Israel, a primeira trincheira

24
0 Josep Carles Laínez ISRAEL, A PRIMEIRA TRINCHEIRA

description

De Josep Carles Laínez

Transcript of Israel, a primeira trincheira

0

Josep Carles Laínez

ISRAEL, A PRIMEIRA TRINCHEIRA

1

Josep Carles Laínez – Apartat de Correus 520 – E-46080 València – España – Europa E-mail: [email protected]

2

LIMIAR

Desde o ano 1998 veño traballando dun xeito ou doutro sobre Israel e a cultura xudía. Comecei cunha serie de libros, “Neveh Shalom”, en lingua xudeo-española na editorial Llambert Palmart. Dirixía esta colección o meu amigo Salvador Santa Puche, doutor en Filoloxía, investigador da Shoah e el mesmo autor nesta lingua hispánica. Publicamos unha antoloxía, dúas novelas, unha recopilación de “kuentos salados”… e foron moitos os nomes que coñeceron aquelas páxinas: Matilda Koén-Sarano, Matilde Gini de Barnatán, Avner Perez, Margalit Matitiahu… Tivemos presentacións públicas en Madrid, Valencia, Yecla, e a vontade de converter unha lingua marxinal e marxinada en vehículo moderno de expresión. Daquela época ven tamén a amizade con Alba Toscano, dinamizadora da vida xudía valenciana.

En 2002, publiquei un artigo no xornal Levante-EMV, “Sionisme polític i solidaritat nacionalista”, que Pedro Gómez-Valadés localizou non sei cómo e traduciu ao galego. Vai recollido na primeira sección deste libro e é a única parte traducida. A partir dese momento, iniciouse a nosa amizade e a nosa colaboración. Eu continuei a escribir e publicar (en galego, especialmente) sobre Israel e sobre “Eurabia”, artigos que en parte ven agora a luz en papel. De 2007 é o texto que constitúe a segunda parte deste volume; xurdiu da conferencia que fun convidado a pronunciar en Vigo pola Asociación Galega de Amizade con Israel.

Israel, a primeira trincheira non só é o título deste libro, senón tamén o nome que Pedro Gómez-Valadés deu ás conferencias que Rosa María Rodríguez Magda e máis eu pronunciamos nas cidades de Vigo e Compostela na primavera de 2009. Neste sentido, doulle a Pedro as grazas polo agasallo deste título de gran forza. De feito, este libro non tería sido posíbel sen a súa amizade. Pedro Gómez-Valadés é unha persoa comprometida coa paz, co diálogo e de quen sempre apreciei a súa cualidade humana e o seu activismo intelectual por Galiza, Israel e Europa.

Non quero esquecer aos bos amigos da AGAI: entre eles, Xoán Bernárdez Vilar, Miguel Boo, Iago Pillado Losada e Tino Pinheiro, que me desmostraron en todo momento unha proximidade e unha estima máis alá do previsíbel. Tampouco a César Pazos e Enrique Valero, exemplos de coherencia en universos complicados para as nosas ideas. Pero tampouco, a aqueles que coñecín brevimente, da AGAI ou non: Masha Gabriel, Júlio Behar, Maribel Ferreiro, Carlos Galansky, Damian Rodríguez, David Rodríguez Morado, Natalia Costas Alonso, Pazo Fuentes. O exemplo de todos é sempre un acicate nesta loita.

Teño unha débeda moral coa loita que demostran dous grandes intelectuais europeos: Bat Ye’or e Magdi Cristiano Allam. A súa coraxe e a súa forza, xunto coas súas mostras de amizade, son sempre unha guía na miña obra.

Con eles, quero mencionar ao meu tamén amigo Alexandre del Valle, ensaísta, politólogo e xeoestratega, con quen tantas cousas comparto.

E, por último, aínda que debería estar a primeira, a Rosa María Rodríguez Magda, a miña compañeira en todos os sentidos da palabra.

3

SIONISMO, NACIONALISMO E XUDEOFOBIA

Palestina é o nome dunha rexión asiática que ocupa desde hai anos (pero sobre todo desde a chamada “Segunda Intifada”) as capas e os interiores dunha gran cantidade de libros e revistas de política internacional e, como non, primeiras páxinas dos informativos. Aparece por todas partes, revestida de inmensas letras, de impresionantes titulares e apoiada polas sinaturas de autores con gran movemento mercantil ás súas costas. Palestina é a actual bandeira, o último bastión, do progresismo pseudo-intelectual europeo e da dereita de ecos démodés. Palestina, non fai falta dicilo, como símbolo vacuo: pura imaxe sen transcendencia nin contido, máis consigna ca idea. E chama sobre todo a atención o énfase posto polos activistas na ultradefensa de “Palestina” e non, por exemplo, de Iugoslavia, Escocia, Hawai ou Rodesia (o Zimbabwe europeo), pobos cun dereito tamén sobre o seu espazo e sobre unhas terras propias por encima de inxerencias externas. Ser propalestino é a moda, ligada, non pode ser doutro xeito, ao antisionismo (o eufemismo contemporáneo do antisemitismo) como postura intelixente, de loitador internacional, de mozo moderno con keifa ao pescozo. Multitude de asociacións, manifestacións, artigos de prensa... en torno a Palestina, á súa liberdade necesaria. Columnistas de coñecidos xornais ou cantautores que deron a súa voz na loita contra o franquismo salpican os seus textos de lembranzas a Palestina, a nación sometida polo “inimigo de sempre”.

Estes discursos son de agardar desde certas faccións, ate serían lóxicos se os observamos desde o punto de vista contrario a calquera alegato nacionalista: os franceses, os españois, os italianos... poderían criticar a Israel sen moitos problemas. Estarán criticando unha nación nova, poderosa, cunha tradición histórica milenaria e da cal moitos países deben aprender bastantes cousas. Pero sobre todo estarían criticando o nacionalismo israelí. Sob esa máscara agóchase: “Nós non estamos contra Israel, senón contra o sionismo”, “Palestina é unha realidade histórica anterior”, “Israel é unha mentira relixiosa”... Expresións dos desnortados de sempre, a medias beatos a medias iluminados. Pero sorprende que desde nacións europeas en loita pola súa autodeterminación (Euskal Herria, Catalunya, Córsega, Galiza...) sexa a versión palestina a apresa por algúns dos seus portavoces e non deixen de repetila.

As doutrinas terceiromundistas, os infaustos iconos dos sesenta (o Che Guevara), as revolucións de cafetería de Facultade e o antigo odio cara ao diferente (o pobo xudeu, de xeito principal) son os elementos fulcrais dese posicionamento contra Israel. A facilidade coa cal realízase a dedución Israel = Ianquis = Imperialismo = Anti-esquerda non sorprende por vir de quen vén, senón por ter adeptos fóra dese reducido círculo de antisemitas. Situarse contra Israel sen ningunha obxectividade (hai quen xa suscitou a posibilidade de facelo desaparecer internacionalmente) é ser antisemita, guste ou non, como foron os nazis, como tamén os soviéticos e os comunistas, como son algúns cristiáns, como son agora os “progres” propalestinos sob a máscara da tolerancia. E non só iso: os “nacionalistas” de nacións sen Estado deberían darse de conta de que estar contra Israel é só un aviso do que vivimos cada día: a negación dos nosos pobos e o desexo da súa desaparición.

Perante os continuos ataques a unha nación que só logo de sufrimentos, persecucións e destrucións de toda clase acadou a súa liberdade, eses nacionalistas de boca para fóra (e internacionalistas, no peor sentido, de corazón) deberían ter a decencia de calar, de non axudar á terxiversación histórica, de ser honestos.

4

Os erros do “nacionalismo”

Pero isto non é o acostumado. Xustamente no país que agora me presta a súa lingua, tivemos un exemplo desa confusión entre nacionalismo e esquerdismo. Eu sempre tiven o convencimento de que unha persoa pode ser todas as cousas que queira, e ao mesmo tempo. É dicir, de esquerdas e de dereitas, católico e comunista, gai e conservador, cazador e amante dos animais… Trátase dunha liberdade non só defendíbel, tamén rica per se e necesaria para transformar o mundo máis alá do cuarto de cores grises onde moramos. Sinerxias, din; ou transversalidade. Se a persoa en concreto se contradí, e alguén bótallo en cara, xa terá os arrestos de respostar como Miguel de Unamuno: e a vostede quen lle manda entremeterse?

Vén isto porque, co meu humilde entendemento, e a través da experiencia, o internacionalismo e o nacionalismo non se me aparellan ben. O nacionalismo ten un punto de orgullo e de reaccionarismo sen o cal non lle sería doado existir. Non se confronta cos outros nacionalismos (agás con un, o da nación sob a éxida da cal se atopa), pero péchase en banda perante calquera ataque aos seus sinais de identidade (a lingua, a bandeira, o himno, o territorio, os costumes, a historia…). Se un nacionalista vese ameazado en calquera destas frontes, vai saltar sen pensalo, a xeito de tigresa na defensa dos cachorros.

Agora ben, a mala conciencia (se o individuo, así mesmo, se proclama “de esquerdas”) xurdirá se quen formula o ataque non é un maldito centralista, senón un pobre inmigrante. Unha mala conciencia verdadeiramente insoluble, e, sen dúbida, vaille causar problemas se non acepta o que é –nacionalista– e que atura tal cousa. Penseino moitas veces do nacionalismo valenciano. Facíame a pregunta cando lía aos seus próceres, é dicir, se eran máis nacionalistas ou máis de esquerdas. E de maneira obsesiva e reincidente cheguei á conclusión de que non existía o nacionalismo valenciano, senón a esquerda valenciana con ribetes nacionalistas, o cal non quere dicir que non haxa sinceridade nas formulacións deste talante, senón unha supeditación aos vetores socialistas/comunistas. A este respecto, lembro unhas liñas memorables de Jon Juaristi sobre un dos poetas malditos idolatrados da miña mocidade: Jon Mirande (pagán, escritor en córnico e bretón ademais de en euskera, nacionalista vasco, provocador nato, lector en todas as linguas de Europa, pederasta, esquizofrénico e suicida). Juaristi fai referencia a unha saída de ton de Mirande defendendo Francia con rabia e con decisión. Lonxe ficaba esa imaxe do independentista Mirande, e de como hai algo que somos por riba de calquera elección pública ou estética (Mirande, francés).

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) demostrou non ser un partido sobre todo nacionalista. E por que digo isto do BNG? Pola decisión do Consello Comarcal de Vigo de abrir un expediente, retirar a militancia e expulsar do partido a Pedro Gómez-Valadés, responsábel da área de Cultura e Lingua da Executiva nacionalista na comarca viguesa. A causa non é outra que exercer a súa liberdade de expresión mediante a presidencia da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI). En palabras de Manuela Rodríguez, responsábel comarcal do BNG de Vigo, que recollo do xornal La Opinión da Coruña, o goberno de Israel aposta por "prácticas imperialistas, e declarar o contrario é incompatíbel cos principios nacionalistas". Principios nacionalistas?, prácticas imperialistas? Deduzo de tal afirmación que para a dona Rodríguez o nazismo alemán non era en absoluto nacionalista, dada a súa política imperialista en Europa, Asia e África; nin para os leoneses e asturianos o será o propìo BNG, dada a súa clara defensa da galeguidade do Bierzo e da zona do Navia-Eo, o que é visto como unha clara "intromisión imperialista" por moitos dos oriúndos deses antigos reinos. Ou non ten o irredentismo, séculos despois, modos de imperialismo? Debemos apreciar que ocorre

5

cando un partido de esquerdas, o BNG (e non estou criticando á esquerda en bloque, senón facendo ver a falacia da conxunción esquerda/nacionalismo reivindicativo), ve as orellas ao lobo do nacionalismo. Porque a verdade é que non hai país no mundo, e menos aínda en Europa, que obteña a independencia facendo valer dereitos milenarios. Podemos defendelos para os sioux, os vascos, os zulúes –incluso para os afroamericanos– e non para as xudeus? Porque, non o esquezamos, nunca deixaron de vivir xudeus no actual Estado de Israel.

Non obstante, o BNG non quixo ver o modelo que deberían ser os nacionalistas israelís (e incluso para algúns poderían selo incluso os radicais israelís, na súa loita contra o poder colonial británico) para os nacionalistas de Europa polo que respecta á exaltación do pasado, á resurrección da súa lingua, ao orgullo de Nación, á intención de liderar unha potencia e non só subsistir, á creación dun Estado laico no modelo occidental (pois os israelís son europeos na súa maioría), a ser unha referencia de unidade e de resolucións, a experimentar un socialismo que entusiasmaba, á felicidade de volver á súa patria, á necesidade de vivir en paz para sempre, lonxe de tantos perigos, persecucións e matanzas...

Os independentistas europeos de Gales, de Sicilia, de Córsega, ou de Galicia, nisto, deberian ter como modelo a Israel, non a países árabes (onde tan diluído está o nacionalismo, se existe) ou aos Estados africanos nados daquela ondada de abandono e espolio que supuxo o seu acceso á independencia política. E, sobre todo, deberían ver tamén que é un país normal e de alto nivel. Que lean, por favor, a Etgar Keret, visionen a Amos Gitai, escoiten a Aviv Geffen…

Un nacionalista busca referentes. Israel proporciona un número infinito. Sen embargo, o BNG non é nacionalista. E non o é porque se fixo a pregunta: que di a esquerda do conflito de Oriente Medio? Que Israel é asasino, xenocida, bárbaro, colonialista, imperialista… Pois se o BNG é de esquerdas ten que pensar así, obviando preguntarse que é o nacionalismo e quen é nacionalista. Por iso, deduce, se alguén no BNG defende a esa entidade política non é de esquerdas e está en contra de nós: expulsión.

Bo exercicio soviético demostraron: non ao debate, só silencio. E aínda quedáballes unha última coronilla: que Pedro Gómez-Valadés pida perdón. Perdón por defender a existencia de Israel e a convivencia pacífica de dous Estados, como se afana en repetir tamén no xornal La Opinión da Coruña? Perdón por exercer a súa liberdade individual? Perdón por facer uso dos medios de expresión que lle proporciona o Estado de dereito, a Constitución e a Declaración dos dereitos Humanos? Ou non se da de conta o BNG de que está vulnerando todos eses dereitos? Quen decide quen é do BNG ou non? Tamén expulsará a un amante das corridas de touros? A alguén que defenda a lingua asturiana e o dereito da súa Academia de rexer as linguas do actual Principado? Onde remata a caza de bruxas cando comeza?

Produce pavor ver con que impunidade ponse couto ás liberdades máis íntimas de cada un de nós. E como un partido progresista (ou polo menos así se autocualifica) as ataca con máis saña. A fin de contas, que terá que ver Israel co nacionalismo galego? Ate que grao, estase a envelenar á sociedade cun novo antisemitismo de luva branco?

A xudeofobia solidaria

Casos como o do BNG lévannos ao que o intelectual israelí Gustavo D. Perednik non pode definir con outras palabras que “xudeofobia”. Unha xudeofobia que esconde a súa faciana. Eu quero formular unha pregunta incómoda: Que é potencialmente máis perigoso hoxe para a paz e para o futuro inmediato: intentar sementar dúbidas sobre o

6

alcance do holocausto xudeu durante a Segunda Guerra Mundial, ou soster que o Estado de Israel debe desaparecer? O primeiro está penado pola lei en moitos países europeos, incluído o noso; o segundo, de xeito paradoxal, non só non está penado: é un signo de distinción nas clases “intelectuais” deses mesmos países, a moda máis progresista dos antiimperialistas da terra. Non obstante, é unha cuestión que debemos formular con urxencia. Non para facer tabula rasa con respecto ao pasado, senón talvéz para comezar á preocuparnos diante da esquizofrenia que vive a sociedade europea e o risco do futuro.

Con independencia de razóns sentimentais e legais, teño para min que avogar pola extinción dun país (desexalo, escribilo e establecer alianzas reais) é moito máis preocupante ca unha posta en dúbida da verdade histórica. Descrer da chegada do home á Lua, da bisexualidade de Alexandro Magno ou de quén comezou a Guerra Civil española, sempre vaise dar. Mais posicionarse contra un país e non lle conceder o dereito a existir non só é preocupante; é aterrador.

Para min, o problema non é tanto qué intelectual europeo sinalou un xudeu hai máis de sesenta anos (e lonxe da miña intención banalizar tal cousa; póñase, por favor, no seu xusto medio), senón que intelectual europeo está a sinalar un xudeu no século XXI. Arno Breker, Albert Speer, Martin Heidegger e tutti quanti están xa mortos; e sobre eles caíu unha lousa que, malia a súa brillantez coma escultores, arquitectos ou pensadores, será abondo difícil que se lles tire de encima nunca. Sen embargo hai moitos xornalistas, articulistas, ensaístas ou artistas no lugar dos devanditos, pero, ou bondade das palabras!, xa non son “nazis” nin “monstros”, son solidarios multiculturais antiimperialistas. Tal denominación convérteos en tolerantes, liberais, xustos nos seus xuízos, sosegados, matizados, sabios. E o ataque aos xudeus (camuflado de ataque aos sionistas) realízase de xeito impune, e con chulería, e estigmatizando aquel que se lle ocorra abrir a boca en defensa de Israel; co cinismo, ademais, e o encarnizamento, de chamalo “nazi”.

Neste sentido, é coma se cos códigos penais que castigan o antisemitismo do século XX, os gobernos europeos xa estivesen tranquilos. Por iso entra no delirio que haxa leis contra quen nega o holocausto pasado e non leis contra quen desexa un holocausto futuro (a fin de Israel, co que tal cousa significaría); ou sería cómico, se non fora patético e lamentábel, a persecución e condena legal dunha persoa tanto por atacar aos xudeus (calquera declaración sobre as cámaras de gas) coma por defendelos (o dereito a ter un país e rexerse por si mesmos). É equitativo xulgar a alguén por distribuír a Execración contra los judíos de Francisco de Quevedo e, sen embargo, non se pida sequera a documentación á quen porta pancartas a favor da desaparición de Israel? Non é moralmente reprochábel e posibelmente legalmente inadmisíbel que unha revista valenciana, moi ligada a orzamentos universitarios, distribuíse un marcapáxinas cos nomes de Bush e Sharon unidos por unha esvástica? Pero iso non importa. O progresismo xudeófobo solidario sinalará o fato de tolos ou nostálxicos que louven a Franco e a Hitler, pero non terá problemas en se unir a quen organiza congresos revisionistas, nega o Holocausto, desexa a extinción de Israel, queima bandeiras coa estrela de David ou mesmo afrentan á raíña de España non lle dando a mano. E non fica aí a cousa, así mesmo pódeselles visitar (Felipe González a Mahmud Ahmadineyad), pódese asinar un acordo turístico con eles (hai pouco entre Irán e España) ou pódeselles publicar libros en español (en editoriais vencelladas ao Partido Popular). Os mortos, a verdade, xa non molestan; alarman os vivos.

