Haiche outra 2011

32
haiche OUTRA A Revista do IES Ferrolterra Editorial: Esta edición da nosa revista está inevitablemente marcada polo ambiente de pesimismo e incertidume que reina no noso instituto, debido ós acontecementos de última hora polos que se despraza o ensino secundario ó centro veciño. Remata así, da peor forma, un ano difícil, no que tamén nos tocou despedir a un bo número de profesores, uns por xubilación e outros por falecemento. A pesar diso, tamén debemos reflectir, como en anos anteriores, o que foi a actividade do centro ó longo do curso, con abundante material gráfico. Espera- mos que sexa do voso agrado. IES Ferrolterra: dramático final dunha época haiche Colaboraron nesta edición: Alumnos de 1º da ESO e: María Chao, Lorena Ares, Olaya, Cinthia, Pedro Seoane, Alejandro Pérez, Alicia Bugallo, Alicia Caínzos, Raquel Lamas, Maxa Navalikine, Paula Tellado, Alejandro Rosas, Esteban López, Yerai Garel, Dani Pato, Héctor Durán, Andrea Lomba, Lucía Bellón, Victoria Leira, Marta Pego E os profesores: Enrique Pereira Guillermo Ferrández M. Jesús Paz Anxos García M. José Vilaboy Juan Casal

description

Revista do IES Ferrolterra edición 2011

Transcript of Haiche outra 2011

Page 1: Haiche outra 2011

haiche

OUTRA A Revista do IES Ferrolterra

Editorial:

Esta edición da nosa revista está inevitablemente marcada polo ambiente de pesimismo e incertidume que reina no noso instituto, debido ós acontecementos de última hora polos que se despraza o ensino secundario ó centro veciño. Remata así, da peor forma, un ano difícil, no que tamén nos tocou despedir a un bo número de profesores, uns por xubilación e outros por falecemento.

A pesar diso, tamén debemos reflectir, como en anos anteriores, o que foi a actividade do centro ó longo do curso, con abundante material gráfico. Espera-mos que sexa do voso agrado.

IES Ferrolterra:

dramático final dunha época

haiche

Colaboraron nesta edición: Alumnos de 1º da ESO e: María Chao, Lorena Ares, Olaya, Cinthia, Pedro Seoane, Alejandro Pérez, Alicia Bugallo, Alicia Caínzos, Raquel Lamas, Maxa Navalikine,

Paula Tellado, Alejandro Rosas, Esteban López, Yerai Garel, Dani Pato, Héctor Durán, Andrea Lomba, Lucía Bellón, Victoria Leira, Marta Pego

E os profesores: Enrique Pereira Guillermo Ferrández M. Jesús Paz Anxos García M. José Vilaboy Juan Casal

Page 2: Haiche outra 2011

2

MONCHO

Di o poeta que golpe a golpe e verso a

verso, faise camiño ó andar. E ó voltar a

vista atrás, atopote a ti Ramón. Sempre

con présas, entrando e saíndo, deténdote

só para lanzar un afago ó meu sorriso

Seguramente sorría tratando de parecerme

á idea que ti tiñas min, de todos nós.

Posuías a grande virtude de ver o mellor

de cada compañeiro e de cada alumno.

No meu corazón gardo a túa presenza

como un constante alento a esforzarme a

ser mellor persoa. Tratando de aprender a

ser coma ti: alegre, compasivo, cariñoso,

xeneroso, amigo fiel, camiñante esforzado

pola vida. Para os teus alumos un campión

para nós un gran mestre.

A ti MiGUEL.

Non me resisto a facerche esta última faena, ti que fuxiches de convencionalismos sociais, que pasaches pola vida coa discre-ción como bandeira. Sei que dende onde vive a túa memoria estarás cabreándote por ternos atrevido a facerche esta peque-ña homenaxe. Seguramente merecerías unha máis grande pero os que te queremos sabemos que canto máis te loemos máis grande será o teu enfado.

De xenio tiñas a inteligencia, a intuición, a humildade, a xenero-sidade en cotas máximas, e ata as gafas pegadas con celo. De excelente profesional dan fe os teus alumnos e os teus compañeiros que recibiron de ti a maxia do teu talento.

Adeus MIGUEL, ti que te fuches un día sen facer ruído, deixas en nós a profunda pegada dun grande mestre na escola e na vida.

Cada vez é máis difícil despedírmonos de vosoutros insignes mestres do “MARQUÉS” porque cada vez que un de vós nos falta deixa non só un baleiro de afecto, senón de algo moi importante da nosa identidade. Dese modo de ser e de traballar, dun certo espírito de superación, do orgullo do traballo ben feito que caracterizou este instituto. Onde medramos como profesionais e como persoas.

Dicímosvos adeus coa certeza de que algo de vós queda en nós. No que somos, e no que aprendimos a ser: maestros, compañeiros, camiñantes esperanzados e ilusionados.

No nome de toda a comunidade educativa, adeus a Miguel Frade e Ramón Otero.

Vily

Debuxos d

e ENRIQU

E PEREIR

A

Page 3: Haiche outra 2011

3

¡ATA SEMPRE COMPAÑEIROS!

Non sería xusto que a indignación e a tristeza que nos causa o peche repentino e traizoeiro dos ensinos secunda-rios no noso IES Ferrolterra nos impedise celebrar como se merece a xubilación de cinco compañeiros. Como é costume, cando chega o mes de xuño, a nosa comunidade educativa participa na homenaxe que se lles fai aos profesores que terminan a súa vida laboral. A verdade é que nunca se nos dera o caso que fosen cinco os compañeiros que se xubila-ban de golpe. Se non fose porque o próximo curso xa non estaremos ningún dos profesores de ensinos medios no Fe-rrolterra, asegúrovos que o baleiro ía ser notorio e penoso. Aínda así se notará a súa ausencia polos moitos anos que estes compañeiros lle dedicaron ao ensino. Penso que xubilarse no mesmo IES onde empeza-ches a túa carreira como docente vai ser algo raro a partir de agora, algo así como un luxo. Ninguén a partir deste ditoso decreto que veu a darnos o verán? poderá estar seguro que ten praza fixa no seu Instituto. A partir de agora xubilarémo-nos anonimamente onde queiran Canosa e Mira, dous seño-res que pasarán á parte sinistra da historia do ensino en Gali-cia. Pero vaiamos ao noso, a esa homenaxe sincera e agra-decido cos compañeiros que se van xubilados. Son, sen dú-bida, unha representación magnífica do que foi o noso IES desde fai máis de 40 anos, representan a convivencia solida-ria da Formación Profesional e O Ensino Medio, compartindo un mesmo espazo, unas mesmas preocupacións e comple-mentándose ata o punto que, unha e outra, serviron como acicates para os alumnos que vían como o mundo do traballo e o mundo do estudo non só non estaba separados senón que formaban parte do mesmo, é dicir do Ensino con maiús-culas. Queremos agradecer con estas poucas palabras a

Alfredo Fuertes, José González Caneiro, Antonio Valiño, María Je-sús Bouza e Pilar Leal. Todo o que aprendemos ao seu lado, o exemplo que deron ao profesorado ao longo da súa carreira, e a amizade que como un costume silencioso instalouse nos nosos corazóns para sempre. Queridos compañeiros desexámosvos a maior sorte do mundo nesta nova etapa da vosa vida e esperamos seguir contando convosco cando nos fagades falta. Un forte abrazo aos cinco.

Guillermo Ferrández

Page 4: Haiche outra 2011

4

lograron distintos proxectos educativos do centro, pero tamén en moitas ocasións acudiron a nós pais con fillos que non se adaptaban ó sistema, outros que precisaban apoios especias, aqueles que fracasaron noutros sitios, os que non atoparon os recursos precisos. Cando non había espazo para alumnos xordos, nós puxemos os medios, as horas extras que non se compilan en ningún currículo persoal, e onde non existía medida legal, promovemos solución. Cando se precisaba atención especial para alumnos con minusvalías alí puxemos remedio, cando tiñamos que dar solución para alumnos con dificultades, despregamos todas as medidas curriculares que nos permitiran atendelos. Moitísimos pais deses alumnos están moi agradecidos ó centro, pero tamén os pais que xa non sabían que facer co seu fillo, ese que suspende, que ten un ano difícil, o que non se amolda ás medidas ordinarias. A todos eses pais tentamos ofrecerlles solucións. Seguramente non acertamos sempre, pero certamente atoparon aquí alguén disposto a tender a man, a preocuparse do seu problema.

Somos conscientes de que unha parte da poboación da nosa cidade nos tiña catalogados como un centro conflictivo, pero teimamos

Estamos afeitos ás despedidas cada ano, de “ata a vista”, de ver como se trasladan amigos, compañeiros. Esta é a vida do docente, pero esta vez compañeiros… é para sempre!

Sempre tivemos clara a pouca estima da Administración polas persoas, pero tratándose das autoridades académicas é aínda máis grave. Énchense os proxectos educativos, as programacións e toda a documentación educativa de ampulosas expresións, dando a entender a importancia de formar cidadáns que se integren constructivamente na sociedade. Pero eso só sería palabrería se non estivesemos aquí no día a día convivindo alumnos e profesores, soportando cambio tras cambio, asumindo un sinfín de medidas de innovación, de atención á diversidade, sempre tratando de poñer en pé os artellos máis modernos que nos permitiran atender mellor a gran variedade de alumnado que pasou ó longo de moitos anos por estas aulas.

En efecto, os que traballamos neste centro, nestes anos atendimos unha ampla variedade de alumnado: os nosos nenos lograron premios, como en calquera outro instituto, e tamén os

contra isto, e hoxe esa tendencia estaba desaparecendo grazas aos nosos esforzos e aos nosos logros. Sí, é certo que o instituto atendeu nestes anos un bo número de alumnos de etnia xitana e de estranxeiros, e fíxose poñendo entusiasmo e lealdade coas persoas, respectando e aprezando as diferenzas para educar na igualdade e no recoñecemento dos valores doutras culturas. Sobre o papel somos todos moi tolerantes, pero cando temos que escoller o instituto dos nosos fillos, afloran os prexuízos. Sen embargo, os que nos coñeceron de cerca, saben que isto non é así: a convivencia no centro está a un nivel similar ó que teñen noutros institutos do noso contorno, e os problemas que se dan son os propios da idade adolescente. Pola contra, os nenos se beneficiaron das medidas especiais para atender esta diversidade.

Sentímonos como os empregados das grandes empresas que malia os suculentos beneficios mandan ao paro aos traballadores que lles posibilitaron esas gañancias, e non teñen empacho en pagarlle cantidades indecentes ós directivos que lles propoñen eses despidos para aforrar custos.

Non se pode concibir a educación en termos de custos, como se se tratase dunha cadea de producción, porque o que nós “producimos” non son pezas, nin servizos, senón rapaces: proxectos de futuro.

E este centro tiña en pé un sólido proxecto, facendo o posible porque os noso alumnado atopase un xeito de encauzar os seus estudos en itinerarios, e opcións axeitadas ós seus estilos de aprendizaxe. E por riba de todo, atopando un bo clima de traballo, un orgullo de facer as cousas ben, a sensación de que todos somos valiosos, e unha atención personalizada e de calidade, que é ó que teñen dereito, segundo refire a lexislación educativa vixente.

Coa escusa dunha reorganización dos centros de ensino, acometen unha operación na que, en lugar do bisturí dun ciruxano empregan bombas fragmentarias, unha operación calculada con tempo e perfectamente

ADEUS

Foto:

Page 5: Haiche outra 2011

5

optimización de recursos, ocultando que tanto os nosos alumnos como os do Sofía Casanova, que gozaban dun ensino de cualidade, van a estar apelotonados nun centro que non ten capacidade para semellante aluvión de novo alumnado. Iso, sen esquecer que ós pais (nais) se lles está impedindo o seu lexítimo dereito a elixir o centro de estudos dos seus fillos, e sen esquecer que a un bo número de profesores con moitos anos de adicación (máis de 30 nalgún caso) agárdalles un destino incerto.

deseñada por un hábil xeneral, un mestre na estratexia, que ataca de forma contundente e por sorpresa, no momento máis oportuno para evitar calquera posible reacción.

Falan dunha mellor organización, pero que non nos traten de enganar: esa reorganización é ademais, de forma camuflada, unha reducción do número de aulas, e por tanto, unha reducción de profesorado, que sen dúbida vai ser vendido á opinión pública como

Así pois, a despedida este ano ten un sabor amargo, porque non será un ata a volta, senón un ADEUS, adeus para sempre.

A ningún de nós: alumnos que nos botan, profesores que nos imos, que nos quedamos, mesmo pais, a ninguén se nos esquecerá esta aldraxe, pero todos poderemos dicir coa fronte ben alta que fomos protagonistas dun exemplo de convivencia de dous tipos de ensino, e lembraremos con orgullo e cariño a este instituto: o IES Ferrolterra, …o “Marqués”.

todos, incluídos profesores, que levan toda a vida aquí. En vez de preocuparse por nós, o único que lles preocupou foi o diñeiro.

Ademais, no noso centro hai casos de xente discapacitada que leva dende sempre aquí, e agora que está adaptada e sae adiante, e queren que volva ao punto de partida, despois de todo o esforzo que lle custou adaptarse.

Para nós é a nosa segunda casa, aquí están os nosos amigos, os nosos profesores e moitos momentos que pasamos con eles. Eles non

Somos os alumnos do IES Ferrolterra,e queriamos facer unha protesta, en contra o cambio de centros en Galiza.

O día 8 de xuño, comunicáronnos que o noso instituto ía ser convertido nun centro integrado. Non nos deron explicacións, tan só que esa é a súa solución para a crise: clases numerosas e despidos.

Pretenden trasladar aos alumnos e profesores (algúns levan máis de 20 anos no centro) ao IES Sofía Casanova. De súpeto, sepárannos a

teñen dereito a quitarnos algo que é noso. Porque esa é a verdade, nós somos os que pasamos aquí horas preparando o noso futuro, mentres que eles non teñen nin idea do que sucede aquí. Sen embargo, quérennolo quitar como se fose seu. Por iso, temos pensado facer unha folga o venres 10 desde o comezo das clases, e non nos imos render ata conse-guir que nos devolvan o que é noso.

Os alumnos reclamamos

Alicia Bugallo

Page 6: Haiche outra 2011

6

SAMAÍN é unha festividade celta. Referiré-

monos aos pobos que vivían no norte de Europa antes da

chegada dos romanos. Nesta celebración mestúranse pro-

bablemente dúas festas: por unha banda, estaría a fin da

colleita, e por outra, o final dunha estación, o verán, e o

principio da estación escura: o ano novo celta.

A relixiosidade dos pobos celtas está tamén ligada ao culto

aos devanceiros e nesta noite máxica pensaban que unha

porta se abría para comunicar o mundo dos vivos co dos mor-

tos. O perigo estaba en se os vivos se precipitaban a esa di-

mensión e quedaban atrapados na morte. Por iso, para disua-

dilos, empregábanse caveiras dos inimigos mortos, a fin de

infundir terror aos que se aventuraban na noite. Co tempo,

estas caveiras foron substituídas por froitos: por nabos bran-

cos que imitaban as caveiras, e, finalmente, por cabazas. Es-

tes ritos están ligados á tutela dos druídas, especie de media-

dores nos cultos máxicos. Esa noite debían reunirse no bos-

que para recolleren froitos, raíces e follas para os rituais. Po-

siblemente, os nosos magostos teñan reminiscencias destas

celebracións nos soutos. En efecto, aínda hoxe en moitas

partes de Galicia o magosto celébrase cunha reunión dos

veciños no monte, onde fan lume para asar castañas e, des-

pois da comida, todos se ciscan uns a outros cos tizóns da

rachoeira. Os romanos, pola súa banda, que tamén rendían

culto aos antepasados, celebraban o primeiro de novembro

unha ancestral festa da colleita.

Como consecuencia da expansión do cristianismo, estas fes-

tas pagás foron asimiladas pola relixión oficial no Día

de Todos os Santos, o 1 de novembro, que leva

este nome pola festa dos Santos ou Mártires. A

noite anterior a esta festa, celebrábase unha vixilia,

e esta é a orixe do termo Halloween, é dicir, “All

Hallows Eve” que viña significar “a véspera ao día

dos santos ou insignes”. Esta festa foi levada a

Estados Unidos polos emigrantes de orixe irlande-

sa e alí evolucionou. Todos os elementos de culto

aos mortos ou de cambio de estación fixeron desta

unha data máxica na que os rituais relacionados co

terrorífico viñan sendo a constatación da fraxilidade

da vida e a exaltación do misterioso, en definitiva,

da espiritualidade humana que busca traspasar as

barreiras da morte material.

Cabazas: A actividade das cabazas tivo lugar

na entrada. Participaron bastantes

nenos e nenas e o ambiente era bo e

agradable. O que había que facer era traer unha cabaza da casa, grande,

pequena... non importaba o tamaño. Había que traela baleira e recortada

nos ollos, na boca... nos lugares que quixeses para rematala alí mesmo

co que había no instituto ou co que trouxeses da casa, como plastilina,

rotuladores, papeis de cores... etc. Tiñas un límite de tempo, había que

apurar e rematala antes de que este acabara.

Ao final de todo, cando rematamos esta actividade, deron os premios á

cabaza mellor decorada. AUTORES: ALUMNOS 1º ESO

O SAMAÍN

Page 7: Haiche outra 2011

7

AS CABAZAS

Page 8: Haiche outra 2011

8

O IES Ferrolterra non podía ser alleo a toda esta tradición e celebrou, como todos os anos, a festa do

SAMAÍN e do MAGOSTO no outono. Houbo clase nas

dúas primeiras horas, pero, a partir do primeiro recreo,

empezou a festa. As seguintes horas houbo distintas

actividades que compartimos todos os compañeiros da

ESO cos alumnos de 6º do CEIP Recimil. Os alumnos

de 1º de ESO A fomos os encargados de facer unha

reportaxe da xornada, polo que tivemos que facer

grupos para recoller información sobre cada unha

das actividades. Unha vez rematadas as activida-

des, houbo castañas e refrescos para todos na

cafetería e, a continuación, fíxose unha reunión no

Salón de Actos onde se leron contos de medo, se

entregaron os premios ás cabazas decoradas, re-

matando o acto cunha actuación musical. A conti-

nuación, ofrécese un pequeno resumo das activi-

dades:

Petos: Esta actividade consistía en montar uns

petos recortando e pegando varias partes. Os

petos eran negros cun debuxo dun morcego no

medio e serven para gardar os caramelos que che

fosen dando. Pero nesta ocasión os petos empre-

gábanse para poder coller palabras no caldeiro

que estaba na porta da biblioteca, e logo poder

participar no concurso ”O PETO DAS PALA-

BRAS”. A actividade realizouse na biblioteca,

pero non era a única: outro grupo de rapaces

estaban facendo caixas en forma de cadaleito.

Papiroflexia: Empezamos facendo uns cucu-

ruchos, despois déronnos un papel onde viñan

as instrucións para facer un morcego, a verda-

de é que era difícil e non lle saíu a moita xente.

Aos de sexto de primaria parecía que lles gus-

taba, aos de primeiro da E.S.O aburríaos moito,

e, entre os de segundo había moita xente que

se declaraba aborrecida. A pouca xente lle gus-

tou. O curioso é que había

xente que escollera papiro-

flexia porque lle parecía a

máis fácil das actividades,

pero a verdade é que foi un

pouco aburrido.

OS OBRADOIROS

AUTORES: ALUMNOS 1º ESO

Page 9: Haiche outra 2011

9

SOMOS A CAÑA!!!

Page 10: Haiche outra 2011

10

OS GAÑADORES

A FESTA E O MAGOSTO

Page 11: Haiche outra 2011

11

CONCERTOS CON ACERTO

En abril actuou no noso centro un grupo cha-mado Julie Guravich Quartet, formado por Fran Rey (teclado), Manolo Pérez (bateria), Luís Cuba (Baixo) e Julie Guravich (voz).

Tocaron versións de jazz propios de Ray Charles e de Nat King Cole entre outros. Malia que este é un xénero para entendidos, o concerto foi asequible para todo o público presente e disfrutamos dun concerto diferente. Dáse a circunstancia de que o batería deste grupo é o pai do alumno de 2º bac Alex Pérez, compoñente á súa vez de Rosemback

Nas celebracións do Samaín, tocou o grupo Ro-semback, composto por Vicente Rodríguez (Cantante), Sergio Taracido (Guitarrista), Pedro Seoane (ex Baixista do grupo), Alejandro Pérez (Pianista), Ton Casal (Batería) e Lucas Vidal (Guitarrista).

Versionaron cancións de grupos como Red Hot Chili Peppers, Fito y Fitipaldis entre outros famosos grupos. Cunha posta en escena moi profesional e coidada, acadaron un grande éxito entre o grupo de alumnos do Instituto os convidados do CIP RE-CIMIL, pais e profesores que corearon e aplaudiron todas as súas cancións que fan un repaso de te-mas míticos do pop en inglés. PEDRO SEOANE

O TANGO

Finalizamos o curso con un conceto de tangos de Piáos-la, a cargo de un cuateto do conservatorio de música. Este concerto acompañoude dunha exposición no insti-tuto e unha unidade didáctica que fixo Victoria Piñeiro

OS CONCERTOS

Page 12: Haiche outra 2011

12

Na festa do patrón, o 30 de xaneiro, celebramos

unha actividade que lle chamamos ginkana cultural, na que participan todos os

departamentos organizando probas que os alumnos tiñan que resolver.

Os equipos estaban formados por grupos de catro persoas e percorreron o instituto nunha competición que comezou recollendo a acreditación na entrada.

Na biblioteca había dúas probas distintas. A primeira era relacionar autores de libros co seu libro e cunha frase coñecida deste. A outra trataba en xogar a un xogo bastante coñecido: o tabú. Tiñamos que describir en galego dúas películas españolas dunha lista que nos deran sen dicir as palabras “prohibidas”. Na cafeta-ría había tamén varias probas. Unha delas era a dos olores, na que varios profesores nos tapaban os ollos e nos pasaban cousas para ulir. Outra era a dos sabores que consistía en probar cousas cos ollos vendados e adiviñar que era. Por certo, unha recomendación para o próximo ano...Podedes poñer cousas que saiban media-namente ben...? Na cafetaría tamén se fixo unha proba de punteria na que habia que darlle á diana, e outra proba relacionada cos inventos: tiñamos que dicir quen as inventara.

Tivemos unha proba moi divertida na sala de música: fixéronnos bailar unha canción de Michael Jackson e escoller a unha profesora acompañante.

Nos talleres de automoción tiñamos que adiviñar dife-rentes pezas do coche que os profesores dicían e sina-lar as ferramentas que ían indicando. No taller de Madei-ra había que facer unha especie de arco que se tiña que aguantar un tempo de pé. Despois de cada unha destas

probas había que pasar polo punto de control, situado na entrada, onde ían anotando cada puntuación e

cuñando o papel de cada un dos grupos.

Este ano houbo unha gran participación por parte dos alumnos do centro. Os gañado-

res recibiron unha suculenta cantidade de diñeiro e os demais á parte de

un día sen clase, un montón de anécdotas. É un dos mello-

res días no Instituto LORENA ARES

1º BAC

O DÍA DO PATRÓN

Page 13: Haiche outra 2011

13

31 DE XANEIRO

Page 14: Haiche outra 2011

14

ENTREVISTA A JESÚS BUSTO SOBRE O

“PROXECTO ABALAR”

Este curso un dos proxectos máis

novidosos e famosos é o proxecto ABALAR.

-Podes explicarnos de xeito resumido en qué consiste?

-O proxecto abalar con-siste en levar a informáti-ca á aula como ferra-menta cotiá. Antes os nenos ían á aula de infor-mática e agora trátase de que todas as aulas da ESO estean dotadas dun ordeador persoal para cada alumno.

-Agora temos ordena-dores persoais en 1º da ESO, pero no próximo curso terémolos en 2º?.

-Si, este ano 5º e 1º da ESO, para o ano 6º e 2º da ESO.

-Cales son as vantaxes e os problemas deste proxecto?

-As vantaxes son moitas. Os problemas son a falta de recursos dixitais que temos neste momento, a falta de pasar os libros ao ordenador e de exercicios dixi-tais e a formación do profesora-do e dos alumnos.

-Que pensas que é necesario para que o sistema sexa apro-veitado por alumnos e profe-sores?

-Aceptalo con gañas, con inter-ese por parte de todos. Este ano fíxose un curso de formación amplo para o profesorado de 1º da ESO e entendemos que temos que seguir a for-marnos e poñer en práctica o aprendido.

-Pódesnos contar cales foron e por que a ne-cesidade deste cambios?

-Plantéxase dende o momento en que a Xunta o implantou. A idea saíu do Goberno central para levar as novas tecnoloxías e melloras á aula. A Consellería adaptou isto: conexión wifi, servidor, etc. para poder implementar o proxecto. Fíxose un concurso para compoñelo e entre os presentados elexiu-se por consenso este que temos na actualidade.

ABALAR

MAXA, PAULA TELLADO

Page 15: Haiche outra 2011

15

Os alumos do 1º ciclo da ESO, participaron nun concurso de fotografía organizado pola equipa de dinamización lin-güística. O resultado foron unha colección de imaxes do noso IES coas que se fixo un calendario para felicitar o na-dal a todo o centro.

Acudiron ao noso instituto un contacontos in-glés, Tim Bowley coa súa compañeira galega, chamada Charo Pita, que ía traducindo as his-torias que el contaba. Logo dun tempo, a situa-ción cambiou e era ela a que contaba a historia en galego e el traducía ao inglés.

Entre os dous fixeron unha actuación bastante boa.

Algúns dos contos que nos contaron fo-ron:

“O home que estragou a súa vida ao

non saber nadar”

”O home que non tiña sorte”

“A muller esquelete”

…O máis característico da actuación foi a facilidade de palabra dos conta-contos e a súa capacidade de ex-presión corporal,que tamén animaba moito as historias.

Quizais o máis difícil foi entender ao home, xa que falaba un pouco rápi-do para o noso nivel de inglés.

Contacontos

Inlgés galego

EU SON CHARO PITA

I’M TIM BOWLEY MARÍA CHAO

PARABÉ

NS A TOD

OS OS

ALUMNO

S PARTIC

IPANTES

NO CON

CURSO.

O CALENDARIO

Page 16: Haiche outra 2011

16

OH M..GOOD!!

O ANTROIDO PREPARADOS?...

Page 17: Haiche outra 2011

17

TOCAMOS TODOS OS PAOS.

Page 18: Haiche outra 2011

18

Este curso fíxose nesta xornada unha mención especial á figura de Hans Christian Andersen, porque o día 2 de abril celébrase o día do libro infantil en memoria da data de nacemento de este autor. Para celebrar esta data, no salón de actos tivemos:

Unha presentación da figura de H.C. Andersen,

Uns vídeos sobre biografía do autor, e “A Vendedora De Mistos”.

Lectura por parte dun profesor do centro: Juan Casal, do conto: “La Pura Verdad”.

Nesta ocasión os profesores da área de lin-gua española quixeron poñer o acento na poesía, e escolleron lecturas dos autores do día, autores clásicos e contemporáneos, facendo un pequeno percorrido pola poesía guiados polo profesor de lingua: Daniel Iglesias.

Rematadas as actividades no salón de actos todos os alumnos do primeiro ciclo tiveron a oporturnidade de facer:

-Confeción dun cartel do día do libro

-Elaboración de caligramas a partir dos poe-mas que se leron no salón de actos.

-Redacción de fichas de síntese dos con-tos de Andersen para a súa difusión poste-rior nunha exposición.

-Distribuídos en grupos comopoñen unha paxina xigante dun libro copiando e deco-rando a páxina con motivos alegóricos a contos de Andersen escollidos entre os seus contos máis breves .

Para o segundo ciclo da ESO preparamos unha actividade en torno á figura do recente premio Nobel, Mario Vargas Llosa, cunha presentación sobre a súa vida, e unha selección de fragmentos de películas baseadas nas súas obras e lecturas de frag-mentos das mesmas

DÍA DO LIBRO

Page 19: Haiche outra 2011

19

Nesta data ademáiis da obra de Teatro conxunta entre o noso instituto e o “CPI RECIMIL” colaboramos os dous cen-tros e fixose no noso unha fermosa exposicions de dibuxos da larga historia de Galicia, moitos alumnos de primeiro participa-ran o ano anterior na confección detes debuxos e tamen se colgaron retratos de todos os autores homenaxeados nas letras galegas.

Os alumnos de primeiro foron este ano os encargados da pegada de carteis sobre: Luis Ángel Sánchez Pereiro, que é un autor máis coñecido como Lois Pereiro.

Este autor maila non ser moi coñecido, chamounos a aten-ción por ser un representante da mobida dos oitenta na nosa cultura galega.

Naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 .Comezou a escribir con 15 anos, marchou a Madrid onde fundou a revista Loia, 1981 na Coruña, unese á revista La Naval, en esta época participou en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985) e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Animal e Luzes de Galiza. Nesta última publicou en 1997 os oito capí-tulos da novela corta Náufragos do Paradiso, no 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia. Parecenos un inadaptado e insatisfeito coa vida,moi moderno e que co-necta ven con nós.

Para dar a coñecer a súa poesía colgamos no blog da biblioteca actividades interactivas de com-pletar ocos, con algún dos seus poemas que máis nos chamou a atención. A todos nos sorpren-deu o poema do seu epitafio.

Cumplese este ano o 70 aniversario da publicación da peza teatral de Castelao

Os vellos non deben namorarse, que se estreou en Bos Aires no 1941, pero que comenzara a escribir dez ano an-tes, 1931.Por iso os fixemos unha ad-patación desta obra para celebar o día da letras galegas.

LETRAS GALEGAS

Page 20: Haiche outra 2011

20

TEATRO

Page 21: Haiche outra 2011

21

Os vellos non deben de namorarse Este curso no instituto representamos a obra de teatro “Os vellos non deben de enamorarse “ (Castelao). Gra-zas a José Luis Paz, que foi o noso director nesta obra, e fixo todo o posible para que todo funcionase. Comezamos en setembro, cada venres no salón de actos. Ao principio, os ensaios eran aburridos, pois non tiñamos gran cousa que facer, e os que non actuaba-mos, ou faciamos unha soa escena, tiñamos que estar case todo o rato mirando para os que actuaban, sen facer nada. Máis ou menos, a partir do segundo trimes-tre, os ensaios fóronse animando, e agora xa pensa-mos en voltar a facer teatro canto antes. A obra tamén contou con música en directo. No principio da obra e nos cambios de escenario, soaba música de gaita e percusión, que tocaban María Chao e Patricia Sequei-ro; no medio da obra, despois da terceira escena, re-presentouse a canción Lela, na que cantaban Raquel Lamas, Candela Ferrer e Jorge Trillo, a guitarra a toca-ba Sergio López; a última escena, a do enterro, estaba acompañada pola marcha fúnebre, que tocaba Raquel Lamas. Cando gravamos a obra, algunhas escenas tivemos que repetilas varias veces, porque, ou nos entraba a risa, ou esqueciamos os diálogos, ou as entradas. Nos días en que estivemos gravando, rematabamos tarde, aínda que temos que recoñecer que o pasamos real-mente ben gravando a obra en vídeo. Na representación en directo que se fixo para a cele-bración das letras galegas, estabamos bastante ner-viosos, sobre todo os que cantabamos, xa que era un cambio moi grande o de actuar para os compañeiros de todo o Instituto. O vestiario era moi completo e bastante realista, grazas a Vily, que foi a encargada de darnos a roupa adecua-da para cada personaxe, e de maquillarnos, con axuda de Viki . Os decorados eran espectaculares, cando os vimos, ata nós nos sorprendimos do ben que quedaran; pintounos o profesor Alfredo Fuertes. A represetación é unha adaptación en tres escenas dos lances primeiro e segundo da obra de Castelao.

ACTORES Alejandro Rosas: O Botica-

rio. María Chao: Lela. Mónica Arribe e Edgar Vilaboy: Retratos dos pais do Boti-

cario. Elina Bardanca, Nerea Bernal, Marta Pego, Alicia Buga-

llo: Irmás do Boticario. Cristian Iglesias: A Morte. Miguel Iglesias: Garda civil. Antía Rodríguez, Alicia Caínzos, Antela Castro, Antía

Casal, Mirian Hidalgo e Paula López: Mulleres. Paula Tellado: Crego. Adrián Novo e Cristian Regueiro: Soterradores. Jorge Trillo: Narrador.

MÚSICA Raquel Lamas, Candela Ferrer e Jorge Trillo: Voces e

música. Sergio López: Guitarra. Patricia Sequeiro: Percusión.

EQUIPO TÉCNICO Rubén Iglesias: Técnico de luces. Álvaro Flores: Telón. Sergi Pita e Cristóbal Fuentes: Axudantes de decorados. Alfredo Fuertes: Decorados. Mª José Vilaboy (Vily): Vestiario. Eliseo Nadales: Cámara. Jesús Busto: Montaxe da obra en vídeo. Juan Casal: Supervisión musical / Produción.

OUTRAS COLABORACIÓNS: Departamento de madeira e de música. José Luis Paz: Dirección e guión adaptado. Alicia Cainzos e Raquel Lamas

Page 22: Haiche outra 2011

22

O “cómic” é unha actividade que estamos a facer con Juan Casal, o coordinador da biblioteca. A finalidade é que empreguemos o galego para expresar-nos, ler, aprender e divertirnos.

Este ano fixemos “Astérix e Cleopatra” e o resultado foi realmente bo: Juan esforzouse moito coa música e os efectos especiais e os dobradores son xeniais, estes son algúns:

Sergi Pita como Astérix, Alejandro Rosas como Obélix, Cristóbal Fuentes como Panorámix, e eu son Cleopatra, Sergio Alba como César, Esteban López como Edificatis (o malo), Alejandro Segura como Numerobis (un arquitecto exipcio moi chapuceiro); o outro malo (Parafusoris) é Rubén Iglesias. Alicia Bugallo e Nerea Bernal son as narradoras, Laura Naveiras fixo os varios personaxes, Sergio Dopico é o catador de Cleopatra, Cristian Iglesias é o centurión romano. Tamén hai moitos exipcios e romanos, para o que contamos con Raquel Lamas, Candela Ferrer e Alicia Caín-zos, e David Pedre, entre outros, e dobramos …ata Idefix, o cade-liño de Obelix!

O certo é que o pasamos moi ben alí dentro, e facemos parvadas constantemente (por exemplo, a min gústame sentar na papelei-ra…) e aínda por riba, despois saen as tomas falsas e daquela si que botámonos polo chan ca risa, porque algunhas son boísimas. Non sei por qué, moitas destas tomas acaban en “¡puagh!”, debe ser algo natural. Un día eu dixen: Edificatis… ¡puagh! E outras veces atascámonos en palabras e tamén rematamos así.

Despois do duro traballo de poñerlles voz a todas e cada unha das viñetas do cómic, ven o aínda máis duro traballo de encaixalo todo no seu sitio. Isto sen unha boa planificación é imposible, porque leva moito tempo, pero entre todos todos sempre o conseguimos. Pero non so hai voces, este ano tivemos outros colaboradores como é José Luís que fixo un gran guión de sonidos para Juan, ou Tino, que participou na montaxe.

Ao final, é moi satisfactorio ver o resultado despois no salón de actos e saber que ti tamén estás detrás de todo, por iso anímovos a participar o ano que ven, e insisto: ¡Divertirédevos!

Este curso seguimos alimentando os blogs do instituto e creamos outros novos. Entre os blogs antigos atópanse os blogs da biblioteca, e os dos alumnos do primeiro ciclo da ESO e entre os novos, os de relixión, os de Dani o profe de lingua, os de os alumnos de tecnoloxía e os de algún alum-nos do instituto que son chulísmos como o novas de ferrolterra news, o de deportes de Héctor, en fín moitas iniciativas.Para crear os nosos blogs utilizamos algunas ferramentas e vou a presentar as que nos resultaron máis útiles de distintas páxinas:

Slideshare: No slideshare, subimos as nosas presentacións en Power Point para poder elazalas nos blogs.

No issuu, podemos subir os nosos documentos de PDF para que se vexan en forma de revista para os blogs.

Educa Play: Con Educa Play pódense crear actividades de ordear palabras, completar, sopas de letras, encrucillados ,emparentar, dictados, adivi-ñas,mapas…

Jigsaw Planet: Con Jigsaw Planet podemos crear puzzles coa imaxe que queira-mos, incluso cunha foto nosa.

Greet Valley: Úsase para crear texto animados e con imaxes.

Logo os nosos gadgets favoritos atopámolos en:

Bunnyhero Labs: Sirve para crear mascotas virtuais para os blogs.

Tamén engadimos nos nosos blogs gadgets como reloxos, calendarios e reprodu-tores de música ou videos de you tube.

Tamén enlazamos películas ou videos de canles como youtube.

Esperamos que vos gusten e que vos animedes a seguir visitando os que xa están e a crear o voso propio blog.

ALICIA BUGALLO

A voz do cómic

OS BLOGS DO INSTITUTO

Alicia Bugallo

Marta Pego

Page 23: Haiche outra 2011

23

Esta é una das actividades da biblioteca que máis xente coñece no instituto, por dús razóns fundamentalmente: primeiro porque é una actividade de longa tradición no centro, foi o equipo da biblioteca quen na inventou hai motísimos anos. E en segundo lugar porque é unha actividade na que participan conxuntamente alumnos da ESO, BACHARLATO e FP.

Neste curso a participación foi de 30 equipos que xogaron a este xogo durantes 5 semanas.

Todos os día se publica unha pregunta que respostamos antes do 1º recreo do día seguite. Se poñemos tamén o libro onde estaba a resposta, gañamos un comodín que podemos cambiar por una pregunta que non saibamos.

Ó principio da seman publícase tamén, O PISTA A PISTA,que é una adiviña, canto antes a resolvas , máis puntuación acadas. Para a fin de semana, publícase o preguntón, que é unha proba máis complexa e por iso temos máis tempo.

Para non ter problemas cando nos inscribimos os equivos validan as súas firmas para que ninguén deixe na furna unha resposta por nós.

Este ano, por primeira vez, todas as probas da olimpíada, e as respostas foron publicadas na páxina web do instituto.

Nesta edición os gañadores da categoría “Junior” foron

1º Clasificado: Grupo ESTE-LIOS KONTOS, formado por

Carlos Amado López

Pablo Busta-bad Gomes

Gabriel Casal

A actividade do club de lectura, integra a dez participantes, dos niveis de 2º e 3º da ESO, e 1º de Bach. Este ano está coordinado polo profesor de lingua e literatura castelá Daniel Iglesias.As reunións tiveron lugar os venres,ás 10’10. Durante o primeiro trimestre, os rapaces e mais os profesores expuxemos os nosos gustos literarios e os nosos libros preferidos. Durante o segundo trimestre, intercambiamos experiencias de lecturas en común. Durante o terceiro trimestre puxemos en funcionamento un foro dixital, http://labiblioteca.foroactivo.com/ , xa que nos demos conta de que o blog non chegaba aos alumnos como era debido e non o sentían coma seu. Foi unha iniciativa dun dos seus membros (Alejandro Rosas, de 3º da ESO), quen o confeccionou partindo de ce-ro.

Rodríguez

De 2º da ESO

2º Clasificado: Grupo 2+1, formado por

Emilio Acción García

Alicia Bugallo Pérez

Nerea Bernal Fernández

De 2º da ESO

3º Clasificado: Grupo LAS VAMPIRESAS, formado por

Candela Ferrer Montero

Raquel Lamas Pérez

Alicia Caínzos Urtiaga

De 1º da ESO

e na “Genius”:

1º Clasificado: Grupo OS BENZEMALOS, formado por

Alberto Montenegro Prado

Adrián Losada Mahía

Felipe Pérez Dopico

Do ciclo superior de electrónica

2º Clasificado: Grupo OS CHUSTAS, formado por

Francisco García Novo

Eddie Pérez García

Christian Varela de Bernardo

Do ciclo superior de electrónica

1º Clasificado: Grupo ALIR, formado por

Alfonso Couce López

Irma Vilariño Fernández

Do ciclo de madeira

Os nosos parabéns a todos os participantes e por suposto aos gañadores.

A Olimpiada Cultural

O CLUB DE LECTURA

Alejandro Rosas

Victoria e Lucia, 4º B

Page 24: Haiche outra 2011

24

AS EXPOSICIÓNS

ALFREDO FUERTES COA PINTORA DULCE ANCA, QUE IMPARTIU UN OBRA-DOIRO DE PINTURA QUE COMPLETABA A SÚA EXPO-SICÍON. ABAIXO, CO DE-BUXANTE LADISLAU DA REGUEIRA

Page 25: Haiche outra 2011

25

A viaxe polar foi a trepidante aventura na que un grupo de alumnos do instituto participamos nunha competi-ción durante toda unha fin de semana onde acampamos na praza de España. A actividade tiña coma finaidade con-cienciarnos a todos dos efectos do cam-bio climático nos polos.

Carlos Cajamarca, Uxía Casaleiro, Héc-tor Durán, Andrea Lomba, Mario Rodrí-guez, Bruno Saavedra, Rosmery Soto, Carla Toca.

Andrea Lomba

VIAXE POLAR

Page 26: Haiche outra 2011

26

En novembro do 2010 os alumnos dos ciclos medio e superior de desenvolve-mento de proxectos mecánicos, acompa-ñados polos profesores: Aurora Casa-nova e Antonio Bugliot, acudiron á EMAF(Exposición Internacional de Má-quinas - Herramientas e Accesorios)que inclúe a visita ó SIMIEX: Salón Inter-nacional de Mantenmento Industrial, PORTUGAL METAL: Salón de Produc-tos de Metalurxia e Metalomecánica, INTERINDUSTRIA:S alón de Produc-tos e Servicios para a Industria.

Esta bienal está adicada ós profesinais do sec-tor, o que lles permite ós nosos alumnos obser-var en funcionamento maquinarias e procede-mentos de última xeración. Isto supón contem-plar o máis novidoso que se está a instalar nas empresas e por tanto familiarizarse coas innova-cións técnolóxicas que atoparán no futuro nos seus postos de traballo.

BIENAL DE PORTO

LORENA ARES

Page 27: Haiche outra 2011

27

POR SETIMO ANO CONSECUTI-VO , VEÑEN DE CELEBARSE NO MES DE MARZO, NO INSTITUTO FERROLTERRA, AS XORNADAS DE ENSINO EMPRESA QUE TE-ÑEN POR OBXECTIVO POÑER A DISPOSICIÓN DOS ALUMOS E PROFESORES UNHA CANLE EFI-CAZ DE COLABORACIÓN E CO-MUNICACIÓN ENTRE O MUNDO DA EMPRESA E DO ENSINO.

OS ALUMNOS DE TODAS AS RA-MAS DE FORMACIÓN PROFESIO-NAL TEÑEN OCASIÓN DE COÑE-CER AS NOVIDADES TÉCNICAS QUE AS EMPRESAS ESTAN A DESENVOLVER, E Ó TEMPO CO-ÑECER DE PRETO AS POSIBLIL-DADES TANTO FORMATIVAS CO-MA DE EMPREGO QUE SE LLES PRESENTA AO IN-CORPORASE Ó ÁMBITO LABORAL DA COMARCA

VII XORNADAS ENSINO-EMPRESA

Maria Chao

Page 28: Haiche outra 2011

28

Os alumnos de 2º ciclo de la ESO e 1º de bacharelato, despois das vacacións de Semana Santa fomos de excursión de fin de curso a Barcelona, acompañados polos profesores Emilio Hermida e Antonio Bugliot. Chegamos o primeiro día a Lloret de Mar, onde tive-mos tempo par descansar, coñecer a cidade e ir á praia. Na seguinte xornada fomos á cidade de Barce-lona para visitar a Sagrada Familia, a catedral e o barrio gótico; logo tivemos tempo libre e fixemos as compras. En Barcelona tamén vimos o impresionante estadio do Barça: o “NOU CAMP”, e o museo do club, cheo de trofeos. Vimos así mesmo, o acuario, visitamos o porto e fixemos unha breve singladura en barco. Por fín chegamos a Port Aventura. O parque era inmenso e nel están representadas catro culturas. Alí subimos ás atraccións máis atrevidas, como: o Furious Baco, o Dragon Khan e tamén nas atraccións mas relaxadas …Pola noite,saímos de xolda por Lloret del Mar. Alí coñecemos a marcha noctur-na e as súas discotecas, como: O Zoo, Tropic...O retorno foi duro, despois de días de diversión e múlti-ples anécdotas, faise difícil voltar a estudar, aos horarios e á rutina.

VIAXE A BARCELONA

Yerai, Dani Pato, Maria, Lorena, etc

Page 29: Haiche outra 2011

29

PRODUCCIÓN PROPIA

UN DÍA AO SOL Estase ben así, creo que vou quedar un momentiño máis. Foi unha noite fría, para a estación na que esta-mos, e agora que sae o sol esta morneza e a sensa-ción do orballo evaporándose sobre a pel da caluga é para gozar da preguiza. Se puidese estiraríame como os gatos diante do fogón. - Oe ti Érguete dunha vez! Estás a romper a forma-ción e déixanos a todos en evidencia. Abrín os ollos, Ben, é un dicir. Tería aberto os ollos se os tivese, pero nós temos outras formas para percibir o ámbito, así que, para entendernos, abrín os ollos e torcín un pouco a cabeza cara á miña esquerda. Con esforzo, que eses músculos os teño pouco desenvol-vidos. O Vello Xeral mirábame de esguello, dobrándo-se un pouco soamente para non descompoñer a súa figura ergueita. O de Vello Xeral acábaseme de ocorrer agora mes-mo. Vello, vello, non é. Despuntou un par de días an-tes ca min, pero no noso mundo iso pode supoñer unha eternidade. A verdade, sempre lle tiven un pou-co de respecto polo seu silencio e o seu porte altivo e adusto, pero esta mañá radiante véxoo todo doutra forma, non sei, ata creo que me vou tombar de lado e alá o Xeneral co seu marcialidade. -Está tolo! -Vainos buscar un problema a todos! -Vai provocar algunha catástrofe, seguro! Entre o calorciño e o cambio de postura, a sensación de confort era tan grande que me debín de quedar durmido outra vez, espertáronme os rumores que xurdían dende a fila de atrás. Toca erguerse, pois. - Xa era hora, gruñou o Xeneral. O sol está alto e es-tamos todos formados menos ti. Non lle fixen ningún caso, mirei para arriba e, efectiva-mente o sol estaba alto. Non pasara absolutamente nada. Ao lonxe víase a fileira de árbores, como sem-pre. O campo veciño sementado de trigo, víao agora estirando o colo, maduraba e mecíase coa suave bri-sa, cantaban os grilos e as andoriñas pasaban velo-ces á caza dalgún insecto. Por primeira vez mirei ao chan e sorprendinme ao ver o meu talo, alí, ben plan-tado. Notei como subían a auga e os nutrientes. Todo seguía igual. O feito de romper a formación, escapar da rutina, comportarme como un xirasol rebelde non cambiaba absolutamente nada. De ter podido berrar de contento teríao feito. Xamais un xirasol se escapa-ra da atracción do Sol. Polo menos, nos meus rexis-tros non encontrei nada parecido. Mirei o meu alredor unha vez máis e puiden comprobar que toda a se-menteira andaba revolucionada: uns xuntaban as ca-

bezas pipudas para cuchichear, outros inclinaban os seus talos cara a diante, outros decidiran inclinar a cabe-za para descabezar unha sestiña. O Xeneral, incorruptible na súa dignidade, permanecía alí, coa súa cabeza alta e seguindo ao sol con absoluta teimosía. Miroume de esguello e dixo: - Se non mantés o movemento do sol, se non cumpres o sagrado mandato dos xirasoles, este deterase e será o fin de todo. A túa rebeldía será a nosa ruína e a do mun-do enteiro. - Xa vexo, díxenlle. As súas palabras resoaron na sementeira e notei axita-ción. Algúns puxéronse firmes e cravaron os seus ollos no astro. - Non creo que a nosa actitude cambie nada, dixen. As cousas seguirán igual, uns iremos destinados a forraxe, outros remataremos na bolsa pequena de Facundo coas nosas sementes tostadas e cubertas de sal. Outros, se hai sorte, iremos á bolsa grande e serviremos para se-mentar outro novo campo de xirasoles. Agora véxoo cla-ro. O Sol sairá e poñerase como todos os días fagamos nós o que fagamos. A formación relaxouse de novo, seguiron os murmurios e ante a anarquía total sorprendeunos a noite. Durmín como unha pedra e espertei tarde. Abrín os ollos e vin, alá arriba como a vella estrela brillaba entre as nubes dunha preciosa mañá. O Xeneral mirábame cun xesto estraño, o seu talo lixeiramente inclinado. Diría mesmo que sorría. Endereiteime e mirei ao meu arredor. Xa non pareciamos un campo de xirasoles, con todas as cabezas ordenadas en fileiras de branco e amarelo. Di-ríase que eramos un prado salpicado de cor, sen máis orde que o das fileiras en que foramos plantados pero uns mirabamos para atrás, outros para os lados, outros nin sequera se levantaran aínda e, alá ao lonxe, preto da estrada, apoiado no seu vello tractor, un agricultor xa entrado en anos resgaba a cabeza cunha man mentres mantiña a gorra na outra e nos seus ollos se lía un asombro sen límites. Certamente hoxe é un día fermoso.

MARTA PEG

O

Page 30: Haiche outra 2011

30

I Campionato Galego da Formación Profesional.

GaliciaSkills 2010

No mes de novembro de 2010 celebrarase en Galicia o I Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2010. Este Campionato da Formación Profesional ten como obxectivo: - A posta en valor da calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional que se imparten nos centros da nosa Comunidade Autónoma.

- Motivar ao alumnado para a mellora da calidade da FP. - Recoñecer e estimular a labor do profesorado. - Potenciar as relacións dos centros nos que se imparten ciclos formativos coas empresas dos sectores correspondentes. - Seleccionar ao equipo galego que nos representará nos campionatos nacionais SpainSkills.

Page 31: Haiche outra 2011

31

Os gañadorer foron: da especialidade de reparación de carrozarías de vehículos.

OURO:Iván Picallo Cabalo , alunmo do profesor Juan Asensio Goicoechea,IES Ferrolterra .

E na especilidade de Tecnoloxía do automóbil.

En abril, organizadas polo Ministerio de Educaciócelebráronse en Madrid a XXXIII edición das Olimpíadas da Formación Profesional SpainSkills 2011, nas que estudantes de distintos ciclos formativos de formación profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla. Cada participante demostrou a súa competencia profesional durante catro días de competición a través dunha ou varias probas de carácter eminentemente práctico.

O noso representante IVAN PICALLO CABALO. Acadou a medalla de plata na competicion a nivel

Page 32: Haiche outra 2011

32