Informe sobre as recomendacións dadas por Lolo Andrade nas ...

2
Informe sobre as recomendacións dadas por Lolo Andrade nas charla dadas no concello de Ames para a Mitigación do dano da Vespa velutina. Hai que diferenciar ben a trampa de raíña do cebadeiro de obreiras LOCALIZACIÓN de niños de RAÍÑA .- Marzo a final de Xuño Os niños de raíña soen construírse en sitios abrigados como alpendres, garaxes, porches... SE OS VES LLAMA AO 012 Neste momento a raíña fai una pequena posta de larvas e é a raíña a encargada de alimentalas Por iso é neste momento cando podemos poñer trampas para capturala. TRAMPAS PARA CAPTURA DE RAÍÑAS 1) CANDO POÑELAS? nos meses de Marzo a Xuño e de Outubro a Decembro 2) COMO SON? Poden ser comerciais o “”caseiras”” Segundo Lolo as mellores teñen dous buratos de 1 cm no terzo superior da botella, pequenos buratos mais arriba para que salgan moscas e demais e outros dous para pasar a brida e poder colgala. Enchemos catro dedos Dous buratos enfrentados de 1 cm de diámetro Pequeños buratos para que salgan os insectos mais pequenos atrainte

Transcript of Informe sobre as recomendacións dadas por Lolo Andrade nas ...

Page 1: Informe sobre as recomendacións dadas por Lolo Andrade nas ...

Informe sobre as recomendacións dadas por Lolo Andrade nas charla dadas no concello de Ames para a Mitigación do dano da Vespa

velutina.

Hai que diferenciar ben a trampa de raíña do cebadeiro de obreiras

LOCALIZACIÓN de niños de RAÍÑA .- Marzo a final de Xuño

Os niños de raíña soen construírse en sitios abrigados como alpendres, garaxes, porches...

SE OS VES LLAMA AO 012

Neste momento a raíña fai una pequena posta de larvas e é a raíña a encargada de alimentalas

Por iso é neste momento cando podemos poñer trampas para capturala.

TRAMPAS PARA CAPTURA DE RAÍÑAS

1) CANDO POÑELAS? nos meses de Marzo a Xuño e de Outubro a Decembro2) COMO SON? Poden ser comerciais o “”caseiras”” Segundo Lolo as mellores teñen dous buratos de 1 cm no terzo superior da botella, pequenos buratos mais arriba para que salgan moscas e demais e outros dous para pasar a brida e poder colgala.

Enchemos catro dedos

Dous buratos enfrentados de 1 cm de

diámetro

Pequeños buratos para que salgan os insectos mais pequenos

atrainte

Page 2: Informe sobre as recomendacións dadas por Lolo Andrade nas ...

3) ONDE AS POÑEMOS? En CAMELIOS, CÍTRICOS e nas CERDEIRAS. Estas árbores teñen o néctar preferido das raíñas. Lembra, isto o facemos de marzo a finais de xuño.

4) QUE LIQUIDO ATRAINTE POÑEMOS? Pode ser comercial ou ben podemos preparar un caseiro. Non é bo que cada quen prepare o seu a chou porque podemos estar facendo máis mal que ben. O recomendado por Lolo é:

1 litro de zume de arándanos 1/2 litro de viño branco 4 culleradas de vinagre 1 gotiña de fairy ou similar

O líquido atrainte ten que encher 4 dedos a botella. Non esquecer o fairy porque se non non se afogan

Logo do niño de raíña a Velutina fai o niño primario cerca de onde fixo o de raíña. Este é xa mais grade. A raíña xa queda dentro, non sae, así que xa non ten sentido ter trampas para ela. As retiramos para volver a colocar no outono.

Logo do niño primario construirán os secundarios normalmente nas árbores altas. AVISAR 012

Durante os meses de xullo, agosto e setembro os grandes niños secundarios teñen unha enorme cantidade de vespas obreira. A raíña queda no niño ocupada ca posta e son as obreiras as encargadas de alimentala e tamén de alimentar as larva.

Este é o momento de PROTEXER as colmeas e as plantación de froitas e viñedos. Para iso empregaremos CEBADEIROS

Os cebaderos farán que gran cantidade a obreiras acuda en masa cara el e alí morran evitando que visiten a froita. Para protexer as colmeas ademais teremos que empregar arpas tendo en conta a boa colocación das mesmas porque se non non funcionan.

Como facemos un cebadeiro?Precisamos un recipiente grande, como un cubo. Quentamos un litro de auga e engadimos medio litro de mel. Vertemos catro dedos en cada un dos cubos e o distribuímos por toda a zona a protexer.

A finais de outono principio de invernos a raíña nai morre, as novas raíñas abandonan o niño para enterrarse no chan durante os meses mais fríos. Neste momento NOVEMBRO DECEMBRE e cando deberemos volver a colocar as TRAMPAS DE RAÍÑAS xa que estas deberán alimentarse ven antes en pasar o inverno enterradas.

LEMBRADE QUE O CONCELLO DE AMES CEDERÁ ATA 200 TRAMPAS DE RAÍÑA CO correspondente LÍQUIDO ATRAINTE PARA TENTAR TER CONTROLADA ESTA ESPECIE INVASORA NAS DIFERENTES PARROQUIAS

TELÉFONO 660004665Casa da Cultura de Bertamiráns

Departamento de Medio Ambiente

RECETA