maios 2013

10

description

Actividad do CEIP Quintela con motivo da festa dos maios.

Transcript of maios 2013

Page 1: maios 2013
Page 2: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

O alumnado de 2º e 3º ciclo construiron un maio

Arredor do maio tod@s @s alumn@s

cantaron as coplas que compuxeron.

Page 3: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

ESTROFAS DOS MAIOS “OS DE INFANTIL”

OS PEQUENOS DE QUINTELA

XA ESTÁN FARTOS DE ESTUDAR

O QUE QUEREN NO COLEXIO

É POÑERSE A XOGAR.

NO COLEXIO DE QUINTELA

HOUBO PLANETAS, MORCEGOS

AGORA TEMOS PIRATAS

IMOS PASALO DE MEDO.

OS NENOS DE 5 ANOS

REMATAMOS INFANTIL

POR FIN XA NOS

GRADUAMOS

E QUITAMOS O MANDIL.

Page 4: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

Estrofas dos maios

“Os de Primeiro”

Os rapaces de primeiro arrincamos na etapa con moito rebulideiro non entendiamos nin papa. Este ano os de primeiro xa non podemos xogar os nosos profes son moi serios nos obrigan a estudar. No recreo de Quintela non xogamos ó balón temos un día asinado e fastidia un montón. No noso vindeiro maio nenas e nenos seremos e cun pouco máis de caio moitas estrofas faremos.

Page 5: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

Estrofas dos maios

“Os de Segundo”

Neste maio do colexio

vimos agora a contar

as saídas deste curso

de principio ao final.

Naturnova e o MARCO,

un teatro en inglés,

a presentación dun disco,

en maio os “titerés”.

En 2º neste curso

fixemos catro caretas

pra mostralas no entroido

e ir pasear con elas.

Infantil, noso planeta,

gotas, buzos e surfistas,

patos, piratas, mariños,

a auga foi protagonista.

Só queda a despedida

volveremos outro ano,

esperemos que en 3º

tamén cantemos o maio.

Page 6: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

Estrofas dos maios

“Os de terceiro”

Xa chegou o maio ao cole

imos todos coñecer

como se fai o maíño

en Quintela, entérate!

Imos a facer un maio

que nin se mira de pequeño

debe ser que está de moda

polos recortes que temos.

Bea, Chus, Blasi e as Rosas

son as mestras preferidas

o aburrido non ensinan

só as cousas divertidas

O verán xa está moi preto

e tamén as vacacións

E non temos ningún medo

en suspender a avaliación.

Os rapaces de Quintela

damos ben a nota media

superamos aos demáis

entrando as nove e media.

Imos cantar unha copla

arredor deste maio

bailaremos todos xuntos

aínda que nos caía un raio.

Os rapaces de terceiro

imos todos de excursión

coa nosa profe Bea

que a queremos un montón.

Page 7: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

Estrofas dos maios “Os de Cuarto”

Os nenos de cuarto curso

unhas coplas inventamos,

escoitade moi atentos

que axiña volas cantamos.

Os rapaces de Quintela

traballamos un montón

sobre a auga do planeta

con moitísima ilusión.

Este entroidiño pasado

fomos de mariñeiriños

polo carreiriño abaixo

en parellas collidiños.

En Galicia hai moitos faros

que serven “pra” iluminar

por iso os nenos de cuarto

os tivemos que estudar.

Os nenos do noso cole

traballamos sen parar,

e por iso os profesores

moi contentos han de estar.

Page 8: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

Estrofas dos maios “Os de Quinto”

Xa chegamos os de quinto

con lerias e diversión

escoitade o que dicimos,

vai a nosa actuación.

Esta é a segunda vez

que os maios celebramos

en Quintela, todos xuntos,

festexando e cantando.

Este curso xa remata

e a sexto pasaremos

pero antes no colexio

esta copla cantaremos.

Neste cole hai moitos mestres

que nos queren ensinar

pero moi pouco recreo

temos nós para xogar.

Este curso en Quintela,

quitáronnos o balón,

porque os de terceiro e cuarto

protestaron un montón.

Os rapaces deste cole

xa non saben que facer,

quitáronlles o balompé

e agora xogan ao brilé.

Este ano a Cruz vermella

ensinounos convivencia

nos cursos de quinto e sexto

que teñen moita violencia.

Este ano en Quintela

xa non saben que escoitar

porque agora o que bailan

é o opp Gangnan Style.

Estes mestres de Quintela

non nos deixan descansar

porque só nos falta un ano

e temos moito que estudar.

Este ano andivemos

cos mapas ás envoltas

pois tivemos que estudar

para sacar boas notas.

Neste cole de Quintela

que acaba de ser pintado

de cores e máis cores

e de estrelas decorando.

Rematamos os de quinto

esta nosa actuación

quedan todos invitados

para a próxima función.

Page 9: maios 2013

A festa dos maios Curso 2012-2013

Estrofas dos maios

“Os de Sexto”

Neste cole xa sabemos

que os maios son chegados

e por iso todos xuntos

corremos a celebralo.

Para os nenos de sexto

o colexio xa remata

pero a todos nos quedou

bo recordo desta etapa.

Xa chegou o mes de maio

e marchou a fría chuvia

nós no cole de Quintela

imos a ver quen estudia.

Aprendemos sobre a auga

fixemos experimentos

uns fermosos circuítos

e tamén moitos inventos.

Con isto de tanta crise

onde imos a chegar

que no cole de Quintela

ata entraron a roubar.

Adeus cole e adeus profes

adeus patio de xogar

adeus clases e recreos

non vos imos olvida.

Page 10: maios 2013