Libro de alimentación

18
CEIP VILAVERDE

Transcript of Libro de alimentación

Page 1: Libro de alimentación

CEIP VILAVERDE

3º CURSO

Page 2: Libro de alimentación

Que sabemos?

É boa para o corpo. Temos que ter unha alimentación variada. Hai que ter unha alimentación moi sá e non hai

que tomar bolería. Non é bo tomar bolería porque engordas e é malo

para a saúde. Podrece e fai que che caian os dentes. É malo para o corpo e para a mente.

O chocolate é bo porque ten unha cousa moi boa para o cerebro e a memoria, sobre todo o chocolate duro. Non é malo se é cen por cen cacao.

Algunhas barras de chocolate levan azucre que non é bo de todo.

Non se poden tomar moitas lambetadas. O azucre non é bo porque os xermes que hai nos

dentes fan que se piquen. As lambetadas e as cousas con graxa son malas

porque engordan e despois non podes correr. O polbo nas patas ten unha cousa, semellante a

cor do chocolate, que é boa para o cerebro. Unha receita dunha torta con plátano e galleta é

boa para o corpo porque ten froita e cereais. Os cereais son bos porque teñen fibra. A fibra é unha vitamina de ferro e calcio. Os cereais con chocolate só se poden comer

algunhas veces. O chocolate endurece a “caca”, mentres que o kiwi

é bo para facer “caca”. É malo tomar lentellas antes de durmir porque

teñen moito ferro. Non se pode comer moita coliflor porque é malo

para o fígado. O leite é moi bo porque ten calcio que é bo para a

saúde e os ósos. A verdura máis san é o brócoli, que xunto coas

patacas cocidas son moi boas.

Page 3: Libro de alimentación

O zume de laranxa,feito acabado de coller das árbores, ten moitas vitaminas: A e B, que serven para ser máis rápido e ter máis flexibilidade.

O almorzo non se pode saltar porque da enerxía para xogar e para ter a mente ben. É a comida máis importante do día.

Hai que variar as comidas, aínda que sexan boas, porque se comes o mesmo engordas.

Só podes tomar cousas malas, como as patacas fritas, variando de vez en cando.

As comidas hai que mesturalas porque teñen moitas vitaminas.

Os alimentos son de tipo animal e vexetal. Agrúpanse en: peixes, verduras e carne.

O peixe é bo se o comes sempre. Dáche vitaminas.

Existen dous tipos de peixes: Planos e anchos. Grandes e pequenos. De auga doce e salgada. Uns poñen ovos e outros non.

Os caracois, grilos e outros “bichos” cómense en moitos lugares do mundo.

Outro tipo de alimento é a froita. O mango é das mellores froitas porque ten calcio e

vitaminas. Hai froitas que son boas para os paxaros e malas

para os humanos. Os alimentos hai que quentalos para matar as

cousas malas que teñen. Os grupos de alimentos represéntanse pola

pirámide alimenticia e a roda dos alimentos. O alimento máis bo é a auga que aparece no

centro da roda dos alimentos. Unha forma de clasificar os alimentos é do máis

san ó máis malo. Os alimentos máis sans son: o brócoli, o peixe; e

os máis malos: a carne e os que teñen moita graxa.

Page 4: Libro de alimentación

O azucre é malo. Un pouco de azucre é bo. Cada vez que tomas azucre hai que lavar os

dentes. O azucre provoca vómitos, dor de cabeza,

colesterol. O colesterol é unha cousa que temos dentro e que

tapona as veas. O Actimel é bo para quitar o colesterol. O Actimel, o Danacol e o ketchup con patacas

fritas son malos. O ketchup se é comprado é malo porque lle botan

cousas para escurecelo, pero se está feito na casa non é malo.

Din que os produtos non son malos porque os queren vender.

Non comen o mesmo os nenos que os adultos. A carne pódena comer os nenos e os adultos. O viño e a cervexa non a poden tomar nin os

nenos nin os maiores.

Page 5: Libro de alimentación

Que queremos aprender ?

Que é a alimentación? Nunha alimentación

variada que alimentos hai que tomar?

Cando? En que cantidades?

Como son a roda dos alimentos e a

pirámide alimentaria?

É importante o azucre na alimentación?

Cando é malo?

Que son as vitaminas? Cales son? Que

teñen os alimentos ademais de vitaminas?

