Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade...

37
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 37 Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial Módulo 2 Unidade didáctica 6 Nutrición

Transcript of Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade...

Page 1: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 37

Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial

Módulo 2 Unidade didáctica 6

Nutrición

Page 2: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 2 de 37

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Suxestións para a motivación e o estudo...................................................................... 4

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................5

2.1 Os seres vivos .............................................................................................................. 5 2.1.1 Funcións vitais....................................................................................................................................................7 2.1.2 Composición dos seres vivos.............................................................................................................................7 2.1.3 A célula: unidade vital dos seres vivos...............................................................................................................8

2.2 Nutrición ..................................................................................................................... 11 2.2.1 Nutrición autótrofa ............................................................................................................................................11 2.2.2 Nutrición heterótrofa.........................................................................................................................................14 2.2.3 Importancia das plantas ...................................................................................................................................16

2.3 Clasificación dos triángulos ........................................................................................ 18 2.3.1 Teorema de Pitágoras......................................................................................................................................19

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................21

4. Actividades complementarias........................ ........................................................22

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................24

6. Solucionarios...................................... .....................................................................26

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 26 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 32 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 34

7. Glosario........................................... .........................................................................36

8. Bibliografía e recursos............................ ................................................................37

Page 3: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 3 de 37

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Desde a orixe da vida hai aproximadamente 3.800 millóns de anos, foron aparecendo for-mas vivas progresivamente máis complicadas; a historia evolutiva común fai que todos os seres vivos compartan características propias.

Para comprender a estrutura común dos seres vivos, nesta unidade trátanse aspectos comúns a todos eles; tamén os tipos de nutrición que xeran unha interdependencia entre os seres vivos e do medio en que se desenvolven. Para isto abórdanse dúas partes:

� As funcións e características comúns aos seres vivos, a súa unidade fisiolóxica e estru-tural (a célula), os tipos de células e as súas principais diferenzas.

� A función de nutrición e os seus tipos, así como a importancia da fotosíntese para a vi-da na Terra.

Finalmente, úsase o teorema de Pitágoras para determinar a medida dos lados dun triángu-lo rectángulo ou de figuras máis complexas nas que se poidan trazar triángulos rectángu-los.

1.2 Coñecementos previos � Reprodución, nutrición e capacidade de detectar cambios no medio son funcións carac-

terísticas dos seres vivos.

� Os seres vivos están constituídos por materia orgánica e inorgánica.

� Todos os seres vivos están formados por células.

� Os microbios (microorganismos), son tan pequenos que só se ven cun microscopio.

� Algúns microorganismos, como as bacterias, están formados por unha única célula.

� Os seres vivos formados por moitas células chámanse pluricelulares ou multicelulares.

� As plantas e os animais forman dous grandes grupos de seres multicelulares.

� As plantas poden elaborar a súa propia materia orgánica, polo proceso de fotosíntese.

� A luz é imprescindible para que as plantas poidan realizar a fotosíntese.

� Os animais son seres vivos que obteñen a materia orgánica comendo outros organis-mos.

� A suma dos ángulos dun triángulo é de 180º.

� A altura dun triángulo é un segmento perpendicular desde un vértice ao lado oposto.

� Nun triángulo rectángulo, os lados menores forman un ángulo recto.

� Os polígonos son figuras planas pechadas polos seus lados.

� Un polígono regular é aquel que ten os seus lados e ángulos iguais.

� O apotema dun polígono regular, é o segmento perpendicular desde o centro, a un lado.

Page 4: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 4 de 37

1.3 Suxestións para a motivación e o estudo � Identificar os niveis de organización dos seres vivos.

� Describir as principais características dos seres vivos.

� Coñecer os compoñentes básicos da materia viva.

� Identificar a célula como unidade básica dos seres vivos.

� Diferenciar unha célula procariota dunha eucariota.

� Indicar os principais orgánulos da célula animal e da vexetal, e as súas funcións.

� Interpretar as diferenzas entre as células animais e vexetais.

� Caracterizar a función de nutrición nos seres vivos.

� Diferenciar entre nutrición autótrofa e heterótrofa.

� Comparar as características dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación.

� Valorar a importancia da fotosíntese para a vida na Terra.

� Utilizar o teorema de Pitágoras para o cálculo de medidas de figuras nas que se poidan trazar triángulos rectángulos.

Page 5: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 5 de 37

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 Os seres vivos

Niveis de organización dos seres vivos

Ao longo do lento proceso da evolución biolóxica, a materia viva evolucionou desde unha serie de estados máis simples a outros máis complexo. Para facilitar o seu estudo establé-cense niveis de organización, de complexidade crecente, xa que cada nivel inclúe o ante-rior e está incluído nos niveis posteriores. Soamente a partir de certo grao de complexida-de pode falarse de niveis que cumpren as características propias dos seres vivos, os niveis bióticos, para diferencialos daqueles que non as cumpren, abióticos.

���� Nivel atómico: Neste nivel inclúense os elementos químicos que forman parte dos seres vi-vos,os bioelementos.

Niveis abióticos

���� Nivel molecular: Os bioelementos agrúpanse e forman as moléculas dos seres vivos, as biomoléculas. Algunhas son comúns á materia inerte, como o auga, ou ex-clusivas dos seres vivos, como os nucleicos. As biomoléculas agrúpanse para formar o seguinte nivel.

���� Nivel celular: A célula é a unidade anatómica e funcional dos seres vivos.

���� Nivel organismo ou pluricelular: As células asícianse en tecidos para realizaren unha función determinada, como o tecido muscular, nervioso... Os tecidos agrúpanse en órganos que realizan un traballo específico, por exemplo o corazón, pulmóns nos animais ou raíz e follas nos vexetais. Un grupo de órganos que cooperan para exercer unha función vital constitú-en un aparello ou sistema, como o respiratorio, circulatorio..., Aparellos e sistemas colaboran cunha coordinación perfecta, conformando o funcionamento dun organismo.

Niveis bióticos

���� Nivel poboacional. Os organismos non están illados, senón que se relacionan con outros da súa especie, co fin de buscar alimento, aparearse, protexerse, etc. Todos os seres vivos dunha mesma especie que conviven nunha área determinada constitúen unha poboación (carballos dunha fraga, manada de lobos, ban-cos de peixes).

Page 6: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 6 de 37

���� Nivel ecosistema ou ecolóxico. As poboacións que habitan nunha zona relaciónanse e constitúen a bioce-nose ou comunidade biolóxica do ecosistema do que forman parte, por exemplo os seres vivos dunha lagoa, ou dunha fraga.

���� Nivel Biosfera. A biosfera fai referencia ao conxunto de comunidades biolóxicas ou seres vivos do planeta Terra.

Características dos seres vivos

Maila a grande diversidade dos seres vivos, todos eles presentan as seguintes característi-cas comúns:

� Todos os seres vivos realizan as mesmas funcións vitais: nútrense, relaciónanse e re-prodúcense. Tendo en conta o anterior, pódese definir un ser vivo como unha estrutura complexa capaz de realizar as funcións vitais.

� Todos os seres vivos teñen unha mesma composición química. Ao analizar a composi-ción química dos seres vivos compróbase que todos eles están constituídos polo mesmo tipo de moléculas cun un alto grao de complexidade. As moléculas que forman parte dos seres vivos organízanse en células.

� Todos os seres vivos están formados por células. As células son a unidade mínima da vida, e dicir poden realizar as funcións vitais.

Actividade resolta

Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos?

Solución É a unidade anatómica porque todos os seres vivos están formado por unha ou moitas células. É a unida-de funcional por ser a célula a estrutura máis pequena formada por moléculas complexas coa organiza-ción necesaria para realizar as funcións vitais.

Actividades propostas

S1. Cal é o nivel de organización biótico máis simple? E o máis complexo?

S2. Defina: célula, tecido, órgano, poboación, biocenose, biosfera.

Page 7: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 7 de 37

2.1.1 Funcións vitais

� Nutrición. Permítelles aos seres vivos obteren materiais e enerxía do medio, e así au-tomanterse e sobrevivir; os materiais son necesarios para medrar e renovar as súas es-truturas deterioradas ou vellas, e a enerxía para realizar as súas funcións.

� Relación. Pon o ser vivo en contacto co medio externo e interno recibindo información, e permítelle dar resposta a todos os cambios que se producen nel.

� Reprodución. É a capacidade dos seres vivos de orixinaren descendentes similares a eles, o que garante a supervivencia da especie.

Actividade proposta

S3. Marque a función ou as funcións que poden realizar os seguintes exemplos. Ca-les dos anteriores exemplos se consideran seres vivos? Razoe a resposta.

Exemplos Nútrese Relaciónase Reprodúcese

���� Mofo do pan

���� Verme

���� Madeira dunha mesa

���� Virus dun computador

���� Robot

���� Carballo

2.1.2 Composición dos seres vivos

Todos os seres vivos estamos formados por un restrinxido conxunto de elementos quími-cos chamados bioelementos. Os máis abundantes son o carbono, o osíxeno, o hidróxeno, o nitróxeno, o fósforo e xofre, e constitúen o 98 % da súa masa.

Os bioelementos combínanse para formaren as moléculas dos seres vivos, as denomi-nadas biomoléculas ou principios inmediatos.

Biomoléculas inorgánicas

Están presentes tanto nos seres vivos coma na restante materia do universo; as biomolécu-las inorgánicas son:

� Auga. É a substancia máis abundante nos organismos. Por termo medio os seres vivos conteñen un 70 % de auga. Na auga realízanse as reaccións químicas necesarias para o funcionamento dos seres vivos e interveñen no transporte das demais substancias.

� Sales minerais. En estado sólido forman estruturas esqueléticas nos seres vivos como os ósos, os dentes ou a cuncha de tartarugas, e se están en disolución regulan o correcto funcionamento dos seres vivos.

Page 8: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 8 de 37

Biomoléculas orgánicas

Son moléculas exclusivas dos seres vivos, ricas en carbono, e inclúen os glícidos, os lípi-dos, as proteínas, as vitaminas e os ácidos nucleicos:

� Glícidos. Son a principal fonte de enerxía dos seres vivos a curto prazo, como a glico-sa, moi abundante no mel, azucre, patacas, cereais e legumes..., ou forman estruturas como a celulosa, presente na parede da célula vexetal.

� Lípidos. Son moléculas que almacenan enerxía, como as graxas, que nalgúns vexetais están presentes en sementes e froitos, e tamén debaixo da pel dos animais. Outros lípi-dos forman cubertas impermeables sobre plumas, follas, froitos....

� Proteínas. Forman estruturas necesarias para o crecemento e a reparación dos tecidos dos seres vivos; o principal compoñente de músculos, pelo, plumas, uñas...

� Ácidos nucleicos. Como o ADN ou material xenético, responsable da transmisión de caracteres dunha xeración á seguinte, e contén a información para o funcionamento dos organismos.

Actividades propostas

S4. Relacione cada apartado coa súa función colocando a letra no lugar indicado.

A ���� Lípidos ���� Responsable da herdanza

B ���� Proteínas ���� Compoñente maioritario dos seres vivos.

C ���� Auga ���� Compoñente maioritario dos ósos.

D ���� Sales minerais ���� Compoñente maioritario dos músculos.

E ���� Glícidos ���� Forman cubertas impermeables.

F ���� Ácidos nucleicos

���� Achegan enerxía a curto prazo.

S5. Tanto os glícidos como as graxas achegan enerxía. Que alimentos debería inxe-rir unha persoa que ten unha actividade física intensa. Cite exemplos.

S6. Que tipo de biomolécula é o máis abundante nun anaco de carne?

2.1.3 A célula: unidade vital dos seres vivos

As biomoléculas agrúpanse e forman conxuntos dotados de vida: as células. No século XIX, os científicos Schleiden e Schwann enunciaron a teoría celular, que propón:

� Todo ser vivo está formado por unha ou moitas células.

� A célula é a estrutura máis pequena capaz de realizar as funcións vitais.

� Toda célula procede doutra célula por división dela.

Page 9: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 9 de 37

Estrutura celular

Unha célula dunha folla, dunha neurona ou dunha bacteria son diferentes, pero todas teñen unha organización común, nas que destacan:

� Membrana celular. É unha fina capa que separa a célula do exterior e regula a entrada e a saída de substancias.

� Citoplasma. É o contido da célula delimitado pola membrana celular, excluíndo o nú-cleo. Está constituído por un líquido viscoso onde se atopan unhas estruturas, chamadas orgánulos celulares, que desempeñan diferentes funcións, como as mitocondrias, que liberan a enerxía necesaria para as funcións da célula.

� Material xenético ou ADN. É a substancia que controla e regula as funcións da célula, este material contén a información hereditaria que pasa dunha célula a célula filla.

Tipos de organización celular

Ao estudar as células observouse que existen dous tipos de organización celular.

���� Procariota Máis sinxela, é propia das bacterias. As células procariotas teñen o material xené-tico disperso polo citoplasma. Son células xeralmente de menor tamaño que as euca-riotas.

���� Eucariota Máis complexa, propia de seres multicelu-lares (plantas, animais e fungos).Todas as células con núcleo denomínanse eucario-tas. Son as células animais e vexetais, e teñen o material xenético separado do ci-toplasma por unha membrana, formando o núcleo.

A célula animal e a vexetal

Os animais e os vexetais posúen células eucariotas, pero aínda que teñen moitos orgánulos celulares e estruturas comúns necesarios para realizar as súas funcións vitais, indicados no seguinte debuxo en negro, as células animais e as vexetais presentan diferenzas.

