LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

69
LIC LIC Baixa Limia Baixa Limia Serra do Xurés Serra do Xurés

Transcript of LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Page 1: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

LICLICBaixa LimiaBaixa Limia

Serra do XurésSerra do Xurés

Page 2: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SUPERFICIE: 33.921 haCONCELLOS: Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños, Calvos de Randín

Page 3: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Exténdese polas serras limítrofes entre Galiza e Portugal, desde o río Barxas ata o linde do concello de Calvos de Randín con Baltar. Serras do Laboreiro, Queguas, Quinxo, Santa Eufemia, Xurés, Pisco e A Pena. Inclúe un pequeno tramo do río Limia (no encoro de Lindoso) e as cabeceiras dos afluentes que baixan desas serras, así como o río Barxas, as cabeceiras do Deva (da cunca do Miño).As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés.Ten un gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.

Serra do Xurés desde o alto da serra de Queguas

Page 4: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

PROTECCIÓN:-LIC (decembro 2004)-ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) (marzo 2014): (33.921 ha) “Baixa Limia-Serra do Xurés” -Inclúe o Parque Nacional “Baixa Limia” e A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de 31.287 ha-Forma parte da “Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”-A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal.-Está incluído no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004)

Page 5: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

PROPOSTA DE AMPLIACIÓNAno 2011, pendente de aprobaciónNa serra do Laboreiro: entre Torneiros e Grou.No Encoro de Salas, ata as proximidades de maus de Salas e un pequeno tramo do río Calvos

Page 6: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

O RELEVOO territorio é de media montaña con fortes desnives e vales profundos. Na paisaxe distínguense unhas serras de cumes redondeados e achairados e outras de perfís abruptos coroadas por penedos graníticos erosionados con formas curiosas. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés.

Alto da Fontefría.

Page 7: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Destaca pola súa paisaxe agreste de masas graníticas (especialmente O Quinxo, Xurés e Santa Eufemia) en contraste con serras de contornos máis suaves. A altitude oscila entre os 125 e os 1.540 m sobre o nivel do mar, e a maior parte da zona está por enriba dos 1.000 m. Dominan as áreas ocupadas por extensos rochedos e as pendentes abruptas.

Page 8: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SERRA DO LABOREIRODescribe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo, Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave. O pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Na vertente galega nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou, Casal...).

Vista do Laboreiro desde A Cañiza

Page 9: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SERRA DE QUEGUASCon orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeada polos vales dos ríos Agro e Casal. Acada a altura máxima na fronteira con Portugal, en Corraídos, con 1.233 m.

Page 10: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

MONTES DO QUINXOMacizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Laboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas.

Page 11: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SERRA DE SANTA EUFEMIASituada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia.

Vista d Serra de Santa Eufemia desde Olelas

Page 12: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SERRA DO XURÉS/GERÈSCon orientación NE-SO. Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial.Nestas serras consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa.

Page 13: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
Page 14: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SERRA DO PISCOCompartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra.

Page 15: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

SERRA DA PENAOcupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín no límite con Portugal. O punto máis alto é o Monteagudo con 1.363 m. Esztá formada por rochas variadas: migmatitas, neis glandular da serie llo de Sapo, de granito de dúas micas e algúns diques de aplita e pegmatita.

Page 16: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

As Gralleiras (Xurés)

FORMACIÓNS ROCHOSAS DESTACADAS:Os anos de erosión crearon formas curiosas nos granitos das serras: Pica de Illa (Entrimo), As Gralleiras, Pica das Gralleiras , Pedra Furada (As Albas, Lobios), Pena de Anamán, Pena Gache...

Page 17: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Pena Gache (Laboreiro)

Page 18: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

As Gralleiras (Serra do Xurés)

Pica de Illa (serra do Quinxo)

Page 19: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

GLACIARISMO:No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares, vales glaciares (Vilameá -punto de interese xeolóxico-); moreas glaciares (Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-).

Page 20: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Val glaciar de Vilameá, rochas laterais e moreas.

Page 21: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

CLIMA:As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas especialmente baixas na parte oriental. As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla variedade de microclimas e ecosistemas de gran riqueza biolóxica.

Page 22: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

OS RÍOSO río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean; así como o río Barxas e as cabeceiras do Deva (da cunca do Miño). En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica.

