MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente...

50
MEMORIA DO ANO ACADÉMICO 2006-2007 Servizo de Normalización Lingüística

Transcript of MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente...

Page 1: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

MEMORIA

DO ANO ACADÉMICO 2006-2007

Serv

izo

de N

orm

aliz

ació

n Li

ngüí

stic

a

Page 2: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

1

1. O Servizo de Normalización Lingüística……………………………………………… 4

1.1. Persoal……………………………………………………………………………… 5

1.2. Infraestrutura………………………………………………………………………. 7

1.2.1. Locais………………………………………………………………………. 7

1.2.2. Soporte informático………………………………………………………. 7

1.2.3. Internet…………………………………………………………………….. 7

1.2.4. Comunicacións……………………………………………………………. 8

1.2.5. Biblioteca e documentación……………………………………………… 9

1.3. Relacións con outros organismos……………………………………………….. 10

1.3.1. Mediante convenio……………………………………………………… 10

1.3.2. Mediante participación………………………………………………….. 11

1.3.3. Outros……………………………………………………………………… 13

1.4. Formación do persoal……………………………………………………………. 14

1.4.1. Asistencia a cursos, congresos e xornadas…………………………… 14

1.4.2. Conferencias, cursos e relatorios presentados………………………. 15

1.4.3. Participación en tribunais.................................................................... 16

2. Asesoramento lingüístico……………………………………………………………… 17

2.1. Xeneralidades............................................................................................... 18

2.2. Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución.……………....... 18

2.2.1. Tarifas................................................................................................ 18

2.2.2. Valoración e resultados...................................................................... 19

2.3. O Web.............................................................……………………………....... 19

2.4. Corrección...................................................................................................... 19

2.4.1. Límites da corrección.......................................................................... 19

2.4.2. A autocorrección................................................................................. 20

2.4.3. A distribución de correctores ortográficos........................................... 20

2.5. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento........................................... 20

2.6. Traballo realizado............................................................................................ 21

2.6.1. Corrección........................................................................................... 21

2.6.2. Tradución............................................................................................. 22

Índice xeral

Page 3: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

2

2.6.3. Asesoramento puntual……………………………………………………. 23

2.6.4. A tradución do catalogo da BUSC………………………………………. 24

2.7. Publicacións………………………………………………………………....……… 24

3. Formación………………………………………………………………………………..... 25

3.1. Cursos organizados……………………………………………………………….... 26

3.1.1. Dirixidos ao persoal de administración e servizos…………………….... 26

3.1.1.1. Cursos de comunicación de calidade a través do correo electrónico 27

3.1.1.2. Cursos de comunicación escrita. Técnicas de redacción………... 27

3.1.1.3. Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega……….. 27

3.1.1.4. Cursos de lingua galega oral.......................................................... 27

3.1.1.5. Cursos de linguaxe administrativa................................................... 27

3.1.1.6. Cursos de reciclaxe de lingua galega.............................................. 28

3.1.2. Dirixidos aos estudantes............................................................ 28

3.1.2.1. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……......... 28

4. Dinamización lingüística…………………………………………………………. 30

4.1. Publicacións...................................................................................................... 31

4.1.1. O Cartafol dixital.................................................................................... 31

4.1.2. O Cartafol en papel.......................................................... .................... 31

4.1.3. O Web.................................................................................................... 32

4.2. Análises, informes e propostas……………………………………….................... 33

4.2.1. Uso do galego na docencia..................................................................... 33

4.2.2. Uso do galego na investigación básica…………………………………… 37

4.3. Campañas…………………………………………………………………………… 38

4.3.1. Queixas lingüísticas………………………………………………………… 38

4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros…………………… 38

4.4.1. Coordinación………………………………………………………………… 38

4.4.2. Premios á calidade lingüística……………………………………………… 39

4.4.3. III Concurso de Monólogos Monolingües………………………………… 39

4.4.4. Escola Universitaria de Relacións Laborais............................................ 40

4.4.5. Facultade de Administración e Dirección de Empresas......................... 40

4.4.6. Facultade de Ciencias da Educación…………………………................ 41

4.4.7. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais............................. 41

4.4.8. Escola Politécnica Superior………………………………………………… 41

4.4.9. Faculta de Psicoloxía………………………………………………………… 41

4.4.10. Facultade de Bioloxía………………………………………………………… 42

4.4.11. Escola Universitaria de Formación do Profesorado……………………… 42

4.4.12. Facultade de Dereito…………………………………………………… 42

Page 4: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

3

5. Terminoloxía…………………………………………………………………………… 43

5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)… 44

5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL…………………….. 45

5.1.2. O bUSCatermos: informe de incidencia……...........................……… 45

5.2. Elaboración de produtos terminolóxicos.......……….................................... 46

5.2.1. Vocabularios.................................................................................... 46

5.2.2. Outros produtos terminolóxicos........................................................ 47

5.3. Difusión de terminoloxía.............................................................................. 47

5.3.1. Difusión dos Termos esenciais de recursos humanos...................... 47

5.3.2. O proxecto “Un idioma preciso”......................................................... 48

5.3.3. A rolda terminolóxica USC-Lexiterm.................................................. 48

5.4. A difusión de información terminolóxica………………………………………… 49

5.4.1. O Rexistro de proxectos terminolóxicos………………………………… 49

5.4.2. Información sobre a produción terminográfica galega….....………… 49

5.5. Produtos Realiter…………………………………………………………. 49

Page 5: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

4

O S

ervi

zo d

e N

orm

aliz

ació

n Li

ngüí

stic

a 1.1 Persoal

1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático

1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenios

1.3.2 Mediante participación

1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios

presentados

1.4.3 Participación en tribunais

Page 6: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

5

1.1. Persoal O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas: Director

Manuel C. Núñez Singala

Técnicos de Normalización Lingüística Manuel Bermúdez Blanco Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

Bolseiros David Cobas Medín Rubén Fernández Rivadeneira Anxo Manuel Otero Montero (ata novembro de 2006)

Administración Mª Purificación Villoch Vázquez (ata febreiro de 2007) José Manuel Mosquera Pose (dende febreiro ata xuño de 2007) María Isabel Rial Otero (dende xuño de 2007)

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Pilar Cordeiro Graña María Vilasó Martínez Xandra Santos Palmou

Cursos de comunicación escrita: técnicas de redacción

Raquel Rodríguez Parada

Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega

Rubén Fernández Rivadeneira

Page 7: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

6

Cursos de reciclaxe da lingua galega

David Lavandeira Salido

Cursos de comunicación de calidade a través do correo electrónico

David Cobas Medín Rubén Fernández Rivadeneira

Cursos de expresión oral Xosé Anxo Rei Lagos Olga Patiño Abeixón

María Vilasó Martínez Xandra Santos Palmou

Cursos de linguaxe administrativa

Natalia Blanco Carreira Xosé Antón Lado Lago

Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

Vocabulario de medicina María Casas García Sonia Miguélez Ferreiro Carolina Pena Álvarez Iria Pereira Adriana Rubín. Sabela Sánchez Trigo Xoana Vázquez Isabel Vidal Castiñeira

Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria.