Non perseguir a xudeofobia actual que xa non recibe ese nome, senón o de “antisionismo”, ao non actuar contra esa tendencia sinistra de mudar algo para que todo continúe igual, non só non estamos a contribuír á desaparición da xudeofobia, mais ben se traballa polo acrecentamento dese sentimento irracional, de dividir o mundo entre

7

xudeus bos (os de fóra de Israel) e xudeus malos (os israelís), coa posibilidade que os primeiros se convertan nos segundos, por iso os policías do pensamento anti e progre deberán estar a toda hora vixiantes…

As leis contra a negación do exterminio xudeu están para que non se repita aquela masacre, pero ninguén se decata que os “nazis” de hoxe xa non levan camisa parda senón keifa blanquinegra?, non perceben que o perigo está na pretendida autoridade moral coa que atacan todo o israelí? E non son xudeus os israelís? Porque o seguinte é afirmar que os xudeus só teñen dereito a existir se perden a súa patria e, ó mellor, a súa condición, é dicir, se son asimilados. E chegaremos ao punto de partida do odio ao diferente, do simple odio ao xudeu. Como, por desgraza, hai centos de anos. Ou peor aínda: como hai miles.

8

ISRAEL COMO EXEMPLO DE NACIONALISMO EUROPEO

Por que os nacionalismos de Europa deberían simpatizar con Israel? Esta é a pregunta esencial que os partidos nacionalistas de esquerdas, ou de dereitas, do Estado español, e se cadra os máis dos europeos, non son quen a contestar. Quizais, como dicía máis arriba, o problema nacional é, con todos os respectos, secundario no seu baremo ideolóxico. Trátase de persoas e de colectivos máis de esquerdas ca nacionalistas (por non dicir independentistas) e polo tanto o grao de achegamento a determinadas problemáticas estará condicionado por esa visión, cunha serie de valores e a prioris, para eles, innegociábeis. Por non engadir outro grande erro: pensar que en Europa as formacións nacionalistas, e incluso independentistas, son de esquerdas. A configuración particular do Estado español e o feito de vencellar recuperación das liberdades nacionais á loita antifranquista levou a ligar, desde o principio, estas reivindicacións aos ideais da esquerda. Onde non ocorreu isto, esa trabazón tan estreita non existe (penso na Bretaña, en Gales, en Escocia, en Lombardía, na Saboya, en Iparralde, en Flandes; por suposto, nos países comunistas, o nacionalismo sempre foi de dereitas…). Por esta causa, cando hai unha duplicidade nun conflito, ou se fala de dous pobos, téndese a xulgar sempre non en termos de nación, senón coas consignas da esquerda de finais do século XX: antiglobalización, antiimperialismo, terceiromundismo…

A continuación vou expor un conxunto de argumentos polos que sorprende a falta de empatía con Israel dun bo número de partidos nacionalistas de Europa (entre os cales, o BNG, e a súa “caza de bruxas” da cal antes falaba). Intento ser absolutamente obxectivo e pretendo sobre todo meditar por que un país, coas características de Israel, non conta con maiores adhesións por parte dos movementos nacionalistas de esquerdas.

Quero incidir en que esta análise dos feitos é unidireccional, é dicir, atinxe só a asuntos internos europeos, non ao conflito en si, á súa gravidade, á dor de ámbos bandos, ou á necesidade dunha saída diplomática.

A verdadeira defensa dun pequeno pobo é a defensa do pobo xudeu. Estamos a

falar de 15 millóns de individuos, en comparanza cos 1.400 millóns de musulmáns; en proporcións, os xudeus no mundo só supoñen o 1 % dos islámicos. Sen embargo, este paralelo non é banal, pois non estou a contrastar budistas e xudeus, ou animistas africanos e xudeus, senón dúas entidades onde o enfrontamento é sempiterno dende o nacemento da entidade islamista (o Corán establece un apartheid entre musulmáns e xudeus e cristiáns; dos pagáns, chama ao asasinato). Con raras excepcións, todos os países islámicos posiciónanse contra os xudeus de Israel, e algúns deles promoven a desaparición do Estado. Sen contar, evidentemente, o trato que reciben os xudeus (e tamén os cristiáns) na lexislación musulmana, infalíbel ao proceder dun libro revelado: no islam, son persoas de segunda categoría, sometidos a un estatuto específico, sen igualdade de dereitos, e numerosas veces degradados nos materiais escolares de certos países (por exemplo, Arabia Saudí). Por outra banda, non se pode desligar o conflito xudeo-islámico da area política, posto que tales características veñen dadas tanto nos textos bíblicos e no primitivo reino de Israel, como no expansionismo do islam e a estratexia de conquista de Asia e África desde o seu nacemento. Defender o Estado de Israel é defender a necesidade dun pobo milenario de exercer a súa autodeterminación nos seus territorios ancestrais, fronte á negativa politicamente correcta a que o faga. Chámame a atención a ausencia de simpatía entre quen reclama o dereito a

9

autodeterminarse para si mesmo, pero rexeita unha nación que logrou o retorno á súa terra, desexa vivir en paz cos veciños, e ademais o necesita (no momento da independencia, o goberno israelí conformábase cun espazo xeográfico da extensión de Luxemburgo), e é sistemáticamente atacada e vilipendiada por políticos e colectivos europeos ate o punto de dubidaren do dereito a existencia dela. Sen esquecer, en algo que nos afecta máis de perto, e onde a nosa memoria histórica é de todo acantoada, que é a nova relixión de Mahoma –a entidade islamista–, a inimiga perpetua de Europa: ocupou os territorios da Roma africana, tras saqueos, asasinatos, escravizacións, deportacións e destruccións; invadiu Hispania e chegó ate o norte de Francia; exterminou a cultura helénica en Asia Menor; no século XVII estivo ás portas de Viena… Nunca ningún pobo agrediounos tanto, ameazando a nosa cultura e identidade, e destruíndoa onde puido. Chama a atención este esquecemento, ignorancia ou cambio de facción, por parte dalgunhas capas intelectuais que se denominan europeas.

Defender Israel sería defender a supervivencia dunha lingua minoritaria, falada

por só o 30 % dos xudeus do mundo, é dicir, polos 5 millóns de israelís. Un idioma conservado meramente a nível relixioso e ritual, e que ate o século XIX non estendeu o seu emprego á prensa e á literatura. Trátase da maior recuperación lingüística da historia; xa na época de Xesuscristo o hebreo moi posibelmente estaba extinto. Outros intentos de revival lingüísticos –o córnico ou o manx– non saíron do minoritario, e por ser benévolo...; outros de pura conservación –o catalán ou o galego– han de loitar contra inercias seculares e o prestixio de linguas internacionais coma o castelán ou o francés. O hebreo só poido salvarse, e establecer unha continuación milenaria, grazas á existencia do Estado de Israel, converténdose en lingua nacional, en lingua alta, e sendo a aglutinadora de todos os inmigrantes que realizan a aliá. Estamos diante dun factor de cohesión que, nunha eventual desaparición deste país, se extinguiría axiña na diáspora. Ademais, non ten o problema de ser unha lingua sen tradición escrita (semellante ás das etnias de Australia, África ou América, con ben poucas excepcións) ou procedente dunha multiplicidade de dialectos mutuamente inintelixíbeis (o chinés, aínda que o seu sistema de escritura resolve as diferenzas internas), senón diante dunha lingua básica no imaxinario dunha gran parte do planeta, pois non só afecta aos xudeus, senón tamén aos cristiáns e aos musulmáns. O mantemento do hebreo coma lingua falada sitúaa no grupo daquelas cunha tradición ininterrompida desde hai milenios, xunto ao grego, o mesmo chinés ou o galés. Salvala e mantela é algo que nunca aparece nas discusións xeopolíticas, malia ser un argumento de supervivencia cultural capital, e tanto se ataca á outros Estados por xenocidios culturais ou lingüísticos.

Unha lingua debe ter un territorio. Ambas cousas veñen unidas. O pobo xudeu é

unha nación con dereitos milenarios sobre a terra na cal se asenta agora o Estado de Israel. Pero comprendamos ben que quer dicir esta frase comparándoa con outros exemplos. Un ano antes da independencia de Estonia, en 1989, o goberno daquel país declaraba oficial o estonio, falado polo 68,6 % da poboación. Actualmente é a única lingua oficial e de nada serviron as protestas dos rusos residentes, que tiñan alí falado a propia desde había séculos. De feito, as primeiras mostras de presenza eslava no vixente territorio da República de Estonia remóntanse máis ou menos ao século IX, tendo algunhas cidades, coma a universitaria Tartu, antes nome ruso ca estoniano. A miúdo hai protestas cando os rusos teñen dificultade para accederen á nacionalidade, por non expedir o goberno estoniano visados aos rusos para entraren no país, ou o feito que, coa independencia de 1990, todos os rusos establecidos ou nacidos en Estonia despois de 1940 pasaban a ser estranxeiros, sen contar a discriminación desa “minoría” (o 25,7 %),

10

con ratios de pobreza superiores á media. Sen embargo, ninguén berra contra este país (nin falta fai que o faga), á parte de ser membro da Unión Europea, porque un pobo é pobo dun territorio cando as súas raigames van máis alá do temporalmente mesurable e a súa supervivencia só se pode producir nese espazo concreto. É evidente que unha (imposíbel) partición do país sería dinamitar o feito histórico máis antigo. Estonia e Israel son dous exemplos parangonábeis e os nacionalistas de Europa sempre estiveron a favor da súa independencia, do exercicio do seu poder coma nación. Sorprende, por tanto, que non suceda o mesmo cos israelís.

Israel nace dun proceso de descolonización emprendido contra os ingleses. Nun principio, por tanto, o conflito cos árabes non ten a lectura que recibe agora. Non en van, ate o mandato franco-británico posterior á primeira guerra mundial os territorios da rexión palestina formaran parte do imperio otomano, e non tiñan os habitantes daqueles ningunha vinculación de xeito nacional ou nacionalista cunha entidade maior, e menos panárabe. De feito, un dos máis virulentos grupos armados israelís, o Lehi, actuou sobre todo contra cidadáns e intereses do Reino Unido, en tanto potencia colonial. Isto non significa que non houbese, e moitos, enfrontamentos entre árabes e xudeus desde 1920 ou antes, aínda que de maneira oficial se considera o comezo da escalada a invasión perpetrada o 15 de maio de 1948, un día despois do establecemento do Estado de Israel, por diversos lugares de xeito simultáneo, sumándose outros ao longo dos días. A ofensiva era resultado da negativa da Liga Árabe a recoñecer Israel, e así Exipto, Siria, Iraq, o Líbano e Transxordania principiaron a invasión do país. A ONU decidira a partición do territorio coñecido co nome latino de Palestina en dous Estados, un xudeu e un árabe; os xudeos autodetermináronse e estableceron o Estado, os árabes, opostos á presenza hebrea nunha rexión musulmana, decidiron pasar ás armas. Un punto importante poucas veces dito é que o árabe, xunto ao hebreo, é lingua oficial do Estado (o inglés ten un estatuto de lingua semioficial). Sorprende que, para os partidos nacionalistas europeos, só teñan dereito á autodeterminación os árabes de Palestina e non os israelíes, que vivían en Xerusalén e outras cidades da zona desde había séculos, e as pegadas dos cales impregnan os vestixios arqueolóxicos e relixiosos máis antigos. Sen esquecer que os nacionalismos árabes modernos (o panarabismo, creación sobre todo de árabes cristiáns) xurdiu na década dos 30 do século XX, e o Reino de Israel retrotráese ao ano 1021 a. C.

O sionismo é un nacionalismo. Trátase, xa que logo, dun “nacionalismo europeo” sen máis aditamentos, dada a fractura de tal concepto cando se fala de países asiáticos, americanos ou africanos (as fronteiras dos cales naceron do pacto das potencias coloniais, sen respectar en absoluto as divisións étnicas). Neste sentido, é curioso que moitos nacionalistas europeos só teñan simpatía non cara os pobos que desexan exercer o dereito á súa autodeterminación, senón cara os que forman parte do seu tecido ideolóxico. O contido ultranacionalista de determinadas formacións ou discursos pode ser ás veces abondo chocante, pero iso non quita a sinceridade da súa autoconsideración. Ser nacionalistas é defender o dereito do pobo zulú ou do pobo mapuche á súa autodeterminación, pero tamén, que dúbida cabe, a dos afrikaners, os flamencos ou os israelís. Vixiarase logo que constrúan Estados democráticos e verdadeiramente de Dereito, e se logo temos que criticar algo, criticaremos a plasmación nas institucións, pero non o feito de plasmalas. Un a priori non debe guiar a loita nacionalista, porque esta debe ser un cúmulo de sinerxias de tendencias variadísimas, e tamén contraditorias. Algúns grupos de extrema esquerda son conscientes deste vencellamento do sionismo ao nacionalismo. De feito, unha das

11

acusacións que os antisemitas de hoxe fan de xeito máis fervente é aquila de falar de “sionistas europeos”, pero non facendo referencia, con esta denominación, aos europeos e filoisraelíes, senón aos xudeus sionistas que, procedendo de Europa, edificaron a patria do Estado de Israel. Con este emprego, “sionistas europeos”, desexan ligar o movemento israelí á conquista americana por parte de nós, os europeos, ao inicio da Modernidade. Resultaría así que o feito singular do Estado de Israel se atoparía nunha liña lóxica de brutalidade, morte de culturas e xenocidio total, na chegada dunha poboación alóxena á un territorio alleo; non sería un nacionalismo, senón un colonialismo, e así, adoptando un discurso considerado “correcto” hai vía libre para a crítica acrítica. A ecuación “sionista = conquistador” debe resultar, na mente de quen a promove, a idea estrela do antiimperialismo, pero tamén é a escusa do antisemitismo, é dicir, da xudeofobia.

Israel é a proba de que o nacionalismo europeo contemporáneo non é só un fenómeno interno. É o baremo para saber qué grao de nacionalistas somos. E sobre todo para demostrar que o nacionalismo das nacións sen Estado non ten “inimigos”, senón que responde ás demandas duns pobos sometidos ao dominio doutros pobos iguais e dos que se queren liberar. Os inimigos dos nacionalismos europeos non sempre son os Estados centralistas, por veces son a vergoña, a culpabilización ou o autoodio. Por exemplo, os partidos nazis de Norteamérica devecían unha separación racial nas súas zonas: onde houbese blancos non debería haber negros. Medida que merecería toda a nosa repulsa. Pero, o que son as cousas, o mesmo solicitaban os movementos negros radicais: fóra os blancos das terras dos negros. Entre eles, a Nación do Islam liderada por Louis Farrakhan, persoaxe racista e extremista quen di que os brancos somos demos e seres inferiores. Agora ben, para o mundiño “multiculti” do Estado español, facerse unha fotografía sorrindo cos membros do Ku Klux Klan sería a fin política, social ou cultural de calquera home ou muller; sen embargo, facerse unha foto cos matóns da Nación do Islam (como os líderes musulmáns españois) é ter chegado á tolerancia, o ben e o respecto ás culturas. Non digo que se se deixa o segundo deba estar permitido o primeiro, digo que as dos barbaridades deberían medirse co mesmo patrón. Se non se fai así e polo paternalismo que aínda dirixe o pensamento e as políticas da esquerda e da dereita europea, un paternalismo invisíbel e tan perxudicial coma o racismo. Esta dinámica fai que os ataques israelís sexan vistos como salvaxes, inhumanos ou desproporcionados, e os ataques palestinos como pequenos, defensivos e necesarios. O Estado de Israel foi, nas súas orixes, un intento real, e ligado a un pobo e a unha relixión (é dicir, incrustado no imaxinario de todos os seus actores), de construir o socialismo. Foi un movemento apoiado pola esquerda, e o kibbutz unha creación real e efectiva de tal soño, co valor engadido de que un xudeu se poidera dedicar ao agro. Esta era verdadeiramente unha aspiración dos movementos socialistas: unha comunidade onde o poder dos medios de producción e o traballo recaíra sobre as mesmas persoas. Iso deuse no kibbutz, e dase, aínda que en menor medida, agora. Cabe lembrar que os xudeus tiveran prohibido dedicarse á agricultura en Europa desde sempre, e de aí a importancia da práctica deste traballo. As relixións paganas teñen nos ciclos naturais o basamento dos seus ritos, tamén a xudía, e nos kibbutzim buscábase un vello soño de socialistas europeos. Reivindicar o dereito de Israel a ser un Estado e a vivir en paz cos seus veciños non é posicionarse contra os países árabes ou islámicos. Isto é unha falacia. Defender a Israel non equivale a atacar Qatar ou Bahrein, nin defender a independencia de Córcega

12

ou de Irlanda é desexar que Francia ou Gran Bretaña salten polos aires, nin deixar de respectar as súas culturas, as súas linguas ou as súas tradicións. É moi tendencioso pensar que por ser amigo de alguén un é directamente inimigo de outro. Tal forma de actuación, insertase nun maniqueísmo paticorto e extremista, ou como teorizou a filósofa Rosa María Rodríguez Magda, é un xeito de deixarse levar por a “regra do beneficio dialéctico”, é dicir, non poder afirmar ningunha cousa boa de quen se supón que é “o inimigo” porque isto implicaría dar argumentos á facción contraria. Aínda que sexa verdade que Israel está maís perto da esquerda ca Palestina o cos países musulmáns, será unha verdade oficial e oficiosamente calada. A ninguén parécelle importar que Israel sexa un Estado laico (fronte a xarí’a do mundo islámico en diversos grados), con liberdade de prensa (fronte a países como Arabia Saudí, Libia, Eritrea, Afganistán, Irán, Maldivas, Siria, ou Tunez, considerados pola organización Xornalistas sen Fronteiras como alguns dos maiores depredadores da liberdade de prensa no mundo), con democracia (fronte ás dictaduras de Libia, Siria, as do golfo pérsico), con dereitos sindicais (fronte á ausencia ou á sistemática vulneración dos mesmos), con igualdade da muller (fronte á unha política de apartheid do xénero feminino nos países musulmáns), con respecto para o colectivo GLBT (fronte ás lexislacións islámicas, que establecen penas para os homosexuais, desde á cárcere á morte), con liberdade de culto (fronte á “tolerancia” aos cristiáns e xudeus, anque sen posibilidade de facer proselitismo, ou a represión sistemática e a prohibición)… Todo isto xamais será dito polos colectivos antisionistas, porque sería dar parte de razón a quen fai a loubanza destas características de Israel que o poñen en plano de igualdade cos países de Europa e dos países occidentais, particularidades, por outra banda, tan necesarias e imprescindibles no mundo de hoxe e que a esquerda debería antepor a calquera outra ideoloxía. Israel é, curiosamente, o único nacionalismo de Europa non apoiado pola esquerda nin pola dereita. Está claro que as nacións sometidas á férula dun Estado, cando obteñen a súa independencia, pasan a outro nível onde a paridade deixa de funcionar. Foi algo que notou Catalunya coa independencia das repúblicas bálticas. Os seus anteriores homólogos accediran a outro plano e, por conseguinte, as liñas de comunicación xa non poideron darse. Isto leva á conclusión de que os nacionalismos factibles ou asimilables pola esquerda só existen cando a nación sen Estado se atopa en perigo real de desaparición ou cando se sente agredida por axentes externos. Fóra deses casos, o nacionalismo, un día despois daquilo polo que naceu (a independencia; a frase “un nacionalista non independentista” paréceme un oxímoron) é, para moitos, un aliado do inimigo. Ou aínda peor, unha esquerda nacionalista sempre procurará vítimas e considerará que hai alguén discriminado. Pero cos vicios adquiridos. En 2006, un pobo de Valencia, Puçol, lanzou un bando, ademáis de en valencián e en español, en árabe; viuse como algo rechamante e cosmopolita, cando era situar no mesmo nível unha lingua estranxeira e maioritaria e unha lingua propia e minoritaria (o valencián). En marzo de 2007, saltou a nova que os mercados de Barcelona ian por cartaces en árabe e en urdu en todos os postos, e tamén ian imprentar folletos informativos para os falantes destas linguas; debe lembrarse que están prohibidos os rótulos en castelán nos comercios, e que os partidos de esquerda de Catalunya están a favor desta medida. Agora ben, esta medida non se comprende se vemos que se di “non” ao castelán –lingua oficial de Catalunya e do Estado, lingua europea–, “non” ao occitano aranés –lingua oficial dunha comarca de Catalunya, lingua europea– e celebra como algo “bonito” e “exótico” o feito de ver con normalidade a presenza en centros de socialización, como son os mercados, linguas de feito estranxeiras e alleas á nación catalá. Así non haberá

