Letras galegas 2008

13
17 de Maio de 2.008 Día das Letras Galegas Este ano , a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, ó escritor Xosé María Álvarez Blázquez, polo seu labor como editor e pola súa defensa da lingua e a cultura galega. CEIP Quintela de Moaña

description

Breve biografía de Xosé María Álvarez Blázquez

Transcript of Letras galegas 2008

Page 1: Letras galegas 2008

17 de Maio de 2.008Día das Letras Galegas

Este ano , a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, ó escritor Xosé María Álvarez Blázquez, polo seu labor como editor e pola súa defensa da lingua e a cultura galega.

CEIP Quintela de Moaña

Page 2: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez mestre

O escritor Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui (Pontevedra) no ano 1915.

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra

Unha vez aprobadas as oposicións de mestre, tivo a súa primeira escola na Guarda, e logo en Coia (Vigo).

CEIP Quintela de Moaña

Page 3: Letras galegas 2008

A Familia

Casou co seu grande amor Mª Luisa Cáccamo e tivo seis fillos:Berta,a pintora, Alfonso ,Celso e Xosé Mª,educadores e escritores ,Elena e Colorín

O seu irmán Emilio ,tamén escribía e publicou con el ”Poemas de ti en min”.Tamén o fixeran o seu tío Xerardo Álvarez Limeses , o seu avó Emilio e o seu pai Darío.A súa curmá Amalia foi a dona de Alexandre Bóveda,e sobriños seus son Carlota Álvarez Basso,directora do Museo Marco e Darío ,afamado pintor.

CEIP Quintela de Moaña

Page 4: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez e Galicia

En 1933 entrou nas Mocidades Galeguistas, e en 1936 no Partido Galeguista.

Sempre traballou activamente en defensa da nosa cultura

CEIP Quintela de Moaña

Page 5: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez e a guerra

No ano 1936, (ano en que empezou a guerra civil) o seu pai foi fusilado por resistir en Tui contra as tropas sublevadas do xeneral Franco.

Despois diso, el é desterrado como castigo a unha escola de Zamora, pero antes é obrigado a entrar no exército,cumprindo servizo no Hospital Militar de San Caetano en Santiago. CEIP Quintela de MoañaCEIP Quintela de Moaña

Page 6: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez escritor

Aos dezasete anos publicou o seu primeiro libro de poemas, «Abril» e fundou a revista literaria «Cristal».

Os seus libros máis coñecidos son, quizais, «A pega rabilonga e outras historias de tesouros», en prosa e «Roseira do teu mencer» volume de poemas dedicado á súa filla Colorín.

CEIP Quintela de Moaña

Page 7: Letras galegas 2008

Roseira do teu mencer

É un poemario que lle dedicou á súa filla “Colorín”,no seu primeiro aniversario.

NENA,NENIÑA,PEQUERRECHIÑA,DURME,QUE XA DURMENO GALO E A GALIÑA.DÚRMETE AXIÑA…

SE NON TE DURMES,VEN A RAPOSAQUE GARDA O SONO DOS NENOS NA FOSA;SE NON TE DUMES,VEN A MARTARAÑA,QUE TODO O SONO DOS NENOS APAÑA;SE NON TE DUrMES,VEN A DONICELA,QUE TODO O SONO DOS NENOS ARELA…

CEIP Quintela de Moaña

Page 8: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez e a Real Academia Galega

Ao remate da guerra, no 1939, comeza a traballar activamente en defensa da nosa cultura, ingresando, dez anos despois, na Real Academia Galega, como membro correspondente e no 1962 xa é elixido como membro numerario, ocupando a vacante de Aquilino Iglesias Alvariño.

CEIP Quintela de Moaña

Page 9: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez editor

Fundou dúas editoriais: Editorial Monterrey e Edicións Castrelos adicadas á publicación de  libros galegos. Nesta última editorial publicou «O Catecismo do Labrego», que acadou a categoría de primeiro «superventas» da literatura galega.

CEIP Quintela de Moaña

Page 10: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez e a arqueoloxía

No ano 1949 é nomeado Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo.

Publica numerosos artigos periodísticos e estudios de arqueoloxía.

CEIP Quintela de Moaña

Page 11: Letras galegas 2008

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ ,cronista

Escribiu artigos coas súas investigacións para case todos os xornais do momento:El Correo Gallego,Faro de Vigo,La Noche,Diario de Pontevedra.Colaborou en programas de radio e pronunciou conferencias.

Algúns dos seus artigos foron gabados e premiados en diferentes certames. Porén, un dos títulos que Álvarez Blázquez recibe con maior satisfacción é o de Cronista Oficial da Cidade de Vigo, nomeamento outorgado en 1976.

CEIP Quintela de Moaña

Page 12: Letras galegas 2008

Álvarez Blázquez, un galego polifácetico

Ao longo da súa vida foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folclore e a prehistoria e foi o co fundador da primeira editorial no noso idioma.

Faleceu en Vigo no ano 1985 por mor dunha afección cardíaca.

CEIP Quintela de Moaña

Page 13: Letras galegas 2008

Bibliografía

Páxina Web do Seminario Galán Páxina Web de Celso Álvarez Cáccamo Páxina Web da BVG Páxina Web 17 de maio Biografía de Darío Xohán Cabana(Xerais)

Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do CEIP Quintela de Moaña