Concepción Diéguez Diéguez Antón Lado Lago Matilde Lombardero Fernández Marcos Pérez López Margarita Rico Gómez Xosé Manuel Vidal Barral

Page 8: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

7

1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupou tres despachos no segundo andar da Casa da Balconada, no número 6 da rúa Nova en Santiago de Compostela ata maio do ano 2007 A partir de entón está situado no primeiro andar das Vivendas dos Catedráticos, na Avenida das Ciencias no Campus Sur onde ocupa un espazo de 140 metros cadrados. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo. 1.2.2 Soporte informático A infraestrutura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte: Campus de Lugo Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP Unha impresora láser, branco e negro

Campus de Santiago 6 ordenadores tipo PC, S.O. Windows XP Un ordenador portátil, tipo PC, S.O. Windows XP Unha impresora a cor, de inxección de tinta Dúas impresoras láser, branco e negro

Un escáner

Unha fotocopiadora-impresora láser

1.2.3 Internet O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC. http://www.usc.es/snl

Page 9: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

8

Durante o curso de referencia ampliáronse contidos en todas as áreas. 1.2.4 Comunicacións A infraestrutura de comunicacións ao dispor do SNL é a seguinte: Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL grazas á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

Campus de Lugo: A extensión telefónica 23582 Os seguintes enderezos electrónicos:

Xeral [email protected] SNL.Campus de Lugo Persoal [email protected] Xusto A. Rodríguez Río

Page 10: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

9

Campus de Santiago Unha liña telefónica externa, o 981 528018 As seguintes extensións telefónicas:

11312 Manuel Núñez Singala 11309 Isabel Vaquero Quintela 11327 Manuel Bermúdez Blanco 11316 Administración 11364 Bolseiros 11314 Bolseiros 11324 Bolseiros 11369 Bolseiros que a partir de maio de 2007, debido ao cambio de local, deixan de estar operativas e substitúense polas seguintes: 14494 Manuel Núñez Singala 14491 Isabel Vaquero Quintela 14493 Manuel Bermúdez Blanco 14490 Administración 14492 Bolseiros

Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

Xerais [email protected] SNL. Campus de Santiago [email protected] Administración Persoais [email protected] Manuel Núñez Singala [email protected] Isabel Vaquero Quintela [email protected] Manuel Bermúdez Blanco [email protected] Administración [email protected] David Cobas Medín [email protected] Rubén Fernández Rivadeneira [email protected] Anxo Manuel Otero Montero

1.2.5 Biblioteca e documentación O SNL conta cunha biblioteca constituída por arredor de 1 100 volumes especializados en temas de lingüística, ademais dun número indeterminado de revistas. Ofrécese un servizo de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas.

Page 11: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

10

Durante o curso 2006-2007 engadíronse arredor de corenta novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doazóns. Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servizo e ao mesmo tempo fichado en soporte informático. Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios: La Voz de Galicia El Correo Gallego Galicia Hoxe A Nosa Terra El País 1.3 Relacións con outros organismos 1.3.1 Mediante convenio Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

A USC asinou, no ano 2006, un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para levar a cabo un programa de

actuacións en materia de normalización lingüística. Neste convenio acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudantes, PAS e PDI; a elaboración de diverso material de apoio á docencia; a edición da revista O Cartafol en versión dixital e en papel; diversas accións para as comisións de normalización lingüística dos centros; o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación e a realización dunha campaña para premiar os mellores traballos de curso en galego, entre outras accións. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 72.000 €.

Page 12: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

11

Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue. O primeiro deles, de ámbito xeral, ten como obxectivo levar a cabo accións comúns destinadas ao desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de

información e documentación no eido da terminoloxía. O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións: Unión Latina. DTIL. París (Francia) Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España) Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia) Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de

Corse. Córsega (Francia) PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia) Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia) Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia) 1.3.2 Mediante participación. O SNL participa e coopera cos seguintes organismos: Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen . Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede. En

calidade de tal asistiu á IX Asemblea Xeral da Rede Panlatina de Terminoloxía que tivo lugar en Bertinoro, Emilia-Romagna, Italia, os días 8 e 9 de xuño de 2007.

Page 13: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

12

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue apoiando o proxecto LINMITER.

AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación.

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística

O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración primeiro e o seguimento despois do Plan Municipal de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de

Especialidade

Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servizo son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. O director do Servizo é o coordinador da devandita comisión.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Manuel Bermúdez Blanco forma parte desta comisión.

Page 14: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

13

RITerm. Red Iberoamericana de Terminología

O Servizo de Normalización Lingüística é membro institucional de RITerm, organización en cuxos encontros e simposios veñen participando con diversa regularidade membros do Servizo.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O director do Servizo participa como experto no Proxecto para a avaliación e aprendizaxe de galego destinado a renovar o sistema de ensino non regrado de lingua galega para adultos.

1.3.3 Outros O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servizos lingüísticos: Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade do País Vasco Universidade Pública de Navarra Universitat Autònoma de Barcelona Universitat d’Alacant Universitat de Barcelona Universitat de Girona Universitat de les Illes Balears Universitat Jaume I Universitat de Lleida Universitat Politècnica de Catalunya Universitat Pompeu Fabra Universitat Ramon Llull Universitat Rovira i Virgili Universitat de Valencia

Page 15: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

14

Universitat de Vic Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia TERMCAT. Cataluña. Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos

Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina. Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá. Office québécois de la langue française. Quebec. Canada. Université de Paris VIII Existen tamén intercambios de información, material e experiencias con multitude de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación… Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística. 1.4 Formación do persoal 1.4.1 Asistencia a cursos, congresos e xornadas Erkänd 2 Conference. A comparative view on the regional and minority language policies and developements of Spain and Sweden. Finskt sprak-och kulturcentrum Institutionen för humaniora. Mälardalen University. Eskilstuna. Suecia. Setembro de 2006. Manuel Núñez Singala X Encontros para a Normalización Lingüística. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega. Novembro 2006. Santiago de Compostela. Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela La evaluación en el proceso de aprendizaje de una lengua exranjera. Diseño y administración de pruebas de clasificación y de dominio. Curso de 10 horas. Universidad de Deusto. Instituto Cervantes. Bilbao. 24 e 25 de novembro de 2006. Manuel Núñez Singala

Page 16: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

15

I Convegno Ass.I.Term & Realiter. Terminologia e mediazione linguistica: approcci e metodi a confronto. Centro Residenziale Universitario di Bertinoro. Scuola Superiore di Lingue Moderne per Interpreti e Traduttori. Università di Bologna. Forlì. Italia.8 e 9 de xuño de 2007. Manuel Núñez Singala Foro de debate Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 19 e 20 de xuño de 2007. Manuel Núñez Singala Xornadas Terminoloxía Universidade de Vigo Universidade de Vigo. Vigo, 28 e 29 de xuño de 2007

Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados Erkänd 2 Conference. A comparative view on the regional and minority language policies and developements of Spain and Sweden. Finskt sprak-och kulturcentrum Institutionen för humaniora. Mälardalen University. Eskilstuna. Suecia. Setembro de 2006. Presenación da conferencia “The position of the Galician language, a brief historical vision and prospects for the future” Manuel Núñez Singala I Seminario de dinamización lingüística no ensino. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela e Lugo. Novembro de 2006. Docencia no módulo “O concepto de dinamización lingüística e o papel do/a dinamizador” Isabel Vaquero Quintela II Premio Luísa Villalta de iniciativas normalizadoras na Universidade da Coruña. Participación como membro do xurado. Reitoría da Universidade da Coruña. Novembro 2006. A Coruña.

