IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019...

31
Programación didáctica do Departamento de MATEMÁTICAS Materias: TIC I e TIC II (Bacharelato) IES As Fontiñas Profesor: Brais Preto Fernández Curso 2019-2020 Santiago, 25 de setembro de 2019

Transcript of IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019...

Page 1: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

Programación didáctica do

Departamento de

MATEMÁTICAS

Materias: TIC I e TIC II (Bacharelato)

IES As Fontiñas

Profesor: Brais Preto Fernández

Curso 2019-2020

Santiago, 25 de setembro de 2019

Page 2: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva
Page 3: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 1

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

INDICE

Pax.

1. OBXECTIVOS DE ETAPA. ........................................................................................ 2

2. METODOLOXÍA....................................................................................................... 10

3. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. ............................................................. 11

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE ................................... 12

4.1 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ............................................................................... 12

4.2 PROCEDEMENTO E CRITERIOS PARA TIC I E TIC II (BACHARELATO) ........................... 12

4.2.1 Sistema de cualificación das avaliacións parciais ............................................................... 13

4.2.2 Sistema de cualificación final ............................................................................................... 13

4.2.3 Recuperacións ..................................................................................................................... 13

4.3 PROBAS FINAIS EXTRAORDINARIAS .......................................................................... 14

4.4 MODIFICACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR FALTAS DE ASISTENCIA SEN XUSTIFICAR

14

5. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: ......................................................... 15

6. ELEMENTOS TRANSVERSAIS: ............................................................................. 16

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: ................................................................... 17

8. MÍNIMOS ESIXIBLES .............................................................................................. 18

8.1 MÍNIMOS ESIXIBLES PARA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I (TIC I 1º

BAC) 18

8.2 MÍNIMOS ESIXIBLES PARA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN II (TIC II 2º

BAC) 19

9. CONTIDOS, CRITERIOS, ESTÁNDARES E COMPETENCIAS CLAVE. ................ 20

10. SECUENCIACIÓN. ............................................................................................... 29

Page 4: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 2

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

1. OBXECTIVOS DE ETAPA.

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir

unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución es-

pañola e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos,

que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equi-

tativa e favoreza a sustentabilidade.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma respon-

sable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pa-

cificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,

analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en

particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discrimi-

nación

das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención es-

pecial ás persoas con discapacidade.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias

para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento

persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua cas-

telá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información

e da comunicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os

seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Partici-

par de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e domi-

nar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos

métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da

tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o res-

pecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial re-

ferencia ao territorio galego.

m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, ini-

ciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como

Page 5: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 3

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

fontes de formación e enriquecemento cultural.

o) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e

social, e impulsar condutas e hábitos saudables.

p) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

q) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contri-

buír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

DESCRTORES

COMPETENCIA

INDICADORES DESCRITORES

CMCT

Competencia

matemática e

competencias

básicas en ciencia e

tecnoloxía

Coidado do

ámbito natural

e dos seres vi-

vos

- Interactuar co ámbito natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso responsable dos recursos natu-

rais.

- Respectar e preservar a vida dos seres vivos.

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo

ser humano e as repercusións para a vida futura.

Vida saudable

- Desenvolver e promover hábitos de vida saudable.

- Xerar criterios persoais sobre a visión social da es-

tética do corpo humano fronte ao coidado saudable

deste.

Page 6: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 4

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

A ciencia no día

a día

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos científicos rigorosos para mello-

rar a comprensión da realidade

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía.

Manexo de

elementos

matemáticos

- Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos:

operacións, magnitudes, porcentaxes, etc.

- Interpretar a información presentada en formato gráfi-

co.

- Expresarse con propiedade na linguaxe matemática.

Razoamento

lóxico e re-

solución de

problemas

- Organizar información con procedementos matemáti-

cos.

- Resolver problemas cos datos e as estratexias apropia-

das.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas.

CL Comuni-

cación lin-

güística

Comprensión:

oral e escrita

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

Expresión:

oral e escrita

- Expresarse oralmente con corrección e coherencia.

- Utilizar o vocabulario adecuado.

- Compoñer distintos tipos de textos creativamente.

Normas de

comunicación

- Respectar as normas de comunicación en cal-

quera contexto: quenda de palabra, escoita

atenta ...

- Manexar elementos de comunicación non verbal.

