LECTURAS POLA IGUALDADE

31
Selección de libros 2010-2011

description

Selección de libros da biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña)

Transcript of LECTURAS POLA IGUALDADE

Page 1: LECTURAS POLA IGUALDADE

Selección de libros

2010-2011

Page 2: LECTURAS POLA IGUALDADE

A BANDA SEN FUTURO

Marilar Aleixandre

“A banda sen futuro” reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón. Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.

Page 3: LECTURAS POLA IGUALDADE

A CABEZA DE MEDUSA

Marilar Aleixandre

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido.

Page 4: LECTURAS POLA IGUALDADE

A MALVADA MARIA XOSE

Miguel Vázquez Freire

María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas. Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada. A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla.

Page 5: LECTURAS POLA IGUALDADE

A SOMBRA DESCALZA

An Alfaya

Unha adolescente vai descubrindo os segredos que camiñan pola casa familiar entre o silencio. A violencia da guerra e unha posguerra chea de dor, as feridas que non se dan pechado e as mulleres da familia arrastrando cargas demasiado pesadas. A rapaza que coñecemos ao principio do relato non será a mesma ao remate.

Page 6: LECTURAS POLA IGUALDADE

ANAGNÓRISE

Mª Victoria Moreno

O protagonista principal é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente , que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocorrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

Page 7: LECTURAS POLA IGUALDADE

AS FLORES RADIOACTIVAS

Agustín Fernández Paz

Na Fosa Atlántica, onde ata os anos oitenta se deitaron refugallos nucleares, unha mancha brillante ergue as alarmas. Non é para menos. Trátase dunhas estrañas flores mutantes que espallan co seu cheiro un andazo pacifista. Alba consegue burlar o cerco militar, descubrir o seu segredo e, da man dun colectivo ecoloxista, divulgar o arrecendo polo mundo para evitar máis guerras.

Page 8: LECTURAS POLA IGUALDADE

ATLAS DE LAS MUJERES EN EL

DESARROLLO DEL MUNDO

Cándida Gago García

Este libro recolle cartografía temática a escala mundial das diferenzas entre homes e mulleres. Inclúe estatísticas sobre índices de pobreza, natalidade, preferencias de sexo no nacemento, na educación, na saúde, na economía e o traballo, na violencia de xénero ou no dereito e na participación na vida política. Datos que evidencian un mundo ancorado aínda na discriminación cara ás mulleres na maior parte dos países en vías de desenvolvemento e mesmo incluso nos países máis avanzados

Page 9: LECTURAS POLA IGUALDADE

VIAXE Á ILLA REDONDA

H. Villar Janeiro

Esta novela comeza un 21 de xuño, o día en que remata o curso e se abre para Dores, a protagonista, o tempo cheo de ilusións das vacacións do verán. A vitoria nunha divertida e orixinal competición deportiva –unha carreira de caracois- vaille dar a oportunidade de emprender unha viaxe a Illa Redonda, un lugar fermoso e máxico onde as fantasías poden converterse en sorprendentes realidades. Dores chegará a Illa Redonda acompañada pola súa avoa, unha simpática e imaxinativa muller que coa chegada do verán cambia as súas dedicacións habituais pola de contadora de contos.

Page 10: LECTURAS POLA IGUALDADE

CANDO OS GATOS SE SENTEN

TAN SÓS

Mariasun Landa

A Maider preocúpalle a súa gata Ofelia porque di que os gatos se senten moi sós. A ela tamén lle pasa algo parecido, dende que a súa nai decidiu volver traballar no teatro e o seu pai foi vivir só unha tempada. A cousa complícase o día en que Ofelia escapa do casa e Maider sae na súa busca sen consciencia ningúnha do perigo.

