II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de...

32
II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES entre MULLERES e HOMES do CONCELLO de BURELA outubro 2008

Transcript of II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de...

Page 1: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

II PLANPARA A IGUALDADEDE OPORTUNIDADES

entreMULLERES

e HOMES

do CONCELLOde BURELA

outubro 2008

Page 2: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Redacción >>Centro de Información

ás Mulleres

Editan >>Vicepresidencia da Igualdade

e do BenestarSecretaría Xeral de Igualdade

Delegación de IgualdadeConcello de Burela

Page 3: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

II PLAN PARA A IGUALDADEDE OPORTUNIDADES

entre MULLERES e HOMES

do CONCELLO de BURELA2009-2010

Presentación

Introdución: A. Realidade socio-demográfi ca do Concello de Burela B. I Plan. Avaliación C. Xustifi cación do II Plan

Liñas estratéxicas de actuación: A. Acceso á información e aos recursos B. Formación en igualdade entre mulleres e homes C. Abordaxe integral da violencia de xénero

Prazo de execución e avaliación

Page 4: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

PresentaciónTemos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso no camiño que todas e todos perco-rremos cara á igualdade real e efectiva na nosa vila.

Porque para que a igualdade de oportunidades sexa, de verdade, real e efectiva hai que actuar nas actitudes, nos comportamentos, nas estruturas sociais que impiden ás mulleres o desenvolve-mento da súa personalidade e a súa par-ticipación activa na sociedade.

Dende o Concello temos a obriga de realizar actividades e prestar servizos que contribúan a satisfacer as demandas e as necesidades das nosas veciñas e dos nosos veciños, incluíndo a promoción da igualdade de oportunidades entre as Mu-lleres e os Homes.

Page 5: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Así, elaborar e poñer en práctica os obxectivos e actuacións propostas neste II Plan supón garantir o dereito das mulleres a ser tratadas en condicións de igualda-de, mellorar a situación dos Homes e das Mulleres e asegurar un futuro próximo no que as persoas dun e outro sexo teñan capacidade de elección en liberdade para o seu propio desenvolvemento, sempre dende o compromiso social e político para a superación de todo tipo de discrimina-ción.

Este II Plan de Igualdade de Opor-tunidades entre Mulleres e Homes do Con-cello de Burela é un compromiso de todas e todos, unha responsabilidade compar-tida entre Mulleres e Homes. E como tal, traballaremos xuntos para facer deste compromiso unha realidade colectiva de xustiza social.

Neves Cando LópezTenente Alcalde e Concelleira de Igualdade

Page 6: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Introdución

Tras rematar a vixencia do I Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Bu-rela, este II Plan que agora se presen-ta supón a continuación da aposta que o noso Concello quere facer pola pro-moción da igualdade de xénero, tendo naquel I Plan un antecedente que nos permite, tras a súa avaliación e xunto co perfi l poboacional de Burela, detec-tar con máis precisión as necesidades existentes e poder dese xeito encau-zar as novas actuacións que vén de recoller este II Plan.

Así, na actualidade, a poboación burelá é equilibrada na proporción en-tre homes e mulleres, a pesares de existir unha pequena porcentaxe de

Page 7: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

homes inmigrantes que viñeron para traballar na pesca ou en sectores onde a presenza é principalmente masculi-na e que non teñen ou non trouxeron ás súas familias, presentando os se-guintes datos desagregados por sexo:

RESUMO DA POBOACIÓNDE BURELA POR SEXO(a 10 de outubro de 2008)

SEXO Nº %

MULLERES 4.669 49,81%

HOMES 4.705 50,19%

MULLERES

HOMES

GRÁFICO DE POBOACIÓN

49,81% 50,19%

Page 8: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Contrariamente ao que acontece coa poboación galega (onde por cada per-soa menor de 4 anos hai seis cidadás maiores de 65 anos de idade), en Bu-rela a poboación esta formada emi-nentemente por persoas novas, con-forme se mostra na táboa da páxina seguinte.

Desta maneira, e tras o favora-ble resultado acadado polas medidas desenvolvidas durante a vixencia do I Plan no eido da sensibilización sobre a situación de desigualdade, establé-cense novas actuacións que inciden nesa imprescindible dirección, dán-dolles especial relevo á formación e á información da poboación burelá, tan-to de mulleres como de homes, como medios principais para conseguir os obxectivos desexados na procura da igualdade de oportunidades, pois é

