosde carácter electoral ou falsidade de documentos, eexercía escasa influencia.

O xuíz municipal, Luis Rey Carrero, tampouco tiña ante-cedentes, exercendo algunha influencia.

Nin o alcalde nin a Corporación foran nunca destituídasou suspendidas.

A única organización sindical que se destaca é a CNT,moi activa, de extremismo medio, controlada e dirixidapolos directivos da mesma na Coruña. Apoiabasituacións de franca esquerda.

Existían algunhas diverxencias cos elementos dereitistasdo pobo. Á xente preocupáballe a falta de traballo, as-pirando á construcción de grupos escolares, camiñosveciñais, lavadoiros e fontes públicas.

[El Entorno Metropolitano, nº 27, abril de 2001]

Páxina 39

TR

ES

AR

TIG

OS

INÉ

DIT

OS

Páx

ina

40

1

AS ERMIDAS DAPARROQUIA DE ALMEIRAS

Ao longo dos séculos a parroquia de Almeiras, como outrasdas Mariñas, sufriu a desaparición de parte do seu patri-monio arquitectónico. Ademais da súa igrexa parroquialrománica, que estaba situada nas inmediacións do Bur-go, houbo na freguesía outras ermidas, da existencia dascales daremos noticia nesta colaboración.

No Libro 1º de Fábrica, nunha visita pastoral celebrada enxaneiro de 1664, sendo crego vicerrector de AlmeirasFrancisco del Caño Miranes, lemos que este di que den-de o tempo que levaba servindo en dito beneficio, unsdez meses, non coñecía que houbese no distrito da parro-quia máis que a ermida antiga “del glorioso San Juan, ySan Paulo” na cal, e segundo constaba das Constituciónsdo libro, existía unha fundacion dunha misa o primeiroluns de cada mes, e, o dia da festividade principal –nosan Xoán-, dicíanse seis misas, unha delas cantada, e aodia seguinte, día de San Paulo, outras tres, unha delascantada. Así mesmo, había na freguesía a ermida “delglorioso San Antonio”, a fundación da cal estaba no finaldeste libro 1º de Fábrica. A ermida era propiedade docapitán don Xoán Romero de Andrade, rexedor da cidadeda Coruña, tendo esta ermida de fundacion unha misarezada cada mes, outra cantada o día de San Pedro már-tir, ademais das que dicía pola súa devoción no decorrerdo ano e moitas máis, con solemnidade, o día do gloriosoSan Antonio.

Máis adiante, di o visitador: “Y porquanto la hermita deSan Juan desta felegresia esta sin cerradura ni llave con-

Páxina 41

que puede entrar el ganado a profanarla mando suIlustrísima que el Mayordomo dela Cofradia de San Juanponga una çerradura y llave a dicha hermita lo qual cum-pla dentro de quinçe dias pena de excomunion mayor yde quatro ducados y el viçerrector lo haga executar so lasdichas çensuras y pena”.

No chamado “Libro de Vissitas y Quentas de la YglessiaParroquial de San Jullian de Almeiras”, iniciado no ano1716, vemos, nas contas de 1783:

“Bendizión dela Capilla de Hombre. Yo Don Domingo An-tonio Fernándes cura ecónomo de esta feligresía de SanJulián de Almeiras, vendicí solenemente la Capilla Anti-gua de San Pedro Mártir de Berona sita en el lugar deHombre de esta dicha feligresía, en virtud de decreto ycomisión del señor Doctor Don Pedro Acuña y Malvar,Governador Provisor y Vicario General de este Arzobis-pado de Santiago, su fecha trece de septiembre pasadode este año, a consequencia de memorial presentado porDon Josef Casal y Varela Secretario de Asiento y Cámarade la Real Audiencia de este Reino, actual Patrono dedicha Capilla, y para que conste lo firmo como tal curaecónomo de ella..”.

Por último, noutra visita pastoral celebrada en 1791 lemos:

“Capillas. Halló el sr Visitador en esta Parroquia quatro ca-pillas legas, una en el lugar de Vigovidín, con laadvocación de san Antonio, que es de la Cassa de Andrade,que posee oy Don Ramón de Seixas; la que está bastantedecente en buen estado, y con lo necesario para celebrar-se en ella Missa.

Otra en el lugar de Hombre, dedicada a la Santíssima Trini-dad, en la Cassa del Señor Marqués de Almeyras, la quehalló en buen estado con mucha limpieza, aseo, y sobresaliente adorno, de varias Alajas de Plata y custososornatos; y en el mismo lugar otra dedicada a san Pedro

Páx

ina

42

Mártir, en la Cassa que posee oy Don Josef Casal, vezinode la Ciudad de la Coruña.