Manuel Bermúdez Blanco

Curso para lectores de galego en activo. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Hotel Los Abetos. 27 de decembro de 2006. Docencia no módulo “O Marco europeo común de referencia para as linguas e os Niveis de competencia en lingua galega” Manuel Núñez Singala

Page 17: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

16

Curso Constitución e xestión de equipos de traballo e grupos de participación. Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística. Febreiro de 2006. Impartición da charla “As comisións de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela” Isabel Vaquero Quintela Conferencia”<<Abrir ventá>> e <<Fechar xanela>>: estilo e teminoloxía na localización de software” Mancomún. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre. 110 e 11 de maio de 2007. Santiago de Compostela Xusto A. Rodríguez Río Curso de galego para docentes. (Habilidades comunicativas en galego) Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. IES Monte de Conxo, 4 e 5 de xullo de 2007. Docencia nun módulo de 5 horas. Manuel Núñez Singala Curso de formación de profesores de galego. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Facultade de Dereito. 16 de xullo de 2007. Docencia no módulo de 4 horas “Enfoque comunicativos e Marco europeo común de referencia para as linguas. Os Celga” Manuel Núñez Singala 1.4.3 Participación en tribunais Manuel Bermúdez Blanco Auxiliar Técnico Informático

Manuel Núñez Singala Auxiliares Administrativos Analista Informático Técnico Normalización Lingüística. (USC)

Isabel Vaquero Quintela Enxeñeiros de Telecomunicacións Técnico de Normalización Lingüística. (Concello de Santiago) Técnico Normalización Lingüística. (USC) Médico de empresa

Page 18: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

17

Responsable da área Manuel Bermúdez Blanco

Ase

sora

men

to li

ngüí

stic

o

2.1 Xeneralidades

2.2 Tarifas de determinadas tarefas de corrección e

tradución

2.2.1 Tarifas

2.2.2 Valoración

2.3 O Web

2.4 Corrección

2.4.1 Límites da corrección

2.4.2 A autocorrección

2.4.3 Distribución de correctores ortográficos

2.5 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

2.6 Traballo realizado

2.6.1 Corrección

2.6.2 Tradución

2.6.3 Asesoramento puntual

2.6.4 A tradución do catálogo da BUSC

2.7 Publicacións

Page 19: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

18

2.1 Xeneralidades A área de asesoramento ten como tarefas principais a corrección, o asesoramento puntual e a tradución de documentos. Un técnico actúa como responsable da área e ocúpase da súa coordinación. Durante o curso de referencia estiveron dous bolseiros adscritos a esta área. 2.2. Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución Neste período 2006-2007 seguen vixentes as tarifas para determinados traballos de corrección e de tradución. O prezo cobrado por cada unidade de traballo non experimentou cambio ningún con respecto ao período anterior. É importante salientar que ningún membro da USC, no desenvolvemento da súa actividade profesional, vai ter que pagar prezo ningún por este servizo. Trátase dunha tarificación pensada para tres casos:

1) Grupos de investigación que sexan contratados para desenvolver un traballo para fóra da USC.

2) Empresas con participación da USC 3) Empresas alleas á USC pero que teñan unha relación puntual con ela.

O que se pretende con este sistema é: 1) Dar un mellor servizo á comunidade universitaria 2) Darlle valor a aquelas empresas ou grupos que fan as cousas en galego 3) Captación de recursos externos. Neste punto deberamos aclarar que o SNL

desexa facer competencia desleal ás empresas que viven da xestión lingüística, de xeito que existe un compromiso moi firme en non saírmos dos tres casos establecidos.

2.2.1 Tarifas O Consello de Dirección aprobou, a proposta do SNL, as seguintes tarifas: Servizo de Normalización Lingüística 2006 Traduc. Grupo Investigac. (por palabra) cast-galego Linguaxe común 0,020 € Traduc. Grupo investigación (por palabra) cast-galego. Linguaxe especializada 0,030 € Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe común 0,005 € Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe especializada 0,008 € Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,030 € Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe espec. 0,040 € Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,010 € Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe especial. 0,015 € Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe común 0,050 € Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe especializada 0,060 € Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe común 0,015 € Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe especializada 0,025 € Recargo por urxencia 10%

Page 20: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

19

2.2.2 Valoración e resultados A valoración dos usuarios verbo do establecemento destas tarifas é positivo. Non se deron casos de desacordo explícito coa medida despois de darmos as explicacións convenientes. Durante o período 2006/2007 o SNL recadou a cantidade de 123,20 € por este concepto. 2.3 O Web Ter un web completo e actualizado permite mellorar a atención ao usuario e facer máis rendible moitas das actuacións que se levan a cabo. Por un lado, estende a atención a todo o horario laboral e, polo outro, utiliza formatos dixitais no canto dos formatos tradicionais, máis caros e menos dinámicos. O web da área de asesoramento inclúe máis de 250 páxinas con información e recursos útiles para o usuario. Está distribuído en seis seccións:

corrección de textos

tradución de textos

resolución de consultas lingüísticas

deseño de documentos

establecemento de fundamentos propios da USC

recursos (dicionarios, correctores, etc.)

Os problemas detectados en relación ao funcionamento do web é que a información está pouco visible dentro do web do SNL. Unha persoa que queira saber que recursos hai para a escrita debe saber que isto está localizado dentro de Asesoramento, e isto non sempre é tan obvio para todo o mundo. Cómpre redeseñar a páxina de entrada de xeito que se vexa desde o inicio os servizos máis demandados polo usuario medio. 2.4 Corrección 2.4.1 Límites da corrección O labor de corrección que se leva a cabo no SNL da Universidade que cumprir a función de formación do usuario e debe ser resultado da estratexia que marque a planificación lingüística.

Page 21: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

20

Como principio básico establécese unha análise previa á corrección, e a aplicación duns criterios que marcan a diferenza entre os documentos que se corrixen e os que non. Dependendo tamén destes criterios, aplícanse uns sistemas de corrección que se adecúan aos diferentes tipos de documento. 2.4.2 A autocorrección O sistema de corrección establecido, a través do sistema de control de cambios (http://www.usc.es/snl/asesora/correccion/controlcambios_correccion.htm) e a autocorrección previa coa utilización de verificadores automáticos pretenden facer o usuario autosuficiente e, polo tanto, menos dependente da corrección feita polo SNL. Á parte disto, se non se parte, por principio, que a corrección dun texto é responsabilidade do seu autor, non haberá posibilidade de que se forme e que mellore. 2.4.3 Distribución de correctores ortográficos Para facer a distribución de correctores ortográficos utilízase a plataforma do web (http://www.usc.es/snl/asesora/correccion/corrector_correccion.htm) e a distribución de correctores en soporte físico (CD-Rom). 2.5 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento De todos os traballos desenvolvidos en corrección e tradución hai que destacar que na maior parte das veces se cumpriron os prazos de execución. Das arredor de 232 actuacións, só 22 (algo menos do 10%), non puideron ser satisfeitas no tempo solicitado polo usuario. Hai que ter en conta que o nivel de eficacia é alto pois as datas de entrega solicitadas son as que fixa o usuario. Por outra banda cómpre ter presente que 47 actuacións, (o 20%) foron entregadas antes do prazo fixado para iso polo solicitante.

No prazo

previsto71%

Despois de

prazo9%

Antes de

prazo20%

Page 22: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

21

2.6 Traballo realizado Durante o curso de referencia, a o SNL procesou un total 8432 folios. Destes, 2.355 corresponden a traducións, e 6.432 a correccións..

Traducións

Correccións

1720

6712

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

2.6.1 Corrección Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

1801

2903

2008

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

Estudantes PDI PAS

S1

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

Grao de cumprimento de prazos

Page 23: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

22

O número de páxinas corrixidas nos colectivos de estudantes descende respecto ao exercicio anterior en 250 páxinas. Probablemente sexa debido a unha maior competencia lingüística neste grupos, nos que a formación en lingua galega leva desenvolvéndose con intensidade dende hai anos. No que toca ao colectivo do PDI, o número de correccións solicitadas ascende de maneira significativa (máis de 1000 páxinas), motivado, sen dúbida, polas actuacións centradas en determinados centros de ensino a través de cursos de unidades didácticas. 2.6.2 Tradución A través dos tradutores automáticos ofrecemos a posibilidade a determinados usuarios de que fagan o material en galego para que nós, en casos concretos, desenvolvamos a tradución ao castelán. Unha vez máis destaca a demanda notable deste tipo de servizo por parte do persoal docente e investigador.

