Guión total 2015

42

Transcript of Guión total 2015

GUIÓN DE “UN MUSICAL DE CINE”

APERTURA DO PANO

Músicos tocan a pantera rosa mentres na pantalla proxectase o IES Sube a pantalla tras ela o coro canta "The lion sleeps Tonigth" diante da estada pechada ata que na 3ª volta soa "calma neno o meu doce neno... " Aquí ábrense as cortinas e vese o león durmido. 4ª volta: Mentres cantaruxan o león esperta, acicálase, sobe a orla e ao rematar a música solta o ruxido. O coro mentres cantaruxa (calma neno...) vai deixando o escenario saíndo a metade por cada lado

DESFILE PARTE 1 EL MURO

Coro grande ♫The Wall♫

Entrada de alumnos en dúas filas de dous cantando "the wall" e colocación aos lados da estada

Os alumnos do muro están colocados a tres niveis O nivel 1 desfilan y se colocan Os niveis 2 y 3 xa están colocados previamente.

COLOCACIÓN DE ALUMNOS

NIVEL 1

NIVEL 2

NIVEL 3

León dormido tras cortina de andamio

Coro delante del andamio

O coro mentres cantaruxa (calma neno...)

vai deixando o escenario saíndo a metade por cada lado

TRAMA 1

ESCENA PRESENTACIÓN PROFESORAS (Noelia, Deyanira e Ángela)

Saen do público a directora do colexio e as dúas axudantas. A directora leva a voz cantante. Dona Pepita camiñará case a saltiños e asentirá en plan pelota a todo o que diga a directora. Levará unha libretiña na man e apuntará. Dona Inocencia protestará debilmente, tentando amosar o seu criterio desde un punto de rebeldía sumisa, sen chegar a conseguilo claramente

DIRECTORA.- A único pauta é actuar sempre con firmeza e sen contemplacións. ¡Disciplina e man dura! como mandan os canons. DEYANIRA.- Siii, como mandan os canons señora directora, e como dita o ideario do código “Deber, ante todo deber”, o noso catecismo pedagóxico. DIRECTORA.- Disciplina e man dura … E aínda así... ÁNXELA.- Pero algunhas correntes aseguran que... DIRECTORA.- (córtaa en seco e búrlase) Aseguran que, aseguran que … teorías de ratos de biblioteca que nunca pisaron unha aula, e que non saben que aquí lidamos con “feras”. ÁNXELA.- Pois algunhas experiencias parecen amosar que o diálogo e... DIRECTORA.- Diálogo Diálogo, diálogo... ¡Andrómenas académicas!, señorita Inocencia DEYANIRA.- Creo que a señora directora ten razón porque precisamente eu o outro día quixen aplicar unha desas teorías de diálogo das que me tes falado, Inocencia, e

pregunteille ao alumnado que lles parecía a clase que lles acababa de dar e dixéronme que cantar diariamente a táboa periódica non lles molaba nada.

DIRECTORA.- irritadísima ¿Non lles qué? DEYANIRA.- Non lles mola... non lles gus... gustaba nada, señora directora. E iso que lle cambiara a música ese día canturrea Hidróxeno,helio, litio, berilio, boro, carbono, nitróxeno, osixeno... de fondo poden escoitarse tamén os alumnos cantando a lista DIRECTORA.- ¿E que lles gusta entón? ANXELA.- Imaxinar, razoar, deducir, crear, pensar... DIRECTORA.- ¿Pensar? ANXELA.- (apocada) Pensar, si... pensar DIRECTORA.- Pois abofé que como que me chamo María Virtudes Resurrección Ferro de todos os Santos... que hoxe esas feras ¡van pensar! Dá a volta cara aos alumnos. Berra. Alumnado: ¡Saúdo formal ! Destápase o pano dos alumnos. TODOS OS ALUMNOS.- Bos días señora directora DIRECTORA.- Ben, a vosa profesora, a señorita Inocencia acaba de dicirme que vos gusta pensar, así que na clase de titoría de hoxe ides pensar... Ides pensar... ¡sobre o voso futuro! Todos os alumnos montan un balbordo xogando cos conceptos pensar e futuro.

DIRECTORA.- !!!Silencio!!!

A ver Noe a ti que se che dan tan ben as matemáticas ¿Pensaches xa en ser economista ou contable? NOE.- Pois... ben... DIRECTORA .- Moi ben Noelia, moi ben (Solemne) Canto máis axiña se coñecen as capacidades propias, maiores son as posibilidades de acadar o éxito. E ti, Nuria, ¿que tes pensando facer no futuro? NURIA.- Xa xogando coa posición de cámara coas mans. A min gustaríame reflectir o

mundo, captar a vida coa miña cá... DIRECTORA.- ¡Mundo! ¡Vida! ¿Non quererás ser viaxeira ou exploradora? ¡Vaia

bobada! Seguro que Elisa non anda con tantas parvadas. A ver Elisiña ¿Que queres ser ti de maior? ELISA.- Eu perruqueira señora directora DIRECTORA.- Perruqueira. Moi ben. E ¿que quere ser Branca de maior? BRANCA.- Profesora, señora directora DIRECTORA.- ¡Profesora! Nobre arte o de ensinar, duro e difícil eh, pero nobre ELI.- Eu tamén quero ser profesora, señora directora, de música. DIRECTORA.- ¿De música? ELI.- De ... de … de ¡inglés! señora directora. DIRECTORA.- De inglés... Moito mellor... e a ver ti Marta MARTA.- ¡A deus poño por testemuña! Que o que eu quero... DIRECTORA.- ¿Ser que? ¿Ser que? ¿Que vas ser ti? ¡Con tantos paxaros na cabeza

e suspendendo física e química! E Ariadna, bonita, ¿que queres ser ti no día de mañá? ARIADNA .- (con medo) Eu, eu, eu DIRECTORA.- Si: ti, ti, ti ARIADNA .- Eu, eu,eu o que vostede queira señora directora DIRECTORA.- Moi ben, moi ben, así me gusta que vos deixedes guiar polos que

sabemos. DIRECTORA.- ¿E ti, David? DAVID.- Técnico. DIRECTORA.- Ben. É necesario que haxa homes coma ti que nos arranxen as

lavadoras. DAVID .- Lavadoras si, máis ou menos... DIRECTORA .- E ti Roi, ¿como ves o tu futuro? ROI.- Pois, como dixo Woody Allen: “Interésame o futuro porque é o sitio onde vou

pasar o resto da miña vida”. DIRECTORA.- ¡Bah!, déixate de filosofadas que tanto darlle voltas á cabeza non

conduce a nada. A ver fáltame Rodolfo. ¿Que queres ser ti de maior? Rodolfo está despistado e a directora incrépao de novo ¡Rodolfo!

RODOLFO.- ¡Si! ¡si! DIRECTORA .- Anda que ti es vago ata para abrir a boca. E ... Elsa, Eduardo, ¿que

bisbades polo baixo? EDU E ELSA.- Nós ¡¡¡¡queremos facer CINE!!!! DIRECTORA.-enfurecida ¿Cine? BALBORDO DE ALUMNOS.- sobre o cine, que ben.... que ben, cine guay, a min … Acaban dicindo todos CINE fagamos cine!!! e comezan a adoptar en pantomima os oficios de cine destinados a cada un.v DIRECTORA.- Cine cine cine... saídeme de diante todos! Como pensades ter un futuro pensando nesas parvadas... ¡Castigados todos! ¡20 voltas ao ximnasio e 200 flexións!

MURO 2º PARTE

Saída de alumnos en dos filas de dous

cantando “the wall”

TRAMA 2

ESCENA EN PASILLOS: ALUMNOS TRANSICIÓN A PANTOMIMA

No momento en que sae a última fila do Muro, Edu e Elsa entran polo outro lado do escenario, con sendas orellas de burro. De fondo escóitanse os alumnos facendo unha táboa de ximnasia e á directora dando ordes enérxicas.

EDU E ELSA.- Hidróxeno, helio, litio, berilio, boro, carbono, nitróxeno... Cando están a metade da táboa van aparecendo por detrás Noe (Produtora), Nuria (cámara), Elisa (perruqueira), Ariadna (maquilladora), Branca (script), Marta (actriz), Uxía (actriz), Roi (actor), David (técnico de son), Rodolfo (iluminador).

EDU E ELSA.-...osíxeno NOE.- Respirade tranquilos que nos si que vos imos dar “osíxeno ELSA.- ¿que dis? EDU.- ¿ ¿Pero que facedes aquí? ¿Non tiñades que estar facendo flexións? NURIA.- A directora púxose mala... DAVID.- e quedou vixiándonos a señorita Inocencia... NOE.- que fixo como que contaba mal e deixounos marchar antes de rematar... RODOLFO.- ¡As 200... flexións! ARIADNA.- E A señorita Inocencia non dá tanto medo coma as outras. ELISA.- Ben que.. NOE.- ¡que estamos todos dacordo! EDU.- ¿De acordo en que? UXIA.- ¡En facer a película! EDU.- Pero nós non falamos de facer cine agora... ELSA.- ...falamos de facelo no futuro EDU.- ¡Non temos coñecementos, non temos permiso, non temos medios! ROI.- “¿Tan perdedor es que non te decatas cando gañas?” NOE.- Temos máis medios dos que tiñamos Edu. NURIA.- Si verás: Esta mañá estabamos castigados na biblioteca e a señorita Pepita

que nos estaba vixiando... NOE.- púxose mala e tivo que saír pitando para o baño. DAVID.- Deulle unha cagarría que case se vai pola pata abaixo. BLANCA.- Ben pois cando a señorita Pepita saíu... ELISA.- Roi quixo ir ver se gardaba os exames no caixón ARIADNA.- ¡A min deume un medo! ROI.- o caso é que coas presas tropecei NURIA.- …e fuches bater contra un libro que sobresaía dun dos estantes UXIA.- E de repente ao andel todo empezou a xirar e.... MARTA.- E a deus poño por testemuña... ¡que aquilo era Hollywood! EDU.- Si, ¡un cuarto incrible! NOE.- Tan grande coma o ximnasio e con todo preparado para rodar. MARTA.- Si hai de todo... pero ben, xa sabedes que o máis importante para facer unha boa película é elixir moi ben á protagonista. UXIA .- Adiantándose. Claro, claro, a protagonista. NOE.- A medida que Noe os vaia citando, os personaxes van debuxando pantomimas dos oficios

cinematográficos ata formar unha estatua colectiva que represente unha rodaxe. NOE.- Temos de todo: actores, maquilladora, perruqueira, cámara, técnico de son, iluminador... Rodolfo está despistado. Iluminador ¡Rodolfo! RODOLFO.- Ai ¡si! ¡eu! Rodolfo, iluminador. Rodolfo vai correndo a iluminar a escena.

NOE.- Script... A mellor guionista...Pásalle a man polo ombreiro a Elsa. Elsa sorrí.

O mellor director. Pásalle a man polo ombreiro a Edu. Edu queda pensativo Aparece Carme por un lado e observa sen achegarse.

NOE.- E eu que son a mellor produtora ¿que vos parece? EDU E ELSA.- ela ilusionada, el dubitativo. Parécenos, parécenos…

Elsa e Edu decátanse de que están entrando as profesoras EDU E ELSA.- Parécenos parécenos que ¡toca correr!