Page 10: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 10 de 37

Diferenzas entre a célula animal e vexetal

� A célula vexetal ten unha grosa parede celular de celulosa que recobre a membrana ce-lular. Esta parede mantén a forma e a rixidez da célula.

� Xeralmente as células vexetais teñen unha forma regular ou poliédrica, entanto que as animais presentan formas moi variadas, segundo a función que desempeñen.

� As células vexetais posúen uns orgánulos que non están presentes nas células animais: os cloroplastos. No seu interior acumulan un pigmento de cor verde chamado clorofila, imprescindible para facer a fotosíntese.

� O núcleo das células vexetais adoita estar desprazado cara a un lateral, pola presenza de vacúolos, grandes vesículas que ocupan a maior parte do citoplasma; no seu interior almacenan substancias. As células animais poden ter vacúolos pero de menor tamaño.

� Por último, as células animais posúen centríolos, que non están presentes na célula ve-xetal; estes orgánulos forman o esqueleto da célula e interveñen na división celular.

Actividades propostas

S7. Observe o seguinte esquema dunha célula e conteste ás seguintes cuestións:

���� Xustifique se é unha célula eucariota ou procariota.

���� Razoe se é unha célula animal ou vexetal.

���� Indique o nome das estruturas sinaladas cas letras A, B, C e D.

���� Cal é a función das estruturas anteriores?

S8. Indique se as seguintes células son animais ou vexetais e indique o nome da es-trutura sinalada cos números.

S9. Que estrutura mantén a forma poliédrica das células vexetais?

Page 11: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 11 de 37

2.2 Nutrición

Denomínase nutrición o conxunto de procesos que lles permiten aos seres vivos tomaren materia e enerxía do exterior, e transformala para mantérense con vida. A enerxía química obtida mediante a nutrición ten as seguintes finalidades:

� Manter o funcionamento do organismo.

� Fabricar materia propia para crecer e renovar as partes deterioradas do organismo.

� En organismos moi activos, como os animais, parte da enerxía utilízana no movemento.

� Unha parte da enerxía química transfórmase en enerxía calorífica e despréndese en forma de calor.

Segundo o modo obter a materia, hai dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa.

2.2.1 Nutrición autótrofa

A nutrición autótrofa é característica das plantas, das algas e dalgunhas bacterias, e consis-te en coller do medio substancias inorgánicas, como auga, sales minerais ou dióxido de carbono (CO2), e transformalas en substancias orgánicas ricas en enerxía (glícidos, lípi-dos, proteínas...)

Os organismos autótrofos para nutrirse deben realizar os seguintes procesos: elaborar substancias orgánicas (fotosíntese), transportar substancias, extraer a enerxía química das moléculas orgánicas sintetizadas na fotosíntese (respiración celular) e eliminar refugallos.

Fotosíntese

Chámase fotosíntese o proceso de fabricación de substancias orgánicas, a partir de substancias inor-gánicas do medio (auga, sales minerais e CO2) utili-zando a enerxía solar. Realízase nos cloroplastos das células vexetais. A fotosíntese ten lugar nas partes verdes dos vexe-tais, nomeadamente nas follas, por conter clorofila, un pigmento necesario para captar a enerxía da luz solar. O dióxido de carbono do aire penetra a través dos estomas, uns orificios que se atopan no envés das follas; os sales minerais e a auga van ser absor-bidos pola raíz do vexetal.

O proceso de fotosíntese realizase unicamente polo día e pódese resumir así:

Dióxido de carbono + auga + sales minerais + luz ���� materia orgánica + osíxeno

Page 12: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 12 de 37

Esquema do proceso de fotosíntese nos cloroplastos das células vexetais

Transporte de substancias polo vexetal

A raíz do vexetal ten dúas funcións, fixar a planta ao chan e absorber deste auga e sales minerais. Esta mestura ou zume circula polo vexetal do seguinte xeito:

���� Zume bruto. A auga e sales forman o zume bruto que se transporta desde a raíz ás follas por os va-sos leñosos, a través de todo o talo. Unha vez que chegan a auga e sales minerais á folla, esta ab-sorbe polos estomas o dióxido de carbono e gra-zas a enerxía do solar transforma o zume bruto en substancias orgánicas ricas en enerxía (o zume elaborado) e libérase osíxeno ao medio externo no proceso de fotosíntese nos cloroplastos.

���� Zume elaborado. Vai ser distribuído a través dos vasos liberianos ao resto do vexetal. As substan-cias orgánicas que contén van ser utilizadas para crecer ou para renovar as estruturas da planta.

Obtención de enerxía

Os vexetais tamén precisan enerxía química para floreceren, medraren e realizaren as súas funcións. Esa enerxía obtéñena da materia orgánica fabricada na fotosíntese, por un proce-so denominado respiración celular, este proceso realízase constantemente nas mitocon-drias de todas as células do vexetal, de día e de noite.

Page 13: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 13 de 37

A materia orgánica entra nas mitocondrias das células e en presenza de osíxeno realízase a respiración celular, que consiste en degradar a materia orgánica e liberar gradualmente a enerxía química que contén, neste proceso expulsase dióxido de carbono como produto re-sidual.

O proceso de respiración celular pódese resumir así:

As plantas polo día realizan a fotosíntese e a respiración celular, pero desprenden máis osíxeno que dióxido de carbono

Eliminación dos refugallos

Os refugallos, como o osíxeno e o dióxido de carbono, producidos durante o metabolismo do vexetal (fotosíntese, respiración celular...) van ser liberados polos estomas dispostos no envés das follas.

Actividades propostas

S10. Explique a diferenza entre a nutrición autótrofa e a heterótrofa.

S11. Que proceso de nutrición autótrofa realizan os vexetais? Como obteñen a ener-xía para o devandito proceso?

S12. Que pigmento se encarga de captar a luz solar? En que estrutura da célula vexe-tal se localiza?

S13. Indique dúas funcións da raíz dun vexetal.

S14. Que diferenza hai entre o zume bruto e o elaborado?

S15. Por que é necesario transportar o zume elaborado ata as células?

S16. Podería unha célula eucariota prescindir de mitocondrias? Razoe a resposta.

Materia orgánica + osíxeno ���� dióxido de carbono + auga + enerxía

Page 14: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 14 de 37

S17. En que estruturas das follas se realiza a entrada e saída de gases nun vexetal?

S18. Compare os intercambios de gases da fotosíntese e da respiración celular por unha planta en presenza de luz e na escuridade.

2.2.2 Nutrición heterótrofa

É característica de animais, fungos e algúns microorganismos. Consiste en incorporar do medio, materia orgánica elaborada por outros seres vivos, xa que eles non a poden fabri-car. Os organismos heterótrofos teñen que realizar os seguintes procesos para nutrirse: in-xestión, dixestión, circulación, obtención de enerxía e excreción.

Inxestión

É a captación dos alimentos do medio exterior. Ademais os animais precisan incorporar osíxeno; este proceso forma parte da respiración do animal.