>>

Page 9: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

POBOACIÓN DE BURELA POR SEXO E GRUPO DE IDADE

Grupos Idade Total % Mulleres % Homes %

0-9 anos 765 8,16 371 3,96 394 4,20

10-19 anos 855 9,12 425 4,53 430 4,59

20-29 anos 1.494 15,94 726 7,74 768 8,19

30-39 anos 1.711 18,25 811 8,65 900 9,60

40-49 anos 1.562 16,66 774 8,26 788 8,41

50-59 anos 1.251 13,35 610 6,51 641 6,84

60-69 anos 775 8,27 387 4,13 388 4,14

70-79 anos 602 6,42 333 3,55 269 2,87

80-89 anos 308 3,29 197 2,10 111 1,18

90-99 anos 49 0,52 34 0,36 15 0,16

100-109 anos 2 0,02 1 0,01 1 0,01

TOTAL 9.374 100 4,669 49,81 4.705 50,19

a 10 de outubro de 2008

Page 10: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

precisamente nunha poboación xove como a nosa onde resultan máis frutí-feras este tipo de actuacións formati-vas e de sensibilización. Asemade, detectadas as necesi-dades sociais existentes no noso pobo no ámbito da loita contra a violencia de xénero, engádese unha liña máis de actuación que pretende unha abor-daxe do problema mediante a difusión dos recursos existentes e tomando no-vamente como base a sensibilización da poboación por medio da formación nos valores da igualdade, pois consi-dérase primordial.

Así, dende o estudo dos diferen-tes datos poboacionais expostos e da análise da avaliación do I Plan, xorde o II Plan para a Igualdade de Oportuni-dades entre Mulleres e Homes do Con-

Page 11: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

cello de Burela, no que aparece como esencial a necesidade de sensibiliza-ción e de formación da poboación so-bre a existencia de situacións de dis-criminación e de violencia como medio capital de loitar contra tales situacións, recollendo as seguintes liñas de actua-ción:

A.- Acceso á información e aos recursos. Como base para o empode-ramento das mulleres a través do co-ñecemento dos recursos existentes e a través da formación en novas tecno-loxías que lles dean acceso á informa-ción polo maior número de canles.

B.- Formación en igualdade en-tre mulleres e homes. Considérase un piar fundamental para a prevención e eliminación das situacións de desigual-dade, incidindo sobre todo na mocida-de.

Page 12: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

C.- Abordaxe integral da violen-cia de xénero. Partindo da sensibiliza-ción da poboación de todas as idades, tanto das mulleres coma dos homes, con especial fi ncapé na mocidade.

Liñas estratéxicasde actuación

A. Acceso á informa-ción e aos recursos

Obxectivo xeral:

Garantir o acceso á información e aos recursos públicos e privados para

Page 13: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

a igualdade ás mulleres e homes do concello de Burela, poñendo especial énfase no acceso en igualdade de con-dicións da diversidade de mulleres.

Obxectivos específi cos:

1. Campañas de informa-ción sobre recursos para a igualdade e recursos es-pecífi cos para as mulleres na nosa sociedade

Actuacións:

a. Difundir o V Plan do Goberno Galego para a igualdade entre mulle-res e homes.

Page 14: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

b. Difundir o II Plan para a Igual-dade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Burela.

c. Actualizar a Guía de recursos para mulleres.

d. Difundir os recursos existentes en Burela: CIM, Educadora Familiar, Te-léfono da Muller, Centro Quérote, “Aula da Familia”… Guía de recursos sociais/información do Concello de Burela.

e. Revista do CIM: ampliar a súa distribución.

f. Optimizar a páxina web.

Indicadores: a. Difusión de exemplares.

Page 15: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

b. Consultas, visitas da páxina web. c. Recursos económicos dedica-dos.

2. Diminución da fenda dixital e garantía do ac-ceso ás novas tecnoloxías como forma de lograr un maior empoderamento

Actuacións: a. Organizar cursos de informá-tica básica, Internet, correo electróni-co…

b. Organizar cursos de fotografía dixital. Exposición.

Page 16: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Indicadores: a. Cuantifi cación e cualifi cación das actuacións levadas a cabo e análise dos resultados de participación.

b. Recursos económicos destina-dos. c. Grao de satisfacción/acepta-ción.

B. Formación en igual-dade entre mulleres e homes

Obxectivo xeral:Ofrecer formación en perspectiva de xé-nero e igualdade de oportunidades entre

Page 17: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

mulleres e homes para espertar a con-ciencia crítica sobre as actitudes discri-minatorias, camiñando cara a un cambio cultural que garanta a perspectiva de xé-nero: persoal do Concello, empresariado, profesorado, homes en xeral…

Obxectivos específi cos:

1. Ofertar formación es-pecífi ca en materia de igualdade de oportuni-dades entre mulleres e homes adaptadas ás necesidades e ámbitos de intervención dos di-ferentes colectivos do

Page 18: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

concello.

Actuacións: a. Levar a cabo accións forma-tivas sobre perspectiva de xénero e igualdade.

b. Levar a cabo accións formati-vas sobre a importancia da linguaxe non sexista na sociedade e a súa aplicación no ámbito da administración.

c. Levar a cabo accións formativas de xénero e deporte, desenvolvemento local, emigración e inmigración, medios de comunicación, novas tecnoloxías, ocio e tempo de lecer, sexismo e publicida-de.

Page 19: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Indicadores: a. Número de persoas formadas, des-agregado por xénero, cargo ou entidade á que pertence.

b. Número total de horas de forma-ción.

c. Recursos económicos dedicados.

d. Grao de satisfacción/aceptación.