Todos os alumnos marchan en piña cara atrás e quedan situados á dereita. As profes avanzan ameazantes. Uxia corre a entregar a claqueta a Elsa e Noe o megáfono a Edu CLAQUETA EDU.- ¡Previdos! Saca a claqueta ELSA.- Un musical de cine: Secuencia 1. Toma primera

EDU.- Cámaras. Luces ¡Acción! Comeza a escena da persecución

DIRECTORA.- Outra vez perdendo o tempo. Castigados. Sen recreo. Sine die

PERSECUCIÓN

Piano so ♫ The entertainer♫

Foley: carreras. Na persecución entrarán e sairán do escenario. Os alumnos e alumnas seguirán no seu papel de cámaras, técnicos de son, maquilladoras mentres dure a escena. De cando en vez verase a Carme observar. Cara ó final a directora perseguirá os alumnos cunha cadeira que deixará no medio para a seguinte escena

TRAMA 3 – TRANSICIÓN A MARY POPPINS

Lugar: soño

Personaxes : Edu e Ilusión de Edu (Lucas) A media escena aparecerán Elsa, Noe, Irene, Blanca, Elisa, Ariadna, Marta,Uxóia, Roi, David e Rodolfo e quedarán preparados xa para a escena de Mary Popp Unha cadeira no escenario. Luz cenital

EDU.- ¿Quen es? ¿Porque me estás dando outra vez a lata? ¡Quero durmir! ¡Quero

deixar de soñar contigo! ILUSIÓN DE EDU.- ¡Non podes! Non podes deixar de soñar comigo. EDU.- ¿Non podo deixar de soñar contigo? E logo ¿quen es ti... ¡tan importante! para que eu non poida deixar de soñar contigo? ILUSIÓN DE EDU.- Son a túa ilusión EDU.- ¿A miña ilusión? ILUSIÓN DE EDU.- Si, a túa ilusión. Por iso non podes deixar de soñar comigo. Se o fixeras estarías morto EDU.- ¡Morto! ILUSIÓN DE EDU.- E vouche dicir unha cousa máis: Convenche soñar comigo moito

máis aínda do que xa soñas. EDU.- ¿E logo? ILUSIÓN DE EDU.- ¿Non queres facer unha película? EDU.- Temos todo en contra, empezando porque todo está prohibido, acabarían

pillándonos e... ILUSIÓN DE EDU.- Deixa de choriquear e alíate comigo: Tú e a túa ilusión xuntos.

¡Invencibles! EDU.- Non sei ILUSIÓN DE EDU.- Sabes EDU.- ¿Sei? ILUSIÓN DE EDU.- O outro día soñamos que os teus compañeiros tamén soñaban con facer cine e... ¡aí están! Van saíndo todos os alumnos e quedan xa situados para recibir a Mary Poppins EDU.- Xa, e logo atoparon ese cuarto coas cámaras e... pero iso non o soñei eu. ILUSIÓN DE EDU.- Igual hai máis xente que soña. Sei doutras ilusións que andan

moi ocupadas estas noites EDU.- Elsa

El alter ego debuxa xesto meloso ILUSIÓN DE EDU Elsa, Elsa, Elsa... sempre Elsa. Elsa e moitos e moitas máis, Mira

para arriba. EDU.- Qué ILUSIÓN DE EDU Mira para arriba que nos ven axuda do ceo.

Baixa Mary Poppins do andamio cantando ♫Con un pouco de azucre...♫

Mentres, a ilusión de Edu desaparecerá levándose a chaqueta, o bombín e o bigote de Edu que se incorporará como un alumno maís ao grupo

MARY POPPINS

PASO A BIENVENIDO MISTER MARSHALL

Lugar: soño

Personaxes : Edu, Elsa, Noe, Irene, Marta, Uxia, Roi, David e Rodolfo

Chega Mary Poppins dende arriba do andamio entre fume. Foley: Tuidos de viento Cando chega ao chan, sácudese o pó do vestido é di moi solemne. Os nenos arremolinanse xunto a ela MARY POPINS.- Un bo comezo é a metade xa está feita ALUMNOS.- ¿Como? MARY POPINS.- Parabéns. Vos xa comezachedes a facer a vosa película ROI.- Comezamos RODOLFO.- ¿Que comezamos? MARY POPPINS.- Nunca xulguedes as cousas pola súa aparencia. Sobre todo os bolsos de alfombra e o seu contido extraordinario. Eu nunca o fago”. UXIA.- Pero... MARY POPPINS Nin pero nin pera. Vós xa imaxinades a vosa película e ese é o

primeiro paso. Imaxinas e a historia ponse en marcha.Con confianza, con cariño con perseveranza Primeiro imaxinas, despois fas. Primeiro imaxinas, despois fas.

♫Con un pouco de azucre...♫ Aida e Coro pequeño

Mary Poppins marcha cantando e todos os alumnos van detrás dela cantando cada vez máis alto. Dan unha segunda volta ao escenario por detrás e a luz vai a Edu que quedou do na fronte do escenario e adopta a postura de Charlot. Saen todos e volven Elsa e Noelia ELSA.- Volviches soñar, Edu EDU.- Asente. Pois si. Outro soño curioso ELSA.- Pois creo que esta vez todos soñamos o teu soño. ¿A que si Noe? NOELIA.- Ben, eu... Eu a verdade é que o que soñaba é que tiñamos unha conversa co tipo que máis cartos fixo en toda a historia do cine español. Desculpándose. Penso na produción, nos cartiños ¿que queredes?

TRAMA 5 con TORRENTE (Soño de Noe) Paso a Bienvenido Mister Marshall Lugar: soño Personaxes : Torrente e Noe . Ao principio estarán Edu, Elsa, Noe, Marta, Uxía, Roi, Nuria, David e Rodolfo que se retirarán cara atrás en piña e sairán de escena cando Torrente saque a pistola

♫ “apatrullando la ciudad”♫, Canta Alba y coro pequeño

Foley: disparo

No interior da estada aparece Torrente xogando torpemente coas pistolitas. TORRENTE.- Je je que bonito, el Ayuntamiento! ¿Qué? Chavalitos ¿no me

reconoceis? Pues yo soy Torrente, Torrente, el brazo tonto de la Ley! je) je Encarándose cun deles. “¡Qué! ¿Te gustan las pistolitas? Pues te compras una! je) je)” Marchan cara atrás, agás Noe que vai de última e será retida por Torrente.

TORRENTE.- E tú, morenita NOE.- ¿Eu? TORRENTE.- Si tú, la de gafitas ¿Que quieres? ¡Que no paras de soñar conmigo! NOE.- Eu... TORRENTE.- Si, tú, sueñas conmigo ¡no lo niegues! NOE.- Eu... TORRENTE.- Confiesa: Mira que yo soy como el 007 y te arrodillo aquí mismo y te

hago decir que el Fary es dios NOE.- Bueno, eu... sí... Quería saber como se poden gañar tantos cartos facendo

iso... iso que vostede fai... TORRENTE.- ¿No lo sabes? NOE,. Non TORRENTE.- ¿No lo sabes? NOE.- Non, de verdade, por iso llo pregunto TORRENTE.- Pues te lo voy a decir una sola vez: Porque *“yo soy Torrrente: soy

hombre, soy español, soy una puñetera máquina de matar” y un gentelman de tomo y lomo. NOE.- Pues TORRENTE.- Pues eso bonita: que “el dinero hai que currarselo, lo de ser guapo es

pura casualidad”. Y yo soy Torrente. Así que: o me contratais... o le pedís ayuda a los americanos. Sae Torrente, ao mesmo tempo que vai aparecendo a xente para escoitar o discurso do alcalde. Apágase a luz da escena para que saian os nenos e ilumínase o andamio que é agora o balcón do Concello de Villar del Río en Bienvenido Mister Marshall

Claqueta 2

NOE.- Pois ¡a pedirlle axuda aos americanos! Saca claqueta.“Bienvenido Mister Marshal”. Toma primeira Asoma o megáfono desde a estada

VOZ DE EDU

¡Preparados! Cámaras, luces, ¡Acción!

ESCENA DE BIENVENIDO MISTER MARSHALL (Lucas, Jordan, Luismi). (Chegan os veciños de Villar del rio con grande algarabía e sitúanse fronte ao concello. O

alcalde e o concelleiro soben as escaleiras e diríxense ao pobo)

ALCALDE.- ¡Vecinos de Villar del Rio! ¡Vecinos de Villar del Rio! Como alcalde vuestro que

soy, yo os debo una explicación. Y esa explicación que yo os debo os la voy a dar ahora mismo,

porque yo, que soy vuestro alcalde, os debo una explicación…

MANOLO.- Un momento, señor alcalde, con permiso. Yo no sé si os habréis enterado de que

el señor alcalde os debe una explicación, pero si no os habéis enterado, aquí estoy para deciros

que no solo os debe esa, si no también os debe una gratitud emocionada… ¿Verdad o mentira,

señor alcalde?

ALCALDE.- ¡Vecinos de Villar del Rio! Como alcalde vuestro que soy, yo os debo una

explicación.

MANOLO.- Afirma que verdad, por el respeto, por el entusiasmo, por la disciplina, con que

habéis recibido sus órdenes, demostrando con ello el ímpetu, el corazón y el heroísmo sin par

de este noble pueblo que os ha visto nacer para honra y orgullo de… de… ¡de Andalucía

entera! ¿qué digo? ¡¡De España entera!!

ALCALDE.- Sí, hijos. Y la explicación que yo, como alcalde vuestro que soy, os debo, es una

explicación que…

MANOLO.-…Resulta casi innecesaria. Porque vosotros sois inteligentes y despiertos, y sobre

todo, sois nobles y bravos. Y yo que he estado en América, os puedo asegurar que para ellos

España es Andalucía, nuestros toros, nuestros toreros, nuestro flamenco, Carmen Vargas y…

un servidor. Y puesto que esto es lo que les gusta. Haremos la estampa genuina del folklore

heroico e inaudito de España.

ALCALDE.- Y yo hijos, como alcalde vuestro que soy…

MANOLO.- Eso es, como alcalde vuestro que es, os dice que vayáis pensando en lo que vais a

pedirles a los americanos, que regalarán una cosa a cada vecino.

Y no tengáis duda de que nosotros nos llevaremos el premio, porque los demás pueblos solo

han hecho paparruchas.

ALCALDE.- Y chorritos

MANOLO.-¿qué está usted diciendo?

ALCALDE.- Y chorritos… digo que los demás han puesto chorritos… Me lo ha dicho un

enviado del señor delegado…

MANOLO.- ¡Ah sí! Y chorritos tontos, en cambio, nosotros vamos a recibir a los americanos

con lo mejor de lo mejor.

VOZ DEL PÚBLICO (Marta Brun).- ¡Indios!

DON LUIS.- ¡Indios! y vosotros unos mamarrachos! que os disfrazáis para halagar a unos

extranjeros… pensando que os van a regalar trenes y pamplinas… Y tú ¿Qué clase de alcalde

eres? ¿Puede saberse que te propones?

ALCALDE.- Hombre don Luis, yo… Creí que esto era lo que habíamos acordado…

DON LUIS.- ¡Ni don Luis ni narices! ¿De dónde ha salido el dinero para comprar esto? ¿Y

esto? ¿Y esto? ¡De nuestro bolsillo! ¡De los bolsillos de todos los contribuyentes!

ALCALDE.- Sin embargo don Luis yo quisiera advertirle.

DON LUIS.- ¡A callar! ¿Y qué creéis que vais a conseguir con esta piñata? ¡Hacer el indio!

¿Es que no hay nadie aquí que tenga un poco de orgullo? ¿Nadie? ¡Que vergüenza! ¡Dejad

paso!

MANOLO.- Amigos míos ¡Esto no ha sido nada! No hay que hacer mucho caso al bueno de

don Luis, que ya sabemos que es de genio pronto.

Ahora empecemos el ensayo del recibimiento. ¡Que suene la música!

♫AMERICANOS♫ Canta Alba e o coro grande (coreografía anexa)

Despois do baile entra Torrente, acercase a Carmen Vargas que le da un tortazo

TRAMA 6- Contrato Personaxes: Edu, Elsa, Noe, Nuria, Marta, Uxía, Roi, David e Rodolfo Foley. Roturas de papel

Marta e Eli camiñan cara adiante MARTA.- ¡Claro! Hai que rodar un baile nunha praza e ir pechando foco pouco a

pouco ata que a cámara quede cun primeiro plano da protagonista.. “A dios pongo por testigo... UXIA.- ¿Ti tes moi claro que cas ser a protagonista verdade? NURIA,. Deixádevos de parvadas... DAVID.- … que temos asuntos máis urxentes. RODOLFO.- ¿Asuntos?, ¿urxentes? ¿Hai que volver a saír correndo? NOE.- Temos que asinar o contrato de confidencialidade. Noe ponse a repartir os contratos EDU.- Ninguén pode saber o que estamos facendo. ELSA.- Xogámonos moito. ROI.- A parte contratante da primeira parte será considerada como a parte contratante da primeira parte e a parte contratante”... vaia lata. ¿Non había outro modelo de contrato? Claqueta 3 ELSA.- “Unha noite na ópera” Escena do contrato EDU.- Preparados:¡Acción!

