INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento...

35

Transcript of INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento...

Page 1: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a
Page 2: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

INDICE

I.-Desenvolvemento evolutivo dos nenos/as...................... 3

.- Etapa de 0 a1

.- Etapa de 1 a 2

.- Etapa de 2 a 3

II.- Obxetivos xerais............................................................ 8

III.- Obxectivos específicos e áreas curriculares.............. 9

IV.- Contidos.................................................................... 12

V.-Temas transversais...................................................... 22

VI.- Desenvolvemento dunha xornada............................. 24

VII.- Metodoloxía................................................................. 28

VIII.- Avaliación.................................................................... 29

2

Page 3: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

I.- DESENVOLVEMENTO EVOLUTIVO DOS NENOS/AS DE 2 A 3 ANOS

DESENVOLVEMENTO PSICOMOTOR

Como primeira característica do desenvolvemento físico do neno/a nesta primeira infancia, podemos dicir que se rexe por dúas leis universais:

Lei cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a vai ser capaz de manter a cabeza erguida antes que o lombo.

Lei proximodistal, segundo a cal o desenvolvemento se efectúa desde a parte máis próxima o eixo do corpo á parte máis afastada. Podemos observar que o neno/a controla antes os movementos dos ombros que os movementos finos dos dedos.

Partindo destas dúas leis e tendo en conta que hai grandes diferencias individuais encanto á idade que ocorren algúns episodios cruciais do desenvolvemento, describiremos as seguintes características:

1 - 2 meses. O bebe cando nace presenta unha serie de reflexos que nos indican que está san. Sobresaltase. Realiza movementos de brazos e pernas o mesmo tempo.

3 - 4 meses. Mantén a cabeza erguida e vai consolidando o ton do tronco e a cabeza. Move menos os brazos e pernas. Xoga cás mans. Comeza a interesarse polos obxectos aínda que non pode collelos .

5 - 6 meses. Pode levar o obxecto a boca. Ergue a cabeza e o tronco apoiándose no antebrazo. Manipula o obxecto cás dúas mans realizando un bo exercicio sobre o lombo. Os seis meses sostense sentado con apoio.

3

Page 4: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

7 - 8 meses. Xira sobre se mesmo. Consegue sentarse sen apoio. Pasa o obxecto dunha man á outra. A partir deste momento encántalle tirar as cousas e divírtese co ruído que fan.

9 - 10 meses. Desprázase arrastrándose e se non o consegue volta cara atrás. Sentado inclínase cara diante sen perder o equilibrio. Usa pinza (polgar - índice) o que lle permite coller obxectos pequenos e metelos e quitalos das caixas.

11 - 12 meses. Gatea con moita rapidez. Móvese apoiándose cás mans e os pés. Camiña agarrándose ós mobles e levando da man.

12 - 15 meses. Camiña só, aínda que con marcha insegura. Tenta coller os xoguetes agachándose pero fáltalle control. Pode subir escaleiras gateando e ponse de xeonllos sen axuda, aínda que perde o equilibrio. A súa motricidade fina mellorou, o que lle permite entreterse, construír torres, encaixar…

18 meses. Sobe escaleiras axudado dunha man. Salta cos dous pés. Agachase para coller as cousas. Pode lanzar un balón sen caer. Gústalle garabatear. Sácase os zapatos.

2 anos. Salta, corre, sobe e baixa escaleiras aínda que poñendo os dous pés en cada chanzo. A súa motricidade fina avanzou e pasa follas, lava as mans só, abre e pecha portas, manexa a vaso para beber, coopera na comida e á hora de vestirse .

3 anos. O seu equilibrio conseguiu estabilidade e camiña de punteiras, salta á pata coxa e sobe escaleiras alternando os dous pés. A súa coordinación oculo-manual é boa.

DESENVOLVEMENTO COGNITIVO

Partindo dos estudios de Piaget o neno/a de cero a dous anos está no período sensoriomotor.

As características máis importantes deste período son:

4

Page 5: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

0 - 1 mes. Exercicio e consolidación de reflexos.

Ó nacer o neno/a conta cunha serie de reflexos que lle permiten adaptarse o mundo que lle rodea (succión -prensión) e outros que lle permiten recibir, actuar e transmitir información.

2 - 4 meses. Reaccións circulares primarias.

Fórmanse os primeiros hábitos que consisten na repetición dunha acción que se descubriu por azar. Esta acción está relacionada co propio corpo e realízaa unha e outra vez ata controlala . Leva o pé e a man á boca. Coordina a visión e audición.

4 - 8 meses. Reaccións circulares secundarias.

O neno/a descobre o interesante que é axitar, tirar, petar os obxectos e repíteo continuamente e adquire así unha coordinación completa de visión-prensión. O feito producido polas súas conductas é puramente casual.

8 - 12 meses. Coordinación de esquemas secundarios e aplicación a situacións novas.

Diferencia entre fins e medios, é dicir, peta cas cousas para que soen. Realiza accións para conseguir fins. Anticipa acontecementos, é dicir, dáse conta que é hora de ir o baño polos preparativos. Estamos ante os primeiros actos de intelixencia práctica.

12 - 18 meses. Reaccións circulares terciarias.

O neno/a experimenta. Explora intencionadamente as propiedades dos obxectos. Sérvese sempre do ensaio-erro. Ensaia buscando a forma de conseguir un obxectivo.

18 - 24 meses. Invención de novos medios.

É capaz de nomear un obxecto ausente. Reproduce accións observadas con anterioridade. Aparece a función simbólica. Hai imitación diferida. É capaz de imitar o modelo sen a presencia

5

Page 6: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

deste. Aparece o xogo simbólico. Os obxectos transfórmanse para representar outros.

A partir do segundo ano o neno/a evoluciona e pode representar o mundo externo e verse a se mesmo como un obxecto mais entre outros obxectos.

DESENVOLVEMENTO AFECTIVO

Nos primeiros meses a afectividade do neno/a aparece en forma de reflexos, e dicir respostas a estímulos derivados das necesidades primarias. Chora cando ten fame, sede... O pracer e a dor están ligados a satisfacción ou non satisfacción das súas necesidades.

