Manuel maría ilustracións bases

5
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CEIP PONTE DOS Manuel María Fernández Teixeiro, o noso poeta da Terra Cha, morreu o 8 de setembro de 2004 na cidade da Coruña. No 2014, cúmprense 10 anos do seu pasamento e por este motivo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixo facerlle unha pequena homenaxe propoñéndovos a ilustración dalgúns dos seus poemas coa actividade Ilustramos poemas de Manuel María. Queremos darvos as grazas a todas e todos os que ides participar nesta homenaxe. Manuel María tiña dous amores Saleta e Galicia, gustaríanos que o compromiso e a defensa de Manuel María co país e a lingua o fixerades voso. El loitou toda a súa vida para que a cultura do noso país non quedara no esquecemento non fagamos nós que a súa loita morra con el. Sei dun país... Sei dun país que existe e non existe: é unha patria terreal e humana que envellece comigo día a día. Teño na lembranza o seu recendo a terra húmida, rosas e loureiro. Habito as súas cidades exemplares feitas de amor, dor e pedra gra con árbores e rúas silandeiras que van desembocar a prazas íntimas de nomes de estrela ou andoriña. Nos meus ollos levo as súas paisaxes, a máxica xeometría das súas casas, o seu ceo limpo, azul‐ grisento, sucado de leves nubes

Transcript of Manuel maría ilustracións bases

Page 1: Manuel maría   ilustracións bases

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGACEIP PONTE DOS BROZOS

CURSO 2013 – 2014

Manuel María Fernández Teixeiro, o noso poeta da Terra Cha, morreu o 8

de setembro de 2004 na cidade da Coruña. No 2014, cúmprense 10 anos do seu pasamento e por este motivo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixo facerlle unha pequena homenaxe propoñéndovos a ilustración dalgúns dos seus poemas coa actividade Ilustramos poemas de Manuel María.

Queremos darvos as grazas a todas e todos os que ides participar nesta homenaxe. Manuel María tiña dous amores Saleta e Galicia, gustaríanos que o compromiso e a defensa de Manuel María co país e a lingua o fixerades voso. El loitou toda a súa vida para que a cultura do noso país nonquedara no esquecemento non fagamos nós que a súa loita morra con el.

Sei dun país...

Sei dun país que existe e non existe:é unha patria terreal e humanaque envellece comigo día a día. Teño na lembranza o seu recendo a terra húmida, rosas e loureiro.Habito as súas cidades exemplaresfeitas de amor, dor e pedra gra con árbores e rúas silandeirasque van desembocar a prazas íntimasde nomes de estrela ou andoriña.Nos meus ollos levo as súas paisaxes, a máxica xeometría das súas casas,o seu ceo limpo, azul‐grisento,sucado de leves nubes camiñantes, de brétemas vagas como anceiose luceiros que queiman como brasas.

Nos meus ouvidos gardo o son sutil do vento cantando nos carballos,o musical murmurio dos seus ríos,o berro escuro e forte dos seus mares e os versos que din as arboredas.Esta patria existe. Eu vivo nela.Non ten odios, rancores nin envexas. Nunca souben, nin sei, o nome seu. Mais cando desexo nomear a este país os meus beizos énchense de luze, dende o fondo do ser, digo: SALETA.

O camiño é unha nostalxia (1985)

Page 2: Manuel maría   ilustracións bases

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGACEIP PONTE DOS BROZOS

CURSO 2013 – 2014

A continuación tedes unhas pautas para a realización da

actividade:

Ilustración DOS Poemas

O traballo de ilustración dos poemas de Manuel María levarase a cabo no 2º

trimestre, dende o luns 20 de xaneiro até o luns 31 de marzo. Despois destas datas non se actualizaran os poemas nin se recolleran ilustracións.

Queremos ter listo o libro para a semana das Letras Galegas, por iso vos pedimos que vos axustedes ás datas de entrega.

As ilustracións e o poema deben ir en folio diferente.

O folio para a ilustración en orientación vertical, preferiblemente,

Se cada nena/o fai o seu debuxo, facede unha selección previa e mandar só como moito entre 6 e 8 por aula. A selección última a fará o EDLG.

Se alguén decide facer unha ilustración por cada estrofa do seu poema, tede en conta a lonxitude do poema e que ao mellor si é moi curto non é posíbel poñer varios debuxos na mesma páxina.

Detrás da ilustración escribide o nome do poema e da obra á que pertence e o nome do neno/a ou da aula que fixo a ilustración.

Se facedes o favor, mandádeme por correo a letra do poema, o nome e a obra á que pertence, facilitariádesme moito o traballo.

Os debuxos dáme igual como mos mandedes, o que queira en papel e ao que lle apeteza xa escanados.

No mes de marzo contaremos cunha Exposición sobre Manuel María que nos vai prestar a Fundación Manuel María. A exposición estará no pavillón do 3º ciclo, no espazo que hai preto das aulas de 5º de E. Primaria.

Page 3: Manuel maría   ilustracións bases

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGACEIP PONTE DOS BROZOS

CURSO 2013 – 2014

Tedes a vosa disposición unha pequena biografía sobre Manuel María

elaborada

polo EDLG.

Se algún de vós realiza algún traballo ou mural sobre o autor gustaríanos que nolo fixerades chegar ou que nos mandedes fotos.

Moitas grazas polo voso traballo.

O EDLG