Dixestión

Nos organismos heterótrofos sinxelos, os alimentos son incorporados directamente ás cé-lulas. Pero para a maior parte dos animais os alimentos deben sufrir un tratamento tanto mecánico como químico, no seu aparello dixestivo, e transformalo en substancias máis sinxelas, nutrientes, para que poidan ser asimilados e utilizados polas células.

Circulación

É o transporte dos nutrientes e osíxeno a todas as células do animal, ademais o sistema circulatorio recolle as substancias de refugallo.

Obtención de enerxía

Os animais igual que nas plantas , obteñen a enerxía polo proceso de respiración celular. Logo de que os nutrientes (glicosa) e osíxeno (O2) cheguen ás células entran nas mitocon-drias, estes nutrientes se oxidan e liberan a enerxía química, necesaria para levar a cabo as funcións propias do ser vivo. Neste proceso libérase dióxido de carbono como refugallo, que vai ser eliminado polo aparello respiratorio.

O proceso de respiración celular é idéntico ao que realizan os vexetais, pero os animais toman a materia orgánica doutros seres vivos, mentres cos seres autótrofos a fabrican polo proceso de fotosíntese.

Page 15: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 15 de 37

Excreción

É a liberación de substancias non aproveitables polo organismo, producidas durante a transformación dos nutrientes no interior da célula. Estas substancias son transportadas polo sistema circulatorio ata estruturas especializadas que expulsan os refugallos ao exte-rior, no proceso de excreción.

Fermentación

Algúns seres heterótrofos degradan a materia orgánica sen necesidade de osíxeno, son os seres anaerobios. Fano polo proceso de fermentación, que produce unha serie de residuos orgánicos moi variados que poden ser aproveitados para a industria alimentaria, ademais de dióxido de carbono. Nos procesos de fermentación libérase menos enerxía útil que na respiración celular.

Este proceso realízase no citoplasma. A fermentación alcohólica realízana algúns léve-dos, e producen como residuo orgánico etanol. Esta fermentación é a base da produción da cervexa, do viño e doutras bebidas alcohólicas, así como a fabricación de pan. A fermen-tación láctica é propia dalgunhas bacterias, este proceso utilízase para a produción de deri-vados lácteos, como o iogur ou o queixo. Tamén se produce en células eucariotas, cando a achega de osíxeno é insuficiente para realizar a respiración celular.

Actividades propostas

S19. Nos animais é o mesmo nutrición que alimentación? Razoe a resposta.

S20. Indique as semellanzas e diferenzas entre a respiración celular e a fermenta-ción? Indique os seres vivos que realizan cada un destes procesos.

S21. Observe o seguinte esquema e conteste ás cuestións da páxina seguinte:

Nutrición

Autótrofa Heterótrofa

Fotosíntese Alimento Materia orgánica

simple

Transporte de substancias orgánicas as células

Fabricar a súa propia materia

Obter enerxía química utilizable polas células (respiración celular )

Funcións vitais, movemento e temperatura corporal (nos ani-

mais)

Renovar tecidos, crece-mento…

Page 16: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 16 de 37

� Como obteñen os animais a materia orgánica? e os vexetais?

� Indique os procesos que son comúns os animais e os vexetais.

� Que tipo de enerxía utilizan os animais e as plantas? De onde procede?

� En que utilizan os vexetais e os animais a enerxía liberada?

� Que relación ten a actividade dun ser vivo ca cantidade de osíxeno que conso-me?.

� Segundo o anterior, quen consumirá mais osíxeno, os animais ou os vexetais?

� Será correcto o dito popular que di que non é bo ter plantas no cuarto á noite? Xustifíqueo.

S22. Relacione as dúas columnas, asociando a función vital, coa propiedade que lle corresponde acada función.

Función vital Propiedades

– Respirar

– Ter fillos A ���� Nutrición

– Curar unha ferida

– Fotosíntese

– Expulsar residuos do corpo B ���� Relación

– Camiñar, voar ou nadar

– Ver, cheirar ou oír

– Medrar C ���� Reprodución

– Producir sementes

2.2.3 Importancia das plantas

A importancia das plantas no mantemento da vida na Terra está relacionada coa importan-cia da fotosíntese debido a que:

� Na fotosíntese fabrícase a materia orgánica, que utiliza o resto dos seres vivos como alimento. Aínda que algúns animais non se alimenten directamente de vexetais, si que o fan outros dos que dependen.

� Na fotosíntese libérase osíxeno, que utilizarán os seres vivos que realizan a respiración.

� A fotosíntese cambiou a composición da atmosfera primitiva. Nos comezos da vida non existía osíxeno; todo o osíxeno da atmosfera procede da fotosíntese, polo que sen as plantas non sería posible a diversidade da vida da Terra tal como a coñecemos.

Page 17: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 17 de 37

Actividades propostas

S23. Que importancia ten a fotosíntese para os animais. E para as plantas?

S24. Resuma en poucas palabras o texto seguinte, e póñalle un título axeitado.

Un estudo da Universidade de Sevilla salienta a importancia da vexetación na loita contra o cambio climático, como sumidoiro natural de dióxido de carbono (CO2), e subliña que algunhas árbores poden absorber o CO2 emitido por milleiros de vehículos. O informe sostén que unha adecuada planificación do arboredo urbano e das superficies forestais reduciría as emisións de gases efecto invernadoiro. O catedrático de Ecoloxía Manuel Enrique Figueroa, quen dirixiu este proxecto, destacou que a vexetación é "un elemento moi importante" contra o cambio climático que, ademais, "é de balde, non require sofisticadas tec-noloxías e ten unha gran capacidade de desenvolvemento nun país como España, moi arborado e con moitos espazos protexidos". Este traballo estuda -"por primeira vez en España", subliñou- a capacidade das especies vexetais para absorber CO2 , principal causante das emisións de efecto invernadoiro. As plantas absorben dióxido de carbono (CO2) grazas á fotosíntese, proceso polo que absorben este gas e liberan osíxeno á atmosfera. O estudo determinou que as especies urbanas que máis CO2 absorben son a amargoseira, o espiñeiro, a caro-ba e o olmo. Nunha rúa de cen metros de lonxitude e con dez árbores plantadas, a amargoseira absorbería ao día o CO2 emitido por 10.373 vehículos, a acacia de tres espiñas o de 1.619 vehículos, a caroba, o de 1.405 e o olmo, o de 1.320. Pola contra, a catalpa, a árbore do amor ou a ameixeira xaponesa son as especies menos eficientes, pois ab-sorben o CO2 equivalente ás emisións de 38, 33 e 26 vehículos, respectivamente. As especies forestais máis ecoeficientes son o piñeiro carrasco e a sobreira. O informe tamén determina que os máis de 20 millóns de hectáreas forestais existentes en España absorben ao ano un 13 % das emisións en 2005. Por iso, Figueroa salientou a necesidade de "pór en valor" as masas fores-tais "non só pola súa función de preservación da natureza, senón polo seu papel de sumidoiros naturais" de CO2. Avogou por que a importancia destes sumidoiros naturais se teña en conta á hora de construír infraestruturas e no deseño urbano. "Hai que pensar que especies plántanse e onde, para conseguir un balance cero nas emi-sións" de CO2, engadiu, aínda que matizou que estes sumidoiros naturais non son a solución contra o cambio climático, que require tamén das enerxías alternativas e do aforro enerxético.

