IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón...

18
IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 1

Transcript of IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón...

Page 1: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 1

Page 2: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 2

PROGRAMACIÓN CURSO 2019-20

DEPARTAMENTO :

Xeografía e Historia

Page 3: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 3

ÍNDICE

1. ASPECTOS XERAIS.

Introdución e identificación da programación---------------------------------------------------------------------------------------------------------- 6

Contribución das materias ás competencias básicas ------------------------------------------------------------------------------------------------- 9

Obxectivos ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 11

Metodoloxía e materiais curriculares ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 13

Procedementos e instrumentos de aviación ----------------------------------------------------------------------------------------------------------- 14

Medidas de atención á diversidade ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 14

Procedementos e criterios para a avaliación de materias pendentes --------------------------------------------------------------------------- 15

Actividades complementarias e extraescolares.------------------------------------------------------------------------------------------------------- 16

Procedementos de acreditación de coñecementos previos --------------------------------------------------------------------------------------- 18

Criterios de promoción. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 18

Criterios para avaliar a programación ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 18

2. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 1º ESO. Concreción curricular:

–Obxectivos, contidos, criterios avaliación. – Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

3. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 2º ESO

Page 4: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4

Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación.

– Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

4. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 3º

ESO Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación. – Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

5. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 4º

ESO Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación. – Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

6. Hª CONTEMPORÁNEA 1º

BAC. Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación. – Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

Page 5: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 5

Proxecto de Club de Letras

7. INTRODUCIÓN Á HISTORIA DA ARTE Introdución.

Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación.

– Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

8. Hª DE ESPAÑA. 2º BAC.

Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación. – Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

9. XEOGRAFÍA. 2º BAC.

Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación. – Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos.

10. Hª DEL ARTE. 2ªBAC.

Concreción curricular: –Obxectivos, contidos, criterios avaliación.

Page 6: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 6

– Estándares de aprendizaxe, instrumentos de avaliación e secuenciación e competencias clave.

Metodoloxía. Criterios de avaliación:

- Criterios de cualificación. - Procedementos

Page 7: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 7

1. Identificación da programación

Centro educativo

Código

Centro

Concello

Ano académico

15005257 IES Menéndez Pidal A Coruña 2018-19

Departamento

Xeografía e Historia

Materias

Nome Curso Sesións semanais

Xeografía e Historia 1º ESO tres

Xeografía e Historia 2ºESO tres

Xeografía e Historia 3ºESO tres

Xeografía e Historia 4º ESO tres

Hª do Mundo Contemporáneo 1º BAC catro

Introdución a Hª da Arte 1º BAC unha

Hª de España 2º BAC tres

Hª da Arte 2º BAC catro

Xeografía de España 2º BAC catro

Page 8: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 8

Profesorado responsable

– Xefe/a departamento – Dna. Ana López Formoso

– Xeografía e Historia 1º ESO – Dna. Encarnación Ermitas Prado Leirado ( dous grupos) Isabel Toba Armesto (un grupo) e David Faro Domínguez (un grupo).

– Xeografía e Historia 2º ESO – Dna. Encarnación Ermitas Prado Leirado

– Xeografía e Historia 3º ESO – David Faro Domínguez

– Xeografía e Historia 4º ESO – Dna. Isabel Tova Armesto

– Hª do Mundo Contemporáneo – Dna. Ana López Formoso (un grupo) David Faro Domínguez (un grupo)

– Introdución á Historia da Arte – Dna. Ana López Formoso

– Hª de España – Dna. Ana López Formoso

– Hª da Arte – Dna. Ana López Formoso

– Xeografía de España – Dna. Isabel Tova Armesto

Page 9: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 9

Coas materias desta área preténdese profundar no coñecemento da sociedade, da súa organización e funcionamento nun territorio, a través do tempo e na actualidade, utilizando o aprendido polo alumnado na etapa anterior na área de coñecemento do medio natural, social cultural. A atención particular que se concede á xeografía e á historia como referentes da área, queda xustificada polo seu acusado carácter integrador e globalizador e pola súa sensibilidade ao interpretar o espazo natural e social e a súa evolución a través do tempo. Por outra parte, a complexidade das sociedades actuais e a aparición de novas temáticas -educación ambiental, cívica, para o consumo, a paz ou o lecer-, recomendan a incorporación de contidos procedentes doutras disciplinas como a socioloxía, a antropoloxía, a economía, ou a ecoloxía, que ofrecen perspectivas de análise diferentes para lograr o obxectivo común, que é o coñecemento da realidade social.

