Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os...

52
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 52 Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 2 A lingua e as súas variedades

Transcript of Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os...

Page 1: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 52

Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial

Módulo 1 Unidade didáctica 2

A lingua e as súas variedades

Page 2: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 2 de 52

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 � Elementos paraverbais e non verbais (aspectos teóricos) ....................................... 4 2.2 � Rosa Aneiros Díaz................................................................................................... 5 2.3 � Xosé Luís Axeitos Agrelo......................................................................................... 6 2.4 � Belinda .................................................................................................................... 7 2.5 � New York, New York ............................................................................................... 8 2.6 � Imos á biblioteca ..................................................................................................... 9 2.7 � Enviamos un correo electrónico............................................................................. 10 2.8 � A linguaxe non-sexista: aplicación Exeria.............................................................. 11 2.9 � Lingua oral e lingua escrita (aspectos teóricos) ..................................................... 12 2.10 � Texto en lengua castellana: niveles de abstracción y enfoques del género ........... 14 2.11 � O rato do monte e o da casa ................................................................................. 15 2.12 � A pesca no banco sahariano ................................................................................. 16 2.13 � Identificación e uso das formas lingüísticas de deíxe persoal (aspectos teóricos) . 17 2.14 � O Padre Sarmiento................................................................................................ 20 2.15 � Carta ..................................................................................................................... 21 2.16 � A concordancia. Recoñecer suxeito e predicado (aspectos teóricos) .................... 22 2.17 � Amor dos quince anos, Marilyn.............................................................................. 23 2.18 � Lexislación esencial da lingua galega (aspectos teóricos) ..................................... 24 2.19 � Toponimia e antroponimia (aspectos teóricos) ...................................................... 26 2.20 � Air Galicia: O buzón de correos ............................................................................. 29 2.21 � Os filmes de Agustín ............................................................................................. 30 2.22 � Discurso de Luz Pozo Garza ................................................................................. 31 2.23 � Memorias dun neno labrego .................................................................................. 32 2.24 � Texto en lengua castellana: La perrilla .................................................................. 33

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................35

4. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................36

5. Solucionarios...................................... .....................................................................40

5.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 40 5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 47

6. Glosario........................................... .........................................................................51

7. Bibliografía e recursos............................ ................................................................52

Page 3: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 3 de 52

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade está dentro do bloque Somos iguais, somos diferentes e denomínase As lin-guas e as súas variedades. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas. Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:

� A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar.

� A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de as-pectos teóricos, que son os que debe comprender e memorizar; e outros que carecen de-sa etiqueta, que son os que debe ler e comentar.

Outra cuestión que se dá nesta e no resto de unidades é que os contidos e actividades están elaborados seguindo o que podemos chamar bloques de contidos. Son cinco: comunica-ción oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade, e educación literaria. En cada un deses bloques aténdese especificamente a unha determinada cuestión, tal e como os seus nomes indican.

Como poderá observar, unha vez comece a traballar coa unidade, nela non aparece de forma explícita esa división por bloques. Isto fíxose así para lograr unha maior cohesión temática e estrutural. De todos os xeitos, as actividades e os contidos que abranguen cada un dos bloques pódeos atopar explicitados no punto 3.

Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:

– Recoñecer e manexar adecuadamente os elementos paraverbais e non verbais que forman parte das intervencións orais.

– Coidar a presentación dos textos escritos que presente, en soportes impreso e dixital, atendendo ás normas ortográficas, ortográficas e tipográficas.

– Desenvolverse adecuadamente nas bibliotecas físicas para a procura de información.

– Comunicarse con outras persoas a través de medios dixitais ou en soporte impreso.

– Coidar a linguaxe oral e escrita para evitar usos sexistas. – Diferenciar as características da lingua oral e da lingua escrita. – Identificar e localizar algunhas formas deícticas.

– Recoñecer o suxeito e o predicado en oracións simples.

– Coñecer a lexislación esencial sobre a lingua galega. – Coñecer, de forma sinxela, a evolución histórica da lingua galega, particularmente de to-

pónimos e antropónimos.

– Desenvolverse adecuadamente nos diferentes rexistros da lingua segundo o contexto.

– Saber o que son os estereotipos e recoñecelos en textos literarios. – Desenvolverse adecuadamente na lectura e usar os coñecementos adquiridos sobre litera-

tura para unha mellor comprensión dela e do mundo.

Page 4: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 4 de 52

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 ���� Elementos paraverbais e non verbais (aspectos teóricos)

Nunha intervención oral planificada (un discurso, unha charla, unha conferencia…) o rela-tor vai utilizar, ademais da linguaxe verbal (a que comunica mediante palabras orais ou escritas), uns elementos paraverbais e non verbais.

Elementos paraverbais

� Volume: se o relator fala alto, baixo…

� Velocidade: se o relator fala rápido, amodo…

� Pausas: as pausas que fai o relator axúdannos a comprender o discurso? ou polo con-trario, dificultan a comprensión do mesmo? Fai máis pausas das necesarias? Debería facer máis pausas?...

� Entoación: cando afirmamos utilizamos un tipo de entoación, se exclamamos ou inte-rrogamos temos outra distinta, se estamos alporizados tamén varía, etc.

Elementos non verbais

� Acenos: sinalar co dedo, as mans en movemento polos nervios…

� Movementos: o relator durante a conferencia móvese ao longo do escenario? está que-do? aínda que estea quedo, move aos poucos unha das pernas?…

Page 5: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 5 de 52

2.2 ���� Rosa Aneiros Díaz

Vexa en internet o vídeo que leva por título Videoteca AELG de Rosa Aneiros Díaz. O en-derezo é o seguinte:

� [http://www.youtube.com/watch?v=KHnehBlT1QM]

Page 6: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 6 de 52

2.3 ���� Xosé Luís Axeitos Agrelo

Vexa en internet o vídeo que leva por título: Videoteca AELG de Xosé Luís Axeitos Agre-lo. O enderezo é o seguinte:

� [http://www.youtube.com/watch?v=sgK5SWVNQFA]

Actividades propostas (textos 2.1, 2.2 e 2.3)

S1. Logo de ver os textos responda ás cuestións:

� Con poucas palabras, poña por escrito de que se fala en cada un dos vídeos.

� Analice os elementos paraverbais e non verbais dos dous textos.

� Cre que os elementos paraverbais e non verbais xogan un papel importante na comunicación oral? Por que?

� Se nos centramos só na linguaxe verbal, para que cre que nos serve? Que po-demos transmitir con ela?

Page 7: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 7 de 52

2.4 ���� Belinda

As bágoas de Belinda coma os vagalumes na congostra de verán do souto brillaban. Ata o día anterior o seu vivir fora unha sucesión de ilusións, un continuado soñar sen esperanza, que debuxaba un aceno de ledicia no seu rostro e abriga-ba mornamente o seu corazón. querida Sabíase. todos pasaban polo muíño do seu pai e que as cousas aínda de cada un non fosen tan ben como deberan todos gardaban un sorriso co que obsequiar a aquela mociña de ollos grandes e negros, que expresaban todo canto a súa mudez lle impedía dicir. figura A súa pequena e fráxil pano aquel de cadriños brancos e negros que gardaba o seu cabelo, enmarcándolle o rostro enfariñado e transparente, provocaba a tenrura dos homes e mulleres das aldeas próximas. tamén era posible que aquela provocase inocencia o desexo irresistible de facer mal. algo así debeu acontecer co home que se achegou ó muíño aquela tarde de domingo na que non se a roda movía. A porta estaba aberta e el asomou cara a dentro deixando o macuto entre a herba e escudriñando nos recunchos cos seus ollos febrís. O interior escureceu o seu cando corpo ocupou o limiar e Be-linda de costas volveuse cara el cun sorriso prendido nos seus labios. Ela nunca desconfiara de ninguén. Sabíase querida, protexida por un sentimento colectivo que sempre a do mal protexera o home pediu auga, e ela abriu máis aínda o seu sorriso, quizais para indicarlle que o non podía entender. ¿Cando el golpear o sentiu do desexo que se lle veu por dentro?, ¿foi ó descubri-lo seu rostro e os seus brazos cubertos polo po da muiñada?, ¿foi cando advertiu que ela era un ser vulnerable e sen defensa? Belinda sabía ler nos labios dos homes, pero no fondo non dos corazóns seus. Por iso indicou o sombrizo lugar no que o seu pai deixaba o porrón e proseguiu co seu traballo, mentres el bebía con cobiza e imaxinaba roubar como unha ilusión.

Francisco X. Fernández Naval, Narradores de cine, Xerais, Vigo, 1996

Page 8: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 8 de 52

2.5 ���� New York, New York

Carta que vai desde o Upper East Side de Manhattan ata Park Slope

Querido Paul:

Sei que nunca imaxinarías que chegaría ata aquí. Tróuxome o azar. Agardo a que remate de secar a roupa e escoito flamenco mentres de fondo se oen as sereas da escandalosa policía de Nova York, que se despraza infantilmente coa serea e as luces acesas mesmo cando o único que van facer é mercar un bagel. Acabo de alucinar porque na televisión hai arredor de duascentas canles que podo ver, e outras duascentas polas que hai que pagar un plus; de todos os xeitos, nas que paga o xaponés médico que me aluga o piso para que eu as vexa, non hai absolutamente nada interesante. No telexornal dixeron que houbo un “Accidente de coche en Bagdad”, e sorrín, así que decidín apagar e conectarme a internet (tamén ma paga o xapo snob) para ler o The New York Times, o periódico que len os que cren que controlan este país, cando os que o dominan, sen crelo, son os que ven Fox News. Por certo, Pa-ul, que vivo ao lado mesmo da Fox. Por se algún día precisas algo. Asómome á fiestra da cociña e albisco de esguello unha bandeira a medio pao no Memorial Hospital ( tamén o teño aquí ao lado, por se te ingresan, para ir verte), que deixa-ron así, supoño que eternamente polo de Nova Orleans, pois imaxino que contan con que, co próximo furacán da tempo-rada, desapareza definitivamente. Síntoo por I., un novo amigo para Nova York, que seguramente quedará sen tema de tese definitivamente (estuda jazz). Esa é, a grandes trazos, a casa na que vivo. Non sei por qué hai unha percha colgada do limiar da porta da cociña. Vina aí antonte, e como a unha percha hai que darlle uso, decidín pendurar dela o Testamen-to xeométrico de Rafael Dieste, que non sei como chegou á miña maleta. Seguindo coas casualidades, o sábado pasei un serán (ben, unha noite) de loucos co maior especialista en Dieste do mundo. Creo que lle parezo unha alieníxena por pen-durar o Testamento dunha percha, aínda que sei que no fondo da súa alma, el desexaría facer o mesmo […].