Y ultimamente la Capilla de San Juan redificada de nuevo,con un Altar decente; pero sin Ara, sin cáliz ni ornatoalguno; y en la actualidad, privado el usso de esta Capi-lla, y recogida la llave de ella por el cura todo con Ordenexpressa del Excelentísimo e Ilustrísimo Señor Arzobis-po de Santiago, cuio decreto se presentó y reconoció elseñor Visitador”.

San Xoán, San Antonio, San Pedro mártir de Berona e San-tísima Trinidade, edificadas as tres derradeiras paravaidade dos seus propietarios. Sen embargo, destasadvocacións, agás no primeiro dos casos, xa non quedaningunha lembranza.

“Sic transit gloria mundi”.

2

¡¡QUE VEÑEN OS FRANCESES!!

Quero falar nesta ocasión dunha efeméride que celebramoshai poucos días, a comezos de xaneiro, xa nos novos sé-culo e milenio. Trátase da batalla de Elviña, que enfrontoua franceses e británicos nos montes do mesmo lugar. Nonvou facer un relato dos acontecementos, por outra parteben coñecidos, senón facer unha escolma do que, sobreestes feitos, quedou refrexado nos libros das parroquiasde Culleredo neste caso, aínda que toda a comarca sufriua ocupación.

A parroquia de Rutis foi unha das máis afectadas, porquenela estiveron instaladas tropas francesas. Así, no Libro2º de fábrica, achamos noticias como estas:

Páxina 43

1809. Contas. Arránxanse varias cousas precisas,por 415 reais e 23 maravedís «que entregó a AndresLorenzo, según recibo, que presentó, por los mecherosque se hicieron, composicion de la puerta pequeña, otraviesa, una caxa para la extrema unción, composicionde las custodias, y otros varios reparos que se necesita-ban en la Yglesia con el motivo del rompimiento de losenemigos».

1815, febreiro, 4. Di o cura, Pedro Cayetano No-vio, que non puido acabar de revisar as contas do seuantecesor, Manuel Antonio Franco e Romay “motiva-do de haver llegado los franceses á esta Parroquia enenero de mil ochocientos y nuebe, en que esta Parro-quia y sus vecinos han padecido tanto que aunque seles hiciese cargo de algunas responsabilidades, notenian con que satisfacer…”.

No Libro 2º da Confraría do Rosario, no fol. 245r, venunha nota: “Que con el motivo de haver entrado enesta Parroquia los enemigos y haber servido de teatrode la Guerra, se me havia traspapelado un manifiesto,y una quenta de cargo y data..”.

No Libro 1º da Confraría do Santísimo Sacramento, nascontas de 1809 lemos: “Ydem se le abonan [ao mordomo]doce libras [de cera] que aseguró le habían llevado losFranceses quando estuvieron acampados en la Parroquia».E nas contas dos anos 1819-1820, vemos: “Para un calizcon su patena, pague a don Ramon Garcia Facal cura desan Verisimo de Oza dos cientos, y quarenta reales losmismos, que dicho señor havia entregado por el a unfrances en tiempo de la guerra, cuyo señor dijo que portener dicho caliz el nombre de la parroquia de donde era,havia escrito al cura de ella, que dándole dichos doceduros podia recoger el Caliz, quien dice respondio, yahavia comprado con equidad. Y por el mismo orde lo ne-cesario, y cubierto las faltas de lo que los enemigos lehavian robado, por cuya razon podia disponer de el a su

Páx

ina

44

voluntad, y por la misma, pasé yo a tomarselo= por laequidad de su precio, y falta que hacia en esta Yglesiapor no haver quedado de la invasion de los enemigosen el año de mill ocho cientos, y nueve mas que uno, yconsiderando podia tomarlo [....] consciencia, por lasdiligencias referidas.”

No Libro 2º de Defuntos vemos a seguinte partida:

1809, maio, 30. «En treinta de mayo del año demil ochocientos, y nueve, se dió sepultura en la Ygla

Parroquial de Santa Maria de Rutis, alias Vilaboa, alcadaver de Antonio Calbo, marido de Maria Garcia,vezinos de la Parroquia de san Xorxe de afuera de la Ciu-dad dela Coruña, al que en el dia veinte, y seis del mismole havian quitado la vida los soldados del exercito francesestando acampados en esta parroquia, y sepultado en elcampo, junto al Rio, y casa de Jacobo Varela vezino deVilaboa de abajo, y pedido por su muger y parientes, ledieron sepultura eclesiastica, se le ha dado, despues dereconocido ser el mismo..».