Page 7: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 5

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Comunicación

noutras lin-

guas

- Entender o contexto sociocultural da lingua .

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para

buscar información.

- Producir textos escritos de diversa complexidade.

CD Compe-

tencia dixital

Tecnoloxías

da informa-

ción

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Elaborar información propia derivada de informa-

ción obtida a través de medios tecnolóxicos.

Comunicación

audiovisual

- Utilizar as distintas canles de comunicación audiovi-

sual.

- Comprender as mensaxes dos medios de comunica-

ción.

Utilización de

ferramentas

dixitais

- Manexar ferramentas dixitais.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

CEC Conciencia e

expresións cultu-

rais

Respecto polas

manifestacións

culturais propias

e alleas

- Mostrar respecto cara ao patrimonio cultural nas súas

distintas vertentes, e cara ás persoas que contribuí-

ron ao seu desenvolvemento.

- Valorar a interculturalidade como unha fonte de rique-

za.

- Apreciar os valores culturais do patrimonio na-

tural e da evolución do pensamento científico.

Expresión cultu-

ral e artística

- Expresar sentimentos desde códigos artísticos.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas.

- Elaborar traballos e presentacións con sentido esté-

tico.

Educación cívi-

ca e constitucio-

nal

- Coñecer as actividades humanas e adquirir unha

idea da realidade histórica,

- Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá.

Page 8: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 6

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

CSC Compe-

tencias sociais

e cívicas

Relación cos

demais

- Desenvolver capacidade de diálogo cos demais.

- Mostrar dispoñibilidade para a participación acti-

va.

- Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e

ideas.

Compromiso

social

- Aprender a comportarse desde o coñece-

mento dos valores.

- Concibir unha escala de valores propia.

- Evidenciar preocupación polos máis desfavoreci-

dos.

- Involucrarse ou promover accións cun fin social.

CSIEE Sentido

de iniciativa e

espírito empren-

dedor

Autonomía

persoal

- Optimizar recursos persoais.

- Asumir as responsabilidades encomendadas.

- Ser constante no traballo superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de axuda.

Liderado

- Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas.

- Contaxiar entusiasmo pola tarefa.

- Darlle prioridade á consecución de obxectivos de

grupo.

- Xerar novas e diverxentes posibilidades.

- Configurar unha visión de futuro realista e ambi-

ciosa.

Page 9: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 7

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Creatividade - Encontrar posibilidades que outros non aprecian.

Emprendemento

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais.

- Mostrar iniciativa persoal para promover accións

novas.

- Asumir riscos nas tarefas ou nos proxectos.

- Actuar con responsabilidade social e sentido ético.

CAA Aprender

a apren-

der

Perfil de aprendiz

- Identificar potencialidades persoais como

aprendiz: - Xestionar os recursos e as moti-

vacións persoais.

- Xerar estratexias para aprender.

Ferramentas pa-

ra estimular o

pensamento

- Aplicar estratexias para a mellora do pen-

samento creativo, crítico, emocional, in-

terdependente...

- Desenvolver estratexias para a comprensión dos

contidos

Planificación

e avaliación

da aprendiza-

xe

- Planificar os recursos no proceso de aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e tomar decisións

sobre os pasos seguintes en función dos resul-

tados intermedios.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendiza-

xe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

COMO CONTRIBÚE A MATERIA Á CONSECUCIÓN DAS COMPETENCIAS?

A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de achegarlle ao alumnado as ha-

bilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios deste ámbito tecnolóxico. Deste xeito, na

parte da materia correspondente a cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, os bloques de

Page 10: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 8

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

"Ética e estética da interacción en rede", de "Seguridade informática" e de "Internet, redes sociais e

hiperconexión" tratan aspectos das redes moi relacionados entre si, que é necesario que o alumnado

domine para que poida desenvolverse con soltura e seguridade nos ámbitos profesional e persoal. O

bloque de "Computadores, sistemas operativos e redes" abonda en aspectos de configuración dos

computadores e de instalación de aplicación cos que as persoas usuarias deben familiarizarse para

utilizar computadores e aplicacións xunto con outros dispositivos hoxe imprescindibles, como teléfo-

nos intelixentes e táboas, ou para utilizar as posibilidades de conectividade das TIC. O bloque de "Or-

ganización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación e difusión de contidos"

tratan os aspectos que poden necesitarse para producir documentos e difundilos, ademais dalgúns

temas relacionados co soporte das publicacións, como son o tratamento de datos, a xeración de in-

formes e a incorporación de elementos gráficos e audiovisuais nos documentos.

Como noutras materias que tratan aspectos tecnolóxicos, nesta intégranse coñecementos de carác-

ter matemático e científico, ademais de que é frecuente que as TIC se utilicen para resolver proble-

mas específicos doutras disciplinas. Un enfoque interdisciplinar, xa que logo, favorecerá a conexión

con outras materias e mesmo con diversos temas de actualidade.

Desde o punto de vista metodolóxico, as TIC admiten tratamentos moi diversos, porque serven tanto

para integrar as restantes materias do currículo como para afondar en aspectos moi específicos, co-

mo a programación ou as comunicacións, sen esquecer que son especialmente indicadas para refle-

xionar sobre os temas tecnolóxicos e de actualidade.

Esta materia caracterízase pola realización de actividades nas que se desenvolven destrezas técnicas

para acceder ás redes de información, que tamén se comparte, e se utilizan aplicacións informáticas

de propósito xeral. Neste contexto, a iniciativa, a colaboración e o respecto polas normas de seguri-

dade e polos dereitos dos colectivos relacionados coa cultura ou coa produción de programas infor-

máticos son tan importantes como o dominio dos recursos informáticos e das redes de comunica-

cións.

A participación pode potenciarse nesta materia mediante a exposición de traballos, a resolución co-

laborativa de problemas mediante a realización de proxectos informáticos, a utilización colectiva de

recursos virtuais ou a procura e a análise de información en internet, aspectos que tamén favorecen

a propia aprendizaxe.

Page 11: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 9

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Na ensinanza das TIC resulta, daquela, adecuado reflexionar e traballar en grupo procurando solu-

cións a problemas concretos onde se poidan aplicar os coñecementos adquiridos, e buscar informa-

ción adicional, se se require, para fomentar o espírito emprendedor.

A contribución da materia de TIC ao desenvolvemento das competencias clave dependerá en grande

medida do tipo de actividades; é dicir, da metodoloxía empregada. Neste sentido, a comunicación

lingüística desenvolverase na medida en que o alumnado adquira e utilice un vocabulario técnico

preciso, elabore programas e documentos, explique conceptos ou elabore e expoña información. A

competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía poden alcanzarse confi-

gurando e administrando máquinas e sistemas operativos, aplicando técnicas de tratamento e alma-

cenamento de datos ou asumindo hábitos seguros no contexto das redes de comunicación, compe-

tencias que tamén se favorecen analizando o funcionamento de programas, aplicacións e sistemas

operativos, ou mediante a análise e a valoración das repercusións dos hábitos sociais en internet. A

competencia dixital, que é a específica desta materia, desenvolverase co emprego constante das TIC

para procurar e almacenar información, para obter e presentar datos e para simular sistemas, ou pa-

ra elaborar programas ou utilidades informáticas que sirvan para resolver problemas.

Para que o alumnado poida aprender a aprender, as actividades deben permitir que tome decisións

cun certo grao de autonomía, que organice o proceso da propia aprendizaxe e que aplique o apren-

dido a situacións cotiás das que poida avaliar os resultados. Do mesmo xeito, as competencias sociais

e cívicas alcanzaranse procurando que o alumnado traballe en equipo, interactúe con outras persoas

e con grupos de forma democrática, e respecte a diversidade e as normas, e tamén mediante a análi-

se da interacción entre o desenvolvemento das TIC e os cambios socioeconómicos e culturais que

produce.

O sentido de iniciativa e espírito emprendedor conséguese nesta materia a través do deseño, da pla-

nificación e da xestión de proxectos informáticos sinxelos, ao transformar as ideas propias en pro-

gramas ou en documentos. E a conciencia e as expresións culturais reflíctense na análise da influen-

cia dos fitos técnicos das TIC en distintas culturas e no seu desenvolvemento e progreso.

En resumo, a materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación ofrece un inmenso potencial

para axudar a comprender o contorno social e para desenvolver un conxunto de competencias rela-

cionadas tanto co contexto profesional como coas formas que a participación cidadá está a adoptar

no contexto das TIC que afectan por igual os ámbitos social e do desenvolvemento persoal.

Page 12: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 10

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

2. METODOLOXÍA.

Trala detección de coñecementos previos, a estratexia para comezar a impartir os con-

tidos será expositora, coa explicación dos aspectos teóricos fundamentais de cada bloque e

a realización dunhas prácticas sinxelas polos alumnos para asimilar os mesmos. Tras esta

fase inicial a metodoloxía será eminentemente práctica, os alumnos levarán a cabo unhas

actividades máis complexas e globais con aplicación reais nas que utilizarán o aprendido

previamente.

Nos grupos numerosos, nos que non sexa posible que un alumno teña un ordenador,

en cada ordenador traballarán dous alumnos formando un equipo.

Cando se observe na detección de coñecementos previos que algún alumno xa ten un

nivel medio-avanzado do tema, formularánselle actividades de máis nivel que o resto da cla-

se para non perder a súa motivación.

Page 13: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 11

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

3. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

Para impartir a materia utilizaremos a aula de informática e diferentes software que

iremos instalando nos ordenadores que usemos.

Page 14: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 12

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

4. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE

4.1 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Aspectos específicos a avaliar:

TRABALLOS escritos ou en soporte multimedia que poderán ser dos seguintes tipos:

Traballos e informes monográficos individuais ou en grupo.

Traballos de investigación e/ou de busca de información en distintas fontes.

Informes sobre practicas realizadas no laboratorio, experiencias ou saídas.

Comentarios de texto sobre lecturas voluntarias ou obrigatorias.

Traballo no LABORATORIO e/ou en outras ACTIVIDADES PRÁCTICAS

Traballo na Aula Virtual do centro

Traballo en actividades complementarias e extraescolares

Intercambios ORAIS co alumnado:

Diálogos.

Debates.

Postas en común.

PROBAS OBXECTIVAS: realizaranse probas escritas que terán como referencia os cri-terios de avaliación e os estándares de aprendizaxe fixados. Cando sexa posible estas probas corrixiranse en clase para que os/as alumnos/as participen da súa propia avalia-ción. Poderán constar de:

Preguntas tipo test e/ou verdadeiro-falso.

Preguntas de resposta curta aberta.

Definir conceptos clave.

Establecer relacións entre conceptos clave.

Interpretación dunha imaxe, gráfico, táboa resumo ou esquema.

Realización dun debuxo, gráfico ou esquema.

Completar unha imaxe, gráfico, táboa resumo, esquema ou mapa conceptual.

Resolución dun exercicio práctico.

Preguntas e cuestións onde alumno expoñerá con lóxica e coherencia a súa va-loración u opinión persoal e/ou propoñerá solucións a un problema plantexado.

Tamén poderán realizarse probas orais, se as características ou circunstancias obxectivas do alumnado, a criterio do profesorado, así o aconsellan.

ACTITUDE cara á materia: valorarase a asistencia, interese, atención, participación, o esforzo no traballo individual e en equipo, a actitude durante as actividades na aula ou fora dela (prácticas no laboratorio, actividades extraescolares, ler revistas, artigos...), así como a puntualidade na entrega dos traballos e coidado e respecto do material de clase e do laboratorio. Instrumento: Observación directa.

4.2 PROCEDEMENTO E CRITERIOS PARA TIC I E TIC II (BACHARELATO)

1) PROBAS ESCRITAS E TRABALLOS REALIZADOS NA CLASE.- Cualificaranse entre 0 e 10 puntos (1):

(1) Cando o alumnado utilice materiais, medios, estratexias ou sistemas non permitidos expresamente polo

profesorado co fin de mellorar o resultado das probas escritas, o alumno/a obterá a cualificación de “1”.

Page 15: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 13

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

TIC I (1º BAC): Ata un 80% da cualificación de cada avaliación.

TIC II (2º BAC): Ata un 80% da cualificación de cada avaliación.

2) ACTITUDE, COMPORTAMENTO, ASISTENCIA, ESFORZO, INTERESE, PARTICIPA-CIÓN, TRABALLO EN GRUPO.-

TIC I (1º BAC): Ata un 20% da cualificación de cada avaliación.

TIC II (2º BAC): Ata un 20% da cualificación de cada avaliación.

4.2.1 Sistema de cualificación das avaliacións parciais

En cada unha das tres avaliacións parciais: 1. Á nota media das probas escritas e traballos realizados na clase (cualificada de 0 a

10; 80%) engadiráselle a cualificación da actitude, comportamento, asistencia, esfor-zo, interese, participa-ción, traballo en grupo (20%).