López Silva, Inma, New York, New York. En GRIAL, nº 168 (2005)

Actividades propostas (textos 2.4 e 2.5)

S2. Compare os textos 2.4 e 2.5. Cal dos dous textos lle resulta de máis difícil com-prensión? Por que?

S3. Corrixa os erros gramaticais, ortográficos e tipográficos do texto 2.4 para que, deste xeito, sexa comprensible. Escriba o texto corrixido nun procesador de tex-tos.

Page 9: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 9 de 52

2.6 ���� Imos á biblioteca

As bibliotecas sempre son un dos mellores recursos que temos ao noso dispor para ato-parmos información de calquera tipo en libros, revistas, xornais, etc.

Na actualidade, existen bibliotecas físicas e virtuais: as primeiras son as que temos na nosa vila, no centro de estudo, nunha cidade próxima… E as segundas existen en internet e contan cun catálogo inmenso.

Nesta unidade didáctica, e a modo de introdución (pois este tema verémolo máis a fon-do en unidades posteriores) ímonos achegar a unha biblioteca física para conseguirmos unha información que precisamos.

Actividades propostas

S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e El árbol de la ciencia, de Pío Baroja. Fíxese na sección en que están e nos aspectos máis xe-rais do modo en que están catalogados. Agora trate de deducir como están or-ganizados os libros na biblioteca. Póñao por escrito.

S5. Colla en préstamos os dous libros que buscou na biblioteca, xa que máis adian-te, nesta mesma unidade, van ser de utilidade para a realización dunha activida-de.

Page 10: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 10 de 52

2.7 ���� Enviamos un correo electrónico

Hoxe en día, coa proliferación das novas tecnoloxías, o envío de postais ou cartas median-te o servizo de correos para comunicarnos con persoas que estean afastadas de nós está a ser substituído polo envío de correos electrónicos. A razón? O correo electrónico é un xei-to máis eficiente de comunicación, tanto pola súa rapidez como pola súa fiabilidade. Para comprobarmos isto e para que se familiarice co envío de correos electrónicos debe facer a seguinte actividade.

Actividades propostas

S6. En internet acuda ao buscador Google e nel escriba o seguinte: Gmail. Desegui-do prema co rato sobre a opción Busca Google e pinche o primeiro dos resulta-dos que lle acaba de aparecer na pantalla: Gmail: correo electrónico de Google. Agora, e na pantalla de Gmail que ten diante, faga o seguinte:

� Pinche co rato na opción Apúntate a Gmail.

� Cubra o formulario que lle aparece cos seus datos persoais e demais informa-ción que lle piden. Non se preocupe, é totalmente seguro.

� Lembre tanto o número de usuario coma o contrasinal que introduciu.

� Logo de cubrir todos os datos pinche na opción Acepto. Crear mi cuenta.

� Na seguinte pantalla pinche na opción Estoy listo, llévame a mi cuenta.

� Familiarícese coas opcións que aparecen na pantalla que ten diante.

� Na columna esquerda prema na opción Redactar.

� Na sección Para debe escribir un enderezo de correo electrónico doutra persoa á que lle vaia dirixir o correo.

� Na sección Asunto poña o título que resume o contido do correo electrónico que lle vaia mandar á persoa que elixiu.

� Fíxese como entre a sección Asunto e o recadro en branco que hai debaixo dela temos unha opción que pon Adjuntar un archivo. Con esta opción pode enga-dirlle ao correo que vai escribir unha fotografía, un documento feito cun proce-sador de textos e calquera outro arquivo ou arquivos que vostede queira que acompañen a ese correo e que serán tamén recibidos polo destinatario.

� Agora, pinche no rato sobre o cadrado en branco que aparece debaixo da sec-ción Asunto e comece a escribir o contido do correo electrónico. Fíxese que o funcionamento é moi semellante ao dun procesador de textos.

� E para finalizar, pinche co rato na opción Enviar que aparece debaixo do reca-dro onde escribiu o correo. Ao momento, esa persoa recibirá o seu correo elec-trónico.

Page 11: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 11 de 52

2.8 ���� A linguaxe non-sexista: aplicación Exeria

Cando emitimos mensaxes, sobre todo cando elaboramos textos escritos, sexan estes de carácter informativo, explicativo ou instrutivos, temos que coidar os termos que empre-gamos para designar as persoas evitando na medida do posible usos sexistas da linguaxe. Por exemplo, se vostede elabora un texto onde se fala duns afectados por un incidente, probablemente ese termo afectados inclúa persoas tanto do seco masculino como do femi-nino, polo que un termo máis correcto sería persoas afectadas.

É certo que prestar atención a esta cuestión pode resultar, a miúdo, un labor complexo pois non temos claro o termo que realmente debemos empregar. Xa que logo, non está demais contarmos cunha axuda externa.

É para isto que existe, en internet, a aplicación Exeria, que nos permite e facilita o em-prego dunha linguaxe non-sexista.

Actividades propostas

S7. Diríxase en internet ao enderezo [http://www.exeria.net/mais.php] e lea o texto que aparece na pantalla.

� Como acaba de ver, a aplicación Exeria pódese descargar ao noso computador e integrarse co paquete ofimático libre OpenOffice, ou utilizarse directamente desde internet. Vostede vai facer o último.

� A continuación, pinche co rato na opción Como se utiliza e lea o texto que apa-rece na pantalla.

� Pinche agora na opción Glosario. Aquí é onde aparecen os termos polos que pode substituír as palabras que normalmente son fonte de uso dunha linguaxe sexista. Fíxese na letra que aparece, o A, e no primeiro termo da lista: académi-cos. Os termos situados ao lado de académicos son as opcións recomendadas para evitar o uso sexista do termo. O mesmo se aplica para o resto das palabras do glosario.

� Fíxese en que o glosario está ordenado alfabeticamente. Abonda con pinchar co rato nunha das letras para ir ás palabras que comezan por ela.

� Logo de se familiarizar coa interface desta aplicación, realice a seguinte activi-dade.

S8. Cree un texto en que fale da profesión á que se dedica vostede, e se nela pre-domina o sexo masculino ou feminino e por que pensa que sucede iso. Redác-teo sen pór atención no uso da linguaxe sexista. A extensión máxima é unha ca-ra dun folio.

S9. Logo de rematado o texto, corrixa os posibles usos sexistas da linguaxe que ve-xa nel coa axuda da aplicación Exeria. Compare o antes e o despois do texto. Todo o que acaba de facer élle útil para redactar calquera tipo de información.

Page 12: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 12 de 52

2.9 ���� Lingua oral e lingua escrita (aspectos teóricos)

� ���� Ver Glosario: alfabeto galego

A linguaxe verbal ten dúas grandes modalidades: lingua oral e lingua escrita. O uso du-nha ou doutra modalidade vai depender do contexto, da situación en que se atopan emi-sor/a e receptor/a no momento da comunicación.

Na lingua oral o material que utilizamos son os fonemas ou sons que emitimos cos ór-ganos da fonación; na lingua escrita son signos gráficos visuais, as letras, que tratan de ser o máis fieis posible aos fonemas. Destas grafías, dezaoito correspóndense coas consoantes e cinco son vogais (a, e, i, o, u).

Fíxese que no caso de dúas vogais, o e e o o: na lingua galega, cada letra ou grafía co-rrespóndese con dous fonemas ou sons. Isto é así porque en posición tónica poden ser abertos ou pechados.

� Exemplos de palabras con e pechado: mesa, neno, home

� Exemplos de palabras con e aberto: pedra, mel, medo, sete

� Exemplos de palabras con o pechado: home, rato, mozo, neno

� Exemplos de palabras con o aberto: roda, mol, fóra

Isto implica que en galego hai sete fonemas vocálicos. Pero ademais, hai outras diferenzas entre a lingua oral e a lingua escrita. Algunhas destas diferenzas son as seguintes:

� Na lingua oral a canle de comunicación é auditiva: o receptor percibe o texto co oído. Na lingua escrita a canle de comunicación é visual: o receptor percibe o texto coa vista.

� Na lingua oral a comunicación prodúcese de xeito case inmediato, xa que emisor e re-ceptor están presentes. Na escrita a mensaxe tarda máis en chegar ao receptor (mesmo ás veces pode tardar séculos, pensemos en textos literarios escritos na Idade Media).

� A lingua oral é momentánea; isto quere dicir que a mensaxe ten a duración limitada do momento da comunicación. A lingua escrita é perdurable, a mensaxe pode permanecer inalterable ao longo do tempo.

� A lingua oral está fortemente apoiada na entoación e nos xestos corporais dos falantes que transmiten moita información (sorpresa, dúbida, ironía, alegría, preocupación, tris-teza, expectativa...). A lingua escrita carece destes recursos e precisa substituílos por outros específicos: signos de admiración, interrogación, puntos, comas, espazos en branco, guións, parénteses, maiúsculas...

� Na lingua oral o normal é que interactúen emisor e receptor (fala un, fala outro, inte-rrómpense, quítanse a palabra, un acaba unha frase que empezou o outro, hai sobreen-tendidos...) Todo isto vai construíndo e modificando a mensaxe no propio momento en que se produce. Na lingua escrita non sucede esta interacción, xa que a resposta do re-ceptor non sempre se dá, e no caso de darse (resposta a unha carta, por exemplo) estará demorada no tempo.

� A lingua oral é máis espontánea e menos coidada, abundan nela as repeticións, as frases inacabadas, as estruturas máis sinxelas, as palabras comodín... A lingua escrita é máis elaborada e precisa, e normalmente require unha planificación.

Page 13: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 13 de 52

Fíxese como os seis puntos anteriores son semellantes aos vistos no apartado 2.1 da unida-de 1 deste mesmo módulo. Mais neste caso non nos limitamos só a definir a lingua oral, senón que a comparamos coa lingua escrita.

Rexistros ou niveis da lingua

� Culto ou formal. Caracterízase porque posúe grande precisión, claridade e rigor. As expresións son coidadas e o vocabulario amplo, variado e específico (relacionado co tema que se está a tratar e que moitas veces inclúe tecnicismos).

