LABORATORIO DE PENSAMENTO 19|25|26 BREVE NOV

9
LABORATORIO DE PENSAMENTO BREVE Dossier de prensa 11|12|18 19|25|26 NOV

Transcript of LABORATORIO DE PENSAMENTO 19|25|26 BREVE NOV

LABORATORIODE PENSAMENTOBREVEDossier de prensa

11|12|1819|25|26

NOV

A Cidade da Cultura de Galicia énchese de vida. Exposicións, concertos, espectáculos de artes escénicas, encontros de artistas, ciclos litera-rios, seminarios, foros de debate,  todo un programa cultural dirixido a estimular a creatividade e o coñecemento.

O complexo deseñado por Peter Eisenman no monte Gaiás de Santiago ponse en marcha como un novo espazo para VISITAR, un territorio onde EXPLORAR todas as súas posibilidades culturais e artísticas, unha factoría onde CREAR novos proxectos, un lugar para APRENDER e  INTERCAMBIAR experiencias, e unha infraestruturas disposta a SUMAR os seus recursos aos proxectos máis innovadores, un programa cultural que pon toda a beleza arquitectónica e recursos deste proxecto ao servizo da cultura.

INTRODUCCIÓN

Laboratorio de Pensamento Breve terá vida propia na rede a través de dúas actividades abertas a todos os públicos. A primeira virá da man de Twitter, a rede social que mellor sabe condensar o pensa-mento a través de 140 caracteres. Para participar nesta tendencia polo discurso breve, a Cidade da Cultura convida á comunidade virtual a enviar haikus, aforismos ou micropoemas co hashtag #breve á conta oficial @CidadedaCultura. Os mellores serán colga-dos no Facebook (http://www.facebook.com/cidadedacultura degalicia), onde se abrirá unha votación pública para elixir as mellores pílulas de sabedoría enviadas.

A actividade na rede conta cunha segunda proposta: gravar en calquera formato vídeo o teu refrán favorito, estrano, curioso ou o que ti queiras e o envíes a [email protected]. De entre todos os enviados elexirase, por votación popular no Facebook, o preferido polos seareiros da Cidade da Cultura.

As actividades ‘online’ comezarán na semana previa ó inicio do Laboratorio de Pensamento Breve (luns 7 de novembro) e pechara-se coincidindo coa última sesión deste evento (26 de novembro).

LABORATORIODE PENSAMENTOBREVE NA REDE

Dende tempos inmemoriais o pensamento dos pobos transitou en pequenos enunciados que sintetizaban os saberes básicos e as crenzas constitutivas da comunidade. A oración, o poema, a máxima ou o proverbio, entre outras formas, teceron unha rede textual que nutría e sostiña a cosmovisión de cada cultura.

Nunca deixou de haber eruditos que cristalizaron o seu coñece-mento en aforismos, haikus ou micro ensaios. Sen embargo na conxuntura actual, co advento da comunicación de masas e a revolución tecnolóxica, o pensamento en pílulas semella vivir unha eclosión inaudita que se evidencia na proliferación de novas varian-tes como o slogan publicitario ou o tweet.

Dende a Cidade da Cultura quixémonos preguntar sobre a natureza e o devalo do pensamento breve, desde a súa función social e cogni-tiva até as súas derivadas estéticas ou políticas. Para obter unha resposta rica en matices convocamos a unha pluralidade de disciplinas (metafísica, literatura, neurociencia, socioloxía, arte…) e apoiámonos na obra de autores de referencia como Heráclito, Lao Tse, Nietzsche, Cioran, John Cage, Castelao ou Dieste. Por outra parte, como a sabedoría comprimida nunha sentencia non é privativa dos grandes pensadores, dedicamos un apartado a tratar os xéneros populares, sexa o refrán ou a pintada.

En total son seis as sesións que compoñen este Laboratorio. En cada unha delas combinaremos un relatorio inicial a cargo de desta-cados expertos cun coloquio aberto a todos os asistentes e un terceiro tempo, a modo de obradoiro, onde exploraremos a poten-cia dos formatos breves como ferramenta para a transmisión de saberes, e no que exercitaremos as nosas destrezas na elaboración de aforismos.

LABORATORIODE PENSAMENTOBREVE

Antón Patiño (Monforte, 1957). Artista visual. Exposicións en Amsterdam, Boston, Estocolmo, New York, París, Burdeos, Zürich, Stuttgart… O seu traballo foi definido por Donald Kuspit como “expresionista conceptual”. Ten varios libros de escritos fragmen-tarios: Xeometría líquida, Mapa ingrávido, Caosmos. O libro de poesía Océano e silencio. Con Xavier Seoane publica o manifesto Hai suficiente infinito. Fixo libros sobre Reimundo Patiño, Uxío Novoneyra e Urbano Lugrís. Dedicou dúas achegas a Lois Pereiro: Radiografía do abismo e Dicionario de sombras. O seu último libro é Escritos de un sonámbulo.

ANTÓN PATIÑOUniverso do instante - ARTE

PROGRAMA

11 NOV19H.

Manuel Outeiriño é licenciado e doutor en Ciencias da Comunica-ción pola Universidade Autónoma de Barcelona e profesor de Teorías da Comunicación na USC. Recuperou e editou textos de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo. É membro do consello de redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, na que vén publicando ensaios sobre literatura e cultura contemporáneas. Recompilou o libro “Globalización e imperialismo cultural”, recen-temente editado por Galaxia. Foi tamén, en certa medida, “culpa-ble” dos libros “Depósito de espantos”(1994), “Letras vencidas” (1999) e “É” (2005), todos eles de pequeno formato.

X. MANUEL OUTEIRIÑOContención e contento: potencia contra megalomanía - LITERATURA

12 NOV12H.

Amador Fernández-Savater (Madrid, 1974) colabora regularmente no xornal Público pero non é xornalista, anima con outros amigos desde hai máis de dez anos a editorial Acuarela sen ser un profesio-nal do mundo do libro, vaille a vida no pensamento pero non é intelectual, nin filósofo, nin ten nada que ver coa academia, e se formula politicamente a existencia sen ter tido nunca que ver cun partido, nin considerarse agora militante ou activista.

ANTÓN PATIÑOUnha nova claridade:pensar (n)a dispersión- SOCIOLOXÍA

18 NOV19H.

Doutor en CC. Biolóxicas pola USC,está especializado en neurofi-sioloxía. Despois dunha estancia post doutoral no MIT, na actuali-dade é profesor da UdC. Ademais do seu labor docente e investiga-dor, ten abertas varias frontes no mundo da divulgación que sacian a súa curiosidade e interese en campos como a xeoloxía, astronomía ou a historia e filosofía da ciencia. En canto pode fuxe á rúa e perpe-tra “cafés-científicos”, “discurshows” e outras actividades sospei-tosas.

XURXO MARIÑOGastronomía da mentedixital. ¿Engordan as tapasde información? - NEUROCIENCIA

19 NOV12H.

Ignacio Castro Rey é doutor en filosofía e reside en Madrid, onde exerce de ensaísta, crítico e profesor. Seguindo unha liña de sombra que vai de Nietzsche a Deleuze, de Agamben a Sokurov, Castro escribe en distintos medios sobre filosofía, cinema, política e arte contemporánea. Pronunciou conferencias no Estado e en diversas Universidades estranxeiras. Como xestor cultural dirixiu cursos en numerosas institucións. Entre os seus últimos libros caben desta-car: Votos de riqueza (2007), Roxe de Sebes (2011) e La depresión informativa del sujeto (2011).

IGNACIO CASTROA lentitude fulminante. De Lao Zi a Nietzsche - METAFÍSICA

PROGRAMA

25 NOV19H.

Joxerra Garzia. Legazpia, Gipuzkoa, 1953, 14 de abril. Profesor da UPV desde 1994. Tese sobre o bertsolarismo. Antes, traballei en televisión (1988-1994), en radio (1983-1988) e en varias ikastolas. Fun presidente da Asociación de Escritores en Lingua Vasca (1993-97). Premio Antoine Dábbadie (2009, Diputación de Gipuzkoa) polo conxunto do meu labor no mundo do euskara. Publicou varios libros (poesía, aforismos, conto, novela infantil, ensaio). Algúns foron agraciados na lotería dos premios literarios (Cidade de San Sebastián, Cidade de Irún, Barco de Vapor, Crítica Española…).

JOXERRA GARZIAPílulas de sabedoría popular:do refrán ao tweet - FORMAS POPULARES

26 NOV12H.

• O número total de prazas dispoñibles é de 20. • O prezo da matrícula é de 50 €. • Poderán acollerse a un desconto do 50% do prezo de matrícula (25 €) aquelas persoas que demostren vinculación con algunha das seguintes entidades colaboradoras:

• Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela • Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo • Fundación Carlos Casares • Sociedade Galega de Filosofía • Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia • Ateneo de Pontevedra • Universidade Cromática das Virtudes

• Todas as sesións (11, 12, 18, 19, 25 e 26 novembro) transcorrerán na Aula 2 da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia) . • As sesións comezarán ás 19:00 horas os venres e ás 12:00 horas os sábados • Para se inscribir no Laboratorio, as persoas interesadas deben cubrir o formulario electrónico dispoñible na web www.cidadedacultura.org. O prazo de admisión de solicitudes remata o mércores, 2 de novembro, ás 14 horas.

Universidade de Santiago de Compostela (Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social)Universidade de Vigo (Facultade de Belas Artes) • Fundación Carlos Casares • Rede de Bibliotecas de Galicia

Ateneo de Pontevedra • Sociedade Galega de FilosofíaUniversidade Cromática das Virtudes

INFORMACIÓN PRÁCTICA

ENTIDADES COLABORADORAS

A Cidade da Cultura presenta unha programación que pon toda a potencia e beleza arquitectónica deste proxecto ao servizo da cultura, unha programación dirixida a que todos os públicos se sintan representados e a que cada persoa atope a súa razón para achegarse ao Gaiás. Con ela, este espazo énchese de vida, convi-dando os cidadáns a explorar os diferentes campos da arte e do coñecemento.

Con este obxectivo apostamos por unha programación aberta, plural e multidisciplinar, atenta ás novas linguaxes e tendencias creativas, pero que asume a función de pór en valor o patrimonio cultural galego, traballando pola súa proxección no espazo, para chegar a novos territorios, e tamén no tempo, buscando formatos imaxinativos e actuais para seducir as novas xeracións.

O Gaiás quere converterse nunha “factoría de proxectos” que dinamice o noso tecido de industrias culturais, unha plataforma que lle dea visibilidade ao mellor das nosas expresións artísticas e un punto para o intercambio de ideas e experiencias, conectando Galicia ás redes nacionais e internacionais de creatividade e coñecemento.

1. Visitar: a cidade ábrese a novos públicos, ampliando as posibilidades para coñecela, e facendo delas experiencias partici-pativas e enriquecedoras.

2. Explorar: presentamos un amplo mapa de itinerarios para aventurarse polos camiños máis clásicos ou máis contempo-ráneos dos territorios da música, das artes escénicas, da escultura, da literatura, do pensamento ou de calquera outra disciplina artística.

3. Crear: promovendo novos proxectos artísticos e todas cantas iniciativas permitan impulsar novos procesos creativos.

4. Aprender: accións formativas dirixidas a potenciar a formación dos novos artistas e xestores culturais non só a través de adquisición de coñecementos en novas habilidades, senón da experiencia compartida e da apertura a novas realidades.

5. Intercambiar: creación de espazos para o intercambio de coñecemento e experiencia, favorecer a interconexión con outros centros e institucións nacionais e internacionais.

6. Sumar: sendo “socios activos”, complementando, artellando e vertebrando outras iniciativas culturais.

Seis categorías que marcan os vieiros dun novo e vibrante territo-rio cultural, para que cada quen elixa como participar nese amplo abano de exposicións, espectáculos, encontros, programas de formación; en definitiva, opcións todas elas para vivir ese proxecto colectivo que é a Cidade da Cultura.

PROGRAMA CULTURAL 2011

As seguintes empresas, institucións e persoas decidiron participar e apoiar activamente a Cidade da Cultura de Galicia, demostrando o seu firme compromiso con Galicia e coa cultura.

Todas as empresas, institucións e persoas que conforman o Padroado da Fundación Gaiás comparten cos responsables e os xestores da Cidade da Cultura de Galicia a idea de apostaren decididamente pola cultura en Galicia, tanto polo seu valor como eixe de cohesión social, como pola súa capacidade para fomentar o progreso sostible da sociedade galega.