Para a análise da dimensión espacial resulta axeitado o enfoque ecoxeográfico, que permite tomar en consideración as múltiples variables - naturais e antrópicas- que conforman un espazo e, ademais, atende o dinamismo interno de cada variable e das súas interaccións. A paisaxe, como unidade espacial de análise ecoxeográfica, ten especial relevancia e permite abordar o estudo dos problemas a que a xeografía debe dar reposta.

A historia débelle proporcionar ao alumnado un coñecemento global que resulta necesario para entender o presente e para mellorar o futuro. É preciso tamén facer emerxer no seu estudo suxeitos históricos ata hai pouco moi silenciados, como as mulleres, a clase obreira, os pobres... dándolles o protagonismo que lles corresponde e que vai permitir unha renovación do discurso histórico. En ambas as dúas materias non se debe esquecer o importante que resulta adquirir un vocabulario conceptual propio e a capacidade para utilizalo e xeneralizalo correctamente. Do mesmo xeito, cumpriría enfiar ao longo do currículo de todos os cursos tres elementos de análise que consideramos imprescindibles para comprender a realidade social: a historia, o espazo e os recursos.

Non debe esquecerse, á hora de introducir contidos metodolóxicos, a importancia de saber interpretar fontes de diversa tipoloxía, a comprensión da multicausalidade e a intencionalidade na interpretación dos procesos, o uso adecuado da información e o manexo da documentación.

A finalidade destas materias concretaríase en dar unha visión global do mundo e un conxunto de valores para que os alumnos e alumnas adopten unha actitude ética e comprometida dentro dunha sociedade plural e solidaria.

Para unha contextualización da programación remitímonos ao apartado correspondente do PEC

Page 10: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 10

CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AS COMPETENCIAS BÁSICAS Estas materias unen ao carácter instrutivo o contextualizador, axudando a centrar una información dentro dunha perspectiva social. A área de ciencias sociais resulta fundamental para o desenvolvemento da competencia social e cívica (CSC), posto que facilita as relacións dentro dun modelo de sociedade cada vez máis plural, e así mesmo a comprensión da realidade social.

