Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu...

8
Nº 146 Boletín gratuito para os socios de Cofer Marzo 2016 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunica- Séguenos Corte de Arbitraje del Noroeste AXENDA Eventos e feiras monográficas profesionais máis interesantes para o empresario, programa- dos para as vindeiras datas en España e Europa. Páx.6 PLAN FERROL 2016 O vindeiro día 18 de abril o Minis- terio de Industria abre o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de financiación do Plan Ferrol para 2016. Por primei- ra vez, a convocatoria unifica os apoios á reindustrialización e as axudas a mellora da competitivida- de. Páx. 2 3D PARA O SECTOR NAVAL O Centro de Innovación e Servi- zos de Ferrol acollerá unha se- sión sobre tecnoloxías de control dimensional 3D aplicadas ao sector da Construción Naval. A iniciativa enmárcase no Con- venio Shipbuilding 4.0 no que son parte GAIN, AIMEN, IGAPE e ACLUNAGA Páx.4 LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislati- vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, e entidades empresariais pu- blicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es- tatais Páx. 6 @COFERferrol @COFERferrol ESCOLAS INFANTÍS A Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización De- mográfica reunirase o vindeiro día 13 en Ferrol cos represen- tantes da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra e visitará un dos centros asociados a esta entidade. Páx.5 JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci- tados intelectuais e persoas con enfermidades mentais. Empresas da zona tiveron ocasión de coñe- cer os detalles da iniciativa da man dos promotores. Pax. 3

Transcript of Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu...

Page 1: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

Nº 146

Boletín gratuito para os socios de Cofer

Marzo 2016

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunica- Séguenos

Corte de Arbitraje del Noroeste

AXENDA

Eventos e feiras monográficas profesionais máis interesantes para o empresario, programa-dos para as vindeiras datas en España e Europa.

Páx.6

PLAN FERROL 2016 O vindeiro día 18 de abril o Minis-terio de Industria abre o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de financiación do Plan Ferrol para 2016. Por primei-ra vez, a convocatoria unifica os apoios á reindustrialización e as axudas a mellora da competitivida-de. Páx. 2

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

3D PARA O SECTOR NAVAL O Centro de Innovación e Servi-zos de Ferrol acollerá unha se-sión sobre tecnoloxías de control dimensional 3D aplicadas ao sector da Construción Naval. A iniciativa enmárcase no Con-venio Shipbuilding 4.0 no que son parte GAIN, AIMEN, IGAPE e ACLUNAGA Páx.4

LEXISLACIÓN

As últimas novidades lexislati-vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, e entidades empresariais pu-blicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es-tatais Páx. 6

@COFERferrol

@COFERferrol

ESCOLAS INFANTÍS A Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización De-mográfica reunirase o vindeiro día 13 en Ferrol cos represen-tantes da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra e visitará un dos centros asociados a esta entidade. Páx.5

JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais e persoas con enfermidades mentais. Empresas da zona tiveron ocasión de coñe-cer os detalles da iniciativa da man dos promotores. Pax. 3

Page 2: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

Marzo 2016

Industria abre o vindeiro 18 de abril a convocatoria do Plan Ferrol para este ano

nanciación. Na convocatoria de 2016, feita pública a través do BOE Nº59 de 9 de marzo, ás comarcas de Ferrolte-rra, Eume y Ortegal destinanse un total de 45,7 millóns de euros. En caso de que se esgotasen, os proxectos da zona que quedasen sen presuposto, optarían, en concu-rrencia competitiva á partida con-signada para o resto do territorio nacional.

Respecto dos prazos de presenta-ción de solicitudes e tramitación das axudas da convocatoria deste ano, son os seguintes: Prazo de consultas: Dende o

