IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

30
O tesouro dos nosos avós O tesouro dos nosos avós

description

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

Transcript of IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

O tesouro dos nosos avósO tesouro dos nosos avós

Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Entrevista a:Concepción González Santiago

(Concha)86 anos

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Temas a tratar:

• Presentación

• O ano 36

• Canción ós soldados• Unha aventura da infancia• A relixión naqueles tempos• A comida

• A roupa

• A escola

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

• A busca do traballo no estranxeiro

• As labores

• O home da súa vida• A voda• A casa

• Conclusión

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Presentación:“Eu son Concha,teño seis irmáns, eramos

dúas mulleres e catro homes.Tres foron a Francia para traballar, pero non casaron ningún alá, viñeron despois a casar aquí ao noso pobo. Un xa faltou e os outros aínda viven todos… Esta é a finada da miña nai Avelina e máis meu pai Lorenzo e un fillo, Eusebio…”.

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

O ano 36:“No 36, cando foron os soldados, viñeron para aquí un batallón, a máis

moitos presos de alá da gherra e estaban no colexio dos Jesuítas da Pasaxe e alí había uns poucos de soldados e os outros estaban aquí enriba nos pinares (enfronte da Sangriña) co batallón cos cabalos. Facíanlle a corte con madeira e tiñan outro anaco eles que era donde durmían, aí estaba a maioría. Logho tres soldados casaron aquí en Salcidos e un sarxento casou na Ghuardia.”

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“Din que viñera, Franco non, un Lerroux aí nuns avións pero eu non o vin..”

“Sabíamos cando había fusilamentos, xa non saíamos da casa por se acaso, houbo fusilamentos por varias veces, sabíase porque escoitábase o tiro da escopeta, pero nós non miramos nada, os fusilamentos eran donde está a cruz da Sangriña, que vai un camiño de Salcidos, pois alí era un anaquiño había unha cova que quitaran terra e naquela cova era donde se fusilaban.”

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“Non era xente da Ghuardia aínda que lle tocaron a alghún daquí pero era xente de fóra que traían nos avións ou en camións e logho fusilábanos e enterrábanos no cemeterio da vila, aghora hai un monumento e alí foi donde fora o enterro, facían un reghueiro e enterrábanos alí e máis enterraron outros da parte de fóra do cemeterio que creo que aghora xa os meteron dentro, estaban na parte de fóra nunha leira. Eu tiña 14 anos cando pasou iso”

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“Naquel tempo non había baile, non había festa niñunha,solo que na Pasaxe había un bar, unha tenda...e había alí un vello que tocaba o acordeón, pagharíanlle e entón tocaba o acordeón o domingo á tarde e íamos a Pasaxe bailar cos soldados,eran os mozos que había, porque aquí os do pobo estaban polo mundo adiante tamén, e senón bailábamos unhas con outras pero senón cos soldados.”

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Canción ós soldados:

En la bajada del monte

hay un pequeñito pueblo

donde viven los soldados

de grande talento y celo.

Los soldados que hay en la Guardia

son muy dignos de alabar

porque prestas buen servicio

a nuestra España nacional.

Viva jefes y oficiales de este noble batallón

que se encuentra aquí en la Guardia

que Dios le eche su bendición.

Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“Esta canción cantábamola ós reis e despois botábamoslle esta canción ós soldados na taberna. Nós dábamoslle bombo a aquela xente e logho pasábamos a bandexa ou as panderetas para que nos botaran algho de cartos..”

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Unha aventura da infancia:

“Fixeron un campo de aviación na Canosa, noterreno que hai no río e viñan moitos avións,viu ata un de tres hélices, un trimotor, logho veu outro que era ighual que o coche de liña, tiña un corredor polo medio, pois era idéntico, pero nós estábamos fóra na ribeira,un bando de raparighas, con que colleu aquela xente e marchou toda e ao marchar toda como aquel avión era diferente pois fomos ver, ao cheghar alí estaba a porta aberta,entón entramos a dentro, sentámonos nos asentos, agharrámo-la man donde se levaban agharradas, andamos por dentro ata que cheghamos áa cabina do motor.

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Ao cheghar alí levantouse un home...(risas)...con camisa branca,unha camiseta e para saír pola porta para fóra o bando que éramos...a camullazo tirado(expresión)..(risas)..só se o avión arranca íamos en avión, pero como non arrancou non puidemos ir, non fun nunca en avión..ao cheghar á casa os meus pais unha corrida, unha tunda, porque logho foron buscarnos, non estábamos no ghado(gando), o ghado apareceu pero nós non estábamos, a cuadrilla de xitanas, aparecemos e despois a miña nai deume unha tunda cunha zapatilla..(risas)..por ir donde non nós pertencía porque tamén puido dar unha arrancadela ainda que fose para ir e vir e nós que faríamos?nós chorar a ghritos porque eramos unhas chavalas de 9 anos, por aí teríamos, así que íamos facer?nada, estábamos a facer bobadas e ao cheghar á casa...zapatilla!”

Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A relixión naqueles tempos:

“A relixión era moi cristiá. No mes de Maio, na igrexa, bendecían as flores de Maio, ou oracións ou rosarios todo o mes… íase á igrexa tódolos domingos..Rezábamos na igrexa, unicamente que logho íamos rezar, xunto a xente, ao monte de Sta.Tegra o Vía Cruces e íamos alí rezar o rosario e xa rezábamos polo camiño arriba, e logho enriba rezábamos o Vía Cruces. Eu fun moito,ghústabame ir, o que aghora non podo ir, fun bastante, íamos ao mellor sete ou oito mulleres e nos días propios que hai Jubileu había misa entón íamos máis cedo para estar á misa”

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A comida:

“O principal alimento era caldo, feito cun anaco de touciño, algho de porco, unhas patacas, feixóns e logho pan de millo. O pan de millo era o que facíamos no forno na casa. Non tiñamos muíño, íamos ao Rosal a moelo, nos muíños de aghua de Sandián, nós íamos deixarlle os sacos e íamos buscar alí a fariña. Tamén hai aquí en baixo un muíño, pero só moía de inverno porque en verán non viña aghua...”

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“Íase moito durmir á porta dun que vendía pan nunha panadería á noite.”

“No noso terreno plantábamos de todo, unicamente é que non había tractor, maquinaría para traballar o terreno, traballábase a man coa aixada, só había bois para labrar fincas ghrandes no tempo da sementeira, que traían alugados de fóra, Loureza para diante, o que tiña cartos para pagharlle ao amo dos bois, do resto nada, nós a man todo..tíñamos vacas pero non facían o traballo dos bois, botábamolas a pastar que fosen a ghanar co dente a ribeira donde logho ían os avións.”

Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A roupa:

Non tíñamos moita roupa, só a necesaria, nada máis. Había contrabando con Portughal, eu fun unha vez buscar tea para unha bata e cando cheghei a fóra os carabineiros sacáronma, porque estivera ao pé dos barcos portugheses e miña nai quedou sen cartos e eu sen bata. Cruzábamos a pé na parte de acá e logho estaba este baldío que hai e logho está o río ghrande que era donde estaban os barcos..

Page 18: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“E para facer un vestido fun para porta dun comercio da Ghuardia toda a noite, pola mañá cando abriron a porta eu fun das primeiras e miña nai tocoulle un lote e a min tocoume un vestido e fixéranos un para o Pilar, era de tea como de servilleta de cuadriños, así leves, fun para o Pilare cun lazo escarranchado detrás no cu, a matar, máis chea que un ovo choco co meu vestido novo..Fun moito tempo, un ano ou dous, non había teas e entón viñan remesas cada dous meses ou tres meses e aquilo había que repartilo para os clientes e había que coller vez para ver se tocaba, a porta toda a noite, a miña nai ía pola mañá ás 9 para coller o lote que lle tocara e máis para pagar os cartos, eu fun para alí a durmir a porta..”

Page 19: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A escola:

“Eu só fun ata os 5 ou 4 anos, houbo quen foi máis, despois non había escola pública, había que paghala ao mes..Os meus irmáns foron máis porque logho xa había escola pública máis tarde e xa foron ata 10 ou 12 anos...”