Que é o colesterol? E a fibra?

Cal é a comida máis importante do día? E a

máis lixeira? Por que?

Por que os alimentos cocidos son mellores

que as frituras?

Por que os alimentos preparados na casa

son máis saudables cos do supermercado?

Por onde pasa a comida no noso corpo?

Cales son as comidas típicas de Galicia? E

as de China e Sudáfrica?

Page 6: Libro de alimentación

Onde buscamos información ?

En Internet (google).

En libros de alimentos.

No libro de coñecemento.

En documentais da televisión.

Nos periódicos.

No blog do colexio.

Preguntando a papá e a mamá.

Na biblioteca do colexio.

Na biblioteca de Pontevedra.

Nas enciclopedias.

Page 7: Libro de alimentación

Que facemos coa información?

Reelaboración da información:

Que é a alimentación?

A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos,

necesaria para o desenvolvemento e a supervivencia dunha persoa.

Nunha alimentación variada que alimentos hai que tomar?

Hai que tomar de todo: carne, peixe, legumes, froita... en distinta cantidade segundo

a idade da persoa e o exercicio físico que realicemos.

Cando?

No almorzo (á mañá), xantar (á mediodía), merenda (á tarde) e cea (á noite).

En que cantidades?

Os alimentos hai que tomalo nas seguintes cantidades:

Lácteos: 2-3 racións diarias.

Verduras: 2 racións diarias.

Froitas: 3 racións diarias.

Auga: 4- 8 vasos diarios.

Legumes: 2-4 racións semanais.

Peixe: 3- 4 racións semanais.

Carne: 3-4 racións semanais.

Ovos: 3-4 racións semanais.

Froitos secos: 3-7 racións semanais.

Doces e aceites: ocasionalmente.

Como son a roda dos alimentos e a pirámide alimentaria?

A roda dos alimentos clasifica os alimentos en seis grupos segundo os nutrientes

que posúen.

A pirámide alimenticia é un gráfico que nos indica

dunha forma sinxela que tipos de alimentos son

necesarios para levar unha dieta equilibrada, e con

que frecuencia se deben consumir.

Page 8: Libro de alimentación

É importante o azucre na alimentación?

O azucre é importante na alimentación porque aporta enerxía e o corpo precisa un

pouco de todo.

Cando é malo?

O azucre é malo cando o tomas en exceso, xa que provoca enfermidades como

poden ser : a caries, diabetes, obesidade...

Que son as vitaminas?

As vitaminas son substancias que se atopan nos alimentos en pequenas

cantidades, e que son necesarias para a vida. Só se poden incorporar ó corpo por

medio dos alimentos, agás a vitamina D que é producida polo noso organismo coa

axuda do Sol.

Cales son?

Son as vitaminas: A, B, C, D, E, F,K...

Existen dous tipos:

Hidrosolubles: as que se disolven en auga. Entre elas atópase a vit. B e C.

Liposolubles: non se disolven en auga. É o caso das vits: A, D, E, K.

Que teñen os alimentos ademais de vitaminas?

Os alimentos ademais de vitaminas conteñen: proteínas, hidratos de carbono,

graxas e minerais, así como fibra, sodio e potasio.

Que é o colesterol?

O colesterol é unha graxa (alcol complexo) que tapona as veas e non deixa pasar o

sangue. Cando hai moito produce hipercolesterolemia que pode provoca

problemas cardiovasculares.

Que é a fibra?

A fibra é unha substancia presente nos alimentos vexetais que axudan a non ter

estrinximento, xa que non é absorbida polo noso corpo.

Cal é a comida máis importante do día?

Page 9: Libro de alimentación

A comida máis importante do día é o almorzo porque despois de tantas horas sen

comer nada necesitamos enerxía para empezar o día.

E a máis lixeira? Por que?

A comida máis lixeira debe ser a cea porque despois imos durmir e non

necesitamos moita enerxía, polo que a dixestión debe ser máis curta para

descansar mellor.

Por que os alimentos cocidos son mellores que os fritos?

Os alimentos cocidos son mellores porque son cociñados con auga e teñen máis

vitaminas, mentres que os fritos levan máis graxa, xa que os aceites que usan, en

exceso, son malos.

Por que os alimentos preparados na casa son máis saudables cos do

supermercado?

