MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE ......violencia machista dispoñemos de dúas...
Transcript of MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE ......violencia machista dispoñemos de dúas...
-
1
MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE XÉNERO DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS PARA A EXCELENCIA UNIVERSITARIA
(RUIGEU)
25 DE NOVEMBRO DE 2019
As universidades integrantes da RUIGEU unímonos arredor do 25 de novembro, Día
Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, para denunciar a persistencia
e as novas formas de violencia machista e esixir que a erradicación da violencia de xénero pase
a ser prioritaria nas axendas políticas, económicas e sociais.
Desde as universidades asistimos con perplexidade a que, desde certas posicións políticas e
sociais, se negue ou se xustifique a violencia machista, a pesar de todas as evidencias
empíricas que unha e outra vez as desmenten. Ademais, interpelamos os homes para que
digan «Basta», rompendo o silencio cómplice coa crueldade dos que son maltratadores e coa
violencia cara ás súas vítimas.
Os datos dos feminicidios na nosa sociedade, o asasinato dos fillos e fillas das vítimas como
forma de «violencia vicaria», as custodias parentais aos maltratadores, as agresións sexuais, a
desprotección xurídica das mulleres denunciantes, o tráfico de mulleres e de nenas con fins de
explotación sexual, o acoso sexual, a mercantilización do corpo das mulleres, a súa
cousificación, o auxe da pornografía como referente de relación sexual para moitos e moitas
adolescentes sen alternativa educacional adecuada, a misoxinia reaccionaria de determinados
sectores da nosa sociedade, os modelos de masculinidades «tóxicas» e o sexismo
socioambiental, son realidades alarmantes e preocupantes. Fronte ás diversas expresións da
violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están
a marcar o camiño que cómpre seguir: o Convenio de Istambul (ratificado polo Estado español
en 2014) e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Real decreto lei 9/2018, do 3 de
agosto, de medidas urxentes para o seu desenvolvemento).
Neste momento político e histórico en que o clamor social arredor de «Irmá, eu si te creo»,
#Niunhamenos ou #MeToo, as universidades, como xeradoras e transmisoras de coñecemento
crítico, pero tamén de valores, debemos (e podemos) converternos nun referente de
igualdade para toda a sociedade. Facer visible os resultados das investigacións dos centros de
estudos de xénero e feministas, o labor das unidades de igualdade, da Rede de Unidades de
Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria, do grupo de traballo de políticas de
xénero dentro da Comisión Sectorial Crue-Sostenibilidade ou da recente figura da delegada da
-
2
presidencia de Crue-Universidades Españolas para Políticas de Igualdade, son accións
fundamentais para que a sociedade no seu conxunto comprenda o poder do coñecemento
para transformar a realidade.
A necesidade dunha integración estrutural e permanente da perspectiva de xénero na
educación superior, a investigación e a transferencia de coñecemento manifestouse
repetidamente ao longo deste ano para modificar os elementos patriarcais aínda existentes en
certos ámbitos da nosa sociedade como a xustiza, a comunicación e a publicidade, a sociedade
dixital, as industrias culturais e, por suposto, o propio ámbito académico e científico.
Todas as comunidades autónomas deberían aproveitar o coñecemento e o potencial
transformador das universidades para desenvolver de maneira eficaz as medidas propostas no
Pacto de Estado contra a violencia de xénero, por medio da execución de accións de
investigación, formación e sensibilización.
A universidade está chamada a ser un referente de igualdade para toda a sociedade e a
proporcionar novas formas de coñecemento desde unha epistemoloxía que dea lugar a
teorías, políticas, pautas culturais e metodoloxías capaces de contribuír á erradicación da
violencia contra as mulleres para avanzar así na utopía dunha sociedade máis xusta para todas
e todos.
E como referente de igualdade, a universidade debe constituírse en exemplo de loita contra a
violencia machista que se poida dar no seu seo, garantindo –ademais– a protección e a
reparación do dano ás eventuais vítimas.
Sen igualdade entre homes e mulleres non hai democracia; sen erradicación da violencia
contra as mulleres, non hai xustiza.
As universidades abaixo asinantes forman parte da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria.
-
3
-
4
-
5
-
6