INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na...

24
Do 1 ao 23 de abril de 2016 Pazo da Cultura de Pontevedra www.salondolibro.org XVII Salón do Libro INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!

Transcript of INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na...

Page 1: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Do 1 ao 23 de abril de 2016Pazo da Cultura de Pontevedrawww.salondolibro.org

XVII Salón do LibroINFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

CANTABICHERÍA!

Page 2: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Achégate ao Salón.Entrarás nun conto.

Page 3: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

www.salondolibro.orgwww.pazodacultura.org

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

HORARIODe luns a venres:De 17:00 a 20:00 h.Os sábados, domingos e festivos:

De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

As exposicións e instalacións permanecerán abertas ao público xeral ata o 23 de abril de 2016

Inscricións nas actividades

A inscrición é presencial. Achégate para apuntarte ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón. Ata esgotar as prazas.

Lembra!

VENDA DE ENTRADAS *

No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función, agás os espéctaculos nos que haxa venda anticipada, en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500

Escolle o traballo do centro de ensino que máis che guste e deposita o teu voto na furna situada no Salón. O gañador terá un recoñecemento especial na vindeira edición.

PREMIO DO PÚBLICO

Do 1 ao 23 de abril de 2016Pazo da Cultura de Pontevedrawww.salondolibro.org

XVII Salón do LibroINFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

CANTABICHERÍA!

*Ten en conta que para acceder a cada un dos espectáculos cada persoa debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de que ocupe ou non unha localidade. As idades dos espectáculos son recomendadas o que non significa que os espectadores con idades inferiores ás recomendadas non teñan que pagar localidade.

Lembra que non se permite acceder ao Auditorio e ao Salón de Actos con cocheciños ou cadeiras de bebés.

Este folleto é meramente informativo e pode sufrir variacións. Consulta a información actualizada na web do Salón: www.salondolibro.org

Page 4: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

4

Programa de actos

VENRES 1 de abril

18:00 h

As Peripecias de Extravaganzza Pérez. Conto musicado María Lado, Lucía Aldao e Seminario Permanente de JazzEspectáculo feito especialmente para o Salón baseado no libro homónimo de Ledicia Costas.

Extravaganza Pérez é unha nena moi feliz que protagoniza unha viaxe chea de sorpresas á procura de seus pais e de exóticos animais. Escoitaremos un conto narrado por Lucía Aldao e María Lado cheo de cancións ás que pon música o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Auditorio do Pazo da Cultura A partir de 4 anos. Entrada libre ata completar cabida

19:00 h

Inauguración oficial do XVII Salón do LibroAuditorio do Pazo da Cultura

19:00 h

Obradoiro: Extravaganzza en Pontevedra Anxo FariñaNun panel con rodas está debuxada a cidade de Pontevedra con ocos en branco para que os participantes poidan encher o mural coas súas ilustracións. Nunha zona do panel haberá unha diana para utilizar con pelotas con velcro. Cada participante lanzará unha pelota que pode caer en diferentes motivos a debuxar: Peixes, árbores, persoas, obxectos…

A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida

19:30 h

Safari ContográficoPavís PavósContacontos

Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

19:30 h

Algo está pasando en Ilusión ÁrticaUnidade de Cultura Ciéntifica CSIC GaliciaContacontos

Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

SÁBADO 2 de abril

11:00, 12:30 e 17:30 h

“Pequeña Max” Arena en los bolsillosTeatro de títeres, obxectos e poética clown para bebés e primeira infancia.

Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés+1 adulto acompañante)

Prezo 3 euros

11:00 e 17:00 h

Obradoiro: Libro XiganteVíctor Rivas. Colaboradores: Inkelarre / Xerais Escribiremos contos que serán ilustrados por ilustradores e posteriomente elaboraremos un libro xigante que se exporá no Salón.

A partir de 5 anos. Entrada libre ata completar cabida

12:00 h

Contacontos: Mira ben onde pisas!Nate BorrajoPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:30 h

Obradoiro: Onde viven os animais? Construíndo un xoguete ópticoVan Divulgación CulturalTraballararemos coa imaxe e co movemento. Primeiro xogaremos a descubrir diferentes animais e despois situarémolos no seu hábitat usando o taumatropo, un xoguete óptico considerado precursor da cinematografía creado por vós mesmos.

Familias con nenos/as de 5 a 10 anos. Prazas limitadas (10 familias de xeito simultáneo. Cando unha familia remate pode entrar outra en agarda. (30 participantes contando nenos/as e adultos/as como máximo). Inscrición previa

13:00 e 18:00 h

Contacontos: Bicho á vista!Raquel QueizásPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

17:30 h

Contacontos e obradoiro: A canción do solEstefanía Padullés. Hércules EditoraActividade que mestura a narración oral e a ilustración coa autora do libro “A canción do sol”.

A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Teatriño Adaptación da obra “As peripecias de Extravaganzza Pérez”Alumnado do IES Mestre Landín

Page 5: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

5

18:30 h

Espectáculo musical. A bichería canta!Migallas TeatroMigallas interpreta os temas musicais dos seus traballos “¡Canta connosco!” e “Pan de millo” onde os protagonistas son os animais neste espectáculo, deseñado especialmente para o Salón. Combínanse cancións tradicionais como “Unha vella tiña un can” ou “O piollo e a pulga” con outras de creación como “Dime que fixeches!” ou “O espantallo divertido”.

Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros

ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN

20:30 h a 22:30 h

Fai o teu fanzineNeste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.

Na procura do SinsajoKatniss Everdeen está a piques de asaltar e derrotar o Capitolio, pero o Presidente Snow gárdase un as na manga. O símbolo da rebelión foi secuestrado e a nosa protagonista precisa de heroes e heroínas capaces de recupera o Sinsajo. Seredes quen de superar as probas e entrar no Capitolio?

DOMINGO 3 de abril

11:30 e 17:30 h

Obradoiro: O conto dos animais perdidosKiko da Silva e Fonso Barreiro (O Garaxe Hermético)O contador de historias, Kiko da Silva, perdeu todos os animais do seu conto... Vén ao Salón do Libro axudalo a crear as personaxes ilustradas para que vos poida contar o conto.

A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30). Inscrición previa

11:30 h

Extravaganzza Pérez na Illa do Covo. RoteiroVan Divulgación CulturalActividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados diferentes lugares (Nocturnia, Terra Pelada, Mundo Azul, Dunas de Espiños,…). Xuntos deberán atopar as pezas coas que crear a escultura dun animal en perigo de extinción. Reflexionaremos sobre porque estes animais poderían extinguirse.

Familias con nenos/as de 5 a 12 anos. Prazas limitadas (30, contando nenos/as e acompañantes). Inscrición previa

12:00 e 18:00 h

Contacontos: Os contos da carricantaBea Campos e Davide González de Migallas TeatroPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:30 h

Obradoiro: Doces bichosCeo AbertoConstruiremos un solo (con galletas e gominolas) recreando a súa estrutura e capas e aprenderemos como vive no seu interior a bichería. Os/as participantes poderán levar o resultado ao rematar.

A partir de 5 anos. Prazas limitadas (24)

13:00 e 19:00 h

Contacontos: Bicho á vista!Raquel QueizásPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Obradoiro: Kirigami ExtravaganzzaCeo AbertoRecrecrearemos algunha das escenas do conto “As peripecias de Extravaganzza Pérez” utilizando técnicas manuais e desenvolvendo un decorado con profundidade, ao modo dos Kirigami que atopamos en postais ou contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

LUNS 4 de abril

17:30 h

Obradoiro: Quen vive aí? Visitando unha pinga de augaCeo AbertoCoñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

18:00 h

Contacontos. Algo está pasando en Ilusión Ártica Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC GaliciaPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

Page 6: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

6

MARTES 5 de abril

17:30 h

Obradoiro: Érase unha vez un bichoCeo AbertoRecrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando os propios personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os/as participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

18:00 h

Contacontos: A viaxe das bolboretas (OQO Editora) e Eu non fun (Kalandraka)Alumnado de 6º Primaria CEIP Montemogos

18:30 h

Teatro. O último dragónSarabela TeatroO dragón desta peza non é un dragón común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a se mover: “Para que vou eu querer unha princesa? Nin sequera se me ocorrería comer unha cousa tan horrible”- di con xigantesco asombro.

Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 5 anos. Prezo 3 euros

MÉRCORES 6 de abril

17:30 h

Obradoiro: Onde viven os animais? Construíndo un xoguete ópticoVan Divulgación CulturalTraballararemos coa imaxe e co movemento. Primeiro xogaremos a descubrir diferentes animais e despois situarémolos no seu hábitat usando un taumatropo, un xoguete óptico considerado precursor da cinematografía, creado por vós.

Familias con nenos/as de 5 a 10 anos. Prazas limitadas (10 familias de xeito simultáneo. Cando unha familia remate pode entrar outra en agarda. (30 participantes contando nenos/as e adultos/as como máximo). Inscrición previa

18:00 h

Contacontos: O coelliño brancoTrinke TrinkePúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

XOVES 7 de abril

17:30 h

Obradoiro: Animais de relevoVan Divulgación CulturalFabricararemos unha réplica exacta do teu animal preferido usando a técnica do valeirado, un procedemento escultórico que se emprega para obter copias ou reproducións dunha escultura.

A partir de 6 anos. Prazas limitadas (25) Inscrición previa

18:00 h

Contacontos: Contos de bruídos e miañares.Xarope TulúPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

Page 7: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

7

VENRES 8 de abril

17:30 h

Obradoiro: Fagamos un conto ilustradoYupiyeyo (María Álvarez)Elaboraremos as ilustracións dun libro partindo dun conto baseado no cartaz do Salón, por grupos ou individualmente. Dividiremos as escenas entre os participantes e, partindo dos debuxos das personaxes do cartaz, representaremos as accións e escenarios que teñen lugar en cada momento da historia.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa

18:00 h

Charla Inspiradora: “Outros animais sorprendentes de 20.000 leguas baixo dos mares”Lara García Alves (Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña, Instituto de Investigacións Mariñas, CSIC)É inevitable acordarse da lura xigante atacando o Nautilus, cando pensamos neste clásico de Jules Verne. Sen embargo, esta obra de aventuras agocha entre as súas páxinas centos de especies animais descoñecidas, tan sorprendentes ou mais que a famosa lura. Os/as intrépidos/as asistentes á charla, enmarcada no certame de relatos INSPIRACIENCIA, descubrirán a gran diversidade de animais microscópicos que se atopan no mar co apoio de imaxes e vídeos, pero tamén coa observación nos lentes binoculares, dalgúns destes singulares organismos.

A partir de 7 anos

18:30 h

Musical. “A fada Diana” The fairy storyteller Espectáculo interactivo trilingüe con cancións orixinais de estilos como Pop, Rock, Reggae, ou Folk. Nun percorrido a través do seu máxico bosque, a Fada Diana inculca o respecto ao medio ambiente ensinando o importante que é a reciclaxe e valores intemporais como o compañeirismo, o coidado da saúde ou a intelixencia emocional.

Auditorio Pazo da Cultura A partir de 3 anos. Prezo 3 euros

19:00 h

Presentación do libro-disco “Os soños na gaiola. Vintecinco cantigas para nenos”. Editado por Senén Vaamonde coa presenza de Mini e Mero e Senén VaamondePúblico familiar

ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN

20:30 h a 22:30 h

Fai o teu fanzineNeste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.

Moda e mitos: moda vampíricaAlgunha vez pensaches en ser como Lestat de Lioncourt ou Van Helsing? Gustaríache converterte en vampiro ou vampiresa por un día? Durante esta actividade analizaremos a estética e moda das películas vampíricas ao longo da historia e crearedes de forma sinxela os vosos propios looks a partir destes mitos inmortais.

SÁBADO 9 de abril

11:00, 12.30 e 17:30 h

Teatro. ChíosTeatro da SementePoesía sensorial para bebés. Espectáculo con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Descubriremos o mundo a través dos sentidos, exaltando a importancia do contacto coa natureza.

Sala de Obradoiros Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 adulto acompañante). Prezo 3 euros

11:00 e 17:00 h

Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixoTegra A. Gómez PinoElaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas.

Público familiar. A partir de 3 anos.

12:00 h

Contacontos: Mira ben onde pisas!Nate BorrajoPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:00 h

Cine: Minúsculos. O val das formigas perdidas(2013). Duración: 89 min

Proxección a cargo do Cineclube PontevedraNo claro dun pacífico bosque os restos abandonados dun pícnic sementan a discordia entre dúas tribos de formigas. Só coa axuda dunha valente xoaniña, o bando máis débil conseguirá o prezado botín.

Salón de Actos Entrada libre ata completar cabida

Page 8: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

8

12:30 h

Obradoiro: Quen vive aí? Visitando unha pinga de auga.Ceo AbertoCoñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

17:30 e 18:30 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”Manuel Pombal e Suso PandoElaboraremos unha película, dende a creación do guión até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques.

A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20)

18:00 h

Contacontos: Bichos nos CestosMigallas TeatroPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:00 h

Cine. A canción do mar (2014) Duración: 93 min

Proxección a cargo do Cineclube PontevedraBen e Saoirse, que vivían co seu pai nun faro, son enviados á cidade canda a súa avoa. Alí, Ben descubrirá que Saoirse é unha selkie, unha fada do mar que co seu cantar pode liberar os seres máxicos das gadoupas da meiga Macha.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Música. Brinca Vai! 2.0Paco Nogueiras

Espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!” de Kalandraka Editora. Nesta ocasión o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido...) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.

Auditorio do Pazo da Cultura Público familiar. Prezo 3 euros

DOMINGO 10 de abril

11:00 e 17:00 h

Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixoTegra A. Gómez PinoElaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas.

Público familiar. A partir de 3 anos.

11:30 h

Roteiro. Saída polo LérezManuel Domínguez e María Sánchez (Ventos)Percorrido de 2,5 horas guiado pola zona da Xunqueira, Illa do Covo e marxes do Lérez, realizando observación de aves e de outros tipos de fauna.

A partir de 8 anos (ou dende 4 acompañados). Prazas limitadas (40). Inscrición previa

11:30, 12:30, 17:30 e 18.30 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”Manuel Pombal e Suso PandoElaboraremos unha película, dende a creación do guion até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques.

A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20)

12:00 h

Contacontos: Bichos nos CestosMigallas TeatroPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:00 h

Cine. A ovella Shaun. O filme(2015). Duración: 85 min

Proxección a cargo do Cineclube PontevedraA vida da ovella Shaun na granxa de Mossy Bottom é do máis monótona. Por iso idea un plan que lle permita sortear a vixilancia do granxeiro e do can Bitzer e gozar dun día de lecer.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida

13:00 h

Contacontos. O caracol namoradoTrinke TrinkePúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:00 h

Cine. Arrietty e o mundo dos diminutos (2010). Duración: 94 min

Proxección a cargo do Cineclube PontevedraOculta baixo o chan dunha mansión campestre vive unha familia de seres diminutos. A súa tranquila existencia muda cando Arrietty é vista accidentalmente por un dos habitantes da casa.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida

18:00 h

Contacontos. O coelliño brancoTrinke TrinkePúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Obradoiro: Imaxina animais imaxinariosLobito Bueno EditorialImaxinaremos, evocaremos, soñaremos despertos, crearemos a auténticos animais imaxinarios: Como ten as pernas, as unllas, o cabelo? Cal é a súa comida favorita, xogo, postura? Como se chama, quen son seus pais, onde vive?

A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30) Inscrición previa

18:30 h

Teatro: KibubuMarie de JonghXebas e Cocó forman unha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: Un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público.

Auditorio Pazo da Cultura A partir de 6 anos. Prezo 3 euros

LUNS 11 de abril

17:30 h

Obradoiro: Doces bichosCeo AbertoConstruiremos un solo (con galletas e gominolas) recreando a súa estrutura e capas e aprenderemos como vive no seu interior a bichería. Os nenos/as poderán levar o resultado o rematar.

A partir de 5 anos. Prazas limitadas (24)

18:00 h

Contacontos. Algo está pasando en Ilusión ÁrticaUnidade de Cultura Ciéntifica CSIC GaliciaPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

Page 9: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

9

MARTES 12 de abril

17:30 h

Obradoiro: Insectos que voan en origami!Nova xestión cultural-MimadriñaCrearemos insectos e animais que voan con papel, ao tempo que escoitaremos historias fantásticas.

A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20) Inscrición previa

18:30 h

Teatro. “Los tres osos” L Estaquirot TeatreUnha recreación do conto Riciños de Ouro protagonizada por unha familia de osos que colleitan froitas no bosque para facer marmelada. Chega a hora para comer e mamá osa e o pequeno preparan unha boa sopa. Mentres agardan que arrefríe, saen de paseo. Nese momento chega Riciños de Ouro, unha nena un pouco traste que acaba alterando a harmonía familiar.

Monicreques manipulados sobre taula. Auditorio do Pazo da Cultura A partir de 4 anos. Prezo 3 euros

MÉRCORES 13 de abril

17:00 e 18:30 h

Obradoiro: “Lectura con Cans”PsiCoCan. Psicoterapia y EducaciónDedicado aos nenos e nenas con dificultades para ler. Traballaremos con cans para mellorar as súas habilidades lectoras.

8 e 9 anos. Prazas limitadas (6). Inscrición previa

17:30 h

Obradoiro: Kirigami ExtravaganzzaCeo AbertoRecrecrearemos algunha das escenas do conto “As peripecias de Extravaganzza Pérez” utilizando técnicas manuais e desenvolvendo un decorado con profundidade, ao modo dos Kirigami que atopamos en postais ou contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

18:00 h

Contacontos: O caracol namoradoTrinke TrinkePúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

Page 10: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

10

XOVES 14 de abril

17:30 h

Obradoiro: Érase unha vez un bichoCeo AbertoRecrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando as propias personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os/as participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores/as dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

18:00 h

Contacontos: Contos de bruídos e miañaresXarope TulúPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Conto musicado. A sinfonía das Fábulas Banda de Música de Pontevedra. Coa colaboración de Raquel Queizás (contacontos) e as ilustracións dos alumnado do Máster en Libro Ilustrado da Facultade de Belas Artes.

Esta sinfonía non pretende ser una BSO de debuxos animados, senón un traballo emocionalmente consistente e programático -con varias opcións para os artistas tanto a nivel musical como verbal- tendo como punto de inspiración a produción de Walt Disney: “Fantasía”.

Teatro Principal Público familiar. Prezo 3 euros

VENRES 15 de abril

17:30 h

Obradoiro: Animais na arteTaller AbiertoActividade en familia na que descubriremos moitos dos animais que se agochan nas grandes obras da historia da arte.

De 4 a 8 anos + adulto/a. Prazas limitadas (20 parellas neno/a+adulto)

18:00 h

Charla: Bichos de cineCeo Aberto O coloquio combinará a ciencia e o cinema coa literatura. Analizaremos as personaxes animais que aparecen en diferentes fragmentos de películas fixándonos no seu comportamento e a viabilidade da súa existencia. Mediante xogos e interacción co público, descubriremos que os monstros de Pixar non poden ser reais ou que ET, de existir, trabaría como un depredador.

A partir de 7 anos.

18:30 h

Teatro. El niño erizoLa machina teatroJuan é o fillo duns granxeiros, metade ourizo, metade neno. A súa nai adórao, pero o pai sente que son o faimerir da aldea pois, ademais de raro, o seu fillo compórtase como un animal e é incapaz de aprender bos modais. Un día, Juan, decide partir de casa montado no seu galo e desaparecer entre as árbores do bosque…

Auditorio do Pazo da Cultura A partir de 6 anos. Prezo 3 euros

SÁBADO 16 de abril

11:00, 12:30 e 17:30 h

Teatro. Feo!Caramuxo TeatroInspirado en “O parrulo feo” de Hans Christian Andersen.

A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, amarelos, ¡amarelos dende 1941! Mais un día sae un parrulo diferente...

Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

A partir de 3 anos. Salón de Actos Prezo: 3 euro

11:00, 12:30 e 17:30 h

Debuxa ao animal coas súas propias pegadasAna Seoane e Marta MoldesActividade para bebés a partir de 1 ano no que debuxarán a silueta dun animal nunha tea a través dunha plantilla.

Sala de Obradoiros Prazas limitadas (10 bebés +acompañantes). Dúas quendas de 30 minutos por sesión

11:30 h

Obradoiro: Érase unha vez un bichoCeo AbertoRecrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando os propios personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)

12:00, 18:00 h

Contacontos-Obradoiro. O poeta do Miño. Unha homenaxe a Manuel MaríaPolo Correo do VentoPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:30 h

Insectos que voan en origami!Nova xestión cultural-MimadriñaCrearemos insectos e animais que voan con papel, ao tempo que escoitaremos historias fantásticas.

A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa

17:00 h

Obradoiro. A clínica veterinaria do SalónPaspallás. Asociación Socioeducativa e Cultural e Escola de Tempo LibreXogaremos a ser veterinarios/as. Unha parte dos/as participantes serán os donos/as dos animais con patoloxías diferentes e o resto serán os veterinarios/as da clínica do Salón.

A partir de 4 anos

17:30 h

Concerto. Sons miúdosUrdime e Cadena SerO Salón presenta o espectáculo máis grande de música infantil galega, que reúne enriba do escenario aos/ás máis importantes artistas nun concerto que percorrerá a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos. O repertorio comporase de cancións escollidas na discografía dos e das colaboradores/as e será interpretada en directo por eles/as: Magín Blanco (A nena e o grilo), Ana Senlle (María Fumaça), Pablo Díaz (Tic-tac); Gloria Mosquera (Mama Cabra), Paco Nogueiras (Brinca Vai) e Xoán Curiel (Estamos no verán).

Auditorio Pazo da Cultura Venda de entradas: ataquilla.com. As sobrantes na billeteira do Pazo da Cultura dende unha hora antes do comezo da función. Prezo 7 euros (anticipada máis gastos de tramitación) e 9 euros na billeteira

17:30 h

Obradoiro. Gravados animaisNova Xestión Cultural-David Orihuela (divulgador artístico e pintor)Empregraremos a técnica do gravado (en versión simplificada!) para realizar as nosas propias creacións artísticas máis bestias.

A partir de 5 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa

18:00 h

Contacontos: Bicho á vista!Raquel QueizásPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

Page 11: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Quen éEXTRAVAGANZZA PÉREZ?

En Vila Soño, había unha casa que semellaba un pavo real, Vila Pavo, e tan peculiar coma ela eran os seu habitantes: Sebastian e Coco. A parella de biólogos, reunira na súa propiedade cantos animais poidades imaxinar, e no medio deles, criouse a pequena Extravaganzza. Esta rapaza, miúda pero valente e forte como ningunha, no tivo nome ata que asomou a cabeciña, xa que Sebastian e Coco referíanse a ela como Criatura. E cando o fixo, Extravanganzza, viña cos lentes postos!!

O seu corpo era tan intelixente que para paliar a súa grande discapacidade visual, naceu cunhas gafas pequenas e redondas sen

as que non daba distinguido absolutamente nada.

Nos primeiros anos de vida, Extravaganzza xa amosa ter un don para comunicarse cos animais, e os seus favoritos da casa son unha parella de flamencos e as súas dúas crías, cos que ten un vínculo especial. Cando con 11 anos os seus pais deciden deixala soa na casa e emprender unha longa expedición para investigar uns comportamentos extranos nos pelícanos, eles serán un dos principais apoios na aventura que se vai desencadear.

Extravaganzza queda na casa soa, sen medo ningún, con provisións dabondo e a advertencia de non

levantar sospeitas no colexio de que os seus pais a abandonaron. Queda ao cargo tamén dunha caixiña de lata que só poderá abrir cando pasen dúas semanas sen ter novas deles, ou… cando a curiosidade poida con ela. Isto non tarda en pasar, e no seu interior, atopa instrucións para construír un aparello voador propulsado polos seus 4 amigos flamencos e un plano cunha longa ruta aérea, con paradas obrigadas e un destino final: a Illa das Esculturas.

Extravaganzza prepara a súa partida na procura dos seus pais, vivindo moitas aventuras que poderás coñecer visitando o Salón do Libro.

Page 12: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados
Page 13: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados
Page 14: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Le a historia completa no libroAs peripecias de Extravaganzza PérezTexto de Ledicia Costas e ilustracións de Óscar Villán, editado polo Pazo da Cultura de Pontevedra.

Page 15: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

15

DOMINGO 17 de abril

11:30 h

Obradoiro: Naturezas efímerasNova Xestión Cultural-David OrihuelaCrearemos seres, animais, insectos con materiais sacados da natureza, como é a arxila ou o barro. Un obradoiro para imaxinar novas especies.

A partir de 5 anos Prazas limitadas (20). Inscrición previa

11:30 h

Obradoiro: Casiñas de paxarosTaller AbiertoObradoiro familiar que busca amosar e coidar a fauna da Illa do Covo a maiores e menores. Cada parella construirá a casiña dun paxaro para saír á Illa e descubrir onde refuxialo deixándoa nese lugar.

De 6 a 12 anos + acompañantes. Prazas limitadas. (20 parellas adulto/a+neno/a). Inscrición previa

12:00 e 18:00 h

Contacontos-Obradoiro. Rebeca Atienza no hospital da bichería. Polo Correo do VentoPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:00 h

Contacontos: Bicho á vista!Raquel QueizásPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

12:30 h

Obradoiro: Vilapavo na Cidade dos BichosNova Xestión Cultural-Mi madriñaCrearemos espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo, facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos).

A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa

17:30 h

Obradoiro: Camiño da Illa das EsculturasAnxo FariñaOs catro flamencos de Extravaganzza xa están cansos de tanto voar e o último tramo que lles queda cara a Illas das Esculturas téñeno que facer camiñando. Cada un deixa as súas pegadas nunha cor diferente creando catro camiños que se misturan e cruzan. Un xogo a medio camiño entre a Oca e o “Enredos”, que obrigará aos participantes a adoptar divertidas posturas.

A partir de 4 anos

18:30 h

Obradoiro: Animais de relevoVan Divulgación CulturalFabricararemos unha réplica exacta do seu animal preferido usando a técnica do valeirado, un procedemento escultórico que se usa para obter copias ou reproducións dunha escultura. Usando esta técnica, crearemos un negativo dunha figura de animal e logo positivarano para obter a réplica.

A partir de 6 anos. Prazas limitadas (25) Inscrición previa

18:30 h

Contacontos: O soño de EstherMiguel Ángel Alonso Diz – Nova Galicia EdiciónsPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Teatro. RoedoresRedrum TeatroÉspectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda, un hámster e unha rata, que deixarán atrás os seus prexuizos e traballarán en equipo para vencer ao temido Gato.

Teatro de actor. Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 5 anos. Prezo 3 euros

LUNS 18 de abril

18:00 h

Música. “Os sons da xungla”. Concerto do Coro Infantil do CMUS Manuel Quiroga de PontevedraDirixido por Nanette Sánchez, o coro interpretará temas arredor da música e os animais.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida

18:00 h

Contacontos: Os contos da carricanta” Bea Campos e Davide González de Migallas TeatroPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

MARTES 19 de abril

17:30 h

Obradoiro. Vilapavo na Cidade dos BichosNova Xestión Cultural-Paula TubíoCrearemos espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos).

A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa

Page 16: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

16

MÉRCORES 20 de abril

17:30 h

Obradoiro: Fagamos un conto ilustradoYupiyeyo (María Álvarez)Elaboraremos as ilustracións dun libro partindo dun conto baseado no cartaz do Salón, por grupos ou individualmente. Dividiremos as escenas entre os/as participantes e, partindo dos debuxos das personaxes do cartaz, representaremos as accións e escenarios que teñen lugar en cada momento da historia.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa

18:00 h

Contacontos: Bicho á vista!Raquel QueizásPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

XOVES 21 de abril

17:30 h

Animais na arteTaller AbiertoObradoiro familiar no que descubriremos moitos dos animais que se agochan nas grandes obras da historia da arte.

De 4 a 8 anos + acompañante. Prazas limitadas. (20 parellas neno/a + adulto/a)

18:00 h

Contacontos: Os contos da carricanta” Bea Campos e Davide González de Migallas TeatroPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

VENRES 22 de abril

17:30 h

Animais monstruososTaller abiertoCrearemos os animais máis tolos e monstruosamente divertidos.

A partir de 4 anos

18:00 h

Charla: Cando os animais falanNova Xestión Cultural-Asociación Os PalleirosSesión dinamizada por unha veterinaria onde se aprenderá a coñecer o que sinten os animais sen necesidade de palabras e como aplicar uns primeiros auxilios no caso de que precisen axuda.

Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

21:00 h

Teatro. RacletteIbuprofeno TeatroBaseado no libro do mesmo título escrito por Santiago Cortegoso galardoado co premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.

Auditorio Pazo da Cultura. Prezo 5 euros. Venda de entradas: ataquilla.com. As sobrantes na billeteira do Pazo da Cultura dende unha hora antes da función

SÁBADO 23 de abril

11:00, 12:30 e 17:30 h

Teatro. 4 TemposTeatro do MioloUn espectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes acompañan a nosa protagonista nunha viaxe polas catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, ou o mundo submarino. Empregaremos música, monicreques manuais, robotizados e xogos de luces co obxectivo de estimular os sentidos dos máis pequenos.

Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 acompañante). Prezo 3 euros

11:30 e 17:30 h

Obradoiro: Contacontos debuxadoYupiyeyo (María Álvarez)Partindo dunha historia dividida en cinco escenarios e coa axuda dos/as nenos/as, debuxaremos os animais que protagonizan o conto.

A partir de 4 anos

11:30 e 17:30 h

Obradoiro: A cociña de EscarlatinaBegoña Costas e Cristina SalgadoTaller infantil de decoración de galletas con fondant.

A partir de 5 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa

12:00 h

Contacontos: Bechiños e contiñosAndrea BayerPúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:00 h

Contacontos: O coelliño brancoTrinke TrinkePúblico familiar. Entrada libre ata completar cabida

18:30 h

Música. “O esquío rampante”(Edicións do Cumio, 2015).

Tres xeitos de celebrar o día mundial do Libro: narrando, musicando e ilustrando. Estrea da actividade na que o colectivo Polo Correo do Vento, acompañado por un quinteto de corda, realizará unha longa travesía por medio da voz, a música e a pintura, baseándose no libro “O esquío rampante “ de Enrique Mauricio e Carlos Taboada.

Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros

Page 17: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

17

Actividades das Noites Abertas no Salón do libro

SÁBADO 2 de abril

De 20:30 h a 22:30 h

Fai o teu fanzineNeste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.

Na procura do SinsajoKatniss Everdeen está a piques de asaltar e derrotar o Capitolio, pero o Presidente Snow gárdase un as na manga. O símbolo da rebelión foi secuestrado e a nosa protagonista precisa de heroes e heroínas capaces de recupera o Sinsajo. Seredes quen de superar as probas e entrar no Capitolio?

VENRES 8 de abril

De 20:30 h a 22:30 h

Fai o teu fanzineNeste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.

Moda e mitos: moda vampíricaAlgunha vez pensaches en ser como Lestat de Lioncourt ou Van Helsing? Gustaríache converterte en vampiro ou vampiresa por un día? Durante esta actividade analizaremos a estética e moda das películas vampíricas ao longo da historia e crearedes, de forma sinxela, os vosos propios looks a partir destes mitos inmortais.

Exposicións

NO ESPAZO DO SALÓN. (PAZO DA CULTURA)

• Traballos dos centros de ensino de Pontevedra e comarca

• Ambientación xeral do Pazo da Cultura (ETL Paspallás)

• MI (Master Ilustra) colección de bichos raros. (Alumnado Mestrado en Libro Ilustrado e animación audiovisual. Universidade de Vigo)

• Intervención artístico-educativa do CEIP Carballal

• As peripecias de Extravanzza Pérez. (Oscar Villán)

NO ACCESO AO PAZO DA CULTURA.

• A horta do Salón (Concellaría de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra)

VESTÍBULO DO AUDITORIO (PAZO DA CULTURA)

• Escarlatina – Esmeraldina (Víctor Rivas)

NA GALERÍA SARGADELOS

Do 7 ao 30 de abril• Da ciencia á ficción. Búscate no Salón (Alba Sotelo)

NA BIBLIOTECA PÚBLICA ANTONIO ODRIOZOLA

• Cocorico en movemento (OQO Editora e OQO filmes)

Page 18: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

18

Outras actividades

Canta bichería na cidade!

Ambientación das rúas do centro histórico (Centro Comercial Urbano. Zona Monumental. CCU ZM)

Obradoiro de mediación lectora “Vamos cazar un oso ou como contar dramatizando”

Sábado 16 de abril. Pazo da CulturaFormadora: Alexia Dotras BravoDe 10 a 14 e de 16 a 18 h. (Total 6 h. de formación. Bamad emitirá certificado de asistencia)

Obradoiro de formación para bibliotecarios/as

Matrícula en www.bamad.gal e-mail: [email protected]

Prazas limitadas (25)

Organiza: Bamad Galicia: “Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia”

O burro Caramulo, o xinete das árbores

Sábados 9 e 16 de abril. Todo o díaCarballo con botasPúblico familiar

Almorzos ilustrados

Manteis ilustrados por Sandra Carmelo e Dani Padrón (AGPI), repartidos nos establecementos hosteleiros do centro histórico.

Merendando Contos

Contacontos nas librarías

Luns 21 de marzo. 18: 00 h

Libraría CronopiosOs contos da carricantaBea Campos e Davide González de Migallas Teatro

Martes 22 de marzo. 18:00 h

Libraría SeijasO lobo GarabelosO Carballo con botas

Mércores 23 de marzo. 18:00 h

Libraría Aviones de PapelO coelliño brancoTrinke Trinke

Luns 28 de marzo. 18:00 h

Libraría D-LectumBicho á vista!Raquel Queizás

Martes 29 de marzo. 18:00 h

Libraría PazBechiños e contiñosAndrea Bayer (Baobab Teatro)

Mércores 30 de marzo. 18:00 h

Libraría NobelSafari ContográficoPavís Pavós

Xoves 31 de marzo. | 18:00 h

Libraría Xoguetería Estrellas o LimonesContos do Libro da aldeaPol do Canizo

Ademais deste programa, o Salón organiza actividades concertadas cos centros de ensino, así como obradoiros para docentes en colaboración co CEFORE

Page 19: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

XOGO DEMEMORIAMI (Master Ilustra)

Proxecto MI

Alumnado do Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

Page 20: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!

IMOS DE SAFARI FOTOGRÁFICO?

Estes son algúns dos animaliños raros da colección do MI (Master Ilustra) que están no Salón do Libro.

Serías quen de atopalos a todos?

Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!

Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!

Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!Atrapeino!

Page 21: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Atrapeino!Atrapeino!

CONSELLO!Podes recortalos pola liña de puntos, darlles cor e facer o teu xogo de cartas personalizado para divertirte coa túa memoria.

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Atrapeino!

Page 22: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Ilustracións de:

Alicia BañaPatricia BlancoRicardo CasalYolanda CoveloSheila BroullónRomán CuadradoJennifer EspiñeiraAndrea FernándezGloria GarcíaBeatriz NavarreteCarolina QueroIgor PérezGloria RubioSandra SantamarinaMaria Jerònia SiquierMiguel Ángel TrassierraRebeca Weladora

Page 23: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

ESTOU INSCRITO/A EN:

Día Hora Actividade

Page 24: INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA CANTA BICHERÍA!...Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados

Este

folle

to é

mer

amen

te in

form

ativ

o e p

ode s

ufrir

var

iació

ns.

Cons

ulta

a in

form

ació

n ac

tual

izada

na w

eb d

o Sa

lón.

Entidades colaboradoras

Andrea BayerAsociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)

Asociación Galega de EditoresAsociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)

Asociación TabureteASPG

Banda de Música de PontevedraBamad Galicia: “Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio OdriozolaCEIP Carballal

Centro Comercial Urbano. Zona Monumental. (CCUZM)Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CEFORE)

Centros de Ensino de Pontevedra e comarcaCentro Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Cineclube PontevedraConcellaría de Parques e Xardíns

Conservatorio Profesional de Música Manuel QuirogaEditoriais

ETL PaspallásGalería Sargadelos

GALIXInstituto Cervantes New YorkMaría José Villar Fernández

Mestrado en libro ilustrado e Animación AudiovisualNoites Abertas

Universidade de Vigo. Facultade de Belas ArtesPavís Pavós

Pilar Sampedro e Cristina Novoa, asesoras de Bibliotecas EscolaresRenfe

Seminario Permanente de Jazz

• • •

Mención especial nesta edición para:

Ledicia Costaspola súa permanente implicación co Salón do Libro

• • •

Ás librarías de Pontevedra e aos colectivos, e tantas persoas que contribúen a facer realidade este Salón,

GRAZAS

Salón do Libro Infantile Xuvenil de Pontevedra

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

www.salondolibro.orgwww.pazodacultura.org

Ilust

raci

ón: Y

upiy

eyo

| Maq

ueta

ción

: ovo

publ

icid

ade.

com

| Im

prim

e: G

ráfic

as A

ndur

iña

| DL

PO 1

31-2

016