Guia Nadal 2º E 3º Ciclo

2
O lector pódese considerar a personaxe principal da novela, en igualdade co autor; sen el , non se fa- ría nada. Elsa Triolet BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP CURROS ENRÍQUEZ CELANOVA OURENSE http://canistrel.blogspot.com http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova/ 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA

Transcript of Guia Nadal 2º E 3º Ciclo

Page 1: Guia Nadal 2º E 3º Ciclo

O lector pódese considerar

a personaxe principal da

novela, en igualdade co

autor; sen el , non se fa-

ría nada.

Elsa Triolet

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP CURROS ENRÍQUEZ

CELANOVA OURENSE

http://canistrel.blogspot.com http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova/

2º E 3º

CICLO DE PRIMARIA

Page 2: Guia Nadal 2º E 3º Ciclo

Lía e as zapatillas de deporte Autora: María Reimóndez

Ed. Xerais

As zapatillas de deportes de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nen@s da súa mesma idade cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis. Lía e as zapatillas de deporte, convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.

¡Quiero un hermanito! Autora: María Menéndez

Ed. SM

Juan quiere tener un hermanito, lo está deseando. Pero ¿qué puede hacer si sus padres no escuchan sus peticio-nes? Y, de pronto, alguien le habla de una semilla que hay que plantar. Así que el chico le pide a su abuelo, un enamorado de las plantas, que le acompañe a la jardinería para comprar una semilla y, luego, intenta plantarla en la tripa de su madre mientras ella duerme la siesta. Pero, claro, ella se despierta cuando Juan la riega para que crezca.

David cóntanos en primeira persoa, os pasos que seguiron el e os seus amigos para encon-trar unha explicación ós misteriosos sons que escoltaban no cemiterio vello do pobo. Acom-pañado da súa amiga , o neno vai reunido as pistas que lle levan a resolve–lo caso.

O misterio do cemiterio vello Autora: Fina Casalderrey

Ed. SM

Nadal. O regreso de Uxía Mestre Autora: Pilar Molina Llorente

Ed. Anaya

Lamberto decide que debe comezar a reali-zar boas accións o primeiro día das vacacións do Nadal. Observa a todos e todo o que lle rodea. Se algo non entende, pon en funciona-mento a súa imaxinación, aínda que sempre acaba enredando as cousas.

El caso de Papá Noel Autor: Joachim Friedrich

Ed. EDEBÉ

Charly & Company vivirá una nueva aventura. Esta vez se enfrentarán a una auténtica banda de delincuentes que actúa bajo el inocente disfraz de Papá Noel...

Boas noites Autora: Paula Carballeira

Ed. Xerais

Esta obra, gañadora do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, aborda un tema contemporáneo: o estrés infantil. A Xiana obrígana a asistir a inglés, baile, frauta, deportes... e non lle deixan tempo para xogar e soñar.

As bruxas Autor: Roald Dahl

Ed. Xerais

Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posúen poderosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo a exterminar... E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.Nestas páxinas hai moito humor negro e moito humor do outro. Hase ver, por exemplo, como un rapaz que é un cretino cando o converten en rato pasa a ser un rato cretino (¡é que non se poden facer milagres!).