112

1211

397

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

Estudantes PDI PAS

S1

Page 24: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

23

319

1401

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

1600

Galego-Castelán Castelán-Galego

S1

2.6.3 Asesoramento puntual O asesoramento puntual en tempo real (presencial ou telefónico) ou o recibido por correo electrónico ten moita importancia e é un dos labores que mellores resultados ofrece na satisfacción dos usuarios. No período actual rexeitouse de maneira sistemática o requirimento deste servizo por persoas alleas á Universidade, foran do contorno galego ou non.

Page 25: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

24

2.6.4 A tradución do catálogo da BUSC Este traballo lévase desenvolvendo desde hai xa tempo e neste período séguese a traballar na tradución de distintas incorporacións que sofre o Catálogo. O traballo desenvolvido centralízase na dirección da BUSC e remítese ao SNL para lle dar solución. 2.7 Publicacións Destaca neste apartado a publicación de do método ISTAS para a avaliación de riscos psicosiciais para toda a contorna galega. Este traballo desenvolveuse co Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Santiago e a Mutua Gallega. Traballouse na corrección das actas do I Congreso de Agroecoloxía; na corrección da obra teatral de Lorca “O público” e en numerosas exposicións desenvolvidas na USC a través da Vicerreitoría de Cultura. Desenvolvemos un traballo constante coa Área de Deportes na corrección dos folletos deste departamento. Coa Reitoría e as vicerreitorías os traballos son constantes. Destaca o labor desenvolvido coas vicerreitorías de economía e estudantes. Con estes últimos traballamos especialmente cos programas A Ponte e a presentación de servizos á comunidade universitaria.

Page 26: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

25

Responsable da área Manuel Núñez Singala

Form

ació

n

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

3.1.1.1 Cursos de comunicación de calidade a través do

correo electrónico

3.1.1.2 Cursos de comunicación escrita. Técnicas de

redacción

3.1.1.3 Cursos de ferramentas informáticas para a lingua

galega

3.1.1.4 Cursos de lingua galega oral

3.1.1.5 Cursos de linguaxe administrativa

3.1.1.6 Cursos de reciclaxe de lingua galega

3.1.2 Dirixidos aos estudantes

3.1.2.1 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Page 27: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

26

3.1 Cursos organizados Durante o curso 2006-2007 o Servizo de Normalización Lingüística organizou un total de 16 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución: 3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 3 cursos de comunicación de calidade a través do correo electrónico 1 curso de comunicación escrita, técnicas de redacción 1 curso de ferramentas informáticas para a lingua galega 2 cursos de lingua galega oral 2 cursos de linguaxe administrativa 1 curso de reciclaxe de lingua galega Por campus, a distribución foi a seguinte: Campus de Santiago de Compostela: 12 cursos 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 3 cursos de comunicación de calidade a través do correo electrónico 1 curso de comunicación escrita, técnicas de redacción 1 curso de ferramentas informáticas para a lingua galega 1 curso de lingua galega oral 1 curso de linguaxe administrativa 1 curso de reciclaxe de lingua galega

Campus de Lugo: 4 cursos 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 1 curso de lingua galega oral 1 curso de linguaxe administrativa

O número total de estudantes matriculados nos cursos do SNL foi de 215 persoas, das cales 174 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 41 no Campus de Lugo. 3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos Os cursos orientados ao persoal de administración e servizos (PAS) organízanse conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS.

Page 28: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

27

3.1.1.1 Cursos de comunicación de calidade a través do correo electrónico Este curso oriéntase ao PAS da Universidade que faga un uso frecuente de programas de correo electrónico e que desexe:

Optimizar as técnicas de redacción en canto ao correo electrónico

Coidar a calidade, efectividade e rigor da comunicación electrónica

Aplicar criterios de coherencia, cohesión e adecuación nas mensaxes electrónicas

O curso ten unha duración de 10 horas e tiveron lugar tres cursos en Santiago de Compostela aos que asistiron 45 persoas 3.1.1.2 Cursos de comunicación escrita, técnicas de redacción Estes cursos diríxese ao persoal de administración e servizos que teña, entre as súas atribucións, a de redactar calquera tipo de textos, administrativos ou non. Foi organizado un único curso no campus de Santiago ao que asistiron 17 persoas. 3.1.1.3 Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega Con este curso preténdese divulgar a existencia e o funcionamento de todos aqueles programas informáticos que poidan resultar útiles para a mellora da comunicación en lingua galega, desde correctores informáticos ou tradutores automáticos ata os recursos en liña máis útiles para a lingua galega, manuais de estilo, dicionarios en liña, etc. Tivo lugar un curso deste tipo no campus de Santiago de Compostela e o número de asistentes foi de 16 persoas. 3.1.1.4 Curso de lingua galega oral Os cursos de lingua galega oral diríxense a todo o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela, especialmente a aquelas persoas que desenvolvan labores de atención ao público ou que, no seu traballo, o emprego correcto da lingua oral sexa relevante. O curso ten unha duración de 20 horas. No ano de referencia tiveron lugar dous cursos deste tipo, un no campus de Lugo e outro no de Santiago de Compostela, cunha asistencia de 6 e 16 persoas, respectivamente. 3.1.1.5 Cursos de linguaxe administrativa Estes cursos diríxense ao persoal de administración que desexe perfeccionar os seus coñecementos do tecnolecto administrativo galego.

Page 29: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

28

Durante o ano de referencia tivo lugar un curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago e outro no de Lugo. O número de asistentes foi de 30 persoas, 15 en cada campus. 3.1.1.6 Cursos de reciclaxe de lingua galega Estes cursos diríxense a todas aquelas persoas que, posuíndo uns coñecementos previos de lingua galega, desexen actualizalos. Durante o ano de referencia tivo lugar un único curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago. O número de asistentes a este curso foi de 15 persoas. 3.1.2 Dirixidos aos estudantes 3.1.2.1 Cursos de lingua galega para non galegofalantes Organízanse en dous niveis básicos que reciben o nome de Básico I e Básico II, o primeiro deles dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e o segundo orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua. Durante o período de referencia tiveron lugar seis cursos: tres deles do nivel Básico I, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago; e outros tres do nivel Básico II, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago. O total de matriculados nestes cursos foi de 70 persoas: 24 no nivel Básico I e 32 no Básico II. Cada curso computou tres créditos de libre configuración. A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

Page 30: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

29

ArxentinaBrasilBulgaria

Colombia

GreciaItalia

México

Polonia

Reino UnidoSuíza

USAVenezuelaXapón

España

Galicia

Verbo da procedencia daqueles estudantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

AndalucíaAragón

Asturias

CantabriaCanarias

Castela-León

Cataluña

Illas BalearesMadrid

País Vasco

Valencia

Page 31: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

30

Responsable da área Isabel Vaquero Quintela

Din

amiz

ació

n lin

güís

tica

4.1 Publicacións

4.1.1 O Cartafol dixital

4.1.2 O Cartafol en papel

4.1.3 O Web

4.2 Análises, informes e propostas

4.2.1 Uso do galego na docencia

4.2.2 Uso do galego na investigación básica

4.3 Campañas

4.3.1 Queixas lingüísticas

4.4.Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros

4.4.1 Coordinación

4.4.2 Premios á calidade lingüística

4.4.3 III Concurso de Monólogos Monolingües

4.4.4 Escola Universitaria de Relacións Laborais

4.4.5 Facultade de Administración e Dirección de Empresas

4.4.6 Facultade de Ciencias da Educación

4.4.7 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

4.4.8 Escola Politécnica Superior

4.4.9 Facultade de Psicoloxía

4.4.10 Facultade de Bioloxía

4.4.11 Escola Universitaria de Formación do Profesorado

4.4.12 Facultade de Dereito

4.4.13 Facultade de CC. da Educación

Page 32: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

31

4.1 Publicacións 4.1.1 O Cartafol dixital Durante o curso 2006-2007 a área planificou, coordinou, elaborou e publicou os números correspondentes aos meses de outubro a abril d’O Cartafol dixital. Isto supuxo:

A elaboración de 27 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar de novas sobre a lingua tanto na USC como fóra dela

O seguimento mensual da prensa para a elaboración da sección “Ruxe-ruxe”, para a que se redactaron 38 resumos de novas coas súas respectivas ligazóns

A coordinación dos traballos de elaboración de artigos para as seccións “Pasa a folla” e “Sabías que?”

