Manuel Curros Enríquez

13
MANUEL CURROS ENRÍQUE Z

Transcript of Manuel Curros Enríquez

Page 1: Manuel Curros Enríquez

MANUEL

CURROS ENRÍQU

EZ

Page 2: Manuel Curros Enríquez

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.

Page 3: Manuel Curros Enríquez

POETA CÍVICO

Considera que a poesía debe estar ao servizo da sociedade, comprometida cos máis desfavorecidos.

Autor de dous libros: Aires da miña terra, publicado en 1880, e O Divino Sainete, publicado en 1888.

O seu primeiro poema, «Cántiga» foi escrito con tan só 18 anos.

En 1877 gaña o certame poético convocado en Ourense con «A virxe do cristal», «Unha voda en Einibó» e «O gaiteiro de Penalta»

Page 4: Manuel Curros Enríquez

ANTICLERICALISMO

Os ataques públicos e o procesamento por mor dos poemas de ton anticlerical que figuran en Aires da miña terra fixeron que a sona de Curros se espallase por toda Galiza e que a obra tivese moi boa acollida (a primeira edición esgotouse en apenas quince días), de xeito que o celanovés acabou por ser o poeta galego do século XIX máis coñecido popularmente, mesmo por riba da sona de Rosalía.

Page 5: Manuel Curros Enríquez

BASES DA SÚA POESÍAA súa poesía estivo marcada polo combate e o compromiso cos ideais de progreso, democracia, liberdade, república e galeguismo, contra a inxustiza e a opresión. Está asentada en tres bases: 1.- Progresismo: Curros é un poeta social que defende

con firmeza as liberdades e os dereitos individuais, que canta os elementos do progreso e ataca a intolerancia, a censura, o fanatismo relixioso, a tiranía, a pena de morte e os abusos dos poderosos.

2.- Compromiso social: Curros cre que ten como misión ética denunciar a inxustiza, poñerse ao lado dos que sofren, dos maltratados, dos perseguidos, ser a voz dos que non teñen voz. Ataca así o caciquismo, a opresión, a explotación dos campesiños, os privilexios dos máis ricos, etc.

3.- Anticlericalismo: Ataca sen desmaio a Igrexa católica, o Papa, os xesuítas, os frades e os clérigos de ideoloxía carlista, por consideralos imaxe da intolerancia, represores da liberdade de pensar e facer ciencia, fariseos, etc.

Page 6: Manuel Curros Enríquez

ESTRUTURA DE AIRES DA MIÑA TERRA

O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".

Page 7: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA

Aínda que cre na poesía social e a maior parte dos poemas pertencen a esta temática, hai ademais outras temáticas:

. Temática costumista: os tres poemas cos que gañou o certame están incluídos neste libro.. Temática intimista: poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.

Page 8: Manuel Curros Enríquez

TEMÁTICA a) Cívica: Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de

xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.

Presenta as seguintes características xerais:– Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes.– Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa).– Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral.– Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...

Page 9: Manuel Curros Enríquez

TEMÁTICA b) Poesía costumista

— Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar.— Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas).— Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.

Page 10: Manuel Curros Enríquez

TEMÁTICA c) Poesía intimista

Poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.

• “Ben chegado”• “¡Ai!”• “Na morte da miña nai”• “A Rosalía”• “Tempro deserto”• “Sola”

Page 11: Manuel Curros Enríquez

O DIVINO SAINETE Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un

percorrido crítico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais:

PREGUIZA – ENVEXA – GULA – IRA – LUXURIA – AVARICIA – SOBERBIA

Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.

Page 12: Manuel Curros Enríquez

O DIVINO SAINETE É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros

critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.

Tres obxectivos básicos:. Facer unha crítica ás institucións de goberno e aos sectores reaccionarios da sociedade en xeral e á Igrexa católica en particular.. Expresar unha defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e reivindicar a existencia da Literatura Galega.. Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.

Page 13: Manuel Curros Enríquez

LINGUA E ESTILO Curros baseou o seu galego literario na fala

popular, resultando en liñas xerais máis enxebre, depurado de castelanismos e rico que o de Rosalía, aínda que menos elaborado e culturizante que o de Pondal.

A súa poesía ten unha intención claramente didáctica e moralizante e a súa linguaxe procura ante todo sinxeleza, autenticidade e eficacia comunicativa.

Válese con frecuencia de recursos como a anáfora e o paralelismo.