Don Sabino e a súa casa escola no Castro

Page 20: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A busca do traballo no estranxeiro:

“Meu pai estivo no Brasil de solteiro, despois veu, namorouse, marchou e volveu do Brasil para casar, volveu e estivo alá 5 anos e despois veu e volveu a marchar, foi 3 ou 4 veces para o Brasil, despois encheuse de estar alá e volveu e logho despois de casado de moito tempo traballou na montaña de Santiagho nunha telleira..”

Page 21: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

“Nunha das viaxes nacín eu, doutra viaxe naceu Avelino e doutra viaxe Odila, e despois viu definitivo e aínda naceron estes tres peregrinos, o pequeno naceu no ano da gherra, no 36, o resto xa eramos ghrandes.”

ConchaEusebio

Odila

Avelino

EugenioFelipe

Page 22: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Estes son os seus irmáns Avelino, Eugenio e Eusebio, que era o máis pequeno de tódolos irmáns, os que emigraron a Francia en busca de traballo.

Os outros dous irmáns, Felipe e Odila, quedaron en Salcidos. Felipe atopou un traballiño como carpinteiro na aldea.

Co paso do tempo volveron para Galiza e asentáronse aquí, pero Eugenio decidiu, despois de casar, marchar cara Alemania.

Page 23: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

As labores:

“Íamos ao mar apañar arghazo e poñelo a secar e logho para riba da cabeza, cambiabamos a roupa e poñíamos outra porque ao saír da aghua estaba mollada, despois de seca-lo arghazo traiámolo seco e despois para abonar as patacas.”

“Eu era a maior dos irmáns e entón tiña que coidar deles.”

Page 24: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

O home da súa vida:

Chamábase Manuel. Naceu no 1912. Participou na Guerra Civil no bando dos falanxistas.

Foi o home co que tivo 4 fillos e estiveron casados 53 anos, ata que morreu os 87 anos no 1999.

“O avó traballaba na estrada de camiñeiro, a limpar as cunetas e abrírlle os buracos e limparlle a terra e a herba.”

Page 25: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A voda:

Da voda non podo dicir nada, o meu vestido era escuro, era azul escuro case coma neghro, levaba unha chulapona que se puña na cabeza cunha mantilla, un ramo de flores e así foi o casamento, foi na igrexa de Salcidos e Don Martín foi o abade que nos casou, eu tiña 24 anos e o avó 34, levábame 10 anos.

Page 26: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A casa:“Esta casa comprámola nós.

Na casa nova a que naceu foi a túa nai, os outros xa os tiñamos nacidos donde nos vivíamos na casa vella dos meus pais en Salcidos, esta é de despois de casar.

Casa nova no 1999

Page 27: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

A outra casa non nos custou nada e esta tivemos que comprar a leira, o terreo todo e foi ben caro, era a 6 pesetas o metro, eu o único que fixen foi botar area con cabalos para casa toda, a acarrexar area dende a ribeira, donde é o camping, os meus fillos eran pequenos escarranchados cun saco entre as pernas enriba do cabalo, enriba da albarda e os cestos aos lados e acarrexábamos para casa.”

Page 28: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

Conclusión:

Con esta entrevista conseguín pasar máis tempo coa miña avoa, coñecín a súa infancia, aínda que leva toda a miña vida contándome a min e ao resto dos netos algunhas destas pasaxes da súa vida, son vivencias contadas de primeira man que nós nunca poderemos vivir e que para min son de especial interese persoal, xa que me gusta moito coñecer como foi a súa infancia e así poder comparala coa miña. Ela viviu grandes momentos nos que puido pasar moito medo pero, agora, cando as conta esgalla coa risa...

Page 29: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

O único que me faltou foi algunhas das cancións que ela cantaba entre outras historias, porque tivo un problema de saúde que lle provocou algunha que outra perda de memoria e agora non recorda ningunha.

En resumo, este traballo gustoume moito facelo, ademais de que disfrutei facéndoo.

Page 30: IES A Sangriña (A Guarda) – A emigración (CD1)

FIN