O seguimento de diferentes eventos relacionados coa lingua na USC para informar na sección “Axenda” (eventos na Universidade en relación coa lingua)

Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que cuns 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS. Tamén o Xornal electrónico da USC adoita facerse eco da publicación de cada número, e mesmo dalgunha das informacións con certo detalle. Ademais, tamén se difunde entre o estudantado, a través da lista USC-estudantes. Ademais, fíxoselle chegar tamén por correo electrónico a unha serie de contactos externos:

o Medios de comunicación (28) o Centros de referencia en lingua galega (16) o Organizacións de promoción e defensa da lingua galega (9) o Outros servizos lingüísticos e de normalización (31) o Compromisos en Galicia (84) o Compromisos fóra de Galicia (14)

4.1.2 O Cartafol en papel Planificouse, coordinouse, elaborouse e difundiuse os números 38 e 39 d’O Cartafol,.En total, redactáronse 22 artigos, mais os contidos correspondentes ás dúas seccións fixas do boletín.

Page 33: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

32

Cómpre lembrar que os seus contidos son diferentes aos da versión dixital, e que non busca tanto a actualidade ou informar de actividades, como ofrecer unha panorámica sobre a lingua na USC con maior reflexión e profundidade. A maquetación e impresión d’O Cartafol realízase na Imprenta da Universidade, a plena satisfacción por parte da Área. Faise unha tiraxe de 4.000 exemplares que se difunden practicamente na súa totalidade na USC, a través dos diferentes centros, departamentos e servizos, de acordo cun reparto proporcionado ao número de lectores potenciais en cada un deles. Nos centros en que existe comisión de normalización lingüística, é a ela á que se lle fai chegar o envío. Así dende o SNL faise un total de 62 envíos diferentes, que reparten case 3.900 exemplares en toda a Universidade. 4.1.3 O Web Os contidos relacionados coa dinamización lingüistica artéllanse arredor de catro eixes:

Actividades Comisións de normalización lingüística O galego na docencia Documentos e recursos

No curso 2006-2007 completáronse todos os contidos, engadindo: O galego na docencia

Obxectivos Datos

o Datos globais da docencia na USC. Cursos 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07 o Datos por titulacións. Cursos 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07 o Datos por departamentos. Cursos 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07 o Datos comentados. 03-04 / 04-05 / 05-06 / 06-07

Galeguización dos programas o Proposta do SNL para a galeguización dos programas das materias o Resultados do curso 2004-2005 o Resultados do curso 2005-2006

O galego, un valor para o PDI o Galego e relación de postos de traballo de PDI o O galego e o acceso aos corpos de funcionarios docentes universitarios o O galego e a selección de PDI contratado e interino

Documentos e recursos

Bibliografía Ligazóns

Dinamización

Page 34: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2006-2007

33

Entidades e organismos Lexislación e dereitos lingüísticos Onomástica e toponimia Software

Ademais actualizáronse os contidos correspondentes a Actividades e Comisións de Normalización Lingüística. En total, arestora o web de dinamización conta con 47 páxinas html, das cales 9 conteñen formularios interactivos, e con 75 documentos. Procurouse non superar o terceiro nivel de profundidade á hora de distribuír os contidos. 4.2 Análises, informes e propostas 4.2.1 Uso do galego na docencia A ferramenta XesCampus proporciónanos dende o curso 2003-2004 datos referidos ao uso de idiomas na docencia na USC, a partir dos datos proporcionados nos POD, e relativos ao número de horas de docencia. A Área de Dinamización Lingüística encárgase da explotación destes datos, así como da súa publicación a través d’O Cartafol. Aínda que cómpre considerar os datos concretos con precaución, o Plan de Organización Docente amosa as grandes tendencias sobre o uso dos idiomas na docencia. O castelán segue sendo o idioma maioritario de docencia da USC, e o galego, a lingua da quinta parte da actividade docente. A presenza doutros idiomas non oficiais na USC na docencia suma case un 5%.

Ao debullar os datos por departamentos: 0% de uso do galego: 20 departamentos (5 máis ca no curso anterior)

Page 35: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

34

[2111] Bioquímica e Bioloxía Molecular [2112] Microbioloxía e Parasitoloxía [2116] Bioloxía Animal [2119] Cirurxía [2120] Ciencias Morfolóxicas [2123] Filoloxía Francesa e Italiana [2125] Filoloxía Inglesa [2135] Física da Materia Condensada [2136] Física de Partículas [2150] Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía [2153] Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica [2161] Enfermaría [2168] Obstetricia e Xinecoloxía [2174] Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses [2175] Lingua Española [2176] Filoloxía Alemá [2177] Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía [2178] Estomatoloxía [2179] Xenética [2184] Fisioloxía Vexetal

Ata o 25% das súas horas docentes en galego: 34 departamentos (catro menos có

curso anterior) [2121] Pediatría 0,15% [2169] Enxeñaría Agroforestal 1,76% [2147] Química Física 2,81% [2166] Medicina 2,84% [2148] Química Orgánica 3,17% [2102] Dereito Mercantil e do Traballo 3,39% [2163] Farmacoloxía 5,13% [2183] Botánica 5,46% [2181] Socioloxía 6,33% [2113] Fisioloxía 6,54% [2167] Patoloxía Animal 7,54% [2104] Dereito Público Especial 7,91% [2149] Enxeñaría Química 9,20% [2132] Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía 10,62% [2185] Ciencias Clínicas Veterinarias 10,64% [2110] Organización de Empresas e Comercialización 11,04% [2101] Dereito Público e Teoría do Estado 11,31% [2173] Anatomía e Produción Animal 11,96% [2151] Electrónica e Computación 12,98% [2109] Economía Financeira e Contabilidade 13,19% [2126] Latín e Grego 13,74% [2145] Estatística e Investigación Operativa 14,07% [2103] Dereito Común 14,11% [2146] Química Inorgánica 15,04% [2143] Álxebra 16,03%

Page 36: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

35

[2158] Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal 16,40% [2118] Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública 17,55% [2108] Fundamentos da Análise Económica 17,62% [2124] Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral 18,69% [2180] Bioloxía Celular e Ecoloxía 20,80% [2141] Análise Matemática 20,94% [2137] Historia da Arte 21,66% [2105] Socioloxía e Ciencia Política e da Administración 22,64% [2134] Física Aplicada 23,63%

Entre o 25% e o 50% das súas horas de clase en galego: 13 departamentos (1 máis

ca no curso anterior) [2114] Edafoloxía e Química Agrícola 25,32% [2144] Xeometría e Topoloxía 25,66% [2139] Historia Medieval e Moderna 29,09% [2142] Matemática Aplicada 29,09% [2127] Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía 30,75% [2154] Produción Vexetal 31,32% [2128] Psicoloxía Evolutiva e da Educación 33,36% [2182] Ciencia Política e da Administración 38,18% [2140] Xeografía 38,83% [2162] Lóxica e Filosofía Moral 39,44% [2160] Didáctica das Ciencias Experimentais 41,11% [2133] Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación 44,64% [2138] Historia I 45,01%