9/03/2016 ata o 18/04/2016

Prazo de solicitude: Dende o

18/04/2016 ata 01/06/2016

Resolución provisional: Xullo

Resolución definitiva: Setembro. Pagos: Novembro

O Director Xeral do IGAPE, Ja-vier Aguilera, o director xeral de Industria e da PEME, Víctor Au-dera, o Conselleiro delegado de Enisa, Bruno Fernández Scrimie-ri, e a directora da Oficina do Plan Ferrol, Natalia Barros, parti-ciparon en Ferrol na xornada de presentación da convocatoria 2016 das Axudas á Reindustriali-zación e a Competitividade. O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo, foi o encar-gado de clausurar a sesión. Vic-tor Audera expuxo os detalles da convocatoria que este ano agluti-na tanto apoios á reindustrializa-ción como á competitividade. Polo demáis, as bases repiten o establecido para o ano 2015 tanto na súa convocatoria xeral, como no que afecta concreta-mente ás comarcas de Ferrolte-rra, Eume e Ortegal. Nesta oca-sión, ofrécese ás empresas, a posibilidade de acceder a un tipo de interés máis baixo, incremen-tando as garantías, na fase de resolución provisional. Recoñeceu o director de Indus-tria e da PEME, que recibira por parte da Xunta, as propostas de modificación das bases da con-vocatoria para a súa flexibiliza-ción, pero alegou que as circuns-tancias políticas actuais fixeron imposible telas en conta para calquera posible variación. Res-pecto da necesidade de refinan-ciación de proxectos financiados en 2010 con cargo ao Plan Fe-rrol e que agora se atopan con problemas para facer fronte aos pagos, plantexou a opción de recurrir a Enisa para unha refi-

2

Propostas para a modificación do Plan Ferrol

O pasado 29 de setembro, o presidente de COFER, Cristóbal Dobarro, xunto con outros membros do Comité Executivo presentaron á directora da oficina do Plan Ferrol, Natalia Barros, unha batería de propostas para unha adaptación máis realista do Plan Ferrol ás características socioeconó-micas do noso territorio. Entre ditas propostas atopábase a ampliación da convocatoria a novos sectores, como servizos e suministros do ámbito industrial; préstamos re-embolsables a xuro 0; ampliación dos prazos de amortización; pospoñer a exixencia de garantías ata a concesión da financiación; permitir a financia-ción de parte do circulante, etc.

Acto presentación da convocatoria do Plan Ferrol para 2016

Page 3: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

Marzo 2016

Cofer e Fundación Mapfre colaboran na pro-moción da inserción laboral de discapacitados

máis vulnerables, apoiando o seu desenvolvemento profesional, a súa educación e o seu acceso ao emprego. Os excelentes resultados do pro-grama Juntos Somos Capaces convirten a Fundación MAPFRE nun dos principais dinamizadores da inserción socio-laboral das per-soas con discapacidade intelectual e enfermidade mental en España. Desde hai seis anos, o programa fixo posible que máis de 3.000 empresas colaboren actualmente co programa, facilitando a forma-

ción a 1.700 persoas e a inserción l a b o r a l d o u t r a s 2 . 0 0 0 . No acto participaron José M. Rilo-González Vallés, en representación de COFER, D. Manuel Francisco Piñeiro Fernández, director de Ofi-cina MAPFRE Ferrol e Marta Álva-rez Fernández, responsable da área de formación e emprego de Teima Down Ferrol. Interviron ade-mais, Ana García Agra, directora de RR.HH de Pull & Bear Narón e D. Antonio Blanco Souto, mozo de Almacén de Logística da firma in-corporado a través do programa.

Fundación Mapfre celebrou un encontro na sede da Confedera-ción de Empresarios de Ferrolte-rra, Eume e Ortegal, para convi-dar ás empresas a que partici-pen no programa “Juntos Somos Capaces” promovendo a forma-ción ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapa-cidade intelectual e enfermidade mental. Empresas que desenvolven a súa actividade en Ferrol asistiron o pasado día 10 de marzo na sede da nosa confederación a esta sesión que tiña por obxecti-vo presentar o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo a Fundación Mapfre desde 2010 co fin de promover a for-mación ocupacional e a inser-ción laboral de persoas con dis-capacidade intelectual e enfermi-dade mental. Durante a sesión, na que, xunto con COFER, cola-boraron a Federación DOWN GALICIA e DOWN FERROL "TEIMA", convidouse ás empre-sas, entre elas Pull & Bear Narón, a que participaran en dito programa facilitando a estas persoas en risco de exclusión social e en situación de desem-prego de longa duración prácti-cas laborais coas que obteñan máis oportunidades profesionais no futuro. As empresas que se sumen a este programa recibirán o apoio e o seguimento necesario por parte de profesionais especiali-zados de entidades como DOWN FERROL “TEIMA”. COFER segue demostrando así o seu compromiso coas persoas