Os alumnos permanecen na escena mirando nese segundo plano e imitando en coreografía as sucesivas rupturas de papel. Estarán nesa actitude de imitación cando volvamos a eles O CONTRATO GROUCHO.- Faga o favor de poñer a súa atención na primeira cláusula porque é moi importante. Di que…”A parte contratante da primeira parte será considerada como a parte contratante da primeira parte” ¿Que tal? Está moi ben, ¡Eh? CHICO.- Non, iso non está ben. GROUCHO.- ¿Por que non está ben? CHICO.- Non o sei. Quixera volver a oílo. GROUCHO.- Di que…”A parte contratante da primeira parte será considerada como a parte contratante da primeira parte.” CHICO.- Esta vez parece que soa mellor. GROUCHO.- A todo se acostuma un. Se vostede quere léollo outra vez CHICO.- Tan só a primeira parte. GROUCHO.- ¿Sobre a parte contratante da primeira parte? CHICO.- Non, só a parte da parte contratante da primeira parte. GROUCHO.- Di que… “A parte contratante da primeira parte será considerada como a

parte contratante da primeira parte e a parte contratante da primeira parte será considerada neste contrato...” Oia ¿Por que temos de pelexarnos por una parvadiña como esta? Cortámola. CHICO.- É demasiado longa. ¿Que é o que nos queda agora? GROUCHO.- Máis de medio metro aínda. GROUCHO.- Di agora...”A parte contratante da segunda parte será considerada como

a parte contratante da segunda parte.” CHICO.- ¡Iso si que non me gusta nada! GROUCHO.- ¿Qué lle encontra, logo? CHICO.- Nunca segundas partes foron boas. GROUCHO.- Estoutro día vin un partido de fútbol e a segunda parte foi mellor cá

primeira. Pegáronlle ó árbitro e todo. CHICO.- ¡Eh escoite! ¿Por que non facer que a primeira parte da segunda parte

contratante sexa a segunda parte da primeira parte? GROUCHO.- Pois, en… en vez de discutir que lle parece a vostede se… Rompen outra parte do contrato

CHICO.- Ben. GROUCHO.- Aquí hai unha cláusula que o vai volver a vostede tolo de alegría, xa o verá. CHICO.- Non, non me gusta GROUCHO.- ¿Que é o que non lle gusta? CHICO.- Sexa o que sexa, non me gusta. GROUCHO.- Ben, non imos romper a nosa vella amizade por unha cousa sen

importancia. ¿Listo? CHICO.- Listo Rompen outra parte do contrato Agora nesta parte que segue hai algo que

non lle gustará. GROUCHO.- Ben, a súa palabra é suficiente para min. Rompen outro anaco

Dígame ¿a miña é suficiente para vostede? CHICO.- ¡Desde logo que non! GROUCHO.- Ben, quitemos un par de cláusulas Quitan outros anacos “A parte contratante da oitava parte…” CHICO.- ¡Non! GROUCHO.- ¿Non? CHICO.- ¡Dixen que non! GROUCHO.- A parte contratante de… CHICO.- ¡Non!, isto tampouco, non… Oia, ¿como é que o meu contrato é máis pequeno que o de vostede? GROUCHO.- Non o sei. Seguramente será porque vostede é máis chico ca min. De todos modos estamos de acordo, ¿verdade? CHICO.- Si, iso si. GROUCHO.- Daquela poña vostede a súa sinatura aí e así o contrato será legal. CHICO.- Esquecinme de dicirlle que non sei escribir. GROUCHO.- Oh, é igual. A estilográfica non ten tinta. Pero o contrato está feito. Mentres marchan.

TRAMA 7- A acusona 1 PASO A - PAXAROS Lugar: corredores ou ximnasio ou patio Personaxes: Noelia, dona Pepita, dona Inocencia e Carmen, Edu, Elsa, Noe, Nuria, Marta, Uxía, Roi, David e Rodolfo

Os alumnos danse a man uns a outros como se acabaran de firmar un contrato. EDU.- Pois se todos estamos de acordo: * “Adiante e sorte” Saen de escena todos, agás Roi, David e Rodolfo que quedan recollendo os papeis do chan.

ROI.- “Adiante e sorte” Doutor No RODOLFO.- ¿Si? ROI.- “Adiante e sorte”. Frase típica. James Boond en doutor No DAVID.- Sábelas todas ROI.- Algunhas EDU.- ¿Que é o que sabe? Non me decato de nada. Teño tanto sono. DAVID.- Farás de documentalista. ROI.- E de actor porque a guapo e ben plantao tampouco hai quen me gañe. *“Chámome Bond, James Bond” Escoitase a directora falando desde fora do escenario.

DAVID.- Calade, calade. David, Rodolfo e Roi marchan DIRECTORA.- Vas dicirnos todo o que sabes. ¡Todo! Todo, todo. Roi, David e Rodolfo escapan correndo do escenario Entra a directora con Carme dunha orella.

DIRECTORA.- Fala dunha vez. ¿Que maquinan? ¿Que traman? ¿Que están facendo

os teus compañeiros? CARME.- Señora directora xúrolle que non sei nada. DIRECTORA.- Sabes... Sabes moito máis do que dis. CARME.- De verdade que non sei nada. Nada, nada, nada... DIRECTORA.- Sabes e vas cantar agora mesmo. Retórcelle máis a orella ¿Ou prefires que sigamos falando mentres fas unhas 100, non… 150, non… 200, 200 flexións máis? CARME.- E que non sei nada, de verdade, nada, nada de nada... Entran apuradas dona Inocencia e dona Pepita

DONA PEPITA.- Señora directora, señora directora veña correndo. Escóitanse uns ruídos estrañísimos. Parece que veñen da biblioteca... DONA INOCENCIA.- Pero entramos na biblioteca e alí non pasa nada ¡calma total! DIRECTORA.- ¿Ruídos na biblioteca? ¿A estas horas? Imos. ¡Rápido! E ti vai

pensando o que me vas dicir, se non queres seguir facendo flexións. Solta de golpe a Carme e marcha coas mestras. Falan mentres saen.

DONA INOCENCIA.- Eu creo dona Virtudes que na biblioteca reina a normalidade máis absoluta. Xa saíndo de escena DONA PEPITA.- ¿Normal? ¿A ti pareceuche normal ese balbordo, que parecía que

había unha bandada de paxaros atacando un barco de peixe. Daba un medo, señora directora. DIRECTORA.- Carme érguese asustada e bérralle ao público CARME.- ¿Estarei soñando? Teño a impresión de estar dentro dunha película de

terror. Claqueta 4.- CARME.- Os paxaros. Toma un Megáfono desde onde se poida

VOZ DE EDU.- ¡Acción!

OS PAXAROS ♫Música de terror♫ Foley: Sonidos de gaviotas No restaurante Melanie está falando co seu pai por teléfono algo alterada pero gardando as formas.

MELANIE.- ¡Había centos deles papá! MELANIE.- Non estou histérica. ¡Trato de contarche con calma o ocorrido! MELANIE.- Pues hai uns quince minutos na escola. MELANIE.- Non o sei, espera. ¿Como se chamaba a escola? DEKE.- Escola Badía Bodega. Entra a ornitóloga na cafetería MELANIE.- Mmm... Non sei cantos nenos… 30 o 40, os paxaros atacaron ao saír da

escola. Creo que eran corvos A señora Bundy empeza a prestar atención á conversación de Melanie por teléfono.

MELANIE.- ¡A ver, papá! ¿Hai algunha diferenza entre que sexan corvos ou merlos? ORNITÓLOGA.- Claro que hai diferenza, señorita Algo molesta

MELANIE.- Grazas. Con algo de desprezo pola interrupción. MELANIE.- Eu creo que eran corvos, si… centos de corvos. MELANIE.- Si, atacaron os nenos, atacáronos. MELANIE.- Pois non sei cando… pero non podo ir agora… MELANIE.- Ben si… adeus ORNITÓLOGA.- Ambos os dous se poden cazar con cercha, pero son de distinta especie. O corvo é Corvus baquirrintos e o merlo é Turdus merula. MELANIE.- Grazas DEKE.- Non creo que teña moita importancia que foran corvos ou merlos, o

importante do caso é que atacaron a escola. ORNITÓLOGA.- Nin unha nin outra especie teñen a intelixencia necesaria para lanzar

un ataque en masa. No posúen o cerebro suficiente para… MELANIE.- Cortando as palabras da ornitóloga. Señora… Acabo de chegar da escola, non

sei nada acerca dos seus cerebros pero… ORNITÓLOGA.- Cortándoa. Pois eu si. ¡Eu seino!. A ornitoloxía é a miña paixón

favorita. Os paxaros non son agresivos. Embelecen o mundo. O xénero humano é o que… CAMAREIRA.- Tres de polo, con patacas ao forno as tres. ORNITÓLOGA.- O xénero humano é o que insiste cada vez máis en facer máis difícil

a vida sobre este planeta. E se non fose polos paxaros… DEKE.- Interrompendo. Paréceme que vostede non o comprendeu…. Esta señorita dixo

que atacaron a escola. ORNITÓLOGA.- Imposible. BORRACHO.- A fin do mundo. CAMAREIRA.- Dous combinados, si. ¿Pero que pasou na escola? DEKE.- Una bandada de corvos atacou os nenos. De fondo escóitase o borracho dicir: A fin do mundo. BORRACHO.- Interrompendo. E díxolle noso Señor ás montañas, aos outeiros, aos ríos e aos vales… CAMAREIRA.- Malditos sexan os que se erguen cedo para tomar bebidas fortes. BORRACHO.- Ezequiel capítulo sexto. A fin do mundo. Mentres isto sucede, Melanie segue falando por teléfono.

MELANIE.- Colga el teléfono dicindo. Agardareite aquí. ORNITÓLOGA.- Dirixíndose ó borracho. Custa crer que uns cantos paxaros poidan acabar co mundo. MELANIE.- ¡Non eran uns cantos paxaros!

.

PAXAROS

Ainoa Alba Alejandra Blanca p Elena P Elena M Erika Inés

Jennifer Jessica M Mª Merce Mara Mariña F Martina Nerea Rosa

Victoria G

O ATAQUE DOS PAXAROS - MOVEMENTOS EN ESCENA

1-Empezan a chegar paxaros desde butacas y tras el andamio e tras dar unha volta, pousan todos na barra do bar e no tendedeiro.

2- A ornitóloga acercase a un paxaro, que levanta o voo e tras van todos os demais que atacan os personaxes. 3-Escapan cara a adiante e os paxaros séguenos, despois posanse de novo.

4-Entra o borracho ferido polos paxaros e cae ante a casa. 5- Entra Melanie con Cristina e descobre o borracho, berran e comeza o último ataque dos paxaros.

6-Algúns entraran na estada, os outros vanse por atrás. 7- Pechase o andamio tras eles

TRAMA 8 : Soño de Elsa . Con Hitchock e dobre de Elsa. PASO A GILDA Lugar: soños Personaxes: Hitchock, Elsa e Dobre de Elsa

♫Melodía ao piano de Hitchock♫ Lucas, Elsa e a dobre de Elsa, que terá que ir vestida exactamente igual a Elsa. Sae Hitchock seguido polas dúas que van apuntando todo o que di Hitchock. A dobre de Elsa é obediente e paciente. Elsa, a medida que avance a escena, alporizarase cada vez máis. Amosarán estas actitudes xestualmente, incluíndo que, progresivamente, a dobre de Elsa teña que taparlle a boca.

HITCHOCK.- Apuntade, apuntade ben: “Canto máis elaborado sexa o malo, mellor será a película”. DOBRE DE ELSA.- escriben ...a película. HITCHOCK.- Apuntade esta tamén: “O amor polo cine ten que ser máis grande cá

propia moral”. DOBRE DE ELSA.- … máis grande cá propia moral. Punto. HITCHOCK.- Ah, e unha moi, moi importante: Sae Norman e vaille cravar o coitelo por

detrás. “Nunca lle viredes ás costas a un amigo”. Hitchock neutraliza a Norman e segue con el arrastrado como se tal cousa

HITCHOCK.- E por último señoritas: * “Aos actores hai que tratalos como gando e especialmente ás actrices”. DOBRE DE ELSA.- … especialmente ás actrices ELSA.- ¿Especialmente ás actrices? Por isto si que non paso HITCHOCK.- Vostede non pasa señorita, pero a realidade evidénciao, guapa. Lexións de mulleres floreiro adornando toda a historia do cine ja) ja) ja) Sae Hitchock. Elsa tira da súa dobre e esta, resistíndose, fai como pode a claqueta case ao bordo de saír de escena.