Máis do 50% das súas horas docentes en galego: 10 departamentos (2 menos ca no

curso anterior) [2165] Economía Cuantitativa 55,27% [2107] Economía Aplicada 56,04% [2157] Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais 65,41% [2130] Didáctica e Organización Escolar 66,89% [2122] Filoloxía Galega 68,86% [2129] Filosofía e Antropoloxía Social 69,39% [2155] Historia Contemporánea e de América 74,58% [2131] Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social 78,85% [2106] Historia e Institucións Económicas 79,10% [2152] Ciencias da Comunicación 85,19%

Ao debullar os datos por titulacións:

0% de uso do galego: 6 titulacións (3 máis ca no curso anterior) ENX. TÉC. AGRÍCOLA, INDUSTRIAS AGRARIAS E ALIMENTARIAS [L] ENFERMARÍA OBSTÉTRICO-XINECOLÓXICA MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN MUSICAL LICENCIATURA EN FILOLOXÍA FRANCESA LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ITALIANA

Page 37: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

36

DIPLOMATURA EN RELACIÓNS LABORAIS [L] (ADSCRITA) Ata o 25% de horas docentes en galego: 36 titulacións (1 menos ca no curso

anterior)

DIPLOMATURA EN ENFERMARÍA 0,21% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA 1,14% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ALEMÁ 1,47% LICENCIATURA EN MEDICINA 3,15% LICENCIATURA EN ODONTOLOXÍA 3,42% LICENCIATURA EN QUÍMICA 3,43% LICENCIATURA EN CIENCIA E TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS [L] 4,65% LICENCIATURA EN MEDICINA 5,00% LICENCIATURA EN FARMACIA 5,04% LICENCIATURA EN BIOLOXÍA 5,40% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA PORTUGUESA 5,47% LICENCIATURA EN QUÍMICA [L] 6,10% ENX. TÉC. DE OBRAS PÚB., TRANSP. E SERVIZOS URBANOS [L] 6,14% LICENCIATURA EN VETERINARIA [L] 7,01% ENX. TÉC. AGRÍCOLA, MECANIZACIÓN E CONSTR. RURAIS [L] 8,47% LICENCIATURA EN FÍSICA 9,32% LICENCIATURA EN DEREITO 9,55% ENX. TÉC. INDUSTRIAL, qUÍMICA INDUSTRIAL [L] 9,71% ENX. AGRÓNOMA [L] 9,83% DIPLOMATURA EN RELACIÓNS LABORAIS 10,44% GRADUADO EN CC. CRIMINOLÓXICAS E DA SEGURIDADE PÚB. 10,88% ENX. TÉC. EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS 11,04% ENX. TÉC. AGRÍCOLA, HORTOFRUTICULTURA E XARDINARÍA [L] 12,18% ENX. QUÍMICA 13,57% DIPLOMATURA EN ÓPTICA E OPTOMETRÍA 13,97% ENX. TÉC. EN TOPOGRAFÍA [L] 14,29% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA CLÁSICA 15,28% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA HISPÁNICA [L] 15,49% ENX. DE MONTES [L] 18,43% LICENCIATURA EN PSICOLOXÍA 18,84% LICENCIATURA EN MATEMÁTICAS 19,12% LICENCIATURA EN ADMÓN. E DIRECCIÓN DE EMPRESAS 19,75% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA HISPÁNICA 21,61% LICENCIATURA EN HISTORIA DA ARTE 21,65% ENX. TÉC. AGRÍCOLA, EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS [L] 23,07% MESTRE, ESP. EN LINGUA ESTRANXEIRA [L] 24,12%

Entre o 25% e o 50% de horas docentes en galego: 16 titulacións (9 menos ca

no curso anterior)

LICENCIATURA EN CIENCIAS POLÍTICAS E DA ADMÓN. 26,43% MESTRE, ESP. EN LINGUA ESTRANXEIRA 27,19% ENX. TÉC. FORESTAL, EXPLOTACIÓNS FORESTAIS [L] 29,46% MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN FÍSICA [L] 29,72%

Page 38: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

37

MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN PRIMARIA [L] 30,04% ENX. TÉC. AGRÍCOLA [L] 34,37% DIPLOMATURA EN TRABALLO SOCIAL (ADSCRITA) 35,08% LICENCIATURA EN ADMÓN. E DIRECCIÓN DE EMPRESAS [L] 36,62% LICENCIATURA EN XEOGRAFÍA 38,89% DIPLOMATURA EN CIENCIAS EMPRESARIAIS [L] 39,88% MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN PRIMARIA 41,40% LICENCIATURA EN ECONOMÍA 42,79% LICENCIATURA EN HISTORIA 43,24% LICENCIATURA EN HUMANIDADES [L] 44,72% MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN INFANTIL [L] 49,82% MESTRE, ESP. EN EDUCACIÓN INFANTIL 50,00%

Máis do 50% de horas docentes en galego: 9 titulacións (3 máis ca no curso

anterior)

LICENCIATURA EN FILOSOFÍA 46,98% 53,02% LICENCIATURA EN PEDAGOXÍA 43,39% 56,61% LICENCIATURA EN PSICOPEDAGOXÍA 40,78% 59,22% LICENCIATURA EN COMUNIC. AUDIOVISUAL (Coa Uvigo) 32,73% 67,27% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA ROMÁNICA 26,09% 73,91% DIPLOMATURA EN EDUCACIÓN SOCIAL 19,16% 80,84% LICENCIATURA EN XORNALISMO 11,87% 88,13% DIPLOMATURA EN ENFERMARÍA [L] (ADSCRITA) 0,41% 94,42% LICENCIATURA EN FILOLOXÍA GALEGA 0,00% 100,00%

4.2.2 Uso do galego na investigación básica Como todos os anos a Área de Dinamización estudou a principios de 2007 os resultados das campañas de axuda do ano 2006 á realización en galego de traballos de investigación básica: teses, memorias de licenciatura, proxectos de fin de carreira e traballos de investigación tutelados (TIT). Durante o ano 2006 beneficiáronse destas axudas: 16 teses de doutoramento (dun total de 192, o 8,3%) 5 memorias de licenciatura (dun total de 84, o 5,9%) 58 proxectos de fin de carreira (de 588, o 9,8%) 13 traballos de investigación tutelados (de 556, o 2,3%) A evolución das axudas reflíctese na seguinte gráfica:

Page 39: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

38

4.3 Campañas 4.3.1 Queixas lingüísticas Durante o curso académico 2006-2007 recibíronse queixas en relación a:

o A utilización do castelán por parte de cargos académicos (o novo xerente e a vicerreitora de Calidade).

o O servizo de westlaw aranzadi, por non estar dispoñible en galego a versión consolidada das leis galegas.

o Case nula docencia en galego por parte de estudantes dalgunhas titulacións, que ademais denunciaban unha “penalización” por usaren o galego.

Todas elas foron comunicadas á secretaria xeral. 4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros 4.4.1 Coordinación

Seguimento e actualización da aparición e composición das cnl Seguimento e apoio das actividades das cnl, que incluíu asistencia a xuntanzas

das cnl nos centros. Envío de información de xeito puntual, a través de correo postal e electrónico. Reunión de coordinación o 27 de novembro de 2006 para informar sobre o

traballo desenvolvido polas comisión de normalización lingüística no curso 2005-2006 e programar para o ano 2007.