É ben coñecido o papel que as ciencias sociais xogaron na conformación das identidades sociais e territoriais. Na medida en que constrúen as categorías de tempo e espazo social permiten a construción de tempo e espazo persoal no alumnado. Pero, para que estas categorías se traduzan no desenvolvemento dunha competencia social democrática e posibiliten unha interacción responsable co medio, teñen que incorporar a visión de que o mundo en que vivimos é froito das decisións que tomaron os nosos antepasados máis ou menos libremente. Esta visión permitiralle ao alumnado adquirir a conciencia de que o futuro está condicionado polas nosas decisións e actuacións, e adoptar, polo tanto, unha posición comprometida e responsable ante este. O desenvolvemento desta competencia require ademais o tratamento destes contidos desde unhas metodoloxías participativas e interactivas que propicien habilidades para participar na vida cívica, para asumir os valores democráticos e para o cumprimento dos deberes. A competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Contribúese á adquisición desta competencia na medida en que se asegure que a dimensión espacial impregna a aprendizaxe dos contidos xeográficos, adquirindo particular importancia o desenvolvemento de procedementos de orientación, localización, observación e interpretación de espazos, paisaxes e a súa representación cartográfica. Permite, ademais, analizar a acción humana na utilización do espazo e os seus recursos, e non só os problemas que isto xera, senón tamén as accións que pode arbitrar de xeito responsable para asegurar a protección do ambiente. Así mesmo a competencia matemática está presente no estudo das manifestacións artísticas, na estatística que permite o estudo da xeografía humana ou nas representacións gráficas imprescindibles en xeografía e historia económica. A competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). Debe estar presentes en todo o proceso de ensino-aprendizaxe. A capacidade de propoñer, indagar, buscar solucións de xeito individual e en grupo; a capacidade de liderar, aglutinar, organizar poden potenciarse no traballo diario de aula e deben terse en conta na avaliación por competencias do alumnado. A competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC) supón apreciar, comprender e valorar as diferentes manifestacións culturais e artísticas materiais e inmateriais, facendo fincapé nestas manifestacións menos tanxibles; utilizalas para o enriquecemento persoal e estimalas como elementos do patrimonio cultural de que dispoñemos e que resulta necesario preservar. Desenvolver a sensibilidade estética en todas as súas manifestacións e respectar a diversidade das manifestacións culturais. No mundo actual é innegable a importancia que ten a competencia no tratamento da información e competencia dixital (CD) para a comprensión dos fenómenos sociais e históricos. Poder contar con certas habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento. As TIC resultan imprescindibles na sociedade da información en que vivimos, aumentan as posibilidades de comunicación e axilizan os intercambios, mesmo poden propiciar formas de traballo cooperativo que abarquen espazos físicos e sociais cada vez máis amplos, que son precisamente os que interesa coñecer desde esta área.

Page 11: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 11

En todo caso, debe insistirse en que a información é preciso saber utilizala, xa que por si mesma non produce unha forma axeitada de coñecemento. Por iso, é necesario comprendela e integrala nos esquemas previos de coñecemento e, así mesmo, capacitarse para a transmisión desta información do xeito máis eficaz posible.

Na medida en que a linguaxe é un vehículo imprescindible de comunicación no proceso de ensinanza-aprendizaxe, a competencia en comunicación lingüística (CCL) resulta imprescindible. A lingua é o principal instrumento para organizar o pensamento, para aprender e para explicar. Co discurso é posible describir, narrar, disertar e argumentar, e así mesmo, adquirir un vocabulario preciso e específico das ciencias sociais que deberá asumir o alumnado, como tamén a capacidade para utilizalo e xeneralizalo correctamente. Esta competencia implica o dominio das habilidades de ler e escribir diferentes tipos de textos cada vez máis complexos e que resultan fundamentais como elementos de información social e histórica. Trátase de ser capaces de expoñer clara e sistematicamente as ideas, argumentando con rigor e precisión. A competencia para aprender a aprender (CAA) supón iniciarse na aprendizaxe e continuala dun xeito autónomo. Do que se trata é de ter ferramentas que faciliten a aprendizaxe e de atopar repostas que se correspondan cun coñecemento racional, asumindo que poden ser diversas e que é posible atopalas desde distintas perspectivas metodolóxicas. Para asumir esta competencia é preciso tamén coñecer o que se sabe e o que queda por aprender, orientando os procesos de aprendizaxe ata as nosas capacidades. Noutras palabras, trátase de coñecer as propias potencialidades e as propias carencias.

OBXECTIVOS

Os que aparecen a continuación son os obxectivos xerais para a ensinanza secundaria obrigatoria que son, así mesmo, os obxectivos que contribúe a alcanzar a materia de Xeografía e Historia.

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

Page 12: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 12

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para

identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora. n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Page 13: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 13

o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona. (Os obxectivos específicos para o bacharelato queden recollidos no apartado correspondente).

METODOLOXÍA E MATERIAIS CURRICULARES. A proposta metodolóxica baséase, fundamentalmente, nos seguintes criterios: - Considérase a Xeografía, a Historia e a Historia da Arte como as disciplinas aglutinantes da maior parte dos contidos, tendo en conta que son suficientemente explicativas, presentan un corpo de doutrina e de procedementos axeitadamente estruturado, están sempre abertas a novas achegas e tendencias, e constitúen a base fundamental da formación académico-docente dos profesores e as profesoras que imparten docencia na materia. - Nos contidos conceptuais dedícase a suficiente atención á comprensión de feitos, conceptos e principios. Os contidos procedementais concíbense como estratexias de aprendizaxe, a misión dos cales é a aplicación do método científico e a adquisición das técnicas instrumentais –específicas e xerais– a partir da importancia inherente ás disciplinas integrantes da materia. Os contidos actitudinais integran o conxunto de actitudes, valores e normas consideradas como socialmente importantes. - Atendeuse á diversidade do alumnado que accede á Educación Secundaria, de acordo coa variedade da súa procedencia e as súas distintas capacidades, cos seus diferentes estilos cognitivos e cos seus distintos ritmos de aprendizaxe. Isto implica a selección de actividades diferenciadas, con distintos niveis de complexidade e graos de elaboración (individuais, de grupo, libres, etc.) moi variados. - Apóstase pola práctica dun método de traballo segundo o cal os profesores e as profesoras decidirán, en cada momento e situación, a metodoloxía que deberán seguir entre as que se expoñen a continuación: 1. Indutiva. Parte do particular e próximo ao alumno e á alumna para rematar no xeral e máis complexo. 2. Dedutiva. Parte do xeral para concluír no particular, no ámbito próximo ao alumno e á alumna. 3. Indagatoria. Baséase na aplicación do método científico. 4. Activa. Fundaméntase na realización de actividades variadas polo alumnado. 5. Explicativa. Inspírase en estratexias de explicación. 6. Colaborativa. Baséase na elaboración de actividades e traballo cun reparto de tarefas, organización e posta en común dos mesmos. 7. Mixta. Combina a práctica de máis dun dos métodos anteriores nunha mesma unidade didáctica.

Para aplicar a metodoloxía anterior utilizaranse todos os medios dispoñibles de Aula: libros, mapas, DVD, programas informáticos, láminas, ordenadores, visitas a museos, bibliotecas, etc. Fomentarase especialmente a lectura e o resumo de textos histórico , xeográficos e artísticos que axuden os alumnos a adquirir a competencia lingüística que é básica para estruturar o coñecemento. Os libros de texto utilizados nas distintas materias son os seguintes: Página 13

Page 14: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 14

1º de ESO. Xeografía e Historia. O.C.1. Somoslink . Edelvives. Cristina Grande Gallego y Raúl Núñez Heras. 2º de ESO. Xeografía e Historia. O.C.2. Somoslink. Edelvives. Cristina Grande Gallego y Raúl Núñez Heras. 3º de ESO. Xeografía e Historia. O.C.3. Somoslink . Edelvives. José Antonio Giménez Ruiz y Raúl Núñez Heras. 4º de ESO. Xeografía e Historia. O.C.4. Somoslink . Edelvives. José Antonio Giménez Ruiz y Raúl Núñez Heras

1º Bacharelato. Historia del Mundo Contemporáneo. Ed. Oxford. 2º Bacharelato. Hª de España. Non hai libro oficial. Recomendarase una lista de manuais para que os alumnos utilicen os que consideren oportunos. A través de aula virtual a profesora proporcionará material diverso (temas, presentación, páxinas webs axeitadas, etc). 2º Bacharelato. Xeografía de España. Non hai libro oficial o profesor/a recomendará o que considere axeitado a principio de curso. 2º Bacharelato. Hª da Arte. Non hai libro oficial. Recomendarase una lista de manuais para que os alumnos utilicen os que consideren oportunos. A través de aula virtual a profesora proporcionará material diverso (temas, presentación, páxinas webs axeitadas, etc).