2 Meses. Empézanse a observar emocións típicas do ser humano: tristura, alegría, medo, ira... Estas emocións xa non están ligadas a necesidades fisiolóxicas se non que son provocadas polo mundo que o rodea.

2 – 3 meses. Aparece o gozo. O rostro humano, as caricias, as cóxegas desencadean esta emoción.

3 meses. Aparece a cólera que se produce antes có medo e que se manifesta máis adiante con pataletas e chíos.A angustia e a ansiedade son manifestacións que o neno/a terá que ir superando. O medo a perdela atención e os coidados dos adultos de quen depende, provócanlle angustia. Tamén a ausencia da nai que e o primeiro rostro humano que distingue.

8 - 9 meses. Aprécianse no neno manifestacións de tenrura e de afecto sobre todo ca nai. O afecto cara os outros nenos e máis tardío. O desgusto e a tristura aparecen cando o pequeno non considera satisfeitas as súas necesidades. Paralelamente ó afecto aparecen os celos que o neno/a manifesta ante situacións como por exemplo a chegada dun irmán.Gran importancia ten a relación nai-fillo, por iso mencionaremos a estas idades a figura do apego. Busca seguridade, supervivencia, recibir estímulos para interactuar co ambiente. Supera os medos e as angustias.

6

Page 7: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

A medida que o neno/a vai medrando manifesta unas características emocionais breves, frecuentes, intensas... desafógase rapidamente, pasa do choro a risa e cambia tamén a forma de expresalas.

DESENVOLVEMENTO SOCIAL

O neno/a desde que nace e un ser social, un ser que sinte as influencias do medio onde vive e que responde a esas influencias.

O nacer non distingue obxectos nin persoas pero pouco a pouco percibe o mundo que o rodea e establece relacións con el.

2 meses. Empeza a asociar o momento da comida e da hixiene con collelo no colo e responde a voz humana.

3 – 8 meses. Distingue perfectamente ó pai e á nai. Recoñece e sorrí á persoa que o coida e mostra rexeitamento cara os descoñecidos.

8 – 10 meses. Aparece a crise da angustia e ten gran importancia a figura do apego.

1 ano. Por una parte desexa explorar, coñecer, pero por outra non quere desprenderse de esta figura de apego tan importante para el, que normalmente e a nai.

1 – 2 anos. Mantén una actividade en solitario e ante outros nenos so manifesta curiosidade e rivalidade para así obter a atención do adulto. Trátaos como si foran obxectos e pode incluso facerlles dano.

A partir do segundo ano coa aparición da linguaxe o neno/a interactúa cos iguais e co adulto e a través da imitación aparece a socialización.

Ata os 3 anos está moi illado. Cada neno/a vai facendo o seu xogo en compaña dos demais. Empeza a achegarse, pero non ten una relación continua. Non coñece a norma social ou non a comprende y isto da lugar a rabieiras, pelexas e unha serie de conflictos.

7

Page 8: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE

Cando nace e nas primeiras semanas de vida os nenos/as so emiten sons e así comunícanse cas persoas que os rodean. A súa primeira manifestación comunicativa e o choro.

Unha das primeiras cousas que discrimina o neno/a e o lugar de onde proceden os sons e nas primeiras semanas xa distingue voces humanas de outros ruídos.

Na etapa prelingüística o neno/a emite sons repetitivos e balbuceos. Dende a sétima semana fai xogos bucais e xestuais e sigue os desprazamentos do son. Distingue os xestos festivos dos serios e recoñece a voz de súa nai.

3 - 6 meses. Investiga cos obxectos e a súa comunicación evoluciona. O neno/a toca, aperta, intenta coordinar o ollo – man sorrí e comunica satisfacción. O choro faise máis especifico. E a idade do laleo.

7 - 9 meses. Vai asociando a emisión de sons e símbolos motores. Aparecen as primeiras sílabas ba, ta, am.

9 - 10 meses. Primeiras palabras en forma de sílabas dobres, mamá, papá, tatá.

11 - 12 meses. Comprende o significado dalgunhas frases habituais do seu entorno.

12 - 18 meses. Linguaxe en xerga acompañada de xestos. O seu vocabulario consta de 5 - 20 palabras. Fai frases dunha soa palabra.

2 anos. Usa substantivos, verbos, adxectivos, etc. Uso frecuente do non. Primeiras combinacións de substantivo-verbo.

3 anos. Linguaxe comprensivo para estraños. Idade preguntona.

8

Page 9: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

II.- OBXECTIVOS XERAIS

Tomando como referencia os obxectivos xerais de etapa que figuran no Deseño Curricular Base, podemos establecer que a Educación Infantil deberá contribuir a que os nenos e as nenas ó final do primeiro ciclo da Educación Infantil alcancen os obxectivos seguintes:

- Descubrir, coñecer e controla-lo propio corpo, recoñecendo as partes básicas, identificando as súas características persoais e axustando as súas respostas motrices ás necesidades lúdicas e relacionais.

- Identifica-las súas necesidades básicas de hixiene, alimentación e saude, expresalas e resolver autónomamente algunhas situacións habituais (control de esfínteres, fame, sede, etc.).

- Tomar conciencia das propias posibilidades e limitacións, valora-los logros que van acadando, amosando unha actitude de iniciativa, tendente a superalas dificultades na realización das súas tarefas habituais.

- Relacionarse cos adultos e cos seus iguais, respondendo ás diferentes emisións afectivas e orais que se lle dirixen, e participando en situacións de actividade compartida e de xogo.

- Observar e exploralo contorno inmediato, percibindo as principais características que o configuran e atribuindo algún significado ás situacións máis cotiás.

- Participar activamente en festas celebradas no seu contorno, disfrutando coas propostas lúdicas que lle fai o adulto e aproveitándoas como canle para dar saída ás súas preferencias, coñecementos e sentimentos.

- Descubrir formas de comunicación e representación a través do xogo simbólico, das situacións lúdicas en xeral e das necesidades que se lle presentan na súa relación cos demais.

- Comprendelas mensaxes corporais e orais dos demais e axústalas súas respostas ás mesmas.

- Recoñecela identidade dos outros, e comprender que cada quen ten os seus gustos e preferencias, e ir

9

Page 10: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

aceptándoos para poder establecer relacións gratificantes con eles.

