Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

7
CONCURSO ESCOLAR 2015/16 “TI CONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES” EQUIPO: INFOPLAYERS Lucía Freire Boubeta Diego Costa Páramos Andrés Lorenzo Rodríguez Cristian Santiago Piñeiro Manuel Escudeiro Currás

Transcript of Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

Page 1: Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

CONCURSO ESCOLAR 2015/16

“TI CONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES”

EQUIPO: INFOPLAYERSLucía Freire BoubetaDiego Costa Páramos

Andrés Lorenzo RodríguezCristian Santiago PiñeiroManuel Escudeiro Currás

CATEGORÍA: 3º e 4º Curso de ESO

IES AS BARXAS – MOAÑA - PONTEVEDRA

Page 2: Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

INDICE

1. DESENVOLVEMENTO DA 1ª FASE: XOGO EN LIÑA

1.1. Organización do equipo para resolver as probas1.2. Documentación consultada

2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO VÍDEO

2.1. Organización do equipo para resolver as probas2.2. Documentación consultada

3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E A APRENDIZAXE

4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO

Page 3: Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

1. DESENVOLVEMENTO DA 1ª FASE: XOGO EN LIÑA

A participación do noso equipo no concurso Consumópolis 11, englobouse dentro da materia de Informática de 4º ESO, por iso decidimos poñerlle o nome de INFOPLAYERS.

En total, na clase fixemos 4 equipos de 5 membros cada un, formados por homes e mulleres, que puxemos moito empeño por competir entre nós e conseguir o mellor resultado no concurso. O noso estaba formado por Lucía Freire, Diego Costa, Andrés Lorenzo, Cristian Santiago e Manuel Escudeiro.

Como fontes documentais usamos as fichas pedagóxicas incluidas no propio concurso, así como o material complementario que a profesora ía subindo ao blog de clase: www.emprendenasbarxas.blogspot.com.es

Á formación teórica, destinamos 4 sesións, relativas ao consumo responsable, no que destacamos:

a) “El cederrón didáctico” de www.consumehastamorir.es, co que vimos e traballamos vídeos sobre consumo responsable, publicidade e contrapublicidade.b) Fichas pedagóxicas de Consumópolis:·      Bloque A, consumo reflexivo: Dereitos do consumidor, arbitraxe, asociacións de consumo, comercio electrónico, Internet, redes sociais, telefonía.·      Bloque B, consumo e novas tecnoloxías

Despois fumos durante 3 sesións a aula de informática, onde levamos a cabo o percorrido pola cidade e logo resolvimos a proba do banco de puntos.

Posteriormente, nas nosas casas, intentamos mellorar un pouco as puntuacións obtidas cos xogos, xa que no instituto temos moitos problemas coa conexión a Internet.

Foi unha actividade moi amena e interesante coa que disfrutamos moito

2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO VÍDEO

Para a elaboración do vídeo tivemos unha formación teórica na clase de informática de 6 sesións, onde se nos explicou a lectura da imaxe, cómo realizar un guión, o story board, a linguaxe audiovisual, o efecto Kuleshov, a gravación e a edición de vídeo.

Page 4: Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

Logo, entre todos, fixemos unha chuvia de ideas para escoller o tema e comenzar a investigar a través de internet. Decantámonos por comparar as formas de consumo entre dúas tribus moi antiguas, a dos Inuits (esquimais) e os Himba (Africa), polas grandes diferenzas que presentaban con nós e polas súas curiosas costumes que perviven hoxe en día.

Canto máis nos metimos no tema, dímonos conta da importancia que nestas sociedades teñen as mulleres, xa que desempeñan a maioría das tarefas sobre as que se sustentan esas sociedades, así que pusemos o foco no seu papel, xa que levamos todo o curso traballando a favor da igualdade de xénero.

Como slogan marcamos: NO FRÍO E NA CALOR A MULLER TEN VALOR!

Para a elaboración do vídeo, primeiro organizamos un pequeno storyboard, e repartimos as tarefas. Logo gravamos cos móviles, utilizamos o croma, e finalmente fixemos a montaxe co programa de edición Power Direct 11, que é o que temos instalado na nosa aula de informática. Nestas tarefas consultamos tamén a nosa profe de Plástica.

As imáxenes as conseguimos a través de internet nos enlaces que reseñamos debaixo.

A música a collimos do arquivo libre: Música de fondo para cortometraxes, cine, curtas, películas.

3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E A APRENDIZAXE

As actividades foron moi interesantes e divertidas. Permitiunos traballar en equipo, resolver conflitos e tomar decisións de forma consensuada. Ademáis aprendemos moito sobre a importancia dun consumo responsable sobre todo no uso e distribución da imaxe, e fomos conscientes do perigo que supoñen certos comportamentos moi habituais entre nós. Tamén pudemos coñecer outras formas de consumo moi diferentes ao noso e debater cáles proporcionan maior felicidade ao individuo.

4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO

A maior parte da información empregada a obtivemos a través de internet, destacando os enlaces seguintes:

https://es.wikipedia.org/wiki/Inuit

http://queaprendemoshoy.com/quienes-son-los-inuits/

Page 5: Memoria Consumópolis INFOPLAYERS

http://pueblosoriginarios.com/norte/artico/inuit/inuit.html

https://es.wikipedia.org/wiki/Himba

http://ikuska.com/Africa/Etnologia/Pueblos/Himba/index.htm

Fotografías do traballo: