HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser...

25
1 HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA INTRODUCIÓN Nacida coma unha humilde cidade-estado, Roma aproveitará ao máximo as súas vantaxes xeográficas, as súas fortalezas políticas, sociais, económicas e militares, expandíndose territorialmente fóra do Lacio. Unificará Italia e todos os países que rodean o Mar Mediterráneo, formando o último e mellor organizado imperio da Antigüidade; neste proceso difundirá por todas as súas provincias a cultura latina mesturada coa grega e helenística, y botará os alicerces da futura Civilización Occidental. A tradición clásica expresa que a cidade foi fundada no 753 a. C. na beira do Río Tíber por dous personaxes lendarios fillos de Rea Silvia e do deus Marte; estes dous nenos, foron abandonados na beira do Tíber, onde foron aleitados por unha loba chamada Luperca (loba capitolina, símbolo de Roma) e despois criados por uns pastores que os tomaron como fillos propios. No mesmo lugar onde foron criados pola loba, fundaron unha cidade. Máis tarde, Rómulo matou ao seu irmán Remo por unha disputa polo custo da entrada á cidade, que foi daquela chamada Roma (cidade de Rómulo). En realidade, o que se sabe é que Roma foi aparecendo en forma progresiva pola instalación de tribos latinas no área dos sete outeiros, a partires da aparición de pequenas aldeas nos seus cumios, que remataron por fusionarse nunha soa comunidade arredor do século XI-VIII a.C. Segundo a historiografía contemporánea, a antiga tradición romana de atribuír a fundación a un único personaxe coma Rómulo resulta non verosímil; máis histórica é a figura do rei etrusco Lucio Tarquinio Prisco quen lle deu a Roma unha verdadeira fisionomía de cidade grazas ao seu labor de urbanización a finais do século VII a.C. ETAPAS HISTÓRICAS A MONARQUÍA (753-509 a.C.) A monarquía romana (Regnum Romanum en latín) foi a primeira forma política de goberno da cidade-estado de Roma, e durou desde o momento lendario da súa fundación no 753 a. C., ate a fin da monarquía coa expulsión do último rei, Tarquinio o Soberbio, a finais do 510 a. C., o que levou á instauración da República Romana.

Transcript of HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser...

Page 1: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

1

HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA

INTRODUCIÓN

Nacida coma unha humilde cidade-estado, Roma aproveitará ao máximo as súas

vantaxes xeográficas, as súas fortalezas políticas, sociais, económicas e militares,

expandíndose territorialmente fóra do Lacio. Unificará Italia e todos os países que

rodean o Mar Mediterráneo, formando o último e mellor organizado imperio da

Antigüidade; neste proceso difundirá por todas as súas provincias a cultura latina

mesturada coa grega e helenística, y botará os alicerces da futura Civilización

Occidental.

A tradición clásica expresa que a cidade foi fundada no 753 a. C. na beira do Río Tíber

por dous personaxes lendarios fillos de Rea Silvia e do deus Marte; estes dous nenos,

foron abandonados na beira do Tíber, onde foron aleitados por unha loba chamada

Luperca (loba capitolina, símbolo de Roma) e despois criados por uns pastores que os

tomaron como fillos propios. No mesmo lugar onde foron criados pola loba, fundaron

unha cidade. Máis tarde, Rómulo matou ao seu irmán Remo por unha disputa polo custo

da entrada á cidade, que foi daquela chamada Roma (cidade de Rómulo).

En realidade, o que se sabe é que Roma foi aparecendo en forma progresiva pola

instalación de tribos latinas no área dos sete outeiros, a partires da aparición de

pequenas aldeas nos seus cumios, que remataron por fusionarse nunha soa

comunidade arredor do século XI-VIII a.C.

Segundo a historiografía contemporánea, a antiga tradición romana de atribuír a

fundación a un único personaxe coma Rómulo resulta non verosímil; máis histórica é a

figura do rei etrusco Lucio Tarquinio Prisco quen lle deu a Roma unha verdadeira

fisionomía de cidade grazas ao seu labor de urbanización a finais do século VII a.C.

ETAPAS HISTÓRICAS

A MONARQUÍA (753-509 a.C.)

A monarquía romana (Regnum Romanum en latín) foi a primeira forma política de

goberno da cidade-estado de Roma, e durou desde o momento lendario da súa

fundación no 753 a. C., ate a fin da monarquía coa expulsión do último rei, Tarquinio o

Soberbio, a finais do 510 a. C., o que levou á instauración da República Romana.

Page 2: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

2

Aínda que as orixes da cidade son

imprecisas, o que parece claro é

que a monarquía foi a súa primeira

forma de goberno, dato que

parecen ter confirmado tanto a

arqueoloxía como a lingüística. A

mitoloxía serodia romana vincula a

orixe de Roma e da institución

monárquica ao heroe troiano Eneas, quen, fuxindo da destrución de Troia, a súa cidade,

navegou cara o Mediterráneo occidental ate chegar ao territorio do Lacio, no centro da

Península Itálica. Alí fundou a cidade de Lavinium; posteriormente o seu fillo Ascanio

fundaría Alba Longa, de cuxa familia real descenderían os xemelgos Rómulo e Remo,

os fundadores de Roma.

Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos

etruscos. Este pobo deulle a Roma un selo cultural indeleble e fixo medrar a cidade.

Os etruscos legaron aos romanos os seus coñecementos de enxeñería, a súa arte e o

uso do alfabeto (que á súa vez adaptaran dos gregos). Nesta época Roma foi gobernada

por unha serie de reis de orixe etrusca, sendo Servio Tulio (s. VI a. C.), o máis notable

deles, xa que dotou á cidade de importantes institucións sociais e circundou a cidade

dunha defensa amurallada que se mantivo durante séculos (as murallas servianas).

O último rei etrusco foi o xa nomeado Tarquinio o Soberbio, alcumado así por portarse

coma un verdadeiro tirano, cuxos abusos provocaron a revolución da nobreza romana

no 509 a. C., que expulsou aos etruscos e fundou a República.

Desta dominación etrusca Roma saíu convertida nunha cidade-estado semellante ás

poleis gregas. Andando o tempo, Roma habería de converterse nun estado territorial.

A REPÚBLICA (509-27 a.C.)

Sería este o período de expansión da cidade de Roma, primeiro pola Península Itálica,

logo polo Mediterráneo Occidental e, por último, polo mundo helenístico.

Durante esta época a cidade estaba rexida por un sistema de goberno executado por

maxistrados elixidos por unha asemblea de cidadáns, no contexto dun estado de dereito,

aínda que toda a acción política sempre quedaba baixo a supervisión do Senado

romano.

Page 3: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

3

GOBERNO E SOCIEDADE

Unha característica do cambio de sistema político dunha monarquía a unha república

foi que a administración da cidade e dos seus distritos rurais pasou a ser regulada polo

dereito de apelar ao pobo contra calquera decisión dun maxistrado no concernente á

vida ou ás leis ( o que coñecemos como dereito xurídico).

A República romana non tiña unha constitución política escrita, o que lle daba á súa

aplicación das leis un carácter máis ben de Dereito consuetudinario, é dicir, o seu

ordenamento e funcionamento estiveron ditados polos usos e costumes da clase patricia

fundadora e de acordo cos seus intereses oligárquicos.

A administración executiva quedou dotada de imperium ou poder omnímodo, o cal tiña

unha orixe relixiosa que arrancaba del propio deus Xúpiter. Os maxistrados dotados de

imperium —cónsules, pretores e, eventualmente, os ditadores— só o exercían extra

pomoerium, é dicir, fóra das murallas de Roma. En consecuencia, tiña un carácter

esencialmente militar. Na cidade, mentres exercían as súas funcións civís, os

maxistrados estaban sometidos a limitacións legais e controis mutuos.

Nesta etapa o goberno da cidade estivo en mans das clases máis ricas e nobres. Roma

nunca chegou a ser unha democracia como Atenas, xa que as clases populares tiñan

escasa cultura cívica e sempre delegaban na nobreza (os patricios) a solución dos

asuntos da cidade. A República mantivo sempre un goberno oligárquico e plutocrático.

Aquelas veces nas que o pobo tentou, acaudillado por algún líder carismático (saído

sempre da aristocracia) dobrar o brazo da nobreza, saíu derrotado por completo1.

No comezo da República, só os patricios tiñan dereitos cidadáns e formaron unha serie

de asembleas que elixían os diversos cargos de goberno. Estas asembleas eran os

comicios e elixían as maxistraturas de goberno que eran anuais: os dos cónsules (que

ostentaban o Poder Executivo e dirixían o exército), e outras maxistraturas (pretores,

censores, etc). Xunto aos comicios había un poderoso corpo de goberno, o Senado. Era

este unha asemblea formada polos patricios máis importantes de Roma e era a

institución que verdadeiramente gobernaba a cidade, sobre todo en materia de política

exterior. Os seus membros non se elixían polo pobo, senon que ingresaban por dereito

propio e eran vitalicios. A soberanía do Senado e os Comicios quedaba expresada na

1 Tal foi o resultado da tentativa dos irmáns Graco, Tiberio e Caio, a finais do século II a.C., de conseguir un mellor reparto das terras conquistadas entre os cidadáns menos favorecidos para renovar a clase de pequenos propietarios agrícolas. Ámbolos dous irmáns resultaron mortos no intento, o un asesinado e o outro chegando ao suicidio.

Page 4: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

4

tradicional fórmula que aínda hoxe figura no escudo de Roma: SPQR ("Senatus

Populusque Romanus": o Senado e o pobo romano).

Por embaixo dos patricios na escala social atopábanse os plebeos. Estes, que nun

comezo eran de orixe estranxeira, se dedicaban á artesanía, a agricultura, o comercio

e aos servizos en xeral, non tiñan dereitos cívicos. Polo xeral, recoñecíanse como

clientes dalgún patricio: os plebeos recibían protección a cambio de servizos. A situación

social iría cambiando co paso dos tempos. As necesidades defensivas de Roma

obrigaron aos patricios a admitir no exército aos plebeos, e logo a outorgarlles dereitos

cívicos. Os plebeos obtiveron o dereito ao voto nos comicios e o dereito a ser elixidos

para as diversas maxistraturas. Desta forma foron acadando a igualdade política. A

finais do século V a. C. os plebeos máis ricos e destacados puideron ingresar no

Senado.

A mediados do século IV, estas desigualdades políticas entre os romanos

desapareceran, pero seguían a existir diferenzas sociais e económicas, que a longo

prazo non só non se superaron senón que se agudizarían aínda más.

Esa mestura dos plebeos máis ricos cos antigos patricios deu lugar a unha nova

aristocracia: a chamada aristocracia patricio-plebea ou optimates. Esta clase será a que

gobernará Roma ata a fin da República.

Progresivamente Roma irá facendo

extensiva a cidadanía aos habitantes das

terras conquistadas.

Na etapa final da República a situación

social deteriorárase bastante: as guerras

de conquista produciron grandes

mortandades entre los pequenos

propietarios que formaban o groso das

lexións; a súa pobreza aumentou aínda máis debido ao acaparamento das terras

agrícolas italianas por parte da aristocracia e polo aumento explosivo da escravitude.

Os plebeos pobres, despoxados das súas terras, convertéronse nunha masa ociosa e

chea de vicios que se concentrou nas cidades coñecida como el proletariado.

Estes proletarios vendían o seu voto aos aristócratas e ricos de Roma que participaban

na política. Os patricio-plebeos que ocupaban o Senado, así como os seus parentes,

terminaron por formar unha clase aínda máis pechada cerrada que acaparou o goberno

e as mellores terras, conformando así la clase senatorial de finais da República.

Page 5: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

5

Por enriba dos proletarios formouse unha clase enriquecida no comercio e nas guerras:

os cabaleiros ou orde ecuestre. Foron o verdadeiro contrapoder á clase senatorial e non

deixarán de tentar influír nas decisións políticas de Roma.

O poder militar de Roma e a expansión territorial

A Roma republicana foi un estado guerreiro. A base do seu poder foron as lexións

romanas. Durante a época republicana, as lexións eran unidades semellantes aos

rexementos actuais de infantería formadas por cidadáns-soldados e apoiadas por

corpos auxiliares; moi flexibles, as lexións foron a máis eficiente forza militar da

Antigüidade, superando, incluso, ás falanxes macedonias. As necesidades de asegurar

as súas fronteiras, conquistar novas terras para instalar aos seus cidadáns e dedicalas

á agricultura, defender aos seus aliados, expandir o seu comercio, ou a simple gloria

militar, incitaron aos romanos á expansión xeográfica. Isto converteu á cidade nun

estado territorial e logo nun vasto imperio.

A expansión sobre a península Itálica

No comezo da súa expansión pola península itálica, esta carecía de unidade en todos

os sentidos. Unha serie de pobos -os itálicos- balizábana de norte a sur. Roma

emprendeu longas campañas militares contra estes pobos, derrotándoos e

incorporando os seus territorios ao Estado; pero á vez estableceu sólidas alianzas

políticas e militares con eles, o que permitiría a súa futura fusión. En primeiro lugar, os

romanos invadiron a Etruria, e, dirixidos polo ditador Camilo, fixéronse donos da cidade

de Veies (395 a. C.) logo dunha longa guerra de dez anos.

Sen embargo, pouco despois, tanto o exército (derrota de Alalia, 387 a.C.) como a

cidade de Roma víronse severamente danados por unha invasión gala, comandada polo

rei Brenno. Os romanos conseguiron afastar esta invasión logo de pagar un forte

rescate. Este pago tivo dúas consecuencias: por unha banda levou a Roma a

reorganizar o seu exército, e pola outra, un forte cuestionamento da hexemonía romana

no Lacio, o que levou a Roma a facer valer a súa forza no territorio.

A Liga Latina foi vencida (338 a. C.) pero foi máis longa e dura a loita contra as tribos

samnitas da Campania; logo dunha serie de campañas, con vitorias e derrotas por

ámbolos dous lados, o cónsul Curio Dentato obtivo a submisión do Samnio (primeiros

anos do século III a.C.).

É logo destes trunfos no norte –Etruria- e no sur –Samnio- cando Roma na súa

expansión, enfrontouse coas ricas cidades gregas do Sur de Italia e, a pesares de que

contaron coa axuda do exército de Pirro, rei do Epiro, Roma conseguiu, a pesares de

Page 6: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

6

ser derrotados en Ausculum e Heraclea, conquistalas, pasando a ser a forza

hexemónica en toda a península a mediados do século III a. C.

O control do Mediterráneo Occidental: as guerras púnicas

Logo do control da Península Itálica, a expansión territorial romana fíxose moito máis

pronunciada durante a segunda metade do século III e case todo o século II a.C. Este

período foi brillante desde o punto de vista militar, sen embargo a sociedade romana

sobre todo cara o final desta etapa volveuse fráxil e inestable, o número de escravos e

de plebeos pobres medraba cada ano e os habitantes dos pobos conquistados estaban

cada vez máis descontentos debido ás grandes esixencias da capital en canto a xuros,

o pobo desexaba igualdade entre os cidadáns.

Militarmente a República Romana neste período veuse marcada polo conflito armado

con Macedonia e sobre todo con Cartago a gran potencia naval do Mediterráneo. É

cando comezaron unha serie de conflitos con esta cidade denominados Guerras

Púnicas. Tres enfrontamentos que rematarían por decidir a supremacía no mundo

Mediterráneo.

Primeira guerra púnica (264-241 a.C.)

A primeira guerra estoupou en Sicilia, a illa

estaba habitada por colonias gregas aliadas

da República Romana, nos seus límites

orientais, e asentamentos cartaxineses na

parte occidental da illa. A participación

directa de Roma no conflito orixinouse na

petición de axuda da colonia grega de

Mesina, situada no promontorio siciliano

máis próximo a Italia. O reclamo dos

habitantes de Mesina non se sabe si foi máis por temor aos cartaxineses ou aos seus

veciños gregos de Siracusa, pero o certo é que o conflito pronto derivou a un

enfrontamento directo entre Roma e Cartago.

Os romanos rescataron axiña Mesina do cerco de Cartago, a facilidade coa que se

produciu este movemento militar da a entender que os oficiais cartaxineses aceptaron

os termos romanos sen opoñer moita resistencia nin trazar unha estratexia. Este feito

trouxo consigo a crucifixión por incompetencia do comandante da guarnición de Cartago

en Mesina.

Page 7: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

7

Durante os anos 262 y 261 a.C., as tropas romanas avanzaron sobre Sicilia e capturaron

Agrigento logo dun prolongado sitio. Pero a súa conquista non constituíu unha vantaxe

convincente sobre os cartaxineses, cuxo dominio marítimo lles permitiu recuperar

rexións costeiras de Sicilia e incluso saquear asentamentos costeiros de Italia.

Como resultado disto, no 260 a.C., o Senado da República tomou unha decisión

transcendental: Cartago sería desafiado no seu propio terreo e Roma, ata ese momento

poderosa so por terra, comezaría a armar unha flota competitiva.

A primeira armada romana (260-255 a.C.)

Como parte das escaramuzas de apertura da Primeira Guerra Púnica, os romanos

lograron capturar un barco de guerra de Cartago que quedara encallado. A nave era

unha quinquerreme de recente introdución nas armadas do Mediterráneo e, como indica

o seu nome, posuía cinco bancos de remos, con capacidade para 300 remeiros, o que

a facía máis grande e pesada que as coñecidas ata entón, tiradas por tres bancos de

remos.

O tamaño dos barcos era de

vital importancia nas

batallas marítimas, polo que

os romanos comezaron a

construír os seus buques

baseándose no capturado.

Polo tanto a primeira

armada romana nacería integrada por potentes barcos, superiores aos seus homólogos

doutras mariñas da rexión. O Senado dou orde de construír 100 coma o atopado nun

prazo de dous meses, moi pouco tempo, pero asombrosamente a orde foi cumprida.

Algúns remeiros habilidosos, dos aliados de Roma arredor das costas de Italia, estaban

dispoñibles para integrar as tripulacións dos novos barcos, pero aínda así se precisaba

de máis de 30 mil homes para botar a andar todos os navíos. Unha vez seleccionados,

foron preparados en terra o máis axiña posible, pero con todo, capacitar a tantos homes

para a loita man a man no mar contra a armada máis poderosa ata ese momento, non

era tarefa doada. De aí que os romanos puxeran as súas esperanzas nun dispositivo

probado levemente na guerra naval grega, aínda que sen moito éxito. Ese dispositivo

estaba deseñado para proporcionar aos soldados, adestrados en lexións, unha

plataforma máis estable desde a que atacar.

Page 8: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

8

En esencia era unha ponte levadiza, unida ao barco, que permitía ser liberado e tendido

cara a nave contra a que se loitaba. Na súa parte inferior, tiña un punto de metal que

perforaba e se ancoraba á cuberta da nave rival, facilitando a abordaxe das tropas

romanas. Chamado corvus (o corvo) polos romanos sería un instrumento que axudaría

en diversas vitorias navais.

A primeira vitoria romana foi un duro golpe para os de Cartago, que contaban con trinta

barcos máis ca os romanos. Foi en Milas, actual Milazzo, a unhas poucas millas ao

oeste de Mesina, no ano 260 a.C.. O corvos posibilitaron aos romanos destruír 50

buques cartaxineses, o que bastou para que o resto da flota cartaxinesa entrara en

pánico.

Co éxito Roma gañou confianza no mar e ordenou a construción masiva de máis barcos

para conformar unha armada capaz de retar a Cartago no seu propio territorio. Estivo

lista para o año 256 a.C.. Estaba integrada por 250 quinquerremes, 30 mil mariños, 80

barcos de transporte con 500 unidades de cabalería, comida e subministracións para

todo o exército.

Esta forza foi quen de derrotar a outra flota cartaxinesa antes de desembarcar de

maneira segura en terras africanas, onde tamén tivo trunfos temperás na Primeira

guerra. Sen embargo, os elefantes de Cartago e a súa cabalería inflixiron una dura

derrota aos romanos no ano 255 a.C., da que so dous mil homes puideron escapar.

Por iso, outra vasta flota de 350 naves foi enviada desde Roma a terras inimigas. Tamén

obtivo unha importante vitoria no mar, pero na viaxe de retorno unha tormenta

esnaquizouna ao estrelar os barcos contra as rochas da costa do sur de Sicilia. Do

temporal só puideron librarse e regresar a casa con danos severos 80 naves.

Sicilia, Sardeña e Córsega – 255-238 a.C.

A enorme perda de vidas no temporal en Sicilia (preto de cen mil entre remeiros e

soldados), reduciu o entusiasmo romano polas campañas marítimas. De acordo con iso,

trasladaron o conflito a Sicilia, onde desenvolveron unha longa guerra de desgaste.

De maneira gradual, os romanos foron cortando as rotas de subministración dos pobos

cartaxineses, o que xunto coa vitoria naval de Trapani (241 a.C), no estremo noroeste

da illa, permitiu aos romanos consolidar o seu dominio na guerra. Como consecuencia

disto, o comandante das tropas de Cartago foi crucificado e o goberno derrotado

accedeu a negociar a paz.

Page 9: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

9

Por medio do acordo, Cartago cedeu os

seus territorios de Sicilia a Roma e

pagou unha gran indemnización de

guerra. De igual forma,

comprometeuse a que ningún barco de

guerra da súa propiedade ingresaría en

augas itálicas. Desta maneira, ningún

dos dous poderes interferiría nos

territorios do outro. Sen embargo, axiña

quedou en evidencia que Roma no tiña intención de respectar a súa parte do acordo.

Cando, en 238, estoupou unha rebelión en Sardeña, outra illa cartaxinesa, Roma enviou

un exército para asistir aos rebeldes. Como resultado, a illa pasaría a dominio romano

no año 227 e se converteu, tras Sicilia, na segunda provincia de Roma. Coa el fin deste

conflito e o seu acordo final, que incriblemente incluíu outra indemnización de Cartago,

Córsega, nominalmente cartaxinesa, foi traspasada tamén a Roma.

Segunda Guerra Púnica (218-201 a.C.)

O camiño cara a guerra

Expansión cartaxinesa na Península Ibérica (238-218 a.C.)

Coa posesión romana das maiores illas de occidente Mediterráneo, Cartago apuntou os

seus intereses xeopolíticos para compensar as súas perdas cara a Península Ibérica.

Alí comezaron por fundar unha colonia, Cartago Nova.

Conquista cartaxinesa de España

Esta posesión tiña dúas vantaxes para Cartago: un rico porto na costa de España, xusto

fronte a Cartago, e a valiosa proximidade a minas ricas en ouro e prata. Sen embargo,

a presión cartaxinesa por estenderse más ao norte na Península, espertou as alarmas

en Roma que viu tal expansión como unha ameaza para as posesións dos seus aliados

no sur da Galia.

Un tratado firmado por ámbalas partes no 225 a.C. establecía o río Íberus (Ebro) como

a liña limítrofe dos intereses romanos e cartaxineses en España. Era tan ao norte, que

certamente a península ibérica era recoñecida como unha provincia de Cartago.

O avance cartaxinés en España foi vigorosamente executado por unha familia de

talentosos xenerais que practicamente eran os gobernadores hereditarios do territorio.

Page 10: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

10

O primeiro deles foi Amilcar Barca, que morreu en batalla no 228 a.C.. O seu lugar foi

ocupado polo seu xenro, Asdrúbal, asasinado sete años despois.

Asdrúbal foi sucedido polo seu cuñado, un fillo de Amilcar, que tan novo como aos 26

años é proclamado como comandante en xefe do exército de Cartago na rexión. O sei

nome, famoso aínda hoxe, era Aníbal Barca.

O comezo da guerra

Como comandante, Aníbal consolidou a presenza cartaxinesa en España ata o ano 218,

cando Roma forzou unha discrepancia diplomática polo sitio cartaxinés a Sagunto, un

ha cidade bastante ao sur do Íberus que viña ser aliada de Roma. Isto significou o

comezo dun novo conflito entre as dúas potencias.

A guerra desenvolveuse principalmente en dúas frontes. Por un lado a guerra na

Península Ibérica e polo outro a épica marcha de Aníbal a través dos Perineos e os

Alpes para levar a guerra ás portas de Roma.

Marcha de Aníbal sobre Roma

O plan de Roma era facer un dobre ataque sobre os territorios cartaxineses, en Hispania

e no Norte de África, pero quedou sen efecto debido a que Aníbal iniciara a súa

sorprendente ofensiva, cruzando os Perineos e os Alpes con 50000 homes (moitos

deles íberos), 9000 xinetes e 37 elefantes. As loitas e penalidades da expedición

reduciron os efectivos do exército cartaxinés a uns 26000 homes no momento de entrar

en Italia. Mentes, Asdrúbal, irmán de Aníbal, quedou en Hispania coa misión de

defendela contra o ataque dos Escipións.

Con todas as penalidades, Aníbal

conseguiu sobrepasar os Alpes no

outono dese mesmo ano. Pero só

dous meses despois da súa

chegada e logo da derrota romana

en Trebia, o exército cartaxinés

volveu a ver incrementado o

número de efectivos ata os 28.000

infantes e 10.000 efectivos de

cabalería. Este incremento do

número de tropas produciuse pola unión de forzas galas ao exército de Aníbal, que

deixaron de ser leais a Roma ante a debilidade que amosaban as súas lexións.

Page 11: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

11

Lago Trasimeno – 217 a.C.

Logo de invernar en Bolonia, Aníbal desprazouse cara o sur na primavera do 217. En

maio logrou atraer forzas romanas a unha trampa. Nunha mañá de néboa, os romanos

desprazáronse cara unha chaira estreita, xunto ao lago Trasimeno, sen saber que nos

outeiros que rodeaban o lago estaba apostado o exército cartaxinés. Cando este último

atacou, os romanos estaban desprevidos e carentes de defensa.

A emboscada no Trasimeno tinxiu o lago de sangre e máis de 15 mil soldados perderon

a vida, cun saldo moi favorable para o exército de Cartago. O éxito obtido afirmou a

vontade de Aníbal de continuar a súa marcha sobre Roma. Esperaba que os seus

trunfos militares animaran a moitos dos aliados romanos, moitas veces descontentos, a

pasarse ao seu bando.

Batalla de Cannas – 216 a.C.

No 216 produciu a maior vitoria de Aníbal sobre os romanos, unha das batallas máis

famosas da historia. Os dous exércitos atopáronse preto da costa leste de Italia, en

Cannas, unha chaira aberta elixida por Aníbal para que a súa cabalería, que superaba

en número á romana, operase con comodidade.

A táctica de Aníbal nesta batalla aínda é un clásico de estudio de como concentrar ao

inimigo nunha área, para atacalo desde distintos puntos e facerlles perder o sentido da

orde e a uniformidade. A cabalería cartaxinesa esnaquizou as lexións romanas das que

so 10.000 lexionarios lograron escapar do desastre.

As tácticas de Fabio – 216-203 a.C.

Logo da vitoria en Cannas, más aliados de Roma pasáronse á causa de Aníbal. Sen

embargo, a maioría mantívose firme na súa lealdade ao goberno da República, o que,

a longo prazo, supuxo a derrota de Cartago. Aníbal logrou reunir o exército máis

poderoso da península itálica, pero sen que lle fora suficiente para someter a Roma.

Roma puxo en marcha unha estratexia de desgaste, promovida por Quinto Fabio

Máximo. O éxito da súa política lle mereceu o título de Cunctator (o que retrasa). A súa

técnica buscou molestar continuamente ao exército de Aníbal, cortándolle as liñas de

subministración e non lle permitindo un tránsito fácil, pero sempre evitando os

enfrontamentos directos e masivos. Gradualmente, en doce anos a estratexia romana

deu froitos. As tropas de Aníbal foron perdendo a súa forza cos continuos

enfrontamentos.

Page 12: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

12

Con todo, hoxe segue a resultar extraordinario para los

estudosos do tema a gran cantidade de tempo que Aníbal

permaneceu dentro de Italia como unha forza estranxeira,

practicamente illada e que apenas recibiu uns poucos

reforzos de Cartago durante o conflito.

Desde a súa chegada a través dos Alpes no 218 , o

exército cartaxinés permanecería en solo romano ata o

203, cando foi obrigado a partir para defender Cartago,

ameazada nese momento polo exército romano de Publio

Cornelio Escipión.

O líder cartaxinés nunca tratou de destruír a capital romana

aínda que era un movemento que tiña ao alcance porque

consideraba máis importante tratar de lograr o apoio das

tribos e poboacións conquistadas por Roma para obrigala a pactar a paz.

Fin de la Segunda Guerra Púnica e situación posterior– 201-150 a.C.

No ano 202 tivo lugar a batalla decisiva da guerra, en Zama, onde o exército cartaxinés

foi completamente derrotado. Aníbal logrou fuxir ata Hadrumentum e aconsellou asinar

un acordo de paz con Roma.

Este tratado foi máis devastador para Cartago que o da anterior guerra. Tivo que

renunciar as súas posesións en Hispania e ás illas que lle quedaban no Mediterráneo,

ademais de contraer o compromiso de pagar durante 50 años una indemnización masiva

e elevada.

De igual forma, Cartago accedeu a subordinarse a Roma en todas as materias

relacionadas coa guerra e a política exterior. Politicamente, isto representaba a fin para

Cartago, pero a nivel comercial, os descendentes dos fenicios demostraron que non

estaban acabados e, para mediados do século II, o seu esplendor volveu espertar a

desconfianza de Roma. Significativa é a anécdota histórica de que Marcio Porcio Catón

rematara sempre os seus discursos dese tempo no Senado romano coa frase Delenda

est Carthago (Cartago debe ser destruído).

Terceira Guerra Púnica – 149-146 a.C.

A última das tres guerras púnicas foi de menor duración que as anteriores (149–146

a.C.). Estivo centrada no propio territorio de Cartago e arredores, no que hoxe

1 Busto atribuído a P. Cornelio Escipión, o Africano

Page 13: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

13

coñecemos por Tunisia e o escenario fundamental foi el cerco o sitio romano á propia

Cartago.

Como resultado desta guerra, Cartago foi completamente destruída e os seus territorios

anexionados por Roma, co que remataba a súa existencia como Estado independente.

De igual forma, a poboación sobrevivinte foi sometida á escravitude.

Antecedentes da Terceira Guerra Púnica

Nos anos que van da Segunda á Terceira Guerra Púnica, Roma estivo enfrascada na

conquista do mundo helenístico cara o leste e no control dos pobos hispánicos no oeste,

a pesar de que estes foran esenciais para o trunfo romano contra Aníbal.

Cartago, desposuído de aliados e territorios logo da derrota en Zama, sufriu durante 50

anos o pago da indemnización de guerra a Roma, contemplada no tratado de paz da

Segunda Guerra Púnica.

No Senado romano, esta cidade centraba habitualmente acalorados debates xa que

algúns oradores como Catón o Vello eran partidarios de destruíla completamente

mentres que outros avogaban por vías diferentes de coexistencia que non contemplaran

a súa destrución.

De igual forma, o tratado de paz establecía que todas as disputas fronteirizas que

envolvesen a Cartago serían arbitradas e resoltas polo Senado romano, entidade que

ademais aprobaría si Cartago podía ir ou non á guerra. Como consecuencia disto, nos

50 anos dende o final da guerra, todas as disputas entre Numidia, aliado de Roma, e

Cartago foron resoltas na propia Roma, case sempre a favor dos númidas.

Pero a situación cambiou debido á eficiencia comercial e económica de Cartago. Para

o año 151 tiñan saldada a súa débeda con Roma, e isto interpretárono os cartaxineses

como a fin do termos do tratado de paz. Sen embargo, para los romanos o tratado era

unha declaración permanente de subordinación de Cartago a Roma.

Ademais, a culminación do pago da indemnización favorecía intereses hexemónicos e

expansivos, xa que logo Roma podía botarse á conquista de Cartago sen necesidade

de interromper entradas considerables e continuas de ouro. Outro aspecto que explica

o interese romano pola conquista de Cartago é de índole económica. Para mediados dp

século II a.C. a poboación da cidade de Roma estaba preto dos 400.000 habitantes e ía

en ascenso, o que significaba un aumento da necesidade de alimentos e mercadorías.

Nese sentido, as terras que rodeaban Cartago eran as máis produtivas, accesibles e as

Page 14: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

14

de maior rendemento agrario, entre todas as que ata ese momento estaban baixo control

romano.

Transcurso de la Tercera Guerra Púnica

No 151 Numidia emprendeu outra disputa fronteiriza contra Cartago e puxo sitio ao pobo

cartaxinés de Oroscopa. Cartago respondeu organizando unha gran expedición militar

de 25.000 soldados pero no evitou sufrir unha derrota militar e verse con outra

indemnización para outros 50 anos.

Axiña Roma amosou a súa desaprobación pola decisión de Cartago de emprender a

guerra contra un dos seus aliados sen o seu consentimento e impúxolle a condición para

evitar unha terceira guerra entre eles de “satisfacer ao pobo romano”.

Dous años despois Roma declarou a guerra contra Cartago. Para tratar de evitala, os

cartaxineses negociaron arreo e obtiveron a promesa de que si 300 mozos da clase alta

eran enviados como reféns a Roma, poderían manter os dereitos sobre a súa terra e o

seu propio goberno.

Logo disto, a cidade de Útica, aliado púnico, declarou o seu desafecto a Roma e esta

congregou alí un exército de 80.000 homes. Os cónsules demandaron a Cartago que

depuxera todas as súas armas e logo disto ordenou que movera as súas fronteiras 16

quilómetros, mentres a cidade principal ía ser incendiada. Cando Cartago comprendeu

as intencións romanas abandonou as negociacións. A cidade foi sitiada, iniciándose así

a Tercera Guerra Púnica.

Despois de que a principal expedición romana se apostase en Útica, os cónsules Manio

Manilio e Lucio Marcio Censorio lanzaron un ataque por dous flancos contra Cartago,

que fracasou grazas á intervención do exército cartaxinés de Asdrúbal Beotarco e

Himilco Fameas. Censorio perdeu máis de 500 homes cando foi sorprendido pola

cabalería de Cartago mentres recollía madeira preto do lago Tunis.

Os romanos tiveron que enfrontar unha desfeita maior cando a súa flota foi queimada

polas bolas de lume botadas desde barcos cartaxineses.

Ante os seus continuos fracasos, Manilio foi substituído polo cónsul Calpurnio Pisón no

ano 149 logo dunha severa derrota do exército romano en Neferis, ao sur de Cartago,

onde tiñan un forte.

No outono do seguinte ano, Pisón viuse obrigado a retirarse logo de errar no seu intento

de tomar a cidade de Aspis, preto de Cabo Bon. Aínda así, non deixou o seu empeño e

Page 15: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

15

cargou contra o pobo de Hipagreta ao norte, pero o seu exército foi incapaz de derrotar

alí aos púnicos antes da chegada do inverno e de novo víronse forzados a retirarse.

Cando estas noticias chegaron a Roma, Pisón foi substituído como cónsul por Escipión

Emiliano, da familia do Escipión que derrotara a Aníbal.

Por fin, na primavera do 146, Escipión tivo éxito na toma da cidade. Aínda que o pobo

púnico loitou bravamente, viuse obrigado a ceder terreo de maneira gradual ante a

supremacía da forza romana, ata a súa derrota final.

A fin da Terceira Guerra Púnica

Na parte final do conflito, moitos cartaxineses morreron produto da fame, e moitos

outros nos escenarios militares ao longo dos seis días finais da guerra. Cando todo

rematou os 50.000 fillos de Cartago que permaneceron con vida, unha parte pequena

da poboación existente antes do enfrontamento bélico, foron escravizados polos

vencedores.

A cidade foi consumida polas lapas durante 17 días. Os seus muros e edificacións foron

completamente destruídos. Os territorios cartaxineses que sobreviviron á destrución,

foron anexados por Roma e reconstituídos como a provincia romana de África. Pasado

un século, Cartago foi reconstruída como colonia romana por Xulio César, y pouco

tempo despois converteuse nunha das principais poboacións romanas no continente

africano.

Expansión cara o Mediterráneo oriental. Guerras con Macedonia e Grecia (215-148

a.C.)

Primeira guerra macedónica

A preocupación de Roma coa súa guerra con Cartago deulle a Filipo V de Macedonia a

oportunidade de tentar estender o seu poder dende o norte de Grecia cara o oeste. Así,

enviou embaixadores ao campamento de Aníbal en Italia para negociar unha alianza

como inimigos comúns de Roma. Sen embargo, Roma descubriu este acordo cando os

emisarios de Filipo, foron capturados xunto cos de Aníbal por unha flota romana.

Querendo evitar que Filipo axudara a Cartago en Italia ou en calquera outro lugar, Roma

buscou aliados en Grecia para facer unha guerra por delegación contra Macedonia no

seu lugar, atopounos na Liga Etolia de cidades-estado gregas no Exeo, nos ilirios ao

norte de Macedonia e nas cidades-estado de Pérgamo e Rodas.

Page 16: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

16

Macedonia durante o reinado de Filipo V.

Na primeira guerra macedónica, Roma solo se implicou directamente en algunhas

operacións terrestres, e cando os etolios pediron a paz con Filipo, a pequena forza

expedicionaria romana, sen máis aliados en Grecia, pero tendo conseguido o seu

obxectivo de manter ocupado a Filipo e evitar que axudara a Aníbal, estaba lista para

firmar la paz.

Roma e Macedonia firmaron un tratado en Fenice no 205, que prometía a Roma unha

pequena indemnización, y que formalmente remataba coa primeira guerra macedónica.

Segunda guerra macedónica

No ano 200, Macedonia comezou

a ocupar territorio reclamado por

varias cidades estado gregas, que

solicitaron axuda de Roma.

Roma deulle un ultimátum a Filipo

polo que debía someter

Macedonia para que fora

esencialmente unha provincia

romana. Filipo, naturalmente,

rexeitouno e, logo de certa

prevención interna contra

hostilidades maiores, Roma

declarou a guerra a Filipo (segunda guerra macedónica)

Na beira do río Aoo, as forzas romanas de Tito Quincio Flaminino venceron aos

macedonios, e no 197 , nun segundo encontro de maior envergadura, baixo os mesmos

comandantes, na batalla de Cinoscéfalos, Flaminino obtivo unha vitoria contundente

sobre os macedonios.

Macedonia veuse forzada a firmar un tratado polo que renunciaba a todas as súas

pretensións sobre o territorio de Grecia e Asia ademais de ter que pagar unha

indemnización de guerra a Roma.

Entre a segunda e a terceira guerra macedónica, Roma enfrontou máis conflitos na

rexión debido a unha cambiante maraña de rivalidades, alianzas e ligas que buscaban

obter maior influencia. Despois da derrota de Macedonia na segunda guerra

macedónica do 197, a cidade-estado grega de Esparta aproveitou o baleiro de poder

Page 17: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

17

parcial de Grecia. Temendo que os espartanos adquiriran un control cada vez maior da

rexión, os romanos foron na axuda dos seus aliados, vencendo ao exército espartano

na batalla de Gitión no 195. Tamén loitaron cos seus primeiros aliados na zona, a Liga

Etolia, en la Guerra Etolia, contra os istrios na Guerra Istriana, contra os ilirios nas

Guerras Ilíricas, e contra Acaia na Guerra Acaia.

Controlado o territorio grego, Roma centrou a súa atención no Imperio Seléucida de

Antíoco III, ao leste. Despois dunhas campañas nos territorios afastados de Bactria,

India, Persia e Xudea, Antíoco trasladouse a Asia Menor e Tracia para protexer varios

pobos costeiros, un movemento que o levou a entrar en conflito cos intereses romanos.

Os romanos enviaron unha forza expedicionaria baixo o mando de Manio Acilio Glabrio

que venceu a Antíoco na batalla das Termópilas e o forzaron a evacuar Grecia: logo

os romanos perseguiron a Antíoco máis aló de Grecia, vencéndoos de novo nas batallas

navais de Eurimedonte e Mioneso, e por último na decisiva batalla de Magnesia.

Terceira guerra macedónica

Filipo V tentaba manter a tradición macedonia de tutelaxe sobre os gregos, herdada de

Filipo II e Alexandre Magno. E, aínda que os romanos o derrotaran e separaran

políticamente de Grecia, nunca renunciou á idea de desfacerse da influencia de Roma

sobre o seu «patio traseiro».

Por iso, una vez que logrou poñer orde no seu país, elaborou unha estratexia para

manter aos romanos ocupados mentres el se facía de novo con Grecia. Esta estratexia

consistía en conquistar os territorios ao sur do Danubio e concertar tratados de alianza

coas tribos bárbaras da ribeira do Danubio, coa fin de lanzalas contra Italia. Esta última

parte no puido realizala, xa que morreu no 179.

O seu fillo Perseo non continuou a política do seu pai, xa que vía aos bárbaros como

pouco máis que escravos. Pola contra, buscou a alianza e a amizade de moitas cidades

estado gregas e reinos helenísticos, logrando como resultado que Prusias II de Bitinia,

Seleuco IV de Siria (o seu sogro), Rodas, Bastarnia, Iliria, Etolia e outros máis fosen os

seus amigos.

Nos 20 años posteriores á segunda guerra macedónica, a carraxe contra Roma en

Grecia incrementárase notablemente, xa que o pesado xugo que os romanos impoñían

indirectamente a través da oligarquía reinante resultara no empobrecemento

xeneralizado da poboación.

Page 18: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

18

Aproveitando esta situación, Perseo iniciou unha política demagóxica, invitando aos

perseguidos por política o por débedas a refuxiarse en Macedonia, onde lles

recoñecerían os seus dereitos e bens. Pero el resultado foi contraproducente, xa que as

clases posuidoras, ao ver en perigo os seus intereses, recorreron a Roma para

desfacerse de Perseo.

Un dos máis interesados en impulsar a guerra foi Eumenes II de Pérgamo: foi ao Senado

romano e presentou moitas queixas contra Perseo, logrando que Roma declarase a

guerra a Macedonia. Sen embargo, as operacións militares non comezaron de

inmediato, xa que os romanos non estaban preparados para a guerra. De volta a

Pérgamo, Eumenes II foi vítima dun atentado na illa de Delos, organizado por Perseo.

Este, pola súa parte, aínda sabendo que Roma estaba oficialmente en guerra con el,

pero aínda non o atacara, tomou unha postura defensiva, que ao final levoulle a ruína.

Decidiu non ocupar coas súas tropas os puntos estratéxicos máis importantes de Grecia,

o que tivera dado unha vantaxe substancial, e deulle tempo aos romanos para preparar

con coidado a campaña.

Sen embargo, non todo era vantaxe para os romanos. Aínda que abandonados pola

meirande parte dos seus aliados no momento de iniciarse os combates (171), os

macedonios lograron derrotar en Tesalia á cabalería e infantería lixeira romanas. Isto

provocou que os antigos amigos e aliados se uniran a el, pero Perseo, temeroso da

reacción romana, retirou as súas forzas de Grecia cara a Macedonia, renunciando a

unha guerra ofensiva.

Durante os dous anos seguintes a guerra foi levada paseniñamente tanto por Roma

como por Macedonia; sen embargo, esta última despregou unha gran actividade

diplomática que deu resultados como a reaparición dunha flota macedonia no mar Exeo

e pola aparente incapacidade de Roma de dar fin á guerra. Isto xerou que os rodios

tentasen actuar como intermediarios para finalizar a guerra, xa que o seu comercio

estaba moi afectado a causa desta. Sen embargo, vendo o senado romano a actitude

dos gregos cara Roma, e ante o perigo que isto representaba, decidiu rematar a guerra

a calquera prezo.

No 169 foi nomeado cónsul un nobre sen fortuna, Lucio Emilio Paulo, fillo do cónsul de

mesmo nome caído en Cannas durante a segunda guerra púnica, pai biolóxico de Publio

Cornelio Escipión Emiliano. Emilio Paulo contaba con moitos anos de experiencia militar

adquirida nas guerras de Liguria e Hispania, e era famoso pola súa honestidade

incuestionable. Cando chegou ao teatro de operacións, restaurou a disciplina das

lexións que relaxara e logrou penetrar en Macedonia ate a cidade de Pidna, onde estaba

Page 19: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

19

Perseo e o seu exército. Alí se desenvolvería a batalla do mesmo nome, cuxo resultado

foi a destrución definitiva da monarquía macedonia. Un dato interesante sobre esta

batalla é que sería nese momento cando foi capturado o historiador Polibio e levado a

Roma, onde máis tarde escribiría a súa Historia.

Como resultado da guerra, Macedonia quedou dividida en catro repúblicas

nominalmente independentes, cuxos habitantes non podían ter relacións diplomáticas,

comerciais nin matrimoniais entre eles. Macedonia tiña prohibido comerciar con

madeira, materiais de construción, metais preciosos nin sal con quen fose. As fortalezas

desmanteláronse e a poboación foi desarmada.

Cuarta guerra macedónica (150-148 a.C.)

Tivo lugar contra un pretendente macedonio ao trono, que estaba a desestabilizar de

novo Grecia, tratando de restablecer o reino. Os romanos derrotaron rapidamente aos

macedonios na segunda batalla de

Pidna.

Como resposta, a Liga aquea

declarou a guerra a Roma no 146,

aínda que os seus dirixentes sabían

que non tiñan opcións de gañar. A Liga foi derrotada, e a cidade de Corinto foi destruída

como escarmento.

Crise da República Romana

Nesta etapa, o maior problema da República foron inimigos internos, xurdidos cos novos

conflitos sociais e políticos propiciados polo enorme éxito romano, estes saturaron as

antigas leis e institucións republicanas que abocaron a unha gran crise do modelo de

Estado que fragmentou a sociedade romana. A República viuse sacudida por novas

reivindicacións por parte dos propios pobos itálicos aliados de Roma, que non posuían

a cidadanía romana e soportaban o peso das campañas militares, sen ter opción de

acceder ás novas oportunidades que ofrecían as novas conquistas territoriais.

Ao tempo, a aristocracia e a clase política, beneficiáronse enormemente das novas

conquistas. Os tributos que se impuxeran a Cartago, Macedonia e Siria, o botín

arrincado ás provincias e as ganancias derivadas do comercio efectuado, aumentaron

o seu poder e riqueza. Novo poder que deu maiores recursos aos propios políticos para

levar a cabo as súas propias aspiracións persoais, que en moitos casos se lograban a

expensas do benestar do Estado.

2 Restos da antiga polis de Corinto

Page 20: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

20

Nesta nova era, as grandes fortunas permitiron ostentar clientelas enormes coas que se

exercía influencia e compra de votos, co único propósito de servir ao aumento do poder

persoal a expensas da legalidade, un mal que sen dúbida foi o maior problema da

República e a causa final da súa destrución.

O conflito dos Gracos

Despois das conquistas romanas, cuxas consecuencias foron favorables á aristocracia,

produciuse un distanciamento aínda maior entre pobres e ricos, perturbando a

tranquilidade pública. Tamén estouparon insurreccións en Etruria, Apulia e Sicilia.

Nestas circunstancias desenvolvéronse os irmáns Tiberio e Caio Graco, grandes

oradores, educados por profesores gregos. Os dous propuxeron facer xustiza e

democratizar ao pobo romano.

Tiberio Graco, foi elixido tribuno da plebe no 133. Fixo aprobar unha lei agraria que

limitaba a 125 hectáreas as parcelas individuais do Ager Publicus, os excedentes

deberían ser entregados aos pobres.

Os nobres opuxéronse, porque esta lei ía en contra dos seus intereses económicos. En

consecuencia prepararon un motín contra Tiberio e o asasinaron a golpes no Capitolio.

A lei foi derrogada pero os efectos foron limitados.

Caio Graco, irmán de Tiberio tamén foi elixido tribuno no ano 123. Como tal realizou

obras importantes a favor dos plebeos:

Fixo aprobar a lex frumentaria consistente na distribución de trigo a baixo prezo. Para

tal fin, fundou colonias e mandou construír camiños para facilitar a importación do trigo.

Proxectou outorgar o dereito de cidadanía a todos os itálicos.

Abandonado pola plebe, o Senado promoveu unha revolta contra el e os seus

partidarios.

Derrotado fíxose matar por un escravo no monte Aventino.

Guerras Civís

A non resolución do problema estrutural xa indicado deu lugar a unha longa serie de

conflitos ao longo do século I a.C., caracterizados por a súa gran violencia e a forte

tendencia á provocar fortes ascendentes persoais no dominio da política da república.

Como xa vimos, a República Romana creárase para evitar concentrar o poder nunha

soa persoa. Sen embargo, os xenerais, coas conquistas da República conseguiran

Page 21: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

21

moito poder grazas ás riquezas dos novos territorios e ao apoio das súas lexións. Así,

los generales pugnaban por hacerse con el poder en solitario.

A rivalidade entre Sila e Mario

Caio Mario era un homo novus, é dicir, non proviña dunha

familia de estirpe romana, o seu ascenso fíxose desde

abaixo. Elixido sete veces cónsul, vencedor de Iugurta e os

cimbrios, e caudillo demócrata foi o primeiro en transformar

o exército nunha arma da ditadura. Deulle carácter

profesional con inclinación a favor do pobo. A súa insignia

foi o aguia de prata. Era un defensor visible dos pobres e

tivo a concepción de dar a cidadanía a todos os itálicos.

Lucio Cornelio Sila era un caudillo de orixe patricia e

defensor da oligarquía romana da que era o heroe logo do

seu trunfo nas guerras sociais. Nomeado Cónsul, practicou

un goberno de terror contra os demócratas. Reformou a Constitución nun sentido

aristocrático.

O enfrontamento definitivo entre estes dous líderes

comezou cando o Senado nomeou a Sila xefe do exercito

que ía combater a Mitridates, Rei do Ponto, un perigoso

inimigo de Roma, semellante a Aníbal. Tal designación non

agradou a Mario, que pretendeu anular o nomeamento.

Sen embargo foi derrotado e fuxiu a África.

Mentres Sila combatía en Asia contra Mitridates, os

demócratas de Roma volveron a tomar o poder, co vello

Mario á cabeza. Lamentablemente, no momento de asumir

o seu sétimo mandato como cónsul morreu de súpeto.

Sila regresou vitorioso no ano 83 e venceu aos

demócratas en dous anos de loitas sanguentas. En medio

de represalias e matanzas implantou as proscricións, desta maneira, uns cinco mil

cidadáns partidarios de Mario, foron ou ben asasinados, ou ben arruinados o ben

expulsados do territorio.

Por último proclamouse ditador con poder absoluto. Cargo ao que renunciou por

sorpresa no ano 79 a.C.

3 Caio Mario

4Lucio Cornelio Sila

Page 22: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

22

O camiño á fin da República: os triunviratos

Logo da desaparición de Sila, non deixou de haber conflitos dentro da sociedade

romana, como a terceira guerra servil ou dos gladiadores. Entre 73 e 71, unha banda de

escravos fuxidos —orixinalmente un grupo duns 70 gladiadores que creceu ata ser unha

enorme banda de 120.000 homes, mulleres e nenos— deambulou pola provincia

romana de Italia asolándoa con relativa impunidade baixo o mando de varios líderes,

incluíndo o famoso Espartaco. Os adultos capacitados desta banda constituíron unha

forza armada sorprendentemente efectiva que demostrou repetidas veces a súa

capacidade para resistir ao exército romano, desde as patrullas locais da Campania ás

milicias romanas e as cualificadas lexións baixo mando consular.

A crecente alarma no Senado romano sobre os continuos éxitos militares desta banda

e sobre os seus estragos contra as cidades e os campos romanos levou finalmente a

que Roma reunira un exército de oito lexións baixo o liderado, severo pero efectivo, de

Marco Licinio Craso. A guerra rematou no 71 cando, logo dunha longa e amarga retirada

diante das lexións de Craso e a comprensión de que as lexións de Cneo Pompeio Magno

e Varro Lúculo estaban avanzando para encerralos, os exércitos de Espartaco

botáronse con toda a súa forza contra las lexións de Craso e foron completamente

aniquilados.

A guerra de Espartaco, entre outras

cousas, foi significativa na historia

da Antiga Roma polo seu efecto

sobre as carreiras de Pompeio e

Craso. Os dous xenerais utilizaron

os seus éxitos contra a revolta para

promocionar as súas carreiras

políticas, aproveitándose do favor do

pobo e da ameaza implícita das súas

lexións para influír no seu favor nas eleccións consulares do ano 70. As súas accións

como cónsules promoveron en gran medida a subversión das institucións políticas

romanas.

O primeiro Triunvirato

Era a alianza política formada por Cneo Pompeio Magno, Marco Licinio Craso e Xulio

César. O primeiro combatera aos piratas no mar, o segundo acabara coa revolta de

Espartaco e o terceiro que ao comezo do triunvirato non tiña moito recoñecemento sería

logo, o conquistador das Galias.

5 A fin da rebelión de Espartaco

Page 23: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

23

Sendo cónsules no 70 , Pompeio e Craso aboliron a

constitución aristocrática do ditador Lucio Cornelio Sila.

Pompeio gañara fama por acabar co problema dos

piratas no Mediterráneo, igual que cunha insurrección no

Asia Menor. Pola súa banda, Craso, combatera a

insurrección dos escravos dirixida por Espartaco. Craso

e Pompeio regresaron triunfantes a Roma se uniron a

Caio Xulio César, que ao non ter tanto ascendente como

eles fixo a función de parte mediadora.

Esta alianza secreta quedou ao descuberto cando a Lei

Agraria de Xulio César, que buscaba dar terras para os

veteranos das tropas de Pompeio, foi bloqueada polo

Senado romano, o que

obrigou a Craso e Pompeio a utilizar a súa influencia

publicamente para lograr a súa aprobación. Despois, os

triunviros lograron a elección de Publio Clodio Pulcro como

Tribuno da Plebe, neutralizando así o poder que os

conservadores Marco Porcio Catón (Catón o Novo) e Marco

Tulio Cicerón tiñan no Senado.

Tempo despois Craso é morto na Batalla de Carras, cando

tentaba a conquista do Imperio Parto. Xulio César marcha á

Galia e Pompeio queda en Roma, onde acaba por ser

atraído ao bando conservador senatorial, que o convence da

necesidade de eliminar a Xulio César para salvar a

República romana, insistíndolle en que César usará o seu

poder para facerse coroar rei. A vitoria romana nas Galias

brinda a César unha gran simpatía do pobo romano, polo que

o Senado, temeroso de que se apropie definitivamente do

poder, presiona a Pompeio para que lle ordene regresar a

Roma sen o seu exército. Xulio César dáse conta que unha

vez en Roma, probablemente sería xulgado e procesado

polos delitos que lle atribuían os optimates: Levar a termo

guerras sen o permiso do Senado e recrutar máis lexións das

permitidas, e despois de que as negociacións con Pompeio

fracasaran, decide que os acontecementos se aclarasen por medio do uso da forza. Ao

6 Cneo Pompeio Magno

7 Marco Licinio Craso

8 Caio Xulio César

Page 24: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

24

cruzar o Rubicón –río que marcaba o límite entre Italia e a Galia Cisalpina- coas súas

tropas, comezou a segunda guerra civil.

A batalla de Farsalia supón a derrota de Pompeyo fronte a Xulio César que unha vez

rematada a guerra estableceuse como máximo mandatario deixando ao Senado un

papel meramente consultivo. Finalmente Xulio César foi asasinado nos Idus de marzo

do ano 44 por un cuantioso grupo de senadores partidarios da República.

Segundo Triunvirato

Trala morte de Xulio César a mans de

Casio e Bruto entre outros, Marco Antonio

expulsou aos seus asasinos e se fixo co

poder. Sen embargo, César nomeara

sucesor ao seu sobriño Octaviano. O

Senado apoiou ao segundo xa que estaba

en contra de Marco Antonio, pero

Octavianom sabendo que o Senado solo

quería utilizalo reuniuse con Marco

Antonio e con Lépido para asinar o Pacto de Bolonia acta fundacional do Segundo

Triunvirato.

A fin da República

Octavio quedou encargado de velar por Roma mentres que

Marco Antonio saíu para a provincia de Exipto xunto

Cleopatra. As vidas de Octavio e Antonio quedaban en

situación ben distinta, o primeiro debía ocuparse de sufocar

os constantes disturbios en Roma mentres que o segundo se

permitía todo tipo de luxos xunto coa súa amante Cleopatra.

Octavio apoiado por nobreza e plebe, e cansado das

concesións que se lle facían a Marco Antonio, decidiu facerse

co poder absoluto. Logo de rematar a guerra marítima contra

Sexto Pompeio, no 36 arrebatoulle o poder a Lépido e fíxose co control das provincias

de África. Só nese momento foi a por Marco Antonio e Cleopatra. O enfrontamento

principal produciuse na batalla de Actium no 31 da que Octavio saíu vendedor. A guerra

remataría coa morte por suicidio de Marco Antonio e Cleopatra en Alexandría e a

anexión definitiva de Exipto aos territorios de Roma.

9 Recreación de Vincenzo Camuccini sobre a Morte de César

10 Marco Antonio

Page 25: HISTORIA DE ROMA: MONARQUÍA E REPÚBLICA 2020. 11. 24. · os fundadores de Roma. Logo de ser fundada polas tribos latinas da rexión, a cidade foi conquistada polos etruscos. Este

25

Octavio contaba co apoio e a boa consideración de Senado,

nobreza e plebe, ademais era o comandante dun gran número

de lexións que combatían por el sen dubidalo. Todo iso levou

ao Senado a proclamalo imperator ou comandante de todos os

exércitos no 27 a.C. Daba comezo así un período de transición

cunha república aparente pero con todo o poder situado nas

mans de César Augusto Octavio. Daba comezo o Imperio

Romano.

11 Camafeo co retrato de Octavio Augusto