13

integración e comunidade conxunta, senón guetización e postergación da lingua e da cultura menos necesaria (xusto a minoritaria). Israel é o futuro das nacións sen Estado de Europa. Ningunha nación das que agora aspiran á sua independencia deixará de ter problemas no momento da súa separación. Ou principian unha política de asimilación cos sectores que nin falan a lingua nin se consideran membros, ou terán axiña minorías que, dependendo da súa violencia ou dos seus apoios, tentarán de boicotear o novo Estado e de facerse ouvir nos foros internacionais para denunciaren o que eles considerarán unha represión e unha vulneración de dereitos. Non sucede agora cos intentos de facer o catalán a lingua visíbel en Catalunya, e como se receben críticas de dentro e fóra do país? Que non pasará se é independente? E a quen apoiará entón a esquerda? Ao novo goberno “imperialista” e “acalador das minorías” ou a aqueles que, como quintacolumnistas, tencionen a desaparición dese novo Estado ou o seu cambio fundamental na súa forma de presentarse diante o mundo. É unha liña moi difícil de discernir, mais cando o nacionalismo pasa a ser de defensivo a agresivo? Que pasaria despois dunha hipotética independencia de Euskal Herria se houbese grupos terroristas proespañois nese país? Tería dereito o goberno vasco a defenderse? Ou serían lexítimas as actuacións españolas? Cal sería a solución: un Estado para os vasco-españois nalgun territorio de Euskal Herria que deixaría de ser vasco ou a desaparición da nación euskaldun? Na Europa occidental non houbo independencias nunca: os Estados italiano, francés, español ou británico mantéñense desde hai séculos así. Verdadeiramente alguén pensa que os procesos futuros de independencia se producirán sen tumultos, sen protestas, sen manifestacións, sen ameazas, sen represións, sen que alguén non saia perdendo? Os nacionalismos europeos deben saudar a existencia, contra toda corrente, do Estado de Israel, velo como un dos poucos nacionalismos europeos que acadou o seu soño, e debe estar atento aos seus posibles atropelos. Posicionarse aberta e acriticamente en contra é unha estratexia suicida na defensa dos ideais da esquerda, que ademais brillan pola súa ausencia no mundo islámico. Israel é parte da nosa cultura. A meirande parte dos inmigrantes xudeus en Israel son ou eran europeos. O xudaísmo está presente en Europa desde moito antes que os habitantes da península ibérica comezaramos a falar en latín. Xesús o Cristo, o mesías dos cristiáns, a relixión por antonomasia da Europa actual malia as súas divisións internas, era un xudeu en Xudea, que falaba arameo e coñecía o grego. Desde antes do nacemento de Xesús hai vencellos entre o pobo xudeu e o pobo heleno, coa traducción da Biblia ao grego e continuas mostras de interaccións literarias e filosóficas, sobre todo en Alexandría de Exipto; despois, a terra de Israel formou parte do imperio romano, cunha serie de reis que mantiñan unha autonomía precaria pero simbólica. Mais non debemos ir tan lonxe. Ao longo dos séculos XIX e XX, os precursores do sionismo naceron e formáronse nas ideas políticas que agromaban nese momento en Europa: desde o nacionalismo ao socialismo. Os grandes homes e mulleres de Israel, antes e despois da súa independencia, eran europeos por nacemento e vocación: David Ben Gurión, primeiro ministro israelí, de Polonia; Golda Meir, primeira ministra israelí, de Rusia; Israel Galili, líder do Movemento Laborista Israelí, de Ucrania; Jaim Najman Bialik, poeta, de Rusia; Shmuel Iosef Agnon, Premio Nobel –primeiro israelí– de Literatura en 1966, de Ucrania; Jaim Herzog, presidente do Estado de Israel, de Irlanda; Asher Tzvi Ginsberg, escritor, de Ucrania; Menajem Beguin, primer ministro israelí, de Polonia; Dov Ver Borojov, teórico do sionismo socialista, de Ucrania; Moses Hess, precursor do sionismo, de Alemaña; Theodor Herzl, teórico do sionismo, de Hungría...

14

E así nunha listaxe interminábel. Non recoñecermos estas persoas coma pertencentes á nosa cultura é iniciar de novo unha persecución contra os seus descendentes, unha persecución que por riba é covarde, pois agóchase baixo o eufemismo do “antisionismo” (nisto, os nazis eran máis valentes que os antisemitas de agora), é descoñecer qué está en xogo na supervivencia de Israel e do seu pobo. Por suposto, o que demostran as tendencias dalgúns partidos é non saber que non é o mesmo “ser nacionalista” que “xogar a ser nacionalista”. Defender Israel é parte da nosa obriga moral despois do holocausto, pero tamén como resarcemento cara o pobo xudeu, despois de séculos e milenios de persecución, pogroms e matanzas. Desde Roma ate agora, é ininterrompida a gama de ataques que sufriron os xudeos en todas as épocas e en todas as rexións onde quixeron manter a súa idiosincrasia; faise incontábel. Cando acharon á fin a súa patria antiga, volveuse todo contra deles. Non lembro que personalidade xudía contaba que, na súa mocidade en Alemaña, lía letreros polas rúas onde puña: “Xudeus a Palestina”. Agora torna a Alemaña e o que le é “Xudeus fóra de Palestina”. Esta é a trampa da xudeofobia (do antisemitismo): non recoñecer nunca a irracionalidade dunha fobia que só fai diana dun país minoritario do mundo e non de tantos outros onde se cometen atrocidades e as liberdades dos seus nacionais son conculcadas (pensemos en tantos países árabes, en Cuba, en Venezuela, en Irán, en China, en diversos países africanos...) Israel é o pobo máis ameazado do planeta. Se falamos de países musulmáns e ameazas, quen habería de temer? O obxectivo de Israel non é facer desaparecer aos árabes. Sen embargo, moitos líderes musulmáns (e mesmo europeos...) non agochan os seus desexos de facelo con Israel. Cando Ahmadineyad soña coa desaparición dese Estado, por que non reaccionan os partidos nacionalistas de esquerda e poñen distancia entre a xudeofobia persa e a europea? Onde estan aqueles que se presentan como antiimperialistas, pacifistas e antiviolencia? Onde vemos aqueles que en teoría matizan... Ou non matizan nin quizáis poñen distancia entre esas afirmacións –valentes, claro– ou os seus discursos do privado e politicamente correcto por que soñan tamén coa desaparición de Israel pero sen as agallas de proclamalo abertamente? Ou porque, no fondo, hai un exceso de mentalidade continental e considérase Irán parte do terceiro mundo e, por tanto, as súas afirmacións non teñen o peso que as faría audibles na nosa Europa orgullosa do seu nível de vida? E se non falan, e quen cala outorga, só nos queda por deducir que queren verdadeiramente a desaparición de Israel e dos xudeus. E que é iso se non xudeofobia, antisemitismo e odio irracional? Onde queda o seu “nacionalismo” inmaculado cando existe o perigo de desaparición total dunha nación e non se erguen voces para condenar de novo o xurdimento da barbarie? O nacionalismo non é multiculturalismo e antiimperialismo, é todo o contrario. Un pobo quer defender unha lingua e unha terra, e todo o que non sexa iso será una inxerencia. O galego non se pode salvar se no lugar de dúas linguas oficiais temos tres. Os nacionalistas queremos unha soa lingua, unha soa cultura, logo seremos non multiculti, senón cosmopolitas sabendo cinco ou seis máis, pero sen confundir termos, distinguindo o que é noso do que non. Por iso chama a atención que Israel non sexa un modelo para os multiculturais, coas tres linguas oficiais, o seu sistema de goberno, a representación das minorías, as linguas de emprego corrente (decenas...), a prensa nunha variedade infinita de idiomas, co ídish e o xudeo-español arraigadas á propia historia. Que pasaría se Israel oficializara nada máis co hebreo! Sen embargo, en Arxelia non é oficial o bereber, está prohibida a distribución de material cristián, e non vexo ningún

15

adaíl da corrección política a manifestarse día tras día contra este país. Tampouco a ningún membro do BNG dicir que é unha inxerencia nos asuntos de Asturias tentar influír na súa política lingüística consonte ao eonaviego. Estonia é outro modelo, do que xa falei antes. E tamén o son os microestados coma os principados de Andorra ou de Mónaco, que coa defensa dos seus particularismos, supoñen tamén un recordatorio de que só desde o celoso abeiro da identidade é posíbel asegurar a continuidade dos países e a súa evolución sen interferencias externas.

Desexo rematar esta sección co que considero son condenas de dobre rasero. Canto máis se analiza o posicionamento en contra de Israel por parte dos movementos “nacionalistas” de esquerdas, máis sorprendente resulta, por encima da crítica, o emprego dunha dupla moral á hora de medir comportamentos semellantes. Así, é resaltábel que só con Israel determinadas accións sexan constitutivas de asañamento e de rexeitamento; só para Israel se pronuncian as palabras máis sangrantes; só respecto a Israel a metapolítica pasa ao terreo da saña. Ou todo o contrario: só aos palestinos se lles desculpa e perdoa o que se condena noutros países. Sen embargo, se poden desculparse nuns casos, a cuestión é por qué non poden desculparse no israelí. Evidentemente, a opción contraria pareceriame moito máis lexítima: non desculpar ningunha e, se se trata de atentados contra os dereitos humanos, condenalos e, cando for preciso, lembralos para que non se esqueceran. Sen embargo, pasar de longo por todos os do mundo e focalizar o que ocurre en Israel (e interpretado, por suposto, dunha maneira tendenciosa) é sospeitoso. De seguido desenvolverei unha serie de puntos onde ese duplo raseiro é dunha vergoña supina. En aras a conservar a obxectividade, dou por válidas todas as cifras que ofrezo e non poño en dúbida ningún dos datos. Sempre que poida, por supuesto, o salpimentaréi con referencias paralelas desde un punto de vista nacionalista europeo. E sempre que poida tentarei ser políticamente incorrecto. Amnistía Internacional redactou unha declaración de principios titulada Israel e os territorios ocupados / Autoridade Palestina. O dereito de retorno: O caso dos

palestinos, onde equipada de todas as resolucións das Nacións Unidas, e cunha redacción agradablemente aséptica, esgrime o dereito dos árabes a voltar para Israel. Evidentemente, as condenas das deportacións son una constante en toda a prensa e a literatura de esquerdas, expulsións que, segundo estos medios, comezaron o ano da independencia israelí, 1948. Entre este e 1949, en torno a 700.000 e 800.000 árabes foron expulsados ou fuxiron do Estado de Israel acabado de constituír. Para todos os colectivos prol palestinos, o retorno dos árabes as súas terras de orixe é unha condición sine qua non. Agora ben, vinteséis anos antes, en 1922, dous millóns de europeos gregos foron deportados pola musulmana Turquía dos nosos territorios ancestrais da Asia Menor. Xamais puideron retornar ás súas casas, perdéndose o legado milenario de Grecia na rexión onde naceu. Non obstante, ninguén, agás Grecia ou colectivos inmigrantes dos Estados Unidos, conmemorou hai un lustro tal atentado, tal agresión contra o noso pobo, tratándose de máis do dobre de afectados que no caso palestino e concernéndonos de xeito máis directo, pois tratábase de Europa. Un segundo exemplo: O 30 de marzo conmemórase o Día da Terra Palestina. Ese día lémbrase a folga xeral, xunto ás marchas e manifestacións, que en 1976 foi secundada por todos os recunchos do Estado de Israel con motivo da confiscación de miles de metros cadrados de terra palestina a fin de construír asentamentos xudeus e incluso un campo de adestramento militar. Actualmente, este día coñece actos en todo o mundo, onde mesmo interveñen políticos, como en 2007 a alcaldesa de Xixón na inauguración e colocación dunha placa no Xardín da Oliveira desta cidade asturiana.

16

Agora ben, o 27 de maio de 1915, cunha lei provisional refrendada o mes de setembro, o goberno da islámica Turquía procedeu a oficializar a confiscación dos bens de todos os europeos armenios. Estímase que a contía era comparábel ao orzamento de Francia para 1920. Que atopamos cando aínda non se cumpriron cen anos? O esquecemento. Mais non para o goberno de Ankara nin para os nacionalistas panturcos. É recente o asasinato do xornalista Hrant Dink, ou o xuízo ao premio Nobel Orhan Pamuk por recoñecer o xenocidio armenio de 1915. Non só non hai solidariedade internacional, senón unha pasada por alto destes crimes que talvéz sorprenden, mais non levan á acción reivindicativa. Gaza e Cisxordania considéranse parte de Palestina e actualmente teñen, co nome de Autoridade Nacional Palestina de Cisxordania e Franxa de Gaza, un recoñecemento internacional como observadora na ONU e como representante do pobo palestino. A xestión dos territorios lévase a tres bandas. Pola contra, os bantustáns, aqueles Estados ficticios creados polo goberno branco de Pretoria onde as poboacións africanas vivían en “liberdade” política nunca foron recoñecidos a nível internacional (Transkei, Venda, Bophuthatswana...). A Autoridade Palestina é a liberación; os antigos banstustáns, o racismo.

A valente e radical afirmación, asinada pola Xuventude Palestina de Concepción, que dice “Quen acepte a Israel, debe entender que naceu por medio da violencia, a punta de pistola, con masacres, expulsións masivas, asasinatos e violacións dos dereitos humanos” queda tristemente contextualizada e feita extensíbel a todos os países do norte de África e, por suposto, á próxima Turquía. Como nacionalista europeo, considero a agresión turco-islámica a Chipre en 1974, coa invasión do norte da illa e a deportación da poboación grega, unha invasión do meu territorio, e unha ruptura do status quo internacional. En canto europeo, síntome coa mesma autoridade moral –e quizais aínda máis, pois os chipriotas son compatriotas meus– para condenar a Turquía que calquera activista prol palestino para condenar a Israel (e se for extremista para cuestionar incluso a súa lexitimidade coma Estado). Por desgraza, poucos son os países que non naceron a punta de pistola o de espada, con masacres, expulsións masivas, asasinatos e violacións dos dereitos humanos. Por conseguinte, non parece este un argumento moi contundente para condenar a Israel ate a ignominia e negarlle o que dse por suposto no resto.

Pero non nos enganemos, ningunha escusa pode xustificar o antisionismo visceral. Trátase do antisemitismo de moda, do tolerado; en poucas palabras, a mesma animadversión aos xudeus que verdecía na Alemaña a comezo do Novecentos, o que levou a millóns de compatriotas europeos aos campos de concentración, ás cámaras de gas, á morte. Por iso debemos condenalo cada vez con máis forza. Para que non volva suceder, para que ninguén diga que nunca fixemos nada.

17

NAS TRINCHEIRAS DE ISRAEL

Por que defender a Israel é políticamente incorrecto? Para o noso pavor, a pregunta ten a mesma resposta que se tentamos contestar por que o nazismo odiaba aos xudeus. Cando menos no meu caso, non o sei. Ou si: odiábaos porque estaban alí e eran distintos, e ademais xudeus. Os grupos neopagáns ou as testemuñas de Xehová tamén coñeceron os campos de concentración, mais nin Hitler, nin Göbbels nin ningún outro xerarca nazi responsabilizounos dos males do mundo e de Alemaña. Hai poucos anos, o revisionismo era de extrema dereita; nos nosos días, o revisionismo é de esquerdas e multirrelixioso. Revisionismo que vai da man co antisemitismo de sempre. Por que os nazis mataron xudeus? Porque os odiaban e porque puideron facelo.

Arestora, sen embargo, hai unha diferencia co antisemitismo centroeuropeo de medio século atrás: a xudeofobia contemporánea é global e colectiva. Global porque se produce en Tailandia, na Arxentina, nos Estados Unidos, en Irán…; colectiva porque xa non sinala con estrelas marelas a todos os xudeos, un por un, senón en bloque, e naquilo que máis doe: o único recuncho da terra, Israel, onde poden defenderse. Ademais este feito de sinalar é indirecto, pois o inimigo, o mal, é este Estado, mais non o Estado, non os políticos, non os cidadáns, senón só os xudeus. Non deixa de ser curioso que cando se fala de Palestina sempre se lembre que alí hai musulmáns maioritariamente, aínda que tamén cristiáns; pola contra, non sucede: Israel é terra xudea, e quen non forma parte dela non ten os mesmos dereitos nin liberdades. As cousas, claro (fora dalgunhas excepcións, coma a prohibición do proselitismo mormón en Israel), son ben diferentes. Para a mentalidade altermundista, Israel é unha metonimia dos xudeus, mentres que Palestina é unha metáfora do planeta enteiro. Sendo así, o ataque contra a política, a acción militar, a diplomacia israelí ou o intento de boicot aos produtos ou persoas de alí entra dentro da lóxica máis criminal. Na Idade Media, acusábase aos israelís de matanzas rituais; na era de internet, a acusación é a mesma; cun só cambio, en vez de coitelos, utilizan tanques.

Pero os antisemitas deberían estar agradecidos á Israel. Grazas a el, xa non dispoñen dun inimigo “inocente”, poden disfrazalo: disfrazar de solidariedade coas vítimas a súa xenreira, e vestir a exculpación dos terroristas coa roupaxe da defensa dun pobo desesperado. Así mesmo mudou a violencia física: se alguén, como ocorreu en Barcelona ou en Caracas, asalta unha sinagoga e golpea a un compatriota, a soa diferencia do cal radica na relixión, producirá estrañeza. Se estes actos violentos teñen lugar en medio das manifestacións antiisraelís, serán, claro, condenados coa boca pequena, mais dubido que non haxa persoas (esa xente corrente que non atacou o nazismo por conformismo) que coide que no fondo o merecen, polo xenocidio palestino, e por que son unha especie de quinta columna.

Defender a Israel é políticamente incorrecto porque na batalla das ideas rende bos beneficios, e serve para autoestima. O perfecto altermundista pregúntase: Se Israel é inimigo da paz e amigo da violencia, que son eu? Se Israel é contrario aos voceiros internacionais e posuídor dun lobby de presión básico para o benestar dun Estado terrorista, onde estará o perfecto “multiculti”? Se Israel é ameaza para o diálogo e factor de desestabilización en Oriente Medio, acaso non son eu o defensor do entendemento entre as nacións? E se Israel é bárbaro colonizador, non estamos os altermundistas pola liberación final dos pobos? Polo tanto, se Europa e o mundo senten xenreira polos nazis, deben tamén sentila polo seu heredeiro, o Estado de Israel. As contas saen tan redondas que, na dictadura do políticamente correcto, cebarse con Israel é moderno, progresista,

18

solidario, humano… e, sobre todo, comprensíbel. E isto é o perigoso. Non se critica unha acción concreta dun Estado, nin un goberno dese Estado, nin un político. Pídese xa a prohibición dos xudeus de Israel en Europa (o caso da cantante Noa en Andalucía, en Asturias e no País Vasco é sintomático). Cando chegarán as sospeitas sobre os xudeus galegos ou españois? E cando sobre os filoxudeus?

Pero verdadeiramente é un perigo Israel? Foino para o mundo durante os últimos sesenta anos? Afecta a Paraguai, Vanuatu ou Guinea Ecuatorial a política de Israel? Aféctanos aos europeos máis do que Alxeria, Arabia Saudita, Irán ou a mesma Guinea Ecuatorial? Non consigo ver a relación entre un conflito tan acoutado no espazo coas mostras tan salvaxes e incivís de violencia verbal e gráfica vertida contra os xudeus. Non responden a algo medible, senón que entraron na orde do simbólico.

Se cadra fixen ate agora demasiadas preguntas, pero a opinión pública debería expoñelas. E se non somos quen a contestalas, ou a resposta é negativa (Israel nin é un perigo nin nos afecta), é porque se dan por sentado no concerto mundial feitos que non implican aos europeos, senón paranoias que outros poñen sobre o taboleiro e acaban por convertirense en realidade. Como algún escritor afirmou, “A de Israel non é a nosa guerra”, frase coa que eu non estou en absoluto dacordo, aínda que xa nos gustaría que fora susceptible de ser tomada en senso positivo: os medios de comunicación deixarían de ter á Israel no prime time dos informativos e das novas, e as manifestacións serían pola crise o polo emprego. Mais Israel interesa, e moito. Interesa para condenalo, para estigmatizalo, para desviar a atención doutros asuntos… asuntos prioritarios na supervivencia de Europa.

Para o sistema de pensamento único, de altermundismo e de multiculturalismo, que só buscan a derrota final de Europa e de Occidente, Israel é o primeiro inimigo, e quenqueira que sexa o seu inimigo, será o amigo deles; aínda que ese eventual amigo saiba moi ben que somos, multiculturais e europeos, sen distinción, os seus inimigos. Unicamente, pois, priorizará: de entrada, a destrucción de Israel; logo, o cerco de Europa, un cerco que hai xa moito tempo que comezou: no século VII. Israel e Europa: un mesmo futuro

Europa ten un problema: non quere ser Europa. Por unha banda, un concepto de nación, dunha federación de pobos, dunha Europa mítica, atópase coa pantasma do nazismo. Foron poucos anos, mais aínda dase o medo de falarmos de bosques, de lobos, de solsticios, de Deuses… e que xurdan coma un vello resorte as imaxes do terrible. Ao mesmo tempo, o mundo da lenda non está por completo esquecido, pois Hollywood continúa coa súa particular mistificación da nosa historia (Alexandro, Troia, Gladiator…), pero a sociedade parece que perdeu a conciencia da liña que une os seus días con aqueles séculos; máis aínda na meirande parte da península ibérica, onde vese o pensamento hispano coma unha sucesión de pobos diferentes (celtas, iberos, romanos, xermánicos, musulmáns, cristiáns…) que contribuíron á formación da España de hoxe. Non hai unha continuidade simbólica (celtas/iberos – romanos – xermánicos), unha invasión alóxena (a musulmá) e unha recuperación do territorio por parte dos descendentes daqueles, senón unha suma da que debemos aproveitarnos ao seren todas as contribucións igual de importantes. Iso, de entrada, é falso, pois a cristiandade arraigou en Europa desde os primeiros séculos da nosa era, e xa no terceiro tiña alcanzado as terras máis afastadas de Xerusalén. E hai tamén outra cousa: nesa sucesión de pobos, o xudeu non está no imaxinario, cando a súa presenza na península e noutras zonas do Imperio Romano é case que arcaica. O xudeu é o Outro radical na historia de Europa, a minoría que non pertence a ninguén. Pola contra, Séneca, Prisciliano e santo

19

Isidoro forman unha continuidade; Ar-Rusafi, Ibn Khaián ou Averroes son contemplados como “españois”, porque viviron aquí e sentiron a terra invadida como propia; eran a normalidade dunha Iberia que formaba parte da cultura oriental e recuperaron o saber grego; logo, as mostras medievais marcan o inicio de cada unha das culturas nacionais que coñecemos. Agora ben, ónde fican os xudeus nesta serie. En ningures. A figura de Maimónides é considerada unha figura xudea, non da etapa española de Al Ándalus, pois nela o islámico era o corrente. Achamos, pois, que na Hispania prerromana, romana, visigoda, despois na Hispania baixo o poder estranxeiro dos musulmáns, e ao fin nos reinos que chegan deica nós, o xudeu é o Outro, o impropio, o que está onde non debe.

A historia de Europa é tamén a historia da cristiandade, e con esta vai adxunta a historia da persecución dos xudeus, que culminou na expulsión de España en 1492 e no Holocausto de 1945. Todos os europeos foron culpábeis deses atentados contra a humanidade, sobre todo porque o xudeu, na Europa do século XIX, xa non era o Outro, senón un europeo máis, cunha relixión diferente, mais dentro dunha cultura que viviu a contemporaneidade como puido tela vivido un islandés ou un siberiano. O xudeu non se recoñecerá na imaxe romántica dunha Europa bretemosa de lagoas, seres elementais e montes nevados; mais tampouco na Europa das catedrais que perseguiron todo o hebreo con máis ou menos saña dependendo da zona e do tempo. Sexa como for, un xudeu era sospeitoso en Europa, ao pertencer ao “pobo deicida” e ser sempre o obxectivo dos afáns evanxelizadores. Na idea da cristiandade, a cultura hebrea non cumpre ningún papel. E de feito, a reconquista de Terra Santa durante as cruzadas non supuxo un trato de favor cara aos xudeus, senón mesmo a prohibición de viviren no interior da cidade.

O pobo de Israel, por tanto, e aínda que precisaría eu –e non– de maiores xustificacións e probas, non comeza a formar parte da historia de Europa ate a modernidade, se ben temos en épocas anteriores a vida e a obra de senlleiras figuras (Flavio Xosefo, Yehudah ibn Gabirol, Benxamín de Tudela, Sem Tob…). Pero a partir do cogito cartesiano, filósofos e teólogos como Baruch Spinoza ou Uriel da Costa, exemplos da heterodoxia non en van atacada pola ortodoxia xudea; eles marcan unha ósmose absoluta cos pensadores procedentes de lares cristiás. A Haskalá ou Iluminismo do século XVIII, coa figura de proa que foi Moses Mendelssohn, supón o punto de non retorno do xudaísmo entendido como unha das posibilidades de ser europeo, ao mesmo nível que ser católico, protestante, ortodoxo ou mormón. Parafraseando á Joan Fuster, calquera xudeu podería afirmar “sermos xudeus é a nosa maneira de sermos europeos”. Despois desta data, por desgraza, seguiron as persecucións, mais a intelectualidade non facía distingos (cando menos, salientable). As achegas de Émile Durkheim, Simone Weil, Hannah Arendt, Jacob Taubes, Gershom Sholem… non se poden separar do seu marco xeográfico, nacional e de relación.

O Holocausto foi un punto final desta homoxeneidade que tiña máis de dous séculos de historia. A desaparición de milleiros de comunidades xudeas en Europa, a emigración forzosa de centos de homes e mulleres da cultura, e a creación do Estado de Israel supuxeron a práctica extinción da rica cultura europea de raíz xudea que Europa tivera desde antes da era cristiá. Iso non quer dicir que non houbera excepcións, como algúns membros da influínte Escola de Frankfurt (Max Horkheimer, Theodor W. Adorno, Walter Benjamin, Herbert Marcuse…) ou a rica filosofía francesa (Emmanuel Lévinas, Claude Lévi-Strauss, Alain Finkienkrault, Pascal Bruckner…). E xusto cando poderíamos ver un novo espertar desta veta europea xudea, cincuenta anos despois do xenocidio nazi, o antisemitismo volve sacudir as febles conciencias da Europa do século XXI.

20

Sucede ademais algo moi curioso: a conversión, da noite á mañá, de millóns de nacionais de países europeos en cidadáns asiáticos. Un ucraniano deixa de selo, un irlandés tamén, e un ruso, e un búlgaro, e un alemán… Todos deixan de ser europeos polo feito de viviren nun novo país chamado Israel e de recuperaren unha lingua semítica, o hebreo. Ben. Estamos en 1948, as terras de África e de Asia aínda están baixo poder europeo, e o flamante novo Estado sitúase nunha rexión cunha certa poboación árabe. E entón, de xeito individual, os xudeus poderían reintegrarse aos seus países de nacemento, mais de xeito colectivo son outra cousa xa inabsorbible por Europa. Non son nin sequera occidentais, senón asiáticos ao mesmo nível que os sirios ou os iraquís. Alí viven e con aqueles pobos teñen de se arranxar. Isto foi en 1948, cando o mundo viña de loitar contra o nazismo; tamén en 1967, cando o mundo descubriu a forza e o ímpeto dun Estado con só vinte anos de existencia… Mais quizais xa non é hora que ocorra.

Temos de concienciar de que Israel forma parte de Europa, alomenos da Europa cultural, da Europa culta, cosmopolita, plurilingüe e orgullosa de selo que naceu co Romanticismo. A situación de Israel, a lingua propia de Israel, e a relixión de Israel non son impedimentos para isto. O Estado de Israel non é unha invención colonial (como si son, de feito, os países de toda África e Oriente Medio), senón unha necesidade histórica e un logro nacionalista: algo que non conseguiron nin galegos, nin cataláns, nin bretóns, téñeno os xudeus. Mais isto non importa. Estamos a vivir no século XXI, dentro dunha organización plurinacional chamada Unión Europea e con pactos con países da outra beira do Atlántico. Os condicionamentos de qué ou cómo pode ser Israel mudaron. Grazas aos “multiculti” e aos altermundistas, non son os mesmos.

De entrada, a posibilidade que un país asiático, de relixión asiática, de lingua asiática e que ten ocupado pola forza territorio europeo (nunha invasión á que deberíamos aplicar dous calificativos de moda: de limpeza étnica e ilegal) é unha aposta de moitos socios da Unión. Estou a falar de Turquía e de todos os seus amigos europeos (e americanos). A entrada de Turquía na Unión Europea sería a perversión da idea europea, porque a nosa nación non se construiu coas aportacións dos turcos (ao contrario do que pasa coa achega xudía) senón contra eles. Súmese a Turquía a idea da Unión Mediterránea, que facilitaría os contactos e as relacións entre o Magreb e Europa, con vantaxes semellantes ás dos cidadáns da Unión Europea. Marrocos xa solicitou a súa entrada nesta organización, e o goberno socialista de daquela, liderado por Felipe González, limitouse á dicir que era unha proposta estudiable. Engádase, ao noso reconto, os territorios coloniais de Francia no Atlántico, no Índico e no Pacífico, beneficiarios da pertenza do Estado francés á UE. Con todos estes frontes abertos, negar que Israel poida constituírse en Estado membro da UE supón unha exclusión por absurdos xeográficos.

Sobre a lingua, tense aceptado un a priori lóxico: linguas europeas son as linguas da Europa ate os Urais. O turco, claro, entraría nesta lista, mais dun xeito adiado. Primeiro entra o país, Turquía, e nun simbólico despois (que se produce ao mesmo tempo, claro) a súa lingua. Tería ao seu favor que o turco se escribe con alfabeto latino, que os países onde se escribe con alfabeto cirílico medraron baixo o paraugas da Unión Sovética e que podería presentar algúns representantes dunha certa modernidade do tempo de Atatürk. Pero malia o seu disfrace, o turco procede de Asia, como os seus falantes. Isto non invalidaría de todo a pertenza dunha lingua a Europa, pois aí temos a república de Malta, de lingua árabe, situada preto de África, mais cristiá. Ou Armenia e Xeorxia, europeas desde a Antigüidade.

O xudaísmo, non nos podemos enganar, non tivo boa prensa nunca nas nacións cristiás. E hoxe, grazas á dictadura do multiculturalismo e á desinformación dos mass-

21

media, os israelís como metonimia dos xudeus son odiados do norte ao sul do planeta. Agora ben, escóitase por parte de políticos e representantes europeos loubanzas pola maneira tan marabillosa na que o islam é unha relixión europea máis, e por ter contribuido dun xeito definitivo á nosa cultura. E se escoitamos os conversos, entós os europeos non iamos ser nada sen a aportación básica de todos eles. Sen embargo, non se fala da cristiandade, e tampouco do xudaísmo, cando en tantas ocasións a historia do pensamento en Europa é a historia do pensamento xudeu con anexos, nin do budismo, que coñeceu algo tan querido polos detentores do multiculturalismo como a mestizaxe co paganismo heleno. Non obstante, se hai unha relixión sen o concurso da cal tería sido imposible unha Europa cristiá, esta é o xudaísmo. O antigo Israel é para a Europa de hoxe unha conditio sine qua non.

Así pois, se o Estado de Israel non entra no dominio simbólico do europeo (agás a súa participación no Festival de Eurovisión e nos campionatos deportivos), non é por carencia de afinidade, senón porque o pobo xudeu recea de séculos e milenios de persecución e morte, porque os cidadáns israelís non senten a necesidade de solicitar o seu ingreso na UE (o porque saben que llo negarían), e porque os Estados europeos non desexan actuar conforme á conciencia, senón dacordo coa xeopolítica de amizades. A cuestión, de todos xeitos, non fica aquí. Israel non é Noruega nin Andorra, que entrarán na UE cando queiran. Na Terra Santa estáse a dirimir o futuro. E a Unión Europea e o Estado de Israel xogan no mesmo equipo. Europa deféndese en Tel Aviv

Israel vive o mesmo problema que Chipre, Ceuta e Melilla, ou o Líbano cristián… Para a dictadura que quere o predominio do multiculturalismo en Europa e Occidente, e o integrismo racial no resto do mundo, este pequeniños lugares supoñen unha terxiversación de algún principio xeopolítico ineluctable. Sen embargo, Sudán, o Chad, Nixeria, o Tíbet, o Kurdistán, Xeorxia, o Sáhara, a Kabilia, Nova Caledonia… non. Por que? Teño unha resposta moi sinxela, que non por sinxela debe ser menos certa: en ningún destes países sae perdendo a Europa occidental sexa cal sexa o resultado do conflito. Sen embargo, unha invasión completa de Chipre –imposíbel na actual situación, todo sexa dito– sería para os multiculti unha recuperación lóxica por parte de Turquía dunha illa que está no seu ámbito territorial; ceder Ceuta e Melilla a Marrocos sería aplaudido polo multiculturalismo e o progresismo, pois son consideradas dous vestixios coloniais; a práctica desaparición e a imposibilidade do Líbano cristián e prol occidental, que contaba incluso con intelectuais e profesionais favorábeis á súa entrada na Unión Europea, non suscita o menor problema nos organismos internacionais, que ven lóxico o dominio por parte de Siria, e que tampouco fan moito contra o terrorismo de Hezbollah; por último, a aniquilación de Israel sería o orgasmo final dos altermundistas, pois non falan de dous Estados, senón da desmontaxe de Israel. Parece mentira que non comprendan que pedir a fin do Estado xudeu e pedir a reapertura dos campos de exterminio.

Ate o século XIX Europa e Occidente eran a mesma cousa. Europa era a Europa estrita e Occidente era a Europa ultramariña. Pobos que levaron ás terras de América, de Oceanía e dalgúns lugares de África unha cultura que calcaba a que deixaran nos seus países de orixe. Así e todo, no século XXI, Occidente xa non é só Europa. Hai parte do Occidente non europeo estrito que se podería considerar aínda parte dunha Magna Europa (o Quebec?, os europeos de Namibia?), pero non os Estados Unidos, nin tampouco Nova Zelanda. Isto é arestora Occidente, do cal Europa é unha parte en decadencia. Tamén é Occidente Australia, e quizais Xapón dunha maneira moi sui

22

generis. Neste reconto de países, aparece, claro, Israel. Israel non pode ser outra cousa que Occidente, pois vaille a vida niso. E se Israel é Occidente, temos de preguntarnos se non debería ser socio da institución que máis preto ten: a Unión Europea.

Primeiro, claro está, tería de pedir o Estado de Israel esta entrada. Mais a idea de Europa aínda suscita moita suspicacia. E é lóxico. Hai tamén a posibilidade que algúns xeoestrategos e fundaciois como a FAES barallan de ampliar a OTAN coa entrada de Australia, Xapón e Israel. Sexa coma for, os polos das alianzas e da identificación do inimigo común están a mudar nos nosos días. Os conceptos “Europa” e “Occidente”, ou incluso algún outro novo no porvir, precisan dunha revisitación. A cultura de liberdades que defendemos, a posibilidade de que os homosexuais non sexan discriminados, que as mulleres teñan os mesmos dereitos cós homes, que poidamos facer naturismo na praia, que as leis sexan as mesmas para todas as persoas con independencia da súa relixión… Estas cousas están en perigo. Para min, isto pertence de xeito irrenunciábel a unha Europa que custou sangue e dor obter. Non debemos deixar que unha moda teórica (o multiculturalismo) ou catro irresponsábeis que cren facer a revolución (os alternativos) estraguen unha cultura con deficiencias, mais que é a nosa, e unha das mellores onde se pode vivir.

Europa defendeuse no 480 a. C. nas Termópilas, no 722 da nosa era en Covadonga, no 732 en Poitiers, en 1453 en Constantinopla, en 1578 en Alcazarquivir, en 1683 en Viena, en 1962 en Alxer. En 2010, Europa deféndese en Tel Aviv. Os europeos e os occidentais nunca deberíamos ter dúbida de con quen estamos, de quen loita connosco, de quen somos.

23

Josep Carles Laínez

ISRAEL, A PRIMEIRA TRINCHEIRA Prólogo de Pedro Gómez-Valadés Limiar Sionismo, nacionalismo e xudeofobia Israel como exemplo de nacionalismo europeo Nas trincheiras de Israel BIOGRAFÍA Josep Carles Laínez (Valencia, 1970) é licenciado con grao en Filoloxía Española, así como licenciado en Filoloxía Valenciana e en Comunicación Audiovisual pola Universitat de València. Foi profesor na Universidad Nacional Autónoma de México, e impartiu cursos e conferencias en diferentes universidades e institucións: Komazawa University de Tokio, Universidad de Puerto Rico, Hofstra University de Nova York, Daedalos Institute of Geopolitics de Chipre, Universidad de Castilla-La Mancha, Universitat de València, Universitat Jaume I de Castelló de la Plana, Fundación de Análisis y Estudios Sociales, Club de Roma… Foi director adxunto da Fundación Valencia Tercer Milenio-UNESCO, e na actualidade é xefe de redacción da revista Debats. Obtivo diversos premios literarios, como o Ciutat de València, o Onso de Oro, un accésit no Ana Abarca de Bolea… Foi en dúas ocasións finalista do Premio da Crítica Valenciana na modalidade de ensaio. Entre os seus derradeiros libros, destacan La tumba de Leonidas (2006), Aquí la noche tiene el nombre de Valeria (2007) e La muerte del padre (2009). É columnista habitual de diversos medios dixitais (El Manifiesto.com, Diario Crítico…) e en papel (Levante-EMV, El

Periòdic d’Andorra, Aurora, Israël Magazine…). En galego, publica artigos e comentarios nas páxinas Galiza Israel, Europa Europa, Sión e as Terras Santas… A súa obra ten sido editada en máis de quince linguas. NOTA EDITORIAL

Israel, a primeira trincheira recolle diversos textos sobre as características do sionismo, as contradiccións dos partidos “nacionalistas”, o perigo que enfronta Europa, e a pertenza ó Occidente de Israel.