Literatura Infantil e Xuvenil - OUPEpromo.oupe.es/catalogolij2011/pdf/gal_lij/lij_gallego.pdf ·...

27
2011 2 Literatura Infantil e Xuvenil

Transcript of Literatura Infantil e Xuvenil - OUPEpromo.oupe.es/catalogolij2011/pdf/gal_lij/lij_gallego.pdf ·...

  • 2011

    2

    Literatura Infantile Xuvenil

  • En Oxford, da man de cada libro da colección A Árbore da Lectura, queremos contribuír

    ao desenvolvemento de lectores competentes.

    Por iso, neste catálogo recollemos os mellores textos literariosacompañados dunha rica oferta de recursos que lle facilitarán

    a promoción da lectura na aula.

    ContidoPrimaria

    A partir de 8 anos 4

    A partir de 10 anos 6

    Secundaria

    A partir de 12 anos 12

    A partir de 14 anos 14

    Para o profesor

    Cadernos de Desenvolvemento Lector (CDL) 18

    Asesoramento e encontros con profesionais 20

    Itinerarios lectores 21

    Índice de títulos por tratamento e nivel de dificultade 22

    12

  • 2

  • Primaria

    Libros para nenos e nenas en segundo e terceiro ciclo de primaria. Combinan textos con ilustracións que á súa vez complementan a narración. Os temas e os tratamentos dos títulos destas series pretenden contribuír na formación dos alumnos, axudándoos a pensar por si mesmos e a resolver algunhas das súas grandes preguntas.

  • 24

    Novidades 2011Formato: 135 x 200 mm

    Encadernación: Rústica con solapas

    Se eu fose un paxariño

    Seguimos o periplo vital de Mario, un merlo cantor de primeira clase: non só atopará a canción coa que, por fin, encontre sentido a súa arte, senón que será quen de aprendela con moito tesón e esforzo; atopará a merla coa que fundar unha familia; será pai e saberá compaxinar os seus soños coas súas responsabilidades; mesmo vivirá situacións extremas, próximas á morte, escapará da morte... E o ciclo vital seguirá a súa marcha.Unha historia sinxela que nos presenta a inevitabilidade do ciclo vital e o devir ademais dun paralelismo de relación familiar que exemplifica como debería de ser a humana.

    Os seus temas: o ciclo da vida e as relacións familiares

    A súa relación coa literatura de aventuras e a novela de aprendizaxe

    A súa lectura desde a área de Educación artística e Coñecemento

    do medio natural, social e cultural

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: FantasíaAutora: Hanna Johansen

    Ilustradora: Hildegard Müller

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 104

    ISBN: 9788467360639

    P.V.P.: 7,90 €

    Dispoñible: Verán 2011

    Novidade

  • A partir de 8 anos

    2 5

    Tratamento: Fantasía

    Autor: Agustín Fernández Paz

    Ilustrador: Federico Delicado

    Páxinas: 128

    ISBN: 9788467358001

    P.V.P.: 7,90 €

    Dispoñible: Verán 2011

    Corazón de pedra

    Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns.Despois de ler todos os libros posibles sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron.Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque onde se esconde a antiga historia dun dragón que da man duns máxicos personaxes farán que Brenda se somerxa nunha apaixonante aventura e lembraranos o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas.

    Tratamento: Aventuras

    Autor: Jürg Schubiger

    Ilustrador: Pablo Auladell

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 120

    ISBN: 9788467360653

    P.V.P.: 7,90 €

    Dispoñible: Verán 2011

    O protagonista desta historia, un neno de 9 anos, pasa as vacacións do verán cos seus avós en Altdorf (a cidade de Guillerme Tell, segundo a lenda).O seu avó cóntalle a historia de Guillerme Tell un heroe cuxa vida servirá de exemplo para que o protagonista adquira os valores éticos esenciais para enfrontarse coa vida adulta.A narración do avó ramifícase en moitas historias secundarias que afondan no acerbo cultural da xente do campo e que á súa vez lle dan cor ao libro resultando nun dispendio de imaxinación.

    Os seus temas: mundos fantásticos, dragóns

    A súa relación coa literatura fantástica e de aventuras

    A súa lectura desde a área de Educación artística

    Inclúao no seu itinerario lector por

    A historia de Guillerme Tell

    Os seus temas: as relacións familiares, o mundo rural

    A súa relación coa literatura intertextual e a Idade Media

    A súa lectura desdea área de Educación artística e Coñecemento do medio

    natural, social e cultural

    Inclúao no seu itinerario lector por

    Novidade

    Novidade

  • Preferido polos profesores!

    26

    A expedición dos libros

    Uns ladróns levaron da biblioteca familiar o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne, aproveitando que os donos da casa se mudaron á Gran Cidade.Que poden facer o resto dos libros? Organízanse e unha expedición sae na súa axuda para rescatalo.

    Os seus temas: as bibliotecas, a lectura, a solidariedade e a valentía

    A súa relación coa literatura fantástica e de aventuras

    A súa lectura desde a área de Coñecemento do medio natural, social

    e cultural e Educación artística

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: Aventuras

    Autor: Vicente Muñoz Puelles

    Ilustrador: Fernando Vicente

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 160

    ISBN: 9788467356670

    P.V.P.: 7,90 €

    Novidades 2011Formato: 135 x 200 mm

    Encadernación: Rústica con solapas

    p.8

    p.7

  • 2 7

    Tratamento: Fantasía

    Autor: Fina Casalderrey

    Ilustrador: Xosé Cobas

    Páxinas: 120

    ISBN: 9788467360677

    P.V.P.: 7,90 €

    Dispoñibe: Verán 2011

    Un misterio na mochila de Alba

    Alba vive nunha casa abandonada. Os veciños do lugar non entenden que unha nena tan pequena viva soa, acompañada unicamente da súa mochila branca. Entón, dous nenos e unha nena comezan a seguila, intrigados polo contido da mochila. Alba rexeita os seus ofrecementos para conseguir a bolsa; por nada do mundo se desprendería do seu contido.Un relato entrañable sobre o que precisa un neno para ser feliz e gozar daquilo que existe ao seu alcance.

    Os seus temas: orfos, amizade e busca da felicidade

    A súa relación coa literatura fantástica e personaxes clásicos como Momo

    A súa lectura desde a área de Atención educativa e Educación artística

    Inclúao no seu itinerario lector por

    Tratamento: Aventuras

    Autor: Agustín Fernández Paz

    Ilustrador: Federico Delicado

    Páxinas: 104

    ISBN: 9788467356298

    P.V.P.: 7,90 €

    Adrián empeza a traballar como mensaxeiro en «O raio veloz» e descobre a súa auténtica vocación.Mellora as notas que puxo unha profesora demasiado estrita ou cambia os produtos dunha cesta de Nadal destinada a un home gordo.O que non sabe é que el tamén vai empezar a recibir envíos e mensaxes...A historia dun mozo que pretende axudar sen que o vexan, arranxar as cousas sen que o recoñezan.

    O raio veloz

    Os seus temas: resolución de enigmas e busca da felicidade

    A súa relación coa literatura de aventuras e misterio

    A súa lectura desde a área de Educación para a cidadanía e os dereitos

    humanos e Educación artística.

    Inclúao no seu itinerario lector por

    A partir de 10 anos

    Novidade

  • 28

    Contos e poemas para un mes calquera

    Contos e poemas para un mes calquera é o resultado da feliz unión entre narrativa e poesía; 31 contos e outros tantos poemas inchados de fantasía, que permiten viaxar polo máis insólito dos universos: o da palabra e os sentimentos.Un libro diferente onde prosa e poesía achegan dúas formas complementarias de comprender unha realidade idéntica na que se inspiran.

    Os seus temas: sentimentos poéticos

    A súa relación coa tradición contística e a poesía

    A súa lectura desde a área de Educación artística

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: Fantasía

    Autor: J.S. i Fabra e A.García Teijeiro

    Ilustradora: Raquel Aparicio

    Traductores: A. Piñeiro Estévez e

    A. García Teijeiro

    Páxinas: 176

    ISBN: 9788467356311

    P.V.P.: 7,90 €

    Novidade Robinson contado polas alimarias

    A historia de Robinson Crusoe contouse moitas veces, pero nunca desde o punto de vista dos animais que viven na illa.Os animais van cedendo a palabra, desde Yaguatirica o gato montés, que é quen atopa a Robinson, á tartaruga que lle ensina a comer saborosos vermes. Segundo os animais, Robinson, ao que lle chaman Tinga, pola súa cor branca, era un inútil que non sobreviviría sen a súa axuda.Todo cambia o día en que chega Taiguara, é dicir ‘Libre’, a quen Robinson se empeña en chamar Venres.

    Os seus temas: Robinson Crusoe, o espírito de supervivencia do ser humano

    A súa relación coa literatura de aventuras, a novela inglesa

    A súa lectura desde a área de Coñecemento do medio natural, social e cultural

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: Aventuras

    Autora: Marilar Aleixandre

    Ilustrador: Federico Delicado

    Páxinas: 160

    ISBN: 9788467360714

    P.V.P.: 8,40 €

  • 2 9

    A partir de 10 anos

  • 2

  • Secundaria

    Nestas faixas de idade os mozos xa son lectores independentes e buscan libros que satisfagan as súas necesidades e mais os intereses. Os títulos que presentamos nestas series recollen historias que apelan á sensibilidade dos mozos, abordando os temas que máis lles interesan: a fantasía, o amor, a amizade, as relacións familiares e a busca dunha identidade.

  • 212

    Ata que o saibas todo

    O pai de Esther foi detido como sospeitoso dun desfalco millonario no banco onde traballa. A súa nai tamén é buscada pola policía como cómplice.Nos peores días da vida de Esther, alumna invidente dun instituto do País Vasco, os seus amigos de clase convértense nos seus mellores aliados para superar o mal trago e os seus compañeiros de aventuras detectivescas para descubrir os culpables do delito e demostrar a inocencia dos proxenitores da nosa heroína.

    Os seus temas: a aprendizaxe vital desde a perspectiva dunha moza invidente

    A súa relación coa literatura realista, a cultura vasca

    A súa lectura desde a área de Educación para a Cidadanía e Educación

    ético-cívica

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: Realismo

    Autor: Juan Kruz Igerabide

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 168

    ISBN: 9788467356694

    P.V.P.: 8,40 €

    Gatos e leóns

    Polas vellas rúas e polas tranquilas canles de Venecia, móvense uns curiosos seres envoltos en aires de misterio. Adoptan a forma de gatos, pero hai quen di que en realidade son léons. Todos teñen un segredo que contar, unha historia que pode chegar, enviada polo mar, a calquera das nosas praias dentro dunha botella de cristal. A maxia e mais a fascinación de Venecia aparece en todos os personaxes desta divertida obra.

    Os seus temas: Venecia, animais personificados

    A súa relación coa literatura fantástca e de aventuras

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: Fantasía

    Autor: Xosé A. Neira

    Páxinas: 136

    ISBN: 9788467356250

    P.V.P.: 8,40 €

  • A partir de 12 anos

    2 13

    Tratamento: Realismo

    Autor: Christine Nöstlinger

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 288

    ISBN: 9788467356236

    P.V.P.: 8,40 €

    Unha historia familiar

    Gretchen é unha rapaza de catorce anos. Ela e a súa familia, os Sackmeier, son coñecidos na veciñanza como os “Cinco Sacos”. Todo empeza a cambiar cando a súa nai, Elisabeth, se rebela e decide darse unha oportunidade como muller: ponse a traballar co desexo de poder retomar os estudos e converterse en asistenta social, ademais, ponse a dieta para mellorar a súa imaxe e crecer en autoestima. O seu marido non ve con bos ollos tanto cambio. Esta nova situación coincide coa etapa convulsa da adolescencia de Gretchen.

    Os seus temas: as relacións familiares e a adolescencia

    A súa relación coa literatura realista

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais

    Inclúao no seu itinerario lector por

  • 214

    Unha costura no tempo

    Duas mulleres, que viven em tempos diferentes – unha na antigüidade e outra no presente - , manteñen unha comunicación onírica ao tempo que experimentan um proceso de crecemento. Novela de roles que trata temas de interese xuvenil, cuxo fio condutor é a conexión fantástica dos dous personaxes protagonistas, Ranunca e Marta, cuxas peripecias, bem distintas, presentan a analoxía que as vincula.

    Os seus temas: o rol social da muller ao longo da historia

    A súa relación coa literatura de aventuras

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais

    Tratamento: Aventuras

    Autor: Xosé A. Neira

    Páxinas: 232

    ISBN: 9788467354447

    P.V.P.: 8,90 €

    Inclúao no seu itinerario lector por

    Novidades 2011Formato: 135 x 200 mm

    Encadernación: Rústica con solapas

    p.17

    p.17

  • 2 15

    Tratamiento: Misterio

    Autor: Àngel Burgas

    Traductor: Roxelio X. García

    Páginas: 276

    ISBN: 9788467356717

    P.V.P.: 8,90 €

    O ocupante

    Un rapaz trata de escapar de dous compañeiros que o perseguen em moto, e réfuxiase nunha fábrica abandonada na que se atopa cun mendigo deforme co que establece unha estreita relación. Unha aparente novela de isntituto, convértese nun relato de realismo fantástico no que os limites do narrado se esvaecen ata decatármonos de que o rapaz é o mesmo vello alcohólico que habita na fábrica.

    Os seus temas: cuadrillas adolescentes e a discriminación social

    A súa relación coa novela negra e fantástica

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía

    Inclúao no seu itinerario lector por

    Tratamento: Fantasía

    Autores: E. Cansino, X. A. Neira,

    J. M. Gisbert, D. Nesquens e X.P. Docampo

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 144

    ISBN: 9788467356731

    P.V.P.: 8,90 €

    Cinco contos españois recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez. Inocencio X, Las Hilanderas ou El aguador de Sevilla convértense no pano de fondo de peripecias moi distintas, pero todas elas valiosas e respectuosas coas teas do mestre sevillano.Inclúe relatos orixinais en galego de Xosé A. Neira Cruz e Xabier P. Docampo.

    Cinco contos sobre Velázquez

    Os seus temas: a vida e a obra do pintor Diego Velázquez

    A súa relación coa literatura de aventuras e a historia da Arte

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais

    Inclúao no seu itinerario lector por

    A partir de 14 anos

  • 216

    Dor de rosa e outros contos

    Conxunto de relatos, narrados en primeira persoa, por un mozo curioso e un estrafalario. Cun humor digno dunha película de Tatí, vainos contando as súas peripecias coas persoas que atopa póla rúa. Quizais o máis significativo de todos eles é no que se sente namorado dunha rapaza que ve no autobús.

    Os seus temas: personaxes fantásticos, o humor na vida cotiá

    A súa relación coa literatura do absurdo

    A súa lectura desde a área de Educación para a Cidadanía

    Tratamento: Humor, Fantasía

    Autor: Pep Albanell

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 136

    ISBN: 9788467356182

    P.V.P.: 8,90 €

    Agardarei por ti en África

    Rogelio medra nun pazo galego, nunha casa chea de ausencias (o pai é um militar sempre ausente; a nai está morta) e de misteriosos silencios (a tía Josefina vive recluída no seu cuarto; o avó nunca abre a boca). A figura omnipresente da avoa e o seu bastón como símbolo de poder e orde parecen implacables.Todo cambia cando Rogelio coñece a Lissete, filla de vermellos, e a Andrés, un mendigo que vive médio morto en vida.Unha novela na que rachan silencios que parecían eternos e que recrea unha época inzada de dificultades.

    Os seus temas: segredos familiares e diferenzas sociais

    A súa relación coa literatura realista, a guerra civil e a posguerra en España

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais

    Inclúao no seu itinerario lector porTratamento: Realismo

    Autora: Blanca Álvarez

    Traductora: Isabel Soto

    Páxinas: 176

    ISBN: 9788467356335

    P.V.P.: 8,90 €

    Inclúao no seu itinerario lector por

  • 2 17

    Tratamento: Realismo

    Autor: Lutz van Dijk

    Traductor: Roxelio X. García

    Páginas: 136

    ISBN: 9788467360738

    P.V.P.: 8,90 €

    Dispoñible: Outono 2011

    Romeu e Jabulile

    Un amor imposible? Romeo e Jabulile coñécense. Hai tempo que Romeo se fixou nela, pero nunca se atreveu a falarlle, ata que nun arrebato de euforia nun partido de fútbol no que ela xoga, a felicita. El é un paria para a xente que vive en Township, unha pequena cidade surafricana. Non o ten fácil, pero enseguida o amor xorde entre os mozos, un amor profundo a pesar da súa xuventude.Pero Lonwabo, o irmán de Jabulile, un nacionalista radical, non soporta que a súa irmá teña relacións coa escoura procedente de Zimbabwe e está disposto a facer o que sexa para separalos.Unha historia de amor verdadeiro, que nos fará reflexionar sobre a igualdade e a tolerancia nas sociedades.

    Os seus temas: o primeiro amor, as diferenzas raciais e sociais

    A súa relación coa cultura africana, as loitas raciais en África do Sur

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía

    Inclúao no seu itinerario lector por

    Tratamento: Realismo

    Autora: Christine Nöstlinger

    Traductor: Roxelio X. García

    Páxinas: 248

    ISBN: 9788467360691

    P.V.P.: 8,90 €

    Dispoñible: Primavera 2011

    Como parte da coñecida triloxía de Christine Nostlinger, que en 2010 iniciamos con Unha historia familiar este ano lanzamos o seu segundo título: Gretchen preocúpase.Todo empezou hai un ano, co réxime de adelgazamento de mamá e a súa decisión de facerse asistenta social. Desde entón, todo cambiou na casa dos Sackmeier. Mamá mudouse con Gretchen e Mädi á casa dunha amiga, mentres papá quedou no piso con Hänschen. E xa había tempo que Gretchen non era “Gretchen a gorda” senón todo o contrario.Ao revés do que agora lle estaba pasando a Hänschen...

    Gretchen preocúpase

    Os seus temas: as relacións familiares e a adolescencia

    A súa relación coa literatura realista

    A súa lectura desde a área de Ciencias Sociais

    Inclúao no seu itinerario lector por

    A partir de 14 anos

    Novidade

    Novidade

  • Para o profesor

    Oxford pon ao seu dispor un conxunto de recursos asociados aos títulos da Árbore da Lectura, co obxectivo de lle facilitar o desenvolvemento da competencialectora dos seus alumnos.

    2

    M. Calatayu

    d

    Pep Albanell e Àngel Burgas

  • Actividades de documentaciónApartado informativo que achega os elementos necesarios para entender mellor a lectura.

    Actividades de velocidade lectoraMelloran a fluidez na lectura e resolven as carencias de entoación e pronuncia.

    Actividades de comprensión lectoraAxudan o alumno a comprender o contenido e mais os aspectos formais da lectura realizada.

    Apartado de recreación lectoraContén actividades para recrear a lectura mediante a expresión oral, escrita e artística.

    Actividades con TICsExercicios para o desenvolvemento da competencia lectora, que integran o uso de novas tecnoloxías

    Cadernos de Desenvolvemento Lector

    Cadernos de Desenvolvemento LectorUn recurso imprescindible coas seguintes seccións:

    Fichas imprimibles e suxestións didácticas

    Recursos complementarios relacionados co libro: películas, música, páxinas web e outros libros.

    Do libro a...

    Relación da lectura co desenvolvemento de competencias básicas e coas distintas áreas curriculares.

    Competencias básicas e interdisciplinariedade

    Dispoñibles

    para descargar

    e imprimir en

    www.oupe.es

    • Actividades que relacionan texto e ilustración en función da competencia lectora de cada faixa de idade.

    • Fichas para o alumno con tipografía escolar ligada ou de imprenta, segundo a idade dos lectores.

    • Pauta adecuada para a apendizaxe da escritura segundo a idade do alumno.

    Contidos adaptados a cada faixa de idade

    2 19

  • Asesoramento e encontros con profesionais

    Asesoramento e encontros con profesionaisComo parte dos nosos plans lectores, ofrecémoslle formacións e animacións á lectura da man de autores, ilustradores e especialistas en promoción da lectura que contribuirán ao achegamento entre os seus alumnos e o mundo literario.

    220

    Encontros cos nosos autores e ilustradoresEnriquecen o labor da promoción lectora e permiten crear un debate enriquecedor para os alumnos arredor da lectura e o proceso de creación literaria.

    Asesoramento para a implantación de plans lectoresOxford ofrécelle documentación de interese para a implantación de plans lectores no seu centro e pautas para a elección das lecturas adecuadas para as necesidades lectoras dos seus alumnos.

    J.M. GisbertM. Calatayud

    Pep Albanell e Àngel Burgas

  • Asesoramento e encontros con profesionais

    Itinerarios lectores

    Itinerarios lectoresConstrúa o seu propio itinerario lector en función das súas necesidades pedagóxicas e o nivel de competencia lectora dos seus alumnos. Na grella das páxinas seguintes presentámoslle todos os nosos libros clasificados por nivel de tratamento, dificultade e interdisciplinariedade.

    TratamentoO obxectivo deste itinerario é o de ampliar os límites dos universos lectores e a visión do mundo dos nenos e dos mozos por medio da lectura de varios libros de distintos tratamentos. Ex. fantasía, realismo, aventura.

    Nivel de dificultadeOs títulos que compoñen este itinerario elixiranse en función do nivel de complexidade textual e literaria co obxectivo de poñer a proba a competencia lectora e mellorala ao longo do ano escolar. Pode empezar por un título de nivel básico, seguir cun de nivel medio e rematar o ano cun título de nivel avanzado.

    Lecturas para todas as áreasAs lecturas que compoñen este itinerario escolleranse co obxectivo de ampliar ou profundar os coñecementos curriculares en diversas áreas. Para iso, suxerímoslle as materias desde as que se pode ler cada título da colección. Ex. Ciencias Sociais, Educación para a cidadanía, etc.

    Algúns dos criterios de selección para o itinerario lector dos seus alumnos poden ser:

    O meu itinerarioFantasía

    Aventura

    Realismo

    2 21

    2

  • 222

    ISBN Título Autor Ilustrador

    9788467360639 Se eu fose un paxariño Hanna Johansen Hildegard Müller

    9788467358001 Corazón de pedra Agustín Fernández Paz Federico Delicado

    9788467360653 A historia de Guillerme Tell Jürg Schubiger Pablo Auladell

    9788467360677 Un misterio na mochila de Alba Fina Casalderrey Xosé Cobas

    9788467356670 A expedición dos libros Vicente Muñoz Puelles Fernando Vicente

    9788467356298 O Raio Veloz Agustín Fernández Paz Cecilia Valera

    9788467356311 Contos e poemas para un mes calequera Jordi Sierra i Fabra Raquel Aparicio

    9788467360714 Robinson contado polas alimarias Marilar Aleixandre Federico Delicado

    Primaria

    +8 anos

    +10 años

    ISBN Título Autor

    9788467356694 Ata que o saibas todo Juan Kruz Igerabide

    9788467356236 Unha historia familiar Christine Nöstlinger

    9788467356250 Gatos e leóns Xosé Antonio Neira

    9788467354447 Unha costura no tempo Xosé Antonio Neira

    9788467356717 O ocupante Àngel Burgas

    9788467356731 Cinco contos sobre Velázquez Gisbert, Neira, Nesquens, Docampo, Cansino

    9788467356335 Agardarei por ti en África Blanca Álvarez

    9788467356182 Dor de rosa e outros contos Pep Albanell

    9788467360738 Romeu e Jabulile Lutz Van Dijk

    9788467360691 Gretchen preocúpase Christine Nöstlinger

    Secundaria

    +12 anos

    +14 años

  • Índice de títulos por tratamento e nivel de dificultade

    2 23

    ISBN Título Autor Ilustrador

    9788467360639 Se eu fose un paxariño Hanna Johansen Hildegard Müller

    9788467358001 Corazón de pedra Agustín Fernández Paz Federico Delicado

    9788467360653 A historia de Guillerme Tell Jürg Schubiger Pablo Auladell

    9788467360677 Un misterio na mochila de Alba Fina Casalderrey Xosé Cobas

    9788467356670 A expedición dos libros Vicente Muñoz Puelles Fernando Vicente

    9788467356298 O Raio Veloz Agustín Fernández Paz Cecilia Valera

    9788467356311 Contos e poemas para un mes calequera Jordi Sierra i Fabra Raquel Aparicio

    9788467360714 Robinson contado polas alimarias Marilar Aleixandre Federico Delicado

    Tratamento

    Fantasía Realismo Humor Aventuras Misterio Inicial Medio Avanzado

    Nivel de dificultade para a lectura

    Áreas relacionadas

    E. ArtísticaCoñecemento

    do medio E. CidadaníaAtención educativa

    ISBN Título Autor

    9788467356694 Ata que o saibas todo Juan Kruz Igerabide

    9788467356236 Unha historia familiar Christine Nöstlinger

    9788467356250 Gatos e leóns Xosé Antonio Neira

    9788467354447 Unha costura no tempo Xosé Antonio Neira

    9788467356717 O ocupante Àngel Burgas

    9788467356731 Cinco contos sobre Velázquez Gisbert, Neira, Nesquens, Docampo, Cansino

    9788467356335 Agardarei por ti en África Blanca Álvarez

    9788467356182 Dor de rosa e outros contos Pep Albanell

    9788467360738 Romeu e Jabulile Lutz Van Dijk

    9788467360691 Gretchen preocúpase Christine Nöstlinger

    Tratamento

    Fantasía Realismo Humor Aventuras Misterio Inicial Medio Avanzado

    Nivel de dificultade para a lectura

    Áreas relacionadas

    C. Sociais E. Ético-cívico E. CidadaníaAtención educativa

  • Atención ao profesorado:

    902 876 [email protected]

    w w w. o u p e. e s1

    Cod.

    019

    0623

    2