Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS...

14
Memoria 2018 www.fundacionplacidocastro.com

Transcript of Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS...

Page 1: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

www.fundacionplacidocastro.com

Page 2: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

1. Conferencia Anual

O 25 de Xaneiro celebrouse

en As Neves a XIX Conferencia

Anual sobre “Plácido Castro

e o universalismo galeguista”,

impartida por Xulio Ríos,

presidente de honra do

Instituto Galego de Análise e

Documentación Internacional e

autor, entre outros, de “Galicia

e a Sociedade das Nacións”

(Galaxia, 1992). A actividade

foi organizada en colaboración

co concello de As Neves

Pontevedra), estando á espera

da edición impresa.

Page 3: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

2. Premio de Tradución

A décimosétima edición,

correspondente a 2017, foi

declarada deserta polo xurado.

Page 4: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

3. Convenio coa adega Terra de Asorei

O 31 de Xullo, a Fundación

Plácido Castro e a adega Terra

de Asorei asinaron un convenio

de colaboración “para a

promoción da figura e obra de

Plácido Castro”. O convenio

contempla como obxectivos: a) o

apoio e valorización nos termos

que en cada caso proceda

do Premio Plácido Castro de

Tradución; b) o reforzamento

dos actos cívicos e culturais da

Fundación coa presenza dos

viños de Adegas Terra de Asorei

nos supostos en que de común

acordo se estableza; c) o estudo

do lanzamento dunha marca

“Plácido” que incorporaría o

trazo da sinatura e o ex libris do

citado autor.

O convenio foi asinado por Susi

Castro e Xosé Ramón Durán

Martínez.

Page 5: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

4. Convenio de colaboración coa USC

No marco do convenio subscrito

coa Facultade de Xeografía e

Historia da USC, Paula Gondar

Núñez realizou prácticas

na Fundación consistentes

na realización dun preciso

Inventario Documental de todos

os fondos relacionados con

Plácido Castro a disposición da

entidade.

posición da entidade.

Page 6: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

5. Nova exposición sobre Plácido Castro

En lona e con deseño de Pepe

Carreiro, a nova exposición, xa

dispoñible, achega os elementos

indispensables para coñecer a

vida, obra e pensamento de

Plácido Castro. Os 10 paneis

que conforman a exposición

teñen cinco niveis de lectura:

o título; unha cita tirada das

Máximas do propio Plácido

Castro; un texto breve sobre

o período que se trata; os pés

de foto; e as imaxes. O tamaño

dos paneis é de 1,20 (ancho) x

2 (alto) m. O soporte: roller con

dúas varelas.

Page 7: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

6. Misión en Madrid

Os días 16 e 17 de xullo, a

Fundación Plácido Castro

mantivo encontros nas

embaixadas de Irlanda e

Reino Unido e tamén co

correspondente da BBC

e do Irish Times. Ademais

de constatar a vontade de

colaboración coa entidade,

en 2019 levarase a cabo unha

exposición das fotos realizadas

por Plácido Castro na súa viaxe

a Irlanda en 1928.

Page 8: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

7. Plan de promoción da páxina web da Fundación e da presenza nas redes sociais

O plan de promoción da

entidade para divulgar a

figura de Plácido Castro nas

redes sociais permitiu avances

importantes.

O número de seguidores en

Facebook ascende a 1.505

(antes 1.357).

En Twitter é de 301.

Page 9: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

8. Relacións Institucionais

Cabe destacar a participación

nos actos en memoria de

Alexandre Bóveda e tamén do

85 aniversario da participación

de Galicia no IX Congreso

de Nacionalidades Europeas,

organizado pola Fundación Vía

Galega.

Page 10: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

9. Reunións do Padroado

O Padroado reuniuse en tres

ocasións ao longo do exercicio

2018: o 23 de febreiro, o 13 de

xuño e o 25 de outubro.

Page 11: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

10. Nova sede oficial e Arquivo Permanente

Rematada a fase de reforma e

acondicionamento do inmoble

sito no Camiño da Calzada,

s/n, iniciáronse os labores de

traslado de documentación e de

dotación dos medios materiais.

Page 12: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

11. Outras actividadesPublicáronse en diferentes

medios artigos divulgativos a

propósito da figura de Plácido

Castro.

Page 13: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

Memoria2018

12. Balance económico

INGRESOS 4.546,56APORTACIONS PATRONOS 4.400,00

Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00

Aportación Concello Cambados 1.800,00

Aportación Concello Corcubión 800,00

OUTROS 146,56

Dereitos de autor (Nortídeas Comunicación, S.L.) 146,56

GASTOS 5.354,15GASTOS XERAIS 774,27

Gastos de secretaría anual 450,00

Servizo asesoría 254,17

Servizos bancarios e similares 11,20

Outros tributos ( tasas xunta) 9,94

Outros servizos (memoria Fundación, e correos) 48,96

GASTOS DAS ACTIVIDADES 4.579,88

Xestión redes sociais 2.394,59

Conferencia Anual Plácido Castro 93,54

Edición Conferencia Anual 181,50

Xestións Madrid ampliación padroado 382,20

Homenaxe Alexandre Bóveda 70,00

Exposición biográfica Plácido Castro 1.458,05

EXCEDENTE NEGATIVO EXERCICIO 2018 -807,59

Page 14: Memoria2018 · 2019. 1. 14. · Memoria2018 12. Balance económico INGRESOS 4.546,56 APORTACIONS PATRONOS 4.400,00 Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00 Aportación

FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO

31 de decembro de 2018