3

Page 4: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

4

Control dimensional 3D para construción naval

Marzo 2016

No marco do convenio Shipbuil-ding 4.0, impulsado e financiado pola Axencia Galega de Innova-ción (GAIN) e o IGAPE, no que participan o Centro Tecnolóxico AIMEN e a Asociación Clúster do Naval Galego (ACLUNAGA), cele-brarase en Ferrol a xornada “Tecnoloxías de Control Dimen-sional 3D aplicadas ao sector da Construción Naval”. O públi-co ao que vai dirixida son xeren-tes, directores de departamentos técnicos e de produción, enxeñei-ros e técnicos de estaleiros e em-presas auxiliares do sector naval de Galicia, así como profesionais doutros sectores industriais gale-gos. O seminario terá lugar o vin-deiro 5 de abril no CIS Galicia (A Cabana, s/n). O obxectivo deste ciclo de semi-narios é potenciar o coñecemento das empresas do sector sobre as tecnoloxías emerxentes ou sobre

tecnoloxías xa implantadas noutros sectores . Para asistir á xornada, de entrada libre, é preciso realizar inscrición a través das seguintes vías: CIS Galicia teléfono 981337111 (Lui Canda-les) ou [email protected]

Convenio de colaboración CEC-Sabadell Gallego A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) e Banco Saba-dell, S.A. baixo a marca Saba-dellgallego, asinaron en marzo un convenio de colaboración, que permite, dentro do ámbito nacional, poñer a disposición das empresas e comercios membros da CEC, a través da súa rede de oficinas e en condi-cións preferentes, a gama de produtos e servizos financeiros, para costear tanto os gastos ordinarios como as inversións, segundo as súas necesidades. Tamén porá a disposición dos membros da CEC as liñas de financiación subvencionada que saian a tal efecto ao mercado

emitidas a escala estatal (ICO,…), como as que podan emitir organis-mos con ámbito de actuación auto-nómico (IGAPE,BEI, etc), así como as liñas con sociedades de Garan tía Recíproca (AFIGAL; SOGAR-PO; sempre que haxa disponibili-dade de fondos nas liñas que se ofrezan naquel momento e que sexa posible a súa aportación de garantía, se así o aproban as par-tes que interveñan na operación. Do mesmo xeito, o banco porá a disposición dos membros da CEC xestores especializados en plata-formas de pagos eCommerce para facitarlles solucións diferenciadas e seguras, e un amplo conxunto de

servizos no ámbito das ventas por internet. No apartado internacional as em-presas integradas na CEC poderán ter acceso a liñas de crédito en condicións vantaxosas que apoien a súa actividade exportadora así como beneficiarse da rede exterior do banco prestando especial aten-ción ás empresas que accedan aos mercados onde o banco teña presencia, ás que lles ofrece una cobertura especial. Poderánse establecer relacións

internacionais aproveitando os acordos que o banco ten suscritos no estranxeiro, dispoñendo ade-mais, de acordos con máis de 5000 correspodentes.

Barco reparando nos estaleiros da ría

Page 5: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

5

Marzo 2016

A Directora Xeral de Familia, In-fancia e Dinamización Demográfi-ca, Amparo González, trasladara-se o vindeiro día 13 de abril ata Ferrol para reunirse con represen-tantes da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra e visitar algún dos centros asociados. A comezos do mes de marzo, a presidenta de Afesin, Amaya Fel-peto, reuniuse en Santiago con Amparo González para trasladar-lle as principais preocupacións que afectan aos centros asocia-dos á entidade. Daquel encontro xurdíu o compromiso por parte da Directora Xeral de achegarse a Ferrol para reunirse coa directiva da AFESIN e visitar unha das escolas. Do mesmo xeito, Amparo Gonzá-lez trasladou á Amaya Felpeto a intención da Xunta de Galicia de incrementar o apoio ás escolas

infantís subvencionadas pola administración autonómica. González Méndez comprometeuse ademais a dar máis visibilidade a estes cen-tros. Segundo explicou a responsable de Familia e Infancia, en 2016 incrementouse nun dous por cento a partida presupostaria da Xunta para o mantemento das escolas.

AEF programa unha xornada sobre técnicas e axudas á rehabilitación enerxética de edificios A Asociación de Empresarios Fe-rrolterra organiza para o vindiero 5 de abril unha xornada sobre a rehabilitación enerxética de edifi-cios e liñas de subvención a esta actividade. A sesión está dirixida especial-mente a profesionais do sector da construción, empresarios e técni-cos vinculados con actividades de edificación, se ben está aberta a todos aqueles interesados na ma-teria. Ao longo da charla, introdu-cirase aos asistentes na elección máis idónea dos materiais adecua

dos, solucións que minimizan o consumo enerxético e aportan un baixo impacto ambiental ou as diferentes liñas de axudas existen-tes actualmente. A sesión será impartida por Car-m e n I g l e s i a s M a r t í n e z (Especialista en eficiencia enerxéti-ca e gestión de subvencións en DEKRA AMBIO). As prazas son limitadas e cubriranse por riguroso orde de inscrición, chamando ao teléfono 981 33 33 05, ou por mail , na dirección: [email protected].

