Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e...

39
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 39 Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial Módulo 4 Unidade didáctica 14 A comunicación profesional

Transcript of Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e...

Page 1: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 39

Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial

Módulo 4 Unidade didáctica 14

A comunicación profesional

Page 2: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 2 de 39

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................5

2.1 � Olladas sobre Ramón Piñeiro .................................................................................. 5 2.2 Texto en castellano. El Maestrazgo de Teruel .............................................................. 6 2.3 � Relato inconsistente ................................................................................................ 7 2.4 � Texto en castellano. Michael Moore, más de lo mismo............................................ 8 2.5 � A nai do violinista de Malá Strana.......................................................................... 10 2.6 � Texto en castellano. Procusto ataca. La encrucijada de las librerías ..................... 11 2.7 � A palabra das fillas de Eva .................................................................................... 12 2.8 � Texto en castellano. Caballo de Troya................................................................... 13 2.9 � Estratexias de autoavaliación ................................................................................ 14 2.10 � Plan xeral de normalización da lingua galega........................................................ 15 2.11 � O currículo persoal (curriculum vitae). Aspectos teóricos ...................................... 16 2.12 � Texto en castellano. Acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto............... 18 2.13 � A literatura galega no século XIX. Precursores e Rexurdimento (aspectos teóricos)....................................................................................................... 21 2.14 � Texto en castellano. La literatura castellana en el siglo XIX. El Romanticismo

(aspectos teóricos) ..................................................................................................... 23

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................25

4. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................26

5. Solucionarios...................................... .....................................................................29

5.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 29 5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 35

6. Glosario........................................... .........................................................................38

7. Bibliografía e recursos............................ ................................................................39

Page 3: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 3 de 39

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade está dentro do bloque As cousas de palacio e denomínase A comunicación profesional”. Dedicaremos a esta unidade o equivalente de 16 horas lectivas. Pode distri-buílas como mellor lle pareza pero o recomendable é que diariamente traballe con ela en-tre unha e dúas horas. Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:

� A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar.

� A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de as-pectos teóricos, que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen de-sa etiqueta, que son os que debe ler e comentar.

Outra cuestión que se dá nesta e no resto de unidades é que os contidos e actividades están elaborados seguindo o que podemos chamar bloques de contidos. Son cinco: comunica-ción oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade, e educación literaria. En cada un deses bloques aténdese especificamente a unha determinada cuestión, tal e como os seus nomes indican..

Como poderá observar, logo de comezar a traballar coa unidade, nela non aparece de xeito explícito esa división por“bloques. Isto fíxose así para lograr unha maior cohesión temática e estrutural. De todos os xeitos, pode atopar explicitadas no apartado 3 as activi-dades e os contidos que abrangue cada un dos bloques.

Unha vez rematada a unidade deberá ser capaz de:

� Valorar a importancia que ten a lingua oral como forma de comunicación universal.

� Utilizar a lingua oral para tomar conciencia dos coñecementos, as ideas e os sentimen-tos propios e alleos para regular a propia conduta.

� Detectar o tema e os subtemas dun texto argumentativo e analizar os argumentos.

� Utilizar a composición escrita como fonte de información e aprendizaxe, e como forma de comunicar as experiencias e os coñecementos propios.

� Redactar e presentar textos escritos (currículo, etc.) en soporte impreso e dixital, coi-dando a estrutura formal e respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográfi-cas.

� Distinguir entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras.

� Coñecer e usar as normas ortográficas, empregando os termos apropiados na explica-ción sobre o seu uso.

� Apreciar o valor social que leva consigo un bo uso das normas ortográficas e a necesi-dade de cinguirse á norma lingüística.

� Analizar e reflexionar a utilización e significado de diferentes formas gramaticais me-diante comparación e contraste coas dúas linguas do ámbito.

Page 4: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 4 de 39

� Utilizar estratexias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso de auto-aprendizaxe.

� Ser consciente da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colec-tivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.

� Comprender e analizar o uso das dúas linguas do ámbito nos documentos profesionais e administrativos de uso frecuente.

� Coñecer as características xerais dos grandes períodos da historia da literatura (das dúas linguas do ámbito) do século XIX.

� Localizar en bibliotecas do contorno textos literarios do período estudado (século XIX).

� Desenvolver a autonomía lectora e o aprecio pola literatura como fonte de pracer.

� Compoñer textos de intención literaria, especialmente líricos, como formas de expre-sión do seu mundo interior.

Page 5: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 5 de 39

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 ���� Olladas sobre Ramón Piñeiro

Vexa o vídeo titulado Olladas sobre Ramón Piñeiro, no seguinte enderezo web:

� [http://www.youtube.com/watch?v=MxvACigqRYk]

Page 6: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 6 de 39

2.2 ���� Texto en castellano. El Maestrazgo de Teruel

Vea el vídeo titulado (2/6) Un país en la mochila – El Maestrazgo de Teruel, en la si-guiente dirección web:

� [http://www.youtube.com/watch?v=6ftT3q3wt8s]

Actividades propostas (textos 2.1 e 2.2)

S1. Texto 2.1. Vexa o texto e responda á cuestión: Cal é o tema principal do texto?

S2. Texto 2.2. Actividad en lengua castellana. Vea el texto y responda a la cuestión: ¿Cuál es el tema principal del texto?

S3. ¿Para qué sirve la lengua oral? ¿Qué transmitimos con ella? Razone la respues-ta.

Page 7: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 7 de 39

2.3 ���� Relato inconsistente

O fío argumental da novela susténtase na procura dun manuscrito de Hamlet, que pode estar na biblioteca do pazo riba-dense da familia Pérez-Barnes. O monicrequeiro Ricardo, fillo de Leandro, dono do pazo, é un obsesionado por Shakes-peare e o seu teatro, o que o leva mesmo a montar un teatriño na súa casa e representar cos seus monicreques obras do dramaturgo inglés co só público dunha prostituta. A historia do manuscrito combínase coas historias da relación entre o novelista Eusebio Pontella e a profesora Adriana, así como coa do especialista e dobre de cine Frank Rinlo e Celia, criada do pazo. Estas historias conflúen coa principal cando se descobre que o dono do pazo e pai de Ricardo, D. Leandro, man-tén unha relación homosexual con Eusebio e Celia foi moza de Rinlo, ata o extremo de ter un fillo, que morreu e aparece momificado no soto do pazo. Personaxes e feitos resultan tópicos e as historias conflúen ao xeito do vello folletín e cuns recursos técnicos que están moi afastados do que se lle pide a unha novela actual e que nos fan experimentar a sensación de que volvemos ás técni-cas de Maxina, a primeira novela galega, en que o narrador, ao xeito dun deus, fai confluír dun xeito totalmente artificial e inxenuo as distintas historias da novela nun desenlace de deus ex machina. Mesmo a historia de que Adriana escribía as novelas do seu marido fai pensar no feixe de reportaxes sobre Martínez Sierra e a súa dona. A viaxe de Ricardo en globo a Inglaterra non é esperpéntica, senón unha pura astracanada, co sal gordo engadido da súa caída sobre os xitanos evan-xelistas. O desenlace, con incendio incluído, non resulta de ningún xeito verosemellante e entra no terreo do puro disparate, por máis que pretenda ser parodia do folletín, das películas da serie B ou do cine mudo. Pero non o consegue. Neste remate de novela estraña así mesmo a crítica que fai o autor por boca de Adriana do éxito das novelas supostamente escritas polo seu marido e traducidas a seis idiomas, que só teñen éxito pola incultura dos seus lectores. É unha socioloxía do éxito lite-rario simplista e que parece condenar toda a narrativa con éxito de público ao desprezo. Sorprende isto cando na páxina 79 desta novela se nos di que o autor do himno galego é Curros Enríquez… En canto á lingua, hai erros que demostran que o escritor non domina o galego, como é o emprego de lle como comple-mento directo, na mellor liña do castelán de Valladolid ou de Madrid (aínda lles divertía a silueta de Buster Keaton, páx. 74) o cheísmo (Non che atraio? páx. 81), o uso inadecuado do reflexivo (o aceite que se botaba pola pel, páx. 112) ou o em-prego incorrecto dos verbos pronominais (que acorde do que che dixen, páx. 81. Neste caso, con suplemento con de, o verbo acordar é pronominal). Estes erros, e xa non imos facer referencia aos léxicos ou mesmo gramaticais menos rechamantes (como os castelanis-mos despegar un avión por engalar, reanudar, o uso de quecer como intransitivo, pousar –páx.117 por posar…) fan que o lector que é falante inicial ou habitual de galego perciba esta novela (e tamén outras que teñen as mesmas tachas lingüís-ticas) como algo falso e que mesmo pense que se escriben en galego, porque ao mellor é máis doado publicar nesta lin-gua ca en castelán ou ata acadar un premio. Eu non coñezo novelas premiadas en castelán onde, a non ser para caracte-rizar os personaxes, se utilicen como estándar o laísmo ou formas como se me cayó. Xa que logo, nunha época en que a produción galega xa é o suficientemente abonda como para poder escoller e non co-mo na época Nós ou nos sesenta-setenta, que se lía todo o escrito en galego, pois tan cativa era a produción editorial en galego naquelas datas, esta novela é absolutamente prescindible e ninguén vai perder ren se non a le.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso ao libro de Jaureguizar: O Globo de Shakespeare; extraída da edición dixital do suplemento cultural Cartafol de libros