Claqueta 5 DOBRE DE ELSA.- ¡Gilda! Sae de novo Hitchok deixando ver só o bandullo e ergue o megáfono.

HITCHOCK.- ¡Acción! CLAQUETA MARILYN.- Gilda. Toma primeira Sae de novo Hitchok deixando ver só a panza e ergue o megáfono HITCHOCK.- Acción

GILDA …♫Put de Blame♫

Canta coro pequeño y Elena de solista en zona de coro. Baila Nadia.

TRAMA 9: O cabreo de Elsa. PASO A CASABLANCA DOBRADA Lugar: patio Personaxes: Marta, Edu e Elsa Saen Marta e Edu. Marta imitando a Gilda quitando a luva.

MARTA.- Así ten que ser o personaxe feminino: ¡glamuroso! Por riba de todo ¡glamuroso! Sae Elsa polo outro lado do escenario toda alporizada. ELSA.- Non podo crer. ¡Rodaches a escena de Gilda! EDU.- Elsa, quedamos niso. Votamos e saíu por maioría que esa escena se incluía no

guión. E ti ben sabes que eu non votei a favor... ELSA.- O voto é secreto. Eu non sei nada. E quedamos en que o falaríamos. EDU.- Quedamos en que rodaríamos sempre que puidésemos... e deuse a oportunidade... As profes durmían a sesta e tíñamos a Nadia que podía facelo nese momento... ELSA.- Elsa mírao con máis rabia aínda. Ten razón o baboso ese co que soñei onte. EDU.- ¿Que baboso? ELSA.- Alfred Hitchock. Tiven un soño no que dicía que o cine está cheo de mulleres

floreiro, mulleres que só serven para adornar as películas. Polo que se ve hai quen quere seguir perpetuando a historia. EDU.- ¿Soñaches con Hitchock? ELSA.- Si. É o peor de todo e que estaba comigo esa outra que tamén son eu e que

sempre anda comigo nos soños e non me deixaba dicirlle todo o que lle quería dicir. ¡E quedei cunhas ganas! Pero mira: vou aproveitar e vouche dicir a ti o que penso dos dous: Es un machista de moito coidado, ¡igual ca todos! MARTA.- Se é pola luva... ELSA.- Machista, misóxino, inimigo das mulleres... MARTA.- Se é pola luva, eu podo prescindir da luva. EDU.- ¿Sabedes que vos digo as dúas? “Bos días, e por se non vos vexo: Bos días, boas tardes e boas noites” Marcha. Elas quedan mirando. Escóitaselle dicir a Edu desde dentro: EDU.- “Pode que non sexa moi listo pero sei o que é o amor” Elsa e Marta quedan un anaco mirando e logo saen polo outro lado.

MARTA.- ¿Pero non era Charles Chaplin quen se lle aparecía en soños? ELSA.- Vese que agora soña con calquera. MARTA.- ¿Pois sabes con que soño eu? Con que a película teña moito éxito e firmemos moitos autógrafos e teñan que traducirnos a moitísimos idiomas. ELSA.- Será dobrarnos. MARTA.- ¿Dobrarnos? ELSA.- Dobrarnos si, as películas dóbranse. Anda que temos choio. Claqueta 6 MARTA.- Casablanca. Versión dobrada ao galego Escena final. ELSA.- ¡Acción!

ESCENA DE BOGART EN CASABLANCA

Piano ♫As time goes by♫

RICK.- If you wouldn´t mind writing your names here, to be more official. Se no lle importa poña vostede os nomes, así será máis oficial.

COM.- You think of everything, don’t you? Pensa vostede en todo eh?

RICK.- The tickets are in the names of Victor and Ilsa Laslo. Os nomes son Víctor e Ilsa Laslo

ILSA.- But why my name, Rick? Pero, por que o meu nome, Rick?

RICK.- Because you’re going on that plane. Porque marchas neste avión.

ILSA.- You’re not coming? ¿Ti non vas vir?

RICK.-I’m staying here until the plane leaves. Eu quedo aquí ata ver que o avión despegou.

ILSA.- No Rick, last night you told me— Non Rick, non, onte pola noite dixeches…

RICK.-Last night we talked about many things. You told me I must think of both of us, and that’s what I’ve done. You need to board that plane with Victor, with whom you belong. Pola noite dixemos moitas cousas. Dixeches que eu tiña que pensar polos dous e é o que fixen, e sei que tes que subir a ese avión con Víctor, que é a quen pertences.

ILSA.- Listen Rick… Pero Rick escoita…

RICK.- No, you listen, Ilsa…Do you have any idea what awaits you here? Believe me, you will end up in a concentration camp. Escóitame ti… ¿Tes idea do que te espera se quedas aquí? Creme, os dous acabariamos nun campo de concentración ¿Verdade Lui?

COM.- I’m afraid Stresser would insist on it. Creo que Stresser insistiría niso.

ILSA.- You say that only to get me to go. Dis iso para que marche.

RICK.-I say that because it’s true. It’s also true that you belong with Victor. You’re his life. If this plane leaves without you, you will regret it. Dígoo porque é certo. E é certo tamén que pertences a Víctor, es parte da súa obra, es a súa vida. Se ese avión despega e non estás con el, lamentaralo. Ilsa

fai un xesto coa cara para falar, pero Rick córtaa. Maybe not today, maybe not tomorrow, but someday you will regret it. Tal vez non agora, tal vez nin hoxe nin mañá, pero máis tarde, toda a vida.

ILSA.- The place we love isn’t important?

¿O noso amor non importa? RICK .-Paris will always be there for us. We never had it. We lost it until we came to

Casablanca, but we found it last night. Sempre nos quedará París, non o tiñamos, perderámolo ata que viñeches a Casablanca, pero recuperámolo onte pola noite.

ILSA.- I said I will never leave you. Dixen que nunca te deixaría.

RICK .-And you never will leave me. I have my own work to do, and you can’t go

where I’m going. I’m not worth much, but it’s easy to understand how the problems of three small beings mean nothing in this crazy world…someday you’ll understand. Now, go with him, Ilsa. E nunca me deixarás. Eu tamén teño o meu labor que facer e non podes seguirme a onde vou. Eu non vallo moito, pero é fácil comprender que os problemas de tres pequenos seres non contan nada neste mundo tolo. Algún día comprenderalo. Vamos, vamos, vaite con el, Ilsa.

Piano ♫As time goes by♫ TRAMA 10 – PASO A VAMPIROS Personaxes: Carme e directora Sae Carme esgotada, como se levase correndo horas e segue correndo polo escenario. Detrás ven a directora cunha especie de cronómetro...

DIRECTORA.- … e 30. Stop! 30 voltas ao ximnasio. ¡Mira que ben che sentaron! Carme achégase onda a directora que a bota ao chan en posición de facer flexións DIRECTORA.- Pasa para aquí que aínda che quedan as 100 flexións. CARME.- afogada. Pero señora directora eu non sei máis do que xa lle dixen... que estaba estudando na biblioteca e escoitei voces. Pero non vin nada ¡de verdade que non sei máis! DIRECTORA.- ¡Sabes! CARME.- Non. ¡Xúrollo! DIRECTORA.- Algo terás escoitado, ¿de que falan?, ¿que din? Ai ¿Non falas? Pois

ao chan outra vez, veña! Saca o asubío e ponse 1, 2, 3. Carme fai as primeiras flexións e derrúbase.

CARME.- Non podo máis, señora directora, non podo máis, por favor, por favor, por favor... DIRECTORA.- Non mo digas a min, dillo á túa memoria. CARMEN.- Non sei… É que non sei que dicirlle, oín as voces... DIRECTORA.- ¿E que din esas voces? CARME.- Chorando. E e buf Acórdome de algo, ¡acórdome de algo! DIRECTORA.- Ao público. Que bo é o exercicio para todo.¡Fala! CARME.- Escoitei que Elsa e Edu estaban enfadados. DIRECTORA.- ¿Que? CARME.- Elsa e Edu... por non sei que de mulleres floreiro ou algo así... DIRECTORA.- Elsa e Edu ¡nunca rifaran! Aí pode estar unha clave. Entran dona Pepita e dona Inocencia

CARME.- E no recreo non estaban xuntos coma sempre. DONA PEPITA.- Señora directora, señora directora escóitase música dentro da biblioteca. DONA INOCENCIA.- Xa lle dixen que aí en fronte montaron un salón de baile e que a música seguro que vén de alí. DIRECTORA.- Elsa e Eduardo enfadados, música misteriosa e esa maldita biblioteca sempre presente. ¡Imos! Antes de marchar diríxese a Carme que permanece no chan en posición de flexións.

Que sorte tes. Volviches librar. Saen as profesoras e Carme érguese. Desmaiada, marcha laiándose

CARME.- Se eu non me decato de nada. Xa me gustaría decatarme, xa... Claqueta 7 Saen pola outra esquina Roi e Rodolfo. ROI.- Escena “Festa de vampiros”… ¡Rodolfo! Rodolfo RODOLFO.- ¡Si! ¿Que? ¿Que? Ah, si. ROI.- En baixiño, apuntándolle. Acción RODOLFO.- Ai, si, si, claro ¡Acción!

ESCENA Baile de vampiros

♫CREPÚSCULO♫ Cantan Noe y Catalina en zona de coro (coreografía)

TRAMA 11 – Murmurios. PASO A`A TENTACIÓN VIVE ARRIBA Personaxes: Uxía, Nuria, Noe. Elsa e Edu para claqueta Saen Noe, Irene e Uxía en actitude de recoller cables e demais aparellos de rodaxe.

UXIA.- Foi a peor rodaxe da nosa historia. NURIA.- Tampouco temos tanta historia. NOE.- Pouca, pero chea de atrancos. UXIA.- E de nocturnidade. Que eu estou que xa non dou para máis, que entre as clases, as horas “extras” no ximnasio ás que nos somete a directora que, por certo cada vez está máis mosca... e todas as noites rodando, vou derreada. NURIA.- Pois aínda nos queda unha…¡ NOE.- Coa complicación do ventilador. CLAQUETA 8 ELSA.- “A tentación vive arriba” EDU.- Cámaras, luces, Acción

Xira a Estada e ábrense as ás

♫CANCIÓN♫ Bella dime por qué Bailando este vals recordo que

O teu amor atrápame Vinte marchar máis dunha vez

Aquela vez que te vin Máis agora xuntos por fin

Nos teus ollos me perdín Bailamos o son deste violín

E sen saber por qué Xa non dubidi máis de ti

De ti me namorei O teu amor era para min

Foi tan casual que nas Non preciso de nada máis

Diferenzas non reparei Xa son feliz

Buscareite, por sempre

Porque sen ti non sei vivir

Preciso que estés preto de min

Gárdame no teu sentir

ESCENA A TENTACIÓN VIVE ARRIBA” Escenario na cidade, entran os dous por o lateral esquerdo

MARILYN.- ¿Non lle gustou a película?.. A mi si, pero é unha pena que acabe

así o monstro, que triste. SHERMAN.- ¿Sénteo polo monstro? Levanta os ombreiros¿Que quería? ¿Que

casara coa rapaza? MARILYN.- Dá a impresión de que é malo. Pero no fondo non é tan malo, creo

que lle faltaba un pouco de afecto, é dicir… saberse amado, desexado, necesitado. SHERMA.- Que interesante punto de vista. ¡Jeje! MARILYN.- Xa enriba do respiradoiro do metro. UUUUUUH!!! ¿Nota a brisa do

metro? Aquí levántaselle a saia (ventilador). Que sensación!! SHERMAN.- Refresca os nocellos¿non si?¿Que lle parece que fagamos agora?

MARILYN.- Non o sei, é moi tarde xa. SHERMAN.- Non é tan tarde… MARILYN.- A cuestión é que mañá é o meu gran día, debería durmir. SHERMAN.- ¿Que pasa mañá? MARILYN.- Traballo na televisión, ¿lembra que llo dixen? A hora Dasleden Volve pasar o metro

MARILYN.- UUUUUH ¿¿¿ Aquí sopra outra vez!!! Volve a levantárselle a saia. SHERMAN. Non está mal, pasta dentífrica Desladen, é curioso, pero nunca a

probei. MARILYN.- Debería facelo, é unha pasta excelente. SHERMAN.- ¿De veras? MARILYN.- Siii. Eu tamén a uso. SHERMAN.- ¿Recoméndama vostede como axente de propaganda ou como amiga? MARILYN.- Como amigo. Vale soamente uns centavos más que la pasta corrente, pero unha recente investigación demostrou que 8 de cada 10 hixienistas de… SHERMAN.- Cortando a Marilyn. Xa volve falar en plan comercial, se fose un

fiarse de todos os axentes de venda… MARILYN.- Esta vez pode crerme, cada palabra.. SHERMAN.- ¿Que di vostede no programa? “Pero os meus bicos seguen sendo frescos e fragrantes grazas ó Dasleden compacto”. Marilyn xira a cabeza

rapidamente cara ó home. Jajaja, parvadas… MARILYN.- ¡É a verdade! Demostrareillo Achégase e bícao MARILYN.- Ja, ¿Que lle parece?

TRAMA 12. PASO A CANTANDO BAIXO A CHUVIA Personaxes: Blanca, Elisa, Ariadna, Marta e Uxí MARTA.- Sae Marta imitando a Marilyn ¡Veña! Branca, Elisa e Ariadna veñen correndo e paran en seco.

MARTA.- Pero, ¿a que estades esperando? Branca, Elisa e Ariadna corren xunto a ela e comezan a peiteala e maquillala.

Apurade. Non vos decatades de que o director pode chamarme para facer unha escena en calquera momento. “A deus poño por testemuña...” ELISA.- Vouche facer un recollido digno dunha actriz de Hollywood. ARIADNA.- Este vermello paixón nas uñas vaiche quedar divino. BRANCA.- Os detalles son importantes. Entra Uxía con varios paraugas na man. Vén falando desde fóra

UXIA.- Noe xa avisei a todos da reunión e xa lle levei a Edu a aspirina... Para en seco cando se decata da presenza de Branca, Ariadna, Marta e Elisa no patio. UXIA.- Pero vos ¿que facedes? ELISA.- Probo peiteados. O recollido do lado esquerdo non lle vai nada ben BRANCA.- Nada ben ARIADNA.- Xa decidimos a sombra de ollos, a barra de labios e o colorete.

Agora estou coas unllas. BRANCA.- Apuntando Coas unllas... Eu apunto... para que non haxa erros de

racord Uxía arranca a Marta do grupo e sae tirando dela

UXIA.- ¡Pois deixádevos de tanta proba!. Que aínda nos van pescar pola vosa imprudencia. ¡Facendo probas no patio! ¡A quen se lle conte! Con rabia. E vós metédevos para dentro, que vai caer unha do demo e aínda ides estragar todas eses potingues ¡co que nos custou conseguilos! MARTA.- Potingues UXIA.- Potingues MARTA.- Potingues As outras recollen o costureiro e o que teñan de atrezzo e saen ás présas detrás delas. Foley Soa un trono e chuvia Claqueta 9 ELSA.- “Cantado baixo a choiva” EDU.- ¡Rodamos!

ESCENA CANTANDO BAJO LA LLUVIA ♫Singin´ in the rain♫ Cantan Antonio, Beltrán y coro pequeño

TRAMA 13 - Profesoras atopan o plan de rodaxe PASO A MUJERES AL BORDE DE UN ATAQUE DE NERVIOS Lugar: patio Personaxes: Directora, dona Pepita, dona Inocencia Saen as profesoras. A directora vai con paraugas e as profesoras con pucho e con vasoiras veñen varrendo detrás dela. Comezan a falar fóra de escena.

DIRECTORA.- ¡Mi má! ¡a que acaba de caer! DONA PEPITA.- Si, é verdade ¡como está o patio! Debeu ser unha cicloxénese explosiva. DIRECTORA.- Pois como vos ía dicindo... Vós non lembrades aqueles tempos, ¡que nin nacerades aínda! ¡Miúdo atraso! As dúas profesoras atenden. Porén, mentres dona Pepita segue varrendo e asentindo ao mesmo tempo ao que di a directora, Inocencia para e apóiase na vasoira para escoitala. A directora non se decata dese “parón” de Inocencia e segue co seu discurso.

DIRECTORA.- Toda a cidadanía pensando nos biosbardos... E nas clases: ¡un descontrol total: que se clubs de lectura, que se ligas de debate, que se torneos de filosofía, que se atención á diversidade: musiquiñas por aquí, pinturiñas por alá …... ¡cantas horas perdidas, señor! .¡cantas horas! Decátase de que Inocencia non está varrendo.

DIRECTORA .- Inocencia ¿Non pode vostede escoitar e varrer ao mesmo tempo? Inocencia retoma a varredura con enerxía

DIRECTORA.- Niso moito avanzamos co código: Todas esas parvadas concentradas na materia de “Paleontoloxía artística” Unha hora ao mes e listo! DONA PEPITA .- Señora directora, señora directora, mire o que acabo de atopar. A directora arríncalle a tarxeta da man e Inocencia e dona Pepita arremuíñanse onda ela para ler o papel.

DIRECTORA.- Parecen notas DONA INOCENCIA.- ¡Si! Hai unha listaxe e a metade está riscada. PEPITA.- Pero enténdese bastante. Le lixeira: O Muro, bla, bla, bla. Casablanca... DIRECTORA.- ¿Que? DONA PEPITA.- Casablanca pono na listaxe tamén, nos riscados. E... DIRECTORA .- ¿E? DONA PEPITA.- E... e non entendo esta liña, está moi emborrallada, a chuvia... DIRECTORA .- Antes dos borróns ¿Non ve nada máis importante aquí? señorita Pepita. Sinala de xeito que case lle mete a cabeza na listaxe

DONA PEPITA .- As, as... ¿As datas? DIRECTORA.- ¡Claro! ¡As datas que hai ao carón de cada liña!

¿E que data é esta dona Pepita? DONA PEPITA.- Dezaseis do seis … ¡A de hoxe! ¡É a data de hoxe! Ai señora directora

que estes están tramando algo. DIRECTORA .- ¿Tramando algo? ¡E o que levarán feito! ¡Inspección xeral! Mirádeo todo

con lupa ¡Non deixedes oco sen escudriñar! Percorren o escenario en actitude de “busca de probas”. Antes de saír de escena, a directora enfurruñada fará xesto de volver a ler a listaxe e acabará facendo un envurullo con ela e guindándoa ao chan. Inocencia recolleraa e sairá correndo con ela como se levara un tesouro. Inmediatamente volve saír e fai xesto cos brazos a modo de claqueta.

Claqueta 10 DONA INOCENCIA.- Creo que fan así: Mujeres al borde de un ataque de nervios Sae correndo, en actitude de ocultarse. Inmediatamente sae desde o andamio o megáfono o tempo que se escoita a voz de Edu desde a estada.

EDU .- ¡Acción!

ESCENA MUJERES AL BORDE DE UN ATAQUE DE NERVIOS

Pepa y Lucía vienen hablando con naturalidad y cuando llegan al centro de la escena, Pepa se da la vuelta para observar la escena que tienen detrás mientras Lucía saca dos pistolas y apunta con ellas Pepa.

PEPA.- Sorprendida. ¿Coleccionas armas? LUCÍA.- No te acerques y pon las manos en la cabeza! Pepa obedece sus órdenes. Es cierto que esos chicos van a hacer una película? PEPA.- Nerviosa. Son rumores, ya sabes que a veces la gente exagera ... olvidémosnos del tema, tranquilízate y guarda las armas. LUCIA.- Mira, cuando iba al instituto, la directora y sus secuaces controlaban nuestras mentes y aplastaban nuestras ilusiones, metiéndonos en la cabeza la tabla periódica, el verbo "to be" y explicando con esquemas muy detallados en las tutorías que soñar, tener ilusiones y luchar por lo que uno es, era una pérdida de tiempo. Decían que teníamos que hacer cosas productivas en la vida como echar todo el día delante de un ordenador en una oficina esperando nuestra jubilación. Pero al escucharte a ti hablar por teléfono con aquellos chicos recordé que me gusta soñar, imaginar y luchar por esos sueños de ser un artista que han vuelto a despertarse. PEPA.- Pues si ya has recordado, deja de apuntarme. LUCÍA.- No tan deprisa. Necesito volver a actuar, tengo que volver a actuar y recuperar el

tiempo perdido. PEPA.- ¿Y cómo piensas hacer eso? LUCIA.- Consígueme el papel protagonista! PEPA.- No puedo prometértelo. Aún no saben cuántos actores y actrices necesitarán, el

guión aún no está terminado ... además ya hay dos candidatas a actrices protagonistas, una tercera y se arma la de San Quintín! Viendo como Lucía vuelve a adoptar una actitud amenazante con las pistolas Pe...pe…pero seguramente pueda conseguir que teden algún papel en una película como ... um ... la mala de la película! La mala de la película és un personaje muy importante. En una película siempre hay buenos y malos: Cruela de Vil, Darth Vader… Mira cuantos actores triunfaron como villanos: Jack Nicholson como Joker, Anthony Hopkins como Hannibal Lecter… LUCIA.- Pensativa. Mmm.... Vale… Si no puedo ser protagonista seré la mala de la película, pero quiero un camerino para mí sola, y más cosas, apunta! Desayuno macrobiótico con tostadas de espelta, un chófer negro de uno noventa… PEPA.- Mima, tu quieres, tu quieres un mundo.

TRAMA 14 – Alumnos recuperan o plan de rodaxe. PASO A VAQUEIROS Lugar: plató Personaxes: Edu, Noe, Marta, Nuria, Roi, Uxía Sae Edu nervioso, para no medio do escenario, mira o reloxo, inquiétase cada vez máis . Escoitase a Noe desde fóra do escenario.

NURIA.- E o momento no que saca a pistola ¿que me decides? MARTA .- ¡Momentazo! Entra Noe que ven case arrastrando a Roi e a Marta. Detrás ven Nuria tranquilamente.

EDU.- ¡Xa era hora! NURIA .- ¿Que pasa? Xa está todo listo e aínda faltan... Mira o reloxo, cinco minutos para empezar a rodar. DAVID.- Estamos no momento bocadillo. RODOLFO.- ¿Xa repartiron os bocadillos? DAVID.- Non te decatas de nada Rodolfo EDU.- Non vos chamei por iso. EDU.- Volvín quedar sen bocadillo... NOE.- ¿Que pasa, Edu? EDU.- Pasa que desapareceu o plan de rodaxe. NOE.- ¡Non! ROI.- ¡Houston, Houston, temos un problema! MARTA.- ¿Eh? ROI.- Apolo 13 MARTA .- Ah. EDU.- E o máis grave non é que desaparecera o plan de rodaxe... NOE.- … que eu teño unha copia. EDU.- O máis grave é en mans de quen pode estar agora ese plan de rodaxe. Entra Uxía correndo. Xa se escoita desde fóra.

UXÍA.- ¡Recupereino, recupereino! ¡Recuperei o plan de rodaxe! Uxía dálle o plan a Edu. Balbordo: ufff, menos mal, ¿pero como o conseguiches? ¿de que falan? ¿pero entón tíñao Uxía?...

EDU.- ¡Calade! ¡Deixádea falar! UXIA.- Non o ides crer! Furteillo a dona Inocencia do peto. EDU.- ¿Como? UXIA.- Pensei que era o exame de mate e... ben, logo cóntoche que estamos sobre a hora. UXIA.- ¿E Elsa? NOE.- ¡Aí! Claqueta 11 ELSA.- Un musica del cine: Unha de vaqueiros. Toma 1 EDU.- ¡Acción!

VAQUEIROS

♫El bueno el feo y el malo. Leyenda de la ciudad sin nombre. Danza india ♫

Foley: son de cabalos JOSUNE Xeonllos á terra. Preparen armas… SANDRA Eu ser gran xefa india Tartaruga Rabuda. Querer fumar a pipa da paz… Pluma esmirriada…

TRAMA 15 : Reconciliación de Edu e Elsa. PASO A MAGO DE OZ Lugar: plató (incorporamos rodaxe a escena de vaqueiros) Personaxes: Elsa, Edu, Roi, Uxia, Noe, Nuria, David, Rodolfo e Marta Rematando a escena dos vaqueiros, entrará Edu co megáfono. O resto dos personaxes estarán en actitude de gravar a escena, cada un no seu papel, agás Marta que estará na escena cos colonos.

ELSA.- Toma válida EDU.- Cortamos. Descansamos cinco minutos. Grazas a todos e a todas Felicítanse, abrázanse, mentres fan ademán de recoller o set de rodaxe. David e Rodolfo desatan os colonos que se suman a algarabía xeral. Entre os abrazos que todos se van dando, Edu e Elsa acaban, sen decatarse, abrazados no medio do escenario. Cando se fan conscientes quedan en estatua, mirándose, mentres os demais recollen. Elsa sepárase un pouco pero continúan fronte a fronte. Cando comezan a falar, o resto da escena paralízase. O diálogo ten que ser moi rápido e tenos que ir achegando cada vez máis.

ELSA.- Fixeches moi bos planos EDU.- O mérito é do guión ELSA.- Quizais... EDU.- Debín loitar máis. Seino Elsa. ELSA.- Era unha decisión do grupo. EDU.- Xúroche que a próxima vez intentareino. Roi, que na estatua deberá estar moi cerca deles, fala e o resto dos compañeiros actívanse en balbordo baixiño, como se non tivesen parado.

ROI.- “Non. Non o intentes, faino ou non o fagas, pero non o intentes”. EDU E ELSA.- ¿Que? ROI.- Mestre Yoda. “A Guerra das galaxias. Non é por amolar pero temos que gravar. UXIA.- ¡E ti na próxima secuencia cantas! ¡Vaite correndo ao outro set! Elsa queda un segundo quieta mirando para Edu que tamén a mira.

UXIA.- Veña... que Noe xa está alí... Noe faille acenos de présa desde o coro a Elsa. Elsa dálle a claqueta a Roi e incorpórase ao coro. Edu queda mirando para ela. Claqueta 12

ROI.- O Mago de Oz Edu continua atordado mirando para Elsa. Uxia arríncalle o megáfono.

UXIA.- ¡Acción! Saen. Uxia tira de Edu e arrástrao fóra do escenario.

ESCENA MAGO DE OZ

♫Somewhere over the rainbow ♫ Canta coro pequeno

(Entran os personaxes do mago de Oz: Dorothy (Cristinita) que leva en brazos ao perro Totó, o León (Paula), o Home de Hojalata (Josua), que leva un corvo voándolle na cabeza e o Espantapáxaros (Eva) DOROTHY.- Si seguimos camiñando conseguiremos chegar a algures

ESPANTAPAXAROS.- Mirade, como veño, non podo nin siquera asustar ao corvo. Eles

veñen de millas á redonda só para comer no meu campo y rirse na miña cara. Ese é o meu problema. Non poido tomar decisións. Non teño cerebro, ¡só teño palla".¡Son un fracaso porque non teño cerebro!

LEÓN.- Eu son un gran cobarde. Asústome de min mesmo. Mirade que olleiras hai

semanas que non durmo... ¡Non podo facer nada! ¡Non teño valor!...

HOME DE HOXALATA.- O hoxalateiro esqueceuse de darme un un corazón

DOROTHY.- ¿Non tes corazón?

HOME DE HOXALATA.- Non. Non teño, todo está oco

DOROTHY.- Tranquilos. Atoparemos un lugar onde todos estes problemas se solucionarán... Algún lugar onde non haxa problemas. ¿Supós que exista ese lugar, Toto? Debe haber. Non é un lugar onde podas chegar en barco ou en tren. É un lugar que está moi lonxe... detrás da lúa, máis aló da chuvia, nalgures, máis alá do arco da vella... Saen como querendo ir ao arco da vella

TRAMA 16: O SOÑO DE NURIA CON HARRY POTTER PASO A “O LIBRO DA SELVA” Lugar: soños Personaxes: Nuria, Harry e Hermión Sae Nuria gravando todo coa cámara. Para no centro e bocexa.

NURIA.- ¡Aiii! Non dou para máis. ¡E aínda nos queda unha por gravar! Aparece Harry seguida de Hermión. Nuria, incrédula, vaise achegando pouco a pouco a eles.

HARRY.- Leviosaaa, leviosaaa, leviosaaa, leviosaaa..... HERMIÓN.- Nooon, para, para, ¡QUIETUS! ... Harry queda en estatua, que agora es ti quen

o está dicindo mal. Non é leviosaaaaaa. É levioooooooosa. Polo teu erro estamos perdidos. Saca o xiratempo. A ver? Déixame consultar o xiratempo. A ver, a ver... Haaarry, ven axudarme a traducir as coordenadas. Harry. Haaarry Ve a Nuria. Ah, nena, guapa ¿e ti quen vés sendo?. Ah, claro, es unha deles. Pois ven,ven que a ti tamén che convén que atopemos o rumbo Miran as dúas o xiratempo. Nuria dará voltas coa cabeza e cos ollos. ¡Que difícil! ¡Haaarry! ¡Ai que lle fixen un encantamento! Harry segue quieto e fai ademán como de querer moverse sen poder facelo.“Finite incantatem”, “Finite incantatem” Harry espreguízase despois do encantamento e achégase a Hermión para mirar xuntos o xiratempo. Cólleo e dálle voltas. A medida que o fai, Nuria tamén lle dá voltas a cabeza ata quedar como somnámbula de xeito que acabará abaneando, coa cabeza durmida enriba dun deles.

HARRY.- Pero ¿que buscamos Hermión? HERMIÓN.- O lugar onde os Hogwarts ocultaron o meu libro de apócemas. HARRY.- ¿E para que o queres Hermión? HERMION.- ¿Para que o quero?, ¿para que o quero? ¿Para que o vou querer? Para axudar a uns rapaces, lindos coma elfos, que teñen problemas para facer algo que queren facer e que non lles deixan facer Máis lentamente, Nuria seguirá dándolle voltas á cabeza. Harry vea e queda mirando para ela.

HARRY.- Está HERMION.- Esta, claro, esta é unha deles, Harry HARRY.- Esta está ida HERMION.- Por iso Harry. Hay que darse présa. Están xa moi cansos e o perigo aséxaos cada vez máis preto. Harry dálle voltas ao xiratempo HARRY.- E ademais ¡vou axudarme dun conxuro! Escaravellos machucados, bile de armadillo, raíz de xenxibre e plumas de Jobberknoll. ¡Oriéntame! Marchan con Nuria arrastrándose coa cabeza sobre o ombreiro de Hermión. Antes de saír farán un stop. Harry e Hermión permanecerán en estatua. Nuria medio sonmámbula fará a claqueta.

Claqueta 13

NURIA.- “O libro da selva” Toma deza, vint... ¡Toma case corenta! Nuria volve a colocarse riba de Hermión e de Harry completa a estatua. Edu asoma a claqueta

EDU.- ¡Acción!

ESCENA EL LIBRO DE LA SELVA (coreografía anexa)

♫Quiero ser como tú ♫ Canta coro pequeno

TRAMA 17: Casting. PASO A MATRIX Lugar: plató. Personaxes: Noe, Nuria, ET, Roi, Carmen, María Mercedes e Mékedes. Saen falando Noe e Nuria.

NOE.- Quedaches durmida antes de dar a claqueta NURIA.- E que íamos na toma trinta e tantos, que estamos esgotados, que é moito para

unha noite. NOE.- Xa, pero é que temos que apurar. Cada vez hai máis indicios de que nos andan

tras a pista NURIA.- Polo menos hoxe... Mira folla de planig. Parece que vai ser máis fácil ¿non? NOE.- Non tanto NURIA.- ¿Que pasou? NOE.- Temos que elixir unha Trinity NURIA.- ¿Unha Trinity? ¿E Marta? ¿E Uxía? NOE.- Marta está cun ataque de pánico e Uxía tampouco pode porque... Mira aí ven Roi

coa primeira …. ¿candidata? Colle a cámara. Entra Roi con Sheila ET. Durante o tempo que dure a escena Nuria gravara o casting.

ROI.- A ver: que esta di que pode facelo. NOE E NURIA.- ¿De Trinity? ROI.- Di que ven disfrazada e que ademais sabe o idioma. XEILA-ET.- A miña casa ¡teléfono! NOE E NURIA .- ¡Roiii! Chegan María Mercedes e Mékedes e quedan agardando nun segundo plano.

ROI.- Vale, vale, vaites. Xa te chamaremos. Roi empurra a Sheila que marcha repetindo “a miña casa, teléfono”. ET-XEILA.- A miña casa ¡teléfono! ROI.- ¡Seguinte! Entra María Mercedes vestida de Trinity. MARIA MERCEDES.- Eu, eu, eu. María Lima Limón. NOE.- Ben ¿porque cres que podes facer este papel? MARÍA MERCEDES.- Adoro a interpretación e non é porque o diga eu, pero teño un gran

talento. NOE.- Ben... Ponte de fronte... Ponte de perfil... O outro perfil agora... Camiña... e... Roi

dálle a pistola... María Mercedes colle a pistola e míraa con repugnancia.

NOE.- ¡Dispara! MARÍA MERCEDES.- Ai ¡non! A min ninguén me dixo que había que disparar. Son

ecoloxista, vexetariana e antibelicista. Pacifista integral para que nos entendamos todos. Disparar eu ¿O que? ¡Faltaría máis! Tíralle a pistola a Roi e marcha toda digna. Noe e Nuria míranse. Noe faille xesto a Mékedes para que se aproxime. Mékedes tamén ben vestida de Trinity.

MEKEDES.- Mékedes. Chámome Mékedes NOE.- Ben, Mékedes ¿Tes algún problema para disparar?

Roi dálle a pistola a Mékedes e esta fai todas as filigranas que poida con ela ata quedar nunha actitude de ameaza total a Noe e a Nuria.

NOE.- Vale, vale... xa vemos que non tes problemas coas armas... ¿Preparaches texto? Mékedes diríxese a Roi. Agárrao da solapa e fálalle en ton ameazante.

MÉKEDES.- Cala e escoita. Sei porque estás aquí. Sei o que estiveches facendo. Sei porqué apenas dormes, por que vives so e por que, noite tras noite, te sentas diante do teu ordenador. NOE.- Vale! Vale! Chamámoste... cando decidamos algo. Mékedes marcha coa pistola na man. NURIA .- ¡A pistola! Roi vai buscar a pistola.

NOE.- ¡Seguinte! Asoma Carme timidamente. Vai xa vestida de Trinity.

CARME.- Eu... NOE.- A ver... Pon mirada de Trinity. ¡Nuria grava! E agora pon pose de Trinity. E agora di: “Sei porque estás aquí”. CARME .- “Sei porque estás aquí”. Nuria e Noe miran enfeitizadas a actuación de Carme.

NOE.- ¡Papel adxudicado! NURIA.- Vai con Roi que estamos a punto de empezar a rodar. Roi e Carme marchan. Noe queda mirando para eles.

NOE.- De todos os xeitos temos que extremar precaucións. Empeza a sumarse moita xente que non coñecemos... NURIA.- Crucemos os dedos para que non pase nada. Claqueta 14 NOE.- Matrix NURIA.- ¡Rodamos!

ESCENA DE MATRIX ♫Piano e batería, Soa Matrix♫ Encóntranse Neo e Trínity

TRINITY.- Sei porque estás aquí NEO.- Que é Matrix? TRINITY.- A resposta está esperándote. Naciches nunha prisión que non podes nin

saborear, nin ulir, nin tocar. Unha prisión para a túa mente. NEO.- Atácannos, Trinity, axúdame…

Entra o pistoleiro, enfróntase en duelo con Neo cambiando de posición. E tensando o fío da bala.

Foley Disparos

Primeiro dispara Neo e o outro esquívao. Despois dispara a bala o pistoleiro. Neo esquívaa e cae. O pistoleiro achégase para rematalo, rodéao e di.

O PISTOLEIRO.- Só é humano.

Trinity desde atrás ponlle a pistola na cabeza dispara e di:

TRINITY.- Encaixa isto. Foley Disparo Retíranse Trinity e Neo.

TRAMA 18 : A conmoción da directora. PASO AO DISCURSO DA LIBERDADE Lugar: corredores, aula Personaxes: Directora, dona Pepita, dona Inocencia, Roi, ET, Carme Sae a directora e trae a Roi dunha orella e da outra a ET. Detrás deles veñen tamén dona Pepita e dona Inocencia. Cando chegan ao centro sóltaos e caen como vultos ao chan.

DIRECTORA.- Levádeos para o ximnasio. A ver se alí seguen negándose a cantar. Eu vou enseguida. As profesoras míranse sen saber moi ben que facer. DIRECTORA.- Veña ¡liscade! Que teño cousas importantes que facer. Dona Pepita e Inocencia levantan do chan a Roi e a ET. A directora empúrraos fóra do escenario. Dona Pepita leva a ET tirándolle do brazo para arriba e dona Inocencia conduce a Roi do cóbado e, ás agachadas, faille xestos para tranquilizalo. A directora comprobará que non hai ninguén e logo poñerase a camiñar polo proscenio, amosándose cada vez máis inqueda. Aparece correndo Carme, vestida aínda de Trinity e trae por riba unha gabardina sen abrochar coa que se ven tapando.

DIRECTORA.- ¡Xa era hora! ¿Como che foi? CARME.- De marabilla, señora directora, todo era divino, as luces, os traxes, a bala, non sei como o fixeron pero foi incrible... E tratáronme, tratáronme... ¡coma unha estrela de cine! A directora colle a Carme da solapa da gabardina.

DIRECTORA.- Pero ¿que falas? ¿e esta maquillaxe? Ábrelle a gabardina …e ¿de que vas vestida? CARME.- Señora directora vostede díxome que me infiltrara e infiltreime DIRECTORA.- Infiltrácheste ¿onde? CARME.- Nunha rodaxe. Fixen un casting ¡E colléronme! DIRECTORA.- Entón están facendo a maldita película esa. Confírmalo. CARME.- Si, está case todo o Instituto DIRECTORA.- ¿Todo o instituto? CARME.- Case... DIRECTORA.- ¿Onde se reúnen? CARME.- Onde se reúnen non sei. Eu apunteime, viñéronme buscar, tapáronme os ollos e de repente xa estaba alí. DIRECTORA.- ¿E a saída de “alí” foi igual, cos ollos tapados? CARME.- Si. Saímos varios ao mesmo tempo. Todos cos ollos tapados. Deben ser só uns

poucos os que saben do sitio. DIRECTORA.- Fala para ela ¿Onde será ese sitio? Porque dentro do instituto non pode ser.

Hai moitos anos, aínda estaba eu estudando, desmontaron todas as aulas de audiovisuais... Polo que sei, a deste instituto creo que estaba no que é agora a biblioteca. A biblioteca ¡sempre a biblioteca! ¿Leváronte á biblioteca? CARME.- ¡Non sei! DIRECTORA.- ¿Como te apuntaches para o casting? CARME.- Por un murmurante. DIRECTORA.- ¿Un murmurante? ¿Quen? Nome, apelidos e curso. ¡Xa! CARME.- Non o sei. DIRECTORA.- ¿Non o sabes? CARME.- Ninguén sabe quen son os murmurantes. Hai moitos. Pasan ao teu carón e

murmúranche na orella: “Se queres apuntarte á película deixa o teu nome antes de que acabe o recreo en tal sitio” e cando te viras para ver quen che fala xa non está. Ademais cambian continuamente de sitio. Eu apunteime nunha papeleira do patio e cando volvín mirar xa non estaba nin a papeleira DIRECTORA.- ¿E que máis? Quero enderezo, nomes, probas.

CARME.- E que non sei máis...

DIRECTORA.- ¡Imos para o ximnasio! A directora tira de Carme e ela resístese.

CARME.- Señora directora, ¡non! Que xa subín e baixei centos de escaleiras hoxe. DIRECTORA.- ¡Imos! Que vas saber o que é unha táboa de ximnasia sueca en bucle. CARME.-¡Teño algo máis!, ¡teño algo máis! Saca un rolo de cinta da gabardina Collino alí.

Creo que é a última escena que gravaron. DIRECTORA.- Pois imos ver esa película. Pero dime algo máis, senón... CARME.- Pois... pois que cando ían gravar dixeron: Claqueta 15

Fai claqueta coas mans Discurso da liberdade da lingua das bolboretas DIRECTORA.- ¡Que tópicos! ¿Non dirían despois…? ¡Acción! A LINGUA DAS BOLBORETAS - DISCURSO DA LIBERDADE Roberto fai o discurso da liberdade. A medida que o discurso avanza, a directora vaise achegando a Roberto, como se estivera somnámbula e cada vez máis abraiada. Nalgún momento, Roberto dirixirase a ela e ela asentirá compulsivamente. Rematará chorando de emoción e aplaudindo a rabiar e dándolle a man a Roberto en actitude entre submisa e asombrada. Retirarase conmocionada. Roberto retirarase saudando os nenos que están ao outro lado. Os rapaces tamén aplaudirán. Os músicos tamén aplaudirán.

DON GREGORIO

Dignísimas autoridades, queridos nenos, respectados conveciños...: Na primavera, o pato salvaxe volve á súa terra para as nupcias. Nada nin ninguén poderá detelo: Se lle cortan

as ás, irá a nado; se lle cortan as patas, impulsarase co peteiro, coma un remo na corrente. Esa viaxe é a súa razón de ser.

No outono da miña vida eu debería ser un escéptico, e en certo modo, sono: O lobo nunca durmirá na mesma cama co año.

Pero de algo estou seguro: Se conseguimos que unha xeración, unha soa xeración, medre libre, xa ninguén lles poderá arrincar nunca a liberdade.

Ninguén lles poderá roubar ese tesouro.

(APLAUSOS DO PÚBLICO)

E agora, vostedes: A VOAR!

TRAMA 19 – Rumores e aparición de dona Inocencia cos alumnos pillados PASO A MOULIN ROUGE Lugar: plató Personaxes: Elsa, Edu, Noe, Nuria, Marta, Uxia, Blanca, Elisa, Ariadna, David, Rodolfo, Roi e dona Inocencia

Os alumnos que na Lingua das bolboretas están sentados como alumnos comezan a erguerse e a recoller ás ordes de Edu.

ELSA.- ¡Toma válida! EDU.- Preparamos a seguinte escena. Cinco minutos e empezamos. A Elsa Vou picar

algo ¿Acompáñasme? ELSA.- Vale, imos Saen Elsa e Edu. O resto montan grupos de traballo de recollida de set despois da rodaxe. Balbordo de conversacións por grupos. Van a primeiro plano Noe e Branca repasando listaxes. Noe le e Branca vai riscando.

NOE.- A ver se o temos todo: 30 pares de medias negras, 30 portaligas, 30 polainas e 30 bombachos con encaixe BRANCA.- 29 bombachos con encaixe, falta unha. Sae Uxía de atrás cun bombacho na man.

UXIA.- ¡Téñoa! ¡Téñoa! ¡Teño o bombacho que falta! BRANCA.- 30 bombachos Mírao, buscándolle as voltas. Un sen encaixe NOE .- ¿Pero que tamaño de bombacho me traes? UXIA.- Collino da tendedeira da directora, pero Chus di que o arranxa en medio minuto

Lanza o bombacho e un cólleo desde atrás. Por certo... din... que a directora está enferma Dillo desde atrás en actitude de murmurante.O resto dos alumnos vanse achegando para escoitar e contribuír a engordar o rumor.

ELISA.- Din que nin come. DAVID.- E que non sae do seu despacho. MARTA.- E que non fai outra cousa que mirar non sei que película. ARIADNA .- Unha e outra vez, coma unha tola ¡dá medo! RODOLFO.- ¡Medo! ¡Que preguiza! NOE.- Vería o discurso ese que a pon tanto. BLANCA.- ¿O do método? TODOS.- Con burla. “Deber ante todo deber”: ¡O noso catecismo pedagóxico! IRENE.- Non sei TODOS.- ¿Que non sabes? IRENE.- Tamén din que a viron chorar UXIA.- O caso é que se está enferma... Nós: ¡máis libres! Entran Edu e Elsa correndo ELSA .- ¡Pillaron a Roi! ¡Pillaron a Roi! TODOS EN BALBORDO.- Que, como, que medo, vannos pillar a todos, que se sabe,

pero está ben, outra vez a correr, ¡que preguiza! EDU.- Pillaron a Roi e a .. a... esa rapaza que sempre anda vestida de ET cando se

disfrazou para Halloween... ELSA.- Xeila EDU.- Pois iso, que pillaron a Roi e a Xeila. Escóitase desde fóra do escenario a Xeila. XEILA.- ¡A miña casa! ¡Teléfono! Aparecen Roi e Xeila correndo. ROI.- ¡Batman non ten límites! TODOS.- ¡Roi! ROI .- Aquí estamos ¡sans e salvos! e... ¡acompañados! Sae a señorita Inocencia. Todos se

botan enriba de Roi. TODOS.- En balbordo. Traidor, acusón, mentireiro, vaste decatar, a miña casa, teléfono.... Móntase liorta ata que a señorita Inocencia saca o asubío e pita.

SEÑORITA INOCENCIA.- ¡Basta! Fai un ommm e os nenos acompáñana e cálmanse. Fala para

ela. ¿Para que logo digan que algúns métodos son solo cousa de hippys reciclados?

Roi non é ningún traidor. Eu estou con vós. Quero que vos saia ben a película e vouvos axudar, pero agora tedes que bulir porque a directora parece que mellora. Xa comeza a erguerse da cama que mandou instalar no seu despacho. Claqueta 16 ELSA.- Moulin Rouge EDU.- ¡Acción!

MOULIN ROUGE! DANI.- ¡¡¡Ohhhh !!! Mesdames et messieurs avec vous tous l'extraordinaire, le

magnifique, le cancan du Moulin Rouge. ♫Cancán da Gaité parisienne♫ e àbrese o andamio. Ao acabar…

DANI Ohhhh le cancan de la folie… Mais l'amour, l´amour Oh lala, Paris, la cité de l'amour ♫Tango de Roxanne♫ Canta Antonio y coro pequeno

TRAMA 20 – ¡Perigo inminente! A directora está na biblioteca. PASO A`A DOLCE VITA LUGAR: corredores. PERSONAXES: Dona Pepita, dona Inocencia, Roi, David e Rodolfo. Saen dona Pepita e dona Inocencia. Dona Pepita vai diante e leva unha bandexa cunha cunca de sopa, un vaso de auga e un bote grande que pon “tranquilizantes”. Comezan a falar fóra de escena e van falando ata que chegan preto da outra saída.