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. A avaliación desempeña un papel de enorme importancia nos proxectos educativos pois permite, nas súas tres vertentes , de diagnóstico, formativa e final comprobar en que medida se acadaron os obxectivos propostos na programación e pescudar se os alumnos acadan as competencias básicas. A avaliación de diagnóstico farase ao comezo do curso e servirá para realizar un diagnóstico dos alumnos e adecuar a metodoloxía ao nivel de maduración e aos coñecementos previos de cada alumno. Pode tratarse dun cuestionario individual e a observación do alumnado organizado en pequenos grupos para desenvolver nun traballo sinxelo de tipo colaborativo. As avaliacións formativa e final permiten comprobar en que medida se produciu nos alumnos o cambio dos conceptos erróneos e o avance de cada alumno/a en relación ao avance xeral do grupo. Estas avaliacións faranse ao longo do curso de forma continua. Como instrumentos para levar a cabo a avaliación utilizarase unha variada gama de recursos, cuestionarios, preguntas na aula, resumos de textos, análise de textos, cadernos de aula , interpretación de mapas, comentario de láminas e diapositivas, probas orais e escritas, traballo diario e actitude na aula.

MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE. Para os alumnos de ESO, que teñen dificultades de aprendizaxe, existen en primeiro, segundo e terceiro de ESO cursos de curriculum adaptado. As adaptacións curriculares son elaboradas polo Departamento de Xeografía e Historia. Os profesores orientarán a súa intervención en función das necesidades do grupo, adaptando os contidos o nivel do grupo, para que os alumnos, dentro das posibilidades, acaden o máximo desenvolvemento das competencias básicas e dos obxectivos de etapa.

Page 15: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 15

O profesorado pode propor aos alumnos con máis problemas de aprendizaxe, unha serie de actividades de reforzo e ampliación para que, segundo o seu nivel de coñecementos e a súa disposición a aprender, traballen os aspectos básicos de cada tema nos que atopen máis dificultades. En Bacharelato non se contemplan medidas de atención á diversidade, tendo en conta a non obrigatoriedade das materias e o carácter optativo das mesmas, presupoñéndose por tanto que todos os alumnos que as escollen están capacitados para poder superalas cun pequeno esforzo de traballo e estudo.

PROCEDEMENTOS E CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.

Co obxectivo de facilitar o alumnado a superación das materias pendentes o Departamento de Xerografía e Historia, asigna a cada profesor un grupo de alumnos pendentes que guía o traballo de recuperación repartido nos tres trimestres e que será cualificado en cada avaliación. O profesor de cada alumno no presente curso será o que o avalíe da materia pendente que corresponda ao seu departamento. 1ª Avaliación. A finais do 1º trimestre. 2ª Avaliación. A finais do 2º trimestre. 3ª Avaliación. Antes do 30 de abril.

Os alumnos que non acaden ao aprobado deberán presentase a proba final convocada no mes de maio pola Xefatura de Estudos.

Os exames versarán sobre os contidos mínimos especificados nas programacións de cada materia e nivel.

A materia de cada avaliación para cada curso e a seguinte:

Ciencias sociais 1º de ESO 1ª Avaliación: Temas 1-5 Xeografía 2ª Avaliación: Temas 6-7 Xeografía e 1-3 Historia 3ª Avaliación: Temas 4-8 Historia

Ciencias sociais 2º de ESO 1ª Avaliación Temas-1-4. Historia

2ª Avaliación. Tema 5 de Hª . 1 e 2 de Xeografía. 3ª Avaliación. Temas 3 e 6 de Xeografía

Xeografía 3º ESO 1ª Avaliación Temas 1-5.Xeografía.

Page 16: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 16

2ª Avaliación Temas 6–8. Xeografía. 1-2 Historia 3ª Avaliación Temas 3-6. Historia

Historia do mundo Contemporáneo. 1º Bacharelato

1ª Avaliación Tema 1.- Antigo Réxime. Tema 2.-As Revolucións Atlánticas. Tema 3.-Restauración e revolucións burguesas Tema 4.-A Revolución Industrial Tema 5.-Economía e movemento obreiro. Tema 6.-Europa e a súa expansión colonial

2ª Avaliación Tema 8.-A Primeira Guerra Mundial. Tema 9.-A Revolución soviética e a URSS (1917-1941) Tema 10.-O período de entreguerras. Tema 11.-A segunda Guerra Mundial.