- Comunicarse cos demáis a través das linguaxes corporal e oral para expresar os seus pensamentos, desexos, sentimentos e experiencia, para preguntar, pedir, etc.

- Amosar interese a pracer cara ás manifestacións da música, do canto da danza, da cor, das composicións plásticas, etc. e utilizalas para ampliar as súas posibilidades perceptivas e expresivas.

10

Page 11: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

III.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E ÁREAS CURRICULARES

Área de Identidade e autonomía persoal

• Identificarse como ser humano diferente ós demais, recoñecendo as principais partes do seu corpo e apreciando algún dos seus trazos diferenciadores.

• Recoñecer as persoas que forman parte do seu grupo social (familiar e escolar), identificando algún dos seus trazos diferenciadores e disfrutando coas relacións que establece con elas.

• Desprazarse polo espacio de maneira autónoma, advertindo os perigos que supoñen os desniveis e amosando actitudes prudentes cara ós mesmos.

• Acomoda-la súa acción ás necesidades motrices: deambulación, carreira, subir e baixar, reptar.....

• Adoptar unha actitude positiva cara á realización de diversas tarefas lúdicas e habituais, decatándose das que pode desenvolver só e damandando a axuda dos demais para aquelas que exceden ás súas posibilidades.

• Lograr cada vez unha maior autonomía na realización das tarefas cotiás, amosando interese cara á superación das pequenas dificultades.

• Atribuir algunha significación ó que vai descubrindo nas exploracións activas do seu contorno.

• Coñece-los espacios onde desenvolve a súa actividade, amosando interese pola súa exploración, acomodando a súa acción ós mesmos e disfrutando coas accións compartidas neles.

• Descubri-lo pracer de xogar coas mans e con materiais manipulativos, cedendo progresivamente a hipertonía muscular e conseguindo un afinamento de mans e dedos que lle permita a realización de sinxelas tarefas de actividade natural e de xogo.

• Acomoda-la súa acción á organización espacio-temporal onde se desenvolve a súa vida, disfrutando coas actividades realizadas ó aire libre, habituándose a dietas sas e variadas e adoptando actitudes prudentes ante a inxestión de substancias descoñecidas.

11

Page 12: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

Área do Medio físico e social

• Identifica-los lugares onde se desenvolve a súa vida (casa e escola), diferenciando os espacios nos que el intereactúa, os obxectos e as persoas con quen os comparte, recoñecendo, así mesmo, as diferentes relacións familiares e escolares.

• Recoñecer e respeta-las normas mínimas de relación que fan posible a vida familiar e escolar, amosando interese por axudar e colaborar en sinxelas tarefas que teñen lugar en cada un dos contornos.

• Coñece-lo seu contorno próximo, identificando algún dos elementos naturais que o compoñen (auga, terra, sol) así como algunha formación natural do terreo (praia, montaña, etc) e respecta-las normas mínimas para o seu uso e disfrute.

• Recoñecer que a súa acción debe ser modificada en función do contorno social no que se desenvolve ( familia, escola ) e segundo o contorno físico no que se move ( casa, aula, patio, parque..)

• Recoñecer e valorara-la correcta realización das tarefas que ten encomendadas ó longo da xornada, tanto as relacionadas co xogo como aquelas que fan referencia á motricidade, representación e comunicación, coidado e conservación de espacios, uso adecuado de materiais e obxectos,etc.

• Recoñece-las principais accións realizadas ó longo do día (comida, aseo, sono, xogo....), enmarcándoas nun espacio-tempo que aínda presentando certa flexibilidade, garda unha secuencia fixa.

• Identifica-las variacións climáticas (chuvia-sol, frio-calor...) a partir do condicionamento que conleva a súa presencia en relación á actividade do neno, ó seu vestido, ambientación de espacios, etc.

• Recoñecer algunha das necesidades e coidados que os animais e plantas do seu contorno precisan, desenvolvendo unha actitude de respecto e coidado cara a estes seres vivos.

• Participar na limpeza, conservación e ornamentación dos espacios e materiais habitualmente disfrutados por eles.

• Recoñece-los perigos presentes no contorno habitual (lume, obxectos cortantes, obxectos punzantes,...) e adoptar actitudes prudentes cara a eles.

12

Page 13: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Identifica-los xogos e pequenas máquinas presentes no contorno habitual, amosando actitudes prudentes cara a aquelas que revistan risco.

• Participar en actividades grupais de mimo, canto e xogo, acomodando as súas emisións ás do grupo.

• Verbaliza-las súas accións e experiencias, mediante mensaxes cada vez máis comprensibles, decatándose de que a súa mensaxe é recibida polos demais, e de que el recibe a dos outros.

• Recoñecerse a si mesmo e recoñecer a cada un dos seus iguais e persoas adultas que forman o grupo social onde se desenvolve

• Recoñecerse como membro dunga familia e responder axeitadamente as manifestacións de afecto que recibe das persoas que a compoñen.

• Recoñece-las manifestación festivas da comunidade a traves dos costumes e tradicións (ornamentación, alimentos, danzas, cantos, representacións....) participando nelas na medida das súas posibilidades.

• Amosar unha actitude tendente a resolve-las situacións habituais, relativas ás súas necesidades máis básicas, que se producen na vida escolar e familiar.

Área de Comunicación e representación

• Emprega-la palabra para pedir axuda, expresar algún desexo, saudar, monea-los obxetos, etc.

• Prestar atención ás mensaxes orais dos outros, amosando interese por comprende-la información que se lle dirixe e modificando o seu comportamento en función da mesma.

• Interesarse polas produccións corporais, orais, rítmicas e plásticas, valorándoas como resposta ás súas propias necesidades expresivas e como actividades lúdica.

• Expresarse por medio da palabra, esforzándose por facerse comprender polos adultos e polos seus iguais.

• Amosar unha actitude de escoita ás mensaxes que recibe dos outros, responde ó que se lle pregunta e formula, así mesmo, preguntas sobre o tema de que se está a falar.

• Expresar de forma corporal e oral as emocións subscitadas polas experiencias vividas na escola, no ambiente familiar, na rúa, etc.

13

Page 14: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Expresar oralmente algún dato de feitos relacionados coas súas experiencias e que polo seu interese son moi significativas para el.

• Acompañar co xesto manifestacións orais de ledicia, tristura, dúbida, descoñecemento dunha situación, resolución na acción, etc. ou accións como saudar, despedirse, durmir, etc.

• Descubri-las propias posibilidades de expresión a traves da emisión oral, corporal e plástica.

• Descubri-lo ritmo, a través da escoita atenta e a reproducción corporal, por medio de evolucións corporais libres, e a cor mediante a observación e a experimentación con materiais diversos (papeis, pinturas, etc.)

• Interesarse pola aprendizaxe de cantigas e sinxelas poesías da tradición cultural, disfrutando coa súa reproducción.

• Evocar e mimar accións coñecidas, a través das súas experiencias familiares ou escolares.

• Prestar atención a sinxelos relatos, participando activamente na narración e disfrutando en actividades relacionadas coa escoita, representación e xogo cos personaxes dos contos

• Recoñecer distintos recursos expresivos, identificando algún elemento do seu código.

• Diferenciar de entre os obxectos presentes no seu contorno os que teñen un uso funcional e os que están presentes para ser observados e admirados.

• Establecer relacións gratificantes cos adultos e cos seus iguais, avanzando na capacidade de fluidez expresiva, e recoñecendo que os gustos e preferencias dos demais non teñen porque coincidir cos seus.

• Recoñecer algunha cualidade dos obxectos relacionada co seu comportamento ó ser manipulados, co tamaño (grande, pequeno) e coa cor (vermello, amarelo e azul), así como algunha propiedade e acción que se pode realizar sobre eles.

• Amosar interese pola interpretación de imaxes, disfrutando coa súa observación e interpretación.

• Interpretar imaxes presentes na escola, atribuíndolle algún significado.

14

Page 15: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

IV.- CONTIDOS

Área de Identidade e autonomía persoal

1. Bloque de “concienciación de si mesmo”

Feitos e conceptos

• Segmentos corporais: cabeza (cara, ollos, nariz, boca, orellas, pelo); brazos (mans, dedos, uñas); pernas (pés, dedos, uñas).

• Os sentidos exteroceptivos : vista, oído, tacto, gusto, olfacto

• Características diferenciais dos individuos sexo, altura.• Necesidades básicas: fame, sede, sono.• Algúns sentimentos e emocións.

Procedementos

• Identificación dos principais segmentos corporais (cabeza, brazos,pernas) a partir das súas interaccións co espacio, cos obxectos, e cos demais

• Recoñecemento dalgunha característica que o diferencia dos demais: sexo, altura.

• Recoñecemento das propias posibilidades e limitacións.• Actuación dende a consideración das propias

posibilidades e limitacións• Identificación das persoas que forman parte do seu mundo

familiar e escolar• Identificación de percepcións visuais,auditivas , gustativas

e tactís• Descubrimento, regulación e control das necesidades

básicas nas situacións habituais: control de esfínteres e alimentación suxeita a horarios.

• Identificación e expresión dos seus sentimentos e emocións

Actitudes, valores e normas

15

Page 16: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Aceptación das propias posibilidades e limitacións• Confianza nas propias posibilidades

2. Bloque de “coordenadas espacio - temporais”

Feitos e conceptos

• Posturas do corpo respecto ó espacio: de pé, sentado, deitado.

• O movemento• Nocións espaciais: diante,detrás• Habilidades motrices: rasgar, enrugar, enroscar-

desenroscar, meter-sacar.

Procedementos

• Desprazamento polo espacio: gatear, reptar, camiñar, correr, subir, baixar.

• Control nos desprazamentos• Coordinación do movemento global• Coordinación do movemento segmentario• Adaptación da postura ás accións y ás características dos

espacios e dos obxectos• Control corporal en diferentes planos: chan, rampas,

escaleiras• Adaptación do propio ritmo a un tempo establecido• Control de actividades motrices finas: pinza cos dedos

polgar e índice, rasgar, enrugar,• Destreza na utilización axeitada de útiles para a realización

de certas accións habituais.• Destreza na utilización de diferentes obxectos: tacos para

construír torres, pezas de sinxelos puzles, encaixables, etc.

Actitudes valores e normas

• Gusto pola actividade dinámica• Gusto pola actividade manipulativa• Esforzo pola consecución de novas habilidades motrices

16

Page 17: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

3. Bloque de “Hixiene e saude corporal e mental”

Feitos e conceptos

• A luz. A súa necesidade para unha boa visión.• Sons agradables e desagradables• Hixiene de pel.• Alimentación• Hixiene persoal.

Procedementos

• Discriminación visual en ambientes que reciben abundante luz natural.

• Discriminación auditiva entre ruidos, producidos por golpes, explosións e caída de obxectos, sons e melodías.

• Sensibilización cutánea.• Identificación sensoperceptiva relacionada co contacto

con substancias variadas (pintura de dedos, mais ou menos augada, fariña mesturada con auga, barro etc...)

• Hábitos hixiénico-alimentarios relacionados coa elección dos alimentos.

• Contribución ó coidado do contorno inmediato.• Uso de papeleiras, tanto na aula como no patio,

corredores, etc.• Utilización correcta dos útiles de uso habitual.

Actitudes, valores e normas

• Gusto polos sons harmoniosos.• Gusto pola claridade que provén da luz solar.• Gusto polas sensacións cutáneas variadas.• Interese pola apreciación diferenciada dalgunha das

cualidades dos alimentos (sabor, aspecto externo...).• Agrado na ocupación de espacios ordenados e limpos.• Aceptación das normas básicas de convivencia e respecto

á natureza.

17

Page 18: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

Área do «Medio físico e social»

1. Bloque de «Contorno social»

Feitos e conceptos

Ámbito familiar

• Compoñentes da súa familia.• Espacio físico no que convive a familia.• Outros familiares importantes: os avós.

Ámbito escolar

• Persoas que configuran o contorno escolar: pais - nais, educadoras/es, nenas/os, limpadoras, xardineiro, etc.

• Espacio físico: a escola.• Normas básicas de convivencia.

Organización do ocio

• Lugares públicos de ocio: parque, xardíns, paseos, espacios naturais (carballeira, praia, río...).

As festas

• Familiares (cumpreanos, onomásticas, etc.), da comunidade (Entroido, patronais, etc.),...

Procedementos

• Recoñecemento dos diferentes espacios onde se desenvolve a súa vida.

• Localización dos principais espacios da escola: sala de clase, sala de descanso, servicios, patio e comedor.

• Uso das normas elementais de convivencia.

18

Page 19: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Acomodación das súas necesidades básicas a unhas normas mínimas, facilitadoras da vida en grupo: comida suxeita a horarios, hora de descanso, etc.

• Recoñecemento das mínimas normas de convivencia establecidas no grupo e na escola.

• Identificación dos obxectos de uso cotián nos diferentes ámbitos e uso axeitado dalgún deles.

• Reproducción de sinxelos ritmos e sons, de maneira compartida.

• Anticipación da secuencia das «rutinas».• Colaboración en tarefas moi sinxelas relativas á

conmemoración de festas.• Elección de algunha opción de xogo de entre varias das

que se lle ofertan.

Actitudes, valores e normas

• Actitude de agarimo polas persoas que o coidan.• Actitude de descentración progresiva.• Aceptación das normas mínimas de convivencia

establecidas na escola.• Actitude favorable ó compartimento de espacios.• Actitude participativa nalgunhas actividades grupais:

cantos mimados e sinxelos xogos.• Gusto polos espacios coidados e actitude de respecto

cara ós mesmos.• Disfrute coa colaboración en sinxelas tarefas habituais.

2. Bloque de «O contorno natural»

Feitos e conceptos

• A luz: a cor, a escuridade.• O sol: a calor.• A auga.• A terra.• O lume. Precaucións que debe tomar.

19

Page 20: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Frío e calor. Vestido adecuado.

Procedementos

• Percepción de espacios e obxectos con luz e na escuridade.

• Identificación dalgunha sensación que producen os xogos coa auga

• e coa terra.• Identificación do lume como unha fonte de perigo se non

se pode controlar.• Identificación de sensacións de frío e de calor e uso

axeitado das prendas axeitadas en cada momento.• Identificación do frío e da calor no propio corpo, dándose

conta de cando se debe abrigar e cando ten que desprenderse de parte da roupa que leva posta.

Actitudes, valores e normas

• Disfrute coa luz e coa calor do sol.• Disfrute coas sensacións que producen os xogos coa auga

e coa terra.• Gusto polas actividades ó aire libre.• Precaución ante fontes de perigo: lume, desniveis do

terreo, grandes masas de auga, etc.• Actitude de coidado cara á conservación dos elementos da

natureza: a auga, a terra.

3. Bloque de «Os seres vivos»

Feitos e conceptos

Mundo animal

• Animais do contorno próximo: o berro dos animais, alimentación e desprazamentos.

Mundo vexetal

• Plantas e árbores que o rodean.

20

Page 21: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

Procedementos

• Observación e discriminación dos desprazamentos e alimentación dos animais.

• Utilización dos recursos expresivos cara á interiorización das características diferenciais de cada animal.

• Percepción das modificacións que se producen nas plantas do seu contorno: cáelles a folla, florecen, etc.

• Identificación e discriminación de sensacións producidas por accións relacionadas cos vexetais comestibles: saborear e mesturar.

Actitudes, valores e normas

• Respecto e coidado de animais e plantas.• Interese polos modos de vida dos animais do seu

contorno.

4. Bloque de «Contornos artificiais»

Feitos e conceptos

• Os obxectos.• As construccións.• Medios de comunicación e transporte.

Procedementos

• Exploración libre de obxectos.• Identificación dalgunha sensación que produce a

experimentación cos obxectos: visual, táctil, auditiva (algún son que emite ó manipulalo).

• Recoñecemento do lugar que ocupan os obxectos.• Utilización axustada dalgún obxecto: vaso, culler...• Identificación e incorporación ó seu vocabulario dalgún

nome de utensilios e ferramentas usados na escola —cortadora, sacho (utilizados polo xardineiro) —.

21

Page 22: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Identificación dalgún medio de locomoción: bicicleta, coche, tren.

• Recoñecemento e asociación das imaxes que lle ofrece a televisión cos obxectos usados por el habitualmente.

Actitudes, valores e normas

• Interese pola exploración de obxectos.• Curiosidade por coñece—las características dos obxectos.• Actitude de prudencia ante a manipulación de obxectos e

aparatos ou sinxelas máquinas, presentes no seu contorno, e que revistan risco.

• Atención ante o comportamento dos obxectos ó ser manipulados: defórmanse ou non ó exercer presión sobre eles, recupéranse ou non ó cede-la presión; soan ó axitalos, ó presionalos...; etc.

• Disfrute coas actividades manipulativas.• Actitude creativa ante os obxectos.

Área de «Comunicación e representación»

1. Bloque de «Expresión Corporal»

Feitos e conceptos

• O movemento expresivo.• A mímica como expresión dos estados de ánimo.

Procedementos

• Identificación dalgunhas sensacións corporais producidas pola reptación, presión do corpo contra superficies duras, e brandas (chan, colchonetas...).

• Identificación dalgunhas sensacións producidas pola presión dalgunha parte do corpo contra obxectos duros e brandos (unha pica das usadas para psicomotricidade, unha pelota...).

22

Page 23: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Identificación dalgunhas sensacións producidas polo contacto corporal das persoas que o atenden (calor, sons, movementos, etc.).

• Exteriorización de sensacións por medio do corpo: alegría, tristura, etc.

• A intercomunicación individual (consigo mesmo).• A intercomunicación interindividual (co outro).• Creatividade corporal a partir da evocación de accións

vividas na casa ou na escola.

Actitudes, valores e normas

• Gusto pola exploración corporal de espacios.• Interese na investigación de diferentes formas corporais de

recorre-los.• Interese pola investigación de sensacións producidas

polos obxectos ó interaccionar co corpo: rodando, presionando, golpeando, etc.

• Interese pola interpretación e emisións de mensaxes xestuais.

2. Bloque de «Expresión oral»

Feitos e conceptos

• A linguaxe oral para organiza—las súas experiencias.• A linguaxe oral para expresar ideas, sentimentos e

emocións e comunicarse cos demais.• Linguaxe afectiva: ton de voz segundo o sentimento que

acompaña a mensaxe.• Cantigas e poesías.

Procedementos

• Interpretación das mensaxes orais dos adultos.• Uso da palabra para nomea-los obxectos, pedir axuda,

expresar algún desexo, saudar, etc.• Expresión axustada á mensaxe que quere transmitir.

23

Page 24: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• Participación activa en conversas colectivas, empregando algunha das normas que rexen estes intercambios.

• Expresión oral dalgún dato sobre feitos vividos ou imaxinados.

• Aprendizaxe e reproducción de cantigas e sinxelas poesías da cultura popular.

Actitudes, valores e normas

• Interese pola adquisición da lingua falada.• Valoración da palabra como resposta ás propias

necesidades expresivas e lúdicas —posibilidade de participar coas propias aportacións sobre o que se narra nun conto, en situacións de representacións con monicreques, etc. —.

• Interese pola comprensión das mensaxes orais dos outros.• Gusto pola explicación das súas vivencias máis

significativas.• Interese pola aprendizaxe de cantigas e sinxelas poesías.

3. Bloque de «Aproximación á lecto - escritura»

Procedementos

• Exercitación do movemento do ombro, brazo e díxito—manual.

• Reproducción de sinxelos ritmos.• Producción grafomotriz libre.• Observación dos garabatos producidos sobre o papel.• Observación e interpretación de imaxes dos contos.

Actitudes, valores e normas

• Interese pola interpretación de imaxes dos libros de contos.

• Gusto por pasar follas dos libros de contos.• Gusto pola manipulación de materias relacionados coa

expresión gráfica (papeis grandes, pinturas brandas, etc.).• Disfrute e valoración das propias produccións.

24

Page 25: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

4. Bloque de «Expresión plástica»

Feitos e conceptos• Cores: vermella, amarela e azul.• As produccións plásticas.• Materiais para pintar: papel, lápices de cores, pintura, etc.

Procedementos

• Identificación de sensacións: visuais, tactis, auditivas, gustativas.

• Recoñecemento dos obxectos do seu contorno que están presentes para ser observados e admirados (pinturas nas paredes, as propias produccións dos nenos e das nenas, etc.).

• Discriminación sensorio—perceptiva das cores vermella, amarela e azul.

• Produccións plásticas libres.• Utilización dos útiles de pintura (lápices grosos, pinceis,

etc.), a partir do dominio progresivo da pinza do polgar e índice e da destreza de tódolos dedos, para unha correcta presión.

• Exploración libre dos utensilios específicos e non específicos de pintura e investigación cara as posibilidades expresivas que lle ofrecen.

Actitudes, valores e normas

• Interese polas produccións plásticas.• Valoración da expresión plástica en tanto que lle permite

satisfacer as súas necesidades de expresión e xogo.

5. Bloque de «Expresión rítmico - musical»

Feitos e conceptos

• Sons corporais e instrumentais.

25

Page 26: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

• A voz como medio de comunicación: o canto.• Cancións.

Procedementos

• Descubrimento de sons que pode emitir coa boca.• Descubrimento do corpo como instrumento. Exploración

da súa capacidade para emitir sons corporais: palmas e pés.

• Producción de sons con instrumentos de percusión: indeterminados (sobre a mesa, o chan, etc.); determinados (pandeiro, pandeireta, tambor, etc.).

• Participación en cantos grupais.

Actitudes, valores e normas

• Disfrute coas actividades de producción de sons.• Interese polas actividades rítmicas compartidas.• Gusto polas actividades de canto compartido.

6. Bloque de «Expresión matemática»

Feitos e conceptos

• Os obxectos. Atributos: comportamento ó ser manipulados; algunha cor (vermella, amarela e azul) e tamaño (grande—pequeno).

• Situación no espacio: en, sobre, debaixo.

Procedementos

• Recoñecemento dalgún atributo dos obxectos.• Utilización correcta das preposicións «en», «sobre»,

«debaixo» para determina-la ubicación dos obxectos.• Exploración de tamaños.

Actitudes, valores e normas

• Disfrute coa manipulación de materiais e obxectos.

26

Page 27: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

V.- TEMAS TRANSVERSAIS

A sociedade e formas de vida actual demandan a necesidade de incorporar unha serie de contidos ó currículo cun compromiso de facelos presentes mediante comportamentos e actitudes revestidos de certa estabilidade por parte de toda a comunidade educativa.

Estámonos a referir ós contidos trasnversais como son:

• Educación para a diversidade : desde o centro intentamos que os nenos/as vivan con natuaralidade os feitos que nos distinguen a uns dos outros. Por iso, os materiais, os xogos e as actividades van dirixidas hacia este obxectivo, dispoñendo de instrumentos musicais de distintos paises: procurando que haxa imaxes de nenos e nenas de moitas razas, con características particulares e lugares de todo o mundo; falando da familia e non dos pais e/ou nais exclusivamente,...

• Educación para a paz e a convivencia : Calquera situación de conflicto entre os nenos/as pódenos ser útil para favorecer un modelo de convivencia positivo, xa que partindo do propio conflicto, podemos reflexionar cos nenos/as sobre as súas causas e as súas posibles solucións.

• Educación para a saude : garantir unha dieta equilibrada, respetar uns horarios de repouso, permanecer atentos ó estado emocional dos nenos/as, manter unha boa hixiene dos espacios e materiais, e procurar un ambiente agradable, son algúns dos elementos imprescindibles para favorecer un vida sá para os nenos/as a tódolos efectos.

• Educación para a igualdade de oportunidades de ámbolos sexos: Estaremos moi atentas no momento de explicar os contos ou de falar con nenos/as para non utilizar frases que proxecten un esteriotipo de home ou de muller determinado

27

Page 28: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

como “a mamá do pitufiño cociñaba e o papá traballaba no campo” ou “o coche é de papá e a máquina de coser é de mamá”. Non só temos que estar atentos a nivel da fala, senón que orientaremos as actividades, os espacios e os materiais de ambientación da aula e do xogo con esa mesma idea.

• Educación ambiental : a cotío, utilizamos materiais de desfeito para explorar, modificar ou transformar dando así ó neno/a unha imaxe de que hai productos que se poden reutilizar (reciclar). Incluso facemos xogos que permanecen na aula todo o curso e cos que os nenos/as disfrutan xogando, por exemplo: dominó de tapas de botellas con gomets de distintas formas e cores, manualidades cos rolos de papel hixiénico, etc.

o Cando traballamos con materiais naturais transmitimos a idea de que achegarnos á natureza non significa estropeala, deste xeito collemos elementos que caeron ó chan (follas secas, ourizos, froitas;...), prantamos semillas que coidamos a cotío vendo como medran, aproveitámolos pétalos das flores, etc.

• Educación do consumidor : debido a que a nosa sociedade é suficientemente consumista, dende a Gardería propoñemos alternativas que non priven ós nenos/as de vivir experiencias tan agradables como facer un regalo, celebrar un cumpreanos,... valorando moitísimo o seu esforzo e a súa destreza nas manualidades que eles mesmos elaboran con toda a súa ilusión.

• Eduación vial: na escola intentamos darlles uns modelos viais correctos tanto se facemos unha saída ó exterior coma no día a día no centro como camiñar tranquilamente e sen correr, non meternos diante de coches en marcha ( no patio), ...

• Educación moral e cívica : tirar os papeis á papeleira, deixar saír ás persoas dun sitio antes de entrar, saber esperar o seu turno, utilizar un tón de voz adecuado a cada situación,

28

Page 29: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

saudar e despedirse, dar as gracias ou pedir por favor, son algunhas das moitas accións sociais que os nenos/as an de percibir e, polo tanto, de interiorizar dende estas idades tan novas.

VI.- DESENVOLVEMENTO DUNHA XORNADA

O horario da escola é de 7:30 a 20:15 horas e o seu desenrolo é diferente dende as 9:00 da mañá ata as 14:30 horas do mediodía dependendo da idade que teñan os nenos.

Vexamos as rutinas comúns para tódolos grupos:

7:30 h – Ábrese a escola. Os nenos que van ocomedor par almorzar.

9:00 h – Os bebés e os nenos de 1 a 2 anos van para as suas aula respectivas e o resto dos nenos van a xogar ó patio interior.

9:30 – 12:00 h – Cada grupo vai para a sua aula (verómo-lo desenrolo de seguido.

12:00-12:30h – Primeiro turno de comidas; para os bebés e

os nenos de 1 a 2 anos.

12:30-13:00h – Segundo turno de comidas para os nenos de

2 a 3 anos. Os nenos que non coman seguen xogando no patio.

13:00-13:20 h - Cepillado de dentes e preparación para ir a

durmir a sesta (sacar mandilóns e zapatos e poñelos nos

percheiros). Os nenos/as de 1 a 2 e de 2 a 3 que non durmen a

sesta quedan nas súas clases respectivas cunha educadora

facendo algunha actividade ou descansando.

14:30 h – Saen a xogar para o patio interior tódolos nenos da

escola que estean despertos excepto os bebés que

permanecerán toda a xornada na sua aula.

29

Page 30: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

16:30 –17:00 h- Os bebés merendan na sua aula e os demais

nenos no comedor. Os nenos/as que non merendan xogan no

patio interior.

19:00-20:15 h - Os poucos nenos que quedan están todos na aula

de 1 a 2 anos ata que se pecha a escola.

Agora vexamos máis polo miudo como transcorre unha xornada no interior de cada aula.

6.1.-UN DÍA NA CLASE DE 0 A 1

Pola mañá cando chegan os nenos/as á clase, unha educadora quítalles o abrigo e algunha chaqueta se fai falla, para que non pasen moito calor e cólgalla no seu percheiro. Dámoslle a benvida cun saúdo e un bico.

Os nenos /as xa comezan a xogar e a collelo todo, manipular e intercambiar xoguetes cos seus compañeiros. Nós, as educadora, axudamos nesta tarefa. Ensinámoslle o que se pode facer cos xoguetes e a qué botóns lle teñen que dar para que funcionen e emitan sons que a eles tanto lles gustan.

A media mañá, séntanse na colchoneta para tomar a galleta e auga, e arredor das 11 e a hora do cambio de cueiro. Cando acaban de comela galleta facemos distintas actividades, un día olleamos contos, outro día escoitamos música e bailamos, outro cantamos, ...

A continuación, preparámonos para comer, colocamos babeiros, preparamos tronas e axudámoslles a cada un según a súa idade. Os bebés máis pequenos dámoslles o biberón respetando a súa hora de toma.

Unha vez acabamos de darlle a comida, lavámoslle-la cara e as mans, sacámoslle os babeiros, revisamos os cueiros e deitámolos na cuna para dormir. Poñémoslle música clásica para que se relaxen e unha de nós queda con eles ata que se durman.

Ó levantarse, revisámoslle o cueiro a cada neno/a saen ó patio interior ou exterior segundo o día que faga.

30

Page 31: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

Chega a hora da merenda, volvemos a coloca-las tronas e damos as papillas de froitas e yogures. Ó rematar, moitos nenos/as vanse para as súas casas e, se quedan, imos ó patio ou xogamos libremente na aula.

6.2 .- UN DÍA NA CLASE DE 1 A 2

Na clase de 1 a 2 anos distribuimos a xornada seguindo unhas rutinas dentro dun horario flexible e considerando os ritmos de cada neno/a. De esta maneira conseguimos que os nenos/as se familiaricen cunha serie de rutinas diarias.

Ás 7:30 h. Empezan a chegar os nenos/as e ata as 9:00 permanecen no comedor e van almorzando.

Ás 9:00 h van a clase, poñémoslle o mandilón e colocamos as mochilas en cada percheiro e recollemos as axendas para ver se os pais/nais escribiron algunha observación que nos poida ser necesaria.

Despois sentámonos todos xuntos no recuncho da asamblea e saudámonos, conversamos, xogamos e coñecémonos uns a outros, aprendemos os nomes,..., etc.

Facemos actividades dirixidas nos diferentes recunchos, así, experimentamos, manipulamos, estimulamos as nosas capacidades creativas e imaxinativas,..., etc. Por exemplo: pintamos murais, facemos debuxos, vemos imaxes e comentámolas, bailamos, cantamos, vemos vídeos educativos, etc.

De 10:00 a 10:30 h, ¡Que fame!, facemos un descanso para comer unhas galletas e beber unha pouca auga. Escotiamos música relaxante mentres descansamos.Despois mentres os nenos/as xogan dentro da clase a xogos de rol imos revisando os cueiro. Tamén facemos xogos dirixidos ou libres (dependendo do día) con construccións, bonecas, camións, cociñas, etc., ata a hora da comida.

31

Page 32: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

De 10:30 a 11:00 h, saimos ó patio interior ou exterior (en función do tempo), aquí os nenos/as xogan libremente con todo o material de que disponen: motos, triciclos, tobogáns, casiñas, cabaliños, etc.

De 12:00 a 12:30 h ¡É a hora de comer! Imos ó comedor, poñemos os babeiros e sentámolos nas tronas ou nas sillas segundo cada neno/a. Ó acabar de comer aseámonos un pouco, revisamos os cueiros, sacamos os zapatos e os mandilóns e imos dormir. A medida que van despertando da sesta, revisamos os cueiros e saimos ó patio interior a xogar un pouco ata a hora da merenda que será as 16:30 h.

Ó rematar a merenda voltamos ó patio a xogar ata que os veñan a recoller, entón lavamos as mans e mais a cara, peiteámolos, poñemos a chaqueta e despedímonos ata mañá.

6.3.- UN DÍA NA CLASE DE 2 A 3

9:30 – Os nenos entran cada un na sua aula coas suas respectivas mestras e educadoras

9:30-9.45 – Poñen os mandilóns e séntanse no recuncho da Asamblea, saúdanse e chalan coa mestra sobre o que van a facer a continuación. Comezan o traballo facendo o Almanaque Climático.

9:45-10:10 – Xogan todos xuntos ós xogos que lles propón a mestra nos que traballan os conceptos da unidade didáctica que toque nese mes. Algúns días, plasman o aprendido nas fichas que máis adiante levarán para as súas casas.

10:10-10:30 – Xogan con puzzles, plastelina ou construccións. Ás veces, tamén leen contos sentados nas súas cadeiras.

10:20-10:30 – Toman a galleta e a auga e van ó baño os que non teñen cueiro.

32

Page 33: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

10:30-11:00- Patio interior. Xogo libre.

11:00-11:30 – Xogo simbólico coas bonecas, cociña, froitería ou demáis xoguetes desta índole. Mentres a mestra cambia os cueiros ós nenos que o precisen.

11:30- 12:00 – Cantan todos xuntos, a mestra conta un conto no recuncho da asamblea, bailan coa música, fan xogos de psicomotricidade,etc

12:00-12:30 - Patio interior. Xogo libre.

12:30-13:00 – Comedor. Os nenos que non comen seguen xogando no patio.

13:00-14:30 – Cepillado de dentes dos nenos que comen na escola e preparación para a sesta. Os nenos que non van durmir quedan na aula A escoitando cancións, xogando cos coches, banecas, construccións,...

14:30 – Saen ó patio interior.

15:00 - Entran na clase e descansamos con contos ou actividades tranquilas ata a hora da merenda.

16:30 – Hora da merenda17:00 – Voltamos a clase coa respectiva educadora e

realizamos distintos tipos de actividades ata que a cada un lle chega a hora de irse para casa ata o día seguinte

33

Page 34: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

VII.- METODOLOXÍA

A metodoloxía na escola infantil entendémola de forma global, xa que a aprendizaxe nestas idades parte do contorno máis próximo ó neno/a, e este contorno concíbese ós ollos do neno/a coma un todo.

Un método global, onde partimos dos intereses reais dos nenos/as, pode potenciar o mayor número posible de relacións entre o que xa coñece e a nova información. Un método global que atenda a individualidade propia de cada neno/a.

Un método onde a educadora toma o rol da organización do ambiente de aprendizaxe e de mediador entre a familia e o contorno. Polo tanto, a intervención da educadora debe dirixirse a facilitar que o neno/a poida desenvolver as súas capacidades, que cree un autoconcepto positivo e que favoreza unha conducta progresivamente autónoma.

Un método onde a repetición das actividades, tanto libres como dirixidas influan de forma positiva en conseguir os obxectivos programados, e sobre todo, a adquisición de seguridade e autoestima.

Un método onde se fomenten actitudes positivas hacia as aprendizaxes, estimulando as curiosidades, o interés por explorar e descubrir, e dicir, consolidando as bases para que os nenos/as encontren o gusto por aprender.

As educadoras na escola intentamos que as actividades formativas comecen no momento no que o neno/a entre no espacio/clase, e rematen no preciso momento en que se van, sempre dun xeito lúdico e axeitado ó momento madurativo no que se atopan os nenos/as.

34

Page 35: INDICE - Portal do Concello de Ames-Santiago-Galicia cefalocaudal, segundo a cal o desenvolvemento se vai acontecendo nun avance desde a cabeza os pés. Isto significa que o neno/a

VIII.- AVALIACIÓN

A avaliación forma parte inseparable do currículo e debe considerar non só as capacidade que o neno e maila nena van desenvolvendo senón tamén aqueloutros factores que determinan dalgún xeito o proceso co fin de ir acomodando pouco a pouco a intervención educativa ás necesidades reais do neno/a e do grupo.

Por iso á hora de facer unha completa avaliación deberemos ter presentes varios campos:

A relación familia-escola : O equipo docente será o que estableza as canles relacionais escola-familia e fixe, así mesmo, os parámetros de avaliación que máis convenían.

A relación ente os nenos/as: Avaliaranse tendo en conta o seu componente afectivo como principal motor da relación e da actividade nestas idades.

A relación neno/a –educador: este campo ten especial importancia nesta etapa, na que a comunicación funciona en termos de confianza e de afectividade.

A relación educador-neno/a : Dependerá do esquema organizativo e da metodoloxía empregada.

Avaliación dos recurso e da organización: A valoración dos recursos existentes farase en función de criterios organizativos e das condicións que estes delimiten nos aspectos ambiental, espacial e temporal. A avaliación permitiranos coñecela funcionalidade dos mesmos cara á consecución dos obxectivos xerais da etapa co grupo de nenos e nenas e permitirá facelos reaxustes que para tal fin fosen precisos.

Avaliación das programacións: A adecuación das programacións ós nenos e ás nenas faranse tomando como referencia: a avaliación inicial, a avaliación contínua e a avaliación sumativa.

35