Os alimentos preparados na casa son máis saudables porque son máis frescos e

naturais, conservan mellor as vitaminas, non levan nin conservantes nin colorantes,

teñen menos graxas, e sobre todo, están máis ricos.

Por onde pasa a comida no noso corpo?

A comida no noso corpo pasa polo aparato

dixestivo. A comida e a auga entran pola boca onde

os alimentos son cortados e mastigados polos

dentes, logo mestúranse coa saliva. A comida

mesturada baixa polo esófago ata chegar ó

estómago onde se engaden ácidos e outras

substancias dixestivas formándose unha papa

chamada quimo (este proceso dura unhas 3

horas). Logo baixa ata o intestino- un largo tubo- onde a comida remata de

descompoñerse unhas 24 horas. As substancias útiles son absorbidas polas

paredes do intestino pasando ó sangue e o que non serve é expulsado en forma

de excrementos.

Cales son as comidas típicas de Galicia?

As comidas típicas de Galicia son, entre outras moitas : o cocido galego, o lacón

con grelos, o polbo á feira,o marisco, a empanada, os pementos de Padrón, o

Page 10: Libro de alimentación

queixo de tetilla, as filloas, as castañas, as orellas do Entroido, o roscón de Vilalba,

a torta de Mondoñedo ou a torta de Santiago.

E as de China e Sudáfrica?

As comidas típicas de China son: o arroz tres delicias, gambas vexetais, sopa de

aleta de quenlla, roliños de primavera, pan frito, porco agridoce...

Entre as comidas típicas de Sudáfrica atópase: o pincho de carne de kudu,

crocodilo, avestruz ou búfalo, o bobotie: base de carne picada con salsa picante e

moi condimentada, o sosaties: semellante a un kebab de carne e salsa picante, o

bedies: guiso con carne e legumes e o biltong: carne seca e salgada.

Que aprendemos?

A alimentación:

A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos

alimentos.

Page 11: Libro de alimentación

Nunha alimentación variada hai que tomar de todo: carne,

peixe,froita,verdura,... en distintas cantidades segundo a idade e o

exercicio físico que fagamos.

O 16 de Outubro celebrouse o Día Mundial da Alimentación.

Os alimentos:

Como se representan ?

Os alimentos represéntanse pola roda dos alimentos e a

pirámide alimenticia.

A roda dos alimentos clasifica os alimentos segundo os

nutrientes que posúe.

A pirámide alimenticia distribúe os alimentos segundo a

cantidade que se debe tomar ó día.

Que nutrientes conteñen?

Os alimentos conteñen: hidratos de carbono,graxas, proteínas,

vitaminas e minerais.

As vitaminas son substancias que conteñen os alimentos. A

vitamina D é producida polo noso corpo coa axuda do sol.

Existen moitos tipos: A, B, C, D, E, F, K...

Como axudan ou prexudican a saúde?

A fibra dos alimentos axuda ó estrinximento.

O colesterol é unha graxa que tapona as venas e non deixa

pasar o sangue.

O azucre apórtanos enerxía, se tomas moito pode producir

enfermidades: caries, obesidade ou diabetes...

Como os preparamos?

Os alimentos preparados na casa son máis saudables porque

non levan conservantes nin colorantes.

Os alimentos cocidos son mellores que os fritos porque non

levan tanta graxa.

Page 12: Libro de alimentación

As comidas:

Cantas facemos ó día?

Realizamos 4 comidas ó día: almorzo, xantar, merenda e cea.

A comida máis importante é o almorzo porque nos aporta

enerxía para todo o día.

A cea debe ser a máis lixeira xa que imos durmir, e cunha

dixestión curta descansamos mellor.

Por onde pasa no noso corpo?

A comida no noso corpo pasa polo aparato dixestivo. Entra

pola boca, baixa polo esófago ata o estómago onde se forma o

quimo e pasa ó intestino.

Cales son as típicas?

De Galicia: cocido galego, polbo á feira,empanada, marisco,

castañas , filloas, orellas de entroido, torta de Santiago...

De China: arroz tres delicias, sopa de aleta de quenlla, roliños

de primavera, pan frito chino...

De Sudáfrica: pinchos de carne de avestruz, búfalo,

crocodilo...

Traballo en equipo:

Estamos aprendendo a:

Distribuír as tarefas dentro do grupo.

Respectar a opinión dos demais, sen enfadarnos cos

compañeiros e coas compañeiras

Page 13: Libro de alimentación