Kamishibai O soño de Matías

15

Transcript of Kamishibai O soño de Matías

Page 1: Kamishibai O soño de Matías
Page 2: Kamishibai O soño de Matías
Page 3: Kamishibai O soño de Matías

Nun faiado , vivía unha parella de ratos moi pobre co seu único fillo . Chamábanlle Matías. Este faiado cheo de arañeiras , xornais, revistas, restos de bonecas ...Este era o recuncho de Matías .

Page 4: Kamishibai O soño de Matías
Page 5: Kamishibai O soño de Matías

Un día Matías e os seus compañeiros da clase foron ó museo . Quedaron abraiados con todo o que alí viron . Había un enorme retrato do Rei Rato IV.Tamén había ratos alados , que voaban, cadros con queixo, mm mm , a Matías facíaselle a boca auga. Cadros de montañas e de ríos.O mundo enteiro está aquí , pensou Matías

Page 6: Kamishibai O soño de Matías
Page 7: Kamishibai O soño de Matías

Observando os cadros de sala en sala , á volta dunha esquina atopouse cunha ratiña.Eu son Nicoleta, díxolle.

Page 8: Kamishibai O soño de Matías
Page 9: Kamishibai O soño de Matías

Esa noite Matías tivo un soño ben raro. Nicoleta e el paseaban da man por un fantástico cadro. Camiñaban sobre manchas de cores que se movían debaixo dos seus pés e ao seu redor soles e lúas danzaban ó ritmo dunha música lonxana. Matías moi feliz, abrazou a Nicoleta , e dixo :- Quedemos aquí para sempre.

Page 10: Kamishibai O soño de Matías
Page 11: Kamishibai O soño de Matías

Matías espertou. Estaba só, na tristeza gris do recuncho do faiado. Enchéronselle os ollos de bágoas.Pero de súpeto, todo cambiou: as formas abrazáronse unhas a outras, os xornais tomaron vida, e a Matías , pareceulle escoitar lonxe unha música familiar.

Page 12: Kamishibai O soño de Matías
Page 13: Kamishibai O soño de Matías

Correu ao recuncho dos seus pais, xa sei, xa sei !! quero ser pintor.E Matías fíxose pintor. Traballou duro e creou grandes cadros cheos de cores e formas alegres.

Page 14: Kamishibai O soño de Matías
Page 15: Kamishibai O soño de Matías

Casou con Nicoleta, chegou a ser famoso e , ratos de todo o mundo querían admirar e mercar as súas pinturas. Agora o seu cadro máis grande está no museo , cando lle preguntan polo título Matías sorrí e di :

O meu soño