Page 11: LECTURAS POLA IGUALDADE

CITA EN BERLÍN

Isolde Heyne

Ós 14 anos, Inka, nunha viaxe que fai coa súa clase a Berlín, volta a atravesar o territorio da Alemania oriental, por primeira vez dende que, catro anos antes, qivo que abandonar o país que a viu nacer. Durante o traxecto revive as súas lembranzas, especialmente o difícil que foi a adaptación á súa nova vida na Alemania occidental. Se daquela puidese, voltaría de novo ó seu país de orixe. Mais unha serie de acontecementos fan que mude de opinión. Por fin Inka séntese moi unida á súa nai, á que vai descubrindo pouco a pouco como tal.

Page 12: LECTURAS POLA IGUALDADE

COMO SALIVA EN LA ARENA

Kordon Klaus

Munli, unha moza campesiña, pertencente á caste dos chamados campesiños sen terra, decide fuxir da súa aldea cando o seu pai infórmalle da súa próxima voda cun home maior e moi violento, e cuxa primeira muller morreu vítima das súas malleiras. Na súa fuxida busca refuxio nunha banda de baghis (bandoleiros) capitaneados por Neera, unha muller. Cando o campamento é tomado polo exército, é feita prisioneira, pero consegue fuxir e chegar ata a cidade de Allahabad, a beiras do río Ganges, onde sobrevive mendigando. A dureza da súa vida chega a límites insospeitados; con todo, aquí atopará a un grupo de mulleres que lle axudarán non só a saír da miseria, senón que lle ensinan a ser persoa

Page 13: LECTURAS POLA IGUALDADE

EL PAN DE LA GUERRA

Deborah Ellis

Parvana é unha moza de once anos que vive coa súa familia en Kabul, a capital de Afganistán, durante a época do goberno talibán. Cando o seu pai é detido, a súa familia -sen recursos para poder vivir-, buscará unha solución desesperada: Parvana, que por ser muller ten prohibido gañar diñeiro, deberá transformarse nun mozo e traballar. Primeiro, lendo a correspondencia no mercado á xente que é analfabeta e, pouco despois, vendendo tamén tabaco con outra moza "disfrazada". Mentres, a súa familia marcha a Mazar a casar á filla maior. Pero a cidade, que estaba en mans dos rebeldes, é tomada polos talibán, quedando atrapados alí. O pai de Parvana sae do cárcere e ambos emprenden viaxe para reunirse con elas.

Page 14: LECTURAS POLA IGUALDADE

EU TAMÉN SON MANIÁTICA

Ann MacPherson

“Eu tamén son maniática “trata dunha nena duns 13 ou 14 anos que ten un diario moi segredo e anda a agochalo do seu irmán; nel fala de cousas como as amigas, os mozos , a escola, os seus problemas… Tamén ofrece moita información psicolóxica para as rapazas con anorexia, soños extranos e moitos problemas máis que afectan a unha adolescente.

Page 15: LECTURAS POLA IGUALDADE

KONRAD O EL NIÑO QUE SALIÓ

DE UNA LATA DE CONSERVAS

Christine Nöstlinger

Unha muller recibe un día un paquete de correo, pero non se trata dun paquete calquera. O paquete é enorme, e cando o abre descobre a un neno de sete anos chamado Honrade. A señora, que nunca había coidado a nenos, fai o que pode, e pasan momentos divertidos xuntos. Pero chega un día en que lle din que o paquete non era para ela, que houbera un erro. A señora fai o posible para que non leven a Konrad.

Page 16: LECTURAS POLA IGUALDADE

LA CAZADORA DE INDIANA

JONES

Asun Balzola

Christie, unha intelixente moza con complexo de obesidade, acode a un colexio británico en Bilbao, no que estuda a pesar do mermada que está a economía familiar tras a morte do seu pai. Un día a súa nai o entrega unha cazadora grande, unha peza que como tantas outras ha de herdar dos seus irmáns; e de nada vale a protesta de Christie para evitar asistir ao colexio así ataviada. Ao chegar a clase, os seus compañeiros rinse, pero ela non se arredra e inventa unha fabulosa historia: esa cazadora é a que Harrison Ford usou na película de Indiana Jones, e ela proponse alugala ós seus crédulos compañeiros para obter algún diñeiro.

Page 17: LECTURAS POLA IGUALDADE

JULIE Y LOS LOBOS

Jean C. George

Julie (Miyax) é unha moza esquimal de trece anos. Cando a casan á forza, foxe e termina perdida na tundra xeada. Recorda entón como Kapugen, o seu pai, explicoulle «que os paxaros e os animais tiñan un idioma propio e se un escoitábaos e observábaos podía aprender quen eran os seus inimigos, onde estaba a súa comida e cando se aproximaban as grandes tormentas». E familiarízase cunha familia de lobos, aos que observa para «discernir cales eran os movementos e sons que expresan simpatía e amizade», e chegar a coñecer os códigos da súa «linguaxe de saltos e revolcones».

Page 18: LECTURAS POLA IGUALDADE

MATILDA

Roald Dahl

Matilda é unha nena con moito talento, amante dos libros e o estudo. Os seus pais, os señores Wormwood, non valoran á súa filla, é máis, constantemente táchana de ignorante e estúpida e Matilda, farta de insultos, decide vingarse deles facéndolles trastadas moi divertidas. Na escola, atopa a unha directora horrible, a señora Trunchbull e tamén a unha profesora deliciosa, a señorita Honey, coa que congenia enseguida. Matilda confésalle que ten máxicos poderes para mover obxectos do seu sitio. Moi pronto deberá demostralo para liberar á señorita Honey da tiranía da directora.

Page 19: LECTURAS POLA IGUALDADE

MECANOSCRITO DA SEGUNDA

ORIXE

Manuel de Pedrolo

Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno até facer do amor o acontecemento central das súas vidas.

Page 20: LECTURAS POLA IGUALDADE

EL ABRIGO VERDE

María Gripe

A nai de Fredrika cómpralle o mesmo abrigo verde que leva posto outra nena, chamada Madeleine Strand, para que a súa filla ? á que considera un desastre - parézase máis a esta. Curiosamente, Britt, unha compañeira de clase con problemas de autoestima e de relación cos demais, aparecerá con outro abrigo verde idéntico ao de Fredrika, xa que a admira moito e desexa parecerse o máis posible a ela.

Page 21: LECTURAS POLA IGUALDADE

O CENTRO DO LABIRINTO

Agustín Fernández Paz

A mediados do século XXI a doutora Sara Mettmann, integrante do G-12, o grupo que rexe os destinos de Europa, viaxa a Galicia co seu fillo David. Mentres ela viaxa ao pasado mirando os petróglifos, David aventúrase no seu aeromóbil e intérnase nunha bosque tentado pola oportunidade de experimentar practicamente o seu xogo preferido de realidade virtual.Coñece así a un grupo da resistencia ás Leis de Unificación cultural e lingüística (co euroinglés) que impuxeran un modelo social negador da diversidade. O descubrimento da colonia de resistentes cambia a David e confirma á súa nai na idea de elaborar un informe estratéxico sobre a necesidade dun cambio radical que tolere a diferenza. Pero os grandes centros do poder non comparten o seu criterio e tratan de boicotealo.

Page 22: LECTURAS POLA IGUALDADE

O CLUB DA CALCETA

María Reimóndez

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora..

Page 23: LECTURAS POLA IGUALDADE

O INFERNO DE MARTA

Pasqual Alapont

Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí. Esta novela de Pasqual Alapont, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. Esta é a historia de Marta, unha moza que se enamorou da persoa equivocada; pero tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. O libro complétase con A máscara do amor, un texto no que o psicólogo e criminalista Vicente Garrido analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

Page 24: LECTURAS POLA IGUALDADE

OS ESCARABELLOS VOAN

Á TARDIÑA

María Gripe

Tres rapaces exploran unha casa abandonada e atopan varios enigmas: unha planta que capta palabras e sentimentos, unha voz que xoga ó xadrez por teléfono, un extraño escaravello... Claves dunha apaixonante novela de intriga e misterio que te vai atrapar desde a primeira páxina.

Page 25: LECTURAS POLA IGUALDADE

OLIMPITA

Hernán Migoya- Joan Marín

Olimpita e Carmelo teñen unha pescadería no mercado da Abacería, do barrio barcelonés de Gràcia. Olimpita é tímida, sumisa, unha boa muller. Carmelo é un incondicional do Barça, charnego, chapado á antiga e afeito levar os pantalóns en casa. Cando as cousas van mal, Carmelo as paga con Olimpita e cando van ben... tamén. As vidas de Olimpita e Carmelo cambiarán para sempre cando Ass, un senegalés que chegou a Barcelona en busca do futuro que non atopa no seu país, empeza a traballar na súa pescadería.

Page 26: LECTURAS POLA IGUALDADE

QUIÉREME BIEN

Rosalind B Penfold

Rosalind namórase de Brian, un viúvo con catro fillos, e decide iniciar unha nova vida con ese home que ao principio a chea de atencións e intenta cegala. Rosalind deixa de lado o seu traballo e os seus amigos para poder integrarse mellor na nova familia, e aos poucos perde o que era seu para acabar sendo pura e sinxelamente "a moza de Brian". A medida que pasa o tempo, os xestos do home revelan o seu verdadeiro carácter: Brian non é só impulsivo, senón violento; ese amor por ela que esixe exclusividade esconde montañas de egoísmo e inseguridade, e esa familia en aparencia feliz vive co medo no corpo, sen saber ben como reaccionar ante os arrebatos de ira do home

Page 27: LECTURAS POLA IGUALDADE

RAPAZAS

Agustín Fernández Paz

Como cada Nadal, vén a avoa, Mamá Sara, a pasar uns días xunto a Marta, á cidade. A moza vai con ela ao mercado da Praza Real para comprarlles un cinto aos vendedores africanos, cos que lle gusta conversar. De volta en casa, a avoa comenta escandalizada as confianzas que a moza ten con eses estranxeiros tan perigosos e intrusos no noso país. Marta sorpréndese desta reacción da anciá, que logra entender cando a súa nai explícalle que é consecuencia da educación que sufriu, pois nos seus tempos ata se falaba nos libros de catro razas humanas e pedíase diñeiro para os "negriños”.

Page 28: LECTURAS POLA IGUALDADE

ROSA, MIÑA IRMÁ ROSA

Alice Vieira

Para Mariana non é sinxelo acepta-la súa nova irmá. Aos seus dez anos, Mariana cre que non hai nada capaz de modifica-los costumes da casa. E, sen embargo, a pequena Rosa faralle comprende-lo trabucada que está.

Page 29: LECTURAS POLA IGUALDADE

USHA

María Reimóndez

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.

Page 30: LECTURAS POLA IGUALDADE

VALDEMULLER

Xosé A. Neira Cruz

Minia cumpre quince anos e está preparando a celebración habitual na súa familia aínda que non de moi bo grao. A sorte fai que algúns dos tópicos da festa sufran certos cambios involuntarios como o ocorrido co elegante traxe que lle prepararon. Un agasallo misterioso é o desencadenamento dunha investigación. Minia recibe un colgante en forma de estrela ante o cal toda a súa familia experimenta un certo nerviosismo. A moza, aos poucos e con axuda da súa tía Olga, vai descubrindo os segredos que esconde o agasallo e as historias que oculta a súa familia. Emprende unha viaxe cara a Valdemuller, o lugar no que reside a súa tía-avoa Estrela e, á vez que descobre o que significa ser unha "filla da lúa", experimenta un proceso de autoconocimiento e maduración que lle axudarán a continuar a súa vida desde outra perspectiva.

Page 31: LECTURAS POLA IGUALDADE

Agradecementos á biblioteca da Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela, pola suxestión de boa parte dos títulos desta guía.

BIBLIOTECA

IES Poeta Añón -Outes-

Curso 2010-2011