Page 8: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 8 de 39

2.4 ���� Texto en castellano. Michael Moore, más de lo mismo

Un muñeco inarticulado, vulgar hasta el escándalo, autor de lamentables frases hechas con inmediato poder para alterar la realidad, un criminal apabullantemente torpe y gris, le decía con escandalosa suficiencia a un fulano gordo, obsesivo, tramposo, izquierdista, manipulador y procaz: "Búsquese un trabajo serio, señor Moore". Ocurría en Farhenheit 9/11. Era un documental salvaje a costa de ser realista que revelaba los infinitos trapicheos de la familia Bush con los fundamentalis-tas que sembraron la duda del apocalipsis en la intocable América, que mostraba la grotesca estupefacción del jefe de la patria cuando le cuentan en medio de una charla escolar que un avión se ha estrellado contra las Torres Gemelas, que el insólito desorden y los volcanes de sangre están amenazando a la acorazada seguridad de la patria, que tu mundo se de-rrumba sin que tus supuestos y científicos conocimientos lo hubieran supuesto. Ese documental sobre los impunes des-manes del poder, sus ramificaciones, su complicidad con el terror, era brillante, didáctico y pavoroso, era la ácida investi-gación sobre la institucionalizada corrupción, sobre el espantoso estado de las cosas que han legitimado los canallas. Ese documental vibrante y militante, espectacular y maniqueo, tenía antecedentes transparentemente personales, profun-damente autorales. Michael Moore, el perro de presa progresista, el hombre deslenguado y audaz que mete el bisturí en costumbres y rituales cotidianos como la surrealista y consentida familiaridad con las armas del ciudadano medio de Esta-dos Unidos, el analista de horrendas consecuencias como la matanza en el instituto Columbine, retorna a la disección tes-timonial de los horrores que perpetúan los de siempre y pagan inevitablemente los eternos perdedores en Sicko. Ahora se ha quitado la barba, sabe que es un icono, muestra la angustia no ya de los que carecen de cualquier tipo de se-guridad social, sino de la clase media que se ha pagado un seguro sanitario que le va a estafar, de los legitimados robos de instituciones bendecidas por el sistema y que se van a agarrar a la fraudulenta letra pequeña para ahogar las posibili-dades de vida de los que están seriamente enfermos, de los que creyeron que una póliza rigurosamente pagada era el salvoconducto para la aparición del monstruo, del tumor combatible, también de esa esperanza de vida que crees en tu in-genuidad que te la puede aliviar un seguro lleno de trampas, la fórmula del sistema para perpetuar sus infames negocios políticos, económicos, sindicales, sanitarios. Admitiendo la necesidad de la denuncia, resulta que el estilo de Michael Moore, inicialmente original, te suena a fórmula, a plúmbeo, a conciencia estratégica de todos los males que afectan al rey de la tierra, y el lenguaje es cansino y los propósi-tos son encomiables y todo suena a visto y oído. Y me acuerdo del acoso al fascista y armamentístico Charlton Heston, al hombre que hizo posible que llegaran a su mara-villoso final dos obras de arte tituladas Mayor Dundee y Sed de mal. Y no llego al final de la concienciada Sicko. Todo en ella parece verdadero, repetitivo, aburrido.

Crítica de Carlos Boyero a la película de Michael Moore: Sicko; extraída de la edición digital del periódico El País

Actividades propostas (textos 2.3 e 2.4)

S4. Texto 2.3. Lea o texto detidamente e responda ás cuestións:

� Cal é o tema principal do texto?

� Que subtemas están presentes no texto?

� Que tipo de argumentos utiliza o crítico para concluír que o libro de Jauregui-zar non é do seu gusto?

S5. Texto 2.4. Actividad en lengua castellana. Lea el texto detenidamente y respon-da a las cuestiones:

� ¿Cuál es el tema principal del texto?

� ¿Qué subtemas están presentes en el texto?

� ¿Qué tipo de argumentos utiliza el crítico para concluir que la película de Mi-chael Moore no es de su agrado?

Page 9: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 9 de 39

S6. Redacte –mediante un procesador de textos– dous textos: un en galego e outro en castelán que versen sobre algunha experiencia persoal (a extensión máxima de cada texto é unha cara dun folio). Imprímaos.

Page 10: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 10 de 39

2.5 ���� A nai do violinista de Malá Strana

A historias que arrastraba aquel estraño violinistas escoiteina por primeira vez da boca dun musico que vive en Valmaior. contouma no despacho do conservatorio, nun edificio que mira cara a ponte de catro ollos que se ergue na desembocadu-ra do río

Uns anos antes estivera percorrendo en bicicleta o baixo danubio. dende que as miñas dona me enganase cun compañeiro de facultade, talvez para que ninguén me recordase a margura que sufrira despóis daquel descubrimen-to sempre viaxaba sen compañía. Daquel periplo por austria lembro unha visita que deixoume unha pegada ines-quecible. Despois de camiñar polos recantos mais fermosos da abadía beneditina de Melk me atopei coa súa es-pléndida biblioteca. quedei asombrado non só pola antigüidade dos seus exemplares, senón pola luminosidade que amosaban os andeles dourados e o teito de delicada trazaría. Uns quilómetros máis abaixo, collendo a rúa peonil que bordea a marxe esquerda do Danubio, dexerguei un estraño

personaje. Vino camiñando polas rúas da vila de Dürstein, coa cabeza sumida nas lousas e unha pesada mochila nas cos-tas. Éramos os dous únicos visitantes naquela hora do mediodía, cando o sol caía sen piedade e a sombra eran inexisten-tes eu estaba sentado no mazadoiro dunha casa. Tiven que recoller os pes para deixalo pasar. Esperaba a chegada dunha muller que me alquilara un cuarto nunha casa situada no camiño que subía ata o cumio do castelo. Pero coido que aquel home non reparara na miña presencia. mentres subía cara ás calellas máis empinadas da zona antiga,semellaba mergu-llado nas súas coita.

Fragmento do libro de Xerardo Agrafoxo, O violinista de Malá Strana; extraído de GRIAL, Revista galega de cultura, número 181; xaneiro, febreiro, marzo 2009

Page 11: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 11 de 39

2.6 ���� Texto en castellano. Procusto ataca. La encru-cijada de las librerías

���� ���� Ver Glosario: procusto

Es un hecho que las grandes superficies, con Carrefour a la cabeza, han ido aumentando su cuota de mercado en los últi-mos tiempos, y que es el suyo un modelo que funciona en determinados lugares y ambientes Ahora, se ha de deducir de su relativo exito que ese ha de ser el espejo en que miren todas las librería? Las de El Corte Inglés aunque aún conservan buena parte de su peso retroceden y son cada vez algo más residual en su propia organización, que las desplaza en favor de la marroquinería o los cosméticos ¿Cuál es entonces la alternativa? Fnac es una fórmula limitada pero atractiva, de la que se sabe que esperar y que sirve bien a determinado tipo de público. pero hay temáticas y editoriales muy mal o nula-mente representadas. Bertrand, que esto días desembarca en españa, aporta un buen conocimiento, el famoso know-how, mas el apoyo de otro gran grupo (Bertelsmann) y su exitosa experiencia en portugal. Aqui parte de cero y todos son posibi-lidades que esperamos no se vean defraudadas. Pero tampoco podrá cubrirlo todo entre unos y otros quedan resquicios, huecos, que pueden ser aprovechados por los libreros independiente, espe-cializados o no, que estén dispuestos, como los nuevos chefs, a hacer de la necesida virtual y manjares de las migas (que son muchas) que caen de las mesas de los grandes. son ellos los especialmente dotados para al venta institucional, siem-pre que las institución públicas asuman que no pueden por un lado defender “la Cultura” y por otra aceptar, cuando no im-poner, condiciones leoninas i descuentos desorbitados que contravienen el máximo legal del 15%. [...].

Artículo de Antonio Rivero Taravillo; extraído de la revista sobre edición Trama & Texturas, número dos, mayo 2007

Actividades propostas (textos 2.5 e 2.6)

S7. Textos 2.5. Lea o texto e faga o seguinte:

� Corrixa no texto os erros ortográficos, de léxico e de puntuación que haxa. Ex-plique o porqué das correccións (recorra á teoría do texto 2.13 da unidade 1 -bloque 1, módulo 1- e do texto 2.14 da unidade 6 –bloque 1, módulo 2-.

� Cre que a presentación formal do texto é correcta? Razoe a resposta e corrixa no texto o que considere necesario.

� Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.5 coas oportunas co-rreccións que lle fixo nos exercicios anteriores. Imprímao.

S8. Textos 2.6. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y haga lo siguiente:

� Corrija en el texto, los errores ortográficos, de léxico, de estructura formal y de puntuación que haya en él. Explique el porqué de las correcciones (recurra a la teoría del texto 2.13 de la unidad 1 -bloque 1, módulo 1- y del texto 2.14 de la unidad 6 –bloque 1, módulo 2-.

� Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.6 con las correcciones que le hizo en el ejercicio anterior. Imprímalo.

S9. Respectar as normas ortográficas e cinguirse a elas, tendo en conta o feito nas actividades S7 e S8, en que nos beneficia? Razoe a resposta.

Page 12: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 12 de 39

2.7 ���� A palabra das fillas de Eva

[...] Un dos debates recorrentes dos últimos anos (polo menos dos últimos anos) sobre a literatura contemporánea con-cerne á existencia ou inexistencia dunha literatura de muller. Probablemente en moitos foros tal debate reviste a esterili-dade de todas as preguntas feitas en tempos de crise: a superficial actitude de formular preguntas para realizar, simple-mente, o acto de preguntar; sen agardar, nin pretender sequera, respostas. Neste caso, a cuestión pouco ten que ver co xénero. Mais, “existe o xénero?, existe un rol reservado á muller na sociedade posmoderna?” parece dicir burlonamente un entrevistador, formulando unha pregunta que, de puro nihilista, semella aqueloutra “Ah, mais existe realmente a loita de clases logo da caída do telón de aceiro?”. A pregunta acerca da literatura de mulleres precisa xa que logo formularse de xeito máis esencial, máis feroz. Aceptemos, por un momento, a hipótese de que fose posible construír unha literatura feita por mulleres, con algún tipo de recursos que non estivesen contemplados na literatura de homes. Non é necesario insistir en que, como toda compartimentalización, esta sería relativa e podería derrubarse en calquera momento: literatura infantil, literatura de compromiso, literatura realista, literatura oral, literatura de masas ou calquera outra etiqueta son categoriza-cións difusas, que non determinan nin encadran nada. Volvamos ao suposto. ¿E se puidésemos defender que hai unha li-teratura de muller con algún tipo de perfil (temático, de ton, de contidos, de estilos, do que for)? Nese suposto hipotético, o feito de que a muller sexa sempre segundona nas historias de literatura, da arte, do mundo, pasa a cobrar singular impor-tancia. O tópico di que a muller fala. Mesmo asegura que fala máis có home. Porén o seu discurso é un discurso irrelevan-te, lixeiro, discurso de conversa, de leria, de relato oral, pura rexouba. [...]

Moure, Teresa, A Palabra das fillas de Eva, Galaxia, Vigo, 2005

Page 13: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 13 de 39

2.8 ���� Texto en castellano. Caballo de Troya

Mi reloj señalaba las tres de la tarde. Faltaban dos horas para que el Cementerio Nacional de Arlington cerrara sus puer-tas. Yo había consumido la casi totalidad de aquel lunes, 12 de octubre, frente a las tres tumbas de los soldados descono-cidos y a la minúscula y perpetua llama anaranjada que da vida al rústico enlosado gris bajo el que reposan los restos del presidente John Fitzgerald Kennedy. Aunque a fuerza de leerla había terminado por aprendérmela, consulté una vez más la clave que me había entregado el mayor. Por enésima vez escruté el macizo sarcófago de mármol blanco que se levanta en la cara este del Anfiteatro Conmemo-rativo y que constituye el monumento inicial y más destacado de la Tumba al Soldado Desconocido. En la cara Oeste han sido esculpidas tres figuras que simbolizan la Victoria, alcanzando la Paz a través del Valor. Pero aquel panel no parecía guardar relación con mi clave... Lentamente, como un turista más, bordeé el cordón que cierra la reducida explanada rectangular y fui a sentarme frente a la cara posterior de la tumba central, en las escalinatas de un pequeño anfiteatro. Exhausto, repasé cuanto había anotado. Frente a mí, a cinco metros de las tumbas, un soldado de infantería del Primer Batallón de la Vieja Guardia, con sede en Fort Myer, paseaba arriba y abajo, fusil al hombro, luciendo el oscuro uniforme de gala. Aunque la cadena de seguridad me separaba unos diez metros de esta parte de la tumba, la leyenda grabada en el már-mol podía leerse con comodidad: «Aquí reposa gloriosamente un soldado de los Estados Unidos que sólo Dios conoce.» « ¿Estará ahí la clave?», me pregunté con nerviosismo. El solitario centinela, enjuto y frío como la bayoneta que remataba su brillante mosquetón, se había detenido. Tras una breve pausa, giró, cambiando el arma de hombro. Segundos después volvía sobre sus pasos, deteniéndose frente a la tumba. Allí repitió el cambio de posición de su fusil y, girando de nuevo, reinició su solemne desfile. Mi amigo el mayor norteamericano si hacía referencia al soldado que monta guardia día y noche en el cementerio de los héroes, en Washington. «El centinela que vela ante la tumba te revelará el ritual de Arlington», rezaba la primera frase de su postrera carta....

Benítez, J. J., Caballo de Troya I, Planeta, Barcelona, 2005

Actividades propostas (textos 2.7 e 2.8)

S10. Texto 2.7. Lea o texto e diga a que categoría gramatical pertencen e que función sintáctica cumpren as palabras marcadas en negra

S11. Texto 2.8. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y diga a qué categoría gramatical pertenecen y qué función sintáctica desempeñan las palabras marca-das en negrita.

S12. Que diferenza existe entre categoría gramatical e función sintáctica? Razoe a resposta.

S13. Diga, coas súas propias palabras, para que serven o artigo, o substantivo, o ad-xectivo e o verbo nas dúas linguas do ámbito.

Page 14: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 14 de 39

2.9 ���� Estratexias de autoavaliación

Deseguido propónselle un cadro que lle pode servir para avaliar o seu traballo en calquera das unidades didácticas que leva feitas. Para que a autoavaliación resulte óptima as respos-tas que ofreza deben ser sinceras e adecuarse á realidade.

Pense que responder de xeito intencionadamente erróneo ás cuestións que se lle formu-lan no cadro ha repercutir negativamente no seu propio proceso de aprendizaxe.

Folla de autoavaliación

Unidade X

Instrumentos Autoavaliación do alumno

���� Caderno Teno limpo? Ten os apuntamentos que haxa nela relacio-nados con esta unidade ordenados e completos?

���� Probas escritas Como lle saíron as probas escritas desta unidade? Fíxoas todas? Que puntuación lle puxo o profesor? Valoración persoal.

���� Actividades Fixo todas as actividades da unidade? Deixou algunhas sen facer? Por que?

���� Traballo individual Resultoulle esta unidade difícil de facer? Doada? Por que? Como valora o seu propio traballo? Cre que lle dedicou á unidade pouco tempo? Valoración persoal.

���� Expresión Faltas de ortografía, caligrafía, acentuación: en que necesi-ta mellorar?

���� Comprensión Comprende ben os textos que le? Uns mellor que outros? Valoración persoal.

���� Actitude Cre que a súa actitude negativa influíu no desenvolvemen-to práctico desta unidade? Ten problemas para concen-trarse ? Valoración persoal.

���� Conclusións Que nota se poñería ou como definiría o traballo que vos-tede realizou nesta unidade? Algunha outra observación?

Page 15: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 15 de 39

2.10 ���� Plan xeral de normalización da lingua galega

O Plan xeral de normalización da lingua galega aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004. Nel recóllense máis de catrocentas medidas concretas, elaboradas a partir da realidade lingüística de Galicia, para favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego. Este documento, concibido coa participación de máis dun cento de profesionais representativos de todos os ámbi-tos da sociedade galega, constitúe un dos avances máis importantes en política de extensión do uso social do galego, tras a aprobación da Lei de normalización lingüística de Galicia, en xuño de 1983. O Plan xeral de normalización da lingua galega establece obxectivos xerais e concretos, estruturados en dous grandes blo-ques sectoriais de actuación. O primeiro bloque integra os sectores de carácter transversal: dereitos lingüísticos, novas tecnoloxías e implementación do corpus. O segundo grupo correspóndese cos denominados bloques verticais, correspon-dentes aos sete ámbitos sociais nos que se pretende actuar: Administración, educación, familia e mocidade, economía, sanidade, sociedade e proxección exterior da lingua.

Texto extraído da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: [http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion]

Actividades propostas (texto 2.10)

S14. Que se que quere dicir no texto cando se fala de carácter transversal? E imple-mentación do corpus?

S15. Redacte un texto en que expoña a súa opinión de por que é necesario normali-zar a lingua galega nos sete ámbitos que se mencionan na parte final do texto 2.10 (extensión máxima unha cara dun folio).

S16. En Galicia temos dúas linguas que comparten cooficialidade: a galega e a caste-lá. Cre que este feito nos beneficia ou enriquece persoalmente fronte a outras comunidades lingüísticas nas que só é oficial unha lingua? Razoe a resposta (pode responder en galego ou castelán).

Page 16: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 16 de 39

2.11 ���� O currículo persoal ( curriculum vitae ). Aspec-tos teóricos

O currículo persoal

O currículo persoal ou curriculum vitae (en latín significa a carreira da vida) é o historial da nosa vida académica e profesional. No currículo, ademais de presentarmos os nosos da-tos persoais, relatamos a nosa formación académica e intelectual, a nosa experiencia pro-fesional e todos os outros méritos que consideremos que son importantes para un determi-nado posto de traballo que nos interesa ou algún beneficio que queremos conseguir. Vela-quí algunhas situacións en que, normalmente, terá que presentar o seu currículo:

� Como solicitante de emprego.

� Como aspirante a un posto de traballo nunha grande empresa.

� Como aspirante a un posto de traballo nunha pequena ou mediana empresa.

� Como opositor ou opositora á función pública en calquera organismo público.

� Como solicitante dunha bolsa de estudios.

� Como solicitante dunha bolsa de investigación.

Características do currículo

O currículo é un texto narrativo, xa que o interesado relata cronoloxicamente os aconte-cementos salientables que teñen que ver coa súa vida académica e profesional. Con todo, e dado que o destinatario é unha empresa ou un organismo, o currículo non é un texto narra-tivo literario, senón unha narración de carácter formal (comercial ou administrativa).

Por todo isto debemos evitar redactar o currículo como se fose unha novela sobre a no-sa vida. Este documento ten que concibirse como unha relación clara e unha exposición precisa dos méritos que se alegan para o emprego ou beneficio que se quere conseguir.

� Formato e modo de elaboración. Debe seguir as seguintes pautas:

– Pode elixir o tamaño de papel, aínda que se establece como modelo estándar o Din A4 (o utilizado na maioría de escritos en organismos públicos e empresas privadas).

– Para facilitar a visualización do currículo, debe ser escrito unicamente por unha cara do folio. Podemos considerar esta norma como a máis elemental de todas.

– A redacción debe ser cun procesador de textos. Debe deixar unha marxe de tres cen-tímetros pola esquerda e dous pola dereita. Isto non é un capricho, é unha norma administrativa que facilita o arquivo do documento e a súa clasificación.

– Algunhas veces, cando interesa coñecer o tipo de letra da persoa aspirante, é necesa-ria a elaboración do currículo á man. Mediante estudios e análises desa letra (grafo-loxía, estudio grafolóxico) pódense coñecer algúns aspectos interesantes da persoa que axuden a decidirse ou non polo candidato ou candidata.

� Características básicas. A modo de resumo, estas son as características básicas de re-dacción e de presentación do currículo:

– Debe facer unha redacción clara sobre o que quere salientar.

– Non utilice formas rebuscadas e redacte o escrito de maneira simple, sen complicar a sintaxe (isto é, a forma) nin o contido.

Page 17: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 17 de 39

– Debe ser un escrito breve e conciso.

– Sempre se presentará escrito por unha cara.

– Debe estar redactado cun procesador de textos.

– Nalgúns casos concretos é necesario elaboralo á man.

Clases de currículos

O currículo pode ser de dúas clases segundo se queira salientar a vida académica e profe-sional en xeral, ou se queira sinalar un aspecto concreto que sexa o realmente interesante.

� Currículo xeral: é a compilación sistemática e completa de todos os datos persoais, académicos e profesionais que se foron alcanzando ano tras ano.

� Currículo concreto: é o que se elabora para cada caso particular, concretando só os aspectos salientables, é dicir, é unha forma abreviada do currículo xeral.

Independentemente de que o currículo sexa xeral ou concreto, existen diferentes formas de estruturalo. Velaquí as máis utilizadas:

� Currículo cronolóxico: recibe este nome o currículo que vai redactando cronoloxica-mente todos os aspectos salientables.

� Currículo funcional: denomínase así o currículo cando se presentan as actividades de-senvolvidas en bloques independentes. Deste xeito destácanse só aqueles datos que in-teresan, e quedan en segunda liña os que non son verdadeiramente importantes para ese posto de traballo.

Deseguido ten un exemplo de currículo onde a información aparece especificada por blo-ques. Fíxese no primeiro bloque (datos persoais), despois no segundo (experiencia en ven-das), a continuación no terceiro (experiencia en contabilidade e cálculo), despois no se-guinte (experiencia en informática), para rematar no último (formación).

Observe como se salienta a experiencia (primeiros bloques) en detrimento da formación (último bloque).

���� Datos persoais D. Xosé Francisco Vázquez Couto, nado en Ferrol o día 2 de xuño de 1978, solteiro, con domicilio en Ferrol, Praza de Es-paña nº 25, 6 E. C P 15625 e DNI 03339888.

���� Experiencia en vendas – Vendedor na empresa de hipermercados "Carrocheo SA" no período 2002-2003. – Vendedor da empresa de iluminación "Superwatt SL" no ano 2004. – Repoñedor na empresa de hipermercados "Carrocheo SA" no ano 2005. – Vendedor-repoñedor da cadea de supermercados "Bonus Plus " no período 2006-2007.

���� Experiencia en informática

– Curso de informática para usuarios, 1999. (50 horas) – Curso de Word iniciación, 2000. (30 horas) – Curso de Word perfeccionamento, 2001. (30 horas) – Curso de informática de caixas (a cargo da empresa "Carrocheo SA"), 2002. (10 horas)

���� Formación – FP rama administrativa no IFP de Caranza-Ferrol, 1997.

Ferrol, 14 de xuño de 2009

Page 18: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 18 de 39

2.12 ���� Texto en castellano. Acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto

Page 19: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 19 de 39

Documento administrativo: Acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto; extraído de la siguiente dirección web: [http://www.060.es]

Actividades propostas (textos 2.11 e 2.12)

S17. Texto 2.11.

� Cales son as partes principais que debe ter un currículo funcional?

� Cales son as características formais que debe ter un currículo?

� No seguinte enderezo web ten máis exemplos de modelos de documentos ad-ministrativos e profesionais en galego, explicados debidamente:

[http://www.usc.es/snl/asesora/modelosdocumentais/presentacion.htm]

Page 20: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 20 de 39

S18. Texto 2.11. Elabore un currículo funcional cos seus datos persoais. Se aínda non ten experiencia profesional, imaxínea.

S19. Texto 2.12. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y Responda a las si-guientes cuestiones:

� Este ejemplo es el modelo de un tipo de textos administrativos, ¿cuál es la fina-lidad de este modelo?

� ¿Cómo describiría el lenguaje y la presentación formal utilizado en este docu-mento? (sencillo, complicado, visualmente atractivo...) ¿Por qué?

� En la siguiente dirección web tiene más ejemplos de modelos de documentos administrativos y profesionales en castellano, debidamente explicados:

[http://www.060.es/guia_del_estado/como_trabaja_la_administracion/documentos_administrativos/index-ides-idweb.html]

Page 21: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 21 de 39

2.13 ���� A literatura galega no século XIX. Precursores e Rexurdimento (aspectos teóricos)

���� ���� Ver Glosario: foro

Contexto histórico

A comezos do século XIX a poboación de Galicia era fundamentalmente rural. A econo-mía galega dependía case exclusivamente da agricultura, sostida por un campesiñado que traballaba terras que non eran súas, senón arrendadas mediante un sistema chamado foro que obrigaba a pagarlles aos propietarios unha parte da produción (a renda foral). A mise-ria propiciaba a emigración, verdadeira sangría da poboación campesiña.

As clases sociais privilexiadas eran a fidalguía e o clero, que apoiaban o absolutismo, ideoloxía reaccionaria que pretendía perpetuar o Antigo Réxime que defendía os seus inte-reses. Contrarias ao absolutismo eran as ideas liberais que tiñan os seus adeptos na bur-guesía que en Galicia era maioritariamente comercial; a burguesía industrial que establece as primeiras fábricas procedía na maior parte de fóra de Galicia: cataláns, vascos...

A lingua empregada na fala das clases populares era o galego. Para a escrita empregá-base o castelán, pero esta situación empeza a cambiar por razóns de tipo político. No ano 1808 prodúcese a invasión francesa e a conseguinte Guerra da Independencia (1809-1812), fanse entón os primeiros escritos en galego que teñen como finalidade mobilizar os labregos na loita contra os franceses. Nos anos que seguiron foron aparecendo na prensa textos políticos que recollían a polémica da época entre absolutistas e liberais e que eran escritos en galego para facilitar a súa difusión entre as clases populares.

Por eses anos desenvolvíase en Europa o movemento cultural e literario chamado Ro-manticismo, que en Galicia entrou serodiamente, pero que creou un clima favorable entre os intelectuais da época polo estudo da historia dos pobos e das súas peculiaridades, o que favoreceu o desenvolvemento das linguas chamadas “rexionais”.

Tamén o espírito de rebeldía preconizado polo Romanticismo, xunto coas ideas libe-rais da época, propiciaron o nacemento dun movemento ideolóxico e político que hoxe coñecemos co nome de Provincialismo (1840-1854) e que, partindo do recoñecemento da especificidade de Galicia, ten como obxectivo a súa rexeneración social e económica. Po-demos dicir do Provincialismo que foi o precursor do que hoxe coñecemos co nome de “galeguismo”. Estaba formado por intelectuais de clase media-alta que utilizaban a prensa para dar a coñecer as súas ideas. Un acontecemento fundamental deste movemento foi a súa participación no levantamento do xeneral Solís no ano 1846, que supuxo a rebelión de Galicia contra o centralismo. Fracasado este levantamento, once dos seus dirixentes foron fusilados (os chamados “Mártires de Carral”), os provincialistas terán que dispersarse marchando moitos ao exilio, entre eles varios dos considerados precursores do Rexurdi-mento galego, como Francisco Añón.

Precursores e rexurdimento

No que se refire á literatura en galego, os escritores relacionados co movemento provincia-lista forman un grupo ao que se denomina os precursores ou prerrexurdimento.

Page 22: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 22 de 39

A poesía era o único xénero cultivado e entre estes poetas destacaron Juan Manuel Pintos (1811-1876), autor que fai unha atinada defensa do galego no seu libro A gaita gallega 1853), e Francisco Añón (1812-1861), que publicou poemas de contido costumista e pa-triótico.

O labor cultural deste grupo de precursores será recollido por unha xeración posterior de mozos e mozas que se declaran os seus herdeiros e que toman o ano 1846 (levantamen-to de Solís) como o seu punto de referencia. Entre estes mozos salientan os nomes de Ma-nuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.

No ano 1863 aparece o libro de Rosalía de Castro Cantares gallegos e tradicionalmente se considera esta data como o inicio do Rexurdimento pleno.

A produción literaria increméntase notablemente a partir do ano 1875 coa aparición de numerosas publicacións periódicas, o que fai que a prensa da época desempeñe un impor-tante papel no Rexurdimento literario. Tamén tiveron repercusión os certames literarios entre os que destacaremos os Xogos Florais de Tui do ano 1891 nos que salientou como orador Manuel Murguía e que supuxo un fito histórico do emprego do galego como lingua pública en usos formais.

� Lírica. É o xénero literario máis importante do Rexurdimento; os tres grandes poetas da época son Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

� Prosa de ficción foi moito menos cultivada, en parte porque a escasa formación do há-bito lector en galego determina a preferencia polas formas líricas, máis breves, que po-den aparecer con facilidade nas páxinas dos xornais, en parte tamén pola crenza insta-lada no seo da sociedade da época de que o galego resultaba unha lingua particularmen-te idónea para a poesía. A primeira novela longa escrita en galego é Maxina ou a filla

espúrea, de Marcial Valladares Núñez e que apareceu por entregas na revista La Ilus-tración Gallega y Asturiana, ao longo do ano 1880 e na que se mesturan elementos cos-tumistas, románticos e realistas propios da época. Outro autor de novelas é Antonio López Ferreiro que nos deixou tres relatos longos: A tecedeira de Bonaval (1895), O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905), os tres aparecidos por entregas en xornais santiagueses. Ademais destas novelas, escribíronse varias coleccións de con-tos dominadas polo costumismo e o afán de preservar as tradicións galegas.

� Teatro. Tendo en conta o carácter limitado da produción teatral da época e a baixa ca-lidade das obras, non se pode dicir que exista propiamente un teatro do Rexurdimento.

Ademais da produción literaria, o interese dos intelectuais pola lingua e a cultura propicia a aparición das primeiras gramáticas, dicionarios e obras de crítica literaria. Os historiado-res desenvolverán un importante labor na procura dos sinais de identidade específicos de Galicia, salientando a obra de Manuel Murguía Historia de Galicia (1865-1913) que senta as bases da consideración de Galicia como nación.

Politicamente, o nacente galeguismo concrétase no chamado movemento rexionalista (1886) que ten o seu fundamento teórico na obra de intelectuais como Alfredo Brañas e Manuel Murguía, e que é de onde arrincan as futuras organizacións nacionalistas. Pero es-te rexionalismo, fortemente dividido no seu interior, non consegue conectar coas clases populares nin prender con forza nas clases medias.

Page 23: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 23 de 39

2.14 ���� Texto en castellano. La literatura castellana en el siglo XIX. El Romanticismo (aspectos teóricos)

Introducción

El Romanticismo europeo penetra en España, principalmente, por Andalucía y Cataluña. Las circunstancias más importante para la introducción del Romanticismo fue el regreso, a partir de 1833, de varios centenares de liberales españoles que se habían exiliado huyendo de la persecución absolutista de Fernando VII, y que se han imbuido de las nuevas ideas en Europa. Entre ellos están Martínez de la Rosa, el Duque de Rivas, Espronceda, etc.

Alcance del romanticismo

El Romanticismo español alcanza su apogeo hacia 1835. Pero ese apogeo fue corto: pron-to fue imponiéndose el espíritu de una burguesía moderada, poco sensible al idealismo romántico. Y hacia mediados de siglo, ya estaba presionando otra moda literaria francesa: el Realismo. Sin embargo, como el Romanticismo es la corriente literaria que predomina en España durante el siglo XIX, nos centraremos exclusivamente en él, tocando, muy por encima, el Realismo.

El Romanticismo dejó una huella. Creó algunos géneros importantes: la novela históri-ca, la leyenda y el drama heroico. Rehabilitó el romance, casi olvidado en el siglo XVIII. Y sobre todo, supuso la irrupción de muchas cosas con las que entramos en nuestra con-temporaneidad. Así, en la poesía, el giro hacia un lirismo subjetivo, que no dejará de tener vigencia hasta hoy. O, en un plano más general, el muy extendido inconformismo del ar-tista en un mundo cada vez más deshumanizado.

Principales géneros románticos

� Poesía: sus temas y sentimientos característicos son, unas veces, el hastío de vivir, la melancolía, el desaliento; otras, la rebeldía contra la sociedad o contra la vida misma. Por supuesto, el amor, con sus ilusiones y sus desengaños, ocupa un lugar central. Pero también son importantes los temas legendarios, históricos y exóticos. Algunos poetas románticos son: Espronceda, Bécquer, Rosalía de Castro, Juan Arolas, Nicomedes Pas-tor Díaz, Gertrudis Gómez de Avellaneda, Carolina Coronado...

� Teatro: trata temas legendarios, caballerescos, aventureros o de historia nacional, siem-pre dramáticos. El protagonista de estos dramas suele estar marcado por un destino ex-traño, singular y misterioso, que hace alardes de gallardía y de cinismo. Abundan las escenas nocturnas y sepulcrales, desafíos y suicidios. Se mezcla lo trágico y lo cómico. Por último, el teatro del Romanticismo aspira a conmover, no a adoctrinar. Algunos es-critores de teatro romantico son: Francisco Martínez de la Rosa, el Duque de Rivas, Antonio García Gutiérrez, Juan Eugenio Hartzenbusch, José Zorrilla...

� Prosa: tres géneros destacan en la prosa romántica: el artículo periodístico, el cuadro de costumbres y la novela histórica.

– Artículo periodístico: cuenta con la inmensa figura de Mariano José de Larra.

– Cuadro de costumbres: gozó de gran favor entre 1820 y 1870. Son descripciones de modos de vivir y de tipos populares.

Page 24: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 24 de 39

Este género, creado en Francia, revelaba el interés de los románticos por todo lo que fuera representativo del carácter nacional y de lo autóctono. Triunfó pronto en Espa-ña, que contaba con claro antecedentes (Cervantes, Torres Villaroel...). Y lo cultiva-ron, aparte de Larra, Ramón de Mesonero Romanos y Serafín Estébanez Calderón. Los cultivadores de este género, a pesar de que el costumbrismo tenía un origen ro-mántico, se burlaron a menudo de los excesos del Romanticismo. Y con su observa-ción de lo cotidiano, contribuyeron al triunfo del Realismo.

– Novela histórica: se escribieron cientos de novelas de este género en España durante el siglo XIX. Entre los principales autores cuentan: Trueba y Cossío, Navarro Vi-lloslada y Enrique Gil y Carrasco.

Adaptado de: VVAA, Literatura Española 2 (Bachillerato), Anaya, Madrid, 1995

Actividades propostas (textos 2.13 e 2.14)

S20. No Rexurdimento galego, unha das voces líricas máis importantes é a de Rosa-lía de Castro. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e colla en préstamo a obra de Rosalía titulada Cantares Gallegos. Léaa.

S21. Actividad en lengua castellana. En el Romanticismo español, una de las voces lí-ricas más importantes es la de José de Espronceda. Diríjase a una biblioteca de su entorno y coja en préstamo la obra titulada Poesías (1840). Léala.

S22. Compoña -en galego ou castelán- un texto lírico como forma de expresión do seu mundo interior.

Page 25: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 25 de 39

3. Resumo de contidos

No bloque de comunicación oral (secuencia de contidos e actividades 2.1 a 2.2)

� Valoramos a importancia de utilizar a lingua oral para tomarmos consciencia dos coñe-cementos, as ideas e os sentimentos propios e alleos para regular a propia conduta.

Bloque de comunicación escrita (secuencia de contidos e actividades 2.3 a 2.6)

� Vimos e analizamos o tema, os subtemas e os argumentos de dous textos argumentati-vos nas dúas linguas do ámbito.

