Libraría O Fiandón (Rúa San Roque, 11 Casa da Fariña ...feminismos, enerxía, economía e...

2
A EMO é unha proposta aberta para repensar a democracia desde o local, no que estarán participando distintas propostas municipalistas e tamén representantes de movementos sociais, academia e partidos políticos. Un espazo imprescindible para enfrontar o desafío que representan as eleccións municipais de maio de 2019. Libraría O Fiandón (Rúa San Roque, 11) Casa da Fariña (Praza da Fariña - Azcárraga) A Escola Municipalista de Outono (EMO) é un encontro de debate, reflexión e formación en torno ao municipalismo e a súa potencialidade como movemento transformador e de ruptura, que se celebrará na Coruña os días 16 e o 17 de novembro de 2018.

Transcript of Libraría O Fiandón (Rúa San Roque, 11 Casa da Fariña ...feminismos, enerxía, economía e...

Page 1: Libraría O Fiandón (Rúa San Roque, 11 Casa da Fariña ...feminismos, enerxía, economía e vivenda O Fiandón | 19.00 - 20:30 Tras 3 anos da chegada ás institucións por parte

A EMO é unha proposta aberta para repensar a democracia desde o local, no que estarán participando distintas

propostas municipalistas e tamén representantes de movementos

sociais, academia e partidos políticos. Un espazo imprescindible para

enfrontar o desafío que representan as eleccións municipais de maio de 2019.

Libraría O Fiandón(Rúa San Roque, 11)

Casa da Fariña(Praza da Fariña - Azcárraga)

A Escola Municipalista de Outono (EMO) é un encontro de debate,

reflexión e formación en torno ao municipalismo e a súa potencialidade como movemento transformador e de ruptura, que se celebrará na Coruña os

días 16 e o 17 de novembro de 2018.

Page 2: Libraría O Fiandón (Rúa San Roque, 11 Casa da Fariña ...feminismos, enerxía, economía e vivenda O Fiandón | 19.00 - 20:30 Tras 3 anos da chegada ás institucións por parte

Venres, 16 de novembroENCONTRO ABERTOO auxe dos fascismos en EuropaO Fiandón | 17.30 - 19:00No ocaso dos violentos anos dez o fascismo esténdese de novo por Europa. O discurso anti-inmigración renova as vellas teorías racistas, pero sen dúbida, non consigue enmascaralas. No Estado español agroma tamén un fascismo autóctono servíndose da confrontación interna ao Estado. Solidariedade e apoio mútuo, empatía e perspectiva de clase. As cidades sen medo, os movementos sociais autónomos e algunhas institucións “rebeldes” plantan cara ás novas formas de darwinismo social que asoman a cabeza nos preámbulos do S. XXI.

Presenta: Sara Ribeiro (Espiral - Mocidade Republicana Galega)

Participan: Miguel Urbán (eurodeputado de Podemos e Secretario de Europa desta formación), Maria Manuel Rola (Deputada na Assembleia da República de Portugal e membro da Comisión de Exteriores)

Modera: Marcos Pérez Pena (Xornalista)

ENCONTRO ABERTOO ciclo político no Estado: límites e potencialidades do asalto institucionalO Fiandón | 19.30 - 21.00Transcurridos xa casi catro anos dende o asalto institucional da primaveira de 2015, e unha vez contrastada a hipótese municipalista co exercicio do poder e das labores de oposición nos concellos do Estado, compre analizar as luces e as sombras deste ciclo, así como avaliar o estado da ferramenta municipalista de cara a novos retos. Segue vixente a hipótese municipalista? Aínda nos serve a ferramenta para afrontar o novo ciclo?

Participan: Celtia Traviesas (Asociación M), José Mejias (Ganemos Jerez), Sabela Pérez (Marea Atlántica), Enric Bárcena (Barcelona en Comú), Martiño Xosé Vázquez (Ourense en Común), Laura Arroyo (Reacciona Talaveruela)

Sábado, 17 de novembroOBRADOIRO ABERTO (PREVIA INSCRICIÓN)ComunicaciónA Casa da Fariña | 10:00 - 12:00Como xestionar a comunicación nas nosas organizacións nun escenario no que os grandes medios de comunicación usan todo o seu poder para atacar as alternativas de ruptura? Como enfrontar a deriva das fake news e do uso masivo de algoritmos e datos privados para que as elites coloquen as súas mensaxes e a súa propaganda? Como aproveitar as redes sociais para comunicar as necesidades de cambio? Que papel xogan e poden xogar os medios comunitarios e a prensa alternativa?