As Escolas Infantís de Afesín, en Ferrol, reciben este mes a visita da Directora Xeral de Infancia

Charla-Coloquio na CEC Noutra orde de cousas, o vindei-ro día 14 de abril, a CEC firmará un convenio de colaboración co Grupo Incorpora Galicia de La Caixa no transcurso dun almorzo-coloquio que terá lugar ás 09:30 horas na sede de IGAXE3, rúa Novoa Santos 6-8, 1º (A Coru-ña). O obxectivo principal deste acordo é favorecer unha maior incorporación das persoas con risco de exclusión ao mundo laboral e promover a RSE das empresas asociadas á CEC.

Page 6: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

6

Lexislación

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda dos premios e axudas aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolve-mento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. BOE Nº60 de 30 de marzo CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se dá publicida-de ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego durante os anos 2015 e 2016 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2015). BOE Nº 60 de 30 de marzo CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dá publicidade ás axudas conce-didas ao abeiro da Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a pro-moción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 157, do 19 de agosto). BOE Nº58 de 28 de marzo CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dá publicidade das axudas concedi-

das ao abeiro da Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promo-

ción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-

2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 157, do 19 de agosto).

DOG Nº50 de 14 de marzo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

CORRECCIÓN de erros. Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudi-

cación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2016/17.

DOG Nº 44 de 4 de marzo AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016 pola que se invitan as grandes empresas para que manifesten o seu interese de

acceder a unha liña de axudas para realizar en Galicia grandes proxectos de desenvolvemento experimental dentro da

iniciativa de industria 4.0-captación de investimentos no período 2016-2020. DOG Nº43 de 3 de marzo

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

EXTRACTO da Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime

de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empre-

sariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento

IN541A). DOG Nº43 de 3 de marzo CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 15 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorren-

cia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da

Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN541A).

DOG Nº43 de 3 de marzo

Resolución de 15 de marzo de 2016, de la Dirección General de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se establece el procedimiento para efectuar a través de internet el embargo de dinero en cuentas a plazo e imposiciones a plazo fijo en entidades de crédito. BOE Nº 70 de 22 de marzo Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas e Impuesto sobre el Patrimonio Orden HAP/365/2016, de 17 de marzo, por la que se aprueban los modelos de declaración del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y del Impuesto sobre el Patrimonio, ejercicio 2015, se determinan el lugar, forma y plazos de presen-tación de los mismos, se establecen los procedimientos de obtención, modificación, confirmación y presentación del borra-dor de declaración del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, se determinan las condiciones generales y el procedimiento para la presentación de ambos por medios telemáticos o telefónicos y se modifica otra normativa tributaria. BOE Nº70 de 22 de marzo Convenios colectivos de trabajo Resolución de 24 de febrero de 2016, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica el Convenio colectivo estatal del sector laboral de restauración colectiva. BOE Nº70 de 22 de marzo

Marzo 2016

Page 7: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

Marzo 2016

Axenda GALICIA

IFEMA. Feria de Madrid

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

SALÓN DE GOURMETS. Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade Do 4 ao 7 de abril FUTURIZZ. Madrid Capital Dixital 2016 20 a 21 de abril EXPOFRANQUICIA. Salón Internacional da Franquicia 21 ao 23 de abril EXPO ECO SALUD. Salón da saúde e a calidade de vida 22 ao 24 de abril

B-TRAVEL. Salón do Turismo Do 15 ao 17 de abril RT IMAGING SUMMIT & EXPO EUROPE. Feira de consumibles de equipos de impre-sión profesional. 21 e 22 de Abril ALIMENTARIA Do 25 ao 28 de abril BARCELONA BRIDAL FASHION WEEK Do 26 de abril ao 1 de maio

EXPOOURENSE

PREVISEL .– XI Salón da Prevención e a Seguridade Laboral 13 e 14 de abril

PAZO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE LUGO

EXPOVERBENA 8 e 9 de abril

7

EXPOCORUÑA

CAR OUTLET 29 de abril ao 1 de maio

Page 8: Marzo 2016 · JUNTOS SOMOS CAPACES Fundación Mapfre presentou na sede da nosa Confederación o seu programa Juntos somos Capaces de inserción laboral de discapaci-tados intelectuais

Integran Cofer:

8

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Marzo 2016

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña