Gz Israel 02

8
Os feitos e as palabras son teimudos. As veces coma neste caso, tristemente teimudos. Cando afirmamos que "Contra Israel TODO vale" non imaxinaba que o delirio chegara tan nidio e clarificador desde a República Islámica de Irán. Mais sobretodo, chegou do silencio triste da esquerda triste. Pregúntome: Cal sería a reacción mundial, e da esquerda en particular, se en Bélxica, Italia ou Portugal poñamos por caso, se organizase auspiciada directamente polo estado en cuestión unha conferencia pseudocientífica que defendera a supremacía "científica" da raza branca sobre as demais razas? Pregúntome: Organizaría a República Islámica de Irán unha conferencia de negación do Holocausto se este -o Holocausto- non tivera "afectado" ao pobo xudeu? Comezou coa perversa banalización do Holocausto. Agora ponse en cuestión a súa veracidade. Como Ser Humano non acepto por en cuestión, nin por pasiva nin moito menos por activa, o feito máis noxento da nosa historia recente. Dóeme moi especialmente o silencio cómplice por pasiva da esquerda. Da miña/nosa esquerda. Dos Saramagos, dos Esquiveles, dos Llamazares, dos BENEGÁS... Como se defender a Memoria dos millóns de vítimas do Holocausto representara ser "menos de esquerda ou menos progresista". Para min a negación da Shoá, do Holocausto, representa asasinar por segunda vez a millóns de seres humanos asasinados industrial- mente en aplicación das Leis de Nuremberg sobre Pureza Racial. Tiro da memoria e recupero algunha vella frase de noxo, de noxo e de tristura de quen en poucas verbas puido si achegarse, só achegarse, á inmensa escuridade que revisitar a Shoá deixa na alma de calquera que milite na súa condición humana. "O mundo de Auschwitz xace fóra da linguaxe tal como xace fóra da razón". George Steiner "¿Qué diríamos hoxe que é o indecible? O mundo de Auschwitz. Este mundo está máis alá da linguaxe, é a fronteira onde están as alambradas da linguaxe. Aramio de púas: o equilibrista camiña, descalzo, só alá arriba e trata de ver se é posíbel dicir algo sobre o que está doutro lado". Ricardo Piglia "Despois de Auschwitz escribir poesía é un acto de barbarie. Quen pode escribir poesía despois de Auschwitz?". Theodor Adorno PEDRO GÓMEZ-VALADÉS QUEN PODE ESCRIBIR POESÍA? www.galiza-israel.org [email protected] Nº 2 xan´07

description

Boletín nº2 do Colectivo Galiza-Israel

Transcript of Gz Israel 02

Page 1: Gz Israel 02

Os feitos e as palabras son teimudos. As veces coma neste caso, tristemente teimudos. Cando afirmamos que "Contra Israel TODO vale" non imaxinaba que o delirio chegara tan nidio e clarificador desde a República Islámica de Irán. Mais sobretodo, chegou do silencio triste da esquerda triste. Pregúntome: Cal sería a reacción mundial, e da esquerda en particular, se en Bélxica, Italia ou Portugal poñamos por caso, se organizase auspiciada directamente polo estado en cuestión unha conferencia pseudocientífica que defendera a supremacía "científica" da raza branca sobre as demais razas? Pregúntome: Organizaría a República Islámica de Irán unha conferencia de negación do Holocausto se este -o Holocausto- non tivera "afectado" ao pobo xudeu?

Comezou coa perversa banalización do Holocausto. Agora ponse en cuestión a súa veracidade. Como Ser Humano non acepto por en cuestión, nin por pasiva nin moito menos por activa, o feito máis noxento da nosa historia recente. Dóeme moi especialmente o silencio cómplice por pasiva da esquerda. Da miña/nosa esquerda. Dos Saramagos, dos Esquiveles, dos Llamazares, dos BENEGÁS... Como se defender a Memoria dos millóns de vítimas do Holocausto representara ser "menos de esquerda ou menos progresista". Para min a negación da Shoá, do Holocausto, representa asasinar por segunda vez a millóns de seres humanos asasinados industrial-mente en aplicación das Leis de Nuremberg sobre Pureza Racial. Tiro da memoria e recupero algunha vella frase de noxo, de noxo e de tristura de quen en poucas verbas puido si achegarse,

só achegarse, á inmensa escuridade que revisitar a Shoá deixa na alma de calquera que milite na súa condición humana. "O mundo de Auschwitz xace fóra da linguaxe tal como xace fóra da razón". George Steiner "¿Qué diríamos hoxe que é o indecible? O mundo de Auschwitz. Este mundo está máis alá da linguaxe, é a fronteira onde están as alambradas da linguaxe. Aramio de púas: o equilibrista camiña, descalzo, só alá arriba e trata de ver se é posíbel dicir algo sobre o que está doutro lado". Ricardo Piglia "Despois de Auschwitz escribir poesía é un acto de barbarie. Quen pode escribir poesía despois de Auschwitz?". Theodor Adorno

PEDRO GÓMEZ-VALADÉS

QUEN PODE ESCRIBIR POESÍA?

www.galiza-israel.org [email protected]º 2 xan´07

Page 2: Gz Israel 02

“Quero facer estoupar o corazón da mentira”, asegurou un exultante Robert Faurisson, coreado polas vivas e os apaixonados aplausos. Coñecido negacionista francés, viña de ser condenado no seu país por negar o exterminio nazi contra os xudeus, pero iso non lle impediu gozar dunhas lindas vacacións pagas no balneario de Irán, e participar placidamente como relator no congreso que o fascismo iraniano montou sobre o Holocausto. Nos corredores do congreso, David Burke, ex dirixente do Ku Flux Klan, mostraba a súa felicidade aos escasos xornalistas europeos que seguian o acto, e aproveitaba para falar da “vergonza” occidental, represora da liberdade de expresión. Por suposto Irán era, no imaxinario do coñecido racista americano, un modelo de liberdades. Tamén din as crónicas que os representantes iranianos non estaban de todo o felices, que quixeran dar unha aparencia “científica” ao congreso, e que se lles escapara das mans. Que se convertera, finalmente, nunha orxía de negacionistas, nazis de todo pelaxe e toda unha longa familia de coñecidos antisemitas que poboan librarías e panfletos do mundo, para desgraza da intelixencia e da xustiza. Só faltaba o bo de Mel Gibson… É dicir, o congreso de Irán sobre o Holocausto resultou un gran espectáculo de odio e desprezo ás vítimas xudeas da Shoah, pago con diñeiro público dun estado, membro da ONU, cuxa influencia no Islam, en Medio Oriente e no mundo, é máis que notoria. Por suposto, o presidente Ahmadinejad volveu a ameazar a Israel, pediu a súa desaparición e animou a todos os musulmás a facela efectiva. En conclusión: apoloxía do odio, ameaza bélica dun país contra outro, exhibición pública sen complexos da orxía antisemita, e finalmente unha notoria inhibición e indiferenza do mundo, perfectamente exemplarizada no malvado silencio da Organización

de Nacións Unidas. Se de algo serviu o congreso de Irán, desgrazadamente foi para confirmar o xa sabido: demostrar que se pode facer apoloxía do negacionismo nazi, e non padecer ningunha consecuencia. Porqué teño decenas de amigos que pertencen ao terríbel naufraxio do Holocausto; porqué lembro a miña amiga colombiana, cuxa avoa perdera completamente o coñecemento do polaco, a súa lingua, cando foi rescatada, con 13 anos, de Auschwitz, despois de ver desaparecer a toda a súa familia; porqué lembro a mirada tremente dunha supervivente en Chile, que me dicía, entre bágoas, que nunca, ningún europeo lle pedira perdón; porqué lembro aquel home tristeiro que coñecín en Santiago, cuxo pai, músico de profesión, foi obrigado a tocar o violín mentres executaban á súa familia; porqué foron máis dun millón de nenos; porqué desapareceron dous terzos da poboación xudea europea; porqué decenas de pobos, coa súa vida xudea de séculos, cos seus poetas, os seus mestres de escola, os seus agricultores, os seus comerciantes, os seus médicos, os seus cativos e os seus avós, as súas mulleres e os seus homes, todos, de súpeto, desapareceron do mapa para sempre. Fume, só fume. E algúns queren que non sexan nin tan só lembranza. Fume e esquecemento. Por tanta dor, por tanta maldade, por tanta traxedia que me pesa no alma coa culpa de séculos que Europa acumula, por todo me sinto profundamente triste, profundamente perdida e profundamente derrotada. É certo.

O racista Burke ten motivos para estar exultante: alimentar o odio aos xudeus e burlarse do exterminio que padeceron seis millóns de persoas, sae de balde, totalmente de moca. A quen lle importa? Que país retirou o embaixador iraniano do seu territorio? Quen pediu explicacións na Asemblea Xeral da ONU? Quen enviará ao cárcere aos que participaron nesta apoloxía da maldade? Quen se sentirá conmovido? De todas as moitas, tantas veces que escribín que os xudeus están sós diante da súa desgraza, e que Israel está só diante da súa supervivencia, esta é a que máis datos teño para estar segura de iso. Pregúntome. O mundo permitiría un congreso oficial, público, legal, a favor do racismo? Non se farían todo tipo de actos de solidariedade e protesta? Non se expoñerían boicots económicos, militares e a diplomacia esgotaría todos os recursos para evitalo? As organizacións de esquerdas, non terían saído á rúa, indignadas pola apoloxía da maldade que representa o racismo? SOS racismo non poría o grito no ceo? E os Saramagos do mundo, non expresarían a súa rabia profunda? Pero cando o racismo se perpetra contra os xudeus, vítimas da maior aniquilación da historia, o mundo considera que este non é, nunca foi, o seu problema. Da impunidade renace, rabioso e reforzado, o odio. E, co odio reforzado, todas as portas do mal fican abertas. Di un vello refrán: “cando o teu inimigo asegura que quere matarte, tes que crelo. Que deben pensar os israelís diante das ameazas reiteradas de destrución, por parte de Irán, país que impunemente conseguirá bombas atómicas? Que deben pensar os xudeus de todo o mundo? Pensan que están sós. Que sempre estiveron sós diante do odio antisemita.

PILAR RAHOLA www.pilarrahola.com

GALIZA-ISRAEL 2 2

APOLOXÍA DA MALDADE

Page 3: Gz Israel 02

Un chiste macabro di que a enfermidade de Alzheimer brinda un gran beneficio: só permite coñecer xente nova... Pero causa o enorme dano de borrar a propia historia. E isto non é un chiste. A traxedia palestina, ao marxinar a Historia, obtura as súas vías de solución. Díxose a miúdo que os palestinos «non perden a oportunidade de perder a oportunidade». E isto é así porque non lembran os seus propios erros e, en consecuencia, non advirten que poden atopar a súa independencia e prosperidade á volta da esquina. Que cousas tan importantes esqueceron? Por razóns de espazo, só podo brindar unha síntese. Ao terminar a II Guerra Mundial, Palestina estaba baixo o mandato colonial de Gran Bretaña. A comunidade xudía profundizou a súa loita emancipadora porque, desde finais do século XIX, viña construíndo o seu Estado e non aceptaba algo que non fose a independencia. Fundara centenares de kibbutz, escolas, hospitais, camiños, granxas, teatros, forestou ermos,

canalizou a auga e ata edificou Tel Aviv sobre dunas de area. Creou a primeira universidade, a primeira orquestra sinfónica e o primeiro instituto científico de Oriente Próximo. Tiña aparello administrativo e Forzas de Defensa. Gran Bretaña, que contaba co apoio da comunidade árabe de Palestina e da Liga Arabe que ela mesma axudara a fundar, elevou o problema ás Nacións Unidas coa esperanza de que condenasen as pretensións xudías e puidese continuar o seu mandato. Formouse un comité integrado por países neutrais que recomendou a fin do tempo colonial británico e a partición de Palestina en dous estados: un árabe e outro xudeu. As fronteiras do Estado xudeu foron debuxadas segundo as poboacións predominantemente xudías e o resto foi adxudicado ao Estado árabe. Ambos manteríanse unidos por cruzamentos territoriais e a complementación económica. Que pasou? Os xudeus aceptaron o veredito. Aínda que non se lles facía un agasallo porque Israel xa existía grazas á suor dos seus habitantes, se

lexitimaba o seu anhelo de soberanía. Os árabes, en cambio, rexeitaron a oferta e proclamaron a súa intención de botar a todos os xudeus ao mar. En efecto, apenas Israel proclamou a súa independencia, sete exércitos árabes violaron a decisión das Nacións Unidas e asaltaron o exiguo territorio. Os xudeus carecían de armas: ninguén se as vendía porque consideraban imposible que puidesen sobrevivir. O único país que accedeu a proporcionárelas foi Checoslovaquia porque supoñía que o socialismo do flamante novo estado o levaría á órbita soviética. En conclusión, se a agresión árabe triunfase, non existiría Israel. Pero a Historia foi distinta. A guerra a quixeron e forzaron os árabes, non Israel. E perderon. Aí comezou a traxedia palestina. Por culpa dos seus dirixentes. De ter actuado con sensatez, en 1947 xa terían o seu Estado propio. Logo da derrota, os países vencidos apoderáronse do que quedaba de Palestina. Gaza pasou a ser administrada por Exipto e Cisxordania foi anexada ao reino de Transxordania, que cambiou o seu nome por Xordania. En consecuencia, os territorios que corresponderían ao Estado árabe palestino foron devorados por eses dous países, non por Israel. Pero durante 18 anos nin unha soa voz exipcia, xordana ou palestina reclamou convertelos nun Estado independente con Xerusalén Este de capital. Xerusalén Este quedara en mans xordanas, pero non foi convertida na súa capital nin foi a visitala ningún xefe de Estado árabe; era unha vila marxinal onde, iso si, destruíronse as centenarias

3 GALIZA-ISRAEL

O ALZHEIMER DO POBO PALESTINO

Page 4: Gz Israel 02

sinagogas, arrincáronse lápidas do Monte das Oliveiras para construír latrinas e prohibiuse o acceso dos xudeus ao Muro das Lamentacións. Os palestinos perderon outra vez a oportunidade de proclamar o seu Estado en Gaza e Cisxordania. Chegou o ano 1967. Os Estados árabes, impulsados polo entón presi-dente de Exipto Gamal Abdel Nasser, decidiron termi-nar con Israel. Bloquearon o golfo de Akaba e esixiron o retiro das tropas de Nacións Unidas que evitaban o en-contrón dos inimigos. Pese aos desesperados rogos de Israel, as Nacións Unidas marcharon e deixaron libre a ruta do matanza. Pero Israel, que non tiña vocación suicida, non esperou a que fose demasiado tarde, a que a man do verdugo lle apreitara o pescozo. Estou-pou a Guerra dos Seis Días. A vitoria israelí foi impresi-onante. Pero non cambiou a realidade: Israel seguía sendo un pequeno Estado en medio do océano árabe.En consecuencia, tendeu as mans aos seus inimigos e ofreceu negociacións de paz que incluían a devolución de territorios. Os líderes árabes reuníronse en Jartum para dar a súa resposta. E a resposta foron os arrogantes e famosos Tres Noes: non ao recoñecemento, non ás negociacións e non á paz co Estado de Israel. Os palestinos volveron a perder esa oportunidade. Agora esquecen que un falcón como Menahem Begin, para obter a paz con Exipto, reintegroulle xenerosamente ate o último gran de area do Sinaí. E que ademais obsequioulle pozos petrolíferos, rutas, aeroportos, os complexos turísticos de Taba e Sharm El Sheik, desmante-lando incluso a cidade xudía de Yamit, construída entre Gaza e o

Sinaí. Vale a pena lembrar que quen estivo a cargo da penosa tarefa de sacar aos colonos israelís da península foi o entón xeneral Ariel Sharon. Debo obviar outros feitos para referirme á última, magnífica e xa esquecida oportunidade desperdiciada. Acon-teceu en Camp David II. O primeiro ministro israelí, Ehud Barak, máis pacifista que Rabin, ofreceulle á Autoridade Nacional Palestina todo o que pretendía (menos a autodes trución, por suposto). Arafat replicaba cun monocorde non. Clinton reprochoulle, irritado: Abonda de dicir non: faga as súas propias propostas». Non as fixoo. Non as fixo porque conducirían á paz. O líder israelí volveu tristeiro: ofrecera sen resultado moito máis do que o seu pobo aceptaría. Arafat volveu alegre porque continuaría a guerra que o mantiña na primeira páxina dos diarios de todo o mundo. A súa vida de combatente outórgalle máis medallas que a aburrida administración dun país. Era obvio que poucos días despois ía lanzar a segunda, innecesaria e criminal Intifada. Digámolo sen covardía: entre a creación dun Estado palestino pacífico e a promocionada Inti-fada, Arafat elixiu a Intifada! Se agora non existe un Estado palestino independente é por vontade da dirección palestina, non de Israel. Hai que denunciar esta verdade simple e dura. Do contrario, afondarase na estéril traxedia que enloita a Oriente Próximo e demora unha solución que está ao alcance da man. A enfermidade de Alzheimer impide lembrar que esta

Intifada foi decidida antes de Camp David, como confesou o ministro palestino de Comunicacións. Non estoupou contra Sharon, que nin sequera era ministro, senón contra o pacifista Barak, quen durante os cinco meses que lle quedaban no Goberno recorreu a todas as declaracións e negociacións posibles, directas e indirectas, para que cesase a violencia e continuase o proceso de paz. Non houbo receptividade, non houbo un só día sen ataques palestinos e o efecto inevitable foi o triunfo electoral do primeiro ministro Ariel Sharon. Desde hai décadas, en Israel actúa o Movemento Paz Agora, que dinamiza a un millón de adherentes. Que movemento pola paz existe entre os palestinos? Non pido que reúnan 100.000, nin 10.000. Conformaríame con só 1.000! Pero iso non é posible porque a súa dirección estimulou a perda da memoria e un desmesurado crecemento do odio. Os palestinos, despois de cada nova frustración, dedícanse a matar xudeus. «Haberá paz», dixo Golda Meir, «cando amen aos seus fillos máis do que ódiannos a nós». Esta tamén é unha simple e dolorosa verdade.

MARCOS AGUINIS

(Escritor e gañador do Premio Planeta coa novela “La cruz

invertida”)

GALIZA-ISRAEL 4 2

Page 5: Gz Israel 02

O diario de Ana Frank, desde a súa primeira edición en 1947, foi traducido a preto de 60 linguas e se teñen impreso máis de 20 millóns de exemplares. Tamén contou con distintas versións cinematográficas e tetarais. Por primeira vez, as verbas de Ana Frank -no ano en que se celebra o 75 aniversario do seu nacemento- cobran vida en galego, nunha edición da máxima calidade que está á venda xa nas librerías galegas. Como valor engadido, esta edición contén cinco páxinas inéditas do diario, que viron a luz por primeira vez hai dous anos. A Editorial Kalandraka presenta unha coidadísima e fermosísima edición en tapa dura e ilustrada con 17 fotografías artísticas de André Pinal. O fotógrafo fai unha dupla, e mesmo unha tripla lectura reflexiva, unha ollada emocional, poética e literaria. Afastándose dos elementos

histórico-documentais da obra, André Pinal capta momentos, espazos, paisaxes, imaxes que deixan pegada no lector, que suxiren e evocan emocións presentes na autora e protagonista de historia e que acaban sendo, a un tempo, tamén do lector: a angustia, a tristeza, a esperanza, o desexo de ir cara adiante, de superar a adversidade, de enfrontarse ao descoñecido. Todos estos elementos fan de DIARIO DE ANA FRANK unha obra redonda, única, necesaria e imprescindíbel nestes tempos. DIARIO DE ANA FRANK "Espero confiarche todo como non puiden facer con ninguén ate agora, que sexas para min un gran apoio"... Así comezou o 12 de Xuño de 1942 o seu diario unha rapaciña de 13 anos chamada Ana Frank. Ana pertencía a unha familia xudea alemana afincada en Ámsterdam. Durante a Segunda Guerra Mundial víronse obrigados a esconderse nun refuxio para evitar seren levados aos campos de concentración nazis. Dende o día do deu décimo terceiro aniversario, no que recibe de agasallo un diario, a cativa vai relatando as vivencias súas e da súa familia, e as persoas que compartiron con eles o encerro. Ana confía ao diario os seus medos, inquedanzas, o espertar á súa propia madurez, chegada de volta polo cambio repentino ao que a súa vida foi exposto, o cambio operado na xente que a rodeaba e os terribles acontecementos, o xenocidio e a barbarie que no exterior, fóra do

"Cuarto de atrás", vivía o pobo xudeo. Ana analiza e relata cunha ollada, primeiro inocente e co paso do tempo máis adulta e crítica, a vida en tres niveis: os procesos de cambio dentro do si mesma, o descubrimento do seu propio corpo, dos seus sentimentos; a relación coas persoas que compartiron con ela a obrigada reclusión (os seus pais, a súa irmá, o matrimonio Van Daan e o seu fillo Peter); e a realidade política e social do seu arredor. O diario vese interrumpido no ano 1944, cando a familia Frank e a Van Daar foron descubertos pola Gestapo e levados ao infelizmente famoso campo de concentración de Auschwitz. Ana faleceu en Berger-Belsen un ano despois de ser detida. O que en principio puido ser o diario dunha adolescente anónima, tense convertido en todo un símbolo, unha historia que pasou a formar parte da memoria histórica colectiva, un testemuño de milleiros de voces caladas durante o Holocausto. Hoxe máis que nunca un libro de obrigada lectura co pracer engadido de telo tamén traducido e editado na vella lingua de Rosalía.

5 GALIZA-ISRAEL

LIBROS

O “DIARIO DE ANA FRANK” editado en

GALEGO

Page 6: Gz Israel 02

"Shlomo Ben-Ami traballou incansable e valorosamente pola paz. O balance do que conseguiu e do que non puido conseguir, así como a análise do destino que nos depara, debería ser lido por todo aquel que desexe unha solución xusta e definitiva". Bill Clinton, ex-presidente de USA.

Shlomo Ben-Ami -diplomático, historiador, ex-embaixador e ex-

Itsjok Katznelson enfrontouse cara a cara co mal no gueto de Varsovia o 14 de agosto de 1942. Ao volver co seu fillo maior do taller no que traballaban, atopan a súa habitación baleira. A súa muller e os seus fillos menores foran deportados a un campo de exterminio. Á catástrofe colectiva súmase agora a persoal. No gueto está como en trance; escribe torrencialmente noite e día e os seus poemas circulan en centenares de copias que chaman á lucidez e á resistencia fronte ao gran obxectivo de exterminar e non deixar rastro. Consciente de iso, impulsado pola desesperación, Katznelson, preso ministro de Seguridade Pública e de Asuntos Exteriores israelí durante o goberno de Ehud Barak- realiza, nesta obra, un pormenorizado análise da súa visión, como testemuña de excepción, do conflito árabe-israelí. Para a elaboración deste libro, Ben-Ami apóiase no seu diario persoal, no que reflectiu innumerábeis detalles (algúns deles aínda segredos) dunha durísima negociación que culminou no Cumio de Camp David de 2000, e no que, por vez primeira en moito tempo, rozouse a posibilidade dun acordo de paz entre israelís e palestinos. A crónica e a análise comezan coa guerra de Independencia e o nacemento do Estado de Israel; a campaña do Sinaí de 1956 e a calma relativa posterior; a guerra dos Seis Días de 1967, a guerra do Yom Kippur, o auxe de EE.UU. entre 1973 e 1977; Camp David; a primeira Intifada; a guerra do Golfo e a conferencia de paz de Madrid; Rabin e Oslo; o impasse de Netanyahu; a Intifada de Al-Aqsa. Os capítulos finais abordan a crise do 11-S, a actual guerra de Iraq e a

agora nun campo de internamiento en Vitell, Francia,ao que lograra fuxir co seu fillo maior, grazas á axuda do movemento clandestino xudeu, compón unha elexía que canta o horror. Un mes antes da súa deportación a Auschwitz, onde se perden as súas pegadas, Katznelson oculta o manuscrito en tres botellas seladas e entérraas baixo as raíces retorcidas dun vello piñeiro, cuxas acenos difunde entre os seus compañeiros. O 12 de setembro de 1944 Vittel é liberado e unha interna, Miriam Novich, desenterra e dá a luz O canto do pobo xudeu asasinado.

reactivación do proceso de paz. Trátase dunha lectura de extraordinario interese, de obrigada lectura para quen desexe comprender a dinámica do conflito. Shlomo Ben-Ami é historiador formado en Oxford, Shlomo Ben-Ami distinguiuse polo seu traballo na Universidade de Tel Aviv, tralo cal se converteu en deputado laborista na Knesset, Ministro de Asuntos Exteriores e, por último, embaixador de Israel en España. Tivo unha participación crucial en moitas conferencias de paz árabe-israelís, de entre as que salienta o cumio de Camp David do ano 2000. Salientar outros libros editados tamén por Ediciones B “Israel, entre la guerra y la a paz” e “¿Cual es el futuro de Israel?”.

Edicións B (2006)

GALIZA-ISRAEL 6 2

LIBROS

CANTO DO POBO XUDEU ASASINADO

'CICATRICES DE GUERRA, FERIDAS DE PAZ ', de SHLOMO BEN-AMI

Page 7: Gz Israel 02

A Guerra no Medio Oriente dura xa sesenta anos. Hoxe, moitas persoas non están xá familiarizadas coa súa historia e orixes e non teñen nin sequera coñecemento dos feitos. Este estado de ignorancia é terreo fértil para quen, sen escrúpulos, forxa mitos para xustificar políticas destrutivas.

A máquina de propaganda creou moitos destes mitos para inflamar a súa guerra contra o Estado de Israel. Israel é a única democracia que no Medio Oriente elixe os seus gobernos en sufraxio libre, a única que garante dereitos aos seus cidadans e respecta eses dereitos. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di loitar polos "dereitos humanos". Cerca de un millón e medio de árabes viven como cidadans en Israel, elexindo aos seus representantes no Parlamento israelita e gozando de máis dereitos do que calquera cidadán árabe de calquera Estado árabe. Sen

embargo, Israel é a diana permanente de quen di loitar pola "xustiza social". A propia creación do Estado de Israel é referida polos seus inimigos árabes como "a Nakba", isto é, a "catástrofe", estando nisto implícito que Israel non debería existir. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di apoiar a autodeterminación e condenar o xenocidio. Israel foi vítima, desde a súa primeira hora, de unha agresión, que non provocou, por parte de cinco monarquias e ditaduras árabes; e ten sido vítima dunha guerra árabe que se prolonga ininterruptamente hai xa sesenta anos porque os Estados árabes se negan a facer a paz. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di desexar "a paz". Israel é vítima de ataques terroristas, como os dos homes suicidas que, xuntamente cos xudeus que eles queren aniquilar, matan igualmente mulleres e cativos palestinos.

Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di defender a humanidade e un futuro "libre". Como é isto posíbel? Como pode o mal vestirse coa toga da xustiza? Como pode unha guerra de xenocídio para destruir a un pobo democrático ser desculpada como loita pola "libertación nacional"? E, sen embargo, faise – através da creación de mitos políticos que racionalizan a agresión e xustifican a guerra contra a poboación civil.

George Orwell, en “1984”, o Ministro da Verdade do Estado totalitario proclama: "O coñecemento é Ignorancia, a Liberdade é a Escravitude".

A natureza do cinismo político non muda, o seu fito é sempre o mesmo: a deformación da memoria histórica, ao servizo do poder. "O combate do home contra o poder", escribe o autor checo Milan Kundera, "é o combate da memoria contra o esquecemento". Só a reposición da memoria pode destruir os mitos totalitarios e tornar o home libre.

O libro de Michel G.Bard “MITOS Y REALIDADES” recupera a memoria dos feitos que estan no cerne do conflito no Medio Oriente. Estes feitos son cruciais, non apenas para a reposición da historia que a política obscureceu, mais tamén para a sobrevivencia dun pobo que vive no pesadelo da súa propia destruccion.

Calquera persoa interesada na xustiza debera ler este pequeno gran libro.

7 GALIZA-ISRAEL

LIBROS

MITOS E REALIDADES

Page 8: Gz Israel 02

A Asociación Galega de Amizade con Israel, quere manifestar publicamente a súa máis enérxica condena perante o comezo do proceso denominado “revisionismo histórico do holocausto xudeu” propiciado polo Goberno islámico de Irán que e que pretende cuestionar a existencia do Holocausto. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos expresar o noso compromiso e respecto para con todas as vítimas da barbarie nazi e a súa memoria. Un dos principios fundamentais da nosa Asociación pretende

combater a perversa banalización do Holocausto. Feitos como o que hoxe denunciamos amosan que despois da banalización chega a pura e simple negación dun dos actos de barbarie máis negros da historia da humanidade. Condenamos todo evento, iniciativa ou declaración que pretenda cuestionar a existencia histórica do Holocausto. Instamos a todas e todos as galegas e galegos a reflexionar sobre o porque desta noxenta “conferencia”. O todo vale contra Israel chega a extremos delirantes con eventos pseudo científicos como o que estes días

terá lugar en Irán. Coa xustificación de atacar a Israel ampárase e apoiase unha revisión da historia que só pode producir noxo e tristeza en calquera que milite na súa condición de Ser Humano. A única garantía de que acontecementos como o Holocausto nazi non se repita, virá do non esquecemento. Pola Memoria dos millóns de asasinados industrialmente pola barbarie nazi.

Vigo, 12 de decembro de 2006

http://agai-galicia-israel.blogspot.com/

GALIZA-ISRAEL 8 2