3ª Avaliación Tema 12.- A Guerra Fría e a política de bloques (1945-1989) Tema 13.- Descolonización e Terceiro Mundo. Tema 14.-O modelo comunista tema 16.- O modelo capitalista

Exames para o alumnado de bacharelato Farase unha convocatoria oficial de maio na que cada alumno/ se examinará da parte que non fora capaz de aprobar cos traballos indicados polo

departamento.

Se ten que acudir á convocatoria de setembro deberá facelo con toda a materia.

Os exames versarán sobre os contidos mínimos especificados nas programacións de cada materia e nivel.

Page 17: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 17

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

O Departamento de Xeografía e Historia propón, o longo do curso, as seguintes actividades: O Departamento non ten previstas actividades extraescolares de CCSS 1º e 2º ESO pero estudará as opcións que ao longo do curso puideran xurdir e que teñan a ben asumir algún dos profesores do Departamento.

3º ESO: Visita a unha empresa industrial, enerxética ou agropecuaria por determinar (segunda avaliación).

4º ESO: Museo de Belas Artes. O século XIX e XX Cambios na arte e na sociedade (segunda avaliación).

Bacharelato.

1º de BAC. Proxecto Club de Letras en combinación co Departamento de Educación Física culminaremos o traballo cunha experiencia en igualdade na Goleta Juan de Lángara. (final da segunda avaliación ou principio da terceira) O Proxecto de Introdución á Hª da Arte desenvólvese os mércores durante a hora de clase no museo de Belas Artes de a Coruña, se o

calendario o permitise incluiriamos visitas a outros museos como o Luís Seoane ou fundacións como Abanca e Barrié. Hº da Arte de 2º de BAC e realizaremos unha visita á Cidade Vella da Coruña, Museo de Belas Artes e Santiago de Compostela

PROCEDEMENTOS DE ACREDITACION DE COÑECEMENTOS PREVIOS. Os alumnos de 2º de Bacharelato que por cambio de opción non cursaron Historia do Mundo Contemporáneo en 1º de Bacharelato deberán cursar esta materia, examinándose da mesma nas mesmas datas e co mesmo programa que os alumnos que levan pendente dita materia.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN Os criterios de avaliación detállanse no apartado correspondente a cada materia impartida polo departamento; os de promoción son establecidos por lei.

Page 18: IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e … · 2020. 11. 14. · IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 4 Concreción curricular:

IES Ramón Menéndez Pidal. Departamento de Xeografía e Historia 2019-20 Página 18

CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN Na Memoria elaborada a final de curso recollemos todos as posibles alteracións que se teñan producido sobre a Programación inicial. Isto permítenos discutir e discorrer sobre novas propostas. Periodización, procedementos, criterios de avaliación ou mínimos esixibles son revisados con moita atención cada curso. Na mesma Memoria quedan recollidas as cualificacións, a análise destas porcentaxes permítenos apreciar desviacións moi pronunciadas que queden fora do 70%-100% de aprobados e tratar de tomar as medidas correctoras oportunas. A Memoria segue o guión que aparece a continuación:

ITEMS BREVE VALORACIÓN. PROPOSTAS DE CAMBIO.

Porcentaxe de alumnado que acadan os obxectivos mínimos nas competencias básicas.

+90% Moi bos pero con aspiracións do 100%. 90-70% Bos. Pero mellorables. 70-50% Atención e toma inmediata de medidas correctoras. 50-30% Malos. -30% Moi malos.

Unidades didácticas non desenvolvidas e e alteración na distribución do temario. Motivos.

Aspectos metodolóxicos que deben modificarse.

Valoración da utilización do libro de texto e outros materiais.

Métodos de avaliación. Graos de eficacia. Valoración das tarefas de reforzo para o alumnado que non vai alcanzando os mínimos establecidos para o curso. Inclúe a recuperación de materias pendentes.

Actividades complementarias e extraescolares.