luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI...

16
Alumnado, PDI e PAS Menú club de lectura e encontros literarios Reserva a túa sala de traballo exposicións, presentacións... -14-

Transcript of luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI...

Page 1: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

FORMACIÓNS E BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

Alumnado, PDI e PASMenú

NÉBEDA 

club de lectura e encontros literarios

ESPAZOS DABIBLIOTECA

Reserva a túa sala de traballo

ACTIVIDADES CULTURAIS

exposicións, presentacións...

-14-

Page 2: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

CONTIDOSFORMACIÓNS DA BIBLIOTECA

px. 3

px. 9

Oferta de ALFIN e formacións para a

comunidade universitaria.

ESPAZOS DA BIBLIOTECA

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

px. 10

Salas de traballo en grupo, individual, espazos para actividades culturais. Reserva o teu.

ACTIVIDADES CULTURAIS

px. 12

CLUB DE LECTURA

px. 14

Encontros literarios con escritoras e escritores actuais na nosa lingua.

Exposicións, concursos, mostras

bibliográficas...

NO TINTEIRO | PÁXINA 2

Page 3: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

ALFINF O R M A C I Ó N S D A B I B L I O T E C A

      Non podes pasar pola Facultade sen probar as especialidades da Biblioteca. Somos expertas chefs da información, preparamos os nosos pratos con ingredientes saudables e levamos máis de 20 anos de experiencia. Adaptámonos ao teu tempo e ás túas necesidades. Podes tomar un café ou un té con nós e en 15 minutos saberás utilizar unha nova ferramenta, ou ben encher o bandullo con algo máis consistente. Ben saborosos, e non engordan. Algúns pódelos levar para casa e degustalos pouco a pouco no momento que o precises, outros son para compartir cun grupo de colegas na aula ou na Biblioteca.  Reserva xa o teu menú e a túa mesa. Deixámosche aquí o menú completo. Se tes algunha dúbida ou prefires algún prato especial, temos para tódalas dietas.

NO TINTEIRO | PAXINA3

Page 4: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

FORMACIÓNS

MENÚS 2017/ 2018 

NO TINTEIRO | PAXINA 5NO TINTEIRO | PAXINA 4

Page 5: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓNDA INFORMACIÓN ACADÉMICA:  ALUMNADO DE GRAO

2017/ 2018 

     A  Biblioteca no seu Plan de formación en Competencias Informacionais inclúe formación progresiva para alumnado de Grao, que se impartirá en 1º e 2º ou 3º curso. Está focalizada á adquisición das competencias informacionais, incluídas no Decálogo CI2 da Comisión mixta CRUE-TIC (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas)  e REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias) no Manual para la formación en competencias informáticas e informacionais CI e competencias dixitais básicas (coñecemento e utilización de TIC), en consonancia co DIGCOMP: Marco para el desarrollo y comprensión de la competencia digital en Europa, tomando como modelo o borrador Marco de competencia digital para estudiantes de grado: Adaptación de DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o  documento  Marco Común de Competencia Digital Docente V 2.0 á formación de alumnado de grao.      

O B X E C T I V O S 1. Identificar a natureza e nivel de necesidade de información 2. Acceder á información dun xeito eficaz 4. Achegarse á procura,  xestión e avaliación da información para a realización dun traballo académico. 5. Contribuír a xerar un espírito crítico na selección da información. 6. Facer uso ético da información e evitar o plaxio

      Contará con apoio para todos os contidos na plataforma Moodle, con temas, video-titoriais, cuestionarios de autoavaliación, etc…

NO TINTEIRO | PAXINA 5

Page 6: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

      As formacións do primeiro nivel intégranse na aula polo que precisamos a colaboración docente para cesión de horas (1,30 h). Este ano agradecemos a implicación na formación de alumnado de 1º deeducación social a Araceli Serantes e de Educación infantil e primaria a Loli Cotelo. Se alguén de logopedia pode ceder 1,30 h para que o alumnado comece a súa formación en competencias informacionais, que nolo comunique, deste xeito conseguiríamos ese nivel inicial en todos os primeiros. As formacións para o nivel intermedio serán no vindeiro curso académico, para todo o alumnado que xa estea formado no nivel inicial, pero se alguén de 2º ou 3º precisa xa formación en aula para o seu alumnado a pode solicitar.