� Utilizamos a composición escrita como forma de comunicar as experiencias e os coñe-cementos propios.

� Corriximos dous textos nas dúas linguas do ámbito cuxa presentación formal, ortogra-fía, acentuación e tipografía era incorrecta.

Bloque de coñecemento da lingua (secuencia de contidos e actividades 2.5, 2.6 e 2.7 a 2.9)

� Mediante dous textos nas dúas linguas do ámbito distinguimos entre forma (categoría gramatical) e a función das palabras.

� Servíndonos dos textos 2.5 e 2.6 do bloque anterior de contidos aprendemos a utilizar conscientemente as normas ortográficas, empregando os termos apropiados na explica-ción sobre o seu uso e apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse á nor-ma lingüística.

� Aprendemos novas estratexias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do pro-ceso de autoaprendizaxe.

Bloque de lingua e sociedade (secuencia de contidos e actividades 2.10 a 2.12)

� Concienciámonos da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e co-lectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.

� Comprendemos e analizamos o uso das dúas linguas do ámbito nos documentos profe-sionais e administrativos de uso frecuente.

Bloque de educación literaria (secuencia de contidos e actividades 2.13 a 2.14)

� Coñecemos as características xerais dos grandes períodos da historia da literatura (das dúas linguas do ámbito) do século XIX.

� Localizamos en bibliotecas do contorno textos literarios do período estudado (século XIX).

� Desenvolvemos a nosa autonomía lectora e aprecio pola literatura como fonte de pra-cer.

� Compuxemos textos de intención literaria, especialmente líricos, como formas de ex-presión do noso mundo interior.

Page 26: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 26 de 39

4. Exercicios de autoavaliación

1. A comezo do século XIX como era a poboación de Galicia?

� Urbana.

� Nalgunhas zonas rural e noutras urbana.

� Rural.

� De clase media.

2. De que dependía a economía galega no século XIX?

� Do sector de servizos.

� Do sector industrial.

� Do mar.

� Da agricultura.

3. Cales eran as clases sociais privilexiadas no século XIX en Galicia?

� A fidalguía e o clero.

� A fidalguía.

� O clero.

� Os agricultores.

4. Que xénero literario foi cultivado no Rexurdimento galego?

� A poesía.

� A poesía e especialmente o teatro.

� A narrativa.

� A narrativa e o teatro.

5. Que nomes destacan no Prerrexurdimento galego?

� Ramón Cabanillas e Rafael Dieste.

� Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.

� Manuel Antonio, Vicente Risco e Castelao.

� Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza e María Mariño.

Page 27: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 27 de 39

6. En que ano aparece o libro Cantares Gallegos? De quen é?

� 1863. Francisco Añón.

� 1800. Padre Sarmiento.

� 1863. Rosalía de Castro.

� 1863. Marcial Valladares.

7. Cales son os tres grandes poetas do Rexurdimento galego?

� Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Luz Pozo Garza.

� Rosalía de Castro, Nicomedes Pastor Díaz e Eduardo Pondal.

� María Mariño, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

� Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

8. Como se chama e de quen é a primeira novela longa escrita en galego?

� Os libros arden mal. Manuel Rivas.

� Maxina ou a filla espúrea. Marcial Valladares.

� Crónica de nós. Méndez Ferrín.

� Grupo Abeliano. Cid Cabido.

9. Por onde penetra o Romanticismo europeo en España?

� Por Galicia e Asturias.

� Por Andalucía e Cataluña.

� Por Valencia e Canarias.

� Por Galicia e Andalucía.

10. Que temas aparecen na poesía do Romanticismo español?

� A melancolía e o desalento.

� Varios, pero sobre todo a denuncia social da realidade que nos rodea.

� Nomeadamente o fastío de vivir, a melancolía, o desalento; noutros casos, a re-beldía

� contra a sociedade ou contra a vida mesma.

� A rebeldía e a denuncia social.

Page 28: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 28 de 39

11. Que temas aparecen no teatro do Romanticismo español?

� Temas fantásticos.

� Temas cabaleirescos.

� Temas lendarios.

� Temas lendarios, cabaleirescos, aventureiros ou de historia nacional, sempre dramáticos.

12. Que tres xéneros destacan na prosa romántica?

� O artigo periodístico, o cadro de costumes e a sátira.

� O artigo periodístico, a crítica social e a novela histórica.

� O drama, o cadro de costumes e a novela histórica.

� O artigo periodístico, o cadro de costumes e a novela histórica.

Page 29: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 29 de 39

5. Solucionarios

5.1 Solucións das actividades propostas

S1. Texto 2.1.

A historia da vida de Ramón Piñeiro.

S2. Texto 2.2.

Un viaje a través del Maestrazgo de Teruel para conocer sus gentes, su historia...

S3.

La lengua oral sirve para comunicarnos entre nosotros, para transmitir ideas, sentimientos, conocimientos. Es el canal de comunicación por excelencia del ser humano.

S4. Texto 2.3.

� Cal é o tema principal do texto?

Unha crítica negativa ao último libro escrito por Jaureguizar: O Globo de Shakespeare.

� Que subtemas están presentes no texto?

O elemento ou tema central é a propia crítica ao libro de Jaureguizar mais esta divídese –ao mesmo tempo- e céntrase en diversos aspectos que configuran un todo. Polo tanto, temos os seguintes subtemas neste texto: cuestións acerca do fío argumental, dos personaxes e feitos, do desenlace e dos erros lingüísticos d´O Globo de Shakespeare.

� Que tipo de argumentos utiliza o crítico para concluír que o libro de Jauregui-zar non é do seu gusto?

���� Argumento de semellanza: o crítico minusvalora a historia que presenta a novela de Jaureguizar comparándoa coa primeira novela galega Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares. Exemplo: “Personaxes e feitos re-sultan tópicos e as historias conflúen ao xeito do vello folletín e cuns recursos técnicos que están moi afastados do que se lle pide a unha novela actual e que nos fan experimentar a sensación de que volvemos ás técnicas de Maxina, a primeira novela galega, en que o narrador, ao xeito dun deus, fai confluír dun xeito totalmente arti-ficial e inxenuo as distintas historias da novela nun desenlace de deus ex machina”.

���� Argumentos baseados nas consecuencias dun feito: como consecuencia do comentado no argumento anterior o crítico conclúe o seguinte: “A viaxe de Ricardo en globo a Inglaterra non é esperpéntica, senón unha pura as-tracanada, co sal gordo engadido da súa caída sobre os xitanos evanxelistas”. O mesmo en todo o parágrafo seguinte: “O desenlace, con incendio incluído, non resulta de ningún xeito verosemellante e entra no terreo do puro disparate, por máis que pretenda ser parodia do folletín, das películas da serie B ou do cine mudo. Pero non o consegue. Neste remate de novela estraña así mesmo a crítica que fai o autor por boca de Adriana do éxito das novelas supostamente escritas polo seu marido e traducidas a seis idiomas, que só teñen éxito pola incultura dos seus lectores. É unha socioloxía do éxito literario simplista e que parece condenar toda a narrativa con éxito de público ao desprezo. Sorprende isto cando na páxina 79 desta novela se nos di que o autor do himno galego é Curros Enríquez…”

Page 30: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 30 de 39

���� Argumento de autoridade: o crítico recalca os erros lingüísticos que contén o texto de Jaureguizar. Para facer iso, e como o libro está escrito na norma oficial argumenta (implicitamente) baseándose nas regras escritas gramaticais (que podemos atopar en diversos manuais) que indican como se debe escribir correctamente. Exemplo: “En canto á lingua, hai erros que demostran que o escritor non domina o galego, como é o emprego de lle como complemento directo, na mellor liña do castelán de Valladolid ou de Madrid (aínda lles divertía a si-lueta de Buster Keaton, páx. 74) o cheísmo (Non che atraio? páx. 81), o uso inadecuado do reflexivo (o aceite que se botaba pola pel, páx. 112) ou o emprego incorrecto dos verbos pronominais (que acorde do que che di-xen, páx. 81. Neste caso, con suplemento con de, o verbo acordar é pronominal)”. E tamén no seguinte anaco: “Estes erros, e xa non imos facer referencia aos léxicos ou mesmo gramaticais menos rechamantes (como os castelanismos despegar un avión por engalar, reanudar, o uso de quecer como intransitivo, pousar –páx.117 por posar…) fan que o lector que é falante inicial ou habitual de galego perciba esta novela (e tamén outras que teñen as mesmas tachas lingüísticas) como algo falso e que mesmo pense que se escriben en galego, porque ao mellor é máis doado publicar nesta lingua ca en castelán ou ata acadar un premio. Eu non coñezo novelas premiadas en castelán onde, a non ser para caracterizar os personaxes, se utilicen como estándar o laísmo ou formas como se me cayó”

���� Argumentos baseados nas consecuencias dun feito: Como consecuencia das argumentacións expostas polo crítico ao longo do seu texto conclúe esta última, consecuencia directa das anteriores: “Xa que logo, nunha épo-ca en que a produción galega xa é o suficientemente abonda como para poder escoller e non como na época Nós ou nos sesenta-setenta, que se lía todo o escrito en galego, pois tan cativa era a produción editorial en ga-lego naquelas datas, esta novela é absolutamente prescindible e ninguén vai perder ren se non a le”.

