LENDA 2º CICLO

6
Proxecto Interdisciplinar CEIP San Isidro Páxina 11 LENDA 2º CICLO PRIMARIA A SERPE DO BELELLE Nun pozo negro do río Belelle no concello de Fene, vivía unha grande serpe alada cuberta de anchas escamas, que durmía arrolada no berce das augas con sabas de limo e colcha de xuncos e de herbas acuáticas. Era moi viaxeira. As ás pequerrechas a penas conseguían soportar o voluminoso corpo nun voo rasante. Con moito esforzo chegaba ata a praia de Cabana, onde tomaba as nove ondas, ou os nove baños, xa que quería ter fillos. Quen a vía quedaba aterrorizado. O medo estendeuse e planearon matala. Xuntáronse veciños de varias aldeas e argallaron facer cuns madeiros unhas puntiagudas estacas, a modo de afiadas lanzas. Colocáronas, coas puntas para arriba, para que quedase espichada nestas lanzas nun dos seus voos que facía ata a praia de Cabanas. E alí un día quedou espichada. Os berros do animal escoitáronse a gran distancia. As escamas defensivas do seu corpo nada puideran ante o home, depredador insaciable. Agora as augas do río Belelle xa non cantarean, laian. PIÑEIRO,E e GÓMEZ,A. De Lenda en Lenda. 1-.PREGUNTAS COMPRENSIÓN o Onde vivía a serpe da lenda? o Ata onde voaba tódolos días? o Por qué tomaba os nove baños? o Que fixeron os vecinos para conseguir que abandonase o lugar?

description

Unidade didáctica sobre a lenda da serpe do Belelle

Transcript of LENDA 2º CICLO

Page 1: LENDA 2º CICLO

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 11

LENDA 2º CICLO PRIMARIA A SERPE DO BELELLE

Nun pozo negro do río Belelle no concello de Fene, vivía unha grande serpe alada cuberta de anchas escamas, que durmía arrolada no berce das augas con sabas de limo e colcha de xuncos e de herbas acuáticas. Era moi viaxeira. As ás pequerrechas a penas conseguían soportar o voluminoso corpo nun voo rasante.

Con moito esforzo chegaba ata a praia de Cabana, onde tomaba as nove ondas, ou os nove baños, xa que quería ter fillos.

Quen a vía quedaba aterrorizado. O medo estendeuse e planearon matala. Xuntáronse veciños de varias aldeas e argallaron facer cuns madeiros unhas puntiagudas estacas, a modo de afiadas lanzas. Colocáronas, coas puntas para arriba, para que quedase espichada nestas lanzas nun dos seus voos que facía ata a praia de Cabanas. E alí un día quedou espichada. Os berros do animal escoitáronse a gran distancia. As escamas defensivas do seu corpo nada puideran ante o home, depredador insaciable.

Agora as augas do río Belelle xa non cantarean, laian. PIÑEIRO,E e GÓMEZ,A. De Lenda en Lenda.

1-.PREGUNTAS COMPRENSIÓN

o Onde vivía a serpe da lenda?

o Ata onde voaba tódolos días?

o Por qué tomaba os nove baños?

o Que fixeron os vecinos para conseguir que abandonase o

lugar?

Page 2: LENDA 2º CICLO

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 12

2-.FACEMOS UN ACRÓSTICO?

Un acróstico é una composición poética na que as letras iniciais

formban un vocablo ou unha frase. Fai ti un poema que empece

coas letras:

N………………………………………………………………………….

E………………………………………………………………………….

D………………………………………………………………………….

A………………………………………………………………………….

3-.ENCRUCILLADO

B E 1 . --- --- --- --- ---

2 . --- --- --- --- --- ---

3 . --- --- --- --- ---

4 . --- --- --- --- ---

5 . --- --- --- --- --- --- --- ---

6. --- --- --- --- ---

7. --- E --- --- --- ---

1. Cuna

2. Plantas

3. Que ten alas

4. Animal

5. Lugar no concello

de Fene.

6. Berrar, gritar

7. Grito, brado, brúo

Page 3: LENDA 2º CICLO

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 13

4-.LOCALIZA NESTA SOPA DE LETRAS CINCO PALABRAS

RELACIONADAS CO RÍO

PRESA

EMBALSE

MUÍÑOS

MAR

TROITAS

t n d p r e s a i

e r l o o r t m m

m e o o p a a c a

b r o i t a s p r

a a b a t o s a s

l r e d d a p l e

s c u a t i s a s

e n n t p r c p g

m u i ñ o s b u x

Page 4: LENDA 2º CICLO

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 14

PRACTICAMOS MATEMÁTICAS…

5-. Un grupo de 132 persoas queren viaxar por mar na praia de

Cabañas. Poden facelo en barcas de 4 prazas ou de 5 prazas.

Que tipo de barca teñen que elexir para que non quede ninguna praza

libre?

Datos:

Operación:

Solución:

6-.Uxía nadou 3hm e 50 m pola mañá e 2 hm e 30 m pola tarde.

Cantos metros nadou pola mañá máis ca pola tarde?

Datos:

Operación:

Solución:

Page 5: LENDA 2º CICLO

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 15

COÑECEMOS O NOSO MEDIO...

Localiza no mapa os muíños do Río Belelle:

1-……………………………………………………………………….

2-……………………… ………………………………………………

3-………………………………………………………………………

4-………………………………………………………………………

5-……………………………………………………………………..

6-……………………………………………………………………….

Page 6: LENDA 2º CICLO

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 16

PRACTICAMOS INGLÉS

Write the words on their places

a. head b. wings c. eyes d. body e. nose f. mouth