Page 40: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

39

Coordinación, seguimento e apoio das solicitudes de financiamento feitas polas cnl para incluír na addenda anual ao convenio de colaboración da USC e a DXPL da Xunta de Galicia. Labores de secretaría

4.4.2 Premios á calidade lingüística

o Concesión dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos (2005-2006):

o Seguimento na recepción dos traballos o Coordinación e asesoramento na constitución dos xurados e no

procedemento o Comunicacións formais aos premiados/as o Xestións dos pagamentos o Asesoramento e coordinación dos actos de entrega dos premios

o Convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos

académicos para este curso 2006-2007. o Aumenta o número de comisións organizadoras:

Escola Politécnica Superior Psicoloxía Económicas Administracion e Dirección de Empresas (Lugo) Bioloxía Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo) CC. da Educación Dereito

o Reelaboración das bases do concurso o Actualización do web: información sobre o concurso e sobre

ferramentas de apoio o Difusión do concurso: O Cartafol, notas de prensa; nos centros: reparto

e envío de folletos-cartel, actos de presentación. o Coordinación da iniciativa nos centros

4.4.3 III Concurso de Monólogos Monolingües A Área fíxose cargo da organización do III Concurso de Monólogos Monolingües, unha actividade que impulsara os anos anteriores a CNL de Económicas, con grande éxito de público e participación. Desta volta o concurso organizábano conxuntamente as tres universidades galegas. Para difundilo e estimular a participación, ademais da habitual difusión a través dos gabinetes de comunicación universitarios –que enviaron notas de prensa-, contouse co apoio da Radio Galega e doutras cadeas de radio.

Page 41: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

40

O concurso desenvolveuse o 29 de novembro de 2006 na Facultade de Dereito. Foi presentado por membros da NASA (Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés) e contou coa actuación de Leo i Arremecaghoná e mais Raúl Piñeiro, gañadores en anteriores ocasións. Obtivo un discreto éxito de público (150 persoas, aproximadamente), escasa participación de monologuistas (2), e importante eco na prensa. Dende a Área fíxose:

o Coordinación coas outras dúas universidades. o Seguimento da organización e planificación do Concurso, Publicidade e

difusión o Xestións nos pagamentos dos premios e do mantedores-presentadores do acto.

4.4.4 Escola Universitaria de Relacións Laborais A Área de Dinamización coordinou o ciclo de conferencias e táboas redondas “Relacións laborais e lingua: unha oportunidade”, xunto co director da Escola, Xavier Ferreira.

o O ciclo desenvolveuse durante 8 días do mes de novembro, artellado en 16 actos. En total, foron 30 horas.

o Interviñeron 35 relatores/as entre profesionais do ámbito das relacións laborais, profesorado das universidades galegas, responsables políticos e técnicos da administración, representantes de de colexios profesionais, sindicatos, asociacións de empresarios, etc. Tamén houbo espazo para a experiencia dende Euscadi e Cataluña.

o No ciclo matriculáronse e participaron 82 alumnos/as, aos que se lles expediu un diploma e a USC lles recoñeceu 1 crédito de libre configuración.

o A Área levou o peso da coordinación dos actos, das xestións e da difusión en prensa. Contouse co apoio inestimable da administrativa do SNL, da secretaria administrativa da EURL, dos tres bolseiros do SNL, que actuaron como azafatos, e do Gabinete de Comunicacións da USC.

o A Área tamén se encargou da coordinación da xestión económica do ciclo, que ademais de financiamento da SXPL e da propia USC contaba co apoio da Consellaría de Traballo. En total, xestionáronse algo máis de 5800 euros.

4.4.5 Facultade de Administración e Dirección de Empresas a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Presentáronse 4 traballos a concurso. b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

Page 42: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

41

c) Apoiamos a resolución do I Premio de publicidade en galego “Comunicándomos”, correspondente ao curso 2005-2006, no mes de decembro de 2006 ao que se presentaron 5 traballos. No acto de entrega dos premios celebrouse unha unha táboa redonda sobre ‘Publicidade, empresa e lingua galega’, na que participaron o decano da Facultade de ADE, José Alberto Díez de Castro, o redactor- xefe de Localia-Telelugo, o deseñador gráfico do Grupo Revisión, Pepe Barro, e mais Vanesa Fernández, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. 4.4.6 Facultade de Ciencias da Educación Apoiamos a organización do Curso de creación de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 na sede do Campus Norte, no cal participaron 9 profesores/as (vid. EPS). Estaba prevista a organización dunha segunda edición deste curso no Campus Sur, mais decidiuse anulalo vistos os problemas de persoal existentes no CeTA e mais a escasa matrícula do curso. 4.4.7 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a) Concesión dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos. Neste centro presentáronse 6 traballos a concurso. O acto de entrega dos premios organizaouno a CNL no mes de decembro, e nel proxectáronse vídeos en galego. b) Apoiamos a convocatoria dos IIIPremios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2007. c) Apoiamos a organización dun Obradoiro de expresión oral para PDI, dentro do Programa de Formación e Innovación Docente, que se desenvolveu nos meses de outubro e novembro, ao que asistiron 8 profesores/as persoas. d) Axudamos na edición do Calendario de termos económicos. 4.4.8 Escola Politécnica Superior a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Neste centro presentáronse 2 traballos a concurso b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes. 4.4.9 Facultade de Psicoloxía a) Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos. Neste centro presentáronse 2 traballos a concurso. A entrega dos premios realizouse no marco dos actos en honor do padroeiro do centro. b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007.

Page 43: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

42

b) Apoiamos e coordinamos, xunto coa coordinadora da CNL, Concha Losada, o Curso de elaboración de unidades didácticas en galego, co apoio da Vicerreitoría de Cultura. Os profesores da Fac. de CC. da Educación Xulio Rodríguez e Lois Ferradás impartiron o módulo de Didáctica; Xosé Antonio Segade, catedrático de Dereito, impartiu o módulo de lexislación aplicable; o deseñador gráfico Manuel Martínez, o de deseño e maquetación das unidades didácticas; Raúl Canay –director do CeTA- o módulo de deseño da edición electrónica, e Manuel Bermúdez, o módulo de lingua. Ademais de impartiren o curso, elaboraron unidades didácticas sobre cadanseu módulo. No curso matriculáronse 29 persoas, das cales recibiron o diploma de aptitude 19. Como resultado deste curso, elaboráronse 17 unidades didácticas que están no prelo. 4.4.10 Facultade de Bioloxía a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Presentáronse 3 traballos a concurso. O acto de entrega dos premios desenvolveuse b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes. 4.4.11 Escola Universitaria de Formación do Profesorado a) Apoiamos a resolución dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para o curso 2005-2006. Presentáronse 3 traballos a concurso. b) Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes. 4.4.12 Facultade de Dereito Apoiamos a convocatoria dos III Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2006-2007, abertos á participación dos alumnos/as dos centros convocantes.

Page 44: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

43

Responsable da área Xusto A. Rodríguez Río

Term

inol

oxía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización

Lingüística)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

5.2.1 Vocabularios

5.2.2 Outros produtos terminolóxicos

5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Difusión dos Termos esenciais de recursos humanos

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm

5.4 A difusión de información terminolóxica

5.4.1 O rexistro de proxectos terminolóxicos

5.4.2 Información sobre a produción terminográfica galega

5.5 Produtos Realiter

Page 45: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

44

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística) O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas de xeito illado, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os vocabularios técnicos realizados ou coordinados polo Servizo, así como outros editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria. Durante o curso 2006-07 continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos, así como coa sincronización e actualización periódica da base de datos que permite a consulta desta información dentro do dominio usc.es, a través do bUSCatermos (http://www.ti.usc.es/buscatermos)

Page 46: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

45

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL Durante este ano engadimos de xeito íntegro os seguintes traballos: Puga Peralta, A. (2004) “Glosario inglés-español-galego dun texto do ámbito da

química”. [Proxecto de fin de carreira] Universidade de Vigo. Lahuerta Mouriño, F; F. X. Vázquez Álvarez e X. L. Rodríguez Villanueva (2002)

Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela : Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Servizo de Normalización Lingüística da USC (2006). Termos esenciais de recursos humanos. <http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/recursos_humanos.pdf>, [13/12/2007].

“Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España". <http://www.boe.es/boe/dias/2007/03/22/pdfs/A12521-12566.pdf>, [13/12/07]

VV. AA. “Léxico panlatino de biotecnoloxía e cultivo de tecidos”. Rede Panlatina de Terminoloxía / Centro de Estudos Lexicais e Terminológicos LexTerm. [no prelo]

VV. AA. (2006) Vocabulario panlatino de hemodinámica. Rede Panlatina de Terminoloxía / Associazione italiana per la terminologia. <http://www.iliesi.cnr.it/bdt_pub/casa.php>, [13/12/2007].

O balance resultante da eliminación e reelaboración de fichas por un lado, e dos engadidos polo outro, fixo que a base de datos aumentase ata preto das 138 000 fichas terminolóxicas, e por volta das 160 000 denominacións galegas. 5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia O bUSCatermos é unha interface que permite consultar o BD_SNL a través de Internet desde calquera equipo conectado ao dominio usc.es. Unha descrición máis detallada das súas características pode lerse en http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm

Page 47: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

46

Ao longo deste curso, o obxectivo fundamental da Área en relación co bUSCatermos foi difundir a súa existencia entre a comunidade da USC e a sociedade galega en xeral. Para iso, elaborouse un díptico informativo que se remitiu a comezos de abril de 2007 a todo o PDI e o PAS da institución, presentando a ferramenta e describindo as súas posibilidades básicas de uso. Ademais, durante a segunda quincena do mes de maio, e con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e do Día das Letras, a USC permitiu a consulta libre de bUSCatermos a través da Internet. O efecto combinado das dúas iniciativas –especialmente da segunda– provocou un importante incremento do volume de consultas (vid. a gráfica ilustrativa) e que diversos medios de comunicación1 divulgasen a existencia da ferramenta.

0

5000

10000

15000

20000

Comparación consultas 2005-06 vs 2006-07

2005-06 193 302 120 199 245 290 213 284 412 247 894 199

2006-07 290 389 345 377 267 315 488 164 708 297 115 244

out nov

dec xan

feb mar

abr maio

xuño

xul ago set

Despois de comprobar que un bUSCatermos en consulta libre a través da Internet era moi ben recibido polos seus potenciais usuarios, reafirmámonos na conveniencia de intentar acadar os recursos precisos que permitan ofrecer este servizo. Durante o último trimestre do curso establecemos contactos con diversas entidades pero, polo momento, estes non callaron en ningún acordo en firme. 5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos 5.2.1 Vocabularios Durante este curso rematamos o traballo de elaboración do Vocabulario xeral de medicina e do Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria.

1 Algunha da repercusión mediática dese feito pode aínda documentarse na Internet, en noticias como esta, esta, esta, esta ou esta.

Page 48: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

47

Neste momento, atópanse os dous no prelo, polo que verán a luz durante o curso 2007-2008. Tamén elaboramos e difundimos en soporte .pdf e con licenza Creative Commons os Termos esenciais de recursos humanos <http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/recursos_humanos.pdf>, aproveitando parcialmente o traballo previo difundido polo Termcat dentro da súa colección “Terminologia oberta”. Por encarga da CNL da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais elaboramos tamén un pequeno glosario de termos relacionados coa nova economía (arredor de 250) que esta Comisión vai difundir nun soporte aínda por determinar. Durante o curso 2007-2008 estudarase a posibilidade de elaborar con este material unha publicación encadrada na colección “Termos esenciais de…”. Pola contra, proxecto do “Léxico forestal”, continúa bastante estancado, tanto polos cambios no grupo de traballo que xa citamos nalgunha memoria anterior, como pola maior atención que o responsable da Área tivo que dedicarlles a algúns dos outros produtos. Os avances durante este curso foron mínimos. 5.2.2 Outros produtos terminolóxicos O proxecto de elaborar dicionarios temáticos personalizados partindo da información recollida no BD_SNL, co fin de poder integralos nos paquetes ofimáticos Office ou OpenOffice, seguiu avanzando. Despois de buscar unha entidade coa que desenvolver a vertente informática do proxecto (Imaxin Software), deseñouse un plan de traballo, e actualmente estanse buscando os recursos económicos que permitan poñelo en marcha. Neste curso, tamén colaboramos coa Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación da USC na revisión lingüística e terminolóxica da localización ao galego de Horde <http://www.horde.org/projects.php>, a plataforma de correo web que emprega esta Universidade. 5.3 Difusión de terminoloxía 5.3.1 Difusión dos Termos esenciais de recursos humanos Este produto presentouse no ciclo de conferencias e táboas redondas “Relacións laborais e lingua” <http://www.usc.es/snl/dinamiza/rel_laborais.htm> que se desenvolveu en outubro de 2006. Aínda que a súa difusión se realizou exclusivamente a través do web <http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/recursos_humanos.pdf> a posibilidade de dispoñer libremente da información que contén para mellorala, ampliala ou reelaborala abre unha porta para posibles difusións noutros soportes.

Page 49: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

48

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso” Durante o curso 2006-2007 a Área de Linguaxes de Especialidade mantivo a súa colaboración co sitio web Canalciencia.com e seguiu editando a sección Un idioma preciso, na que se comentan casos dubidosos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo para o debate alternativas que desde o SNL se consideran de mellor calidade lingüística.

Ata finais de setembro de 2007, levábanse publicados 96 artigos, cunha periodicidade quincenal, e cunha previsión de acadar o número 100 antes do remate deste mesmo ano. Despois do incremento continuado de visitas que a sección e os foros tiveron nos últimos anos, no período que nos ocupa a cantidade mensual estabilizouse arredor das 7000 ao mes. 5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm Tamén segue en funcionamento a rolda terminolóxica USC-Lexiterm, creada en maio de 2003 e en boa medida coordinada e animada desde a Área de Terminoloxía.2

Neste momento a lista conta máis de 170 persoas subscritas e neste ano académico véñense formulando nel unha media de 8 ou 10 consultas por mes, das máis diversas áreas de especialidade.

2 Pódese ver unha descrición máis detallada dos seus obxectivos na memoria do curso 2002-2003.

Page 50: MEMORIA - usc.es · Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2005-2006

49

5.4 A difusión de información terminolóxica Para a difusión deste tipo de información seguimos empregando o web do SNL como ferramenta fundamental, basicamente a través de dúas iniciativas, xa mencionadas en memorias anteriores: 5.4.1 O Rexistro de proxectos terminolóxicos Desde a Área de Terminoloxía encargámonos tamén de manter e actualizar o Rexistro de proxectos terminolóxicos (http://www.usc.es/snl/term/rexistro-term.htm) que se creou durante o curso 2001-2002 e no que actualmente se inclúen 15 proxectos. Esta iniciativa é a única deste tipo existente en relación coa lingua galega. 5.4.2 Información sobre a produción terminográfica galega No novo web creamos unha sección na que presentamos e clasificamos por orde cronolóxica e temática todos os dicionarios e vocabularios técnicos que contan co galego entre as súas linguas de traballo. Esta listaxe vaise actualizando, tanto engadindo novos produtos a medida que van aparecendo, como completando con nova información –a posibilidade de consultalo a través de internet, por exemplo- materiais que xa figuraban recollidos con anterioridade. 5.5 Produtos Realiter Durante este curso traballamos na elaboración da versión galega do futuro “Léxico panlatino da difusión e distribución do libro”. Trátase dun pequeno repertorio de menos de 200 entradas que se está elaborando baixo a coordinación da Office Québecois de la Langue Française. Ao remate deste curso, faltaban só uns poucos conceptos para os que determinar a denominación galega, polo que agardamos poder dar por rematado o noso traballo na primeira metade do curso 2007-2008.