Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... ·...

15
Informe Histórico Tratado de Tui 1137 Suso Vila Intérprete de Patrimonio Novembro 2017

Transcript of Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... ·...

Page 1: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Informe Histórico

Tratado de Tui 1137

Suso Vila

Intérprete de Patrimonio

Novembro 2017

Page 2: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Introducción

A cidade de Tui recuperaría o seu pulso urbano ao longo do século XI. Partindo do

burgo catedralicio, na coroa do outeiro tudense, a cidade extenderíase na súa contorna

aproveitando a rede histórica de camiños e os seus portos marítimo-fluviais. O poder episcopal

sobre Tui cristalizaría no privilexio dos condes de Galicia Raimundo e Urraca en 1095 ao se

establecer o couto do seu señorío desaparecendo así os últimos restos do dominio condal

sobre a cidade. O couto tudense facía énfase nun espazo común nunha ribeira e outra do

Miño, proxectando así os vencellos urbanos de Tui.

Afonso VI faría entrega do condado portucalense ao conde Enrique de Borgoña e a súa

filla Teresa en 1097, deste xeito comezará a configurarse o futuro reino de Portugal, primeiro

coa raíña Teresa, principalmente co privilexio á igrexa de Tui en 1125 na que se sinala por

primeira vez o “reino de Portugal” e logo co seu fillo Afonso Henriques quen fará uso do título

real de xeito oficial a partires da batalla de Ourique en 1139. Estes acontecementos e as

reivindicacións portuguesas sobre o territorio de Tui irían forxando a formación dunha nova

fronteira, a do Miño, partindo en dous o territorio histórico tudense tanto o de carácter

municipal como o diocesano.

O contexto do tratado de Tui

A pesares da toma de poder por Afonso Henriques contra a súa nai a raíña Teresa coa

batalla de San Mamede en 1128, amosaríase a continuidade do interese do infante nas

campañas no territorio galego, en especial as terras de Tui e Ourense.

As incertezas na cronoloxía das intervencións dos primos Afonso VII e Afonso

Henriques no Miño tudense impide establecer con exactitude o tempo de ocupación que o

infante Afonso mantería en Tui. Na Historia Compostelana e datable entre os anos 1131 e

1134 contaríamos coa chegada de Afonso Henriques1 a Tui aproveitando que o rei leonés se

atopaba reivindicando os seus dereitos ao reino navarro-aragonés. Os acordos co navarro

García Ramírez e o aragonés Ramiro II liberarían ao rey leonés para repeler a ofensiva

1 FALQUE REY, E., Historia Compostelana, Madrid, 1995, p. 454, cap. 51, libro III.

Page 3: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

portuguesa no territorio de Tui no ano 1137. Desde Zamora emprendería o camiño a Tui en

tres días segundo nolo conta a Historia Compostelana.

Malia a que as posicións de Afonso Henriques eran fortes en Tui co apoio dunha boa

parte da nobreza territorial miñota o 4 de xullo sería asinado un Tratado de Paz entre o infante

portugués e o rey leonés. Non están claros os motivos para que Afonso Henriques aceptase un

acordo que era en principio pouco favorecedor sinalándose pola maioría dos historiadores

como a situación no sur, sobre todo a ameaza almorávide sobre Leiría e Coimbra como

condicionante para para a retirada dos seus efectivos de Tui. Esta ameaza tampouco sería allea

a Afonso VII toda vez que existía perigo sobre as posicións leonesas e casteláns no sur do

reino.

O tratado de Paz de Tui en 1137 establecería acordos de amizade entre os primos

Afonso Henriques e Afonso VII. Toda vez que existe unha única versión conservada (a do

mosteiro de Sahagún) se descoñece se existía outra versión en mans do infante Afonso que

matizase o seu contido. Os análises realizados por T. Sousa Soares, P. Merêa, P. David o C.

Erdman interpretan o tratado como un pacto bilateral de amizade, o que decantaría con

claridade que o pacto de Tui fose un paso máis para a adquisición de soberanía para o infante

portugués.

Privilexio do rei Afonso VII á igrexa de Tui en 1142 incluida a Torre que edificara xunto do campanario catedralicio.

Page 4: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Merêa sinala como o compromiso establecía unha serie de obrigacións que poderían

subscribir ou non os fillos e herdeiros de ambos monarcas polo que non existiría unha relación

de vasalaxe entre os primos con este tratado. O vencello de dependencia entre o vello

condado portucalense co reino de León ficaba na práctica quebrantado.

Na crónica do emperador Afonso, redactada poucos anos despois destes

acontecementos non se menciona ningún acto de sumisión polo tratado de 1137, cuestión que

non favorecía a Afonso VII polo que todo indica que o tratado fose de mutua amizade.

A Torre Vella dentro do convento da Concepción, o túnel das Monxas, parte da fortificación erixida pola raíña Teresa en

1124 como parte do burgo catedralicio.

Page 5: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

O infante Afonso compensaría á Sé de Tui en 1137 “polo dano que causei á aquela

igrexa”2, polo que cabe pensar en graves consecuencias para a catedral e as súas propiedades

durante o cerco da cidade máis aló dunha simple ocupación do territorio. A doazón sería a da

vila de Vinea en todos os seus termos3.

2 Arquivo Histórico Catedralicio de Tui, Pergamiños 5/3, copia do documento en Pascual Galindo Romeo, Tuy en la

Baja Edad Media (siglos XII-XV), documento III. 3 Ávila y La Cueva, F., Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado, Consello da Cultura Galega,

Santiago de Compostela, 1995, tomo III, pax. 146; Flórez, H., España Sagrada, Madrid, 1767, tomo XXII, pax. 81.

Sala capitular románica da Catedral de Tui, ubicada no claustro. Deseño de Bango Torviso, 1979.

Page 6: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Consecuencias do Tratado de Tui

O tratado de Paz de Tui en 1137 tivo como principal consecuencia o reforzo de Afonso

Henriques no seu territorio e o primeiro paso como rei de Portugal non só como fillo de raíña,

senón desde o punto de vista de afastarse da vasalaxe leonesa. Pero tamén debemos facer

énfase que o tratado de Tui establece con claridade a formación da fronteira política no río

Miño entre Galicia e Portugal, sinalando así que o percorrido final do río Miño (aprox. 70 km.)

forme a fronteira máis antiga de Europa.

Neste senso remarcar que se formou unha fronteira política que dividiría en dous

metades simétricas o territorio episcopal de Tui que non sería segregado definitivamente até a

ratificación do papa Eugenio IV en 1444.

Por outra banda hai que sinalar como o tratado de Tui permite de xeito claro a

titulación de Afonso Henriques como rei ao marxe do acontecemento da batalla de Ourique en

1139, data tradicional para emerxer a titulación real na chancillería afonsina. Dous epígafes se

teñen recollido (un conservado) no que aparece Afonso como rei, o da igrexa de Santa María

do Castelo en Soure: “Era MCLXXVI, Regnante Comitis Henrici Filii Adefonso, X Anno Sui Regni”,

e o da capela de Santa Luzia de Campos en Vilanova de Cerveira: “Iste Fundatus fuit ERA

MC2XX VI REG <NANTE> REX ALDOnS(us)”4.

As reivindicacións territoriais de Afonso Henriques sobre Tui non remataría coa Paz de

1137. En 1140 ocupa de novo a cidade aproveitando que Afonso VII estaba en campaña na

conquista do castelo de Oreja (1139). O apoio ao rei portugués polos condes miñotos como

Gómez Núñez, favorecen as pretensións de Afonso Henriques. A batalla de Arcos de Valdevez

entre Afonso VII e Afonso Henriques evidenciaba o equilibrio de poder entre ambos monarcas

ao se resolver o confronto bélico cun choque entre cabaleiros de fin incerto. A reunión de

Zamora en 1143 non só establece unha nova paz entre os monarcas senón que sinala a

primeira mención da chancelería leonesa a Afonso como rei de Portugal.

O rei Afonso Henriques continuaría ao longo do seu abastado reinado a ocupar o

territorio tudense, xa contra o rei leonés Fernando II. Entre 1159 e 1169 o dominio portugués

continuaría sobre Tui sendo a derrota de Afonso Henriques en Badajoz en 1169 a ocasión para

a retirada de Tui e control definitivo leonés sobre o territorio ao norte do Miño.

4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa, 2000, nº 73 e nº 74.

Page 7: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

O contexto urbano do tratado

Na data de celebración do tratado de paz a cidade estaba en proceso de maduración

urbana. Tui concentrábase aínda na “Coroa catedralicia”, o burgo altomedieval na parte máis

elevado do outeiro tudense. O principal espazo edificado correspondía á Catedral, en

construcción en 1137 pero co transepto xa concluido e operativo liturxicamente e incluso a

torre das campás xa rematada. No lado oposto da “Coroa” estaba a Domus Episcopi e a igrexa

de Santa María da Oliveira. Sería esta igrexa quen daría nome a este importante barrio

medieval de Tui. O sector amurallado do barrio da Oliveira mantiña unha torre edificada pola

raíña Teresa de Portugal en 1124 como porta de comunicación cos barrios baixos da cidade e o

porto de San Xoán. Esta torre e fortificación serían denominados ao longo da Baixa Idade

Restos da Torre do Concello nas obras do edificio consistorial en 1954, erixida por Afonso VII en 1137.

Page 8: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Media como Torre Vella, hoxendía conservada dentro do convento das Clarisas e chamado

popularmente como Túnel das Monxas. O emperador Afonso VII ordenaría a construcción

dunha nova torre en Tui, a carón da torre das campás catedralicia que sería doada polo rei en

1142 ao bispo Paio Menendes. Esta torre de Afonso VII correspondería á chamada Torre do

Concello que durante o Antigo Réxime serviría como símbolo da vasalaxe da cidade aos bispos

tudenses ao se entregar as chaves da Torre en cada cerimonia de posesión dun novo bispo.

Arredor do burgo catedralicio estaban varios núcleos relixiosos como o de Santa Baia

(xunto do actual Parador de Turismo), San Xoán de Porto e San Bartolomeu, este último como

asento episcopal ao longo do século XI.

Tui conserva varios edificios da época do tratado como é a Catedral románica

(transepto, campanario e Sala Capitular do claustro), a Torre Vella e fortificacións do burgo

(túnel das monxas) e a protocatedral de San Bartolomeu. A nivel arqueolóxico ficarían

soterrados elementos da Domus Episcopi (nas hortas do convento das Clarisas) e da igrexa de

Santa María da Oliveira (pezas conservadas no museo catedralicio).

Suso Vila

Page 9: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Bibliografía:

AZEBEDO, R. de., ALMEIDA, L. F. de., Documentos medievais portugueses, Lisboa, 1941

CALLEJA PUERTA, M., “Nacimiento de la frontera: El destierro portugués del Conde asturiano

Gonzalo Peláez”, en Revista da Faculdade de Letras, Historia, 15, Universidade do Porto, 1998,

pp. 213-228.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M., Toronium, aproximación a la historia de una tierra medieval.

Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, anexo XXXI, Cuaderno de Estudios Gallegos,

Santiago de Compostela, 2004.

FERREIRA, M. R., “O reino de Portugal na Chronica Adephonsi Imperatoris”, en e-Spania, revue

interdisciplinaire d’études hispaniques médievales et modernes, coord. Georges Martin, La

Chronica Adefonsi Imperatoris y la Historia Roderici, Au miroir des anciens, 15 juin 2013.

MATTOSO, J., História de Portugal, tomo I, Lisboa, 1982, p. 604-654.

MERÊA, P., “O Tratado de Tui do ponto de vista jurídico”, en Revista Portuguesa de Historia, VI,

1955, pp. 95-115.

ROMERO PORTILLA, P., “Valor de la documentación real portuguesa para la historia de Galicia

en la Edad Media”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, tomo LI, fasc. 117, Santiago de

Compostela, 2004, pp. 219-237.

SOUSA SOARES, T., “O significado político do tratado de Tui de 1137”, en Revista portuguesa

de história, 1943, vol. 2, p.321-334.

VILA, S., A cidade de Tui na Baixa Idade Media, Toxosoutos, Noia, 2009.

Page 10: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Documento do Tratado de Tui 1137

ESCALONA, R.; Historia del Real monasterio de Sahagún, sacada de la que dexó escrita el Padre

maestro Fr. Joseph Pérez, Catedrático de Lenguas y de Matemática de la Universidad de

Salamanca, Madrid, 1782, escritura CLXI, cax, 21, leg. 4.n.14.

“Tratado de paz entre el Emperador y el Infante de Portugal”

Hoc est placitum et convenientia quam facit Infans Portugalensis cum A. Ispanie

Imperatore perpetuo mansuram in primis videlicet, ut sit bonus amicus eius, et fidelis bona

fide et sine malo ingenio et facit ei securitatem de suo corpore, ne per se, vel suo consilio

aliquo tempore sit mortuus, aut ingenido, aut preso et si alius homo hoc fregerit, quod ipse á

bene rancure quomodo rancurare de suo corpore, et de suo filio, quem multum amaret. Facit

etiam illi securitatem de sua terra, quod non perdat illam, neque ingeniet, neque perse, neque

per suos homines et si aliquis fecent, quod bona fide, et sine malo ingenio adiuvet illum

rancurare, ut eam adquirere quomodo faciet, si sua propia esset si vero aliquis Rex

Xptianorum, aut Paganorum per vim in terram imperatoris intrare volvent, ut adivet cum

amparare bona fide, et sine malo ingenio, si ab illo adiutorium qusierit, et illi demandaverit.

Facit post hec illi securitatem, ut hoc placitum, et istam convenientiam teneat suis filiis

imperatoris, illi sicilicet, qui in placito, et convenientia sui patris volverint stare, et permanere.

Si quis vero de hominibus Infantis in hoc placitum, et convenientiam ruperit, ut Infans pro suo

posse emmendet, sicut laudaverit illi hominis Infantis, et Imperatoris, qui inter utrunque

pacem, et concordiam volverit mitere. Ad hoc etiam faciet illi securitatem, ut illum honorem

quem modo illi dat, et dabit iratus, aut pacatus quocunque tempore volverit, illi reddat, aut

suo filio per bonam fidem, et sine malo ingenio. Et Placitum firmet, et per iuramentum ipse

cum L. C. suis bonis hominibus. SI vero infans hoc Placitum fregerit, sit periurus, et traditor.

Factum fuit hoc placitum apud Tudam in riva Minii sub Era Mª Cª LXXCª IIIIº Nonas julii. Hoc

placitum fuit factum in presentia Domni Pelagij Braccarensis Archiepi, et Domni P. Secoviensis

Epi, et Johannis Portugalensis Epi, et P. Tudensis Epi, et M. Auriensis Episcopi.”

Page 11: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Documentos relacionados

Flámula na fronteira do Miño

Hai historias que por moi lonxanas no tempo que sexan fican para nos como algo próximo. Son

historias que herdamos, que moldeamos, que transmitimos. O paso dos séculos fai que moitos

relatos históricos conten cun velo que cubre o que sería a historia obxetiva coa historia

subxetiva.

As fronteiras marcan espazos de confronto económico, social, político ou cultural. O Miño

creouse como unha fronteira casual, xa que non se diferenciou o territorio ao norte e ao sur do

río, mantendo a súa unidade social, económica, cultural ou relixiosa. O proceso de formación

do reino portugués comezado pola raíña Teresa e continuado polo seu fillo Afonso Henriques

configurarían ao longo do século XII unha fronteira diferente e especial en Europa.

Un dos aspectos desta peculiar fronteira sería a ratificación por parte dos monarcas

portugueses ao longo do século XII dos privilexios da igrexa de Tui a un e outro lado do Miño.

Aínda máis, ratificaban que o couto da cidade de Tui mantivese a súa tradicional extensión

sobre ambas as dúas ribeiras do río, configurando un mesmo territorio urbano.

Os desexos de Teresa ou do seu fillo Afonso sobre o espazo episcopal tudense nacían dos

dereitos territoriais sobre o sur de Galicia baseados na antiga herdanza sueva de Braga. Non

pensemos que as reclamacións territoriais do reino de Teresa de Portugal se sostiñan só sobre

vellos papeis ou ambicións de poder, contaban co apoio da nobreza miñota, posuidora de

castelos e facendas, aqueles que tiñan o poder directo sobre terras e persoas.

O conde máis importante do territorio vai ser Gomes Nunes emparentado cos condes de Traba

polo seu casamento coa filla de Pedro Froilaz, Elvira Peres, perotamén coa vella nobreza do

Douro. O poder de Gomes Nunes non só se baseaba na pose de estratéxicos castelos como o

de Santa Helena no Miñor ou o de Sobroso, tamén como era habitual nas grandes familias

medievais, na posesión de mosteiros, como o de San Salvador de Budiño onde estaban

sepultados os seus pais Nuno de Celanova e Sancha Gomes ou o de Pombeiro ao sur de

Guimarâes.

A forza do conde Gomes Nunes no territorio tudense será fundamental nos movementos

primeiro da raíña Teresa e logo de Afonso Henriques sobre o sur de Galicia. Os apoios do

conde miñoto condicionarán as alternativas leonesas e portuguesas no territorio, como o

dominio sobre o Miño e a Limia en 1122 por Teresa ou o control de Tui en 1140 por Afonso

Henriques.

Gomes Nunes non se comporta como un traidor cara os reis leoneses, primeiro Urraca e logo

Afonso VII. A súas accións son máis complexas. Primeiro como froito das súas bases territoriais

ao norte e ao sur do Miño, nun espazo aínda non definido, fronteira ambigua do condado

Page 12: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

portucalense. Segundo, o seu parentesco cos condes de Traba o levan a sumar intereses

comúns, a asumir unha especie de lealtade familiar. Terceiro, o condado portucalense

ofrecíase como un poder máis próximo, polo tanto máis eficaz para colmar as ambicións e

aspiracións dos grandes magnates e ricohomes rexionais e incluso supeditado a presenza das

súas posesións baixo o control dos condes portucalenses na rexión de Entre-Lima-e-Douro.

Ao longo da primeira metade do século XII o conde Gomes Nunes manifestouse a prol do

nacente reino portugués tanto coa raíña Teresa como co seu fillo o rei Afonso, desbotando así

o suposto antagonismo do rei portugués coa nobreza galega, aristocracia territorial na que se

apoiará en moitos momentos do seu longo reinado.

Afonso Henriques ficará claramente vencellado a Tui durante case cincuenta anos da súa vida.

Desde que é ordenado cabaleiro na cidade no ano 1122, nese tempo no que a súa nai

controlaba os territorios miñoto e limiense, até o ano 1169 que domina o sur de Galicia

tentando reclamar os seus dereitos sobre a rexión e que só a derrota de Badajoz perante o

monarca leonés Fernando II lle impedirá consolidar a anexión territorial.

Neste tempo e malia as necesidades do reino de conquistar a súa fronteira sur contra o poder

musulmán ou extender límites polo leste a costa do reino de León, Afonso Henriques manterá

un especial interese en Tui, sendo constantes as súas campañas de conquista. Será

precisamente nestas campañas bélicas cando observamos que o Miño se convirte en

referencia entre os dous poderes en litixio, o leonés e o portugués. Os dous exércitos

combaterán nas terras miñotas sen lograr grandes avances, sen acadar posicións estratéxicas

que lles permitan establecer novas liñas fronteirizas.

Iso é o que acontece no Tratado de Tui no ano 1137, trala derrota dos nobres galegos na

batalla de Cerneja, na Limia. A anexión de Tui por Afonso Henriques aproveitando os conflictos

do reino de León con Navarra ten a súa resposta no contragolpe do seu curmán Afonso VII. As

forzas están parellas e o rei leonés recupera Tui sen contar cos apoios militares suficientes

para continuar cara o sur para someter á vasalaxe ao conde portugués. Afonso Henriques

tampouco está na mellor situación, o ataque musulmán sobre Santarém require da súa

atención e recursos. Establécese así un pacto na cidade episcopal de cara a manter o status

quo no Miño que curiosamente pasará a ser definitivo a partires de 1170 trala reconquista de

Tui por Fernando II de León.

O tratado, pacto ou paz de Tui supón probablemente o recoñecemento de Afonso Henriques

como rei de facto, por ser neto de rei, Alfonso VI, e fillo de raíña, Teresa, tal e como fai énfase

na súa doazón á igrexa de Tui en 1137. A cidade de Tui estaba aínda afogada por unha muralla

na parte máis elevada do outeiro sobre o río. Un pequeno caserío ficaba dentro salientando a

grande superficie que ocupaba a catedral en construcción cuxa parte románica ficaba xa

Page 13: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

avanzada co campanario e o transepto. No patio a sala capitular estaba xa rematada para

acoller as deliberacións do bispo Paio Menendes e os seus cónegos.

Do outro lado do burgo fortificado estaba o vello pazo condal transformado polo bispo na

Domus Episcopi, adosado ao oeste da muralla. Debía consistir a Domus, por semellanzas co

pazo de Xelmírez ou o pazo episcopal ourensán, dun gran edificio de planta rectangular

rematado por unha ou dúas torres. Cara o sur, soleado e cuberto por vexetación, o corral, un

patio para o lecer dos bispos.

Tanto na sala capitular como na domus episcopi se producirían os movementos do tratado de

Tui, tanto para acoller o acto protocolario de pactar e redactar os documentos da tregua entre

os monarcas como para permitir o descanso do rei leonés. Os mosteiros de San Bartolomeu e

de Ganfei tamén serían escenarios xa que os mesmos contaban coa capacidade de acoller aos

reis e á súa corte.

Non hai que esquecer que tanto a domus como a sala capitular son o resultado da constitución

da canónica tudense, baixo a regla de San Agostiño, ao que contribuirá enviando cónegos o

relixioso Teotonio, fundador no mosteiro de Santa Cruz de Coimbra en 1131 dunha orde de

cónegos regulares e conselleiro espiritual do rei portugués. Era sobriño do bispo

conimbricense Cresconio que tiña sido abade en San Bartolomeu de Rebordáns. A familia de

Teotonio formaba parte da ribeira sur da cidade de Tui, nos arredores do mosteiro de Ganfei,

de aí os fortes vencellos que terá Teotonio coa catedral tudense.

Unha das consecuencias da Paz de Tui sería a construcción da Torre do Concello, realizada polo

rei Afonso VII sobre un solar inmediato ao campanario da catedral. A Torre sería doada polo rei

á igrexa tudense en 1142 polo que pasaría a formar parte do poder señorial dos bispos

tudenses sobre a cidade e vencellándose a concello ao se establecer na doazón o poder de

nomeamento de xuices por parte dos bispos.

A tregua é breve, Afonso Henriques derrota en Ourique aos almorávides e corta o avance

musulmán no seu reino no que comezará a asinar oficialmente como monarca. Esta victoria

supón un estímulo ás súas aspiracións territoriais sobre Tui e Ourense. O apoio do conde

Gomes Nunes en Toroño e do conde Rodrigo Peres na Limia permite unha rápida ocupación

sobre o territorio no ano 1140 que fica paralizada polo contraataque do emperador. Afonso

Henriques derrota a unha parte do exército leonés e toma importantes prisioneiros como o

conde Ramiro Froilaz, Ponce Giraldo de Cabrera e os irmáns Bermudo e Fernando Pérez de

Traba pero as posicións establecidas por ambos exércitos nos montes de Valdevez e as

dificultades de presentar unha batalla campal obriga a resolver o conflicto nun torneo

cabaleiresco, o bufurdium, entre os mellores cabaleiros de ambos reis. A victoria portuguesa

no torneo permitirá unha tregua de tres anos.

Page 14: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

Non era allea esta solución de cabaleiros a conquista musulmana de Leiria. As necesidades de

defensa do reino perante os ataques doutros inimigos como os musulmáns explicarían o

combate singular para resolver as diferencias entre os dous monarcas. O resultado do mesmo

era o de menos xa que logo se facía obvio o equilibrio de forzas e a incapacidade de ambos

contendentes de acadar un avance territorial significativo.

O apoio de Gomes Nunes no Miño lle suporía o exilio en 1141, o retiro a un mosteiro

cluniacense francés segundo a lenda. Pero prantéxasenos unha pregunta, por qué o conde

miñoto apoiou desta vez a Afonso Henriques se non o tiña feito en 1137? Qué motivos podía

ter o conde para arriscar a súa fortuna en contra dun rei poderoso como Afonso VII ao que se

mantivera próximo tal e como se amosaría polos numerosos documentos por el asinados?

Estamos no momento no que o rei portugués coñece a Flámula Gomes. Non sabemos se antes

o despois do Tratado de Tui en 1137. Dous fillos van nacer desta relación, Teresa Afonso e

Fernando Afonso. O casamento de Afonso Henriques con Mafalda de Savoia non sería até

1146, polo que teríamos unha longa relación. Flâmula Gomes podería ser un dos motivos para

interesarse por incorporar Tui ao seu reino en 1137.

Quén era esta Flâmula da que se namora Afonso? Unha viúva, retirada no mosteiro de Vairão

que logo terá un fillo cun nobre falecido antes de nacer o froito desa relación. Flâmula,

coñecida pola versión romanceada do seu nome, Chamoa, era filla do nobre miñoto Gomes

Nunes. Estamos cunha muller influinte, con formación e personalidade. O casamento con Paio

Soares era o resultado das estratexias familiares malia a súa curta idade. O convento era a

saída normal para unha viúva, para contar con libertade aínda que fose dentro das paredes do

cenobio. O amor con Men Rodrigues de Tougues expresaba que os conventos eran lugares

para encerrar corpos non espíritus e o de Flâmula era libre. Coñecer a un rei e namorarse

podía ser froito da casualidade pero unha poderosa personalidade tiña a fermosa Chamoa para

atraer a un guerreiro monarca como Afonso Henriques durante bastantes anos.

O primeiro fillo do rei nacerá arredor do ano 1140, Fernando Afonso. Como fillo ilexítimo de rei

a súa carreira estará marcada polo fervor que sentía o seu pai polas ordes militares. Fernando

ingresará na orde de San Xoán do Hospital chegando a grande mestre da orde no ano 1202,

unha figura relevante da política occidental.

Os amores de Afonso Henriques con Chamoa reflicten a cambiante situación na fronteira, un

territorio indefinido, non lineal que abranxía Toroño e a Limia, terras condais, solar de nobres

cuxas posesións ficaban nunha banda e noutra dos reinos cristiáns. Non só temos que pensar

na ambigüedade eclesiástica arredor do Miño. Tamén acontecía coa aristocracia miñota, as

súas posesións atopábanse a un lado e otro do Miño, nas terras altas e baixas da Limia. A forza

Page 15: Informe Histórico Tratado de Tui 1137tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui... · 2018-07-23 · 4 BARROCA, M. J., Epigrafía meideval portuguesa, tomo I, Lisboa,

e a persuasión de un ou doutro monarca xogaba a favor do seu apoio, da defensa dos seus

mellores intereses.

Descoñecemos a fin de Chamoa, é probable que a súa vida rematase pouco antes do

casamento de Afonso Henriques con Mafalda de Savoia, arredor do ano 1145. A fermosa

Flâmula Gomes exemplifica os acontecementos na formación da fronteira do Miño, os amores

dunha nobreza que non é galega nin portuguesa, ten personalidade miñota, atrapada entre

dous reinos emerxentes.

A construcción política da fronteira do Miño supón un feito extraordinario da historia galego-

portuguesa aínda non ben entendida. Un espazo que configurou unha paisaxe cultural única en

Europa que aínda hoxe precisa ser reivindicada, que precisa ser atendida para acadar a súa

verdadeira dimensión.

Febreiro de 2016

Suso Vila