2. A nota numérica que figurará nas actas de cada avaliación parcial e nos boletíns será resultado do redondeo ao número enteiro que corresponda a cada cualificación.

4.2.2 Sistema de cualificación final

1. A nota da avaliación ordinaria de xuño calcularase mediante a media aritmética das tres avaliacións parciais.

2. A nota numérica que figurará na acta da avaliación ordinaria de xuño será resultado do redondeo ao número enteiro que corresponda tras o calculo da media aritmética.

3. Para APROBAR a materia na avaliación ordinaria de xuño terá que acadarse un mínimo de 5 puntos.

4.2.3 Recuperacións

O alumnado poderá realizar probas escritas de recuperación dos contidos e activida-des suspensos. Faranse dentro da mesma avaliación parcial ou despois desta, segundo o criterio do profesorado e de acordo coas seguintes normas:

1) As probas escritas, traballos ou avaliacións parciais suspensas cunha cualificación inferior a 5 puntos e superior a 4 puntos poderán ser compensadas coas cualifi-cacións das restantes probas escritas, traballos ou avaliacións parciais (sen nece-sidade de realizar exames de recuperación), sempre que a media aritmética de to-das elas supere os 5 puntos.

2) Se a media aritmética das avaliacións parciais non supera os 5 puntos o alumna-do con 1 ou 2 dúas avaliacións suspensas e cunha media aritmética superior a 4 puntos poderá realizar novas probas escritas (de recuperación) sobre os contidos non superados de cada unha das avaliacións suspensas.

3) O alumnado que non estea nas condicións descritas nos dous parágrafos anterio-res terá dereito a realizar unha proba antes da avaliación final ordinaria.

4) Para o cálculo da cualificación final, as notas das probas escritas de recuperación de contidos substituirán as das probas escritas e traballos ordinarios previa-mente realizados, conservándose as cualificacións da actitude, comportamen-to, asistencia, esforzo, interese, participa-ción, traballo en grupo.

Page 16: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 14

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

4.3 PROBAS FINAIS EXTRAORDINARIAS

Farase unha proba escrita que versará sobre os mínimos esixibles da programación e sobre os estándares de aprendizaxe avaliables traballados durante o curso.

Para superar dita proba debe responderse correctamente ao 50% da mesma (cualifica-rase de 0 a 10 puntos).

4.4 MODIFICACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR FALTAS DE ASISTENCIA SEN XUSTIFICAR

O alumnado que supere a porcentaxe estipulada de faltas de asistencia sen xustificar verá modificados os criterios xerais de avaliación establecidos nesta programación didáctica.

Para dito alumnado, ao que non lle resulte posible aplicar os instrumentos e procede-mentos de avaliación ordinaria/continua, e en ausencia dun protocolo común establecido po-lo centro, habilitarse un procedemento de avaliación extraordinaria que consistira en:

1) O peso na avaliación das actividades realizadas durante a asistencia á clase será

do 10% e o 90% restante corresponderá a unha única proba, relativa aos contidos

e estándares de aprendizaxe traballados durante o curso.

2) A proba realizarase a final de curso, antes do remate da actividade lectiva. A nota

mínima para o aprobado establecerase en 5 puntos.

Page 17: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 15

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

5. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

Unha vez realizada a avaliación inicial e ante as dificultades individuais ou grupais detecta-das poderase adecuar as parellas de traballo á hora do desenvolvemento das prácticas en equipo, graduar o nivel de dificultade de ditas actividades e prestar unha atención máis indi-vidualizada a aqueles alumnos/as que amosen máis carencias á hora de asimilación de con-tidos..

Page 18: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 16

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

6. ELEMENTOS TRANSVERSAIS:

Dos elementos transversais que sinala o Decreto 86/2015 do 25 de xuño no que se estable-

ce o currículo do bacharelato, na materia de TIC traballaremos especialmente as tecnoloxías

da información e da comunicación, a comunicación audiovisual, a comprensión lectora, a

expresión oral e escrita, o emprendemento e a educación cívica.

Page 19: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 17

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Non está previsto realizar actividades complementarias nesta materia.

Page 20: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 18

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

8. MÍNIMOS ESIXIBLES

8.1 MÍNIMOS ESIXIBLES PARA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICA-CIÓN I (TIC I 1º BAC)

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA Tecnoloxías da Información e a Comunicación I (TIC I 1º BAC)

Bloque 1. A sociedade da información e o computador

Diferenza entre información e coñecemento.

