Max Planck

1

description

Cartel elaborado para o Día da Ciencia en Galego 2015 homenaxeando a Max Planck

Transcript of Max Planck

Page 1: Max Planck

Día da Ciencia en galego 2015 ENDL IES Pintor Colmeiro

A vida persoal de Planck foi moi complicada. Despois de morrer a súa primeira muller, o seu fillo maior morre na I Guerra Mundial e o outro, Erwin, sería un prisioneiro de guerra dos franceses. Tamén falecen as súas dúas fillas en partos. Durante o período do goberno nazi opúxose a algun-has das políticas do goberno, especialmente á persecución dos xudeus. A súa casa foi destruída polos bombardeos e o seu fseu fillo Erwin foi executado ao ser acusado de participar nun atentado a Hitler.

Este traballo marcou un punto de inflexión na historia da física. A importancia do descubrimento non foi apreciada nun primeiro momento. No entanto, a evidencia da súa validez foise consolidando cada vez máis e deu orixe a un novo campo de investigación denominado mecánica cuántica. Unha das súas consecuencias sería a explicación do efecto fotoeléctrico, aportado por Einstein.

Tamén se interesou polos procesos de radiación, demostrando que se trataba de aspectos de natureza electromagnética. As observacións experimentais sobre a distribución de lonxitudes de onda da enerxía emitida por un corpo negro en función da temperatura non cadcadraban coas predicións da física clásica. Planck foi quen de deducir a relación entre a enerxía e a frecuen-cia de radiación. Nun artigo publicado no 1900 anun-ciou a dedución da relación que se fundamentaba nunha idea revolucionaria: a enerxía emitida por un fotón de frecuencia ν é h∙ν , onde h é unha constante universal que agora se chama constante de Planck.O seu valor é de de 6,626 ∙10 xulios por segundo.-34

Os primeiros traballos de Planck foron sobre termodinámi-ca, interese herdado dos estudos baixo a dirección de Kir-chhoff. Moi influído polas publicacións de Rudolf Clausius, publicou a súa tese baixo o título “Sobre o segundo principio da termodinámica”

Estudou nas universidades de Munich e Berlín, onde tivo como profesores a Kirchhoff e Helmholtz. Doutorouse en Munich no 1879 e despois de traballar un tempo como profesor asociado ocuparía a cátedra de Kirchhoff na Univer-sidade de Berlín a partir do ano 1889. Tamén ocuparía altos cargos nas sociedades científicas alemanas.

Max Planck (Kiel 1858 – Gotinga1947), foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica, pola que lle deron o Premio Nobel no 1918

MaxPlanck