Maios 2012

4
COPLAS DOS MAIOS 2012 CEIP PADRE FEIJÓO 5º B Xa chegan os maios floridos e fermosos con el saen das covas uns grandes osos. Chegou a primavera e con ela a alegría chegou a gran era que sempre querías. As estacións son diferentes: no inverno nevou no outono caeron as follas e na primavera todo cambiou. No noso colexio temos grandes Mestres queremos que o saibades pois eles o merecen. Con este tuenti que nos ten tan viciados á hora das notas tennos arruinados. As mozas da nosa clase fanlle aos mestres a pelota pois elas só queren que lles suban a nota.

Transcript of Maios 2012

Page 1: Maios 2012

COPLAS DOS MAIOS 2012

CEIP PADRE FEIJÓO 5º B

Xa chegan os maiosfloridos e fermosos con el saen das covas uns grandes osos.

Chegou a primaverae con ela a alegríachegou a gran eraque sempre querías.

As estacións son diferentes:no inverno nevouno outono caeron as follase na primavera todo cambiou.

No noso colexiotemos grandes Mestresqueremos que o saibadespois eles o merecen.

Con este tuenti que nos ten tan viciadosá hora das notastennos arruinados.

As mozas da nosa clasefanlle aos mestres a pelotapois elas só queren que lles suban a nota.

No colexio de Allarizos profesores négansepor culpa dos recortes a facer actividades.

Vai rematar o curso

Page 2: Maios 2012

e non temos excursiónspor culpa dos que mandane así quítannos a ilusión.

O novo ano xa nos chegoue esta crise aínda non marchou.

A crise que soportamosé culpa dos bancosdende hai catro anose por iso así andamos.

O noso diñeiro vaise voandotanto que as nosas carteirasestanse secando.

Con este gobernohai moitos recortespero os cidadánstemos que ser fortes.

A Xunta de Galiciaestá por recortare nós os nenos queremos protestar.

As medicinastodos necesitamospero se non pagamossen elas nos quedamos

Os arxentinos son uns ladróns

Page 3: Maios 2012

roubáronnos YPF sen ter pizca de razón.

Na clase temos vermesmedran cada díaagora que son vellosdoullos á miña tía.

Os vermes da sedason as nosas mascotasnon saben máis que comerpero non queren beber.

O Barça e o Madridsen Champions se quedaronporque o Chelsea e o Bayern xa lla quitaron.

O Madrid e o Barçanon pasaron á finale con moita dorquedaron na semifinal.

O señor Guadiolaquere dimitirpero non se sabese llo van a permitir.

Os maios do 2012xa rematarone a todos os rapacesmoito nos gustaron.

Esta é a última estrofaata o ano que vénfixémolas con esmeroe pasámolo moi ben. OS ALUMNOS DE 5º B