O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.

Page 23: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

RÍO LIMIA/LIMANace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desemboca en Viana do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Grou, río do Casal ou da Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.

O Limia no encoro de Lindoso coa serra de Santa Eufemia ao fondo.

Page 24: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Río SalasNace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa, Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego da Portela.

Pozo Negro

Page 25: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Encoro do Salas desde o alto do Pisco

Page 26: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

As Olas do río Mao (Salas)

Page 27: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Río CaldoNace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha).

Corga da Fecha nun afluente do Río Caldo.

Área termal no río Caldo, en Lobios

Page 28: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Río Barcia ou Castro LaboreiroNace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas.

Pozas do Mallón

Page 29: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Río NauNace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos.

Page 30: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Río Pacín ou da MontañaBaixa da serra de Queguas (rego da Montaña) e recolle afluentes da serra do Quinxo (Agro e rego de Illa). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil. Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha do Fragón, Corga das Rozadas e Corga de Merlán (río da Montaña), Pozo Caído (río Pacín).

Pozo Caído

Page 31: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Río Grou Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral.Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da Ramallosa (Fragoso).

Corga de Castrelo

Page 32: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Rabo de Gato

Río Deva Nace na Serra do Laboreiro e xúntase co Miño facendo línde entre os concellos de Cortegada e Pontedeva. No espazo protexido tem as cabeceiras e os afluentes pola esquerda (Rego do Rabo de Gato, Río de Crespos...)

Rego de Gorgua (Crespos)

Page 33: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

O Barxas en Azureira

Río Barxas Nace na serra do Laboreiro e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal ata botarse no Miño en Pontebarxas.

Page 34: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

FLORAA combinación de características atlánticas e mediterráneas, xunto coas variacións altitudinais, de orientación e de composición do substrato da lugar á presenza dunha gran variedade de especies, entre as que destaca un bo número de endemismos locais, galego-portugueses ou ibéricos.

Page 35: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Mato de uces e carqueixas nos montes do Quinxo.

A maior parte do terreo está cuberto por un mato de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas máis inaccesibles consérvanse pequenos bosques: carballos, érbedos, sobreiras e acereiros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros.

Page 36: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Bosque da Barxa

Page 37: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.

Page 38: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Érbedo (Arbutus unedo). Arbusto ou pequena árbore que en Galiza aparece nas áreas de clima con influencia mediterránea.

Page 39: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Eryngium duriaei juresianum, un cardo endémico da Serra do Xurés.

Page 40: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Lirio do Xurés (Iris boissieri) iridácea endémica galaico-portuguesa, unha das especies máis emblemáticas do parque natural, que ten aquí a maior poboación das tres coñecidas en España e que está considerada en perigo crítico de extinción.

Page 41: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Armeria humilis. Un endemismo dos cumes do Xures e Leboreiro.

Page 42: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Sedum forsteranum. So se atopa no sur-leste de Galiza.

Paradisea lusitanica. Unha liliácea endémica do Norte de Portugal e NO de España. Atópase no sur de Galiza.

Page 43: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASCarballos (Quercus robur):

-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro).

-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.

Page 44: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASCerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).

-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro)

Page 45: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASCastiñeiro (Castanea sativa)

Abeleira (Padrenda): varios exemplares, o máis grande mide 8, 80 m de perímetro.

Page 46: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASSobreiras (Quercus suber)

-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).

Page 47: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

FAUNAA Serra do Xurés acolle unha importante representación da fauna silvestre galega que se atopa en todo tipo de hábitas acuáticos ou terrestres. Conta coa presenza de numerosas especies escasas e consideradas en perigo ou vulnerables.

Cabra fera (Cabra pirenaica victoriae). Foi introducida desde 1997 en substitución do endemismo local (Capra pyrenaica subsp. lusitanica) extinta en 1892.

Page 48: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

MAMÍFEROS: Censadas máis de 30 especies: destaca a presenza do desmán (Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta (Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), así como os quirópteros, con especies pouco coñecidas, como o morcego da fraga (Barbastella barbastellus). Citouse tamén o leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea.