El País, EFE - Sevilla - 08/08/2007

Page 18: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 18 de 37

2.3 Clasificación dos triángulos

Segundo os seus lados

���� Equilátero Tres lados iguais

���� Isóscele Dous os lados iguais.

���� Escaleno Tres lados desiguais.

Segundo os seus ángulos

���� Acutángulo Ten todos os seus ángulos menores a 90°

���� Rectángulo Ten un ángulo recto, mide 90°

���� Obtusángulo Ten un ángulo maior de 90°

Actividades propostas

S25. Clasifique cada un destes triángulos, segundo os seus lados:

S26. Atendendo aos seus ángulos e á lonxitude dos seus lados clasifique os seguin-tes triángulos colocando o número no lugar axeitado.

� � � � � �

Acutángulo isós-cele

Acutángulo equi-látero

Obtusángulo escaleno

Rectángulo esca-leno

Obtusángulo isóscele

Rectángulo isós-cele

Page 19: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 19 de 37

2.3.1 Teorema de Pitágoras

Nun triángulo rectángulo o lado de maior lonxitude chámase hipotenusa, e os outros dous de menor lonxitude e perpendiculares entre si catetos.

Lembre que en calquera triángulo, a suma das medidas dos tres ángulos vale 180º. Polo tanto, en calquera triángulo rectángulo, a suma dos dous ángulos agudos é 90º.

Pitágoras foi un filósofo e matemático grego que viviu cara o ano 500 antes de Cristo. El e os seus discípulos demostraron a relación entre os catetos e a hipotenusa dun triángu-lo rectángulo. É dicir:

Nun triángulo rectángulo, o cadrado da hipotenusa é igual a suma dos cadrados dos ca-tetos. Hipotenusa = a; catetos = b, c Cúmprese que: a2 = b2 + c2

Do teorema de Pitágoras, dedúcense as igualdades seguintes:

a2 = b2 + c2 para calcular a hipotenusa.

b2 = a2 – c2 para calcular o cateto b.

c2 = a2 – b2 para calcular o cateto c.

Para ver que é certo, e sempre nun triángulo rectángulo o anterior, analice este curioso quebracabezas:

Observe que os dous cadrados grandes son iguais. Se a cada un deles lle suprimimos catro triángulos iguais de lados a, b e c, queda a2 no primeiro, b2 + c2 no segundo. Daquela, ha de ser a2 = b2 + c2.

Actividade resolta

Calcule a diagonal dun rectángulo de lados a = 10 cm e b=15 cm.

(10 cm.)2+ (15 cm.)2 = x2 100 cm2 + 225 cm2 = x2 X2 = 325cm2

2325cmx =

x = 18 cm.

A diagonal do rectángulo mide 18 cm.

Page 20: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 20 de 37

Actividades propostas

S27. Se unha escaleira de man ten 2,20 cm de lonxitude e se apoia nunha parede de 1,80 cm. de altura. A que distancia da parede se sitúa a base da escaleira?

S28. Cal é o valor da apotema dun hexágono regular de lado 6 cm.?

S29. Nun cadrado a diagonal mide 3 cm. Canto mide o seu lado?

S30. Calcule o lado dun rombo cuxas diagonais miden 6 cm e 8 cm.

S31. O lado menor dun campo de cultivo rectangular mide 150 m e a súa diagonal 250m. Canto mide o lado maior?

S32. Un edificio mide 150 m de altura e produce unha sombra no chan de 200m. Que distancia hai desde o punto máis alto da torre ata o extremo da sombra?

Page 21: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 21 de 37

3. Resumo de contidos

OS SERES VIVOSestán constituidos por

agrupados en

CÉLULAS

inorgánicas

• auga• sales minerais

BIOELEMENTOS

Apartado 1

orgánicas

• glícidos• lípidos

• proteínas• acs. nucleicos

relación reprodución

Apartado 2

NUTRICIÓN

OS TRIÁNGULOS

clasifícanse segundo os seus

lados ángulos

Apartado 3

• equilátero• isósceles• escaleno

• acutángulo• rectángulo• obtusángulo

están constituidos por

BIOMOLÉCULAS

que poden ser

procariotas

• membrana• citoplasma con material xenético

eucariotas

• animal• vexetal

que poden ser

formadas por

como comode tipo

realizan asfuncións de

pode ser

autótrofa

• toma de nutrientes• transporte

• metabolismo celular• eliminación de refugallos

heterótrofa

• inxestión• dixestión• circulación

• metabolismo celular• excreción

dase nunhaserie de etapas

dase nunhaserie de etapas

• membrana• citoplasma• núcleo

formadas por

o metabolismoorixina

substancias orgánicasricas en enerxía

polo proceso da

FOTOSÍNTESE

o metabolismoorixina

liberación de enerxía

polo proceso da

RESPIRACIÓN

en

vexetais, algas, bacterias

en

animais, fungos, bacterias

FERMENTACIÓN

en

bacterias

resolto polo TEOREMA DE PITÁGORAS

Page 22: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 22 de 37

4. Actividades complementarias

S33. Cales son as moléculas exclusivas dos seres vivos?

S34. Por que as aves aínda que se mollen manteñen o seu corpo enxoito?

S35. Que é o material xenético?

S36. Indique o tipo de células a que corresponden as seguintes descricións:

Eucariotas Descricións das células

Animal Vexetal Procariota

���� Posúen mitocondrias

���� Con centríolos

���� Posúen unha membrana celular

���� Forma prismática ou poliédrica

���� Núcleo

���� Con citoplasma

���� Con cloroplastos

���� Posúe material xenético

S37. Relacione as dúas columnas tendo en conta o tipo de nutrición dos seguintes se-res vivos:

Nutrición Seres vivos

���� Can

���� Champiñón

���� Carballo A Autótrofa

���� Araña

���� Xeranio

���� Verme

���� Mofo do pan B Heterótrofa

���� Alga

S38. Todas as células dun vexetal son autótrofas? Razoe a resposta.

S39. De onde obteñen as células vexetais a materia orgánica que se oxida na respi-ración celular? e os animais?

Page 23: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 23 de 37

S40. Poderían vivir peixes nun acuario sen plantas acuáticas, algas ou fitoplancto. Razoe a resposta.

S41. Algunha vez escoitaría dicir non é bo ter plantas no cuarto á noite. Pero non se di o mesmo por ter unha mascota no cuarto (can ou gato), tanto de día como de noite. Pensa que é xustificada esta opinión.

S42. Complete a seguinte táboa referida a triángulos rectángulos:

Hipotenusa a Cateto b Cateto c

13 12

20 12

9 12

10 6

20 21

S43. Se debuxa un triángulo rectángulo, de catetos 3 cm e 4 cm. Poderíamos calcular o valor da hipotenusa sen utilizar unha regra?

S44. Un cadrado ten 5 cm de lado. Calcule canto mide a súa diagonal.

S45. Andrea ten unha cometa que se enganchou na copa dun ciprés. Se a lonxitude da corda da cometa é de 85 m e Andrea está a 63 m de distancia do tronco da árbore, cal é altura do ciprés?

S46. Para coller unha pelota que caeu nun tellado que está a 5 m de altura, apoiamos sobre a parede unha escaleira que ten 6 m de alto. Se o pé da escaleira está a 2 m da base do muro da casa, alcanzará a escaleira así colocada para chegar ao tellado?

Page 24: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 24 de 37

5. Exercicios de autoavaliación

1. Que funcións definen a vida?

Respirar, crecer e comer.

Nutrición e relación, pero só en animais.

Nacer, crecer, reproducirse e morrer.

Relación, reprodución e nutrición.

2. Indique as biomoléculas que achegan enerxía.

Glícidos e proteínas.

Glícidos e lípidos.

Glícidos, lípidos e proteínas.

Lípidos e proteínas.

3. A nutrición autótrofa é propia:

Dos animais.

Dos fungos e das plantas.

Das plantas e das algas.

Dos fungos.

4. Para realizar a fotosíntese non é necesario que haxa:

Auga.

Osíxeno.

Dióxido de carbono

Clorofila

5. As plantas realizan a respiración celular:

Só á noite.

Só polo día.

Polo día e á noite.

Nunca, só a fan os animais.

Page 25: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 25 de 37

6. A respiración celular realízase:

Nos cloroplastos nas células vexetais.

Nas mitocondrias só nas células animais.

No núcleo da célula.

Nas mitocondrias das células animais e vexetais.

7. Que estrutura non é propia das células vexetais?

O núcleo.

A parede celular.

Os centríolos.

A membrana celular.

8. Os aparellos que interveñen na nutrición animal son:

O nervioso e o locomotor, porque sen eles non poderían cazar.

O dixestivo e os órganos dos sentidos.

O dixestivo, o respiratorio, o circulatorio e o excretor.

O dixestivo e o excretor.

9. A hipotenusa é:

O lado do triángulo rectángulo oposto ao ángulo recto.

O lado de menor lonxitude dun triángulo rectángulo.

A suma dos catetos.

O lado de maior lonxitude dun triángulo obtusángulo.

10. Marque a medida da hipotenusa dun triángulo rectángulo se os seus catetos miden 10 cm. e 24 cm.

26 cm.

24 cm.

25 cm.

21,8 cm.

Page 26: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 26 de 37

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.

O nivel biótico máis simple é o nivel celular e o máis complexo o ecolóxico.

S2.

���� Célula Unidade estrutural e funcional básica dos seres vivos.

���� Tecido Conxunto de células especializadas nunha función concreta.

���� Órgano Estrutura dun ser vivo formada pola asociación de diferentes tecidos ca finalidade de reali-zar unha función determinada.

���� Poboación Conxunto de seres vivos da mesma especie, poden reproducirse entre si, que conviven nun ecosistema.

���� Biocenose Conxunto de tódalas poboacións que forma parte do mesmo ecosistema.

���� Biosfera Zona da Terra habitada polos seres vivos.

S3.

Exemplos Nútrese Relaciónase Reprodúcese

���� Mofo do pan

���� Verme

���� Madeira dunha mesa

���� Virus dun computador

���� Robot

���� Carballo

Son seres vivos o mofo do pan, o verme e o carballo. Os tres exemplos anteriores están formados por células realizan as funcións vitais.

S4.

A ���� Lípidos F Responsable da herdanza

B ���� Proteínas C Compoñente maioritario dos seres vivos.

C ���� Auga D Compoñente maioritario dos ósos.

D ���� Sales minerais B Compoñente maioritario dos músculos.

E ���� Glícidos A Forman cubertas impermeables.

F ���� Ácidos nucleicos E Achegan enerxía a curto prazo.

Page 27: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 27 de 37

S5.

Unha persa que realiza actividade física intensa, debería ter unha dieta rica en glícidos, tería que inxerir abun-dantes cereais ou derivados (pan, pasta, arroz...), alimentos que aporten azucre e froitas e verduras frescas.

S6.

A carne aporta fundamentalmente proteínas.

S7.

���� Xustifique se é unha célula eucariota ou procariota.

Trátase dunha célula eucariota, por ter núcleo.

���� Razoe se é unha célula animal ou vexetal.

Ë unha célula eucariota vexetal, por ter parede celular que lle dá unha forma poliédrica, cloroplastos, un gran vacúolo que ocupa a maior parte do citoplas-ma e non posúe centríolos

���� Indique o nome das estruturas sinaladas co-as letras A, B, C e D.

���� A: Vacúolo ���� B: Cloroplasto. ���� C: Mitocondrias ���� D: Parede celular

���� Cal é a función das estruturas anteriores?

���� Vacúolo: almacena substancias. ���� Cloroplasto: a función deste orgánulo é realizar a fotosíntese, obtendo ma-

teria orgánica a partir de auga ,CO2 e enerxía solar. ���� Mitocondrias: orgánulo que ten como función realizar a respiración celular,

proceso polo que as células obteñen a enerxía que precisan para realizar as súas funcións, oxidando materia orgánica.

���� Parede celular: estrutura ríxida que dá forma e protección á célula vexetal.

S8.

Son células vexetais ( Elodea,alga ) ���� 1. Cloroplastos ���� 2. Citoplasma

���� 3. Parede celular

Son células vexetais ( Cebola ) ���� 2. Citoplasma ���� 5. Membrana celular

���� 6. Núcleo celular

Son cél. animais (mucosa bucal) ���� 2. Citoplasma ���� 5. Membrana celular

���� 6. Núcleo celular

S9.

A parede celular, formada por celulosa.

Page 28: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 28 de 37

S10.

A nutrición autótrofa consiste en elaborar as súas propias substancias orgánicas ricas en enerxía (glícidos, lí-pidos e proteínas) a partir de substancias inorgánicas (auga, sales minerais e dióxido de carbono), entanto que a nutrición heterótrofa non pode fabricar a súa materia orgánica, e obtena dos seus compostos orgánicos a partir doutros seres vivos.

S11.

Os vexetais realiza na fotosíntese para nutrírenrse. A enerxía a obteñen da enerxía solar ( luz).

S12.

O pigmento que capta a enerxía da luz é a clorofila. A clorofila, que lle dá cor verde á planta, atópase nos clo-roplastos.

S13.

A raíz dun vexetal ten dúas funcións: fixar o vexetal ao chan e captar do solo auga e os sales minerais polo pe-los absorbentes.

S14.

O zume bruto é o líquido formado por auga e sales minerais, substancias inorgánicas que a planta toma pola ra-íz e van circular ata as células das partes verdes do vexetal para realizar a fotosíntese, entanto que o zume ela-borado é un líquido viscoso que contén as substancias orgánicas elaboradas na fotosíntese, circulando desde as follas cara ao resto do vexetal.

S15.

O zume elaborado ten que ser distribuído a todas as células da planta para achegar as substancias orgánicas necesarias para realizar a respiración celular.

S16.

Non, unha célula vexetal precisa mitocondria para realizar a respiración celular; as substancias orgánicas do zume elaborado degrádanse en presenza de osíxeno en substancias inorgánicas. Neste proceso libérase ener-xía química, que utilizan as células en realizar as súas funcións (reproducirse, crecer...).

S17.

No envés das follas áchanse unhas estruturas denominadas estomas, polas que entran e saen os gases. Os gases son dióxido de carbono e osíxeno.

S18.

���� Fotosíntese: dióxido de carbono + auga + sales minerais + luz � materia orgánica + osíxeno. ���� Respiración celular: materia orgánica + osíxeno � dióxido de carbono + auga + enerxía.

Page 29: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 29 de 37

���� Coa fotosíntese, os vexetais incorporan dióxido de carbono e expulsan osíxeno, entanto que na respiración celular ocorre o contrario, consómese osíxeno e libérase dióxido de carbono.

���� As plantas respiran tanto de día como de noite. Pola contra, a fotosíntese só se pode realizar en presenza de luz.

���� Durante o día, a cantidade de dióxido de carbono que consomen as plantas na fotosíntese é moito maior que o liberado na respiración. O mesmo ocorre co osíxeno producido na fotosíntese que supera, en moito, o con-sumido na respiración, o que supón que en presenza de luz as plantas incorporen dióxido de carbono e libe-ren osíxeno polos estomas das súas follas.

���� Na escuridade as plantas realizan unicamente a respiración celular, o que supón a saída de dióxido de carbo-no e a incorporación de osíxeno polos seus estomas.

S19.

Non, a alimentación animal é unha fase da nutrición. A nutrición abrangue todos aqueles procesos que teñan como finalidade intercambiar materia e enerxía co medio, e inclúe a alimentación, a respiración, o transporte de nutrientes e a excreción.

S20.

Tanto a respiración celular como a fermentación son procesos de degradación da materia orgánica para obter enerxía útil para as funcións celulares. A diferenza reside en que a respiración celular se realiza nas mitocon-drias, consume osíxeno e libera moita máis enerxía que a fermentación que se realiza no citoplasma e non pre-cisa osíxeno para oxidar a materia orgánica.

A respiración celular realízana os seres que precisan osíxeno para vivir, os animais, os vexetais, as algas, os fungos superiores (cogomelos) e algúns microorganismos. A fermentación realízana as bacterias que fermentan o leite para obter derivados deste e tamén un grupo de fungos unicelulares, os lévedos do pan e das bebidas fermentadas (viño, cervexa, sidra.)

S21.

���� Como obteñen os animais a materia orgánica? e os vexe-tais?

Os animais obteñen a materia alimentándose doutros seres vivos, os vexetais a elaboran na fotosíntese.

���� Indique os procesos que son comúns os animais e os vexe-tais.

���� Fabricar a súa propia materia. ���� Obter enerxía química ( respiración)

���� En que utilizan os vexetais e os animais a enerxía liberada?

En realizar as funcións vitais, os animais ademais en manter a súa temperatura corporal e en desprazarse.

���� Que relación ten a actividade dun ser vivo ca cantidade de osíxeno que consome?

Canta máis actividade ten un ser vivo maior será a respiración celular para obter enerxía para as súas actividade, o que supón un maior consumo de osíxeno.

���� Segundo o anterior, quen con-sumirá mais osíxeno, os ani-mais ou os vexetais?

Os animais o ser mais activos.

���� Será correcto o dito popular que di que non é bo ter plan-tas no cuarto á noite? Xustifí-queo

Non, non supón ningún prexuízo aínda cas plantas consumen osixe-no pola noite a cantidade é moi pequena moito menor que calquera animal durante o día ou a noite.

Page 30: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 30 de 37

S22.

Función vital Propiedades

A – Respirar

C – Ter fillos A ���� Nutrición

A – Curar unha ferida

B – Fotosíntese

A – Expulsar residuos do corpo B ���� Relación

B – Camiñar, voar ou nadar

B – Ver, cheirar ou oír

A – Medrar C ���� Reprodución

C – Producir sementes

S23.

A fotosíntese fabrica materia orgánica da que dependen os animais para nutrirse. Ademais libera ao medio osí-xeno necesario para que poidan respirar. Sen a fotosíntese os animais non poderían sobrevivir, pois non terían nin alimento nin osíxeno.

S24.

O texto destaca a importancia das plantas na loita contra o cambio climático o absorber CO2 durante o proce-so de fotosíntese. O incremento deste gas polas actividades humanas aumenta o fenómeno denominado do efecto invernadoiro, que está a provocar cambios imprevisibles no clima. Este feito segundo o autor debería terse en conta á hora de ordenar as cidades e planificar a plantación de especies vexetais eficientes na absor-ción do dióxido de carbono. Ademais destaca a grande importancia de preservar as masas forestais.

Título proposto “ Sumidoiros naturais contra o cambio climático”

S25.

Escaleno Isóscele Isóscele Equilátero

S26.

3 2 4 6 5 1

S27.

(2,20c m)2 = (1,80cm)2 + x2 X2 = (2,20 cm.)2 – (1,80cm)2

216000mx = x = 126,49 cm.

A base da escaleira se sitúa a 1,26 m.

Page 31: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 31 de 37

S28.

( 6 cm.)2= (3 cm.)2 + x2 36 cm2 = 9 cm2 + x2

36 cm2 - 9 cm2 = X2 X2= 27 cm2

227cmx =

x = 5,2 cm. O apotema mide 5,2 cm.

S29.

(3cm)2= 2x2 9 cm2 = 2 x2

2

9 22 cm

X =

X2= 4,5 cm2

25,4 cmx =

x = 2,12 cm. O lado do cadrado mide 2,12 cm.

S30.

(3 cm.)2+ (4cm)2 = x2 9 cm2 + 16 cm2 = x2

X2= 25cm2

225cmx =

x = 5 cm. O lado do rombo mide 5 cm.

S31.

(150 m)2+ x2 (=250m)2 22500 m2 + x2= 62500 m2

X2= 62500 m2 - 22500 m2

24000mx =

x= 200m. O lado maior do rectángulo mide 200m.

S32.

(150)2+ (200)2 = x2 22559 + 40 000 = x2

62 500 =x

62500=x

x = 250m. Dende o punto máis alto da torre ata o extremo da sombra hai 250 m

Page 32: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 32 de 37

6.2 Solucións das actividades complementarias

S33.

Son as biomoléculas orgánicas: glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.

S34.

Por ter as plumas recubertas de lípidos (ceras)

S35.

O material xenético é a molécula que se transmite dunha xeración a seguinte, A.D.N.

S36.

Eucariotas Descricións das células

Animal Vexetal Procariota

���� Posúen mitocondrias

���� Con centríolos

���� Posúen unha membrana celular

���� Forma prismática ou poliédrica

���� Núcleo

���� Con citoplasma

���� Con cloroplastos

���� Posúe material xenético

S37.

Nutrición Seres vivos

B ���� Can

B ���� Champiñón

A ���� Carballo A Autótrofa

B ���� Araña

A ���� Xeranio

B ���� Verme

B ���� Mofo do pan B Heterótrofa

A ���� Alga

Page 33: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 33 de 37

S38.

Non, son autótrofas as células que conteñen clorofila; corresponde ás partes verdes da planta. Nnon son autó-trofas as células que forman parte da raíz do vexetal.

S39.

As células vexetais, obteñen a materia orgánica polo proceso de fotosíntese. Os animais obtéñena alimentán-dose doutros seres vivos.

S40.

Non poderían, xa que os peixes precisan materia orgánica da que alimentarse e a única fonte de elaboración de materia orgánica do acuario é a través da fotosíntese que realizan as plantas acuáticas, algas ou fitoplancto.

S41.

Non, non é xustificado, xa que as plantas á noite realizan o mesmo proceso que realizan os seres heterótrofos para obter enerxía,tanto de día como de noite, a respiración. Por outra banda, a cantidade de osíxeno nun cuar-to é moi superior ao que poidan consumir tanto as plantas como unha mascota, polo que a presenza deles non inflúe negativamente.

S42.

Hipotenusa a Cateto b Cateto c

13 5 12

20 12 16

15 9 12

10 6 8

29 20 21

S43.

Se sumamos os cadrados dos catetos, (3 cm.)2 e (4 cm.)2 o resultado é 25 cm2. Ha comprobar que é igual ao cadrado da hipotenusa. Para calcular a hipotenusa facemos a raíz cadrada de 25 cm2 , que supomos que é o valor da hipotenusa, 5 cm. Compróbeo medindo cunha regra a hipotenusa do triángulo rectángulo debuxado.

S44.

A diagonal mide 7,1 cm.

S45.

O ciprés ten unha altura de 57 m.

S46.

Si, alcanzará a escaleira, xa que o tellado está a 5,66 m, e a escaleira mide 6 m.

Page 34: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 34 de 37

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Que funcións definen a vida?

� Relación, reprodución e nutrición.

2. Indique as biomoléculas que achegan enerxía.

� Glícidos e lípidos.

3. A nutrición autótrofa é propia:

� Das plantas e das algas.

4. Para realizar a fotosíntese non é necesario que haxa:

� Osíxeno.

5. As plantas realizan a respiración celular:

� Polo día e á noite.

Page 35: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 35 de 37

6. A respiración celular realízase:

� Nas mitocondrias das células animais e vexetais.

7. Que estrutura non é propia das células vexetais?

� Os centríolos.

8. Os aparellos que interveñen na nutrición animal son:

� O dixestivo, o respiratorio, o circulatorio e o excretor.

9. A hipotenusa é:

� O lado do triángulo rectángulo oposto ao ángulo recto.

10. Marque a medida da hipotenusa dun triángulo rectángulo se os seus catetos miden 10 cm. e 24 cm.

� 26 cm.

Page 36: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 36 de 37

7. Glosario

A ���� Abiótico Que non ten vida. Oposto a biótico.

���� Anaerobio Proceso ou organismo que non precisa osíxeno para desenvolverse.

B ���� Bioelemento Elemento químico que forma parte da composición dos seres vivos.

���� Biomolécula Molécula que forma parte da composición dos seres vivos.

C ���� Cateto Calquera dos lados menores dun triángulo rectángulo que conforman o ángulo recto.

E ���� Envés Parte de atrás dunha folla.

F ���� Fermentación Proceso que realizan algúns seres vivos, para obteren enerxía. Consiste na degradación de substancias orgánicas complexas noutras máis simples.

H ���� Hipotenusa Lado maior e oposto o ángulo recto dun triángulo rectángulo.

M ���� Metabolismo Conxunto de reaccións químicas que teñen lugar no interior das células, como a fotosín-tese, respiración celular ou fermentación.

���� Molécula Agrupacións dun número de fixo de átomos iguais ou distintos. Por exemplo a auga é unha molécula (H20) formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.

N ���� Nutriente Substancia que os seres vivos obteñen a partir dos alimentos, necesaria para que as células realicen as súas funcións.

O ���� Orgánulo celular Estrutura celular especializada en realizar unha función concreta.

P ���� Principio inmediato Tamén denominado biomolécula, fai referencia ás moléculas que forman parte da mate-ria viva.

S ���� Substancias de refugallo Substancias resultantes dos procesos do metabolismo das células que deben de ser eliminadas.

���� Substancias inorgánicas Substancias características da materia non viva onde o carbono non é o compoñente esencial.

���� Substancias orgánicas Substancias características dos seres vivos constituídas fundamentalmente por carbono, hidróxeno e osíxeno

Page 37: Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.es · Que significa que a célula sexa a unidade anatómica e estrutural dos seres vivos? Solución É a unidade anatómica porque todos

Páxina 37 de 37

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

Para reforzar ou ampliar os contidos relacionados ca materia de ciencias naturais pode uti-lizar calquera edición dos libros de ciencias da natureza de 2º de ESO. Canto ao teorema de Pitágoras recomendamos calquera das edicións dos libros de matemáticas de 1º de ESO. Propomos os seguintes libros de texto:

� Ciencias da Natureza 2º ESO. Ed. Vicens Vives (2008)

� Ciencias da Natureza. 2º ESO. Ed. Sm (2008)

� Ciencias da Natureza 2º ESO. Ed. Edelvives (2003)

� Ciencias da Natureza 2º ESO. Ed. Mc Graw Hill (2003)

� Matemáticas 1º ESO. Ed. Anaya (2006)

Ligazóns de internet

Os contidos sobre as características comúns a todos os seres vivos e a función de nutri-ción, recomendamos as seguintes ligazóns, que propoñen actividades moi interesantes:

� [http://www.edu.xunta.es/contidos/sec/bioloxia/biosfera/profesor/2eso/1.htm]

� [http://www.juntadeandalucia.es/averroes/concurso2004/ver/09/index.htm]

Recoméndanse tamén as seguintes ligazóns de matemáticas con teoría, xogos e activida-des:

� [http://www.disfrutalasmatematicas.com/]

� [http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material098/geometria/index.htm]