LIC Os ancares O Courel-1-Ancares

111
ESPAZOS NATURAIS LIC OS ANCARES-O COUREL 1-OS ANCARES

Transcript of LIC Os ancares O Courel-1-Ancares

Page 1: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ESPAZOS NATURAISLIC OS ANCARES-O COUREL

1-OS ANCARES

Page 2: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.

Page 3: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

SITUACIÓN: No surleste da provincia de Lugo, nas comarcas dos Ancares, Quiroga, Sarria e Terra de Lemos. Localidades de referencia: A Proba de Navia, San Román de Cervantes, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, A Cruz do Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga.SUPERFICIE: 102.635 haCONCELLOS: Navia de Suarna, Cervantes, BecerreáAs Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón QuirogaRibas do Sil.VALORES NATURAIS: fragas, brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques de ribeira, fervenzas, pregamentos, paisaxe e unha rica flora e fauna.

Page 4: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

PROTECCIÓN-LIC (29 de decembro de 2004)-ZEC (31 de marzo de 2014)-RESERVA DA BIOSFERA “Os Ancares Lucenses e Terras de Navia e Becerreá” (27 de outubro de 2006)-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares.-Reserva Nacional de Caza -Zona de Protección do Oso Pardo -A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).-Monumento Natural “Pregamento xeolóxico de Campodola e Leixazós”.

Page 5: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

CLIMAOceánico de montaña, con precipitacións abondantes, invernos longos e temperaturas contrastadas, máis suavizadas nos vales.

Page 6: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

A área coñecida como Os Ancares situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).

1-OS ANCARES

Page 7: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
Page 8: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

XEOLOXÍA/RELEVOO territorio encádrase dentro das Serras Orientais galegas. A combinación entre a composición das rochas e as forzas oroxénicas, que deron lugar a fracturas e pregamentos, conformou unha paisaxe variada de vales abruptos, cavorcos e cumes que foron logo desgastados ou escavados polos ríos e o xeo ata conformar o aspecto actual. As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e, en menor medidas os granitos, as cuarcitas e as calcárias.

Page 9: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Grandas de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita.

Page 10: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

SERRA DOS ANCARES A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur.

Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.

Page 11: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro.O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.

Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..

Page 12: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.

Page 13: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe.

Page 14: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O Mostallar. O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.

Page 15: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Tres Bispos, Serra do Pando e Penarubia.

Page 16: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.

Page 17: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

GLACIARISMONa partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol...

Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo.

Rochas desgastadas pola acción do xeo no val de Piornedo.

Page 18: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.

Page 19: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.

Page 20: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León.

SERRA DE SURCIONo límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m.

Page 21: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados.

SERRA DO BARREIROSituada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao.

Page 22: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑALEsténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo.

Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.

Page 23: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

SERRA DE GRANDAS DE ARROXO E VILAREsténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa.

Page 24: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.

SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUSEsténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.

Page 25: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Morrenas nas abas da serra do Agulleiro.

Page 26: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na aba da serra do Agulleiro.

SERRA DA CORTELLAPequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude.

Page 27: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

SERRA DA FIOSAEsténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m.

Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo.

Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.

Page 28: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia.

SERRAS DO PANDO E MASEIRASÉ un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes).

Serra do Pando. Ao fondo Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).

Page 29: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares.

Cereixido e detrás a serra do Pando.

Page 30: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita. Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.

Page 31: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

REDE FLUVIALUnha densa rede de regatos e regos que baixan das numerosas serras e se articulan arredor do Navia (Río das Casas ou Doiras, Narón, Ser, Rao). Son ríos que salvan fortes desniveis e circulan por profundos vales onde son frecuentes as fervenzas, coñecidas no Courel no nome de pincheiras.

Rego das Pasadas, afluente do Ser.

Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.

Page 32: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas (coñecidas no Courel co nome de pincheiras). Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos...

Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).

Page 33: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita.

RÍO NAVIANace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.

AFLUENTES DO NAVIA NA ZONA:Pola dereita: Valdeparada, Cervantes (Casas ou Cancelada-Toural, Noceda, Brego, Vara-), Quindós, Ser ou Ortigal, Vilapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta. Pola esquerda: Bullón (Refuxiados), Narón ou Ferreiros, Calamouco, Vilaiz, Donsal, Bullán, Gueizán, Mosteiro e Suarna (Lamas- Castelo, Córneas, Castosa, Ransinde-).

Page 34: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O Navia en Agüeira (Becerreá)

“Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna.

Page 35: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.

Val do Ser

Page 36: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Fervenza no rego de Boixecide, un afluente do Ortigal. Salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous saltos

RÍO ORTIGAL. É unha das cabeceiras do Ser (Navia). Ten un percorrido con numerosos rápidos e fervenzas.

Page 37: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

FERVENZA DAS PONTES. Parroquia de Donís (Cervantes). No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser). Desde Donís atravésase o lugar ata o río.

Page 38: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace ao pé do Mostallar e desemboca no río das Pontes (afluente do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos.

Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.

Page 39: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.

PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias (Rao-Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao. A fervenza vese xusto en fronte do penedo de Murias..Canon do Rao

(Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.

Page 40: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Canón do Rao

Page 41: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Rego das Pasadas, afluente do Ser

Page 42: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

RÍO CERVANTES (RÍO DAS CASAS OU CANCELADA)Fórmase coa unión de numerosas cabeceiras (Vara, Brego e Nocedo, Toural...)Xúntase co Navia nas Pontes de Gatín.

Río Cervantes debaixo da Ponte de Gatín

Page 43: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Lagos e estanques distróficos naturais-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais alpinos e boreais-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Prados de sega de montaña-Turbeiras altas activas-'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)

Page 44: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori-petraeae ou Ilici-Fagenion)-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Turbeiras boscosas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Bosques mediterráneos de Taxus baccata-Soutos-Acevedos

Page 45: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Viola arvensis

FLORAA amplitude do espazo, a variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a variedade florística sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de grande valor ecolóxico (fragas, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco comúns.Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están repoboadas con piñeiros

Page 46: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Fraga de Cabana Vella, un dos maiores bosques dos Ancares. Está situada no val do rego da Vara. Conserva exemplares monumentais de carballos e acivros.As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos...

Page 47: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.

Page 48: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Souto da Saencia (Rao)

Castiñeiro (Castanea sativa). Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.

Page 49: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Bidueiros (Betula celtiberica)

Page 50: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Bosque de acivros na Cabana Vella. A escuridade que hai no interior destes bosques impide o desenvolvemento de calquera outro vexetal.Os acivros (Ilex aquifolium) son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.

Page 51: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Arandeiras (Vaccinium myrtillus)

Page 52: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e sérvenlle de refuxio á fauna.

Page 53: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Xesta (Cytisus multiflorus)

Page 54: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)

Page 55: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Abruñeiro (Prunus spinosa)

Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia)Mostallo (Sorbus aria)

Page 56: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Lirio (Iris latifolia)

Lilium martagon

Page 57: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Nos Ancares atópanse 20 endemismos da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)

Xensá (Gentiana lutea)

Page 58: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Narcisos (Narcissus pseudonarcissus) no Campo Formoso (Val do Ortigal)

Page 59: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEFestuca elegansFestuca summilusitanicaNarcissus asturiensisNarcissus pseudonarcissus ssp.nobilisSantolina semidentata

Narcissus pseudonarcissus Narcissus asturiensis

Page 60: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora que vive en zonas moi húmidas.

Saxifraga spathularis

Page 61: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Herba do gando (Helleborus foetidus)

Amorodos (Fragaria vesca). Atópanse habitualmente nos límites do bosque, en zonas húmidas.

Page 62: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.

Page 63: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)

Page 64: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Liques

Page 65: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ÁRBORES SENLLEIRASIncluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)

CARBALLO (Quercus robur)

Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)Río Ortigal (P)

Page 66: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)

Page 67: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)

CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)

Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro.As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Avesedo de Donís (Cervantes)Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro.Río OrtigalTeso das Valiñas (Piornedo)

Page 68: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas

Page 69: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Cerquiño (Quercus pyrenaica) da Praza do Campo. Quindous (Cervantes). Mide 18 m de altura e supera os 100 anos.

REBOLO/CERQUIÑO (Quercus pineraica)

Page 70: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Avesedo de Donís (Cervantes)

Page 71: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba)

Praza do Campo. (Quindous- Cervantes)-20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)

Page 72: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Rebolos no Teso das Valiñas(Piornedo, Cervantes)

Page 73: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

CASTIÑEIRO (Castanea sativa)

Aucella (Cervantes)

Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro.Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro.Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)-10, 30 m de perímetro.Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro.

Page 74: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Verdello de Cereixedo Castelo de Frades

Page 75: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)

Page 76: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

FAIA (Fagus sylvatica)

-Pintinidoira (Vilaspasantes-Cervantes)(P)

Page 77: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

-Faias de Pintinidoira (P)

Page 78: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica)

-Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga.Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.-Avesedo de Donís (Cervantes).Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro.-Val do río Ortegal (Cervantes): varios exemplares

Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)

Page 79: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Avesedo de Donís (Cervantes).

Page 80: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Val do río Ortigal (Cervantes)

Page 81: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

CAPUDRE (Sorbus aucuparia)

Val do río Ortigal (Cervantes)

Page 82: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Fraga da Cabana Vella

ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium)

Fraga da Cabana Vella(Cereixedo-Cervantes).- Varios exemplares de bo porte.Avesedo de Donís (Cervantes).- Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.

Page 83: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Avesedo de Donís

Page 84: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

TEIXO(Taxus Bacata)

-Fraga da Cabanavella (Cervantes). Varios exemplares de ata 2,8 m de perímetro.-Piornedo - 4,60 m de perímetro

Teixo de Piornedo

Page 85: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Donicela (Mustela nivalis)

FAUNAA Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela..

MAMÍFEROS:Lobo, raposo, gato bravo, algaria, martaraña, garduña, armiño, donicela, lontra, teixugo, porco bravo, corzo, rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de almizcle, furafollas (grande, ibérico e pequeño), murgaño patibranco, leirón rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato mouro, lebre, esquio, morcegos...

Xabarín (Sus scrofa)

Page 86: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

AVES: Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor, gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno, lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz, pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común, laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña (dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa, merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas, ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias...

Tordo (Turdus philomelos) Miñato (Buteo buteo)

Page 87: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Víbora de Seoane (Vipera seoanei)

RÉPTILES:Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos, lagartixa galega, esgonzo común, escáncer común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira meridional, cobra lagarteira común, cobra de colar, cobra viperina, víbora de Seoane...

Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)

Page 88: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Rá patilonga (Rana iberica) Sapo común (Bufo bufo)

ANFIBIOS:Ra vermella, ra patilonga, pintafontes común, pintafontes palmado, pintafontes verde, píntega común, saramaganta, sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo común, sapo corriqueiro...

Page 89: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Abellon sobre flores de Eryngium duriaei.

INSECTOSAparecen especies de bolboretas raras en Galiza: Plebejus thersites, Parnassius apollo asturiensis, Lycaena hippothoe.

Page 90: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis).Cicindela campestris. Este chamativo escarabello é un carnívoro que caza, á carreira, arañas e larvas de insectos.

Page 91: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Bolboreta (Nymphallis antiopa)

Page 92: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEInvertebradosAustropotamobius pallipesCerambyx cerdoLucanus cervusEuphydryas auriniaElona quimperianaGeomalacus maculosusMargaritifera margaritiferaPeixesChondrostoma polylepisRutilus arcasiiAnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptilesLacerta monticolaLacerta schreiberiMamíferosGalemys pyrenaicusLutra lutraMiniopterus schreibersiiMyotis emarginatusMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosBarbastella barbastellusUrsus arctos

Caracol (Elona quimperiana)

Lesma (Geomalacus maculosus)

Page 93: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, turismo...

Page 94: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALEstas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan petroglifos, mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos. De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (castros, petróglifos, igrexas, pontes, pazos, castelos...) e etnográfico (núcleos de poboación, pallozas, hórreos, pontellas, muíños, mazos, ferrerías, fornos de cal, ouriceiras, albarizas, aparellos...)

Castro de Santa María (Cervantes)

Page 95: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Hórreo en Piornedo.

Igrexa de Donís

Page 96: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña. Son comuns nos Ancares.

Page 97: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Os habitantes dos Ancares conservaron unha forma de vida tradicional e unha arquitectura herdada da cultura castrexa, considerada a máis antiga de Galiza e unha das máis antigas de Europa.

Page 98: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel.É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-gandeira: corte, forno, almacén...

AS PALLOZAS

Page 99: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta.Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir.A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve.A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a neve.

Page 100: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Pallozas-museo en Piornedo.

Palloza en Piornedo.

Page 101: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Pallozas en Piornedo (arredor de 1977). O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.

Page 102: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ESPAZOS PROTEXIDOSRESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns 4.900 habitantes.Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña de relevo accidentado con son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Na actualidade conserva importantes valores naturais e culturais.

Page 103: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

ZEPA OS ANCARESUn espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A grande riqueza de aves de diferentes hábitats, tanto sedentarias como migratorias, motivou esta declaración.

Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Voutre (Gyps fulvus)

Page 104: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Castelo de Doiras

CERVANTES•Piornedo: núcleo tradicional: pallozas, hórreos...•Museo dos Ancares (Cervantes)•Castelos de Doiras e Quindous•Castro de Santa María•Igrexas: Donís, Piornedo, Dorna, •Fervenzas: río Ortigal, río Piornedo, As Pontes•Serra dos Ancares: vales glaciares do Ortigal (Tres Bispos), Piornedo, cumes do Mostallar, Penarrubia...•Abesedo de Cereixedo ou de Donís•Fraga da Cabanavella•Carballos, acivros e bidueiros: Abesedo de Donís, Cabana Vella•Faial de Pintinidoira.

Page 105: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Aula da Natureza, en Degrada

Page 106: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Seceda

FOLGOSO DO COUREL •Minas: A Toca, Torubio Oeste e Torubio Leste, Romeor•Bosques: Romeor, O Faro, Fonteformosa (faias), O Sixto, Liñares, Riocereixa, aciñeiral de Campelo; devesas da Rogueira, A Escrita, O Cervo... •Formacións calcárias: Taro Branco•Ferrería de Seoane•Seceda, aldea declarada “adea típica e conxunto etnográfico de interese turístico” Decreto 201/1997 do 3 de xullo.)•Castros: A Torre, Brigo•Soutos: Miraz, Vilar, Ferramulín, Outeiro...•Museos: Vilar

Page 107: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Castelo da Pobra de Navia

NAVIA DE SUARNA•Pobra de Navia: castelo, ponte medieval•Rao: souto da Saencia, miradoiro•Penedo de Murias•Brañas de Pan de Zarco•Canón do Rao•Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao)

Page 108: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Torre de Doncos, á beira do río Navia

AS NOGAIS•Torre de Doncos•Área de lecer do río Navia•Serra da Escrita

Page 109: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

PROBLEMAS-Abandono do medio rural-Incendios forestais-Repoboacións con especies alóctonas...-Apertura de pistas-Presión turística-Furtivismo

Page 110: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Vilar (Cervantes)

Page 111: LIC Os ancares  O Courel-1-Ancares

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaDebuxos: Mon Daporta

Abril 2017