2. Ofertar formación espe-cífi ca en materia de xéne-ro e igualdade de oportu-nidades entre mulleres e homes dirixidas ao persoal das escolas infantís e dos

Page 20: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

centros de ensino non universitario

Actuacións: a. Levar a cabo accións formativas sobre perspectiva de xénero e igualdade de oportunidades entre o persoal da es-cola infantil e os centros de ensino de Bu-rela.

Indicadores: a. Número de persoas formadas, desagregado por xénero, cargo ou enti-dade á que pertence.

b. Número total de horas de forma-ción. c. Recursos económicos dedicados.

Page 21: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

d. Grao de satisfacción/aceptación.

3. Fomentar a educación en igualdade entre as mozas e os mozos e as nais e pais do noso Con-cello

Actuacións: a. Organización de programas de educación en igualdade nos centros de ensino.

b. Campamento urbano de igualda-de.

Page 22: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

c. Levar a cabo accións formativas sobre perspectiva de xénero e igualdade de oportunidades entre as asociacións de nais e pais dos centros educativos do noso Concello.

Indicadores: a. Programas desenvolvidos e nú-mero de persoas participantes, desagre-gado por xénero e entidade.

b. Número de participantes do cam-pamento urbano.

c. Análise das actividades.

d. Recursos económicos dedicados.

e. Grao de satisfacción/aceptación.

Page 23: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

C. Abordaxe integral da violencia de xénero

Obxectivo xeral:

Previr e abordar a violencia de xénero dende as súas diferentes causas, tipo-loxías, manifestacións e consecuencias, así como garantir a asistencia e a pro-tección das vítimas con actuacións de carácter integral.

Obxectivos específi cos:

1. Sensibilizar e con-cienciar sobre o proble-

Page 24: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

ma que representa a vio-lencia de xénero para o conxunto da sociedade

Actuacións: a. Realización de campañas de in-formación, sensibilización e concienciación sobre a magnitude do problema da violen-cia de xénero. Especial incidencia na mo-cidade.

b. Realización de actos no Día Inter-nacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: desmitifi car falsos es-tereotipos sobre as vítimas e os maltrata-dores.

Page 25: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Indicadores: a. Avaliación das campañas desenvol-vidas e participantes.

b. Recursos económicos dedicados.

c. Grao de satisfacción/aceptación.

2. Difundir recursosexistentes

Actuacións: a. Difunsión da publicación “Defende os teus dereitos. Guía práctica para as mulleres que sofren violencia de xénero”.

b. Difusión entre os centros educativos

Page 26: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

do material didáctico existente sobre o tema.

Indicadores: a. Número de guías distribuídas ou descargas dende a web b. Número de materiais didácticos distribuídos.

c. Recursos económicos dedica-dos. d. Grao de satisfacción/acepta-ción.

3. Organizar entre a mocidade obradoiros de habilidades e rela-

Page 27: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

cións sociais destinados á aprendizaxe de relacións respectuosas, aprender a amosar sentimentos, a re-solución pacífi ca dos con-fl itos e valorar a igualda-de entre mulleres e homes como eixo central do des-envolvemento humano

Actuacións: a. Colaboración entre o Departamento de Xuventude do Concello e o Centro “Qué-rote” no desenvolvemento destes obra-doiros.

Page 28: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Indicadores: a. Número de obradoiros realiza-dos.

b. Número de mozas e mozos que asisten.

c. Recursos económicos dedica-dos.

d. Grao de satisfacción/acepta-ción.

2. Levar a cabo procesos de formación e actuali-zación de coñecementos cos principais colectivos

Page 29: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

de profesionais implica-dos na erradicación da violencia de xénero

Actuacións: a. Impartición de formación espe-cializada e actualizada en violencia de xé-nero para profesionais do ámbito educati-vo.

b. Impartición de formación espe-cializada e actualizada en violencia de xé-nero para profesionais da policía local.

c. Impartición de formación espe-cializada e actualizada en violencia de xénero para profesionais dos servizos so-ciais.

Page 30: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

d. Impartición de formación espe-cializada e actualizada en violencia de xénero para profesionais da rede de in-formación xuvenil.

Indicadores: a. Número de formacións imparti-das. b. Número de profesionais partici-pantes, desagregado por xénero. c. Recursos económicos dedica-dos. d. Grao de satisfacción/acepta-ción.

Page 31: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Prazo de execucióne avaliación

A temporalización deste II Plan abran-guerá dende xaneiro de 2009 até decem-bro de 2010.

Farase unha primeira avaliación de seguimento ao remate do primeiro ano e a avaliación fi nal do mesmo na súa con-clusión.

A avaliación continua do Plan virá marcada polas fi chas de avaliación de cada liña de actuación, na que se refl ictan todos os indicadores de cada unha delas. Estes indicadores serán tanto cuantitati-vos (nº de mulleres e homes e recursos económicos), coma cualitativos, de con-texto e de realización.

Page 32: II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES · Presentación Temos nas nosas mans o II Plan de Igual-dade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Burela, un segundo paso

Concello de BurelaCentro de Información ás Mulleres

Delegación de IgualdadeConcello de Burela

akersia.es