Coñece a importancia das TIC na sociedade actual e futura.

Bloque 2. Arquitectura de computadores

Identifica as partes dun computador.

Describe as interconexións do Hardware e do computador.

Diferenza entre os tipos de dispositivos de almacenamento masivo usados habitualmente.

Coñece o nome dos tipos de memoria instalados nos computadores.

Instala sistemas operativos e programas de aplicación para a resolución de problemas en computadores persoais.

Bloque 3. Software para sistemas informáticos

Deseña bases de datos sinxelas.

Elabora informes de texto que integren texto e imaxes.

Elabora presentacións que integren texto, imaxes e elementos multimedia.

Resolve problemas que requiran a utilización de follas de cálculo.

Deseña elementos gráficos en 2D e 3D

Realiza pequenas películas integrando son, vídeo e imaxes.

Bloque 4. Redes de computadores

Recoñece os elementos dunha rede e coñece os seus dispositivos.

Recoñece os cables de rede.

Coñece as vantaxes e inconvenientes dos distintos modelos de conexión con fíos e sen fí-

os.

Coñece as vantaxes e desvantaxes dun sistema OSI.

Bloque 5. Programación

Coñece as bases da programación.

E capaz de escribir un pequeno programa.

Coñece unha linguaxe de programación.

Realiza un programa sinxelo.

Page 21: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 19

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

8.2 MÍNIMOS ESIXIBLES PARA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICA-CIÓN II (TIC II 2º BAC)

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA Tecnoloxías da Información e a Comunicación II (TIC II 2º BAC)

Bloque 1. Programación

Explica as estruturas de almacenamento para diferentes aplicacións tendo en conta as

súas características.

Elabora diagramas de fluxo de mediana complexidade usando elementos gráficos.

Elabora programas de mediana complexidade escribindo o código correspondente.

Descompón problemas de certa complexidade en problemas máis pequenos susceptibles

de seren programados como partes separadas.

Obtén o resultado de seguir un programa escrito nun código determinado, partindo de de-

terminadas condicións.

Optimiza o código dun programa dado aplicando procedementos de depuración.

Selecciona elementos de protección de software para internet relacionándoos cos posibles

ataques.

Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques ex-

ternos para unha pequena rede,

Clasifica o código malicioso pola súa capacidade de propagación, indicando sobre que elementos actúa.

Bloque 2. Publicación e difusión de contidos

Deseña páxinas web e blogs con ferramentas específicas (blogger).

Elabora traballos utilizando as posibilidades de colaboración que permiten as tecnoloxías

baseadas na web 2.0

Explica as características relevantes da web 2.0 e os principios en que esta se basea.

Bloque 3. Seguridade

Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques ex-

ternos para unha pequena rede, considerando tanto os elementos de hardware de protec-

ción como as ferramentas de software que permiten protexer a información

Elabora programas de mediana complexidade utilizando contornos de programación como scratch e JavaScript

Page 22: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 20

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

9. CONTIDOS, CRITERIOS, ESTÁNDARES E COMPETENCIAS CLAVE.

Page 23: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 21

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 24: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 22

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 25: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 23

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 26: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 24

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 27: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 25

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 28: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 26

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 29: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 27

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 30: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 28

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

Page 31: IES As Fontiñas - edu.xunta.gal€¦ · De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07 1. OBXECTIVOS DE ETAPA. a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva

INFORMACIÓN BÁSICA da Programación Didáctica - Curso 2019-2020 29

IES As Fontiñas / Depto. De Matemáticas / BRAIS_BORRADOR1920_BAC2C_TIC2 25-09-2019 07

10. SECUENCIACIÓN.

TIC I:

UD1: Software para sistemas informáticos. 1ª Avaliación. UD2: A sociedade da información e o computador. 2ª Avaliación. UD3: Arquitectura de computadores. 2ª Avaliación. UD4: Redes de computadores. 3ª Avaliación. UD5: Programación. 3ª Avaliación.

TIC II:

UD1: Seguridade. 1ª Avaliación (até 21/11/2019).

UD2: Publicación e difusión de contidos. 2ª Avaliación (até 20/02/2020).

UD3: Programación. 3ª Avaliación (até 18/05/2019).