ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade...

19
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28144 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 22 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de maio de 2015 ao 1 de abril de 2016. O ámbito de actuación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita- ria responde ao vixente marco institucional de distribución de competencias, configurado basicamente no Estatuto de autonomía de Galicia. Este, no artigo 27.19, establece como competencia exclusiva da Xunta de Galicia o fomento da cultura en Galicia e, no artigo 32, que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co De- creto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asume as competencias que a facultan para a dirección e coordinación das atribucións da Consellería en materia de promoción do libro e da lectura, así como nas materias de bibliotecas e arquivos. Así mesmo, compételle a xestión administrativa e a organización de axudas e instrumentos de colaboración coas corporacións locais en materia de bibliotecas. Á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o establecido na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, como órgano de dirección e coor- dinación do Sistema galego de bibliotecas, correspóndelle establecer anualmente nos seus orzamentos programas para a adquisición de fondos e recursos tecnolóxicos, actividades de difusión e formación do persoal e outros que puideren considerarse necesarios para a Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Así mesmo, as bibliotecas públicas teñen entre as súas funcións poñer á disposición da cidadanía os seus fondos bibliográficos e recursos informativos de maneira libre e gratuíta, mediante a súa consulta en sala, en rede ou mediante o préstamo nas súas diferentes moda- lidades. As coleccións deben estar actualizadas e dar resposta ás necesidades dos usuarios. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veu desenvolvendo en exercicios anteriores un sistema de apoio ás bibliotecas públicas de titularidade municipal, CVE-DOG: gxel6mo3-ujh7-dht0-4o67-6dz2owqmfuc9

Transcript of ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade...

Page 1: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28144

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de maio de 2015 ao 1 de abril de 2016.

O ámbito de actuación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita-ria responde ao vixente marco institucional de distribución de competencias, configurado basicamente no Estatuto de autonomía de Galicia. Este, no artigo 27.19, establece como competencia exclusiva da Xunta de Galicia o fomento da cultura en Galicia e, no artigo 32, que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co De-creto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asume as competencias que a facultan para a dirección e coordinación das atribucións da Consellería en materia de promoción do libro e da lectura, así como nas materias de bibliotecas e arquivos. Así mesmo, compételle a xestión administrativa e a organización de axudas e instrumentos de colaboración coas corporacións locais en materia de bibliotecas.

Á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o establecido na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, como órgano de dirección e coor-dinación do Sistema galego de bibliotecas, correspóndelle establecer anualmente nos seus orzamentos programas para a adquisición de fondos e recursos tecnolóxicos, actividades de difusión e formación do persoal e outros que puideren considerarse necesarios para a Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Así mesmo, as bibliotecas públicas teñen entre as súas funcións poñer á disposición da cidadanía os seus fondos bibliográficos e recursos informativos de maneira libre e gratuíta, mediante a súa consulta en sala, en rede ou mediante o préstamo nas súas diferentes moda-lidades. As coleccións deben estar actualizadas e dar resposta ás necesidades dos usuarios.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veu desenvolvendo en exercicios anteriores un sistema de apoio ás bibliotecas públicas de titularidade municipal,

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 2: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28145

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, mediante a convocatoria anual dun programa de mellora das coleccións bibliográficas. Desde o ano 2014 faise mediante a convocatoria de subvención plurianual que permite aos técnicos bibliotecarios municipais contar cunha maior marxe para planificar as adquisicións de novidades e melloras para as coleccións das bibliotecas e, así, incrementar a oferta e o servizo aos usuarios, atendendo, de forma especial ás campañas de verán e Nadal, nas cales se incrementa a demanda deste servizo de xeito exponencial.

As bases reguladoras das subvencións previstas nesta orde establecen un procede-mento de concesión que ten a consideración de concorrencia non competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e o obxecto do programa, non resulta necesario realizar a com-paración e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas será realizada pola comprobación da concorrencia na entidade so-licitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario, conforme o previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo como único criterio para a repartición dos fondos a poboación que debe atender o servizo bibliotecario.