NO TINTEIRO | PAXINA 6

      O nivel 3, superior, acadarase ao realizar o curso específico para TFG e TFM. A parte presencial das formacións do nivel 3 pode realizarse integrada en aula ou ben fóra das horas lectivas. No caso do alumnado de TFG conta coa colaboración do vicedecano coordinador do TFG e realízase na aula multimedia do centro. As formacións para TFM fanse en colaboración co profesorado coordinador de cada mestrado e son en horas docentes. As horas presenciais son 3 para TFG e 4 para TFM. Nelas apréndese ao alumnado a facer procuras complexas nas bases de datos científicas e noutras fontes de información, utilizar tesauros, evitar o plaxio e utilizar xestores bibliográficos para crear citas e referencias segundo o estilo da APA. Ofrecemos un asesoramento persoal durante e despois do curso, con axuda na revisión bibliográfica. Compleméntanse con contidos creados pola Biblioteca na plataforma Moodle.

COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DAINFORMACIÓN ACADÉMICA:  ALUMNADO DE TFG E TFM. NIVEL AVANZADO

2017/ 2018 

Page 7: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

NO TINTEIRO | PÁXINA 7

Cursos en colaboración con CUFIE:

Elixe o que mellor se cheadapte e contacta con nós

Seminarios prácticos:

Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. Para PDi e alumnado de doutoramento. Dúas convocatorias anuais.

Recuperación da información en Ciencias da educación: a procura bibliográfica. (4 horas).  Avaliación da produción científica. (4 horas) Xestión da información (4 horas) Implementar a visibilidade das publicacións (4 horas) Comunicación da información. (2 horas)

COMPETENCIAS INFORMACIONAIS E DIXITAIS PARA O ACCESO E XESTIÓN DAINFORMACIÓN ACADÉMICA:  PDI E DOUTORAMENTO

2017/ 2018 

Os que seguen son algunhas das opcións ofertadas, se estás interesada/o nalgún deles busca colegas e o realizamos, ou contacta con nós e nos encargamos de formar grupo. 

Realízase tódolos anos, anunciaremos a convocatoria cando saia e publicarase na web da Biblioteca e do Cufie.

Page 8: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

CAFÉ-FORMACIÓNS1 5 m i n u t o s d e c a f é o u t é + a p r e n d i z a x e

Temos algunhas programadas para este curso, pero nos podedes solicitar a que resulte do voso interés:

Dialnet Buscar en Proquest (Psyinfo, Eric, Dissertation&Theses)Xestores bibliográficosRefworks: nova plataforma

      Estas formacións estás dirixidas a alumnado, PAS e PDI, calquera pode anotarse. Realízanse na sala de proceso técnico, que conta cun pequeno espazo para formación. A primeira formación con café que realizamos foi sobre a nova plataforma de Refworks, á que asistiron 6 persoas. 

NO TINTEIRO | PÁXINA 8

Page 9: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA E SOLICITUDES DE  COMPRA

GUÍA DAS NORMAS APA

      Como cada ano, aproveitamos os meses de verán para a actualización da bibliografía recomendada polo profesorado no catálogo.        Practicamente todos os libros que aparecen nas guías docentes como BR están enlazados dende o catálogo, agás algúns que non temos na Biblioteca. Lembrámosvos que cada ano se asigna a cada docente unha cantidade para realizaren pedidos de material monográfico, e é este o xeito de garantir que a  BR estea no fondo bibliográfico.           A BR pódese buscar dende o catálogo da Biblioteca, por materia ou por docente.

NO TINTEIRO | PÁXINA 11NO TINTEIRO | PÁXINA 9

      Se es PDI lembra que o prazo para solicitar libros a través da intranet é ata o 20 de outubro. Oalumnado que desexe solicitar algunha adquisición deberá facelo na Biblioteca ou a través do formulario da web.

      A Biblioteca vén de elaborar unha guía das normas APA, seguindo o Manual de Publicaciones da American Psychological Association, (3ª ed. de la 6ª ed. en inglés). Podedes acceder a ela dende a web da Biblioteca da Facultade. Non pretende ser unha guía exhaustiva, pero si que sexa de utilidade para todo o alumnado que a precise.