Na parroquia de Almeiras, no Libro 3º de Fábricalemos, respecto das contas dos anos 1808 e 1809 (toma-das en 1827): Ao mordomo, o labrego Pedro Núñez “..sele revajan y perdonan doscientos y ochenta reales condiez maravedís en que salio alcanzado el año de nuebeen recompensa y remuneracion de su buen procedimien-to, y lealtad, que ha tenido con la Yglesia de esta feligresia,como fue el haberle librado todas sus Alhajas de Plata demanos de los Enemigos, de que se hallaba invadido, ysituado este Pueblo, soportandolas de unas á otras partesen varias ocasiones, con peligro de su vida, hasta que porultimo las sacó a salvo en un todo..”.

Na parroquia de San Estevo de Culleredo, no Libro 2º deDefuntos, lemos que en xaneiro o crego non puido asistira un enterro por estar a parroquia ocupada polos france-ses. Tamén no Libro de Visitas, no ano 1829, vemos que o

Páxina 45

visitador “en atención a que quando sucedió laYnvasion primera francesa Acamparon en esta Parro-quia y sus alturas mucha parte de su exercito los queconsumieron quemaron y robaron todos los muebles yfortuna de sus vezinos quedando pobres y aflixidos contales disgracias y para que Conste no se puede cobrar..”.(refírese as cotas da Confraría do Santísimo). No 3ºLibro de Fábrica, no ano 1809, fálase de que a igrexaquedara “desfalcada”.

No Libro 3º de Fábrica do Burgo, lemos: [Despois da in-vasión francesa] “En veinte y ocho de Diciembre de1808 yo Don Manuel Flores Presbítero tomé posesiónde este Beneficio Curado de Santiago del Burgo y conla entrada de los Franceses en la Coruña, no vine a re-sidir hasta últimos de Abril del siguiente año, en Cuiovine a reconciliar esta Santa yglesia, que havia queda-do profanada por la entrada de los Cavallos Francesesen ella. En esta yglesia no allé todas las Alajas que estánapuntadas por mi antecesor, y reconviniendo alSachristan Manuel dos Santos y otros vecinos por lasque faltan, me respondieron, las havian robado los Fran-ceses. Me ynformé de Don Josef Nuñez Presbítero yvecino de Almeiras, a quien tenía yo encargada la Pa-rroquia, y me dijo ser cierto lo que decían los vecinos ypara que nadie me pueda pedir mas de lo que hallé enesta yglesia, hago el inventario de lo que esiste en layglesia y reclutaron (de m.o de los Franceses) mis Feli-greses con Presencia del dho Presbítero Nuñes y de DonAndres de Leis Svno. Vecino de la Coruña”. Hai variaspezas de prata, pero “toda la demas plata que está apun-tada en el inventario echo por mi antecesor pereciópor el trastorno de los enemigos”…

No Libro 2º de Fábrica de Santa María de Celas lemos:Ano 1809: “Assimismo por los muchos mobimientosque hubo con la ropa de la iglesia para ocultarla y li-brarla de los robos de los Franceses se necesitó mas

Páx

ina

46

Gavon de lo acostumbrado en los años anteriores..”.

3

UN MITIN OBREIRO ANARQUISTANO BURGO EN 1892

O grande reto que temos os que nos dedicamos a investigarna historia local, é facerlle comprender á xente que nosnosos concellos tamén pasaron cousas dignas de resaltar.Pero, en ocasións, os primeiros sorprendidos somos nósmesmos. Por exemplo, parece un lugar común pensar quesó nas cidades, ou nas grandes vilas existiu movementoobreiro, especialmente se nos referimos ao século XIX.Na presente colaboración comprobaremos que nonocorría así exactamente, e que tamén aquí se escoitabanas voces liberatrices.

Se xa nos pareceu extraordinario ver como un panadeironatural de Culleredo, aínda que residente na Coruña,chamado Luís Presedo Pose, se afiliase ao PSOE o 26-9-1893, militando aínda nese partido en 1908, non o foimenos ver como algúns veciños do Burgo fansesuscriptores do semanario anarquista coruñés “El Corsa-rio”; así, no número 137 dese xornal, datado o 29-1-1893,aparecen como suscriptores R. S. e M. L.; no número 138,do 5-2-1893, éo un tal B. L., e no número 146, de 2-4-1893, encontamos a R. Sabio –o cal, coidamos, é o queantes aparece como R. S. Pero, xa antes, os anarquistascoruñeses organizan un mitin obreiro no Burgo. A noti-cia aparece en “El Corsario”, no número 124, do domin-go 23-10-1892. Di así:

“A los trabajadores de El Burgo y sus cercanías

Páxina 47

Salud y emancipación:

Queridos compañeros: Siendo obreros como vosotros losque en este momento os dirigimos nuestra voz, vícti-mas igualmente de la gran miseria que impera entre laclase desheredada y sujetos por idénticas causas á lainfame voluntad de esa bestial burguesía que nos ex-plota y nos degrada de una manera harto escandalosa,no hemos vacilado ni un momento el llamaros la aten-ción para que penseis bien vuestra triste situación yestudieis el mejor modo de remediarla en un plazo bre-ve. Ninguno de vosotros ignora que para poner térmi-no á esta inaguantable situación, se precisa de la ayudade todos. Pues bien; ante todo debeis tratar de uniros,de asociaros, de estrechar los lazos de solidaridad quedeben existir entre todos los séres humanos, deemanciparos en una palabra.

¡Animo compañeros y á la asociación! Puesto que así loreclaman los bárbaros atropellos que de ordinario co-meten con nosotros los verdugos que constantementenos agobian y nos martirizan haciéndonos trabajar másde lo que nuestras fuerzas nos permiten para que lesproduzcamos esas inmensas fortunas que ellos derro-chan en goces y en vicios, mientras á nosotros que so-mos los verdaderos amos de ellas puesto que las produ-cimos, nos pagan nuestro trabajo con un ínfimo jornalque ni con mucho llega á cubrir nuestras más apremian-tes necesidades.

Ahora decidnos compañeros ¿Hemos de seguir consin-tiendo esto por más tiempo? Nosotros que somos losque hacemos las casas, los vestidos, el calzado, etc., ylos que trabajamos las tierras para que produzcan ali-mentos. ¿Hemos de consentir quedarnos sin casas don-de guarecernos de las inclemencias del tiempo; sintrages con que cubrir nuestras carnes, y sin alimentoscon que fortificarnos ante las fuerzas perdidas en elrudo é improbo trabajo á que decontínuo nos someten

Páx

ina

48

los que así nos roban el producto de nuestro sudor.

Compañeros vuestra causa es la nuestra, el deber os llama,la miseria de vuestros hogares lo exige, el hambre y des-nudez de vuestros hijos no lo debeis de consentir por mástiempo.

Animo y á preparaos para que un corto lapso de tiempo,estemos en condiciones de dar á los causantes de nuestromalestar, la batalla decisiva de la cual obtendremos se-guramente la victoria si peleamos con fe, con entusias-mo y con energía.

Para tratar de estos y otros asuntos, os invitamos á que asistaisal meeting que se celebrará en el Burgo hoy domingo 23 álas dos de la tarde, en donde varios compañeros os ex-pondrán las causas de la miseria que nos aqueja, y el re-medio más factible que debemos emplear para obtenerpronto el bien que anhelamos”.

¿Cómo se desenvolveu o acto? Nun número posterior do se-manario, o 128, do domingo 20 de novembro de 1892,temos unha reseña:

“Meeting del Burgo

A pesar de los muchos esfuerzos que para evitar la celebra-ción del meeting hicieron los burgueses y curianas se-cundados por la guardia-civil este tuvo lugar á la horaanunciada y ante multitud de obreros, que sin temor acu-dieron al lugar del mismo.

La Comisión de propaganda expuso á los concurrentes lospuntos generales de la cuestión social y medios de resol-verla aconsejando y mostrando la conveniencia de aso-ciarse formando federaciones, idea que fue acogida conentusiasmo, hallándose dispuestos á prestar su apoyo parasu realización.

Del orden huelga hablar pues tratándose de obreros necesa-

Páxina 49

riamente es perfecto acogiendo sin objeciones los me-dios para matar el mal de que padece el proletario.

Grandes frutos nos proponemos alcanzar en estos meetingsque la Comisión de propaganda continuará llevando áefecto extendiendo hasta lo más reconditos sitios laidea de la Emancipación. “

ÍNDICE

1. DOUS NOIESES NA RÍA DO BURGO: ANXO SENRA E MANUEL ROMERO

2. MULLERES DE CULLEREDO:AMPARO LÓPEZ JEÁN

3. RAMON MASEDA REINANTE

4. JESÚS MEJUTO VÁZQUEZ, UN MESTRE

5. DÚAS ENTIDADES RELACIONADAS CON CULLEREDO

6. SEBASTIANA VITALES: UNHA MULLER LIBERTARIA

7. GUMERSINDO PEREIRA NOUCHE

Páx

ina

50

E O CINE NAS MARIÑAS8. O CINE NAS MARIÑAS

9. ISABEL SUEIRO,UNHA MULLER LIBRE

10. PEQUENA HOMENAXE A«MARTINETE»

11. RAMÓN BLANCO REY E O GRUPO DE TEATRO “MAIOLONGO”

12. MORALISMO ECLESIALNO SÉCULO XVIII

13. UN INFORME SECRETO SOBRE CULLEREDO DE 1935

TRES ARTIGOS INÉDITOS

1. AS ERMIDAS DAPARROQUIA DE ALMEIRAS

2. ¡¡QUE VEÑEN OS FRANCESES!!

3. UN MITIN OBREIRO ANARQUISTANO BURGO EN 1892

Páxina 51

MIR

AD

OIR

OD

A R

ÍA