Acadar unha maior cohesión territorial de Galicia e a necesidade de asegurar que os concellos de menor poboación e con menores recursos para dotar os seus servizos bi-bliotecarios poidan recibir unha cantidade que realmente lles permita actualizar os seus fondos e prestar un servizo aos seus usuarios de similar calidade que o que reciben os dos concellos máis poboados de Galicia, que recibiron nos anos anteriores maior volume de recursos, xustifican a necesidade de concentrar todo o orzamento dispoñible unicamente nos concellos de poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, no eido concreto das corporacións locais e das súas entidades públicas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-taria, dentro da súa aposta pola dinamización cultural do país, considera necesaria a mello-ra dos fondos bibliográficos das bibliotecas públicas de Galicia, co obxectivo de posibilitar a adquisición de novidades e dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios.

Por todo o exposto, e en uso das facultades que me foron conferidas, e logo de infor-me da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e no exercicio das facultades que me

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 3: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28146

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

confire o artigo 34 da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras da subvención plurianual da adqui-sición de fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia para o período desde o 1 de maio de 2015 ata o 1 de abril de 2016.

A finalidade é posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as colec-cións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, co fin de colaborar na súa actualización e mantemento e deste xeito dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios.

Artigo 2. Principios de xestión

A xestión destas subvencións realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Cultura, Educa-ción e Ordenación Universitaria.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Artigo 3. Normas de aplicación

No desenvolvemento desta orde observarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

b) Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 4: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28147

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

e) Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pú-blica galega.

f) Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

g) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subven-cións ás entidades locais galegas.

E, suplementariamente:

h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que resultan de aplicación á normativa desta co-munidade autónoma e, consecuentemente, a esta orde de convocatoria.

i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

j) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4. Procedemento de concesión das subvencións

O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase me-diante o rateo do orzamento entre os solicitantes que cumpran as condicións establecidas, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Fondos bibliográficos obxecto de subvención e exclusións

1. Será obxecto desta axuda a compra de monografías (tanto libro infantil como libro di-rixido ás persoas adultas), material sonoro (CD e vinilo), videogravacións (DVD, Blu-Ray), recursos electrónicos (CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos), partituras e material cartográfico (mapas e planos). Estes materiais deberán estar dirixidos ao mantemento ou renovación da colección e terán por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca.

2. O número máximo de exemplares que se poderán adquirir por título será de 3.

3. Unha terceira parte do importe concedido destinarase a adquisición de fondo biblio-gráfico editado en lingua galega.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 5: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28148

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

4. Non serán obxecto desta axuda reproducións facsimilares, gravados, grandes obras de consulta (enciclopedias en varios volumes, repertorio de xenealoxía e heráldica, etc.), pinturas, publicacións periódicas (revistas, xornais, boletíns…) ou calquera outro material non mencionado no punto 1.

Artigo 6. Beneficiarios das subvencións

1. Poderán optar a estas subvencións os concellos de Galicia titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia.

Artigo 7. Axudas

A contía indicativa inicial da subvención determinarase en función do número de habitan-tes de cada concello solicitante, segundo as cifras oficiais de poboación en 1 de xaneiro de 2013 publicadas polo Instituto Galego de Estatística, de conformidade coa seguinte táboa:

– Menos de 2.000: recibirán un máximo de 500 €.

– De 2.001/5.000: recibirán un máximo de 1.000 €.

– De 5.001/10.000: recibirán un máximo de 1.500 €.

– De 10.001/20.000: recibirán un máximo de 2.000 €.

– De 20.001 a 30.000: recibirán un máximo de 2.500 €.

O cálculo da axuda que se concederá realizarase sobre a porcentaxe que resulta de aplicar o total de crédito orzamentario dispoñible (160.000,00 €) sobre o total de subven-ción que se vai conceder segundo a táboa anterior (sumatorio do número de concellos por tramo multiplicado por contías individuais indicativas por tramo). A devandita porcentaxe multiplicarase polas contías individuais indicativas da propia táboa.

Artigo 8. Imputación orzamentaria e contía

1. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.432A.760.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, por un importe de 80.000,00 euros, e con cargo aos orzamentos de 2016, pola contía de 80.000,00 euros.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 6: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28149

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. A contía máxima adxudicada por medio desta orde ascende a cento sesenta mil euros (160.000,00 €).

3. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións outorgadas por ou-tras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, para o mes-mo fin, sempre que a suma non supere o importe total do investimento realizado para este fin.

4. Este importe inicial pode ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar ao incremento da contía total das subvencións, de acordo co dis-posto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Requisitos para a participación

1. O concello deberá ter realizado no período comprendido entre o 1 de xullo de 2014 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde un investimento na adquisición de fondos bibliográficos con destino á biblioteca ou axencia de lectura pública municipal, con cargo aos orzamentos do concello. Este inves-timento deberá ser igual o superior ao 20 % da cantidade máxima que se pode conceder segundo o establecido no artigo 7 desta orde.

Quedan excluídos deste investimento a adquisición de fondos bibliográficos con destino á biblioteca ou axencia de lectura pública municipal realizada cos fondos procedentes dou-tras axudas ou subvencións públicas, así como a feita con cargo á subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axen-cias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia para o período do 1 de xaneiro de 2014 ata o 15 de abril de 2015.

2. A biblioteca ou axencia de lectura pública municipal debe estar integrada na Rede de bibliotecas de Galicia ou ter solicitado a súa integración (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde.

3. O cumprimento dun mínimo de 15 horas semanais de apertura ao público da biblio-teca ou axencia de lectura.

4. Ter cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2014 e remitida á Secretaría Xeral de Cultura.

5. Ter informatizada a xestión da biblioteca ou axencia de lectura.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 7: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28150

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

6. Ter cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

7. Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subven-cións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Presentación de solicitudes, prazo e documentación

1. Os concellos que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electróni-cos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Admi-nistración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade elec-trónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitali-zadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Adminis-tración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 8: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28151

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

No caso de que algún dos documentos que ten que presentar a persoa solicitante ou representante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede elec-trónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en forma-tos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á «Carpeta do cidadán» da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Á solicitude xuntaráselle a documentación que a seguir se relaciona:

a) Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello do gasto reali-zado na adquisición de fondos bibliográficos comprendido entre o 1 de xullo de 2014 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde (detallando o importe correspondente a cada anualidade).

b) Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello da media sema-nal de horas de apertura ao público da biblioteca ou bibliotecas e/ou axencias de lectura.

c) Copia do certificado da remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral do exercicio 2013.

d) No caso de que a axencia de lectura ou biblioteca municipal non estean integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, copia da solicitude de integración (segundo o modelo do anexo IV do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro).

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 9: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28152

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemen-to, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 11. Emenda de solicitudes

Se a documentación presentada for incompleta ou presentar erros emendables, requiri-rase o solicitante para que no prazo de dez (10) días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que de-sistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Instrución do procedemento e selección das solicitudes

1. Corresponde á Secretaría Xeral de Cultura a instruír do procedemento de concesión de subvencións e desenvolver de oficio cantas actuacións considere necesarias para a de-terminación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

2. Ás solicitudes que se axusten aos requisitos establecidos nesta convocatoria asigna-ráselles a cantidade final que resulte da repartición da cantidade total entre a totalidade das solicitudes correctamente recibidas, segundo o criterio establecido no artigo 4. No suposto de que, unha vez adxudicada a cantidade establecida no artigo 4 entre todas as solicitudes correctamente presentadas exista un remanente, este repartirase entre as solicitudes ad-mitidas coa mesma proporción prevista no dito artigo.

Realizada a repartición, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución ao conse-lleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 13. Resolución

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de quince (15) días desde a elevación da proposta de resolución do secretario xeral de Cultura, ditará a resolu-ción de concesión de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nesta resolución incluirase a relación de concellos beneficiarios e as cantidades concedidas e publi-

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 10: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28153

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

carase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, farase pública no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (www.rbgalicia.xunta.es) e na páxina web oficial da Secretaría Xeral de Cultura. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Artigo 14. Notificación e desestimación

O prazo máximo para ditar e notificar aos interesados a resolución expresa non poderá superar os cinco meses, segundo establece o artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O prazo computarase a partir do día da publicación desta convo-catoria no Diario Oficial de Galicia.

O vencemento do prazo máximo sen que se notifique a resolución expresa faculta o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 15. Aceptación, xustificación e pagamento

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación. Trans-corrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida, debidamente asinada polo representante do beneficiario.

2. Considerarase gasto realizado o comprendido entre o 1 de maio de 2015 e o 1 de abril de 2016 e que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberá acreditarse mediante transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificadas a persoa recep-tora e a emisora do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

3. Poderanse realizar pagamentos anticipados ou á conta, con carácter previo á xusti-ficación final, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, segundo o previsto no artigo 31 da Lei 9/2007 e nos termos previstos neste artigo, sempre que así o demande o solicitante.

Os pagamentos anticipados non poderán ser superiores ao 50 % da cantidade subven-cionada.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 11: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28154

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

4. A contía correspondente aos pagamentos anticipados (50 % do orzamento total) li-brarase antes do 1 de novembro de 2015, após a aceptación da axuda por parte do be-neficiario e dun certificado comprometéndose a realizar o gasto, polo importe concedido, en adquisición de fondos bibliográficos con destino a biblioteca ou grupo de bibliotecas ou axencias de lectura de que é titular.

5. Os pagamentos á conta suporán a realización de pagamentos fraccionados que res-ponderán ao ritmo de execución das adquisicións para a mellora das coleccións bibliográfi-cas e aboaranse pola contía equivalente á xustificación presentada mediante os documen-tos probatorios a que se refire este artigo e conxuntamente cos pagamentos anticipados non poden superar o 80 % da subvención concedida.

6. Para os pagamentos á conta e os pagamentos da liquidación final, segundo sexa o caso, deben presentarse antes do 30 de abril de 2016.

7. Se coa documentación que presenta a entidade beneficiaria para o pagamento queda xustificada unha contía de subvención menor da inicialmente concedida, ditarase a resolu-ción de pagamento pola cantidade xustificada.

Se da xustificación final presentada pola entidade beneficiaria resulta unha cantidade inferior á anticipada, ditarase unha resolución de reintegro da cantidade percibida e non xustificada.

8. Documentos xustificativos para o pagamento:

a) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (anexo II desta orde).

b) Conta xustificativa en que deben incluír, baixo responsabilidade do declarante, os xus-tificantes de gasto ou calquera outro documento con validez xurídica que permita acreditar o cumprimento do obxecto da subvención pública, que serán, como mínimo, a relación de ma-teriais adquiridos, o seu custo, provedor, data da adquisición e a data do pagamento efectivo, importe da porcentaxe da subvención investida na adquisición de fondos en galego.

c) De non presentar conta xustificativa, deberán presentar a seguinte documentación:

• As facturas (fotocopia compulsada ou copia da factura electrónica).

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 12: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28155

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

• Xustificantes bancarios orixinais do pagamento polo beneficiario (transferencia banca-ria, xustificante bancario de ingreso en efectivo) en que conste:

– Identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda.

– Identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empre-sa e entidade que emitiu a factura.

– Certificación da porcentaxe da subvención investida en fondos en galego.

Os xustificantes do pagamento deberán estar compulsados. Así mesmo, non se admiti-rán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

Certificación da persoa que exerza as funcións de secretaría ou secretaría/intervención dos fondos adquiridos e de que forman parte da colección da biblioteca, así como que a terceira parte do importe concedido destinouse a adquisición de fondo bibliográfico editado en lingua galega, detallando o importe correspondente (anexo III desta orde).

d) Certificado de axudas solicitadas ou recibidas para o mesmo obxecto desta subven-ción que, en cómputo global, non poderá superar o investimento realizado no período que se vai subvencionar (1 de maio de 2015-1 de abril de 2016).

9. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

A Secretaría Xeral de Cultura poderá requirir en todo momento calquera documentación que considere oportuna para a xustificación da axuda.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

1. Os beneficiarios desta axuda quedan suxeitos ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibi-dos para o obxecto concreto para o cal fosen concedidos. A Consellería de Cultura, Edu-

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 13: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28156

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

cación e Ordenación Universitaria poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.

3. Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. Co obxecto de apoiar o crecemento competitivo e equilibrado de todo o territorio ga-lego, os provedores dos materiais obxecto destas axudas deberán ser, preferentemente, empresas de comercio retallista da contorna municipal.

Artigo 17. Reintegro da axuda e procedemento sancionador

1. Procederá o reintegro total ou parcial das subvencións e axudas públicas percibidas cando concorra calquera das circunstancias previstas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso de que o beneficiario da axuda incumpra algunha das condicións ou obri-gas estipuladas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria instruirá o correspondente expediente sancionador, de conformidade co previsto no título IV da Lei 9/2007, citada no punto anterior.

Artigo 18. Recursos

Contra os actos resolutivos que esgotan a vía administrativa o interesado poderá inter-poñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a recepción da notificación da resolución ou, potestativamente, interpoñer, no prazo dun mes desde a recepción da resolución, recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 19. Publicidade

1. Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamen-tario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención, ao abeiro do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 14: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28157

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presen-tación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

3. As entidades solicitantes prestan o seu consentimento para incluír e facer públicos no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios, creado polo artigo 16.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as axudas outorgadas ao abeiro desta orde.

Artigo 20. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das admi-nistracións públicas, polo que se requiren autorizacións expresas dos solicitantes para que o órgano xestor poida realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, debe-rán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informa-cións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anteriorida-de á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Gali-cia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expre-

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 15: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28158

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

samente o consentimento e debe presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 21. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tra-tamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das soli-citudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Mellora das coleccións», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral de Cul-tura. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Subdirección Xeral de Bibliotecas, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte en-derezo: Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a: [email protected] .

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Cultura, no ámbito das súas competencias, para emitir as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

Román Rodríguez González Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 16: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28159

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I

PROCEDEMENTO

SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DE GALICIA PARA A MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DAS BIBLIOTECAS OU AXENCIAS DE LECTURA PÚBLICAS MUNICIPAIS INTEGRADAS NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

CT235A

DOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTEENTIDADE LOCAL NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

DATOS BANCARIOS

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada.

TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS)

IBAN

A PERSONA REPRESENTANTE DECLARA1. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto ou conceptos para os cales solicita esta subvención.

Si solicitou e/ou se lle concederon outras axudas para este mesmo proxecto ou conceptos para os cales solicita esta subvención e a suma delas non supere o importe total do investimento realizado para este fin. E son as que a seguir se relacionan:

ORGANISMOS ANO IMPORTE (€) DISPOSICIÓN REGULADORA

2. Que o concello está ao día no cumprimento de obrigas tributarias ou fronte á seguridade social e que non ten pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma. 3. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos. 4. Non estar incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 5. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 6. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 7. Ter cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 17: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28160

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTACertificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello, do gasto realizado na adquisicións de fondos bibliográficos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 1 de maio de 2015 (detallando o importe correspondente a cada anualidade).Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello da media semanal de horas de apertura ao público da biblioteca ou bibliotecas e/ou axencias de lectura.Copia do certificado da remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral do exercicio 2013.

Copia da solicitude de integración (segundo modelo anexo IV do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro), no caso de que a axencia de lectura ou biblioteca municipal non estean integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral de Cultura como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a: [email protected].

LEXISLACIÓN APLICABLEOrde do 22 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de maio de 2015 ao 1 de abril de 2016.

Secretaría Xeral de Cultura

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 18: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28161

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE ATOPARSE AO DÍA NO CUMPRIMENTO DE OBRIGAS TRIBUTARIAS OU FRONTE A SEGURIDADE SOCIAL E DE NON TER PENDENTE DE PAGAMENTO NINGUNHA OUTRA DÉBEDA COA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE

AUTÓNOMA

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE ENTIDADE LOCAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DECLARA

Que o Concello de

está ao día no cumprimento de obrigas tributarias ou fronte á seguridade social e que non ten pendente de pagamento ninguna débeda coa

Administración pública de Comunidade Autónoma.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9

Page 19: ISS1130-9229N D C. .ta.s/diario-oficial-galicia · que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. A Consellería

DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28162

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III

CERTIFICADO DA PERSOA QUE EXERCE AS FUNCIÓNS DE SECRETARÍA OU SECRETARÍA/INTERVENCIÓN

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE ENTIDADE LOCAL NIF

PERSOA QUE EXERCE AS FUNCIÓNS DE SECRETARÍA OU SECRETARÍA/INTERVENCIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CARGO

DECLARA

Que os fondos bibliográficos adquiridos coa subvención concedida ao Concello de

forman parte da colección da biblioteca ou axencia de lectura, así como que a terceira parte do importe, que ascende a un total de

destinouse a adquisición de fondo bibliográfico editado en lingua galega.

SINATURA

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: gxe

l6m

o3-u

jh7-

dht0

-4o6

7-6d

z2ow

qmfu

c9