DONA INOCENCIA.- ¿Pero tan mal está? DONA PEPITA ¡Ai Inocencia! que pensei que a perdiamos... e que non te podes imaxinar como foi, alí todo o tempo, encerrada no despacho, sen ver a ninguén, que non quería falar nin comigo ... e todo o tempo con esa película e dicindo ¡Vouvos dar liberdade! ¡Vouvos dar liberdade!, todo o tempo. Soaba tan... DONA INOCENCIA.- ¿Ameazante? DONA PEPITA.- ¿Ameazante?... Non sei. DONA INOCENCIA.- ¿E non sabes de que vai esa película? DONA PEPITA.- ¡Que va! Todas as veces que quixen, botoume a berros. ¡A min! Que son a súa man dereita. DONA INOCENCIA.- Xa. Mirando a bandexa. Ben... polo menos parece que xa come. DONA PEPITA.- E xa saíu do seu despacho. Pero agora encerrouse na biblioteca. DONA INOCENCIA.- ¿Na biblioteca? ¿Está na biblioteca? DONA PEPITA.- Si. Está botando abaixo todos os libros, non sei que buscará, se, polo

menos preguntara... DONA INOCENCIA.- Acabo de lembrar que teño algo urxente que facer, Pepita. Vémonos

logo. DONA PEPITA.- Vale. Eu voulle levar este caldiño á miña directora, pobriña, pobriña... Saen cada unha para o seu lado. Pepita deberá estar máis preto da saída porque Inocencia vai bater con Roi, Rodolfo e David que veñen correndo. Rodolfo ven de último correndo “cansado”. ROI.- Dona Ino, dona Ino, ten que axudarnos. INOCENCIA.- ¡Ai Roi! A directora está na biblioteca ROI.- ¡E todos están dentro! INOCENCIA.- ¿Todos? DAVID.- A punto de rodar INOCENCIA .- Temos que facer algo ROI.- ¡Isto é a guerra! Inocencia amosa inquietude controlada. Pregúntanse ao unísono e

buscando xogo coreográfico INOCENCIA, ROI.- ¿Que podemos facer? ¿Que podemos facer? ¿Que podemos facer? ¿que podemos facer? INOCENCIA.- Xa está. A miña avoa faloume doutro lugar polo que se pode entrar. TODOS.- Pois imos: rápido ¡hai que sacalos de alí! Sae David, detrás Rodolfo e Roi. Dona Inocencia queda quieta. Roi vírase e volve cara a ela.

ROI.- Dona Ino ¿que lle pasa? DONA INOCENCIA.- Roi... ROI.- ¿Que? DONA INOCENCIA.- Que hai que ir polo tellado... e eu teño vértixe... Roi abraza protector a dona Inocencia. Póñense a camiñar xuntos. Verase como Inocencia vai un pouco máis anicada (co medo) e Roi esfórzase, estirándose, por pasarlle a man polo ombreiro.

ROI.- Non se preocupe dona Ino que comigo está segura. ¡Axiña! Que debe estar a punto de empezar a rodar. Asoman desde distintos lugares do escenario, uns brazos e unha claqueta e un megáfono

Claqueta 17 VOZ DE ELSA.- La Dolce Vita de Federico Fellini VOZ DE EDU.- Luces, cámaras ¡Acción!

ESCENA LA DOLCE VITA

♫Música♫. Foley Agua en una fuente

Entra Anita Ekberg co gato na cabeza, dicindo ¡miau miau! E mentres soa a música de fondo, achégase ao centro do escenario, baixo a estada. Empézase a proxectar a Fonte de Trevi e SILVIA: Ohhh my good ness...! (Chega Marcello e colle o gato que Silvia deixara no chan) SILVIA: Marcello come here, hurry up MARCELLO: Sì, Silvia vengo anchìo, vengo anchìo, Eh sì, ha ragione lei, sto sbagliando tutto, stiamo sbagliando tutti (Os dous xa dentro da Fontana) MARCELLO: Silvia, Silvia, ma chi sei SILVIA: Listen MARCELLO: Silvia A proxección da fontana desaparece lentamente

JODA .- El miedo a la pérdida un camino hacia el lado oscuro es

DAR VADER .- Yo soy tu padre

PRINCESA LEIKA .- Que la fuerza te acompañe

SHEILA.- ¡Mi casa! (Alargando o paso e ensinando o teléfono de “última xeración”

co dedo de ET)

SHEILA.- ¡Teléfono!

TRAMA 21: Preguerra con Rambo. PASO A GUERRA Lugar: soños Personaxes: Marta, Roi e Rambo Sae Marta facendo xestos de ensaiar “Foise co vento” e inmediatamente Roi achégaselle por detrás.

ROI.- ¡Bos días principesca! MARTA .- ¿Eh? ROI.- ¡A vida é bela! MARTA.- Ahhh ROI.- ¿Que pasa? ¿Non saes nesta escena? MARTA.- Non. Teño que prepararme para a próxima... A deus poño por testemuña... ROI.- Pois Uxía creo que sae tamén nesta MARTA.- De figuración, dándolle ao sacho ¡Bah! Sae Rambo. Marta ampárase en Roi

RAMBO.- Meu deus, ¿onde están todos? ¿Onde? Tiña amigos nas forzas aéreas, todos aqueles rapaces eran amigos meus,¿onde están? aquí non teño a ninguén. ¿Acórdase vostede deles? MARTA.- ¿Pero porque me tes que meter no teu soño, Roi, se xa teño o meu? ¡A Dios pongo por testigo! RAMBO.- “¡Non consigo encontrar a súas pernas! Non encontro as pernas” Claqueta 18 Asoma a sombra da directora. Está detrás da pantalla

MARTA.- Entre enfadada e pasota. ¡Unha de guerra! ROI.- ¡Rodamos!

GUERRA ESCENA EL PUENTE SOBRE EL RIO KWAI Y APOCALIPSIS NOW

Foley Son de helicópteros mentres xira a estada.

MANUEL.- No andamio. “Utilizo a Wagner, saca de quicio aos vietnamitas. Pon a guerra psicolóxica, que comece o baile”

☻ MANUEL (Discurso do Coronel…).- “Oles isto, ólelo fillo. É o Napalm. Encántame

o olor a Napalm, sobre todo cando amence. Unha vez bombardeamos un outeiro sen parar, durante 12 horas. Ao acabarmos só quedaban cadáveres de viets. Pero que olor aquel. Alí, ulía á vitoria”

4C final desfile

4C Siembra

16C desfile de

soldados. Fusil Cambio de lado

Viets

4C de marcha

4C cabando

♫Música Rio

Kwai♫

4 vueltas

-8C entrada de

viets y cavar.

-16C desfile de

soldados

-8C fin del desfile

y siembra

Iluminación

-Verde sobre

andamio

-Ambar en

escenario

Apocalipsis now ♫Cabalgata das Walkirias ♫ 2

vueltas

☻ Discurso do Coronel…

♫Cabalgata das Walkirias ♫ suave Os viets van cara á luz

TRAMA 22 Slam de interpretación de Uxia e Marta (con personaxes) Lugar: soño. Personaxes: Uxia, Marta PASO A GREASSE A saída ten que ser rapidísima. O primeiro di a súa frase e continúa repetíndoa, cando o segundo día a súa e así sucesivamente ata formar un coro único a xeito de rezo, cada vez máis alto. As últimas da fila son Marta-Scarlett O´Hara e Uxia- Larisa Antípova coas súas frases. O coro ten que ir decrechendo a medida que as voces de Larisa e Scarlett se fan máis presentes. Permanecen nunha especie de oración a dúo, cada unha co seu texto. Quedarán en primeiro plano e percorrerán o proscenio de un lado a outro ata acabar chocando.

PRINCESA LAIKA .- Que a forza te acompañe A BESTA.- O meu corpo cheo de pelos esta. Xamais me verás se non como mostro!!! DAR VADER .- Eu son teu pai!!! FRANKESTEIN.- ¡Quéreme!

JODA .- O medo á perda, un camiño cara ó lado escuro é. SHEILA.- ¡Mi casa! ¡Teléfono! ¡Mi casa! ¡Teléfono! RAÍÑA DE CORAZÓNS.- Que lle corten a cabeza!!! QUASIMODO.- Quasimodo CRUELA.- Dalmatas, dalmatas LARISA.- Yuri SCARLETT.- A deus poño por testemuña que non volverei pasar fame… Chocan.

MARTA.- Ei que este soño é meu. SCARLETT.- ¡Como que teu! ¡Ti estás no meu soño! MARTA.- No teu soño, no teu soño Adiántase para dar a claqueta. MARTA.- Ummm ¡Xa veremos con que moza queda ao final! Claqueta 18 MARTA.- ¡Greasse! UXIA.- ¡Rodamos!

GREASSE

♫Summer Nights //You_re the One That I Want♫

Solistas Elena y Antonio, y Coro

TRAMA 23: Soño de Elsa e Edu xuntos con dobre e conciencia. PASO A PIRATAS Lugar: soños Personaxes: Elsa, Edu, conciencia de Edu, dobre de Elsa, Roi e dona Inocencia ELSA.- ¿Pero de que vai esta película? EDU.- Duns rapaces que nun tempo no que o cine e outras artes están practicamente

prohibidas conseguen facer unha película malia a todos os atrancos que lles poñen. ELSA.- Unha película copiada de cachos doutras películas EDU.- Unha película que fala de soños... CONCIENCIA DE EDU.- ¡Estás tolo por ela! EDU.- … de ilusións CONCIENCIA DE EDU.- Non. Minto. Estás ¡tolísimo! ELSA .- No me convencen as escenas, non me convence a orde, non me convence a trama. CONCIENCIA DE EDU.- Tranquilo, é a típica crise de final de rodaxe ELSA.- Obvio. CONCIENCIA DE ELSA.- Obvio: Estás tola por el ELSA.- ¡Demasiado obvio! Non sei.. CONCIENCIA DE ELSA.- Eu si: Estás tolísima por el EDU.- Elsa CONCIENCIA DE EDU.- Elsaaa Elsa Elsa ELSA.- Edu CONCIENCIA DE ELSA.- Aiiii Edu! EDU.- ¿Gravamos a última escena? CONCIENCIA DE EDU.- ¡Quero ir contigo á fin do mundo! ELSA.- Vale CONCIENCIA DE ELSA.- ¡Cruzarei océanos para estar ao teu lado! Elsa e a súa conciencia anícanse para dar a claqueta. Edu e a súa conciencia achéganselle e abrázanas por detrás. Quedan nesa estatua esperando a dar a claqueta Aparecen pola outra beira do escenario Roi e dona Inocencia e quedan parados cando ven a Elsa e Eduardo. Inocencia ven esgotada.

INOCENCIA.- Nin rastro da directora. Afortunadamente. ROI.- Espero que dea tempo a rodar a última escena. Retíranse cara atrás Claqueta 19 ELSA + CONCIENCIA.- “Piratas do Caribe” EDU + CONCIENCIA.- Cámaras, luces ¡Acción!

PIRATAS DO CARIBE ♫Banda sonora♫

SOFIAErguéndose na parte de arriba da estada

!Arriba malandríns! !Ha chegada a nosa hora! !Que a perla negra navegue de novo! Todos os piratas se erguerán iniciando o armado do barco !adiante inútiles! Armade paus ! …! Tensade enxarcias... Stays de proa e popa !...! Fixade obenques !…! Izade velas !...! Axustade escotas Luismi mentres acaban de axustar as escotas sobe polas escaleiras do barco e encóntrase con Sofía. Capitán Sparrow a perla negra lista para navegar Caen as cordas de trepa e Luismi baixa por unha delas. Nese momento entra en escena Noelia (cabeza polbo) e os seus secuaces. TRAMA 24 (Final de Piratas do Caribe) JACK SPARROW.- Isto é un soño TODOS OS QUE ESTÁN COA DIRECORA.- Non JACK SPARROW.- Supoñíao. Se fose un soño habería ron Iniciase a batalla final ♫Banda sonora♫ Foley Sons de espadas e loita Jack Sparoww quítalle a máscara á directora e móstraa ao público recitando DIRECTORA-PIRATA.- ¡Oh capitán, meu capitán! BALBORDO DE ALUMNOS QUE CHEGAN ENTRE O PATIO DE BUTACAS Pero... esa non é? Si, é, ¿a directora?Non pode ser, si é, a min non mo parece.... O resto dos alumnos van entrando en escena a pescudar. Aparece Deyanira desde o fondo da sala DEYANIRA.- ¡Están aquí señora directora!. Están... Decátase de que a directora está no medio da película e para en seco. Logo vai aproximándose pouco a pouco abraiada. DIRECTORA.- Tranquila dona Pepita que todo está controlado. Queridos rapaces e rapazas: ¡Esta non son eu! Non son eu. Ou polo menos non son aquela que fun. Son unha nova eu. Unha nova eu que non poñerá máis atrancos aos vosos soños porque agora sei que, hai traballos como a medicina, o dereito, o comercio... que dignifican a vida. Pero a poesía, a beleza, o amor... TODOS.- ¡O cine! DIRECTORA.- Son as cousas que nos manteñen vivos. E agora: Ide e cambiade o mundo

♫Somewhere over the rainbow ♫ Duas voltas do coro pequeno, duas voltas a ritmo de rock con todos

SAUDO