Inglaterra1643 1727aprox.

3
A Inglaterra de Newton Enfrontamentos relixiosos e políticos.- O rei escocés Xacobe IV asume o trono de Inglaterra como Xacobe I (1603-1625) unindo os reinos de Escocia e Inglaterra. Durante esta etapa os puritanos estaban cada vez máis insatisfeitos coa Igrexa de Inglaterra por considerala demasiado católica; a inquedanza relixiosa acadou o seu punto máis crítico cando un atipuritano, William Laud foi nomeado arcebispo de Canterbury. A este conflito relixioso habería que sumar pronto os enfrontamentos entre o rei Carlos I (1625-1649), sucesor de Xacobe I, que defendía a monarquía por dereito divino e o Parlamento que insistía en manter a independencia dos seus dereitos. Finalmente Carlos I foi obrigado a admitir as limitacións na súa autoridade. O Parlamento valeuse da crise para conseguir o control sobre o goberno. A guerra civil.- A división nacional exacerbouse aínda máis cando o Rei Carlos intentou arrestar a algún membros do parlamento acusados de conspiración. Ao fracasar esta acción os partidarios do rei abandonaron o Parlamento, mentres que a parte restante, os puritanos, fixeron una chamada ás armas. O Rei Carlos tamén reuniu as súas forzas: estalou a guerra. Corría o ano 1642 cando estala a sanguenta guerra civil en Nottingham, non lonxe de Woolsthorpe, por aquel entón residencia de Newton, guerra que trastornaría Inglaterra durante seis años. Os exércitos contendentes do rebelde parlamentario Oliver Cromwell e os partidarios de Carlos I avanzaban e retirábanse regularmente por entre as pequenas aldeas. Eran tempos difíciles. Os parlamentarios gañaron finalmente a Guerra Civil inglesa, grazas ao apoio de Escocia, e, sobre todo, debido a actuación de Cromwell, que creou as unidades militares que servirían de base para o novo exército. Cromwlell depurou o Parlamento de todos os membros opositores e Carlos I foi executado. Foi abolida a Cámara dos Lores e estabeleceuse un réxime republicano. O réxime de Cromwell.- Cromwell controla a política inglesa entre 1649 e 1658. Someteu a Irlanda e Escocia e obtivo un gran éxito nas Guerras Anglo-holandesas: Xamaica foi arrebatada a España. Á morte de Cromwell o seu fillo Richard non foi capaz de conseguir o respecto do exército que preparou a volta do exilio do fillo maior do rei Carlos I. A restauración monárquica.- Os excesos puritanos e o desorde xerado despois da morte do ditador propiciaron a chegada do novo soberano, Carlos II, que durante as dúas décadas e media que estivo reinando volvería tropezar con obstáculos similares aos que sufriron os seus antecesores inmediatos. Fronte ao rigorismo imposto polos puritanos na etapa anterior, desatouse unha vaga dun mal entendido liberalismo e relaxación nos costumes que na Corte se reflectíase nas prácticas aristocráticas tradicionais e na prodigalidade de que fixo gala o monarca, circunstancia que tan negativamente ía influír nas finanzas reais. Os acordos en política exterior co monarca francés Luís XIV tamén lle restaron apoios. Volveron as tensións relixiosas: volveuse de novo ao recoñecemento

description

Física (historia de Inglaterra durante a vida de Newton)

Transcript of Inglaterra1643 1727aprox.

Page 1: Inglaterra1643 1727aprox.

A Inglaterra de Newton Enfrontamentos relixiosos e políticos.-

O rei escocés Xacobe IV asume o trono de Inglaterra como Xacobe I (1603-1625) unindo os reinos de Escocia e Inglaterra. Durante esta etapa os puritanos estaban cada vez máis insatisfeitos coa Igrexa de Inglaterra por considerala demasiado católica; a inquedanza relixiosa acadou o seu punto máis crítico cando un atipuritano, William Laud foi nomeado arcebispo de Canterbury. A este conflito relixioso habería que sumar pronto os enfrontamentos entre o rei Carlos I (1625-1649), sucesor de Xacobe I, que defendía a monarquía por dereito divino e o Parlamento que insistía en manter a independencia dos seus dereitos. Finalmente Carlos I foi obrigado a admitir as limitacións na súa autoridade. O Parlamento valeuse da crise para conseguir o control sobre o goberno. A guerra civil.-

A división nacional exacerbouse aínda máis cando o Rei Carlos intentou arrestar a algún membros do parlamento acusados de conspiración. Ao fracasar esta acción os partidarios do rei abandonaron o Parlamento, mentres que a parte restante, os puritanos, fixeron una chamada ás armas. O Rei Carlos tamén reuniu as súas forzas: estalou a guerra. Corría o ano 1642 cando estala a sanguenta guerra civil en Nottingham, non lonxe de Woolsthorpe, por aquel entón residencia de Newton, guerra que trastornaría Inglaterra durante seis años. Os exércitos contendentes do rebelde parlamentario Oliver Cromwell e os partidarios de Carlos I avanzaban e retirábanse regularmente por entre as pequenas aldeas. Eran tempos difíciles. Os parlamentarios gañaron finalmente a Guerra Civil inglesa, grazas ao apoio de Escocia, e, sobre todo, debido a actuación de Cromwell, que creou as unidades militares que servirían de base para o novo exército. Cromwlell depurou o Parlamento de todos os membros opositores e Carlos I foi executado. Foi abolida a Cámara dos Lores e estabeleceuse un réxime republicano. O réxime de Cromwell.-

Cromwell controla a política inglesa entre 1649 e 1658. Someteu a Irlanda e Escocia e obtivo un gran éxito nas Guerras Anglo-holandesas: Xamaica foi arrebatada a España. Á morte de Cromwell o seu fillo Richard non foi capaz de conseguir o respecto do exército que preparou a volta do exilio do fillo maior do rei Carlos I. A restauración monárquica.-

Os excesos puritanos e o desorde xerado despois da morte do ditador propiciaron a chegada do novo soberano, Carlos II, que durante as dúas décadas e media que estivo reinando volvería tropezar con obstáculos similares aos que sufriron os seus antecesores inmediatos. Fronte ao rigorismo imposto polos puritanos na etapa anterior, desatouse unha vaga dun mal entendido liberalismo e relaxación nos costumes que na Corte se reflectíase nas prácticas aristocráticas tradicionais e na prodigalidade de que fixo gala o monarca, circunstancia que tan negativamente ía influír nas finanzas reais. Os acordos en política exterior co monarca francés Luís XIV tamén lle restaron apoios. Volveron as tensións relixiosas: volveuse de novo ao recoñecemento

Page 2: Inglaterra1643 1727aprox.

oficial da Igrexa anglicana, feito que prexudicou aos puritanos e presbiterianos; mentres os católicos gozaron de certa tolerancia, debido ás simpatías do monarca pola relixión católica, simpatía que se concretou de xeito público, coma xa fixeran os anteriores Estuardo ao casar cunha princesa católica, neste caso con Catarina de Portugal. A tensión entre o Parlamento e o monarca no deixou de medrar durante el reinado. Os “whigs” defendían a exclusión de Xacobe Estuardo, o irmán católico do rei, dos dereitos de sucesión ao trono, mentres que os “torys”, non se opoñían a Xacobe, sempre que ofrecerá garantías no terreo relixioso. A restauración supuxo una reacción contra o puritanismo non só no plano moral senón en todos os campos; así en 1662 o rei instituíu a Sociedade Real para promover o estudo das ciencias naturais. Foi tamén durante o seu reinado, en 1666, cando se produciu un devastador incendio en Londres, que será reconstruído por Christopher Wren. A Revolución Gloriosa.-

Xacobe II inicia o seu reinado con boa vontade, pero os seus opoñentes tras algunhas medidas favorables aos católicos e o nacemento dun varón sucesor que posibilitaba a sucesión católica, pediron a Guillerme III de Orange, protestante, e marido da filla maior do rei, María, que fixera prevalecer os dereitos de herdanza de María. Xacobe fuxe a Francia e Guillerme forma un goberno provisional. O Parlamento concedeulle a coroa a Guillerme e María, pero conservou a soberanía. Deste xeito producíase o trunfo das teses parlamentarias que impoñían un tipo de Monarquía constitucional baseada na idea de contrato entre o rei e o Reino, quedando derrotadas definitivamente as aspiracións dos Estuardo de constituír en Inglaterra unha Monarquía absolutista de dereito divino. Estas transformacións político-institucionais foron a base do que se denomina "Revolución de 1689" ou Gloriosa, que se completaría no terreo relixioso coa aprobación da "Acta de tolerancia", que supoñía na práctica, aínda que con algúns condicionamentos para os non anglicanos, a liberdade relixiosa, que se concedía a los grupos protestantes, pero de la que foron excluídos os católicos. Foi una vitoria conxunta dos principios whig e do pragmatismo dos tory. Os que non xuraron fidelidade aos novos reis recibiron o nome de xacobitas. Despois do masacre de Glencoe en Escocia e da batalla de Boyne, trala que aumentou a represión cara os católicos en Irlanda, os xacobitas e os católicos sometéronse. O derradeiro Estuardo.-

Con Guillerme, que gobernou en solitario despois da norte da raíña María en 1694, Inglaterra participo una guerra da Liga de Ausburgo (1689-1697) e na guerra de Sucesión española (1701-1713) para frear as ambicións territoriais de Luís XIV, rei de Francia. A primeira guerra só conseguiu que o rei francés recoñecera a Guillerme como rei de Inglaterra. Na segunda, a vitoria de Churchill, máis tarde primeiro duque de Malborough, demostrou que Inglaterra volvía ser una gran potencia europea.En 1693 créase un sistema de débeda pública permanente e ao ano seguinte, para garantir a súa amortización estabeleceuse o Banco de Inglaterra. Foi nesta época cando as teorías de Locke e Newton deron a Inglaterra un lugar destacado no mundo do pensamento.

Page 3: Inglaterra1643 1727aprox.

A unión con Escocia.-Antes de que Ana, a filla de Xacobe II, chegara ao trono en 1702,

todos os fillos desta xa morreran. Para evitar que volvesen ocupar o trono os Estuardo católicos, o Parlamento aprobou en 1701 a Acta de Estabelecemento, que aseguraba a sucesión ao trono á protestante Sofía de Hannover, neta de Xacobe I e aos seus descendentes. Nun principio os escoceses reivindicaban o dereito a elixir os seu propio sucesor una vez que Ana morrese, pero os militares ingleses obrigáronos a cambiar de opinión (Union Act, 1707) e como consecuencia ambos reinos fusionáronse dando lugar á creación do Reino Unido de Gran Bretaña. Gran Bretaña.-

Este Reino Unido estará en condicións de facer máis patente o seu xa iniciado dominio das rutas marítimas e de iniciar unha sutil pero eficaz forma de hexemonía no Continente europeo, sobre todo desde 1713-1714. Coa dinastía hannoveriana (Xurxo I, Xurxo II e Xurxo III- pasarase da Inglaterra rural, inquieta e enfrascada en loitas internas do s. XVII, á Gran Bretaña que definira, despectiva, pero atinadamente, Napoleón como un "país de tendeiros". Pero de tendeiros del mundo. Este espertar ao mundo dunha gran potencia foi vivido por Newton nos últimos anos da súa vida. Newton na Política

En 1687 defendió los derechos de la Universidad de Cambridge contra el impopular rey Jacobo II, que intentó transformar la universidad en una institución católica. Como resultado de la eficacia que demostró en esa ocasión fue elegido miembro del Parlamento en 1689 cuando el rey fue destronado y obligado a exiliarse. Mantuvo su escaño durante varios años sin mostrarse muy activo durante los debates. Durante este tiempo prosiguió sus trabajos de química. Se dedicó también al estudio de la hidrostática y de la hidrodinámica, además de construir telescopios.Después de haber sido profesor durante cerca de treinta años, Newton abandonó su puesto para aceptar la responsabilidad de Director de la Moneda en 1696. Durante este periodo fue un incansable perseguidor de falsificadores, a los que enviaba a la horca, y propuso por primera vez el uso del oro como patrón monetario. Durante los últimos treinta años de su vida, abandonó prácticamente toda actividad científica y se consagró progresivamente a los estudios religiosos. Fue elegido presidente de la Royal Society en 1703 y reelegido cada año hasta su muerte. En 1705 fue nombrado caballero por la reina Ana, como recompensa a los servicios prestados a Inglaterra. http://www.matematicas.netwww.artehistoria.jcyl.eshttp://es.wikipedia.org/