Morcego de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum)

Page 49: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

AVES: Máis de 140 especies. Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como é o caso da aguia real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), e o bufo real (Bubo bubo) cunha pequena poboación nidificante reforzada coa solta de varios exemplares. Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o miñato abelleiro (Pernis apivorus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), e o falcón peregrino (Falco peregrinus).

Aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus)

Bufo real (Bubo bubo).

Page 50: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Aves ligadas aos rochedos e matogueiras de montaña, con moitas especies de distribución máis ou menos localizada en Galiza: o pombo pequeno (Columba oenas), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a pica campestre (Anthus campestris), o pedreiro rubio (Oenanthe hispanica), os merlos rubio (Monticola saxatilis), e azul (Monticola solitarius), a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), e o escribente hortelán (Emberiza hortulana).

Pica campestre (Anthus campestris)Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

Page 51: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

O espazo (xuntamente co Parque Nacional Peneda-Gerês) acolle algunhas das poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a pica das árbores (Anthus trivialis), a a papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanzo vermello (Lanius collurio ), o cardeal ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), e o escribente amarelo (Emberiza citrinella). O cruzabico (Loxia curvirostra), ten aquí unha das súas poucas (quizais a única) zona de cría en Galiza. Entre a avifauna acuática, ligada aos encoros, destaca a presenza como invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus) con concentracións moi notables no encoro do Salas, e a cría da píllara pequena (Charadrius dubius).

Mergullón cristado (Podiceps cristatus).Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula),

Page 52: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

RÉPTILES:15 especies: destacan a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), a cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus), a cobra riscada (Rhinechis scalaris) e, singularmente, a víbora fociñuda (Vipera latasti) que só se atopa en contados puntos da provincia de Ourense.

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)Cobregón, cobra rateira (Malpolon monspessulanus), a cobra galega que pode acadar o maior tamaño, case 2 m de lonxitude.

Page 53: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

ANFIBIOS12 especies. Destaca a salamántiga galega ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal.

Saramaganta, píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), habita nos numerosos regatos de augas rápidas en vagoadas máis ou menos sombrizas,

Page 54: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

PEIXES: Coñécense seis especies, entre as que destacan como máis características o barbo (Barbus bocagei) (a súa distribución en Galiza restrínxese ás concas do Limia e do Támega), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella (Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento (Gasterosteus gymnurus).

Espiñentos na lagoa dos Carríns

Page 55: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

INVERTEBRADOS: destaca a presenza da lesma (Geomalacus maculosus), a vacaloura (Lucanus cervus), e o cabalo do demo (Macromia splendens) (incluídas no Anexo II da Directiva Hábitats) e a bolboreta (Erebia triarius subsp. Mendesi).

Cigarra (Cicadetta montana). Antes de converterse no adulto da imaxe a larva pasa varios anos enterrada zugando saiba das raíces das árbores e matogueiras.

Bolboreta (Erebia triarius)

Page 56: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

HISTORIA/PATRIMONIO CULTURALAs terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico.

Dolme “Casa da Moura” na Serra de Queguas.

Page 57: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

A Baixa Limia foi unha importante zona de pasoa na época romana. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga.

Page 58: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Muíño no Río Nau.

Page 59: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Pontella no río da Montaña, en Queguas.

Page 60: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Albariza. As produccións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.

Chivana, un refuxio de pastores típico das montañas do Xurés.

Page 61: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Capela da Nosa Señora do Xurés (Lobios).

Page 62: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Cortes: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán. A Carballeira (Queguas)

Page 63: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Mina das Sombras (Lobios).Nos cumes da serra do Xures atópase volframio que foi explotado, sobre todo, durante a II Guerra Mundial. Pecharon definitivamente na década de 1970.

Page 64: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

USOS E APROVEITAMENTOAgrogandeiro, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica…. Destaca a raza de vacas autóctonas “cachena” de Olelas e os cabalos garranos.

Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que se está levando a cabo un programa de recuperación.

Page 65: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.

Page 66: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Alvite, un dos asentamentos máis altos na Serra do Xurés.

Page 67: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

Centro de Información do Parque Natural, en Lobios.

Page 68: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

PROBLEMASIncendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión, abandono do rural, extinción de especies, especies invasoras...…

Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo descarnado.

Page 69: LIC Baixa Limia-Serra do Xurés

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaAbril 2016