Page 10: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

RESERVA O TEU ESPAZO NA BIBLIOTECA

Espazo de traballo en grupo. Conta con 12 postos de traballo. Unha das súas paredes se pode utilizar como taboleiro para ecribir con xiz. Máximo dous grupos simultáneos. 

S a l a s d e t r a b a l l o e n g r u p o , c a b i n a s i n d i v i d u a i s , e s p a z o s d e l e c t u r a .

0O TINTEIRO | PÁXINA 10

Sala Elvira Bao

Espazo de traballo en grupo. Conta con 12 postos de traballo e 4 ordenadores conectados á rede. Máximo dous grupos simultáneos. 

Sala María Barbeito

Conta cun espazo de cine e audiovisuais. no que se pode consultar películas utilizando dispositivos de lectura propios ou ben solicitando préstamo dun dvdportátil. Tamén dispón de catro cabinas de estudo individual. As películas tamén están dispoñibles para préstamo.

Sala Chano Piñeiro

Recuncho de lectura no que se pode ler con tranquilidade. Conta cun mobiliario cómodo e cálido. Tamén é a sala de exposicións da Biblioteca e dispón dunha pantalla de proxección. Pode reservarse para actividades culturais organizadas por membros da comunidade universitaria do centro para realizar clases interactivas, presentacións de libros....

Sala Xohana Torres

Page 11: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

O 5 de outubro inauguramos o espazo Elvira Bao.      Faremos un percorrido polos catro  espazos da bibl ioteca, rendendo unha homenaxe a figuras tan importantes para a nosa historia como Elvira Bao, María Barbeito, Chano Piñeiro e Xohana Torres.            Inauguraremos asi a nova sala de trabal los en grupo, que está adicada a Elvira Bao, mestra republ icana, nacional ista galega, secretaria das Irmandades da Fala da Coruña, represal iada no 36, encarcerada e separada da súa profesión. Sobre ela nos falará, ese día, Uxío Breogán Diéguez Cequiel .  Será ás 12 da mañán. Agardamos contar con vós e qeu animedes ao alumnado a achegarse.

NO TINTEIRO | PÁXINA 11

Nas "peceiras de creatividade" contaremos cunha mostra bibliográfica sobre dúas mestras republicanas, Elvira Bao e María Barbeito, a escritora Xohana Torres e Chano PIñeiro, creador galego de cine. Ata o 15 de outubro.

mostra bibliográfica.

Page 12: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

NébedaC l u b d e l e c t u r a e e n c o n t r o s l i t e r a r i o s

2 E C T S

          Pretende a interacción cos textos, chegando á creación dunha obra propia (texto, imaxe fotográfica ou vídeo).      Dirixido a alumnado, PAS e PDI da Universidade da Coruña, aínda que o curso completo coa realización de todas as actividades para a obtención de 2 ECTS está focalizado ao alumnado da UDC.      Organizado por o Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioetca da Facultade de CC da Educación. Coordinado por Inma Doval Porto. Modera as sesións de cine Juan José Bueno Aguilar.

      Ten como finalidade a creación de hábitos lectores entre estudantes da Universidade, ao tempo que fomenta a utilización da lingua galega e o coñecemento da nosa literatura contemporánea.       Quere ser un lugar de encontro, arredor da lectura, interxeneracional e entre os distintos grupos da comunidade universitaria.       Promove a utilización da lingua galega e potencia o achegamento á narrativa, poesía, teatro ou banda deseñada contemporáneas en galego.        Procura tamén o diálogo con outras artes, como o cine, realizándose sesións debate cinematográfico.

5NO TINTEIRO | PÁXINA 12

Page 13: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

PROGRAMA 2017

Poesía e prosa poética. Cine e literatura. Lectura da obra O deserto de María do Cebreiro. Lectura da información colgada no blog de Nébeda e comentarios na mesma. Participación no encontro literario coa autora e na sesión de cine. 

Teatro. Lectura da obra Isóbaras de Gustavo Pernas. Lectura da información colgada no blog de Nébeda e comentarios na mesma. Participación no encontro literario. 

NO TINTEIRO | PÁXINA 13

Santos Diaz CC-BY-SA 3.0

Outubro 2017

Decembro 2017

O deserto

Isóbaras

Relatora: María do Cebreiro. Escritora e autora da obra. Doutora en teoría da literatura e profesora na USC.  Encontro literario o 17/10 ás 17 h.

Relator: Gustavo Pernas (autor da obra). Dramatugo, actor e director de teatro. Encontro literario o 12/12 ás 17 h.

Cine e literatura: debate sobre "Viaggio in Italia" (1954), de Roberto Rosselini, que cada participante terá visualizado previamente. Modera: Juan José Bueno Aguilar. Profesor na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Día por determinar. Cadaparticipante realizará un texto creativo a partir do filme.

Page 14: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

Dentro das actividades programadas para este trimestre está a exposición de gravado de Omar Kessel, artista cubano que reside actualmente en Galicia. A mostra estará no Recuncho de lectura "Xohana Torres" durante os meses de setembro e outubro. Omar Kessel é graduado en Belas Artes pola Universidad de La Habana, e actualmente e profesor no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC). 

Pintura, debuxo, litografía, xilografía, calcográfico, talla, cerámica... son as técnicas que adoita traballar para crear obras cheas de cores cálidas, nas que as figuras femeninas, aparecen entre froitas, árbores, veos e animais, moitas veces observadas por ollos que esculcan na escuridade, nunha profunda evocación á súa terra natal. Pero tamén está presente na súa obra unha lembranza dalgunhas das pinturas negras de Goya, e a pegada desta terra nosa, de acollida, na que vive e traballa dende hai máis de vinte anos.  Nesta mostra podemos ver unha pequena selección da súa obra en papel.  Omar estará con nós o mércores 27 de setembro ás 12 para presentarnos a mostra, e achegarnos ás distintas técnicas de gravado. Acompañaranos Roberto Suárez Brandariz e parte do seu alumnado. Gustaríanos contar con vós, é unha boa ocasión para achegarse á obra deste grande artista.NO TINTEIRO | PÁXINA 14

© X

acob

e M

elén

drez

Fas

sben

der

Omar Kessel

ARTE NA BIBLIOTECA

Page 15: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

Doutor en Belas artes e catedrático da Facultade de Belas Artes da Universitat Politécnica de Valencia, 

Podemos ver esta mostra nas peceiras de creatividade da Biblioteca a partires do 15 de outubro.

O libro, como espazo de creación para o artista, é un soporte de pequenas dimensións pero cun amplo e denso percorrido. Pola súa estrutura, supón un reto ao ter que representar un conxunto de imaxes fragmentadas polo encadre de cada páxina, e á súa vez, entrelazadas nunha unidade de espazo-tempo. O libro nace e medra como un proxecto unitario, como un obxecto concibido e narrado en toda a súa extensión e profundidade. Un territorio onde experimentar con diversos procedementos, un xogo discursivo entre a palabra e a imaxe, establecendo unha particular simbiose entre ambas. O pintor e gravador Manuel Silvestre, presenta un conxunto de libros de artista onde a imaxe faise presente en cada unha das páxinas. Case todas pezas únicas nas que intervén co propósito de xerar un discurso formal no que experimenta con elementos gráficos directos: manchas, maculaturas, máscaras, tipografías,  papeis e imaxes recortados e encolados. Son obras mudas que transcenden o contido literario  -do mesmo xeito que os poemas visuais de Joan Brossa-  pois van máis aló do simple impacto visual en busca dunha terceira dimensión, o que provoca unha chiscadela gráfica que busca a complicidade do espectador. (Manuel Silvestre)

NO TINTEIRO | PÁXINA 15

© X

acob

e M

elén

drez

Fas

sben

der

Manuel Silvestre Visa chiscadelas gráficas

O libro de artista: espazo de creación plástica

Page 16: luxury on lake louise - bibeduc.files.wordpress.com · DIGCOMP realizado polo grupo de traballo CI da Línea 2 de REBIUN (2016), que adapta o documento Marco Común de Competencia

bibedu.blogaliza.org nebedaclubelectura.wordpress.com/

www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC

@biblioeduca

es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion

Podes consultar os números anteriores no noso blog bibedu.blogaliza.org/no-tinteiro

                  Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación Setembro 2017 www.educacion.udc.es/biblioteca

As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dos seus autores