Participan: Mariano Fernández Cabarcos (Red Estatal de Medios Comunitarios), Cris Díaz Pardo (Xornalista), Inés Dopazo (Equipo de Prensa do Concello de Compostela).

OBRADOIRO ABERTO (PREVIA INSCRICIÓN)ParticipaciónLibraría O Fiandón | 10:00 - 12:00Son as sociedades máis xustas canto máis participadas? Que ten que significar a participación para acadar unha sociedade máis xusta? Participación é unha desas palabras que se repiten desde 2011 con forza. Entre as demandas do 15M atopábase a dunha maior participación da cidadanía na vida pública, ben promovendo ILPs, referendos… Todo tipo de organismos se sumaron ao mantra da participación e con todo, pouco nos temos parado a examinar o seu significado.

Participa: Laia Forné Aguirre (asesora da Concellaría de Participación e Territorio de Barcelona)

OBRADOIRO ABERTO (PREVIA INSCRICIÓN)FacilitaciónA Casa da Fariña | 12:30 - 14:30Que tipo de organizacións queremos para facilitar que se cumpran os obxectivos do colectivo coidando á vez ao grupo humano? Que tipo de activismo e militancia buscamos dentro das organizacións? Que ferramentas aplicamos e cales podemos aplicar na procura dunha participación sostible, sana e produtiva? Estas son algunhas das preguntas que tratemos de responder de xeito colectivo no obradoiro. Se estás nunha asociación ou organización e queres explorar as viabilidades.

Participan: María Martínez Quintana (Mediadora e facilitadora de grupos. Coordinadora do Grupo de Mediación da Marea Atlántica) e Brais García Fernández (Sociólogo especializado en democracias e metodoloxías para a participación)

OBRADOIRO ABERTO (PREVIA INSCRICIÓN)MobilizaciónLibraría O Fiandón | 12:30 - 14:30Despois do período de grandes mobilizacións cidadás durante os anos 2012 a 2014, vivimos uns anos de refluxo, onde o protagonismo dos impulsos de ilusión e cambio e trasladaron cara a batalla institucional. Porén, no último ano estase a experimentar unha recuperación da pulsión fóra das institucións, co movemento feminista e a loita das pensións como puntas de lanza. Como lograr unha gran mobilización ao redor dos grandes desafíos que debemos afrontar no municipalismo no futuro máis próximo?

Participan: Enric Bárcena (membro da executiva de Barcenola En Comú e da plataforma vecinal Fem Sant Antoni) e Bea Martínez (Concelleira do Districte d´Horta-Guinardó - Barcelona)

Máis información e inscricións na web de M: www.eme.gal

Sedes:Libraría O Fiandón (Rúa San Roque, 11)Casa da Fariña (Praza da Fariña - Azcárraga)

ENCONTRO ABERTOPresentación do libro Del ecomunicipalismo a las puertas de la cárcelO Fiandón | 17:00 - 18:30Loita e traballo. Así define as políticas de Extremeños Carcaboso Alberto Cañedo, excaldalde do municipio cacereño e autor do libro Del ecomunicipalismo a las puertas de la cárcel. Condenado por varias sentenzas xudiciais a 17 anos de inhabilitación e coa obriga de pagar máis de 120.000€, atópase agora a piques de entrar en prisión polas políticas ecoloxistas que puxo en marcha durante o seu mandato, enfrontando intereses das elites locais e autonómicas.

Participan: Laura Arroyo (Reacciona Talaveruela) e Alberto Cañedo (exalcalde de Carcaboso e autor do libro)

ENCONTRO ABERTORetos para o municipalismo en catro bloques: feminismos, enerxía, economía e vivendaO Fiandón | 19.00 - 20:30Tras 3 anos da chegada ás institucións por parte das candidaturas municipalistas, algunha acadando posicións de goberno e outras exercendo oposición, toca facer balance do percorrido levado a cabo, dos puntos fortes e dos débiles, e analizar os retos a afrontar no futuro. Neste faladoiro exporemos os grandes desafíos para os anos vindeiros: economía, feminismo, enerxía e vivenda.

Participan: Bloque de Economía: Carlos Sánchez Mato (Concelleiro nas Xuntas Municipais dos Distritos de Vicálvaro e A Latina, Madrid) Bloque de Vivenda: Estefanía Calo (Socióloga e doutora experta en vivenda, profesora da UDC) Bloque de Feminismo: Saínza Ruiz (Concelleira de Mocidade, Benestar social, Igualdade e Muller en Ferrol) Bloque de Enerxía: Antón Sánchez (Vicevoceiro de En Marea no Parlamento Galego)