� Coloquial ou familiar. Caracterízase pola súa expresividade e fluidez. Neste rexistro poden aparecer palabras con dobre sentido, expresións populares, repeticións, frases breves, diminutivos afectivos, palabras comodín, refráns e frases feitas, apócopes... Emprégase nas situacións de comunicación informais, entre persoas de confianza (fa-miliares, amigos).

� Vulgar. Caracterízase polas frecuentes incorreccións na construción das frases ou na pronuncia das palabras, tamén polo emprego dun vocabulario pobre e repetitivo.

Hai que considerar tamén as xergas ou argots, que son palabras e modos de falar creados por determinados grupos sociais: o argot da xuventude, o argot militar, o argot da informá-tica...

Page 14: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 14 de 52

2.10 ���� Texto en lengua castellana: niveles de abstrac-ción y enfoques del género

Uno de los aspectos que precisan de una aclaración urgente antes de entrar en materia, es la delimitación de los niveles de abstracción del corpus que constituye nuestro campo de trabajo y el deslinde de los posibles enfoques de la problemá-tica que nos ocupa. Nos da una pista St. Skwarczynska que distingue entre objetos genéricos como entidades objetivas, conceptos genéricos como productos de un proceso de conocimiento y finalmente, nombres genéricos como designacio-nes de objetos y conceptos (Skwarczynska: 1966). Si digo corpus, me refiero predominantemente a las formas literarias que se observan en la literatura europea moderna y contemporánea, con alguna tímida incursión en aquellas formas que tienen una longevidad más allá de los límites de la modernidad, como la epopeya, la tragedia, la elegía, por citar algunas muestras. Resultará más fácil abarcar el polifacético cúmulo de fenómenos y formas si diferenciamos cinco niveles distintos de ob-servación y de abstracción. Son los siguientes, procediendo del más general al más concreto: ���� Las manifestaciones verbales en general; ���� La literatura en su totalidad (según la amplitud de enfoque: la literatura española, la occidental o la universal que natural-

mente también tienen sus géneros no habituales en las occidentales); ���� La forma fundamental de presentación literaria o género teórico del que forma parte (en este caso: la narrativa); ���� El posible grupo al que pertenece (la novela); ���� La obra literaria individual (p.ej. Cinco horas con Mario) […]

Spang, Kurt, Géneros literarios, editorial Síntesis, Madrid, 2000

Page 15: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 15 de 52

2.11 ���� O rato do monte e o da casa

Saíu unha vez un rato da casa nun día de inverno e encontrou un rato de monte, cheo de frío e moi fraco. —E ti, como estás así tan fraco? —díxolle o da casa—. Vente comigo, que alí onde eu estou hai sempre que comer, sen necesidade de pasar frío nin de mollarse para buscar que comer. —E o gato? —preguntou o do monte. —Boh!-respondeulle o da casa-. Hai alí un, pero é coma se nada. Sempre está durmido. Ti ven, e verás como paso por diante del e nin sequera me ve. Foron os dous para casa e viron o gato durmido diante da porta. Pasou o rato por diante del todo confiado pero o gato abriu un pouco os ollos, deu un brinco e o rato quedou entre as uñas e os dentes do gato. O rato do monte, que tal viu, deu media volta e dixo: —Vale máis no monte fraco que gordo no cu do gato!

Harguindey, Henrique e Barrio, Maruxa, Antoloxía do conto popular galego, Galaxia, Vigo, 2006

Page 16: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 16 de 52

2.12 ���� A pesca no banco sahariano

Escoite a seguinte gravación titulada: A pesca no banco sahariano. Fernández Rei, Fran-cisco e Hermida Gulías, Carme, A nosa fala, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2003.

Actividades propostas (textos 2.9, 2.10, 2.11 e 2.1 2)

S10. Texto 2.10. Actividad en lengua castellana.

� ¿A qué tipo de comunicación (oral o escrita) responde el texto?

� ¿Qué características de la lengua escrita aparecen reflejadas en el texto?

� ¿A qué registro o nivel de lengua pertenece el texto?

S11. Textos 2.11 e 2.12. Lea e escoite os textos. Responda ás seguintes cuestións:

� A que tipo de comunicación (oral ou escrita) responden os seguintes textos?

� Que características da lingua oral ou escrita temos en cada un dos textos?

� A que rexistro ou nivel de lingua pertence cada un dos textos? Por que?

S12. O texto 2.11, malia ser un exemplo de comunicación escrita, contén algúns ele-mentos que entran nas características da comunicación oral. Sabería dicir cales son?

Page 17: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 17 de 52

2.13 ���� Identificación e uso das formas lingüísticas de deíxe persoal (aspectos teóricos)

Que é a deíxe? Son as palabras que serven para indicarnos cousas (deixis, do grego, signi-fica sinalar) tanto en textos orais coma escritos. As expresións deícticas sérvennos para si-nalar persoas, situacións, lugares, etc.

A deíxe exprésase mediante diversas clases de palabras. Algunhas delas son os prono-mes persoais, os posesivos ou as terminacións verbais.

Os pronomes persoais (galego e castelán)

� ���� Ver Glosario: nosoutros, -as; el/él; pronomes

� Pronomes persoais en galego:

Serie tónica

Número Persoa

1ª eu min comigo

2ª ti contigo Singular

3ª el/ela si consigo

1ª nós/nosoutros, -as connosco

2ª vós/ vosoutros, as convosco Plural

3ª eles, elas si consigo

Serie átona

Número Persoa

1ª me

2ª che te

Masc. o, lo, no

Singular

Fem. lle

a, la, na

se

1ª nos

2ª vos

Masc. os, los, nos

Plural

3ª Fem.

lles as, las, nas

se

Page 18: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 18 de 52

� Pronombres personales en castellano:

Serie tónica y átona

Número Persona

1ª yo me mi

2ª tú te ti

2ª vos te ti Singular

3ª él/ella se, lo, la le sí

1ª nosotros, nos

2ª vosotros, os Plural

3ª ellos/ellas se, los, las les sí

As formas que adquire o pronome, tanto en galego coma en castelán, débense á posición e función sintáctica que ocupan e cumpren na oración.

Os pronomes posesivos (galego e castelán)

� Posesivos en galego:

Singular Plural Persoa

Masc. Fem. Masc. Fem.

1ª meu miña meus miñas

2ª teu túa teus súas Singular

3ª seu súa seus súas

1ª noso nosa nosos nosas

2ª voso vosa vosos vosas Plural

3ª seu súa seus súas

� Posesivos en castellano:

Singular Plural Persona

Masc. Fem. Neutro Masc. Fem.

1ª mío mía mío míos mías

2ª tuyo tuya tuyo tuyos tuyas Singular

3ª suyo suya suyo suyos suyas

1ª nuestro nuestra nuestro nuestros nuestras

2ª vuestro vuestra vuestro vuestros vuestras Plural

3ª suyo suya suyo suyos suyas

Page 19: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 19 de 52

As formas que adquire o pronome, tanto en galego coma en castelán, débense á posición que ocupan na oración.

As terminacións verbais (galego e castelán)

As terminacións das formas verbais tamén nos indican de que persoas se está a falar nun texto (tanto oral coma escrito).

� Exemplo en lingua galega: na oración Foi alí, a forma verbal foi indícanos que a per-soa á que se fai referencia e el, polo tanto, terceira persoa de singular do verbo ir; en castelán é o mesmo.

� Ejemplo en lengua castellana: en la oración Amo a Raquel, la forma verbal amo nos indica que la persona a la que se hace referencia es yo, por lo tanto, primera persona de singular del verbo amar.

Page 20: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 20 de 52

2.14 ���� O Padre Sarmiento

Vexa en internet o vídeo que leva por título: O Padre Sarmiento e a súa defensa da lingua galega. O enderezo é o seguinte:

� [http://www.youtube.com/watch?v=OriMnOYR1RQ]

Page 21: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 21 de 52

2.15 ���� Carta

Zaragoza, 6 de octubre de 2009

Asunto : Invitación al cumpleaños del director José García

Sr. Manuel Pérez

Asistente de limpieza

Queda usted informado por medio de esta misiva que el próximo día 31 se celebra, como todos los años, el cumpleaños de nuestro querido Jefe y Director , Don José García. Como trabajador de esta empresa, queda usted formalmente invitado al evento. Puede usted acudir con su familia, amigos o acompañante. No olvide llevar una botella de licor, así como el/los regalos oportunos que serán recogidos en la entrada, para posterior entrega al finalizar el evento. Por último, informarle, que, en un plazo de 3 días, tiene usted la posibilidad de hacer un ingreso, a modo de regalo, en la cuenta de don José, o a través de la cuenta de la empresa. Si así lo hace, no olvide indicar en el asunto, su nombre y ape-llidos. Sin otro propósito, se despide,

Ana María López

Secretaria de dirección de José García

Modelo de carta extraído de la página web: http://www.modelo-carta.com

Actividades propostas (textos 2.13, 2.14, 2.15)

S13. Identifique e subliñe no texto 2.14 as formas lingüísticas de deíxe persoal que vimos no texto 2.13.

S14. Nas seguintes oracións identifique e subliñe os pronomes persoais átonos que haxa, os cales funcionan como marcas de deíxe persoal:

� Sempre me gustou que se fixasen en min e agora ninguén me mira porque me fixen moi antipático.

� Estame ben empregado por meterme onde ninguén me chama.

� Pouco antes de me ir, o profesor íame sacar os apuntamentos e mandarme para setembro.

� Dis que me queres, pero non me queres axudar e desexas que todo me saia mal.

� Mandáronme que me arranxase e dixeron que me chamarían ao pasaren por alí.

� Faloume do proxecto e fíxome imaxinar que esa marabilla podería reportarme algún beneficio.

S15. Actividad en lengua castellana. Identifique y subraye en el texto 2.15 las formas lingüísticas de deíxis personal que hemos visto en el texto 2.13.

S16. Actividad en lengua castellana. Escriba cuatro oraciones en castellano que con-tengan pronombres personales y posesivos como marcas de deíxis personal. Subráyelos.

S17. Escriba catro oracións en galego que conteñan pronomes persoais e posesivos como marcas de deíxe persoal. Sublíñeos.

Page 22: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 22 de 52

2.16 ���� A concordancia. Recoñecer suxeito e predica-do (aspectos teóricos)

Fíxese na seguinte oración:

O avión procedente de Bruxelas aterrou na pista número sete

Suxeito Predicado

A oración consta de suxeito e predicado.

� Suxeito: infórmanos de quen realiza a acción do verbo. Ten un núcleo representado por un substantivo (avión).

� Predicado: é todo o que dicimos do suxeito. Ten un núcleo representado polo verbo (aterrou).

O suxeito e o verbo concordan en número (singular ou plural) e persoa (eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas).

Page 23: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 23 de 52

2.17 ���� Amor dos quince anos, Marilyn

I

María agardou, coa cara pegada aos vidros da fiestra, ata que o coche do policía se perdeu na última volta da estrada e desapareceu da súa vista. Logo, afastouse da ventá, recolleu a cafeteira e as cuncas que había encol da mesa, e levou todo ata o vertedoiro da cociña. Aínda estaba en tensión, despois daquela entrevista na que fixera esforzos por aparentar unha normalidade que distaba moito de sentir. Tiña a seguridade de que o inspector non sospeitara nada, de que marcha-ra coa sensación de ter perdido o tempo, logo dun diálogo cheo de preguntas e respostas previsibles. Pero temía que Xo-án, o seu home, reparara nalgún detalle que o fixese sospeitar e o levase a continuar coa conversa, aproveitando calquera pretexto. Mentres lavaba as cuncas, os pratiños e as culleriñas, e secaba todo meticulosamente, lembrou o xogo de preguntas e respostas que se acababa de producir entre ela e mais o policía. As palabras volvían agora á súa mente, coma se lle que-dasen gravadas no cerebro e unha forza a obrigara a reproducilas, quizais para comprobar se houbera algún fallo ou algu-nha contradición que a delatase nas súas respostas [...].

Fernández Paz, Agustín, Amor dos quince anos, Marilyn, Xerais, Vigo, 1995

Actividades propostas (textos 2.16 e 2.17)

S18. Nas seguintes oracións extraídas do texto 2.17 indique cal é o suxeito e cal o predicado, e se a concordancia se dá en singular ou en plural.

� Recolleu a cafeteira.

� Levou todo ata o vertedoiro da cociña.

� Lembramos eses días do verán pasado.

� As palabras volvían agora á súa mente.

Page 24: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 24 de 52

2.18 ���� Lexislación esencial da lingua galega (aspectos teóricos)

En Galicia fálanse dúas linguas: o galego (lingua propia de Galicia) e o castelán (lingua oficial en todo o Estado). A cooficialidade das dúas linguas está recollida no artigo 3 da Constitución e no artigo 5 do Estatuto de Autonomía.

A Constitución Española, aprobada no ano 1978, artigo 3º

� 1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar.

� 2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas súas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

� 3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado no 1980, Título Primeiro, artigo 5º

� 1. A lingua propia de Galicia é o galego.

� 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os co-ñecer e de os usar.

� 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e infor-mativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

� 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa de lingua.

� Vai ser no primeiro punto deste artigo onde se recoñece por primeira vez na nosa histo-ria legal que o galego é a lingua propia de Galicia.

A Lei de Normalización Lingüística (1983)

Consta de vinte e cinco artigos desenvolvidos en seis títulos:

� Título I. Dos Dereitos Lingüísticos en Galicia.

� Título II. Estabelece a oficialidade de galego e castelán nas institucións dependentes da Administración Autonómica e Local

� Título III. Regulamenta o uso do galego no ensino

� Título IV. Está dedicado ao uso do galego nos medios de comunicación e determina o uso normalizado do idioma galego en todos os medios sometidos a xestión ou compe-tencia das institucións da Comunidade Autónoma

� Título V. Conságrase á protección do galego no exterior; tanto o dos territorios de fala galega que caen fóra da Comunidade Autónoma, como o dos servizos culturais e lingü-ísticos á poboación emigrada.

� Título VI. Fala da responsabilidade do goberno autónomo e das corporacións locais na protección e fomento do galego e no desenvolvemento da función normalizadora.

Page 25: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 25 de 52

Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado o 22 de setembro de 2004

Serve como desenvolvemento á Lei de Normalización Lingüística de 1983. O Plan recolle 445 medidas moi diversas aplicables a distintos ámbitos sociais e ten como obxectivos: garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, conseguir para o galego máis funcións sociais e máis espazos de uso, introducir na sociedade a oferta positiva de atender os cidadáns e os clientes en galego, promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega, e dotar o galego de recursos lingüísticos e técnicas que o capaciten para vehicular a vida moderna.

Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo

Este decreto desenvolve a lei de normalización lingüística para a súa aplicación en todos os centros docentes públicos e privados que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgá-nica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Actividades propostas (texto 2.18)

S19. Responda ás seguintes cuestións relacionadas co texto que acaba de ler.

� Fíxese no artigo 5 da Constitución Española e no artigo 2 do Estatuto de Auto-nomía. Que diferenza hai entre deber e dereito? Que idioma sae favorecido comparando estes dous artigos? (teña en conta ademais que a Constitución é a lei pola que se rexen as demais leis)

� Fíxese no artigo 1 do Estatuto de Autonomía. Que quere dicir que o galego é a lingua propia de Galicia?

Page 26: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 26 de 52

2.19 ���� Toponimia e antroponimia (aspectos teóricos)

� ���� Ver Glosario: romanización; etimoloxía

A toponimia consiste no estudo etimolóxico dos nomes propios dun lugar e a antroponi-mia estuda a orixe e significado dos nomes propios, incluíndo os apelidos.

Orixe do léxico galego

A maior parte das palabras do léxico galego proceden do latín, que foi introducido na Pe-nínsula Ibérica coa romanización. Pero tamén hai palabras máis antigas procedentes dos pobos prerromanos, e outras posteriores que achegaron os pobos que viñeron despois da caída do Imperio Romano (principalmente xermanos e árabes).

� Palabras de orixe prerromana

– Atopamos nomes comúns referidos a plantas e animais: carballo, amieiro, bidueiro, rodaballo...

– Nomes relacionados coa vida doméstica e agrícola: cabana, cabazo, carro, gándara, veiga, billa, burato, berce...

– Topónimos: Barallobre, Sillobre, Sar...

� Palabras de orixe xermana

– Topónimos: Allariz, Guitiriz, Gondomar, Samil...

– Antropónimos: Afonso, Elvira, Henrique, Luís...

– Palabras relacionadas coa actividade guerreira: guerra, frecha, gañar, bando...

� Palabras de orixe árabe

– Aceite, alfaia, almofada, laranxa, limón, arroz, azafrán, cenoria, alcume...

� Palabras patrimoniais, cultas e semicultas. Como dixemos, a maioría das palabras do galego proceden do latín. Estas palabras de orixe latina, segundo a súa evolución ata a actualidade, divídense en tres grupos: patrimoniais, cultas e semicultas.

– Palabras patrimoniais: forman a maior parte do noso léxico e foron evolucionando ao longo dos séculos de xeración en xeración, diferenciándose da súa forma orixinal. Exemplos:

– Cheo, que vén do latín plenum.

– Enteiro, que vén do latín integrum.

– Ollo, que vén do latín oculum.

– Leite, que vén do latín lactem.

– Orella, que vén do latín auriculam.

– Palabras cultas: tiveron unha incorporación máis serodia e practicamente non sufri-ron evolución con respecto á forma latina orixinal. Exemplos:

– Pleno, que vén do latín plenum.

– Íntegro, que vén do latín integrum.

Page 27: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 27 de 52

– Óculo, que vén do latín oculum.

– Lácteo, que vén do latín lactem.

– Aurícula, que vén do latín auriculam.

– Palabras semicultas, son palabras que, malia ser a súa incorporación moi antiga, sufriron poucas transformacións por ser de uso culto e, xa que logo, de escasa utili-zación. Exemplos:

– Praga, que vén do latín plagam.

Como leva visto polos exemplos anteriores, é moi frecuente atopar no noso léxico pa-labras que experimentaron unha dobre evolución e na actualidade subsisten na forma culta e na forma patrimonial. Exemplos:

Latín Forma culta Forma patrimonial

FILIUM filial fillo

CATHEDRAM cátedra cadeira

FRIGIDUM fríxido frío

VINCULUM vínculo vencello

Actividades propostas (texto 2.19)

S20. Complete a seguinte táboa coas palabras que faltan. Teña en conta que, nal-gúns casos, en cada casa poden ir varias palabras.

Latín Culta e semiculta Patrimonial

LUNAM

COLOREM

MOLAM

TABULA

VOLUNTATE

S21. A toponimia galega está regulada pola Lei de Normalización Lingüística, onde se di: Os topónimos terán como única forma oficial a galega. Para ver esta e outras cuestións sobre toponimia, dunha forma máis pormenorizada, diríxase en inter-net ao seguinte enderezo, http://www.xunta.es/toponimia, e faga o seguinte:

� Lea toda a información que aparece debaixo do título Toponimia oficial. No-menclátor de Galicia.

� Diríxase á opción Busca guiada e mediante a interface guiada que lle aparece na pantalla localice todos os topónimos da parroquia á que pertenza. Como po-de ver, esta ferramenta pode serlle útil se non sabe exactamente a forma galega dalgún topónimo de Galicia e o necesite para realizar calquera tipo de traballo.

Page 28: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 28 de 52

S22. Agora, trate de indagar a procedencia do topónimo da vila ou cidade onde reside habitualmente. Para isto, ademais de buscar en internet, visite a biblioteca da súa localidade, onde probablemente poderá atopar información ao respecto, ou pregunte na Casa do Concello. Escriba a información atopada.

S23. Deseguido vai tentar investigar de onde veñen o seu nome (na forma galega) e o seu primeiro apelido. Para isto debe dirixirse en internet ao seguinte enderezo: http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/debolina_det.php?cat=onoma. Agora siga as instrucións:

� Pinche co rato na opción A caixa dos apelidos.

� Pinche na opción Listaxe de apelidos. Como pode observar, aparece unha lista-xe considerable de apelidos galegos e ao seu lado unha información máis ou menos exhaustiva. Trate de localizar o seu.

� Volva agora á páxina inicial da que arrancamos.

� Pinche na opción Nomes galegos.

� Deseguido pinche na opción (columna central da páxina) Nomes galegos de home ou Nomes galegos de muller.

� Pinche na letra pola que comeza o seu nome.

� Localice o seu nome e pinche nel.

� Para finalizar, anote toda a información recollida.

Como ve, estas ferramentas que vén de utilizar sérvenlle para observar a evolu-ción dos antropónimos (de forma sinxela) ao longo da historia e, ademais, poden serlle útiles para a realización de traballos académicos ou doutra índole.

Page 29: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 29 de 52

2.20 ���� Air Galicia: O buzón de correos

Diríxase, en internet, ao seguinte enderezo e vexa o vídeo (ata o seguinte marcador de tempo: un minuto e doce segundos) que leva por título: Air Galicia: O buzón de correos:

� [http://www.youtube.com/watch?v=UhMFJK-xfbk]

Page 30: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 30 de 52

2.21 ���� Os filmes de Agustín

Diríxase, en internet, ao seguinte enderezo e vexa o vídeo que leva por título: Os filmes de Agustín:

� [http://www.youtube.com/watch?v=Ux7kJXFD3Is]

Page 31: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 31 de 52

2.22 ���� Discurso de Luz Pozo Garza

I

Excmo. Sr. Presidente, Señores Académicos: Ninguén poderá dubidar de que este é un momento trascendental na miña vida. Frente da vosa xenerosidade elexíndome Académica Numeraria da Real Academia Galega, tomo eu conciencia da miña pouquidade. Repaso mentalmente a miña obra e vexo, na súa cativeza, tan só unha decidida vontade de servir a Galicia por amor. Na miña traxectoria escrita, ben sei que contemplaríades con maior interese o meu tempo de dedicación (sempre digo que conto a miña vida por “anos-Luz”) que non os pequeneiros resultados. Dunha cousa, si, pódome gabar: dunha vocación permanente da palabra poética, sobre todo cando me foi revelada en toda a súa fermosura e paixón a verba primordial da nosa fala, que enche de saudade e beatitude a alma. Aqueles cantos do meu pobo na infancia. Aquelas glosas rosalianas das campás de Bastabales e de cómo chovía miudiño por beiras aínda descoñecidas e para min xa entrañables deixá-banme a alma anegada de saudade nun estado entre felicidade e dor coma ferida incurable. Coma un doce cauterio que os nenos poden experimentar aínda máis cós adultos, pois a inefabilidade dos sentimentos é máis acusada na infancia. E así todo se fixo alma para sempre. Hai un punto ineludible na miña elección: son muller. Aquí hai só un ilustre precedente, o da Académica Olga Gallego, que ademais consagra o seu saber indelegable ao ritual dun arquivo moi valioso. Noutrora estivo a piques de pertencer a esta docta corporación a escritora electa Francisca Herrera, pero infortunadamente faleceu sen chegar a tomar posesión da Cadeira que lle estaba destinada. Tiña eu medo perante estes días de correr a mesma sorte: o que sentiría na alma -nunca mellor sexa dito-. Sinto agora unha grande ledicia por estar entre vós. Foi isto unha sorpresa que non imaxinara na miña vida. E penso que esta pode ser unha data clave para a elección de novas académicas entre tantas espléndidas escritoras galegas con mei-randes merecementos ca min [...].

Pozo Garza, Luz, Discurso de ingreso na Real Academia Galega, lido o 29 de novembro de 1996

Actividades propostas (textos 2.9.1, 2.20, 2.21 e 2 .22)

S24. Vexa e lea detidamente os textos 2.20 a 2.22 e conteste á seguinte cuestión (te-ña presente a teoría vista no apartado 2.9.1 desta unidade): que rexistro ou nivel da lingua se dá en cada un dos textos? Por que?

S25. Imaxine estas dúas situacións:

� Vostede nunha aula. É un alumno ou unha alumna. O profesor está a explicar a lección e faille unha pregunta relacionada co tema que están vendo, neste caso, a toponimia galega.

� Vostede un sábado á noite nun pub ou discoteca. Fala cuns amigos dunha anécdota que lle sucedeu ese mesmo sábado á tarde limpando no coche.

– Unha das situacións anteriores require un uso coloquial (arredado de toda formalidade) da lingua e outra un uso formal da mesma. Que uso lle co-rresponde a cada unha das situacións? Por que?

– Que rexistro da lingua se empregaría en cada unha das situacións anterio-res? Por que?

Page 32: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 32 de 52

2.23 ���� Memorias dun neno labrego

Eu son...

BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademáis, probe. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña. No vrao ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha pra espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañán, pra ir co gando, restrevar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos. No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son como espeteiras pra colgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sin tentos. ¡Qué saben desto os nenos da vila! Eles iñoran o que eu penso mentras boto ó corpo un gurruncho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un pantasma bretemoso en cada árbore. A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cás oubean e a xente morre “cando está de Deus”, como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e hastra rímos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos. Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non conozo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, es-treita. Como se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e ou-tros chamaríanme tolo. Por eso escribo. E dempois durmo coma unha pedra. Quedo desatafegado, libre, coma se me qui-tasen de enriba un bocoi. ¡Cousas miñas! E tamén de Smith, o capitán que estivo na guerra e cando voltou prá casa púxo-se a escrebir todo o que lle acontecera. Así está nun libro que me trouxo o Landeiro. ¡Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é pra menos. Porque nel deborco todo o que sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas; pra dicir a verdade ou pra arre-darse dela. Na miña casa non me comprendían. E outro tanto acontéceme na do Landeiro. Eso é o peor que lle pode suceder a ún, pero a moita xente non se lle dá [...].

Neira Vilas, Xosé, Memorias dun neno labrego, Ediciós do Castro, Sada, 2001

Page 33: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 33 de 52

2.24 ���� Texto en lengua castellana: La perrilla

Tenía una perrilla perdiguera –la Chispa-, medio ruin, medio bravía, pero que se entendía muy bien conmigo; con ella me iba muchas mañanas hasta la charca, a legua y media del pueblo hacia la raya de Portugal, y nunca nos volvíamos de va-cío para casa. Al volver, la perra se me adelantaba y me esperaba siempre junto al cruce; había allí una piedra redonda y achatada con una silla baja, de la que guardo tan grato recuerdo como de cualquier persona; mejor, seguramente, que el que guardo de muchas de ellas... Era ancha y algo hundida, y cuando me sentaba se me escurría un poco el trasero (con perdón) y quedaba tan acomodado que sentía tener que dejarla; me pasaba largos ratos sentado sobre la piedra del cruce, silbando, con la escopeta entre las piernas, mirando lo que había de verse, fumando pitillos. La perrilla se sentaba enfrente de mí, sobre sus dos patas de atrás, y me miraba, con la cabeza ladeada, con sus dos ojillos castaños muy despiertos; yo le hablaba y ella, como si qui-siera entenderme mejor, levantaba un poco las orejas; cuando me callaba aprovechaba para dar unas carreras detrás de los saltamontes, o simplemente para cambiar de postura. Cuando me marchaba, siempre, sin saber por qué, había de vol-ver la cabeza hacia la piedra, como para despedirme, y hubo un día que debió parecerme tan triste por mi marcha, que no tuve más suerte que volver mis pasos a sentarme de nuevo... La perra volvió a echarse frente a mí y volvió a mirarme; ahora me doy cuenta de que tenía la mirada de los confesores, escrutadora y fría, como dicen que es la de los linces... Un temblor recorrió todo mi cuerpo; parecía como una corriente que forzaba por salirme por los brazos. El pitillo se me había apagado; la escopeta, de un solo caño, se dejaba acariciar, lentamente, entre mis piernas. La perra seguía mirándome fija, como si no me hubiera visto nunca, como si fuera a culparme de algo de un momento a otro, y su mirada me calentaba la sangre de las venas de tal manera que ese veía llegar el momento en que tuviese que entregarme; hacía calor, un calor espantoso, y mis ojos se entornaban dominados por el mirar, como un clavo, del animal... Cogí la escopeta y disparé; volví a cargar y volví a disparar. La perra tenía una sangre oscura y pegajosa que se ex-tendía poco a poco por la tierra.

Cela, Camilo José, La familia de Pascual Duarte, Destino ediciones, Barcelona, 2002

Actividades propostas (textos 2.23 e 2.24)

� ���� Ver Glosario: estereotipo

S26. Diga, en poucas palabras, como son os personaxes que aparecen no texto 2.23.

S27. Actividad en lengua castellana. Diga, en pocas palabras, como son los persona-jes que aparecen en el texto 2.24.

S28. Tanto o personaxe do texto 2.23 coma o do 2.24 son estereotipos. Na sociedade que vivimos hai moitos exemplos de estereotipos. Diga tres e explique por que o son.

Page 34: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 34 de 52

2.25 ���� Imos ler un pouco

S29. Lea os contos que se lle indican da seguinte obra:

� Fole, Ánxel, Á lus do candil, Galaxia, Vigo, 2004: ler os contos titulados Terra do Caurel e ¡Viña do alén!

S30. Actividad en lengua castellana. Lea los siguientes fragmentos pertenecientes al siguiente libro:

� Baroja, Pío, El árbol de la ciencia, Caro Raggio/Cátedra, Madrid, 1996: leer los cuatro primeros capítulos de la primera parte: Andrés Hurtado comienza la carrera, Los estudiantes, Andrés Hurtado y su familia y En el aislamiento.

S31. Da lectura parcial que acaba de facer dos dous libros, diga cal lle gustou máis e por que.

Page 35: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 35 de 52

3. Resumo de contidos

Bloque de comunicación oral (secuencia de contidos e actividades 2.1 a 2.3)

� Vimos os elementos paraverbais e non verbais que forman parte das intervencións orais e como funcionan.

� Aprendemos a valorar as linguas como instrumentos para comunicarse con outras per-soas.

Bloque de comunicación escrita (secuencia de contidos e actividades 2.4 a 2.8)

� Vimos a importancia que ten respectar nun texto escrito as normas gramaticais, ortográ-ficas e tipográficas para poder comprendelo adecuadamente.

� Visitamos unha biblioteca e analizamos, de xeito sucinto, como funciona.

� Aprendemos a enviar un correo electrónico mediante o servizo de internet Gmail.

� Reflexionamos sobre a importancia que ten evitar os usos sexistas da linguaxe nos tex-tos escritos.

� Aprendemos a usar a aplicación informática Exeria para evitar os usos sexistas da lin-guaxe nos nosos textos escritos.

Bloque de coñecemento da lingua (secuencia de contidos e actividades 2.9 a 2.17)

� Vimos os rexistros ou niveis da lingua que hai, tanto en textos escritos coma orais.

� Aprendemos a identificar e saber cales son algunhas das marcas máis importantes de deíxe persoal.

� Aprendemos a identificar o suxeito e o predicado nas oracións.

Bloque de lingua e sociedade (secuencia de contidos e actividades 2.18 a 2.22)

� Coñecemos e analizaremos a lexislación básica sobre a lingua galega.

� Coñecemos o significado dos termos toponimia e antroponimia.

� Vimos como foron evolucionando as palabras da lingua galega a través da historia e a clasificación que, ao respecto, se pode facer delas.

� Coa axuda de internet, descubrimos, por unha parte, a orixe do nome da vila ou cidade na que vivimos, e por outra, a orixe do noso nome e apelidos.

� Aprendemos como, dependendo do contexto situacional en que nos atopemos, empre-garemos un ou outro rexistro da lingua.

Bloque de educación literaria (secuencia de contidos e actividades 2.23 a 2.25)

� Vimos o que son os estereotipos en dous textos literarios das linguas do ámbito.

� Lemos fragmentos e contos de obras pertencentes á literatura das linguas do ámbito que nos sirvan como fonte de saber e de enriquecemento persoal.

Page 36: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 36 de 52

4. Exercicios de autoavaliación

1. Que elementos paraverbais se utilizan nunha intervención oral?

� O volume de voz, a velocidade, as pausas e a entoación.

� O volume de voz e a velocidade.

� A velocidade e as pausas.

� Os que nós queiramos.

2. Que elementos non verbais se utilizan nunha intervención oral?

� Os acenos.

� Acenos e movementos.

� Non se utiliza ningún elemento.

� Depende da situación.

3. Sobre todo, cando emitimos mensaxes en textos escritos, que temos que coidar?

� Que o receptor estea diante de nós.

� Escribir o texto o máis rápido posible.

� O uso non sexista da linguaxe.

� O mal uso da linguaxe.

4. Que dúas grandes modalidades ten a linguaxe verbal?

� A paraverbal e a non verbal.

� A escrita e a falada.

� A oral e a ortográfica.

� Lingua oral e lingua escrita.

5. Que rexistros ou niveis de lingua hai?

� Hai unha cantidade considerable de rexistros.

� Rexistro culto, coloquial e vulgar.

� Dous, sendo un deles máis habitual que o outro.

� Rexistro culto e vulgar.

Page 37: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 37 de 52

6. Que é a deíxe?

� É unha característica moi importante da lingua.

� Son as palabras que serven para sinalar o suxeito e o predicado, tanto en textos orais coma escritos.

� Xunto coa sintaxe, é unha característica da lingua que nos axuda a recoñecer as estruturas das oracións simples.

� Son as palabras que serven para indicarnos cousas en textos tanto orais como escritos.

7. Mediante que clase de palabras se expresa a deíxe?

� Pronomes persoais e posesivos.

� Pronomes persoais e terminacións verbais.

� Pronomes persoais, posesivos ou as terminacións verbais.

� Pronomes persoais, determinantes posesivos ou as terminacións verbais..

8. De que elementos consta unha oración?

� Suxeito e predicado.

� Predicado.

� Suxeito.

� Substantivos e verbos.

9. De que nos informa o suxeito?

� De quen realiza a acción do verbo.

� De cal é o predicado da oración.

� De cal é o verbo da oración.

� Non nos informa de nada.

10. Que é o predicado?

� É unha das partes da oración.

� É o que acompaña ao suxeito.

� É unha parte da oración que carece de importancia.

� É todo o que dicimos do suxeito.

Page 38: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 38 de 52

11. En que concordan o suxeito e o predicado?

� En persoa.

� En número e persoa.

� En número.

� En singular e plural.

12. Onde está recollida a cooficialidade do galego e do castelán?

� En ningún sitio.

� Na Carta Europea das Linguas.

� No artigo 5 do Estatuto de Autonomía.

� No artigo 3 da Constitución e no artigo 5 do Estatuto de Autonomía.

13. Segundo o artigo 1 do Estatuto de Autonomía, cal é a lingua propia de Galicia?

� O galego.

� O inglés.

� O castelán e o inglés.

� O galego e o castelán.

14. Cantas medidas recolle o Plan Xeral de Normalización Lingüística?

� 954.

� 445.

� 3000.

� 120.

15. En que consiste a toponimia?

� É unha rama da lingüística que mestura varias disciplinas.

� No estudo dos apelidos das persoas.

� No estudo etimolóxico dos nomes propios dun lugar.

� No estudo dos nomes das persoas.

16. En que consiste a antroponimia?

� No estudo etimolóxico dos nomes propios dun lugar.

� Estuda a orixe e o significado dos nomes propios, incluíndo os apelidos.

� No estudo da sintaxe.

� No estudo das relacións entre lingua e xeografía.

Page 39: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 39 de 52

17. De onde procede a maior parte do léxico galego actual?

� De palabras de orixe prerromana, latina, xermana e árabe.

� De palabras de orixe prerromana e xermana.

� De palabras de orixe árabe e xermana.

� De palabras de orixe grega.

18. En que grupos se dividen as palabras de orixe latina que hai no galego?

� Palabras patrimoniais e cultas.

� En dous. Un de palabras máis antigas e outro de palabras máis novas.

� Non se dividen en ningún grupo.

� Palabras patrimoniais, cultas e semicultas.

Page 40: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 40 de 52

5. Solucionarios

5.1 Solucións das actividades propostas

S1. Logo de visualizar os textos responda ás cuestións:

� Con poucas palabras, poña por escrito de que se fala en cada un dos vídeos.

���� Texto 2.1: Rosa Aneiros explícanos cando e por que comezou a escribir.

���� Texto 2.2: Xosé Luís Axeitos lembra as historias da súa infancia que o marcaron e polas que chegou ao mundo galeguista e a escribir.

� Analice os elementos paraverbais e non verbais dos dous textos.

���� Texto 2.1: volume de voz: baixo; velocidade: rápida; pausas: non hai pausas destacables no discurso; entoación: é sempre a mesma; xestos: utiliza as mans para reforzar o dito no discurso; movementos: Aneiros está inqueda na cadeira, coma nerviosa.

���� Texto 2.2: volume de voz: medio; velocidade: lenta; pausas: non hai pausas salientables no discurso; entoación: é sempre a mesma; xestos: utiliza as mans para reforzar o dito no discurso; movementos: de cando en vez Axeitos move as mans, coma se non fose capaz de telas quedas.

� Cre que os elementos paraverbais e non verbais xogan un papel importante na comunicación oral? Por que?

Si, xogan un papel moi importante porque reforzan e amplían a mensaxe que o emisor nos transmite ou quere transmitir. Ademais, estes elementos pódennos dar información sobre o estado anímico en que o emisor pronuncia o discurso: se está nervioso, tranquilo, se ten présa por rematar, etc.

� Se nos centramos só na linguaxe verbal, para que cre que nos serve? Que po-demos transmitir con ela?

A linguaxe verbal é un elemento fundamental na comunicación humana, entre persoas. Serve para poder transmitir e intercambiar ideas con persoas da mesma ou doutra culturas, tamén para intercambiar mensaxes de tipo cultural, científico...

S2. Compare os textos 4 e 5. Cal dos dous textos lle resulta de máis difícil compren-sión? Por que?

O texto 4, tal e como aparece presentado é o de máis difícil comprensión. É así, non porque a linguaxe empregada nel estea nun rexistro culto da lingua e teña palabras excesivamente científicas ou que non se empregan a miúdo, senón porque contén numerosos erros ortográficos, gramaticais e tipográficos (faltan acentos, comas, os parágrafos están mal colocados...) que fan que a súa adecuada comprensión sexa imposible.

Page 41: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 41 de 52

S3. Corrixa os erros gramaticais, ortográficos e tipográficos que hai no texto 4 para que, deste xeito, sexa comprensible. (...)

As bágoas de Belinda brillaban coma os vagalumes de verán na congostra do souto. Ata o día anterior o seu vivir fora unha sucesión de ilusións, un continuado soñar sen esperanza, que debuxaba un aceno de ledicia no seu rostro e abrigaba mornamente o seu corazón. Sabíase querida. Todos pasaban polo muíño do seu pai e aínda que as cousas de cada un non fosen tan ben como deberan, todos gardaban un sorriso co que obsequiar a aquela mociña de ollos grandes e negros, que expresaban todo canto a súa mudez lle impedía dicir.

A súa figura pequena e fráxil, aquel pano de cadriños brancos e negros que gardaba o seu cabelo, enmarcándolle o rostro enfariñado e transparente, provocaba a tenrura dos homes e mulleres das aldeas próximas, pero tamén era posible que aquela inocencia provocase o desexo irresistible de facer mal.

Algo así debeu acontecer co home que se achegou ó muíño aquela tarde de domingo na que non se movía a roda. A porta estaba aberta e el asomou cara a dentro, deixando o macuto entre a herba e escudriñando nos recunchos cos seus ollos febrís. O interior escureceu cando o seu corpo ocupou o limiar e Belinda, de costas, volveuse cara el cun sorriso prendido nos seus labios.

Ela nunca desconfiara de ninguén. Sabíase querida, protexida por un sentimento colectivo que sempre a protexera do mal. O home pediu auga, e ela abriu aínda máis o seu sorriso, quizais para indicarlle que non o podía entender. ¿Can-do sentiu el o golpear do desexo que se lle veu por dentro?, ¿foi ó descubri-lo seu rostro e os seus brazos cubertos polo po da muiñada?, ¿foi cando advertiu que ela era un ser vulnerable e sen defensa?

Belinda sabía ler nos labios dos homes, pero non no fondo dos seus corazóns. Por iso indicou o sombrizo lugar no que o seu pai deixaba o porrón e proseguiu co seu traballo, mentres el bebía con cobiza e imaxinaba como roubar unha ilusión.

S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e busque nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole, e El árbol de la ciencia, de Pío Baroja. Fíxese na sección en que están e (...).

Resposta aberta.

S5. Colla en préstamos os dous libros que buscou na biblioteca, pois máis adiante, nesta mesma unidade, van ser de utilidade para a realización dunha actividade.

Cumprirá coller os libros nunha biblioteca física do contorno.

S6. En internet acuda ao buscador Google e nel escriba o seguinte: “Gmail”. A conti-nuación prema co rato sobre a opción “Buscar con Google” e pinche o primeiro dos resultados (...):

Cumprirá seguir as instrucións que se dan nesta actividade para a súa correcta resolución.

S7. Diríxase á seguinte dirección na internet: http://www.exeria.net/mais.php e lea o texto que aparece na pantalla.

Cumprirá seguir as instrucións que se dan nesta actividade par a súa correcta resolución.

S8. Cree un texto en que debe falar da profesión á que se dedica e se nela predomi-na o sexo masculino ou feminino e por que pensa que sucede iso. Redácteo sen pór atención no uso da linguaxe sexista. (...).

Resposta aberta.

Page 42: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 42 de 52

S9. Logo de rematado o texto, corrixa os posible usos sexistas da linguaxe que vexa nel coa axuda da aplicación “Exeria”. (...).

Cómpre comparar os dous textos para ser consciente dos usos sexistas da linguaxe da primeira redacción.

S10. Texto 2.10. Actividad en lengua castellana.

� ¿A qué tipo de comunicación (oral o escrita) responde el texto?

Comunicación escrita.

� ¿Qué características de la lengua escrita aparecen reflejadas en el texto?

Comunicación escrita. El canal de comunicación es visual. El receptor/a percibe el texto con la vista; el mensaje puede tardar en llegar al receptor, dependiendo de cuándo se ponga a leer el texto; el mensaje es perdurable en el tiempo; carece de recursos típicos de la lengua oral como gestos de sorpresa, dubitativos, emoción... Los tiene que sustituir por otros: puntos, comas...; al ser la lengua escrita más elaborada y precisa que la lengua oral, care-ce de la espontaneidad de esta última.

� ¿A qué registro o nivel de lengua pertenece el texto?

Registro culto o formalizado. Se caracteriza porque posee una gran precisión, claridad y rigor. Las expresiones son cuidadas y el vocabulario amplio, variado y específico (relacionado con el tema que se está tratando y que muchas veces incluye tecnicismos).

S11. Textos 2.11 e 2.12. Lea e escoite os textos. Responda ás seguintes cuestións.

� A que tipo de comunicación (oral ou escrita) responde cada un dos textos?

���� Texto 2.11: comunicación escrita.

���� Texto 2.12: comunicación oral.

� Que características da lingua oral ou escrita temos en cada un dos textos?

���� Texto 2.11: comunicación escrita. A canle de comunicación é visual. O receptor percibe o texto coa vista; a mensaxe pode tardar en chegar ao receptor, dependendo de cando se poña a ler o texto; a mensaxe é perdura-ble no tempo; carece de recursos típicos da lingua oral coma xestos de sorpresa, dúbida, emoción... Tenos que substituír por outros: puntos, comas...

���� Texto 2.12: comunicación oral. A canle de comunicación é auditiva. O receptor percibe o texto co oído; a mensa-xe é instantánea, transmítese no momento; a mensaxe non é perdurable no tempo, ten a duración limitada do momento da comunicación; hai recursos típicos da lingua oral: sorpresa, dúbida...

� A que rexistro ou nivel de lingua pertence cada un dos textos? Por que?

���� Texto 2.11. Rexistro coloquial ou familiar: expresividade e fluidez. Poden aparecer palabras con dobre sentido, expresións populares, repeticións, frases breves, diminutivos afectivos, comodíns, refráns e frases feitas, apóco-pes... Emprégase nas situacións de comunicación informais, entre persoas de confianza (familiares, amigos).

���� Texto 2.12. Rexistro coloquial ou familiar: expresividade e fluidez. De todos xeitos, este texto está máis próximo a un rexistro vulgar que o texto 2.11. Neste texto 2.12 o emisor ten un vocabulario moi reducido, non cohesiona adecuadamente unhas ideas coas outras e repítese con frecuencia.

Page 43: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 43 de 52

S12. O texto 2.11, malia ser un exemplo de comunicación escrita, contén algúns ele-mentos que entran dentro das características da comunicación oral. Cales son?

Este texto está escrito nun rexistro coloquial ou familiar da lingua, que é o que habitualmente adoita empregar a maioría da poboación nos actos de comunicación oral cando utiliza o galego, debido á falta de instrución para utilizar a norma culta da lingua. Ademais contén expresións, proverbios e palabras malsoantes, propias da lingua oral ou que, polo menos, é onde o seu uso adoita ser máis frecuente. O texto afástase, deliberadamente, do que é norma na lingua escrita, é dicir, do emprego do rexistro culto.

S13. Identifique e subliñe no texto 2.14 as formas lingüísticas de deíxe persoal que vimos no texto 2.13.

Os ilustrados galegos estudaron os problemas fundamentais da agricultura e denunciaron o atraso económico de Galicia. O padre Sarmiento fixo unha defensa da lingua galega e unha crítica do que significaba a total eliminación deste idioma da vida pública do país. “Os non galegos que a principios do século XVI inundaron Galicia para facerse cos máis pingües empregos, así eclesiásticos como civís, foron os que por non saber a lingua galega, introduciron a monstruosidade de escribir en castelán para os que non saben senón o galego puro”.

S14. Nas seguintes oracións identifique e subliñe os pronomes persoais átonos que haxa, os cales funcionan como marcas de deíxe persoal.

� Sempre me gustou que se fixasen en min e agora ninguén me mira porque me fixen moi antipático.

� Estame ben empregado por meterme onde ninguén me chama.

� Pouco antes de me ir, o profesor íame sacar os apuntamentos e mandarme para se-tembro.

� Dis que me queres, pero non me queres axudar e desexas que todo me saia mal.

� Mandáronme que me arranxase e dixeron que me chamarían ao pasaren por alí.

� Faloume do proxecto e fíxome imaxinar que esa marabilla podería reportarme algún beneficio.

S15. Actividad en lengua castellana. Identifique y subraye en el texto 2.15 las formas lingüísticas de deíxis personal que hemos visto en el texto 2.13.

Zaragoza, 6 de Octubre de 2009

Asunto : Invitación al cumpleaños del director José García

Sr. Manuel Pérez

Asistente de limpieza Queda usted informado por medio de esta misiva, que el próximo día 31 se celebra, como todos los años, el cum-pleaños de nuestro querido Jefe y Director , Don José García.

Como trabajador de esta empresa, queda usted formalmente invitado al evento. Puede usted acudir con su familia, amigos o acompañante. No olvide llevar una botella de licor, así como el/los regalos oportunos que serán recogidos en la entrada, para posterior entrega al finalizar el evento.

Por último, informarle, que en un plazo de 3 días, tiene usted la posibilidad de hacer un ingreso, a modo de regalo, en la cuenta de Don José, o a través de la cuenta de la empresa. Si así lo hace, no olvide indicar en el asunto, su nombre y apellidos.

Sin otro propósito, se despide,

Ana María López

Secretaria de dirección de José García

Page 44: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 44 de 52

S16. Actividad en lengua castellana. Escriba cuatro oraciones en castellano que con-tengan pronombres personales y posesivos como marcas de deíxis personal. Subráyelos.

Respuesta abierta.

S17. Escriba catro oracións en galego que conteñan pronomes persoais e posesivos como marcas de deíxe persoal. Sublíñeos.

Resposta aberta.

S18. Nas seguintes oracións extraídas do texto 2.17 indique cal é o suxeito e o predi-cado e se a concordancia se dá en singular ou en plural.

���� Recolleu a cafeteira – Suxeito: El. – Predicado: Recolleu a cafeteira. – Concordancia: singular.

���� Levou todo ata o vertedoiro da cociña – Suxeito: El. – Predicado: Levou todo ata o vertedoiro da cociña. – Concordancia: singular.

���� Lembramos eses días do verán pasado – Suxeito: Nós. – Predicado: Lembramos eses días do verán pasado. – Concordancia: plural.

���� As palabras volvían agora á súa mente – Suxeito: As palabras. – Predicado: volvían agora á súa mente. – Concordancia: plural.

S19. Responda ás seguintes cuestións relacionadas co texto que acaba de ler.

� Fíxese no artigo 5 da Constitución Española e no artigo 2 do Estatuto de Auto-nomía. Que diferenza hai entre deber e dereito? Que idioma sae favorecido comparando estes dous artigos?

Deber expresa obrigatoriedade de facer ou cumprir algo, entanto que dereito expresa a voluntariedade para face algo se un quere pero non hai ningunha obriga implícita. O idioma que sae favorecido é o castelán, pois para el hai deberes e dereitos, entanto que para o galego só hai dereitos.

� Fíxese no artigo 1 do Estatuto de Autonomía. Que quere dicir que o galego é a lingua propia de Galicia?

Que corresponde por exclusiva ou natureza ao territorio galego.

Page 45: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 45 de 52

S20. Complete a seguinte táboa coas palabras que faltan. Teña en conta que, nal-gúns casos, en cada casa poden ir varias palabras.

Latín Culta e semiculta Patrimonial

LUNAM lunar, lunático lúa, luar

COLOREM color, colorado/a, colorante, colorar, colorear,

colorete, colorido, colorismo, colorista cor, corar

MOLAM molar moa

TABULA taboleiro, tabulador, tabular táboa

VOLUNTATE voluntario/a, voluntarioso/a vontade

S21. A toponimia galega está regulada pola Lei de Normalización Lingüística, onde se di: “Os topónimos terán como única forma oficial a galega”. Para ver esta e ou-tras cuestións sobre toponimia, dunha forma máis pormenorizada, diríxase en in-ternet ao seguinte enderezo: http://www.xunta.es/toponimia e faga o seguinte:

Cumprirá seguir as instrucións que se dean nesta actividade para a súa correcta resolución.

S22. Agora, trate de indagar a procedencia do topónimo da vila ou cidade onde vos-tede reside habitualmente. Para isto, (...).

Resposta aberta

S23. Deseguido vai tentar indagar de onde veñen o seu nome (na forma galega) e pri-meiro apelido. Para isto (...)

Cumprirá seguir as instrucións que se dean nesta actividade para a súa correcta resolución

S24. Vexa e lea detidamente os textos 2.20 a 2.22 e realice a seguinte cuestión (teña presente a teoría vista no apartado 2.9.1 desta unidade).

� Que rexistro ou nivel da lingua se dá en cada un dos textos? Por que?

���� Texto 2.20: rexistro coloquial ou familiar. Caracterízase pola súa expresividade e fluidez. Neste rexistro poden aparecer palabras con dobre sentido, expresións populares, repeticións, frases breves, diminutivos afectivos, pa-labras comodín, refráns e frases feitas, apócopes... Emprégase nas situacións de comunicación informais, entre persoas de confianza (familiares, amigos).

���� Texto 2.21: rexistro culto ou formalizado. Caracterízase porque posúe unha gran precisión, claridade e rigor. As expresións son coidadas e o vocabulario amplo, variado e específico (relacionado co tema que se está a tratar e que moitas veces inclúe tecnicismos).

���� Texto 2.22: rexistro culto ou formalizado..

S25. Imaxine dúas situacións: (...)

� Unha require un uso coloquial da lingua e outra un uso formal da mesma. Que uso lle corresponde a cada unha das situacións? Por que?

Page 46: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 46 de 52

���� A situación 1 require un uso formal da lingua. Estamos nunha aula onde se nos está ensinando, por exemplo, a lingua galega ou calquera outra disciplina e temos que contestar con precisión e usando termos técnicos, relacio-nados coa materia que estamos vendo, ao profesor para que deste xeito a nosa explicación sexa o máis precisa posible. Por outra parte, a relación co profesor non é de amizade ou familiaridade, senón totalmente profesional. Xa que logo, facer un uso coloquial da linguaxe está totalmente fóra de lugar neste caso.

���� A situación 2 require un uso coloquial da lingua. Estamos nunha discoteca cuns amigos e amigas, afastados de toda posible formalidade. Coñecémonos, o que implica que temos unha amizade e unha confianza previa. Non necesitamos usar unha linguaxe chea de termos técnicos ou especializados, senón que empregamos unha lin-guaxe coloquial, familiar, expresando emocións, risos, dúbidas, sorpresa...

� Que rexistro da lingua se empregaría en cada unha das situacións anteriores? Por que?

Na situación 1 empregaríamos un rexistro culto da lingua e na situación 2, un rexistro coloquial.

S26. Diga, en poucas palabras, como son os personaxes que aparecen no texto 2.23.

Balbino é un rapaz labrego, pobre e humilde que vive na aldea. O único consolo que atopa é verter os pensamen-tos nun caderno de seu que non lle amosa a ninguén.

S27. Actividad en lengua castellana. Diga, en pocas palabras, como son los persona-jes que aparecen en el texto 2.24.

El personaje de este texto es un cazador; aparentemente, un individuo solitario que vive en una aldea, que mantiene una extraña relación con su perro. El personaje parece sufrir una enfermedad mental, tal vez paranoia o manía per-secutoria, de ahí que acabe por matar a su perro por mirarlo de forma extraña.

S28. Tanto o personaxe do texto 2.23 coma o do 2.24 son estereotipos. Na sociedade que vivimos hai moitos exemplos de estereotipos. Diga tres e explique por que o son.

Resposta aberta. Lea previamente a información que ten no termo estereotipo no glosario.

S29. Lea os contos que se lle indican da seguinte obra: (...)

Cumprirá ler os contos que se lle indican para poder resolver adecuadamente esta actividade (S30).

S30. Actividad en lengua castellana. Lea los siguientes fragmentos pertenecientes al siguiente libro: (...)

Deberá leer los fragmentos que se le indican para poder resolver adecuadamente esta actividad (S30).

S31. Da lectura parcial que acaba de facer dos dous libros, diga cal lle gustou máis e por que?

Resposta aberta

Page 47: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 47 de 52

5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Que elementos paraverbais se utilizan nunha intervención oral?

� O volume de voz, a velocidade, as pausas e a entoación.

� O volume de voz e a velocidade.

� A velocidade e as pausas.

� Os que nós queiramos.

2. Que elementos non verbais se utilizan nunha intervención oral?

� Os acenos.

� Acenos e movementos.

� Non se utiliza ningún elemento.

� Depende da situación.

3. Sobre todo, cando emitimos mensaxes en textos escritos, que temos que coidar?

� Que o receptor estea diante de nós.

� Escribir o texto o máis rápido posible.

� O uso non sexista da linguaxe.

� O mal uso da linguaxe.

4. Que dúas grandes modalidades ten a linguaxe verbal?

� A paraverbal e a non verbal.

� A escrita e a falada.

� A oral e a ortográfica.

� Lingua oral e lingua escrita.

5. Que rexistros ou niveis de lingua hai?

� Hai unha cantidade considerable de rexistros.

� Rexistro culto, coloquial e vulgar.

� Dous, sendo un deles máis habitual có outro.

� Rexistro culto e vulgar.

Page 48: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 48 de 52

6. Que é a deíxe?

� É unha característica moi importante da lingua.

� Son as palabras que serven para sinalar o suxeito e o predicado en textos orais e escritos.

� Xunto coa sintaxe, é unha característica da lingua que nos axuda a recoñecer as estruturas das oracións simples.

� Son as palabras que serven para indicarnos cousas en textos orais e escritos.

7. Mediante que clase de palabras se expresa a deíxe?

� Pronomes persoais e posesivos.

� Pronomes persoais e terminacións verbais.

� Pronomes persoais, posesivos ou as terminacións verbais.

� Pronomes persoais, determinantes posesivos ou as terminacións verbais..

8. De que elementos consta unha oración?

� Suxeito e predicado.

� Predicado.

� Suxeito.

� Substantivos e verbos.

9. De que nos informa o suxeito?

� De quen realiza a acción do verbo.

� De cal é o predicado da oración.

� De cal é o verbo da oración.

� Non nos informa de nada.

10. Que é o predicado?

� É unha das partes da oración.

� É o que acompaña ao suxeito.

� É unha parte da oración que carece de importancia.

� É todo o que dicimos do suxeito.

Page 49: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 49 de 52

11. En que concordan o suxeito e o predicado?

� En persoa.

� En número e persoa.

� En número.

� En singular e plural.

12. Onde está contemplada a cooficialidade do galego e do castelán?

� En ningún sitio.

� Na Carta Europea das Linguas.

� No artigo 5 do Estatuto de Autonomía.

� No artigo 3 da Constitución e no artigo 5 do Estatuto de Autonomía..

13. Segundo o artigo 1 do Estatuto de Autonomía, cal é a lingua propia de Galicia?

� O galego.

� O inglés.

� O castelán e o inglés.

� O galego e o castelán.

14. Cantas medidas recolle o Plan Xeral de Normalización Lingüística?

� 954.

� 445.

� 3000.

� 120.

15. En que consiste a toponimia?

� É unha rama da lingüística que mestura varias disciplinas.

� No estudo dos apelidos das persoas.

� No estudo etimolóxico dos nomes propios dun lugar.

� No estudo dos nomes das persoas.

Page 50: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 50 de 52

16. En que consiste a antroponimia?

� No estudo etimolóxico dos nomes propios dun lugar.

� Estuda a orixe e significado dos nomes propios, incluíndo os apelidos.

� No estudo da sintaxe.

� No estudo das relacións entre lingua e xeografía.

17. De onde procede a maior parte do léxico galego actual?

� De palabras de orixe prerromana, latina, xermana e árabe.

� De palabras de orixe prerromana e xermana.

� De palabras de orixe árabe e xermana.

� De palabras de orixe grega.

18. En que grupos se dividen as palabras de orixe latina que hai no galego?

� Palabras patrimoniais e cultas.

� En dous. Un de palabras máis antigas e outro de palabras máis novas.

� Non se dividen en ningún grupo.

� Palabras patrimoniais, cultas e semicultas.

Page 51: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 51 de 52

6. Glosario

� Alfabeto galego. Consta de vinte e tres letras ou grafías. Todas teñen xénero masculino.

Letra Nome Letra Nome Letra Nome

a a i i r erre

b be l ele s ese

c ce m eme t te

d de n ene u u

e e ñ eñe v uve

f efe o o x xe

g gue p pe z zeta

h hache

q que

� Nosoutros, -as. Existe unha diferenza de significado entre nosoutros e nós. Entanto que a primeira delimita un grupo concreto, e deixa fóra dese grupo todos os que non pertenzan a el, a segunda non marca esa fronteira: nosoutros pensamos dunha maneira, vosoutros doutra, fronte á máis xeral nós non pensamos así. O que ocorre é que esta diferenza tradi-cional se eliminou na maior parte dos falares galegos en favor dunha das dúas formas, de aí que os usos se interfiran.

� El/él. En galego, este pronome persoal non leva acento, pero en castelán si.

� Pronomes. Os pronomes son palabras que sinalan ou substitúen a outras que, polo xeral, xa foron nomeadas. Son substitutos do nome. Exemplo: Ricardo non arranxou a casa co-mo el quería.

� Romanización. Proceso polo que a cultura romana se implanta noutro país durante o pe-ríodo de dominio romano sobre este.

� Etimoloxía. Estudo da orixe das palabras, cando son incorporadas a un idioma, de que fonte proceden e como a súa forma e significado evolucionaron ao longo do tempo.

� Estereotipo. É unha imaxe mental moi simplificada e con poucos detalles acerca dun grupo de xente que comparte certas calidades, características e habilidades. O termo adoi-ta usarse cun sentido negativo. Os estereotipos máis comúns do pasado incluían unha am-pla variedade de alegacións sobre diversos grupos raciais e predicións de comportamento baseadas no estatus social ou na riqueza. Na literatura e na arte, os estereotipos son personaxes ou situacións predicibles. Exem-plo: un demo estereotípico é malvado, de cor vermella, con cornos, rabo e tridente.

Page 52: Ámbito da comunicación · S4. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e procure nela os seguintes libros (sen a axuda do bibliotecario/a): Á lus do candil, de Ánxel Fole e

Páxina 52 de 52

7. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Alarcos Llorach, Emilio, Gramática de la lengua española, Espasa, Madrid, 1999.

� Cela, Camilo José, La familia de Pascual Duarte, Destino ediciones, Barcelona, 2002.

� Fernández Paz, Agustín, Amor dos quince anos, Marilyn, Xerais, Vigo, 1995.

� Fernández Rei, Francisco e Hermida Gulías, Carme, A nosa fala, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2003.

� Francisco X. Fernández Naval, Narradores de cine, Xerais, Vigo, 1996.

� Harguindey, Henrique e Barrio, Maruxa, Antoloxía do conto popular galego, Galaxia, Vigo, 2006.

� ILG & RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, ILG e RAG, Vi-go, 2003.

� ILG & RAG, Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG e RAG, 2004.

� López Silva, Inma, New York, New York: GRIAL, Revista galega de cultura, nº 168 (2005).

� Neira Vilas, Xosé, Memorias dun neno labrego, Ediciós do Castro, Sada, 2001.

� Pozo Garza, Luz, Discurso de ingreso na Real Academia Galega, lido o 29 de novem-bro de 1996.

� Spang, Kurt, Géneros literarios, editorial Síntesis, Madrid, 2000.

Ligazóns de internet

� [http://www.bivir.com]

� [http://www.galipedia.org]

� [http://es.wikipedia.org]

� [http://www.modelo-carta.com]