S5. Texto 2.4.

� ¿Cuál es el tema principal del texto?

Una crítica negativa a la última película de Michael Moore titulada Sicko.

� ¿Qué subtemas están presentes en el texto?

El elemento o tema central es la propia crítica a la película de Michael Moore pero esa crítica se divide y se centra –a su vez- en diversos aspectos que configuran un todo. Por lo tanto, en el texto están presentes los siguientes subtemas: una alabanza a la anterior película de Michael Moore: Farhenheit 9/11; el pésimo sistema de seguridad social que existe en E.E.U.U.; el estilo cinematográfico plúmbeo de Michael Moore del que el crítico está aburrido.

� ¿Qué tipo de argumentos utiliza el crítico para concluir que la película de Mi-chael Moore no es de su agrado?

���� Exposición de los hechos: el crítico inicia el texto informándonos sobre el anterior trabajo de Michael Moore –que le pareció muy bueno- para de esta forma, asentar la tesis que pretende demostrar: por qué no le gusta es-ta última película de Moore. Ejemplo: “Un muñeco inarticulado, vulgar hasta el escándalo, autor de lamentables frases hechas con inmediato poder para alterar la realidad, un criminal apabullantemente torpe y gris, le decía con escandalosa suficiencia a un fulano gordo, obsesivo, tramposo, izquierdista, manipulador y procaz: "Bús-quese un trabajo serio, señor Moore". Ocurría en Farhenheit 9/11. Era un documental salvaje a costa de ser re-alista que revelaba los infinitos trapicheos de la familia Bush con los fundamentalistas que sembraron la duda del apocalipsis en la intocable América, que mostraba la grotesca estupefacción del jefe de la patria cuando le cuentan en medio de una charla escolar que un avión se ha estrellado contra las Torres Gemelas, que el insólito desorden y los volcanes de sangre están amenazando a la acorazada seguridad de la patria, que tu mundo se derrumba sin que tus supuestos y científicos conocimientos lo hubieran supuesto. Ese documental sobre los im-punes desmanes del poder, sus ramificaciones, su complicidad con el terror, era brillante, didáctico y pavoroso, era la ácida investigación sobre la institucionalizada corrupción, sobre el espantoso estado de las cosas que han legitimado los canallas”. O también en: “Ese documental vibrante y militante, espectacular y maniqueo, tenía an-tecedentes transparentemente personales, profundamente autorales. Michael Moore, el perro de presa progre-sista, el hombre deslenguado y audaz que mete el bisturí en costumbres y rituales cotidianos como la surrealista y consentida familiaridad con las armas del ciudadano medio de Estados Unidos, el analista de horrendas con-secuencias como la matanza en el instituto Columbine, retorna a la disección testimonial de los horrores que perpetúan los de siempre y pagan inevitablemente los eternos perdedores en Sicko.”

Page 31: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 31 de 39

���� Argumento de semejanza: el resto de la crítica de Boyero es consecuencia directa de lo dicho en la tesis ante-rior, pues ahora viene a decir que ese estilo que tanto alabó del director norteamericano en su penúltima pelícu-la le resulta en Sicko aburrido y cansino. Ejemplo: “Ahora se ha quitado la barba, sabe que es un icono, muestra la angustia no ya de los que carecen de cualquier tipo de seguridad social, sino de la clase media que se ha pa-gado un seguro sanitario que le va a estafar, de los legitimados robos de instituciones bendecidas por el sistema y que se van a agarrar a la fraudulenta letra pequeña para ahogar las posibilidades de vida de los que están se-riamente enfermos, de los que creyeron que una póliza rigurosamente pagada era el salvoconducto para la apa-rición del monstruo, del tumor combatible, también de esa esperanza de vida que crees en tu ingenuidad que te la puede aliviar un seguro lleno de trampas, la fórmula del sistema para perpetuar sus infames negocios políti-cos, económicos, sindicales, sanitarios. O también: “Admitiendo la necesidad de la denuncia, resulta que el esti-lo de Michael Moore, inicialmente original, te suena a fórmula, a plúmbeo, a conciencia estratégica de todos los males que afectan al rey de la tierra, y el lenguaje es cansino y los propósitos son encomiables y todo suena a visto y oído”; “Y me acuerdo del acoso al fascista y armamentístico Charlton Heston, al hombre que hizo posible que llegaran a su maravilloso final dos obras de arte tituladas Mayor Dundee y Sed de mal. Y no llego al final de la concienciada Sicko. Todo en ella parece verdadero, repetitivo, aburrido”.

S6.

� Impresión.

S7. Textos 2.5.

� Corrixa...

Para a explicación da acentuación o alumno ou alumna debe recorrer á teoría sobre normas ortográficas que se lle indica no exercicio.

A historia que arrastraba aquel estraño violinista escoiteina por primeira vez da boca dun músico que vive en Val-maior. Contouma no despacho do conservatorio, nun edificio que mira cara á ponte de catro ollos que se ergue na desembocadura do río. Uns anos antes estivera percorrendo en bicicleta o Baixo Danubio. Dende que a miña dona me enganase cun compañeiro de facultade, talvez para que ninguén me recordase a amargura que sufrira despois daquel descubri-mento, sempre viaxaba sen compañía. Daquel periplo por Austria lembro unha visita que me deixou unha pegada inesquecible. Despois de camiñar polos recantos máis fermosos da abadía beneditina de Melk, atopeime coa súa espléndida biblioteca. Quedei asombrado non só pola antigüidade dos seus exemplares, senón pola luminosidade que amosaban os andeis dourados e o teito de delicada trazaría. Uns quilómetros máis abaixo, collendo a rúa peonil que bordea a marxe esquerda do Danubio, dexerguei un es-traño personaxe. Vino camiñando polas rúas da vila de Dürstein, coa cabeza sumida nas lousas e unha pesada mochila nas costas. Eramos os dous únicos visitantes naquela hora do mediodía, cando o sol caía sen piedade e as sombras eran inexistentes. Eu estaba sentado no mazadoiro dunha casa. Tiven que recoller os pés para deixa-lo pasar. Esperaba a chegada dunha muller que me alugara un cuarto nunha casa situada no camiño que subía ata o cumio do castelo. Pero coido que aquel home non reparara na miña presenza. Mentres subía cara ás cale-llas máis empinadas da zona antiga,semellaba mergullado nas súas coitas.

� Cre que a presentación formal do texto é correcta? Razoe a resposta e corrixa no texto o que considere necesario.

Non, non é correcta porque unha parte do texto non respecta as marxes debidas e, polo tanto, desentoa co resto do texto e pode dificultar a súa lectura. Xa que logo, a presentación formal non é coidada e débese corrixir igua-lando as marxes dese anaco de texto coas do resto del.

� Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.5 coas oportunas co-rreccións que lle fixo nos exercicios anteriores. Imprímao.

O alumno ou alumna debe seguir as indicacións do exercicio para a súa resolución.

Page 32: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 32 de 39

S8. Textos 2.6.

� Corrija...

Para la explicación de la acentuación el alumno o alumna debe recurrir a la teo-ría sobre normas ortográficas que se le indica en el ejercicio

Es un hecho que las grandes superficies, con Carrefour a la cabeza, han ido aumentando su cuota de mercado en los últimos tiempos, y que es el suyo un modelo que funciona en determinados lugares y ambientes. Ahora, ¿se ha de deducir de su relativo éxito que ese ha de ser el espejo en que miren todas las librerías? Las de El Corte Inglés, aunque aún conservan buena parte de su peso, retroceden y son cada vez algo más residual en su propia organización, que las desplaza en favor de la marroquinería o los cosméticos. ¿Cuál es entonces la alternativa? Fnac es una fórmula limitada pero atractiva, de la que se sabe qué esperar y que sirve bien a determinado tipo de público. Pero hay temáticas y editoriales muy mal o nulamente representadas. Bertrand, que estos días desem-barca en España, aporta un buen conocimiento, el famoso know-how, más el apoyo de otro gran grupo (Bertels-mann) y su exitosa experiencia en Portugal. Aquí parte de cero y todos son posibilidades, que esperamos no se vean defraudadas. Pero tampoco podrá cubrirlo todo. Entre unos y otros quedan resquicios, huecos, que pueden ser aprovechados por los libreros independientes, especializados o no, que estén dispuestos, como los nuevos chefs, a hacer de la necesidad virtud y manjares de las migas (que son muchas) que caen de las mesas de los grandes. Son ellos los especialmente dotados para la venta institucional, siempre que las instituciones públicas asuman que no pueden por un lado defender “la Cultura” y por otra aceptar, cuando no imponer, condiciones leoninas y descuentos desorbitados que contravienen el máximo legal del 15%. [...]

� Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.6 con las debidas co-rrecciones que le hizo en el ejercicio anterior. Imprímalo.

El alumno o alumna debe seguir las indicaciones del ejercicio para su resolución.

S9.

Axúdannos a comprender de forma adecuada un texto xa que nos indican as pausas que debemos facer na lectu-ra, a acentuación das palabras, cando pasamos dun tema a outro, o ton que debemos empregar (interrogacións, exclamacións...), etc. Sen elas, a comprensión adecuada dun texto escrito sería moi difícil.

S10. Texto 2.7.

���� Concirne: verbo; núcleo de oración. ���� Probablemente: adverbio; CC. ���� Moitos: indefinido; adxacente do substantivo (foros). ���� A: artigo; determina o substantivo que acompaña (cuestión). ���� Cuestión: substantivo; suxeito. ���� Muller: substantivo; suxeito. ���� De: preposición; introduce funcións sintácticas desenvoltas por outras clases de palabras. ���� Literatura: substantivo; complemento do nome. ���� Irrelevante: adxectivo; adxacente do substantivo (discurso).

Page 33: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 33 de 39

S11. Texto 2.8.

���� Mi: posesivo; determina al sustantivo que acompaña (reloj). ���� Reloj: sustantivo; sujeto. ���� De: preposición; introduce funciones sintácticas desempeñadas por otras clases de palabras. ���� Mármol: sustantivo; sintagma nominal. ���� Blanco: adjetivo; adyacente del sustantivo al que acompaña (mármol). ���� Lentamente: adverbio; CC. ���� El: artículo; determina al sustantivo que acompaña (Solitario). ���� Solitario: adjetivo: adyacente del sustantivo al que acompaña (Centinela). ���� Centinela: sustantivo; sujeto.

S12.

A categoría gramatical establece unha diferenza de tipo semántico entre os membros que a forman: verbo, adver-bio, substantivo, adxectivo... Mentres que a función sintáctica indícanos como se combinan e onde se deben situar as palabras nunha frase, oración ou texto.

S13.

���� Artigo: acompaña ao substantivo, determínao e delimita ou precisa o seu significado. ���� Substantivo: principalmente serve para designar persoas, animais, obxectos reais ou irreais do noso mundo. ���� Adxectivo: principalmente acompaña ao substantivo, modificándoo, sinalando unha determinada calidade. ���� Verbo: funciona como núcleo de oración e pode expresar acción, movemento...

S14.

���� Carácter transversal: dise do carácter que incide en varias cousas ou planos e non se limita a un só. ���� Implementación do corpus: refírese a introducir, inserir palabras e estruturas (o corpus) que compoñen e dan

forma a unha lingua en concreto e completan a súa capacidade de expresión. Por exemplo, termos científicos e técnicos, etc.

S15.

Resposta aberta, pero debe gardar relación coa seguinte: é necesario normalizar a lingua galega neses sete ám-bitos porque, en moitos, deles -por exemplo na xustiza- o uso do galego é residual e, polo tanto, cómpre pór en marcha políticas dinamizadoras que fomenten o seu uso e que o estendan para chegar a esa pretendida normali-zación.

S16.

Resposta aberta, pero a conclusión lóxica do alumno, tendo en conta o que levamos visto ao longo desta e do resto das unidades, é que o plurilingüismo é un elemento enriquecedor porque nos ofrece unha diversidade de perspectivas maiores có feito de coñecer só unha lingua.

S17. Texto 2.11.

� Cales son os apartados principais que debe ter un currículo funcional?

Page 34: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 34 de 39

Primeiro bloque, datos persoais; segundo bloque, experiencia profesional ; terceiro bloque, formación.

� Cales son as características formais que debe ter un currículo?

Redacción clara e simple, non utilizar formas rebuscadas nin complicar a sintaxe; debe ser un escrito breve e con-ciso; sempre se presentará escrito por unha cara; debe estar redactado cun procesador de textos. Nalgúns casos concretos é necesario elaboralo á man.

� Enderezo web.

O alumno ou alumna dirixirase á páxina web que se lle indica no exercicio para ver os demais tipos de documen-tos administrativos e profesionais que existen en galego. Deste xeito, poderá familiarizarse con eles.

S18.

Resposta libre. O alumno deberá seguir os apartados de contido e as características formais específicas á hora de redactar o seu currículo.

S19.

Es el modelo para un acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto.

� ¿Cómo describiría el lenguaje y la presentación formal utilizado en este docu-mento? (sencillo, complicado, visualmente atractivo...) ¿Por qué?

La presentación visual es clara y concisa pero más complicada que la del texto 2.11. El lenguaje, aunque preten-de ser conciso para evitar interpretaciones erróneas, es complicado ya que está lleno de estructuras oracionales o frases que hacen referencia al ámbito jurídico, que puede desconocer la persona que rellena el formulario.

� Dirección web.

El alumno o alumna se dirigirá a la página web que se indica en el ejercicio para visualizar los demás tipos de documentos administrativos y profesionales que existen en castellano. Así, podrá familiarizarse con ellos.

S20.

O alumno ou alumna debe seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

S21.

El alumno o alumna debe seguir las indicaciones de la actividad para su resolución.

S22.

O alumno ou alumna debe seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

Page 35: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 35 de 39

5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1.

� Rural.

2.

� Da agricultura.

3.

� A fidalguía e o clero.

4.

� A poesía.

5.

� Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.

Page 36: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 36 de 39

6.

� 1863. Rosalía de Castro.

7.

� Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

8.

� Maxina ou a filla espúrea. Marcial Valladares.

9.

� Por Andalucía e Cataluña.

10.

� Principalmente o fastío de vivir, a melancolía, o desalento; outras, a rebeldía contra a sociedade ou contra a vida mesma.

Page 37: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 37 de 39

11.

� Temas lendarios, cabaleirescos, aventureiros ou de historia nacional, sempre dramáticos.

12.

� O artigo periodístico, o cadro de costumes e a novela histórica.

Page 38: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 38 de 39

6. Glosario

F ���� Foro Contrato agrario polo cal o campesiñado tiña que pagar aos donos das terras (nobreza e clero) unha boa parte da súa colleita e outros servizos. En Galicia, o movemento agrarista fixo presión para que os labregos puideran acceder á posesión das terras

P ���� Procusto

Na mitoloxía grega, Procusto, tamén chamado Damastes (‘avasalador’ ou ‘controlador’), Polipemón (‘moitos danos’) e Procoptas, era un bandido e pousadeiro da Ática (ou segun-do outras versións, dos arrabaldes de Eleusis). Tíñaselle por fillo de Poseidón. Coa súa esposa Silea foi pai de Sinis. Procusto tiña a súa casa nos outeiros, onde ofrecía pousada ao viaxeiro solitario, seducíao e invitábao a tombarse espido nunha cama de ferro. Se a vítima era alta, Procusto deitá-baa nunha cama curta e serráballe as partes do corpo que lle sobresaían. Se, pola contra, era máis baixa, invitábaa a deitarse nunha cama longa, onde lle ataba as mans e a desfa-cía cun martelo ata estricala (de aquí vén o seu nome). Segundo outras versións, ninguén coincidía xamais co tamaño da cama porque esta era secretamente regulable: Procrusto alongábaa ou acurtábaa segundo a súa vontade antes da chegada das súas vítimas. Procusto continuou co seu reinado de terror ata que se atopou co heroe Teseo, quen se deixou seducir, pero cando entrou na choza de Procusto “axustouno” cortándolle a cabeza e os pes a golpes de machado. Matar a Procusto foi a última aventura de Teseo na súa viaxe desde Trecén (a súa aldea natal do Peloponeso) ata Atenas. En xeral, denomínase procústeo a aquilo oposto ao ergonómico, é dicir, que parte da idea de que é o home quen debe adaptarse aos obxectos e non ao revés.

.

Page 39: Ámbito da comunicación - edu.xunta.es fileA unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar. A unidade consta

Páxina 39 de 39

7. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Alarcos Llorach, Emilio, Gramática de la lengua española, Espasa, Madrid, 1999.

� Benítez, J. J., Caballo de Troya I, Planeta, Barcelona, 2005.

� GRIAL, Revista galega de cultura, número 181; xaneiro, febreiro, marzo 2009.

� ILG e RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, ILG e RAG, Vigo, 2003.

� ILG e RAG, Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG e RAG, 2004.

� Moure, Teresa, A Palabra das fillas de Eva, Galaxia, Vigo, 2005.

� RAG, Dicionario da Real Academia Galega, Xerais e Galaxia, Vigo, 2000.

� RAE, Diccionario de la lengua española (2 tomos), Espasa Calpe, Madrid, 2008.

� Trama & Texturas (revista), número dos, mayo 2007.

� VVAA, Literatura Española 2 (Bachillerato), Anaya, Madrid, 1995.

Ligazóns de internet

� [http://www.060.es/]

� [http://www.anosaterra.org/]

� [http://www.digalego.org/]

� [http://www.elpais.com/]

� [http://www.galicia-hoxe.com/]

� [http://www.galipedia.org]

� [http://www.xunta.es/linguagalega/]

� [http://www.usc.es/snl/]

� [http://es.wikipedia.org]

� [http://vello.vieiros.com/publicacions/veredicion.php?Ed=38]

� [http://es.youtube.com]